miércoles, enero 23, 2013

Katatonia - Dead End Kings (2012)

Katatonia - Dead End Kings (2012)
Depressive Rock
Oficial
Dudei moito en poñer este disco dentro das microreviews que faigo, pero como na maioría de discos que dou máis de 3 oportunidades, decidín plasmar as miñas impresións dunha forma concisa por aquí. A razón das miñas dudas? pois algo parecido a cando sacaron o seu anterior Night is the New Day: en 4 escoitas Katatonia non me dice absolutamente nada novo. Puxen, despuxen, empecei a pensar nas miñas cousas, de vez en cando levantaba a cabeza para ver si o álbum rematara ou no... Pareceume un coñazo. Tan grande coma o anterior.
E non sei se o motivo é que este novo sonido dos suecos non é o meu.. eu creo que non, porque con The Great Cold Distance pasárao xenial, e ainda de vez en cando o oígo. Pero é que nestes dous últimos discos creo que Katatonia quedouse absolutamente estancado e sen ideas, ou dito doutra forma, continuou na conformidade e no fácil de repetir esquemas de éxito pasado. Líneas vocales idénticas, con voces dobladas en determinados puntos estratéxicos xa vistos, estructuras parecidas, igual sonido... a miña impresión é que Night... e Dead End Kings son versións de sí mesmos de principios-mediados do 2000, pero máis tediosas e que teñen que ofrecer cada vez menos.
Por ahí lín: é o que os fans de Katatonia esperan, non? Non sei, non debo de ser logo moi fan para case durmirme cun disco que me resultou demasiado previsible e por ratos incluso monótono... Eu xuraría que o cambio anticipado en Tonight's Decision, que foron madurando con Last Fair Deal Gone, Viva Emptiness e The Great Cold Distance chegou ó punto no que xa non dá máis de sí. Pero a veces dudo da miña percepción cando observo as boísimas críticas e comentarios que están a recibir os últimos Katatonia, Dead End Kings, incluído. Serei un bicho raro, pero nin me emociona nin me dice nada novo. 3/10

lunes, enero 21, 2013

Un día de ensaio con Herexía

Cos seus fallos e cousas, pero esto é o que vos encontraredes en Herexía, máis ou menos XD

viernes, enero 18, 2013

Attic - The Invocation (2012)

Attic - The Invocation (2012)
Heavy Metal
Facebook
King Diamond massive worship. 5/10

Die Vorboten - Existenz (2012)

Die Vorboten - Existenz (2012)
Industrial Heavy Thrash Metal
Oficial
Joé, na páxina que encontrei o disco destes estrafalarios alemanes clasificábanos coma "Death/Folk Metal", definición que comparte a Metal Archives... bueno, supoño que a collerían de ahí. A verdade é que non sei se o estilo era moi diferente no seu anterior álbum, pero eu non lle chamaría nin Death nin Folk ó que fan Die Vorboten en Existenz. Tamén é certo que un dos primeiros grupos que me veu á cabeza ó oílos foi Die Apocalyptischen Reiter e eles tamén gozan da mesma clasificación... En fin... hai certas bandas ás que resulta moi difícil incluír en estilos concretos, e estes alemanes son outros que están fóra de etiquetas. 
No caso de Die Vorboten, eu diría que practican unha especie de Metal moderno moi germano, con cambios extraños e vocalista un pouco teatral a veces, que vai de susurros a semirasgados, usando polo medio voz clara, moi do estilo do vocalista de Die Apocalyptischen Reiter. A base rítmica é moi potente e groovie, e está habitualmente rodeada de arreglos electrónicos, cando non son teclados-sinte-atmosféricos. Así, obtemos unha extraña mezcla de elementos de Industrial Metal, con Heavy, Thrash e incluso podería aceptar Melodeath. Con Death Metal como clasificación pasáronse un chisco, e o que tampouco aceptaría dentro da definición sería Folk, xa que se tocan algunha melodía medianamente folky é dunha forma case anecdótica e tanxencial. 
En resumen, aquí temos unha banda moi moi germana, filla de sonidos coma os dos mencionados Die Apocalyptischen Reiter, Knorkator ou JBO; un pouco tola a veces, a veces moi cañera, e outras veces olvidable. Recomendaríalla sólo a moi fans de sonidos industriales germanos. 5/10


jueves, enero 17, 2013

Alternavigo 2013

O proxecto para revivir o Alternavigo neste 2013 está en proceso desde hoxe Xoves 17 de Xaneiro. Como parece que o motivo polo cal se deixara de celebrar era básicamente económico, os organizadores montaron un sistema de donacións para ver cómo resulta.

Fuente

¿Cuánto quieres aportar?

Echa un vistazo a las recompensas y elige la que prefieras.
  • Camiseta Alternavigo 2013
  • QUEDAN SÓLO 36 RECOMPENSAS MÁS
    Promoción de apertura para los más rápidos Entrada para el festival. Valorada en 30€ anticipada o 35€ en taquilla.
  • Entrada para el festival. Valorada en 30€ anticipada o 35€ en taquilla.
  • Entrada para el festival + Poster.
  • Entrada para el festival + Camiseta Alternavigo 2013 + Poster.
  • Entrada + Camiseta Alternavigo 2013 + Poster firmado
  • Entrada + Acceso a zona reservada con barra libre en cerveza/refrescos.
  • Entrada + Acceso a zona reservada con barra libre en cerveza + Camiseta Alternavigo 2013
  • Entrada + Acceso a zona reservada con barra libre en cerveza + Camiseta + Habitación doble en hotel 4*
  • QUEDAN SÓLO 30 RECOMPENSAS MÁS
    Entrada + Camiseta Alternavigo 2013 + Logo en cartel.
  • QUEDAN SÓLO 20 RECOMPENSAS MÁS
    Entrada + Acceso a backstage + Camiseta + Poster firmado + Acceso a zona reservada con barra libre en cerveza.

Ripe - The Eloquence of Silence (2012)

Ripe - The Eloquence of Silence (2012)
Heavy Metal
Oficial
Terceiro disco desta banda ata agora descoñecida para mín. Estes daneses parecen ter sufrido diferentes cambios de formación durante os últimos 12 anos, causa pola cal supoño que non andaron moi productivos desde o 2000.
O primeiro que me chamou a atención de Ripe é a calidade do cantante, que resultou ser nin máis nin menos que o recente fichaxe de Artillery, Michael Bastholm Dahl. O home ten unha voz impresionante, e con pinta de bastante polivalente, dos que tanto pegan nunha banda de AOR coma nunha de Thrash, e dentro do particular Heavy-Power de Ripe, Michael móvese á perfección.
O segundo desde logo é unha producción potente e profunda, que fai que o CD sone moderno ainda sendo un grupo de Metal de corte tradicional e clásico. De feito, Ripe recordoume a varias bandas de diferente procedencia segundo o tema; desde Pretty Maids ou Fate, a Running Wild ou Accept, e incluso ata Dio ou os Black Sabbath noventeros. En xeral, parecen tocar unha mezcla entre Metal alemán e Power americano ó que lle añaden un feeling de Hard Rock... é algo difícil de decir, e eso sempre está ben baixo a miña opinión. Se ademáis podemos constatar que non hai un momento de descanso nin baladas ñoñas -a única é "Song for a Shadow" case ó final e non é para nada pastelosa- e que nin sequera hai teclados, obtemos un disco de Heavy directo á vena, de temas cortos pero contundentes que sonan con moita garra gracias a unha gran labor de producción.
Se tivera que escribir algo negativo, sería que o álbum ten poucos momentos estelares deses que cho fan recordar por aquel detalle, aquel estribillo ou aquel riff que non o puideches sacar da cabeza, e quédase finalmente algo lineal nunha visión global. Polo tanto, diría que é un bo álbum, que non creo que pase á historia, pero que cumple. 7/10

miércoles, enero 16, 2013

Fracaso absoluto de Imaginaerum -the movie-

A gran proposta de Nightwish, de facer un disco, unha banda sonora, unha peli, aparecer de actores e non sei cántas cousas máis, afúndese despois de que a película Imaginaerum fose un rotundo fracaso nas salas finlandesas. Esto causou que a película cancelase a súa proxección en outras salas previstas.

Desde hai máis de un mes desde o seu estreno, sólamente 7.518 personas asistiron ós cines, recaudando cerca de 67.000 €, cifra ridícula se a comparamos cos 3.7 millóns de euros que costou confeccionala. Consecuentemente, a súa estrea en numerosos países foi rápidamente cancelada ante as pobres previsións comerciales.
Non sei, pero parece que quen moito abarca... creo que hai moita xente que xa se ulía un tremendo fiasco con esta cousa rara que Tuomas se sacou da chistera. Eso sí, quén sabe, haberá que darlle un visionado... e ata igual nun futuro se convirte nunha cinta de culto se se distribuyen moi poucas copias, coma a de Kiss Meets the Phantom of the Park XD

Fuente