viernes, noviembre 30, 2012

Interrogantes de Metal - O pescozo do Metal

Desta vez traigo unha pregunta da que xa se obtivo unha resposta (atrevido aquel entrevistador...)
¿Porqué o cantante de Cannibal Corpse ten un pescozo tan sumamente grande?

Resposta por George "Corpsegrinder" Fisher:
"Bueno, se basa en el headbanging y en levantar pesas cuando era más joven", dijo. "Mi padre tenía un negocio en el que se pintaba techos y todo eso, así que me gustaba trabajar con él todo el día. Después de eso, íbamos a los lugares de pesca para atrapar y comer todos estos peces. Luego yo iba a la casa de mi amigo, que vivía a una milla de distancia, y nos volvíamos para levantar pesas. Si se me compara con viejas fotos de cuando estaba en VILE hasta ahora, ha crecido y, obviamente, la única cosa que realmente he hecho desde aquello es headbanging, que debe ser bastante similar al levantamiento de pesas. "

jueves, noviembre 29, 2012

Microreviews Novembro'12 - V

Mägo de Oz - Hechizos, Pócimas y Brujería (2012)
Folk Heavy Metal / Hard Rock
Oficial
Hoxe voume arriesgar cun disco de Rock español, sei que non é habitual, de feito creo que o único hispano que revisionei por aquí neste 2012 foi o de Last Prophecy, pero témome que co meu método hipersubxectivo, espontáneo e de honestidad brutal facendo reviews ganaríame máis de un enemigo por estas terras XD Sen embargo, o outro día vín o novo de Mägo de Oz co novo cantante, e decidín darlle unha oportunidade, tanto oíndoo coma escribindo unha crítica. E o certo é que resulta moi fácil facer unha crítica destructiva dun dos grupos máis odiados do panorama Metal patrio, xa sabendo case o que me vou encontrar, pero a riesgo de que veña un DieHard-Fan que me poña a parir con insultos mexicanos -sobre todo XD-, vou comentar as miñas impresións sobre este Hechizos, Pócimas y Brujería.
Ben, o primeiro que teño que decir é que o novo cantante, Zeta suple á perfección a Jose, eu diría que incluso me gusta máis, ainda que non haxa prácticamente diferencias no rexistro. Supoño que o feito de que as líneas vocales non cambien en exceso dos anteriores traballos tamén axuda. O segundo é que este traballo intenta ser variado, e paréceme ben, aglutinando as diferentes etapas polas que Mägo de Oz foron pasando na súa historia, a pesar de que nolo queren vender coma unha volta ós inicios de La Bruja e Jesús de Chamberí. O terceiro... é que me acordei de porqué me pareceron tan empalagosos e infumables todos os discos sacados na última década pola banda...
Indo por partes, o disco empeza cunha canción curiosa, moi Helloween diría eu, nada novo salvo ese extracto final duns poucos segundos máis folkies. Pero dios... foi empezar a segunda, "H2Oz", e tiven un resoplido coma un mundo. O tema trata sobre a historia da banda e a súa volta -chámanlle rata a Jose? XD por favor... ¿qué temos, 15 anos?-... pero é o típico de melodías infantiles e alegrillas que se poden oír nos seus últimos traballos... A sensación de grima sigue co seu single "Xanandra", de letras quinceañeras e de aire Pop-Rock simple e comercial, ainda que non é o peor momento do álbum, eso chegará tal vez coa balada "Quiero Morirme En Tí", a cal adquire un nivel de empalagosidad que está cerca dun tema cantado por Carlos Baute disfrazado de merengue. Pero non é a única "sorpresa" negativa: os de Txus decidíron facer unha homenaxe á nosa terra, Galicia, compoñendo un tema breve de gaitas, "A Marcha Das Meigas", unha composición á altura de Cristina Pato. 
Seguimos... "Satanael" tén probablemente o mellor riff do disco... se non fose pola súa razonable similitude co de "Better Unborn" de Amorphis. Se ata os temas empezan parecido con partes acústicas...
"Brujas" tamén chama a atención, xa que quen colle as riendas vocales é Patricia Tapia, que non o fai mal, pero o tema, supoño que polas súas burdas, adolescentes e ñoñas letras, emulando ó resto do disco, acaboume parecendo infantil. De feito, veume á cabeza "La bola de Cristal"...
Pero bueno, non todo é malo, a mín non me disgustaron os toques máis "Hard Rock" clásico de "No Pares (De Oir Rock and Roll)" -único momento no que sí que recordei a primeira época de Mägo, cun estribillo moi.. Obús?-, "Sigue La Luz", ou "Sácale Brillo A Una Pena", tema que preferiría que fose cantado nun idioma no que non entendera a letra. E desde logo a canción que máis me gustou foi a canción menos "Mägo de Oz", "Celtia", un tema de Folk-Rock máis cercano a  Folkstone ou Gaelic Storm (que a estas alturas xa non me extrañaría que fora medio plaxiado deles). 
O último tema, o máis extenso tampouco está mal, non é o típico que parece que non ten fin e que medio se perden dentro del dos Gaias. 
En resumen, Hechizos...é un disco ñoño, porque Mägo de Oz é un grupo bastante empalagoso de por sí, cousa que foron ganando cos anos e que lles deu mellor cabida entre o público xeral, a costa de perder a base de fans metalera que tiñan a finales dos 90, e seguirán sen ganala con discos así. 3/10
PD: ollo ó "temazo" que se gardaron nas bonus tracks "Piratas" XDDD
 

 
Huntress - Spell Eater (2012)
Heavy / Thrash Metal
Oficial
Tema: Eight of Swords
Non moitas bandas poden decir que para o seu primeiro disco son fichados por unha multinacional coma Napalm Records. Non moitas bandas poden decir que despois de lanzar o primeiro disco se van de teloneras de Dragonforce nunha xira mundial dunhas 40 fechas e posteriormente de teloneras de 3 Inches of Blood; de ter participado na edición norteamericana do Paganfest xunto con Alestorm, Turisas e Arkona sen ter absolutamente nada de Pagan/Folk Metal na súa música. Non moitas bandas poden presumir de ter aberto na xira europea conxunta de Megadeth e Kreator. E non moitas bandas poden decir que contan co patrocinio desa bebida que extrañamente se volveu tan popular chamada Jagermeister.
Ademáis cando un oe a música de Huntress, tampouco é que sexa unha maravilla, polo que sólo nos queda un motivo vital para que se deran a conocer tanto en tan pouco tempo... bueno, dous:
- O primeiro, un mánager da leche que invirta cartos a mansalva no grupo. Prácticamente a única maneira hoxe en día de que unha banda novel se faiga famosa da noite á mañá.
- O segundo, esto.
Pero bueno, a mín dame un pouco igual que teñan unha cantante que fora ou no playboy -como parece que é o caso-, mentres que a música esteña ben. E esto último parece que renquea. De primeiras, eu pensaba que me iba gustar moito máis do que finalmente sucedeu, xa que o estilo de Huntress é un Heavy Metal moi clásico, con toques de Speed/Thrash Metal ala 3 Inches of Blood e un ambiente místico dado pola cantante que pode facer recordar a uns Mercyful Fate ou Portrait. Pero xa digo que sucedeu en primeira instancia, xa que Huntress carecen de riffs memorables, de bos solos, de temas dinámicos e a cantante por veces pretende irse a pseudorasgados -tal vez chamando á porta de Gossow para irse na próxima xira con Arch Enemy?- que chegar a molestar, aparte de que parezca que estea berrando máis que cantar a maioría do tempo. 
En resumidas contas, é o que uns alumnos sen talento de King Diamond e LaRoque sacarían. Seguramente desde Napalm os obliguen a sacar outro disco en pouco tempo, veremos si lles vai ben na xira... e se melloran ou no no próximo disco...
As frontwoman de bon ver venden, pero espero que o fan medio metalero esixa algo máis ca eso. 2/10

Wolfsbane - Wolfsbane Save The World (2012)
Hard Rock / Heavy Metal
Oficial
Tema: Smoke and Red Light
No anterior post falei sobre dous proxectos de xente de Maiden, e desta vez sigo dalgunha forma no mesmo tópico, coa banda reformada Wolfsbane, aquela na que cantaba Blaze Bayley antes de entrar no X Factor. Con aquela incorporación de Blaze nas filas de Iron Maiden, Wolfsbane parou a actividade, e non sería ata hai poucos anos que se unen os membros orixinales para empezar a compoñer un novo CD.
Hai moitos anos que non escoitaba a este grupo, sabía que non era o mesmo pao que Maiden, pero a miña memoria non acertaba co estilo exacto. Por eso cando puxen este Wolfsbane Save The World quedeime un pouco pensativo: "era esto o que tocaban antes?...". 
Tanto dá; o que os británicos fan é un Hard Rock bastante fresco e incluso festeiro nalgúns temas. As influencias de Rock clásico e da vella escola de bandas coma Van Halen ou AC/DC é palpable en temas coma "Teacher" -cuio comezo me recordou dalgunha forma a un dos meus temas preferidos de Firewind, "Brother's Keeper"-, tamén en "Buy My Pain", na festiva e con certo aire de Punk-Rock británico "Smoke And Red Light", ó igual que en "Everybody's Looking For Something" e tamén en "Live Before I Die", cun riff moi Led Zeppelin que acaba derivando nun break de Ska-Reggae máis ca interesante (!) 
Logo temos temas máis épicos e calmados coma "Child of the Sun", "Starlight" -unha das peores do CD-, e a Meatloafiana "Illusion of Love".
Penso que Wolfsbane se curraron un álbum moi variado e tamén cun espírito de rebeldía, juventud e festa que combinan con experiencia adquirida logo de tantos anos nesto da música.  
Desde logo, mellor que os proxectos en solitario de Blaze, Smith e Harris. 7/10

Black September - Into the Darkness into the Void (2012)
Black/Death Metal
Oficial
Tema: Cursed
A banda procedente de Chicago, Black September é un curioso grupo de Black-Death -ou Blackened Death- con cantante feminina, que se ninguén cho dice nunca o saberías, que conta cunha forte influencia da escola sueca. Neste segundo LP, pódense adiviñar esa forma de facer riffs máis propia de Watain, ou uns oldschoolizados Amon Amarth e Dissection, máis crudos e gruesos. En consonancia con esta característica, a producción é tamén máis sucia e densa, moi ó estilo do Death old school, cun gran fallo que é o de que a voz queda totalmente soterrada dentro da música. Tampouco é que a vocalista sexa un portento -a mín non me gusta nada-, pero con este sonido ainda queda en peor lugar baixo o meu punto de vista. 
Polo resto, é un álbum pouco orixinal, pero que ten os seus momentos en temas coma "Cursed" ou "Defiance", pero que nun cómputo global acaba sonando algo lineal, tal vez debido á monotonía vocal ou a certos temas que comparten seccións moi parecidas. Pode que ambas cousas.  
Desde logo non é o disco do ano en canto a Death Metal. 5/10

Banshee - Mindslave (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Taming The Beast
Banshee son unha banda americana de Heavy Metal, de influencias variadas que van desde o Rock melódico ata o Power e o Hard Rock. Foi unha das típicas bandas que naceron nos 80 e que a chegada dos 90 lles pasou factura ata o punto de disolverse. Pasados uns anos, deciden reunirse outra vez e volver a probar fortuna cun novo disco; Mindslave.
O que máis me sorprendeu foi ver a diversidade dentro deste CD, xa que tanto te podes encontrar cun inicio de disco -"Taming the Beast"- no que parece que vaia empezar "Needle 24/7" de Children of Bodom para acabar sendo un tema que o Dio máis clásico podería ter firmado, tanto cun aire moi Stoner e setentero no corte que dá título ó álbum e en "Unearthed", uns toques moi Firewind nas cancións máis calmadas do tipo de "King of Nothing" ou "Hangman Lies" ou certo aire NWOBHM con punteos doblados ala Maiden en "Full Circle".
Penso que é un bon álbum, suficientemente variado para quen lle guste o estilo, e ainda que a mín houbo temas que me pareceron algo frouxos con respecto a outros, vexo a volta de Banshee coma bastante digna. 7/10

miércoles, noviembre 28, 2012

martes, noviembre 27, 2012

Os grandes grandes grandes videos metaleros: Chris Holmes (CHP) - They All Lie And Cheat

Parece que hai vida despois de W.A.S.P. para o seu mítico guitarra Chris Holmes. O último que tiña entendido era que unira forzas con Randy Piper para sacar esa segunda versión do disco do 2006 de Randy Piper's Animal baixo o nome de Where Angels Suffer (WAS?), pero parece que o home decideu montarse tamén o seu propio proxecto personal CHP (Chris Holmes Project?), do cal poderedes ver o seu debut disco-videográfico neste post (case primicia, xa que non hai nada que saleu). A música... o video... ah! qué gran combinación, cando o vín non o pensei máis e collino para esta sección, por méritos propios, eso sí. 
Parece que a canción trata sobre as mentiras dos políticos e certa denuncia social, pero eso non é o máis interesante deste proxecto... incluso a melodiosa voz do ex-WASP se queda en pouco cando un vé o seguinte video promocional:


Momento épico 1: O escenario e os efectos Windows Movie Maker
Eu teño unha teoría sobre este video: Chris tén un familiar, poñamoslle sobriño, estudiando un ciclo de Imagen e Sonido, e díxolle ó rapaz que lle prestara as chaves dun cuarto de proxección cando non houbera ninguén para grabarse o seu videoclip. Sólo así se explica que haxa unha pantalla verde detrás que ninguén usa, e que a sala esteña completamente vacía, pero con todo o material por ahí, como se pode ver nunha toma de random zoom de 1 segundo que hai... 
Na súa casa editou todo cun par de efectos Windows Movie Maker en un cuarto de hora e fuera!

Momento épico 2: as 3 tomas do videoclip
Primeiro plano fijo da cara, onde podemos observar que CH fai o playback peor que Juan Pardo:
Plano estático de CH coa guitarra acústica:
Primeiro plano da guitarra eléctrica mentres fai solos:
  
Logo hai zooms sin moito sentido, ¿para darlle certa dinámica ó video? XD De todos xeitos o cambio de dinámica e de planos chega co 3º momento épico:

Momento épico 3: A muller 
Se ó principio do video xa nos preguntamos qué fai unha pantalla verde e unha batería electrónica sen usar detrás de Holmes, cando aparece "a muller" xa roza o surrealismo, que con esas frases sen sentido no medio da canción (temazo, por certo) móstrase coma secundaria de lujo. Ademáis témola en dúas modalidades: modo rosmón sentada ó lado da batería e tamén en plan bullero con Chris Holmes (?)
"Pero qué che fixen oh!!!"
"I win"
E agora a pregunta que máis de un nos facemos: ¿estaba realmente borracho Chris cando rodou o videoclip???
Nah, os clásicos sempre o recordaremos por cómo era nos 80

viernes, noviembre 23, 2012

Microreviews Novembro'12 - IV


Steve Harris - British Lion (2012)
Hard Rock
Oficial
Hoxe toca "proxectos de membros de Maiden", e empezo con éste de Steve Harris, que tén unha historia curiosa, xa que British Lion era unha banda que por aló do 92 lle pedira a Harris que formara parte das súas filas. Anos despois parece que o propio Steve xunto con outros membros decidiron reformar a idea, desta vez co nome do baixista coma nome do grupo (desde logo, seguro que vende máis).
A música deste British Lion ten pouco que ver coa de Iron Maiden, xa que se vai por uns derroteiros máis Hard Rock setenteros que mezclan con gotas de Heavy melódico, de Rock progresivo e Rock alternativo. E ben, o primeiro que poido decir é que a mezcla non me gusta, sona flácida, sen forza ningunha, ó que añadido a unhas composicións sen gancho e un cantante sen garra que non pega demasiado fan un CD que resulta un pouco fulero. De feito a primeira vez que o puxen case me quedo durmido, e a segunda costoume chegar ata o final. Pode ser polos motivos que dixen, e pode ser pola cadencia xeral do disco, que se vai hacia un medio tempo meloso e parsimonioso en moitas partes que se torna en case somnífero.
Sen pena nin gloria. 2/10



Primal Rock Rebellion - Awoken Broken (2012)
Alternative Heavy Metal
Oficial
Tema: No Place Like Home
Éste é o novo proxecto do mítico guitarra de Iron Maiden, Adrian Smith e o cantante de Sikth, Mikee Goodman. Descoñezo a labor deste último nesa banda, pero a Smith coñézoo case desde que nacín, e a verdade é que non me esperaba para nada este movemento do británico. 
Este novo grupo para nada sona a Iron Maiden (nin falta que fai), senón que aglutina diferentes tendencias rockeras que conflúen nunha especie de Metal escuro e moderno, no que moi de fondo podemos ver unha base de Heavy clásico que é envolta por ritmos a veces máis cerca do que foi o Groove/Nu Metal americano dos noventa e 2000. Así, penso que non me equivoco (non fun moi seguidor dese estilo) se digo que éste é un producto destinado a un público que guste de bandas do estilo de God Forbid, Disturbed, Five Finger Death Punch, Korn... ainda que Adrian Smith se preocupa de que haxa algúns bos riffs e variedade suficiente como para que dependendo da canción haxa influencias clásicas, de grunge, ou incluso de Prog Rock ("Search For Bliss" pasaría por un tema de Queensrÿche de mediados dos 90!)
En canto ó cantante, Mikee móstrase moi versátil, tentando varios paos e salindo victorioso de cada un deles. O malo é que a mín me resultou unha escoita, ou mellor dito, escoitas, que non me transmitiron moito. Pode que o estilo tampouco axude no meu xuicio, pero exceptuando algunhas partes, é un disco que me pasa bastante desapercibido hoxe en día. 5/10


Eternal (of Sweden) - Chapter 1 (2012)
Power Metal 
Oficial
Tema: You Can't Break Us
Ainda que me siga parecendo que no, que cada vez hai máis e máis grupos -e polo tanto máis e máis mediocridade-, tódolos anos me sigo atopando con xoias en prácticamente calquera estilo metaleiro. Tamén é certo que indago de máis... mentres que haxa tempo... Este ano, a xoia do Power Metal vén duns descoñecidos Eternal (of Sweden) -extraño nome-, que sacan o seu primeiro traballo Chapter 1.
O estilo destes suecos, a verdade é que é moi sueco XD Mezclando elementos de diversos xéneros, entre os que poderemos encontrar unha base de Power típicamente europeo, con adicións de Prog-Power e Hard Rock. Temas moi ben traballados e cohesionados, nos que ningún elemento destaca por encima dos outros, cun perfecto balance entre teclados e guitarras ó que se lle unen unha estupenda voz e líneas vocales, facendo un disco do máis completo Power Metal que oíra desde hai tempo. Eternal recordan ó mellor de Yngwie Malmsteen pero sen o peor de Yngwie Malmsteen: Yngwie Malmsteen. Tamén se me viñeron á cabeza máis dunha vez, Masterplan, Axel Rudi Pell, Nocturnal Rites, Pretty Maids e Thunderstone, polo que os amantes destas bandas seguro que disfrutarán con temazos coma a inicial "You Can't Break Us", "The Thing", "Heroes", "Virus", "Human"... o certo é que Chapter 1 ten moi boas e moi adictivas cancións..
Inicialmente íballe poñer un 8, pero o feito de que se trate dun debut faime decidirme por un 9/10

Lonewolf - Army of the Damned (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Cold
Eu teño unha pequena disyuntiva con todas estas bandas que salen copiando o estilo doutras máis famosas. Por un lado, se as bandas "origen" están desfeitas e non volven sacar máis discos pois non vexo tan mal que aparezca outra cun estilo similar de compoñer, caso de Thulcandra e Dissection. Pero si a banda "origen" ainda segue a sacar discos, que aparezca outra que copie o seu facer... xa non o vexo tan ben. En ambos casos, hei de dicir que a explotación do que fixeron outros tamén ten uns límites para mín. É dicir, ok que copien estilo, pero que non faigan os mesmos riffs! e ok que faigan un primeiro disco parecido, pero que logo se vaian creando a sí mesmos posteriormente!
No caso dos franceses Lonewolf, parece que levan 20 anos sacando discos, ainda que eu nunca escoitara falar deles antes, e a súa banda fetiche desde logo é Running Wild ainda que tamén é palpable a influencia do Heavy Metal xermano encarnado por Grave Digger, Accept ou Paragon. Pero sólo con influencias e sonoridade parecida non se fabrica un bo álbum. Army of the Damned faime entender o porqué de que Lonewolf pasase tan inadvertido durante estas décadas no panorama metálico, xa que é un disco bastante mediocre, que ata os máis fuleros de Rolf Kasparek lle fan sombra. 3/10


Aerosmith - Music From Another Dimension (2012)
Rock / Hard Rock
Oficial
Tema: Luv XX
Facía moito tempo que non oía un disco enteiro de Aerosmith. E cando digo moito, é moito... pode que tirando hacia os 20 anos! (sí que vou vello XD).
Recordo que hai uns meses o nome da banda volvía a estar nas novas dos webzines por motivos pseudopolémicos, e recordo pensar: "márketing! eso é que teñen pensado sacar un álbum novo e saben que están en horas baixas". Bingo! Durante un tempo olvideime do grupo, pero hai un mes ou así, estaba na sección de novedades das webs este Music From Another Dimension, disco número 15 da súa carreira!
O primeiro que poido decir del é que non cambiaron demasiado o sonido que os fixo famosos, é máis, hai cousas que parezcan refritos doutros temas propios.
O segundo é que é absurdamente largo, con temas absurdamente largos. 70 minutos de Aerosmith máis 3 bonus tracks que fan que o disco sobrepase os 80 paréceme demasiado, sobre todo cando vemos que hai temas coma "Out Go The Lights" ou "Street Jesus" nos que se pasan de repeticións para alcanzar uns case 7 minutos cada un, dos cales lles sobran 3'5 (esto recórdame ó último de Manowar XD).
O terceiro, sorprende ver a Perry cantando nun par de temas (esto fixérao antes? sinto non ser tan fan de Aerosmith XD)
Logo temos unhas cuantas cancións de Rock típico rodeadas das tamén típicas baladas rockeras que os fixeron famosos, nunha proporción de 50-50%. O que pasa é que nin os momentos máis rockeros nin as baladas están á altura das súas mellores composicións. Se a esta conclusión se añade o feito de que a duración é esaxerada, eu diría que é un disco que difícilmente gustará a quenes non sexan auténticos fans dos de Tyler e Perry, e incluso aposto a que os fans o terán que empuxar cun pouco de pan. 2/10

jueves, noviembre 22, 2012

Skating con Hetfield


Tanto James Hetfield coma Robert Trujillo parece que son xogadores cos que un poderá xogar no videoxogo Tony Hawk's Pro Skater HD, que se puxo á venta este pasado Xulio.
Agora Hetfield sí é "the Table"!!

Fuente

Hai algo máis Metal ca esto???
Bueno... vestir de Armani tamén é bastante Metaaaaal!!!

martes, noviembre 20, 2012

Microreviews Novembro'12 - III

The Murder of My Sweet - Bye Bye Lullaby  (2012)
Gothic Metal
Oficial
Ainda que The Murder of My Sweet é o típico nome dun grupo de Metalcore, desta vez atopámonos cunha banda de Pop Metal gótico e sinfónico bastante clásica dentro do mundillo. Con esto de clásica, refiérome, como non, a que está liderada por unha tipa de bastante bo ver, case que o único atractivo que suelen, xa non explotar en videoclips, senón tamén en portadas; cunha selección de temas que bordean o Gothic Metal accesible e noño-pseudobaladero, carencia absoluta de riffs, e intentos de recrear temas pegadizos que se quedan na cuneta da intrascendencia... Por se esto fora pouco, este castigo dura a friolera de 1 hora, tempo que poderemos utilizar para facer outras cousas ou descansar en caso de insomnio.
En canto a referencias, a mín recordoume especialmente a esa banda que formou o ex-Vader Mauser coa súa moza, Unsun, que comparte non sólo a sonoridade deste symphonic Gothic Pop de guitarras eléctricas, senón tamén a voz somnífera dunha cantante cachonda. Incluso creo que Unsun está mellor que The Murder of My Sweet, e con esto xa o digo todo.
Chocho Metal en esencia pura. 2/10

Silent Descent - Mind Games (2012)
Modern Melodeath/Metalcore
Oficial
Tema: Psychotic Euphoric
Temíame que baixo a etiqueta de "Trance Metal" se escondería un bluff, pero ainda así animeime a investigar cómo sonaría o xénero co que os propios británicos Silent Descent se autodefinen.
Cando vín a portada, medo me deu. É a típica que trata de chamar a atención desesperadamente sobre o incauto potencial oínte, que probablemente pensará logo de ver á esa muller en semicoiros, que sólo un grupo de puberadolescentes, os máis duros, pseudoemo-góticos e con máis ansias de ser rockstars da súa clase, poderían ser autores desta cousa.
A música que nos atoparemos aquí é básicamente Metal moderno e industrial, con sintetizadores levando o peso dos temas dunha forma a veces incluso molesta (ollo, que o grupo conta con teclista e DJ! ainda que o máis normal é que un pense que sólo hai un controlando a electrónica, é dicir, non entendo o labor destas 2 personas neste grupo), con riffs que tiran máis hacia o Metalcore con toques Melodeath, moi ó estilo americano. Hai dúo de voces growl-emolimpia, coma en moitas destas novas bandas que tiran máis hacia o Metalcore melódico e teenager, apostaría as miñas tachas de Metal que ámbalas dúas retocadas en estudío  XD Baixo e batería cumplen, pero é que tampouco hai de onde sacar, xa que Mind Games é un álbum que non aporta demasiadas cousas, salvo uns momentos curiosos de Dubstep na intro e nun tema polo medio. Sí, o Dubstep chamoume máis a atención que o Metal neste caso... XD
O mellor: a tía da portada. 2/10

Wintersun - Time I (2012)
Symphonic Power/Melodeath
Oficial
Tema: Time
Cuestión difícil a de falar sobre o novo CD de Wintersun
Comezarei decindo que me extraña que a día de hoxe haxa esta exacerbada fascinación con este grupo. Tanto co seu primeiro disco autotitulado, o cal oín cando saleu e simplemente me parecera que "estaba ben" sin moito máis, e sobre todo coa volta logo de 8 anos, presentando Time I, obra que a máis de un se lle enche a boca por foros decindo cousas coma o "Da Vinci do Metal" referíndose a Jari Mäenpää (será o propio Jari baixo outros seudónimos? XD algo me dá que está un pouquiño subidito logo de lanzar este álbum XD). 
A cuestión primeira que poido decir sobre a música que nutre a Time I, é que é moi ampulosa e boombástica, con moitas cousas solapándose a veces, cousa que me noquea. Non se pode meter ó mesmo tempo unha línea vocal melódica cun punteo, cun riff e cunha orquesta que parece que vai á súa bola composta á súa vez por diferentes seccións. Bueno, poder pódese, pero logo quedarse co que oes xa é outra cousa.
O segundo e máis importante é que oito anos para sacar 5 temas, dos cales sólo hai 3 "reales", por moi complexos e progresivos que sexan, sona a pouco. De feito, ó que sona é a estratexia de márketing (mira, ésto sóname a unha asignatura que dín XD). Parece coma se a principios de ano, Jari dixera: teño 50 minutos de música... ¿qué tal si lle añado unhas intros e outros cun aire un pouco de BSO asiática, e alargo un pouco máis eses 50 minutos repetindo riffs e estribillos? Así podería sacar dúas partes do mesmo disco, con diferentes formatos, edicións especiales con DVDs, making ofs e demáis pijadas. Vendo que teño tantos fanboys, fijo que me sale rentable. 
Inciso aclaratorio sobre Time I:
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Instrumental CD of Time I, Certificate (limited to 500 copies, exclusively available at Nuclear Blast)
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Signed photo card Jari Mäenpää (limited to 1000 copies, exclusively available at Amazon.de)
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Wintersun logo shirt gray/black (exclusively available at Levykauppa Äx)
  • Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Shirt (black) (EMP exclusive)
  • CD Jewel Case + Shirt (Nuclear Blast USA exclusive)
  • CD Jewel Case
  • Blue vinyl (180g vinyl in gatefold including poster)
  • White vinyl (180g vinyl in gatefold including poster. Strictly limited to 200 hand-numbered copies) (exclusive at Nuclear Blast mailorder)
  • Digital download
  • iTunes digital download with Time I booklet
Por favor, pero qué tomadura de pelo é esto? 
Ben, vou volver co que presuntamente é o máis importante, a música. Realmente temos 3 temas aquí:  "Sons Of Winter And Stars", "Land Of Snow And Sorrow" e "Time". As tres xuntas fan uns 33 minutos, complexos no sentido de que dá a sensación de estar oíndo moito ó mesmo tempo, a veces causando sensación de saturación, con dominio na mezcla dos elementos orquestales sobre a base rítmica. As voces e coros en limpio fóronlle ganando terreno ós guturales con respecto ó CD do 2004, así como o medio tempo melancólico ó rápido, ainda que de vez en cando Wintersun anímase con algún blasting. Hai realmente partes interesantes e riffs traballados no medio deses tres temas, unha gran dedicación no referente á orquestación e a voz de Jari en limpio é bastante boa, por veces recórdame a Devin Townsend! Pero a sensación ó acabar é a de ter un cúmulo de cousas das que sólo podes sacar en limpio que os temas están como alargados e sobreexplotados nunha masa de boas ideas por un lado, e nunha extensión excesiva de poucas cancións que se presentan coma un desafío por momentos para o aguante e dedicación do oínte. 
8 anos non tan productivos que hai que amortizar. 5/10

Astral Sleep - Visions (2012)
Doom/Funeral Doom
Oficial
Tema: Channel Sleep
Procedentes de Tampere, Finlandia, Astral Sleep son unha banda que cabalga entre o Doom Metal e o Funeral Doom, con 8 anos de antigüedade e 2 LP no seu haber. Non oín o anterior Unawakening de 2008 nin o EP Angel en 2010, pero vendo cómo se desenvolven con Visions, terei que darlles un vistazo. E xa comento de antemán que non son un gran fan do Doom lento, sobre todo en CD, tal vez sí en directo?, xa que hai uns meses sorprendinme a mín mesmo disfrutando enormemente duns compatriotas seus coma Skepticism en Portugal. 
A música de Astral Sleep pode que non sexa tan densa coma a maioría de bandas de Funeral Doom, xa que imprimen diferentes atmósferas e cambios dentro dos catro temas que compoñen Visions. Éstos por suposto teñen esa ambientación lóbrega e lenta do Doom, pero a alternancia de rexistros tanto en voz, que vai desde o growl á limpia -e ó alarido incluso-, coma en riffs, combinando distintas velocidades con solos e punteos, e tamén partes acústicas interesantes, fan que este disco de Astral Sleep sexa eclécticamente entretenido e emocionalmente convincente. Vamos, a mín encantoume.
O mellor disco de Doom no que vai de ano. 8/10

Mono Inc. - After The War (2012)
Gothic Rock/Metal
Oficial
Tema: Arabia
Quedárame co nome desta banda logo de que sacara un disco para o meu gusto moi bo de Gothic Rock coma era Viva Hades haberá coma un par de anos, así que, logo de oír algún sample de After The War, esperábame unha digna continuación daquel. E o resultado é un CD moi similar a Viva Hades composto por temas moi similares en canto a estilo, no que o simplismo e os ritmos pegadizos, normalmente de teclado, unidos a uns estribillos que tamén se quedan na cabeza é o que manda.
Non hai excesiva complexidade na música de Mono Inc., como tampouco a hai no rango vocal do seu cantante Martin Engler, pero o estilo tampouco o require se vemos ás súas influencias: Sisters of Mercy, The Cure, Paradise Lost post-One Second ou os Depeche Mode máis oscuros e rockeros daquel Violator. Onde sí que hai talento vocal é na súa batería, que ainda que parezca raro tamén asume a labor de corista, acertadísimamente ademáis, xa que lle otorga á banda unha personalidade única cunha preciosa voz.
After The War é un álbum que se oe moi ben se eres amante do Gothic Metal máis melódico e melancólico, ainda que para o meu gusto, exceptuando algunhas cousas, ten demasiado parecido con Viva Hades, o que tampouco é algo excesivamente malo, xa que aquel era un bo disco e éste simplemente perpetúa a línea personal de Mono Inc.
Qué gran tema Arabia! 7/10