jueves, noviembre 29, 2012

Microreviews Novembro'12 - V

Mägo de Oz - Hechizos, Pócimas y Brujería (2012)
Folk Heavy Metal / Hard Rock
Oficial
Hoxe voume arriesgar cun disco de Rock español, sei que non é habitual, de feito creo que o único hispano que revisionei por aquí neste 2012 foi o de Last Prophecy, pero témome que co meu método hipersubxectivo, espontáneo e de honestidad brutal facendo reviews ganaríame máis de un enemigo por estas terras XD Sen embargo, o outro día vín o novo de Mägo de Oz co novo cantante, e decidín darlle unha oportunidade, tanto oíndoo coma escribindo unha crítica. E o certo é que resulta moi fácil facer unha crítica destructiva dun dos grupos máis odiados do panorama Metal patrio, xa sabendo case o que me vou encontrar, pero a riesgo de que veña un DieHard-Fan que me poña a parir con insultos mexicanos -sobre todo XD-, vou comentar as miñas impresións sobre este Hechizos, Pócimas y Brujería.
Ben, o primeiro que teño que decir é que o novo cantante, Zeta suple á perfección a Jose, eu diría que incluso me gusta máis, ainda que non haxa prácticamente diferencias no rexistro. Supoño que o feito de que as líneas vocales non cambien en exceso dos anteriores traballos tamén axuda. O segundo é que este traballo intenta ser variado, e paréceme ben, aglutinando as diferentes etapas polas que Mägo de Oz foron pasando na súa historia, a pesar de que nolo queren vender coma unha volta ós inicios de La Bruja e Jesús de Chamberí. O terceiro... é que me acordei de porqué me pareceron tan empalagosos e infumables todos os discos sacados na última década pola banda...
Indo por partes, o disco empeza cunha canción curiosa, moi Helloween diría eu, nada novo salvo ese extracto final duns poucos segundos máis folkies. Pero dios... foi empezar a segunda, "H2Oz", e tiven un resoplido coma un mundo. O tema trata sobre a historia da banda e a súa volta -chámanlle rata a Jose? XD por favor... ¿qué temos, 15 anos?-... pero é o típico de melodías infantiles e alegrillas que se poden oír nos seus últimos traballos... A sensación de grima sigue co seu single "Xanandra", de letras quinceañeras e de aire Pop-Rock simple e comercial, ainda que non é o peor momento do álbum, eso chegará tal vez coa balada "Quiero Morirme En Tí", a cal adquire un nivel de empalagosidad que está cerca dun tema cantado por Carlos Baute disfrazado de merengue. Pero non é a única "sorpresa" negativa: os de Txus decidíron facer unha homenaxe á nosa terra, Galicia, compoñendo un tema breve de gaitas, "A Marcha Das Meigas", unha composición á altura de Cristina Pato. 
Seguimos... "Satanael" tén probablemente o mellor riff do disco... se non fose pola súa razonable similitude co de "Better Unborn" de Amorphis. Se ata os temas empezan parecido con partes acústicas...
"Brujas" tamén chama a atención, xa que quen colle as riendas vocales é Patricia Tapia, que non o fai mal, pero o tema, supoño que polas súas burdas, adolescentes e ñoñas letras, emulando ó resto do disco, acaboume parecendo infantil. De feito, veume á cabeza "La bola de Cristal"...
Pero bueno, non todo é malo, a mín non me disgustaron os toques máis "Hard Rock" clásico de "No Pares (De Oir Rock and Roll)" -único momento no que sí que recordei a primeira época de Mägo, cun estribillo moi.. Obús?-, "Sigue La Luz", ou "Sácale Brillo A Una Pena", tema que preferiría que fose cantado nun idioma no que non entendera a letra. E desde logo a canción que máis me gustou foi a canción menos "Mägo de Oz", "Celtia", un tema de Folk-Rock máis cercano a  Folkstone ou Gaelic Storm (que a estas alturas xa non me extrañaría que fora medio plaxiado deles). 
O último tema, o máis extenso tampouco está mal, non é o típico que parece que non ten fin e que medio se perden dentro del dos Gaias. 
En resumen, Hechizos...é un disco ñoño, porque Mägo de Oz é un grupo bastante empalagoso de por sí, cousa que foron ganando cos anos e que lles deu mellor cabida entre o público xeral, a costa de perder a base de fans metalera que tiñan a finales dos 90, e seguirán sen ganala con discos así. 3/10
PD: ollo ó "temazo" que se gardaron nas bonus tracks "Piratas" XDDD
 

 
Huntress - Spell Eater (2012)
Heavy / Thrash Metal
Oficial
Tema: Eight of Swords
Non moitas bandas poden decir que para o seu primeiro disco son fichados por unha multinacional coma Napalm Records. Non moitas bandas poden decir que despois de lanzar o primeiro disco se van de teloneras de Dragonforce nunha xira mundial dunhas 40 fechas e posteriormente de teloneras de 3 Inches of Blood; de ter participado na edición norteamericana do Paganfest xunto con Alestorm, Turisas e Arkona sen ter absolutamente nada de Pagan/Folk Metal na súa música. Non moitas bandas poden presumir de ter aberto na xira europea conxunta de Megadeth e Kreator. E non moitas bandas poden decir que contan co patrocinio desa bebida que extrañamente se volveu tan popular chamada Jagermeister.
Ademáis cando un oe a música de Huntress, tampouco é que sexa unha maravilla, polo que sólo nos queda un motivo vital para que se deran a conocer tanto en tan pouco tempo... bueno, dous:
- O primeiro, un mánager da leche que invirta cartos a mansalva no grupo. Prácticamente a única maneira hoxe en día de que unha banda novel se faiga famosa da noite á mañá.
- O segundo, esto.
Pero bueno, a mín dame un pouco igual que teñan unha cantante que fora ou no playboy -como parece que é o caso-, mentres que a música esteña ben. E esto último parece que renquea. De primeiras, eu pensaba que me iba gustar moito máis do que finalmente sucedeu, xa que o estilo de Huntress é un Heavy Metal moi clásico, con toques de Speed/Thrash Metal ala 3 Inches of Blood e un ambiente místico dado pola cantante que pode facer recordar a uns Mercyful Fate ou Portrait. Pero xa digo que sucedeu en primeira instancia, xa que Huntress carecen de riffs memorables, de bos solos, de temas dinámicos e a cantante por veces pretende irse a pseudorasgados -tal vez chamando á porta de Gossow para irse na próxima xira con Arch Enemy?- que chegar a molestar, aparte de que parezca que estea berrando máis que cantar a maioría do tempo. 
En resumidas contas, é o que uns alumnos sen talento de King Diamond e LaRoque sacarían. Seguramente desde Napalm os obliguen a sacar outro disco en pouco tempo, veremos si lles vai ben na xira... e se melloran ou no no próximo disco...
As frontwoman de bon ver venden, pero espero que o fan medio metalero esixa algo máis ca eso. 2/10

Wolfsbane - Wolfsbane Save The World (2012)
Hard Rock / Heavy Metal
Oficial
Tema: Smoke and Red Light
No anterior post falei sobre dous proxectos de xente de Maiden, e desta vez sigo dalgunha forma no mesmo tópico, coa banda reformada Wolfsbane, aquela na que cantaba Blaze Bayley antes de entrar no X Factor. Con aquela incorporación de Blaze nas filas de Iron Maiden, Wolfsbane parou a actividade, e non sería ata hai poucos anos que se unen os membros orixinales para empezar a compoñer un novo CD.
Hai moitos anos que non escoitaba a este grupo, sabía que non era o mesmo pao que Maiden, pero a miña memoria non acertaba co estilo exacto. Por eso cando puxen este Wolfsbane Save The World quedeime un pouco pensativo: "era esto o que tocaban antes?...". 
Tanto dá; o que os británicos fan é un Hard Rock bastante fresco e incluso festeiro nalgúns temas. As influencias de Rock clásico e da vella escola de bandas coma Van Halen ou AC/DC é palpable en temas coma "Teacher" -cuio comezo me recordou dalgunha forma a un dos meus temas preferidos de Firewind, "Brother's Keeper"-, tamén en "Buy My Pain", na festiva e con certo aire de Punk-Rock británico "Smoke And Red Light", ó igual que en "Everybody's Looking For Something" e tamén en "Live Before I Die", cun riff moi Led Zeppelin que acaba derivando nun break de Ska-Reggae máis ca interesante (!) 
Logo temos temas máis épicos e calmados coma "Child of the Sun", "Starlight" -unha das peores do CD-, e a Meatloafiana "Illusion of Love".
Penso que Wolfsbane se curraron un álbum moi variado e tamén cun espírito de rebeldía, juventud e festa que combinan con experiencia adquirida logo de tantos anos nesto da música.  
Desde logo, mellor que os proxectos en solitario de Blaze, Smith e Harris. 7/10

Black September - Into the Darkness into the Void (2012)
Black/Death Metal
Oficial
Tema: Cursed
A banda procedente de Chicago, Black September é un curioso grupo de Black-Death -ou Blackened Death- con cantante feminina, que se ninguén cho dice nunca o saberías, que conta cunha forte influencia da escola sueca. Neste segundo LP, pódense adiviñar esa forma de facer riffs máis propia de Watain, ou uns oldschoolizados Amon Amarth e Dissection, máis crudos e gruesos. En consonancia con esta característica, a producción é tamén máis sucia e densa, moi ó estilo do Death old school, cun gran fallo que é o de que a voz queda totalmente soterrada dentro da música. Tampouco é que a vocalista sexa un portento -a mín non me gusta nada-, pero con este sonido ainda queda en peor lugar baixo o meu punto de vista. 
Polo resto, é un álbum pouco orixinal, pero que ten os seus momentos en temas coma "Cursed" ou "Defiance", pero que nun cómputo global acaba sonando algo lineal, tal vez debido á monotonía vocal ou a certos temas que comparten seccións moi parecidas. Pode que ambas cousas.  
Desde logo non é o disco do ano en canto a Death Metal. 5/10

Banshee - Mindslave (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Taming The Beast
Banshee son unha banda americana de Heavy Metal, de influencias variadas que van desde o Rock melódico ata o Power e o Hard Rock. Foi unha das típicas bandas que naceron nos 80 e que a chegada dos 90 lles pasou factura ata o punto de disolverse. Pasados uns anos, deciden reunirse outra vez e volver a probar fortuna cun novo disco; Mindslave.
O que máis me sorprendeu foi ver a diversidade dentro deste CD, xa que tanto te podes encontrar cun inicio de disco -"Taming the Beast"- no que parece que vaia empezar "Needle 24/7" de Children of Bodom para acabar sendo un tema que o Dio máis clásico podería ter firmado, tanto cun aire moi Stoner e setentero no corte que dá título ó álbum e en "Unearthed", uns toques moi Firewind nas cancións máis calmadas do tipo de "King of Nothing" ou "Hangman Lies" ou certo aire NWOBHM con punteos doblados ala Maiden en "Full Circle".
Penso que é un bon álbum, suficientemente variado para quen lle guste o estilo, e ainda que a mín houbo temas que me pareceron algo frouxos con respecto a outros, vexo a volta de Banshee coma bastante digna. 7/10

No hay comentarios: