martes, febrero 18, 2014

Interrogantes do Metal - O pelaso de Kai

Interrogante IX: Qué pasou na cabeza de Kai Hansen no 2013-2014? -en sentido literal-

Gamma Ray prepar... espera espera... comorl?

Se alguén se pensaba que iba a falar doutro disco coñazo e autorepetido de Gamma Ray vai bon... o motivo polo que me parei a ler a noticia sobre un novo álbum do noutrora imaxinativo Kai Hansen foi a incrible foto que acompañaba á nova...

Mamaíña ahí pasou algo, xa non que onde había ceo agora hai nubes, senón que as nubes forman unha borrasca rara de carallo...
 Ai cómo se poñen algúns cos anos...

sábado, febrero 15, 2014

Cosecha bárbara

Desta vez toca o turno ó mediocre grupo sueco de féminas, que lanzan a súa propia salsa picante "Into The Fire". Ignoro se é o título dunha canción delas, non me extrañaría, pero tampouco me pica a curiosidade. Xa me chegou con oír unha vez o "In Distortion We Trust" e un par de cancións o do 2012.

Este é o típico grupo que vende pola imaxe máis que pola música, pero parece que a partir de agora tamén queren vender por outra faceta máis totalmente axena: o mundo das salsas barbacoa... interesantísimo.

"Our intention is not to serve you the world's hottest sauce, to make people cry of pain in stupid chili-eating competitions." 

"We don't want this to be just a souvenir to put on the shelf, we want to make something useful with a great taste that people can actually enjoy. The pain and pleasure you get from the heat and taste of chili in food and drinks is something we want to spread, and this is the perfect hot product for this."

"Into The Fire habanero sauce contains habanero that is cultivated at the farm and then prepared as hot sauce, without any additives. It's a small-scale production and Habanero-Man is taking care of everything from growing the plants to the finished product by himself. "The collaboration with Habanero-Man in Japan was initiated when [CRUCIFIED BARBARA frontwoman] Mia Coldheart, chili pepper enthusiast, tried to make her own habanero sauce at home and put the result on Instagram, marked with #habanero. This picture caught Habanero-Man's interest on the other side of the earth and they started a friendship based on habanero and music."

"CRUCIFIED BARBARA was impressed by the genuine and natural way of Habanero-Man's production and lifestyle on the country side in Japan, and we really love his handmade, natural habanero products made on his farm. This spicy story is the reason behind our new release; Into The Fire habanero sauce!" 

Case mellor que probar a salsa e oír a súa música, dediquémonos a miralas (e xa sei, sona machista mazo, pero desde logo que a música non é o seu, e se fora un grupo de tíos non habería quen lles fixera caso... merecidamente... ou non?).


Fuente

lunes, febrero 03, 2014

Prince of Darkness

Nada mellor que empezar o ano con boas novas, coma que o príncipe de Inglaterra é un thrasher de cepa. Vamos, que un día destes igual o atopamos no medio dun concerto de Annihilator, Bolt Thrower ou Sodom
dándoo todo no moshing... 

The royal is addicted to the music of bands including Megadeth, Slayer, Metallica and Anthrax, according to actor Dominic West.
Dominic, 44, said it was the only music that Harry, 29, would listen to on their recent Walking With The Wounded expedition to the South Pole.
He said: “Harry has a terrible selection on his iPod. It is the sort of thing soldiers listen to. Hardcore thrash metal.”

Fuente

domingo, febrero 02, 2014

Grand Alchemist - Disgusting Hedonism (2012)

Grand Alchemist - Disgusting Hedonism (2012)
Symphonic Dark Metal
Official

Pasaron xa 10 anos desde un dos mellores discos debut da década dos 2000, o Intervening Coma-Celebration dos noruegos Grand Alchemist. Recordo por aqueles anos pensar... "pero este grupo de ónde saleu, e cómo é que non é máis conocido con semellante álbum???". O certo é que Grand Alchemist, por algún motivo quedáronse na escuridade e case que anonimato. De vez en cando, por ese tempo no que Myspace ainda servía para algo, metíame no perfil da banda para ver si sacaban algo novo, pero nada. Creo que non foi ata hai uns 3 anos, cando finalmente vín unha actualización sobre a volta de Grand Alchemist. 

Finalmente foi en 2012 cando Grand Alchemist sacan o seu segundo álbum, e as miñas expectativas víronse cumplidas... parcialmente. 

O certo é que o estilo creado no seu anterior disco non varía moito do deste Disgusting Hedonism. O que eles mesmos autodenominan "Black Metal sinfónico" non cambiou excesivamente nestes 10 anos de espera. Por certo, eu non consideraría a Grand Alchemist coma "Black Metal", de feito, xa vedes que cambiei a definición por Dark Metal -que é un estilo un pouco máis indefinible-. Realmente considero que dentro de Grand Alchemist hai tantos elementos de Black Metal coma de Death Melódico, e ningún destes estilos mencionados se podería considerar coma máis acertado para a banda. Eu incluso diría que (quitándolle a voz, que sí podería pertencer ó mundo blacker) están máis cerca dun Metal progresivo Extremo/Power Metal escuro con elementos sinfónicos. Véxoos máis cerca de Golden Dawn (os antigos, non esa bazofia que sacaron hai nada), Trail of Tears ou incluso Hollenthon que de Cradle of Filth ou Carach Angren. Fixándose sólamente no traballo de guitarra é fácil comprobar que os riffs rara vez se acercan a trémolo pickings máis propios do Black Metal. Algúns deles diría que incluso poderían pertencer aos temas máis duros de Evergrey ou Pagan's Mind.

Comparado co anterior disco, tal vez a diferencia máis clara que lle encontrei a este novo álbum sexa que é máis difícil de escoitar. Non resulta tan pegadizo coma o Intervening Coma-Celebration e ademáis añadíronlle certa complicación a estructuras e melodías. A veces incluso me decía a mín mesmo mentres que oía o disco: "pero porqué non o deixan eso dunha maneira máis simple? mira que... vaia maneira de complicarse pa non mellorar o resultado...". En xeral este pensamento rondoume durante bastantes partes do disco, que por certo non é que sexa malo en absoluto, pero que se fai unha escoita un tanto complexa e incluso me chegou a cansar nas primeiras veces.

Como decía, o álbum está perfectamente executado e ten un gran sonido. As cancións, mantendo un hilo marca da casa, teñen diferentes elementos, que van desde pianos e melodías "clásicas", a algunha atmósfera oriental, orquestación épica, riffs decentes e incluso algún arreglo industrial. Non se pode decir que Grand Alchemist apostaran por acomodarse e facer outro álbum máis, senón que se curraron un traballo con moita atención nos pequenos detalles que probablemente lles levou o seu tempo. Sen embargo, a min non me gustou máis que o primeiro álbum deles. Non creo que tiveran a mesma inspiración creando melodías, e decidiron facer música máis prog, pero sen conseguir atraparme totalmente para poñerme o disco unha e outra vez e aprenderme todos os xiros e cambios de ritmo. Unha pena, ainda así estarei atento ó seu seguinte LP.

Gana coas escoitas, pero non é mellor que o seu debut. 7/10

viernes, diciembre 13, 2013

Cosecha italiana


Desta vez toca falar dos italianos Fleshgod Apocalypse, que pretenden conseguir ingresos extras xa non só a través de viños (tinto e branco) senón que lle dán nome á súa propia pasta!!!

Bueno, a este paso un día vanse quitar da música e montar o seu propio Mercadona...

Eu creo que chegar a estes niveles xa empeza a ser un pouco absurdo, pero desde logo a última palabra sempre a teñen os dichosos fans e coleccionistas pedantes... porque un viño australiano que pon Amon Amarth na cuberta non vai saber mellor porque teña esa etiqueta, ou unha pasta dun fabricante italiano aleatorio vai ser máis adecuada para tí si che gusta o Death Metal porque esteña escrito "Fleshgod Apocalypse" no envoltorio... 

O de sempre, eu espero que Keep of Kalessin lancen o seu champú e Cannibal Corpse a súa marca de carne á brasa... Behemoth nuns anos terá o seu primeiro desfile en Cibeles e Arjen Lucassen patrocinará a primeira expedición humana a Marte...

Por se fora pouco, Fleshgod Apocalypse enseñannos cómo preparar pasta no seguinte vídeo...



Fuente

domingo, diciembre 08, 2013

Roubos ou Similitudes? Grave Digger VS Grave Digger

Hai pouco oínme o novo dos veteranos germanos Grave Digger, que coma ven sendo habitual para o meu gusto, desde hai anos fan discos bastante similares nunha visión global, que combinan cousas mellores e peores, facendo que ningún dos CDs que sacaron despois dos 2000 sexan destacables, nin creo que o serán cando nun futuro se mire a discografía do que un día foron. Unha das principales causas é que nos últimos discos, Grave Digger xa non sorprenden porque xa non aportan cousas "innovadoras" ou que chamen a atención se os comparamos co que fixeron no pasado. E non, non é que sexa un metalero anclado no "todo o que se fixo antes é moito mellor", pero no caso de bandas coma Grave Digger, xa sabes o que che van a ofrecer antes de oílo, e pode que incluso pases un bo rato, pero é inevitable pensar "ehm este riff é calcado a aquel do "The Reaper"...", "Eu creo que "Circle of Witches" é demasiado parecida a ésta do "The Clans Will Rise Again"...", "este cambio de ritmo xa o oín, estaba claro que iban tirar por ahí...".

Penso que cousas coma estas fan que o aficionado á música que xa leva certo número de anos e discos, se canse antes de certos grupos e riffs ultratrillados. Supoño que esa tamén é a razón pola que a "nova ola de Thrash" me tén sin absoluto cuidado. Todo o que fan estas novas bandas xa estaba feito hai 25 anos, e alomenos daquela tiñan o mérito de estar "creando" un novo estilo. As de agora simplemente copian esa era de forma descarada. 

Volvendo a Grave Digger, como dixen ó principio, oínme o Clash of the Gods, que comparte temas interesantes e pinceladas por aquí e acolá que chaman a atención co mítico de sempre que se pode esperar da banda. O que sí que non me esperaba era que fixeran unha versión a velocidade reducida do seu clásico do 1996, "The Dark of the Sun". Cousas coma ésta son as que me tiran pa trás con "Grave Diggers" desde hai anos.

Call of the Sirens (2012)

The Dark of the sun (1996)

sábado, noviembre 23, 2013

Cosecha apocalyptica

E o turno ahora desta nova moda de merchandising entre os grupos de rock é o de Apocalyptica. O grupo, que non é que musicalmente esteña a propoñer algo interesante ou diferente nos últimos anos -xa un pouco encasillados no sonido accesible de Cello-Metal-, parece que se decanta por outros negocios, neste caso a poñer o seu nome a un viño.

Como suele ser habitual nestes casos, a banda non ten nada que ver coa productora vinícola máis aló dun contrato comercial, xa que a empresa Petra Unger está ubicada en Austria.

"This sparkling pleasure is the classic choice, a perfect medley of all kinds of symphonies. Dry, exceptionally fruity, with apple tones and lively bubbles". 


Pode ser comprada aquí, por 17'50 €.