miércoles, noviembre 28, 2012
martes, noviembre 27, 2012
Os grandes grandes grandes videos metaleros: Chris Holmes (CHP) - They All Lie And Cheat
Parece que hai vida despois de W.A.S.P. para o seu mítico guitarra Chris Holmes. O último que tiña entendido era que unira forzas con Randy Piper para sacar esa segunda versión do disco do 2006 de Randy Piper's Animal baixo o nome de Where Angels Suffer (WAS?), pero parece que o home decideu montarse tamén o seu propio proxecto personal CHP (Chris Holmes Project?), do cal poderedes ver o seu debut disco-videográfico neste post (case primicia, xa que non hai nada que saleu). A música... o video... ah! qué gran combinación, cando o vín non o pensei máis e collino para esta sección, por méritos propios, eso sí.
Parece que a canción trata sobre as mentiras dos políticos e certa denuncia social, pero eso non é o máis interesante deste proxecto... incluso a melodiosa voz do ex-WASP se queda en pouco cando un vé o seguinte video promocional:
Momento épico 1: O escenario e os efectos Windows Movie Maker
Eu teño unha teoría sobre este video: Chris tén un familiar, poñamoslle sobriño, estudiando un ciclo de Imagen e Sonido, e díxolle ó rapaz que lle prestara as chaves dun cuarto de proxección cando non houbera ninguén para grabarse o seu videoclip. Sólo así se explica que haxa unha pantalla verde detrás que ninguén usa, e que a sala esteña completamente vacía, pero con todo o material por ahí, como se pode ver nunha toma de random zoom de 1 segundo que hai...
Na súa casa editou todo cun par de efectos Windows Movie Maker en un cuarto de hora e fuera!
Momento épico 2: as 3 tomas do videoclip
Primeiro plano fijo da cara, onde podemos observar que CH fai o playback peor que Juan Pardo:
Plano estático de CH coa guitarra acústica:
Primeiro plano da guitarra eléctrica mentres fai solos:
Logo hai zooms sin moito sentido, ¿para darlle certa dinámica ó video? XD De todos xeitos o cambio de dinámica e de planos chega co 3º momento épico:
Se ó principio do video xa nos preguntamos qué fai unha pantalla verde e unha batería electrónica sen usar detrás de Holmes, cando aparece "a muller" xa roza o surrealismo, que con esas frases sen sentido no medio da canción (temazo, por certo) móstrase coma secundaria de lujo. Ademáis témola en dúas modalidades: modo rosmón sentada ó lado da batería e tamén en plan bullero con Chris Holmes (?)
"Pero qué che fixen oh!!!"
"I win"
E agora a pregunta que máis de un nos facemos: ¿estaba realmente borracho Chris cando rodou o videoclip???Nah, os clásicos sempre o recordaremos por cómo era nos 80
viernes, noviembre 23, 2012
Microreviews Novembro'12 - IV
Steve Harris - British Lion (2012)
Hard Rock
Oficial
Tema: This is My God
Hoxe toca "proxectos de membros de Maiden", e empezo con éste de Steve Harris, que tén unha historia curiosa, xa que British Lion era unha banda que por aló do 92 lle pedira a Harris que formara parte das súas filas. Anos despois parece que o propio Steve xunto con outros membros decidiron reformar a idea, desta vez co nome do baixista coma nome do grupo (desde logo, seguro que vende máis).
A música deste British Lion ten pouco que ver coa de Iron Maiden, xa que se vai por uns derroteiros máis Hard Rock setenteros que mezclan con gotas de Heavy melódico, de Rock progresivo e Rock alternativo. E ben, o primeiro que poido decir é que a mezcla non me gusta, sona flácida, sen forza ningunha, ó que añadido a unhas composicións sen gancho e un cantante sen garra que non pega demasiado fan un CD que resulta un pouco fulero. De feito a primeira vez que o puxen case me quedo durmido, e a segunda costoume chegar ata o final. Pode ser polos motivos que dixen, e pode ser pola cadencia xeral do disco, que se vai hacia un medio tempo meloso e parsimonioso en moitas partes que se torna en case somnífero.
Sen pena nin gloria. 2/10Primal Rock Rebellion - Awoken Broken (2012)
Alternative Heavy Metal
Oficial
Tema: No Place Like Home
Éste
é o novo proxecto do mítico guitarra de Iron Maiden, Adrian Smith e o
cantante de Sikth, Mikee Goodman. Descoñezo a labor deste último nesa
banda, pero a Smith coñézoo case desde que nacín, e a verdade é que non
me esperaba para nada este movemento do británico.
Este novo grupo para
nada sona a Iron Maiden (nin falta que fai), senón que aglutina
diferentes tendencias rockeras que conflúen nunha especie de Metal
escuro e moderno, no que moi de fondo podemos ver unha base de Heavy
clásico que é envolta por ritmos a veces máis cerca do que foi o
Groove/Nu Metal americano dos noventa e 2000. Así, penso que non me
equivoco (non fun moi seguidor dese estilo) se digo que éste é un
producto destinado a un público que guste de bandas do estilo de God
Forbid, Disturbed, Five Finger Death Punch, Korn... ainda que Adrian
Smith se preocupa de que haxa algúns bos riffs
e variedade suficiente como para que dependendo da canción haxa
influencias clásicas, de grunge, ou incluso de Prog Rock ("Search For
Bliss" pasaría por un tema de Queensrÿche de mediados dos 90!)
En
canto ó cantante, Mikee móstrase moi versátil, tentando varios
paos e salindo victorioso de cada un deles. O malo é que a mín me
resultou unha escoita, ou mellor dito, escoitas, que non me transmitiron moito. Pode
que o estilo tampouco axude no meu xuicio, pero exceptuando algunhas
partes, é un disco que me pasa bastante desapercibido hoxe en día. 5/10
Eternal (of Sweden) - Chapter 1 (2012)
Power Metal
Oficial
Tema: You Can't Break Us
Ainda que me siga parecendo que no, que cada vez hai máis e máis grupos -e polo tanto máis e máis mediocridade-, tódolos anos me sigo atopando con xoias en prácticamente calquera estilo metaleiro. Tamén é certo que indago de máis... mentres que haxa tempo... Este ano, a xoia do Power Metal vén duns descoñecidos Eternal (of Sweden) -extraño nome-, que sacan o seu primeiro traballo Chapter 1.
O estilo destes suecos, a verdade é que é moi sueco XD Mezclando elementos de diversos xéneros, entre os que poderemos encontrar unha base de Power típicamente europeo, con adicións de Prog-Power e Hard Rock. Temas moi ben traballados e cohesionados, nos que ningún elemento destaca por encima dos outros, cun perfecto balance entre teclados e guitarras ó que se lle unen unha estupenda voz e líneas vocales, facendo un disco do máis completo Power Metal que oíra desde hai tempo. Eternal recordan ó mellor de Yngwie Malmsteen pero sen o peor de Yngwie Malmsteen: Yngwie Malmsteen. Tamén se me viñeron á cabeza máis dunha vez, Masterplan, Axel Rudi Pell, Nocturnal Rites, Pretty Maids e Thunderstone, polo que os amantes destas bandas seguro que disfrutarán con temazos coma a inicial "You Can't Break Us", "The Thing", "Heroes", "Virus", "Human"... o certo é que Chapter 1 ten moi boas e moi adictivas cancións..
Inicialmente íballe poñer un 8, pero o feito de que se trate dun debut faime decidirme por un 9/10
Lonewolf - Army of the Damned (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Cold
Eu
teño unha pequena disyuntiva con todas estas bandas que salen copiando o
estilo doutras máis famosas. Por un lado, se as bandas "origen" están
desfeitas e non volven sacar máis discos pois non vexo tan mal que
aparezca outra cun estilo similar de compoñer, caso de Thulcandra e
Dissection. Pero si a banda "origen" ainda segue a sacar discos, que
aparezca outra que copie o seu facer... xa non o vexo tan ben. En ambos
casos, hei de dicir que a explotación do que fixeron outros tamén ten
uns límites para mín. É dicir, ok que copien estilo, pero que non faigan
os mesmos riffs! e ok que faigan un primeiro disco parecido, pero que
logo se vaian creando a sí mesmos posteriormente!
No caso dos
franceses Lonewolf, parece que levan 20 anos sacando discos, ainda que
eu nunca escoitara falar deles antes, e a súa banda fetiche desde logo é
Running Wild ainda que tamén é palpable a influencia do Heavy Metal
xermano encarnado por Grave Digger, Accept ou Paragon. Pero sólo con
influencias e sonoridade parecida non se fabrica un bo álbum. Army of
the Damned faime entender o porqué de que Lonewolf pasase tan
inadvertido durante estas décadas no panorama metálico, xa que é un disco bastante mediocre,
que ata os máis fuleros de Rolf Kasparek lle fan sombra. 3/10
Aerosmith - Music From Another Dimension (2012)
Rock / Hard Rock
Oficial
Tema: Luv XX
Facía
moito tempo que non oía un disco enteiro de Aerosmith. E cando digo moito,
é moito... pode que tirando hacia os 20 anos! (sí que vou vello XD).
Recordo
que hai uns meses o nome da banda volvía a estar nas novas dos webzines
por motivos pseudopolémicos, e recordo pensar: "márketing! eso é que
teñen pensado sacar un álbum novo e saben que están en horas baixas".
Bingo! Durante un tempo olvideime do grupo, pero hai un mes ou así,
estaba na sección de novedades das webs este Music From Another
Dimension, disco número 15 da súa carreira!
O primeiro que poido
decir del é que non cambiaron demasiado o sonido que os fixo famosos, é
máis, hai cousas que parezcan refritos doutros temas propios.
O
segundo é que é absurdamente largo, con temas absurdamente largos. 70
minutos de Aerosmith máis 3 bonus tracks que fan que o disco sobrepase
os 80 paréceme demasiado, sobre todo cando vemos que hai temas coma "Out
Go The Lights" ou "Street Jesus" nos que se pasan de repeticións para
alcanzar uns case 7 minutos cada un, dos cales lles sobran 3'5 (esto recórdame ó último de Manowar XD).
O terceiro, sorprende ver a Perry cantando nun par de temas (esto fixérao antes? sinto non ser tan fan de Aerosmith XD)
Logo
temos unhas cuantas cancións de Rock típico rodeadas das tamén típicas baladas
rockeras que os fixeron famosos, nunha proporción de 50-50%. O que pasa é que nin os momentos máis
rockeros nin as baladas están á altura das súas mellores composicións.
Se a esta conclusión se añade o feito de que a duración é esaxerada, eu
diría que é un disco que difícilmente gustará a quenes non sexan auténticos fans dos de Tyler e Perry, e incluso aposto a que os fans o terán que empuxar cun pouco de pan. 2/10
PD: o mellor, ver que Joey Perry por fín mostrou ó mundo a súa fascinación por Cantinflas!
jueves, noviembre 22, 2012
Skating con Hetfield
Tanto James Hetfield coma Robert Trujillo parece que son xogadores cos que un poderá xogar no videoxogo Tony Hawk's Pro Skater HD, que se puxo á venta este pasado Xulio.
Agora Hetfield sí é "the Table"!!
Fuente
Hai algo máis Metal ca esto???
Bueno... vestir de Armani tamén é bastante Metaaaaal!!!
martes, noviembre 20, 2012
Microreviews Novembro'12 - III
The Murder of My Sweet -
Bye Bye Lullaby
(2012)
Gothic Metal
Oficial
Silent Descent - Mind Games (2012)
Modern Melodeath/Metalcore
Oficial
Tema: Psychotic Euphoric
Wintersun - Time I (2012)
Symphonic Power/Melodeath
Oficial
Tema: Time
Astral Sleep - Visions (2012)
Doom/Funeral Doom
Oficial
Tema: Channel Sleep
Mono Inc. - After The War (2012)
Gothic Rock/Metal
Oficial
Tema: Arabia
Gothic Metal
Oficial
Ainda que The Murder of My Sweet é o típico nome
dun grupo de Metalcore, desta vez atopámonos cunha banda de Pop Metal gótico e sinfónico bastante clásica dentro do mundillo. Con esto de
clásica, refiérome, como non, a que está liderada por unha tipa de
bastante bo ver, case que o único atractivo que suelen, xa non explotar
en videoclips, senón tamén en portadas; cunha selección de temas que
bordean o Gothic Metal accesible e noño-pseudobaladero, carencia
absoluta de riffs, e intentos de recrear temas pegadizos que se quedan
na cuneta da intrascendencia... Por se esto fora pouco, este castigo dura a
friolera de 1 hora, tempo que poderemos utilizar para facer outras cousas ou
descansar en caso de insomnio.
En canto a referencias, a mín
recordoume especialmente a esa banda que formou o ex-Vader Mauser coa súa moza,
Unsun, que comparte non sólo a sonoridade deste symphonic Gothic Pop de
guitarras eléctricas, senón tamén a voz somnífera dunha cantante
cachonda. Incluso creo que Unsun está mellor que The Murder of My Sweet,
e con esto xa o digo todo.
Chocho Metal en esencia pura. 2/10
Silent Descent - Mind Games (2012)
Modern Melodeath/Metalcore
Oficial
Tema: Psychotic Euphoric
Temíame
que baixo a etiqueta de "Trance Metal" se escondería un bluff, pero
ainda así animeime a investigar cómo sonaría o xénero co que os propios
británicos Silent Descent se autodefinen.
Cando vín a portada,
medo me deu. É a típica que trata de chamar a atención
desesperadamente sobre o incauto potencial oínte, que probablemente
pensará logo de ver á esa muller en semicoiros, que sólo un grupo de
puberadolescentes, os máis duros, pseudoemo-góticos e con máis ansias de
ser rockstars da súa clase, poderían ser autores desta cousa.
A
música que nos atoparemos aquí é básicamente Metal moderno e industrial,
con sintetizadores levando o peso dos temas dunha forma a veces incluso
molesta (ollo, que o grupo conta con teclista e DJ! ainda que o máis normal é que un pense que sólo hai un controlando a electrónica, é dicir, non entendo o labor destas 2 personas neste grupo), con riffs que tiran máis hacia o Metalcore con toques
Melodeath, moi ó estilo americano. Hai dúo de voces growl-emolimpia,
coma en moitas destas novas bandas que tiran máis hacia o Metalcore
melódico e teenager, apostaría as
miñas tachas de Metal que ámbalas dúas retocadas en estudío XD Baixo e batería cumplen, pero é que tampouco
hai de onde sacar, xa que Mind Games é un álbum que non aporta
demasiadas cousas, salvo uns momentos curiosos de Dubstep na intro e nun
tema polo medio. Sí, o Dubstep chamoume máis a atención que o Metal neste caso... XD
O mellor: a tía da portada. 2/10
Wintersun - Time I (2012)
Symphonic Power/Melodeath
Oficial
Tema: Time
Cuestión difícil a de falar sobre o novo CD de Wintersun.
Comezarei decindo que me extraña que a día de hoxe haxa esta exacerbada fascinación con este grupo. Tanto co seu primeiro disco autotitulado, o cal oín cando saleu e simplemente me parecera que "estaba ben" sin moito máis, e sobre todo coa volta logo de 8 anos, presentando Time I, obra que a máis de un se lle enche a boca por foros decindo cousas coma o "Da Vinci do Metal" referíndose a Jari Mäenpää (será o propio Jari baixo outros seudónimos? XD algo me dá que está un pouquiño subidito logo de lanzar este álbum XD).
A cuestión primeira que poido decir sobre a música que nutre a Time I, é que é moi ampulosa e boombástica, con moitas cousas solapándose a veces, cousa que me noquea. Non se pode meter ó mesmo tempo unha línea vocal melódica cun punteo, cun riff e cunha orquesta que parece que vai á súa bola composta á súa vez por diferentes seccións. Bueno, poder pódese, pero logo quedarse co que oes xa é outra cousa.
O segundo e máis importante é que oito anos para sacar 5 temas, dos cales sólo hai 3 "reales", por moi complexos e progresivos que sexan, sona a pouco. De feito, ó que sona é a estratexia de márketing (mira, ésto sóname a unha asignatura que dín XD). Parece coma se a principios de ano, Jari dixera: teño 50 minutos de música... ¿qué tal si lle añado unhas intros e outros cun aire un pouco de BSO asiática, e alargo un pouco máis eses 50 minutos repetindo riffs e estribillos? Así podería sacar dúas partes do mesmo disco, con diferentes formatos, edicións especiales con DVDs, making ofs e demáis pijadas. Vendo que teño tantos fanboys, fijo que me sale rentable.
Inciso aclaratorio sobre Time I:
- Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD
- Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Instrumental CD of Time I, Certificate (limited to 500 copies, exclusively available at Nuclear Blast)
- Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Signed
photo card Jari Mäenpää (limited to 1000 copies, exclusively available
at Amazon.de)
- Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Wintersun logo shirt gray/black (exclusively available at Levykauppa Äx)
- Limited Mediabook (hard cover, wide format) CD+DVD + Shirt (black) (EMP exclusive)
- CD Jewel Case + Shirt (Nuclear Blast USA exclusive)
- CD Jewel Case
- Blue vinyl (180g vinyl in gatefold including poster)
- White vinyl (180g vinyl in gatefold including poster. Strictly
limited to 200 hand-numbered copies) (exclusive at Nuclear Blast
mailorder)
- Digital download
- iTunes digital download with Time I booklet
Por favor, pero qué tomadura de pelo é esto?
Ben, vou volver co que presuntamente é o máis importante, a música. Realmente temos 3 temas aquí: "Sons Of Winter And Stars", "Land Of Snow And Sorrow" e "Time". As tres xuntas fan uns 33 minutos, complexos no sentido de que dá a sensación de estar oíndo moito ó mesmo tempo, a veces causando sensación de saturación, con dominio na mezcla dos elementos orquestales sobre a base rítmica. As voces e coros en limpio fóronlle ganando terreno ós guturales con respecto ó CD do 2004, así como o medio tempo melancólico ó rápido, ainda que de vez en cando Wintersun anímase con algún blasting. Hai realmente partes interesantes e riffs traballados no medio deses tres temas, unha gran dedicación no referente á orquestación e a voz de Jari en limpio é bastante boa, por veces recórdame a Devin Townsend! Pero a sensación ó acabar é a de ter un cúmulo de cousas das que sólo podes sacar en limpio que os temas están como alargados e sobreexplotados nunha masa de boas ideas por un lado, e nunha extensión excesiva de poucas cancións que se presentan coma un desafío por momentos para o aguante e dedicación do oínte.
8 anos non tan productivos que hai que amortizar. 5/10
Astral Sleep - Visions (2012)
Doom/Funeral Doom
Oficial
Tema: Channel Sleep
Procedentes de Tampere, Finlandia, Astral Sleep son unha banda que cabalga entre o Doom Metal e o Funeral Doom, con 8 anos de antigüedade e 2 LP no seu haber. Non oín o anterior Unawakening de 2008 nin o EP Angel en 2010, pero vendo cómo se desenvolven con Visions, terei que darlles un vistazo. E xa comento de antemán que non son un gran fan do Doom lento, sobre todo en CD, tal vez sí en directo?, xa que hai uns meses sorprendinme a mín mesmo disfrutando enormemente duns compatriotas seus coma Skepticism en Portugal.
A música de Astral Sleep pode que non sexa tan densa coma a maioría de bandas de Funeral Doom, xa que imprimen diferentes atmósferas e cambios dentro dos catro temas que compoñen Visions. Éstos por suposto teñen esa ambientación lóbrega e lenta do Doom, pero a alternancia de rexistros tanto en voz, que vai desde o growl á limpia -e ó alarido incluso-, coma en riffs, combinando distintas velocidades con solos e punteos, e tamén partes acústicas interesantes, fan que este disco de Astral Sleep sexa eclécticamente entretenido e emocionalmente convincente. Vamos, a mín encantoume.
O mellor disco de Doom no que vai de ano. 8/10Mono Inc. - After The War (2012)
Gothic Rock/Metal
Oficial
Tema: Arabia
Quedárame co nome desta banda logo de que sacara un disco para o meu gusto moi bo de Gothic Rock coma era Viva Hades haberá coma un par de anos, así que, logo de oír algún sample de After The War, esperábame unha digna continuación daquel. E o resultado é un CD moi similar a Viva Hades composto por temas moi similares en canto a estilo, no que o simplismo e os ritmos pegadizos, normalmente de teclado, unidos a uns estribillos que tamén se quedan na cabeza é o que manda.
Non hai excesiva complexidade na música de Mono Inc., como tampouco a hai no rango vocal do seu cantante Martin Engler, pero o estilo tampouco o require se vemos ás súas influencias: Sisters of Mercy, The Cure, Paradise Lost post-One Second ou os Depeche Mode máis oscuros e rockeros daquel Violator. Onde sí que hai talento vocal é na súa batería, que ainda que parezca raro tamén asume a labor de corista, acertadísimamente ademáis, xa que lle otorga á banda unha personalidade única cunha preciosa voz.
After The War é un álbum que se oe moi ben se eres amante do Gothic Metal máis melódico e melancólico, ainda que para o meu gusto, exceptuando algunhas cousas, ten demasiado parecido con Viva Hades, o que tampouco é algo excesivamente malo, xa que aquel era un bo disco e éste simplemente perpetúa a línea personal de Mono Inc.
Qué gran tema Arabia! 7/10
viernes, noviembre 16, 2012
Os Grandes Grandes Grandes nomes do core IV
Bud Spencer
It's a Bird It's a Plane (É un paxaro é un avión)
Desde logo, este nome sólo podía ser dun grupo de Metalcore...
Hands Like Houses (Mans como casas)
Ou... a banda dos bigotitos XD
Iwrestledabearonce (Euloiteicunosounhavez)
This Is Sparta! (Esto é Esparta!)
Sorprendinme ó saber que había como mínimo 3 grupos chamados Bud Spencer en diferentes estilos, neste caso éste é un de Stoner-Sludge-Hardcore.
It's a Bird It's a Plane (É un paxaro é un avión)
Desde logo, este nome sólo podía ser dun grupo de Metalcore...
Hands Like Houses (Mans como casas)
Ou... a banda dos bigotitos XD
Iwrestledabearonce (Euloiteicunosounhavez)
Desde logo este nome merece estar no podio dos cores, por surrealista, infantil e bobalicón. O que xa me parece de risa é que éste grupo con esta música esteña no catálogo de Century Media! Seica perderon os oídos co tempo... se éste é o metal do novo milenio, prefiro quedarme no pasado...
This Is Sparta! (Esto é Esparta!)
O típico nome duns Metalcores que parece que esteña escollido polo irmán preescolar dalgún dos membros.
Agora ben, parece que foi dios, con todos estes estúpidos nomes poderíamos incluso contar unha historia, así de absurdos poden chegar a ser estes grupos XD Imos aló:
Who's that? It's a bird, it's a plane? No! It's Bud Spencer, Hands Like Houses, you know! Holy Shit! This Is Sparta!
Yeh Iwrestledabearonce...
Esto casi parece unha desas pelis de 5 segundos tan divertidas XD
Esto casi parece unha desas pelis de 5 segundos tan divertidas XD
Eu tamén poido chegar a ser tan absurdo coma un destes cores, qué vos pensábades!?
jueves, noviembre 15, 2012
Microreviews Novembro'12 - II
Terrorizer -
Hordes of Zombies (2012)
Death Metal
Oficial
Herman Frank - Right in the Guts (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Right in Your Guts
Lita Ford - Living Like a Runaway (2012)
Hard Rock
Oficial
Tema: Mother
Panopticon - Kentucky (2012)
Pagan Metal
Oficial
Tema: Bodies Under The Falls
Thormesis - Von Leere und Tod (2012)
Viking Metal
Oficial
Tema: Sterbend Herz
Death Metal
Oficial
Hei
de ser sincero e decir que nunca oíra nada (ou alomenos non
conscientemente) desta mítica banda formada nos 80, que sería unha das
primeiras en acuñar a definición de Death Metal e que influiría
posteriormente en moitas outras.
Parece que despois de lanzar o
seu primeiro larga duración World Downfall, Terrorizer se desfixera,
reuníndose despois, no 2005 os dous que lle deran vida, nada menos que
Jesse Pintado, de Napalm Death e Pete Sandoval, de Morbid Angel para
lanzar Darker Days Ahead. Un ano despois Jesse Pintado era víctima da
diabetes, e Terrorizer desfanse para reunirse outra vez no 2009 e preparar este Hordes of
Zombies, desta volta con outro Morbid Angel coma David Vincent
encargándose do baixo.
E ben, o certo é que non é que o Death
Metal bastante clásico e obviamente cun toque moi Morbid destes novos Terrorizer me emocionase.
Os temas son xeralmente moi cortos, rondando sempre os 2 e 3 minutos, e
pecan de ser cortados moi polo mesmo patrón, con moito tremolo picking,
unha voz que non se move do rexistro, e estructuras simples, o que fai
que Hordes of Zombies resulte bastante lineal e non provoque ningunha
sorpresa no oínte, sobre todo nestas alturas do cotarro. Pete Sandoval pode ser o que máis destaque, pero non
impide que Hordes of Zombies sexan 38 minutos repetitivos.
Mediocre. 4/10
Herman Frank - Right in the Guts (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Right in Your Guts
Despois dun sólido comezo con Loyal to None en 2007, o guitarrista de Accept e Victory, Herman Frank saca baixo unha formación sensiblemente diferente o seu segundo CD, Right in the Guts. O cambio que primeiro vén á cabeza cando un oe este novo álbum é a inclusión de Rick Altzi (Thunderstone, At Vance) sustituíndo a Jioti Parcharidis como cantante. Penso que Herman quería un álbum diferente, máis inspirado no Hard'n Heavy americano ochentero, e colleu un vocalista que compaxinase ese acercamento, cousa na que acertou completamente.
Así, Right in the Guts combina á perfección a contundencia do sonido "Metal alemán" co feeling americano de décadas atrás. Máis dunha vez nos virá á cabeza Primal Fear, Sinner, primeiros Human Fortress, Helloween con Andi Deris, Firewind, Axel Rudi Pell ou os mesmos Victory nos temas máis cañeros, pero, sorpresa, tamén nos encontraremos elementos moi Hard Rock, que se vén impulsados pola interpretación de Altzi en temas coma Raise Your Hand ou Falling To Pieces, ésta última cun aire máis ca sospechoso a Whitesnake!
En definitiva, non me acordo de si Loyal To None tiña estes dejes tan de Hard americano, eu teño a impresión que era máis Heavy alemán clásico, e se os tiña, pode que co cantante actual de Herman Frank fose máis notorio, coma o é neste Right in the Guts.
Outro acertado lanzamento. 7/10
PD: eu teño a teoría de que "Waiting" me sona a Blind Guardian antigos, pero meu irmán dice que é Axel Rudi Pell... algunha opinión máis?
Lita Ford - Living Like a Runaway (2012)
Hard Rock
Oficial
Tema: Mother
Hei
de ser sincero e decir que desde que levo oíndo a Lita Ford, e eso foi
desde moi pequeno con aqueles videos VHS de varias ochenteradas, nunca
me chamou a atención. Non creo nin sequera que teña cancións memorables
na súa carreira, e que se aproveitou un pouco do que era a explosión
Hard do momento e da súa imaxe para darse a conocer (coma tantos outros que o
tempo foi enterrando). Hoxe en día, Lita Ford segue viva e facendo
música, a pesar de sacar bazofias coma aquel Wicked Wonderland hai un
par de anos. Creo que fora un dos primeiros álbumes que puntuei cun cero
por estas microreviews, e o meu primeiro contacto coa estadounidense nunha década mínimo.
Para este novo disco, Lita decideuse por
eliminar toda a electrónica do anterior álbum (salvo no último tema), probablemente
debido ás malas críticas, e propúxose sacar un álbum máis directo de
guitarra-baixo-batería-voz, que tivese moito máis feeling ochentero e
que, poida que rememorase un pouco o seu período de guitarra en The
Runaways. Así teremos un álbum que ben podería estar sacado a finales
dos 80, pero cunha coidada producción actual. Eu creo que é un paso
acertado, xa que o ambiente Marilynmansiano non lle pegaba en nada á
rockera de 53 anos. O malo é que hai moi pouco salvable salvo un par de
power ballads (e eso que en xeral non me tiran moito) e algún tema que a
estas alturas xa olvidei. É dicir, o máis salvable que me atopei foron
cousas que me parecen mediocres cando menos, porque xa as teño oídas mil
veces noutros grupos e porque realmente non creo que se "peguen" como
debería no estilo que pretende facer Lita Ford.
Supoño que os fans estarán contentos, en cambio o mundo do Rock seguirá igual con ou sen este disco. 3/10
Panopticon - Kentucky (2012)
Pagan Metal
Oficial
Tema: Bodies Under The Falls
É realmente difícil clasificar esta one-man-band provinte de Estados Unidos. Recórdame a cando fixera aquel post de "estilos de Metal por inventar", xa que Austin Lunn, a mente detrás deste singular proxecto se decideu por implementar estilos tan dispares coma o Blugrass e o Country co Pagan/Black Metal. O resultado é desconcertante en principio, a veces realmente non creo que peguen moito, pero en xeral é máis ca interesante. Non oíra os anteriores álbumes da banda, e esta mezcolanza pilloume de sorpresa, pero tal vez eu tentaría misturar estes ingredientes dunha forma máis cohesionada, xa que cando hai Country, hai Country, e cando hai Pagan Metal, hai Pagan Metal, facendo que haxa temas destes diferentes estilos, en lugar de diferentes estilos unidos dentro dos propios temas.
Curiosamente, as partes que máis me gustaron foron as que tiran ó folk estadounidense (tal vez me teña que oír máis "Hillbilly Boogies"?? XD). Extraña versión de "Which Side Are You On", por certo.
As máis propiamente Metal son composicións en xeral largas e suficientemente variadas, que contan tanto con blastings coma con apacibles remansos máis ambient e incluso Post-Rock. O peor que lles encontrei é o uso dunha frauta de vez en cando que me sona moi desafinada e a utilización excesiva de fragmentos falados de mítines políticos (ou eso parecen).
De todos xeitos, resulta un disco refrescante e diferente, que se escoita bastante ben dun tirón, que parte dunha idea que eu alomenos nunca vira: Country Pagan Metal! 7/10
Thormesis - Von Leere und Tod (2012)
Viking Metal
Oficial
Tema: Sterbend Herz
Terceiro álbum destes alemanes ata hoxe descoñecidos para un servidor, que fan un Viking Metal moi alemán e bastante decente, parecido ó de bandas coma Varg, Fimbulthier ou uns Suidakra máis arcaicos, e índose un pouco ó norte, tamén collendo inspiración en Thyrfing ou Manegarm. Dentro de Von Leere und Tod temos 7 cortes máis intro, de duración extensa, tal vez a miña única pega a Thormesis, xa que polo resto, as cancións son pegadizas e ben executadas, pero a veces pensei eso de "ahí xa debería de rematar". Ainda así, amáñanse para non sonar repetitivos, facendo riffs largos, pero non por elo atmosféricos. Dentro do Pagan/Viking Metal que fan, a influencia do Black é palpable tanto en composición coma nun sonido crudo pero suficientemente limpio, con moito tremolo picking e voz rasgada dominante, ainda que o combinan con certos momentos que parecen máis propios do Punk-Rock germano, e que non lle vai nada mal ó ambiente do disco, recreando estribillos "vikingos" coreados en semilimpio nalgúns temas que realmente se che quedan na cabeza, coma os de "Des Wolfes letzter Gang" ou a inicial "Sterbend Herz".
En definitiva, Viking/Pagan/Black ben traballado e moi disfrutable a pesar da excesiva duración dun par de temas. 8/10
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















