jueves, noviembre 15, 2012

Microreviews Novembro'12 - II

Terrorizer - Hordes of Zombies (2012)
Death Metal
Oficial
Hei de ser sincero e decir que nunca oíra nada (ou alomenos non conscientemente) desta mítica banda formada nos 80, que sería unha das primeiras en acuñar a definición de Death Metal e que influiría posteriormente en moitas outras.
Parece que despois de lanzar o seu primeiro larga duración World Downfall, Terrorizer se desfixera, reuníndose despois, no 2005 os dous que lle deran vida, nada menos que Jesse Pintado, de Napalm Death e Pete Sandoval, de Morbid Angel para lanzar Darker Days Ahead. Un ano despois Jesse Pintado era víctima da diabetes, e Terrorizer desfanse para reunirse outra vez no 2009 e preparar este Hordes of Zombies, desta volta con outro Morbid Angel coma David Vincent encargándose do baixo.
E ben, o certo é que non é que o Death Metal bastante clásico e obviamente cun toque moi Morbid destes novos Terrorizer me emocionase. Os temas son xeralmente moi cortos, rondando sempre os 2 e 3 minutos, e pecan de ser cortados moi polo mesmo patrón, con moito tremolo picking, unha voz que non se move do rexistro, e estructuras simples, o que fai que Hordes of Zombies resulte bastante lineal e non provoque ningunha sorpresa no oínte, sobre todo nestas alturas do cotarro. Pete Sandoval pode ser o que máis destaque, pero non impide que Hordes of Zombies sexan 38 minutos repetitivos.
Mediocre. 4/10


Herman Frank - Right in the Guts (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Right in Your Guts
Despois dun sólido comezo con Loyal to None en 2007, o guitarrista de Accept e Victory, Herman Frank saca baixo unha formación sensiblemente diferente o seu segundo CD, Right in the Guts. O cambio que primeiro vén á cabeza cando un oe este novo álbum é a inclusión de Rick Altzi (Thunderstone, At Vance) sustituíndo a Jioti Parcharidis como cantante. Penso que Herman quería un álbum diferente, máis inspirado no Hard'n Heavy americano ochentero, e colleu un vocalista que compaxinase ese acercamento, cousa na que acertou completamente.
Así, Right in the Guts combina á perfección a contundencia do sonido "Metal alemán" co feeling americano de décadas atrás. Máis dunha vez nos virá á cabeza Primal Fear, Sinner, primeiros Human Fortress, Helloween con Andi Deris, Firewind, Axel Rudi Pell ou os mesmos Victory nos temas máis cañeros, pero, sorpresa, tamén nos encontraremos elementos moi Hard Rock, que se vén impulsados pola interpretación de Altzi en temas coma Raise Your Hand ou Falling To Pieces, ésta última cun aire máis ca sospechoso a Whitesnake!
En definitiva, non me acordo de si Loyal To None tiña estes dejes tan de Hard americano, eu teño a impresión que era máis Heavy alemán clásico, e se os tiña, pode que co cantante actual de Herman Frank fose máis notorio, coma o é neste Right in the Guts.
Outro acertado lanzamento. 7/10
PD: eu teño a teoría de que "Waiting" me sona a Blind Guardian antigos, pero meu irmán dice que é Axel Rudi Pell... algunha opinión máis?

Lita Ford - Living Like a Runaway (2012)
Hard Rock
Oficial
Tema: Mother
Hei de ser sincero e decir que desde que levo oíndo a Lita Ford, e eso foi desde moi pequeno con aqueles videos VHS de varias ochenteradas, nunca me chamou a atención. Non creo nin sequera que teña cancións memorables na súa carreira, e que se aproveitou un pouco do que era a explosión Hard do momento e da súa imaxe para darse a conocer (coma tantos outros que o tempo foi enterrando). Hoxe en día, Lita Ford segue viva e facendo música, a pesar de sacar bazofias coma aquel Wicked Wonderland hai un par de anos. Creo que fora un dos primeiros álbumes que puntuei cun cero por estas microreviews, e o meu primeiro contacto coa estadounidense nunha década mínimo.
Para este novo disco, Lita decideuse por eliminar toda a electrónica do anterior álbum (salvo no último tema), probablemente debido ás malas críticas, e propúxose sacar un álbum máis directo de guitarra-baixo-batería-voz, que tivese moito máis feeling ochentero e que, poida que rememorase un pouco o seu período de guitarra en The Runaways. Así teremos un álbum que ben podería estar sacado a finales dos 80, pero cunha coidada producción actual. Eu creo que é un paso acertado, xa que o ambiente Marilynmansiano non lle pegaba en nada á rockera de 53 anos. O malo é que hai moi pouco salvable salvo un par de power ballads (e eso que en xeral non me tiran moito) e algún tema que a estas alturas xa olvidei. É dicir, o máis salvable que me atopei foron cousas que me parecen mediocres cando menos, porque xa as teño oídas mil veces noutros grupos e porque realmente non creo que se "peguen" como debería no estilo que pretende facer Lita Ford.
Supoño que os fans estarán contentos, en cambio o mundo do Rock seguirá igual con ou sen este disco. 3/10

Panopticon - Kentucky (2012)
Pagan Metal
Oficial
Tema: Bodies Under The Falls
É realmente difícil clasificar esta one-man-band provinte de Estados Unidos. Recórdame a cando fixera aquel post de "estilos de Metal por inventar", xa que Austin Lunn, a mente detrás deste singular proxecto se decideu por implementar estilos tan dispares coma o Blugrass e o Country co Pagan/Black Metal. O resultado é desconcertante en principio, a veces realmente non creo que peguen moito, pero en xeral é máis ca interesante. Non oíra os anteriores álbumes da banda, e esta mezcolanza pilloume de sorpresa, pero tal vez eu tentaría misturar estes ingredientes dunha forma máis cohesionada, xa que cando hai Country, hai Country, e cando hai Pagan Metal, hai Pagan Metal, facendo que haxa temas destes diferentes estilos, en lugar de diferentes estilos unidos dentro dos propios temas.
Curiosamente, as partes que máis me gustaron foron as que tiran ó folk estadounidense (tal vez me teña que oír máis "Hillbilly Boogies"?? XD). Extraña versión de "Which Side Are You On", por certo.
As máis propiamente Metal son composicións en xeral largas e suficientemente variadas, que contan tanto con blastings coma con apacibles remansos máis ambient e incluso Post-Rock. O peor que lles encontrei é o uso dunha frauta de vez en cando que me sona moi desafinada e a utilización excesiva de fragmentos falados de mítines políticos (ou eso parecen).
De todos xeitos, resulta un disco refrescante e diferente, que se escoita bastante ben dun tirón, que parte dunha idea que eu alomenos nunca vira: Country Pagan Metal! 7/10

Thormesis - Von Leere und Tod (2012)
Viking Metal
Oficial
Tema: Sterbend Herz
Terceiro álbum destes alemanes ata hoxe descoñecidos para un servidor, que fan un Viking Metal moi alemán e bastante decente, parecido ó de bandas coma Varg, Fimbulthier ou uns Suidakra máis arcaicos, e índose un pouco ó norte, tamén collendo inspiración en Thyrfing ou Manegarm. Dentro de Von Leere und Tod temos 7 cortes máis intro, de duración extensa, tal vez a miña única pega a Thormesis, xa que polo resto, as cancións son pegadizas e ben executadas, pero a veces pensei eso de "ahí xa debería de rematar". Ainda así, amáñanse para non sonar repetitivos, facendo riffs largos, pero non por elo atmosféricos. Dentro do Pagan/Viking Metal que fan, a influencia do Black é palpable tanto en composición coma nun sonido crudo pero suficientemente limpio, con moito tremolo picking e voz rasgada dominante, ainda que o combinan con certos momentos que parecen máis propios do Punk-Rock germano, e que non lle vai nada mal ó ambiente do disco, recreando estribillos "vikingos" coreados en semilimpio nalgúns temas que realmente se che quedan na cabeza, coma os de "Des Wolfes letzter Gang" ou a inicial "Sterbend Herz".
En definitiva, Viking/Pagan/Black ben traballado e moi disfrutable a pesar da excesiva duración dun par de temas. 8/10

No hay comentarios: