lunes, octubre 22, 2012

Diario dun viking XX - Temas subidos

Xa cheguei ó nº XX?? Cómo pasa o tempo XD
Desta vez déixovos coas grabacións caseras que fixemos para 2 temas + intro de Mileth. Non esperedes gran cousa, eu de feito non estou moi satisfecho con varios asuntos. Batería irregular e violín coma desafinado supoño que son os 2 grandes que eu diría, pero é o que hai. Para darlle un vistazo a cómo sonamos sirve, ainda que creo que en directo tería que ser mellor ;D
Durante o período de grabación e "postproducción" aprendín varias cousas, coma que o violín é un instrumento que parece ser difícilísimo de grabar, que incluso cambia de oílo "en vivo" a grabado. E esto vino cos meus propios ollos cando mentres se tocaba unha melodía non me sonaba mal no lugar, pero cando reproducía o que grabara no mismo momento no que se tocara, había cambios... coma se estivera desafinado... algo que nunca me imaxinaría :S
Pero eso, fíxose o que boamente se puido cos medios que había. Cando chamemos a Dan Swanö xa nos axudará algo máis con ese tema, que me deron boas referencias del.

Podedes darlle un vistazo aquí (calquera crítica, boa, mala ou viceversa é ben recibida):

A versión de Esperta é antiga, máis tarde foi cambiada a primeira parte do solo, xa que especialmente a mín non me convencia. O resultado final, se non se cambia antes nesa web, poderédelo ver o 3 de Novembro ;)
Como sempre me gusta aderezar os posts con algunha foto, aquí tedes unha das poucas que temos sen excesiva pose todos xuntos XD (exceptuando as que van saír nun futuro máis artisticas e que están en proceso).

domingo, octubre 21, 2012

Cosecha de Imaginaerum

... e desta vez tócalles a Nightwish, que se lanzan ó mercado do viño, aproveitando o seu último disco-peli.

Tuomas: "Estamos orgullosos de presentar un nuevo ítem de NIGHTWISH, el vino Imaginaerum. Es el vino más imaginativo del planeta. Está inspirado en esplendores de otro mundo, momentos poéticos de encanto al sonido alegre de unas risas en una hoguera, música de las esferas y final suave y lleno de estrellas de sueños lúcidos. Es un vino mejor apreciado con gente querida. ¡Felicidades y diviértanse!"


"El vino Imaginaerum proviene de algunos de los viñedos más prestigiosos del centro de España. Sus uvas provienen de viñas de hasta 100 años de antigüedad, que crecen en altitudes elevadas en suelos pedregosos. Viñas viejas, casi sin agua y suelos pobres dan una producción bajísima, pero con uvas de aromas intensos. Antes de su embotellamiento, el vino ha pasado 14 meses en barricas de roble francés." 

Fuente

viernes, octubre 19, 2012

Microreviews Octubre'12 - III

Barren Earth - The Devil's Resolve (2012)
Doom Melodeath
Oficial
Ainda que parece que sexa un grupo que saleu da nada o outro día, os Barren Earth levan activos xa 5 anos, sendo éste o seu segundo LP.
Cando un vé a alineación da banda, o resultado é imposible que sexa malo; sendo o jefe Olli-Pekka Laine, baixista que estivo na primeira época de Amorphis ata que sacaron aquel par de discos bastante malos de finales dos 90-principios do 2000, Far From The Sun e Am Universum (ou sexa, vía o que se viña e foise a tempo XD), Marko Tarvonen, o batería de Moonsorrow, Sami Yli-Sirniö, un dos que empezou Waltari xunto con Kärtsy e actualmente tamén en Kreator, Janne Perttilä, participante en numerosos proxectos finlandeses, Kasper Mårtenson, o teclista de Amorphis na época do gran Tales from the Thousand Lakes, e Mikko Kotamäki, o cantante de Swallow the Sun. Todo un supergrupo que ademáis funciona á perfección, a pesar de que haxa poucos destes que acaben salindo adiante.
Sendo un dos compositores un ex-membro de Amorphis da época noventera, é obvio que a súa influencia faría que Barren Earth sonara a Amorphis, e vaia se sona! De feito, penso que este The Devil's Resolve sona aínda máis a eles que o anterior, e non son guiños, senón mostras tácitas, tanto en composición, melodías pseudoarábigas-folk nórdicas, sonido de teclado, certo aire setentero, sonido profundo de guitarras, o dúo de voces growl e limpia, ésta última parecendo ganar terreno con respecto ó primeiro CD... e arreglos progresivos que provocan unha escoita que pode non entrar de todo nas primeiras escoitas (a mín pasoume), pero que con sucesivas vai ganando.
Todo fai ver que, ós meus ollos, The Devil's Resolve é o álbum que Amorphis debería de ter sacado despois de Elegy, antes de meterse xa en terrenos raros con Tuonela. De feito, Barren Earth acaboume sendo máis Amorphis que os actuales e ñoños Amorphis. Seguramente ós novos fans que descubriron a Amorphis na década do 2000 ésto lles parezca unha esaxeración, pero eu creo que os que disfrutamos de da mítica banda finlandesa nos 90 estaremos de acordo.
Máis Amorphis que Amorphis. 8/10



Machinae Supremacy - Rise of a Digital Nation (2012)
Power Metal
Oficial
Tema: Laser Speed Force
Fun un gran fan de Machinae Supremacy. Creo que xa poido falar en pasado, porque nin éste Rise of a Digital Nation nin o anterior A View from the End of the World, están á altura do que foi o seu gran traballo para mín, Overworld. E non é que variaran excesivamente o seu estilo que mezcla samples e teclados electrónicos de 8bit, ou o que eles chaman o SID chip con Power Metal bastante accesible, pero tal vez se puxeron un listón demasiado alto, xa que se o penso un pouco, nin éste nin o anterior nin o Redeemer eran malos discos, pero ahí está a sensación de cando unha banda que prácticamente crea un estilo novo saca un disco que é case unha obra cumbre do xénero Power Metal (e así de ancho me quedo), non mantén un nivel tan alto en posteriores traballos.
Pero bueno, como digo, sendo un pouco obxectivos, Rise of a Digital Nation é un disco bastante consistente, que ten os seus momentos e no que se adivina unha pequena evolución hacia terrenos "gamer" máis electrónicos. Basta con oír "Transgenic" e "Battlecry", ainda que o fondo segue sendo totalmente a idea de combinar sonido GameBoy con Metal, o cal ainda hoxe segue a convertir a Machinae Supremacy nunha banda única, e polo tanto, baixo o meu punto de vista moi meritoria.
O que veño a decir é que en Rise..., oiremos un bo disco de Power Metal, con cancións moi ben arregladas con moito máis traballo guitarrístico que a media das bandas do xénero, no que ademáis ó cantante se lle nota unha melloría palpable desde aqueles primeiros discos, e ademáis con punteos e solos moi chulos, coma vén sendo habitual. 
Conclusión; fun un gran fan, ahora son un gran seguidor. 7/10

The End of All Reason - Artifacts (2012)
Progressive Technical Death Metal
Facebook
Tema: I, Celestial
The End of All Reason é un novo grupo vido de Bélxica que saca o seu album debut este ano. A pesar de ser o primeiro disco, o bon facer da banda é palpable na sección técnica, cousa que suele ser habitual no xénero que practican. Ademáis o sonido acompaña, cousa meritoria, xa que se trata dun disco autofinanciado, pero nótanse moitas horas invertidas nel. Ademáis a masterización encargáronlla a Jochem Jacobs, do grupo Textures, que fixo unha excelente labor.
As influencias máis palpables poderían ser Obscura, Necrophagist, Decapitated ou Neuraxis, a pesar de que nunha entrevista a un deles lín que as influencias eran amplias e poñía como exemplos a Nile, Dimmu Borgir, Keep of Kalessin... Penso que sería máis correcto decir que as influencias van desde o Black/Death sinfónico ata o Black melódico escandinavo ou a complexos riffs deathmetaleros antes que decir os nomes deses grupos, porque pode levar a equívocos. Seguro que lles gustarán esas bandas, e hai partes, coma dice o guitarra na entrevista que lín, que forman parte do sonido de The End of All Reason, pero eu consideraría máis ben que son influencias estilísticas que desas bandas concretas, pese a que eles as tomaron coma influencia directa en certas seccións do disco. Desde logo, o bon deles é que sí son heteroxéneos dentro do seu; introducen algún teclado en modo sinfónico-épico e algunha parte pseudojazzistica, que se quedan coma añadiduras ó núcleo, e non están nada mal, pero non desvirtúan un estilo moito máis cercano ó Death Progresivo e técnico duns Obscura.
A mín paréceme un bo disco, pero penso que poderían ter gardado material para outro en lugar de meter todo nun, xa que a excesiva hora e doce minutos faise demasiada. Ó igual que a duración de algúns temas que parecen non acabar e caer no mesmo que caen moitas bandas de Progresivo: o estiramiento sin cuartel de cancións que parece que non levan a ningún sitio e que simplemente se ván enchendo con cambio tras cambio de ritmos. Penso que tanto pode ser malo a excesiva simpleza coma todo o contrario, que fai que necesites moitísimas escoitas para pillar un álbum. E eso é o que ocorre con Artifacts, un CD que ganaría moitos, moitísimos enteiros se o deixaran en 30-35 ou como moito rondando os 40 minutos.
A duración mátao. 6/10

Wykked Wytch - The Ultimate Deception (2012)
Black/Death Metalcore
Oficial
Tema: The Ultimate Deception
Black gótico... rezaba a etiqueta dos norteamericanos Wykked Wytch. Ben, fai tempo que non os oía, pero sí tiña a sensación de telos posto nalgún pasado, o que pasa é que debeu de ser un deses centos de casos de bandas das que paso olímpicamente e que procuro borrar da miña memoria. O asunto é que pillei o The Ultimate Deception coa sensación de que me iba a meter no oído un bodrio, coma os resquicios dos meus recordos relacionados con semejante nombre me decían. E... bueno...
Para empezar, hai que ter santos webos para chamarse a sí mesmos "grupo de Black Gothic Metal", cando o que fan é unha especie de Metalcore extremo, con algún blasting, partes moi cañeras, e unha cantante que o dá todo, usando diferentes rexistros, pero que en ningún deles me gusta, especialmente cando nalgún intre intenta "cantar" en limpio. Buf.
Deben de ser os contados samples e teclados que asoman nalgunha canción polo que adoptan a etiqueta "gótica", pero son tan contados e tan pouco "góticos" que me resulta sorprendente que alguén mencione esa palabra cando se refiera a Wykked Wytch, alomenos en The Ultimate Deception. Polo resto, sí poido decir que a producción é bastante atronadora, ata parece que faga que Wykked Wytch sonen interesantes en certos puntos, pero con eso sólo non se produce un bo disco. A mín polo menos fíxoseme bastante cansino, e non atopei ningunha motivación como para poñerme este CD máis de 1 vez (e gracias). Incluso a versión de Fade To Black é olvidable.
Black gothic? eing??? 2/10


Blaze Bayley - The King of Metal (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: The King of Metal
Nunca fun moi fan do que fixo Blaze nin en solitario nin con Wolfsbane, e o certo é que teño consciencia difusa de cándo foi a última vez que oín algo del fóra de Iron Maiden
Con The King of Metal, estou seguro que o británico quixo facer un disco variado e entretenido, no que houbese un pouco de todo dentro do Heavy Metal que utiliza como base. A cousa pintaba ben coa inicial "The King of Metal" e a seguinte "Dimebag", dous cortes contundentes, incluso o primeiro acabando cun blasting! Pero o álbum prosegue unha marcha irregular, no que se alternan cortes moi reguleros que provocan máis ben o tedio no oínte, con algún que outro máis prometedor. Tal vez o punto máis crítico está desde que empeza "The Rainbow Fades To Black" cun estribillo horrible, que ainda encima se repite de máis, segue en "Fate", bastante insustancial, continúa cunha balada de voz-piano que non parece que pinte moito, "One More Step", remontando un pouco con "Fighter" e "Judge Me". Pero nese momento dámonos conta de que a pesar de levar máis de medio disco escoitado, realmente os puntos álxidos non son tan memorables, que os ratos de aburrimiento case lles ganan terreno, e que o par de temas que quedan tampouco son unhas maravillas. Co que resulta un CD que cumple, que intenta estirarse no que o estilo lle deixa, pero que a mín polo menos non me dixo moito. 5/10

jueves, octubre 18, 2012

Diario dun Viking XIX: primeiro concerto en sala

Hai tempo que non me paso por aquí, e as novas son sustanciales, sentádevos e cóntovos:

Vou empezar con Mileth, porque é onde máis novidades hai.
Este verán Marcos e mais eu estivemos compoñendo, e sacamos o novo "hit" milethiano. Ainda sen nome, con letras a medio facer, pero musicalmente rematado, o tema empezou cunha idea de Elías a cal reformamos absolutamente para crear unha canción bastante diferente da que en principio él tiña en mente. De feito sólo pillamos unha melodía XD O resto foi cousa de ir dándolle voltas e finalmente saleu un tema bastante redondo, que gustou bastante á pouca xente que tivo ocasión de escoitalo. As críticas foron todas de boas a moi boas, incluso alguén dixo que era o mellor tema dentro do repertorio de Mileth. De momento non hei de postealo por aquí, porque sólamente está recreado en guitar pro e en algún ensaio con batería midi. A pesar de telo rematado a principios de Septembro, eu o considero case unha vergoña que con 2 meses no medio non a vaiamos tocar finalmente no próximo concerto por motivos que non veñen a cuento... Sólo decir que me gustaría que o día que a toquen sexa o máis parecido a como a fixemos Marcos e eu...
E sí, esa é a outra gran noticia, Mileth dará o seu primeiro concerto oficial en sala.
Será o día 3 de Novembro, sábado, acompañados dun grupo amigo coma é Tharanis. O lugar será o Hangar 77 de Vigo, na calle Fragoso, con apertura de portas ás 21:00 e o prezo será de 3 €.
 
Se queredes tirarme tomates ou lechugas polo ben que toco, serán recibidos, que estamos en crisis e dame para facerme unha ensalada ó día seguinte. Ademáis será a última ocasión que teredes de verme encima dun escenario porque pode que sexa a miña última aparición con Mileth. Supoño que esa é a outra gran noticia.
Por certo, xa vedes, estrenamos logo:
É unha pena, porque unha das cousas que sí me gustaría ter feito é un concerto con eles na Mariña lucense, onde básicamente se xestou a idea primeiriza da banda. Alí teño algún veciño en Alfoz que nos podería axudar cunha gaita nalgún tema incluso, pero xa dudo que ningún dos nosos amigos nin sequera nos viñeran a ver. Bástanos con observar o pouco que sempre se interesaron porque Marcos e mais eu tiveramos unha banda. De feito dudo que algún sepa que a día de hoxe somos un grupo de 7 personas ou que estamos dando os primeiros concertos, a non ser por este blog, que intúo que é usado por algún para asexar "a escondidas" a ver qué facemos con este meu "diario de" ;D Digo a escondidas, porque a pesar de que vexo visitas das provincias do norte, ainda ninguén se dignou a deixar un comentario, algunha pregunta, ou un "ánimo", ainda que fora de cortesía, ainda que ésto pásame con moita xente de moitos lados, todo sexa dito. Pero bueno, últimamente xa non me extraño de nada e ninguén. Eso sí, unha pena non poder facer un concerto pola miña parte aló arriba, espero que eles o poidan facer nalgún futuro.
Por certo, falando das nosas terras, tería sólo unha petición para cando deixe o grupo, que sería non ter nada que ver con promoción de parte de A Bola de Metal. Motivos propios e axenos á banda, sería petición personal para Mileth e Herexía (se existe cando me vaia XD), ainda que obviamente poden facer o que queiran XD eso sí, tampouco que creo que os susodichos se interesen (sei que decir cousas do estilo é raro en mín, e tampouco lle faigo máis caso a estes asuntos -se ata me conseguín levar ben con eskinjes en terras nórdicas XD-, pero esto tiña que decilo, e non serán os únicos cos que me quede a gusto, máis abaixo falarei dalgún máis, hoxe estou "on fire" XD).
Noutro orden de cousas tamén pensamos na idea de participar no concurso Bonebreaker edición Galicia, pero por varias razóns crimos que tal vez non era unha boa opción. A primeira é que os premios non nos convencían; parece que o ganador podería grabar un EP en Portugal, tería un concerto alí e tamén podería grabar un videoclip nese país. Pero esas 3 viaxes serían a conta do grupo, así como a alimentación e hostal. O certo é que no caso de ganar, ir 7 personas a Portugal 3 veces, cos consecuentes gastos de viaxe de 2 coches, comida e aloxamento, creo que non compensan para grabar un EP e video (que me temo que sería cada un feito nun día, e non creo que déramos feito nese tempo, case seguro que saldría un churro XD). Con todos eses cartos que gastaríamos entre os 7, daría para unha grabación decente e con tempo por aquí, creo eu.
A segunda razón, non é tan importante, pero vimos que un dos que organiza esto, e supoño que é un dos jueces, resulta ser un homiño que puxo a parir nun foro a Armiferum, un grupo novo que facía o seu primeiro amago de concerto no Vigosónico, coma fixemos nós no seu día.
Podedes ver o que escribeu aquí, ainda que co aluvión de críticas que lle choveu, deixou de comentar e incluso quixo quitar o que puxo, lástima que cando quoteas a alguén esa primeira versión queda impresa XD
Pero ben, dixo algo así coma que.. no, mellor quoteoo aquí tamén, así non poño palabras na boca doutro:
"Armiferum me pareció una puta coña,un grupo de 7 tíos tocando horterada viking,con un buen batería y unos guitarras nifunifa,pero un bajista malo como el solo y un teclista con un keytar,que a mi me daba la risa,la verdad,y dos cantantes de gutural que cantaban prácticamente igual.Eso si,todos muy jebis y sus colegas haciendo pogo eran los más malos de la trave
Luego ya preferí irme porque aquello era cuanto menos,de risa."
Como escribo no comentario, penso que criticar tan duramente a un grupo que dá o seu primeiro concerto é bastante miserable, pero o que xa non me entra na cabeza é eso de "horterada viking", tamén que lle dea a risa un keytar -eu teño un amigo que lle dá risa ver a cans cagar, en fin, hai xente pa todo, verdad Angel? XD-, e o resto penso que non merece a pena ser comentado, xa o fixen no seu día.

Pero eso non é todo, resulta que me vexo o video que subiron os do Vigosónico, e me atopo con esto:

que eu creo que está lonxe de calquera "horterada viking" ou "technoviking", coma outro os chamaba nese hilo do Vigosónico (supoño que deben de ser amiguetes, xa os vexo ós dous na última fila con sonrisa burlona e brazos cruzados vendo "tan esperpéntico show" no que uns cuantos o están a pasar ben tocando e outros a montar un pouco de pogo porque lles dá a real gana). De feito eu o que oigo é máis ben Gothic Metal sinfónico con trazas de Melodeath, pero que me expliquen dónde hai a parte vikinga...
Por eso, con tales razonamientos do que entre os colegas solemos chamar "un ilustrado do metal" -moi típico de terras españolas, con esforzo algún día este rapaz chegará a ser un Xan_Warblade :D-, pensamos que un juez dun concurso de Metal que non sabe diferenciar entre Gothic Melodeath e Viking Metal non ten demasiado bagaje musical para mostrarse como crítico, aparte de que dudo que fallara nunca ao noso favor. Incluso dudo que nos chegara a ver enteiros antes de que lle pegara un ataque de indignación, ou de risa se vé que levamos unha pandereta, que igual non é tan simpática coma un keytar, pero ten a súa grasia XD

Volvendo co tema, o único interesante de verdade sería facer pouco a pouco que sone o nome de Mileth cos concertos de Vigo e Portugal, pero ainda así, eu non acabo de ver que o estilo cuaje entre tanto fan de Thrash-Death por estas terras. Igual hai que pensar en mirar para afóra, coma Xerión :D
Pero eso, dudo moito que tiveramos gañado algo na edición de Galicia.

Con respecto a Herexía, o grupo está tamén un pouco a velas vir. A reincorporación de Miguel logo de un ano fóra foi extraña, posto que como membro fundador él tiña as súas ideas de por ónde quería que a banda fora, ideas que hoxe en día son claramente diferentes a cando nos deixou a nós co proxecto. Polo que hai un certo choque de vontades entre él e o batería. Mentres que él quere que o grupo leve un tono máis Thrash/Death (outra vez Thrash-Death, agora todas as bandas queren facer o mismo..), o batería aboga porque lle gusta o que facemos, e que no tempo no que estivo fóra, a banda evolucionou sóla (ou máis ben evolucionei eu segundo o que me decía o batera).
Como tamén lles dixen que deixarei a música e a guitarra definitivamente, quedaron un pouco a velas vir, e sen saber se conservar o feito ou non. Unha pena, porque con eles e con ese estilo máis Black-Death sería moi divertido facer un concerto para un servidor.
Como probablemente esta sexa unha das últimas ocasións nas que fale de Herexía neste diario, creo interesante poñervos algún exemplo do que facíamos e que prácticamente sólo amigos chegaron a oír nos ensaios. Estas grabacións non as deixei a ninguén salvo ós da banda, posto que eran "demos" de temas-proba para ver si convencían ó resto de personal. Hai fallos de execución a esgalla, non me matei en facelo ben nin repetir tomas. De feito creo que hai partes que están feitas do tirón sen segundas oportunidades e incluso hai riffs improvisados no momento XD Ó igual que na voz, hai partes nas que non sei o que digo e que simplemente tiro para diante (sí, son eu o que "canta" jajaj). E qué mais decir... as baterías son feitas por ordenador, e o baixo tamén, cando o hai, porque desde que entrou Chema dinlle libertade 100% e pasei de facer baixo nos últimos temas e a guitarra e voz están grabadas con este xenial aparello de 3cm cuadrados XD. 
Así que en definitiva, estas demos eran básicamente para eles, e para pillar as ideas dos cambios e riffs. Nada de propósitos comerciales XD, porque hai gambas, idas de tempo, etc. pero sirven para ver qué facíamos cando nos xuntábamos. Podedes ver a evolución que me foron esixindo, de máis blacker a máis Death, e tal vez tamén máis medio tempo.
1. O Renacer dos Mártires (versión con voz)
2. Dominio de Corvos (versión con voz)
5. Veredicto 666 (versión con voz)
6. (sen nome) (versión sen voz)

Botarei en falta os ensaios con eles, e doulle as gracias a Victor por pensar en mín para o seu proxecto. O último día de ensaio foi un dos mellores que tivemos, e cando falamos sobre todo esto recibín tantas alabanzas que case me poño rojo, a pesar de que non creo que sexan grandes temas XD  podedes ver e oír que tampouco son para tanto, ademáis a Miguel non lle acaban de convencer.

Con respecto a Enuma Elis, hai tempo que non faigo algo para mín mesmo. Pode que no 2013 empece outra vez a compoñer no meu propio estilo.
É tamén curioso que en moi pouco tempo tiven como 3 ou 4 ofertas para axudar en proxectos de xente en Vigo, tanto xente que oeu o que faigo con Enuma Elis, coma xente que oeu algo de Herexía. Curiosamente non de xente que me falase a partir de Mileth, a pesar de ser o proxecto máis "enderezado" dos tres. Creo que o Folk-Pagan-Viking non está demasiado en boga por estas terras...
Pero sí, falaronme de axudar nun grupo de Black, nun de depressive Black, nun dos mellores de Gothic a nivel galego, nun de Nu-Metal con proxección nacional, nunha nova versión de Herexía, e incluso nun de Dubstep Extreme Metal! (este último sería a leche de curioso). Mola, pero poida que non teña xa tantas ganas de formar grupos coma antes.
Falando de compoñer, como dixen, a nova canción que empezara a facer Elías para Mileth foi posteriormente totalmente cambiada por Marcos e por mín, pero hai unha versión máis, feita por mín sólo. Moito máis fiel na orixinal de Elías -en vez de 1 melodía, deixeille esa melodía e un par de riffs XD- pero cambiando bastante a idea primixenia súa, tamén cortándome un pouco no que son as velocidades, posto que a fixen coa idea de que se poidera tocar algo en vivo, e eu son moi amigo de meterlle brasa ás cousas que faigo.
Eso sí, introducín moitas ideas "Enuma Elis" que non foron aproveitadas na versión final de Mileth, que se torna máis folky do que fixen co Tracker. Pero esta versión non me gustaría perdela, xa que a mín non me disgusta e houbo incluso algún que despois de oíla prefírena á composición final de Mileth. Non sei, a mín gústanme as dúas. Supoño que a de Mileth teredes ocasión de oíla nun futuro, a miña déixovola por aquí (o de sempre, sonido MOD, así que informático total XD).

PD de última hora: parece que pode haber un concerto máis con Mileth, ainda queda acordar cousas, pero podería ser compartido con Herexía e algunha banda máis. Seguiremos informando.


miércoles, octubre 17, 2012

Swanö e Lork K. nunha competición de anuncios para TV

Tal e como o ledes, parece que Dan Swanö e Lord K. Philipson (o de The Project Hate MCMXCIX, por se non o coñecedes) xuntaron forzas para crear un tema para un anuncio de TV, nunha competición sueca na que había uns cantos centos de participantes. A materia a tratar era crear a banda sonora para un comercial de Ipren, un calmante, e como bos amigos que son, decidiron rirse un pouco poñendo unha tonada do máis "calmado" Death Metal sueco. O que tal vez non esperaban é que o seu tema de 1 minuto pasou á final, e actualmente está a ser líder na competición e que podería supoñerlles unhas ganancias de 50.000 SEK(uns 5.800 €). Vaia coa bromiña.

Pódeselles axudar a ganar votando con 5 estrellas o seu video, a fecha límite é o 31 de outubro.

Lord K.:  "Seriously, there's no fucken chance in hell something like this can win and get on national TV, but to make the company in charge of the product aware of this kind of music might open some doors in the future for other people, which is something I truly think shouldn't be denied. Get the metal of death into Sweden's national TV, now that's a nice thought. Go there, vote - spread the word."

Aquí podedes oír o tema, o segundo pola dereita arriba e os outros do concurso: http://iprenjakten.se/ 


Traducción da letra XD

Ipren soft capsules with liquid content
one is enough to suppress pain and fever
and occasional sore back and joints

Ipren

soft capsules
400 milligrams
is usually enough
for a little bit of relief

headache

joint pain
backache
menstrual cramps

headache

joint pain
backache
menstrual cramps
toothache
fever
IBUPROFEN

one is enough to suppress pain and fever

and occasional sore back and joints

Ipren soft capsules

another kind of pill

Fuente

martes, octubre 16, 2012

Microreviews Octubre'12 - II

Therion - Les Fleurs Du Mal  (2012)
Symphonic Metal
Nova entrega de Therion antes do que parece que vai ser un pequeno descanso na súa axitada carreira de tours e discos. 15 CDs en 20 anos non é moco de pavo, e máis vendo que a gran maioría, por non decir todos raian a un alto nivel. Teñen ben merecido o descanso, pero antes delo, os suecos deixannos cunha aposta arriscada con Les Fleurs Du Mal. Tan arriscado, que nin sequera a Nuclear Blast se quixo facer cargo del, deixando que Therion se autofinanciaran a sí mesmos e a End of Light, unha nova compañía discográfica con escasa experiencia, lanzalo. Esta cuestión dábame tanto curiosidade, coma medo de que fose algo demasiado diferente a Therion (igual un disco íntegramente operático? algo sen guitarras eléctricas e máis "clásico"?...). 
A sorpresa veu cando se desvelou que o novo de Therion era un disco de versións, pero non calquera tipo de versións. A composición de Les Fleurs Du Mal está basada en temas de Pop-Rock francés dos 60 e 70. Vaia unha frikada.
Probablemente no país veciño esto se vira con expectación... imaxinádesvos que en vez de Francia, Therion elixira a España?...
Therion versioneando a Manolo Escobar, Las Grecas, Los Brincos, Los Pecos, Raphael, Joselito ou Karina non tería parangón! De feito mando desde aquí un reto a Christofer Johnsson!
Bueno, aparte de coñas (ou non tanto XD), o novo dos suecos segue un estilo parecido ó do anterior, que xa non me caera moi en gracia (creo que debe de ser o peor que teñen dentro de toda a heteroxeneidade da súa discografía). Tal vez máis calmado incluso, pero supoño que as cancións orixinales non se prestaron moito a facer algo pesado. Os únicos cortes de tempo rápido que encontraremos serán "Je n'al besoin que de tendress" e "Poupée de cire, poupée the son" (orixinal aquí), sendo o resto máis ben baladas que respetaron como tales. 
O punto malo de facer un CD de prácticamente 90% baladas é que acaban cansando un pouco, alomenos a un servidor. E sí, hai momentos a cada pouco que molan, típicamente Therion con un uso xenial de orquestación (que desta vez emplean dunha forma máis "background", dándolle especial importancia ó uso de voces e melodías vocales, como xa un pode intuír sendo versións de Pop), pero hai moitos momentos nos que o disco se queda flotando un pouco no aire do "non me dí nada". Incluso ese par de cancións máis rápidas e heavies, que non están mal, non chegan a ser un "The Wild Hunt", fáltalles contundencia e épica para o meu gusto. 
Con esto, quero decir que Therion a estas alturas poden facer o que lles pete, porque teñen hagallas, experiencia e gusto, pero Les Fleurs Du Mal non me parece un disco á altura do seu nome. Que sí, que son versións, que non son composicións deles, pero probablemente é un CD que logo destas 5 escoitas que lle levo dado, non mo volva a poñer nunca. 
Extravagancias... 5/10




NightCreepers - Alpha (2012)
Folk Melodeath
Tema: Alpha
NightCreepers é unha banda francesa que aglutina todos os ingredientes propios da "vikingexploitation" que desde hai anos sufrimos os aficionados ó asunto. É unha pena, porque un servidor foi gran seguidor do estilo ainda cando se empezou a saturar de copias, pieles e martillos de Thor, pero penso que últimamente xa estou chegando ó límite. Por eso, ainda que hai cousas que me gustan en NightCreepers, o meu sentido común non pode obviar o "esto xa o oín", "esto xa o vín" e "esto xa se fixo". Probablemente, se o segundo disco dos franceses salira a finales dos 90 ou principios dos 2000, a miña idea sería diferente, pero hoxe en día, as influencias tan marcadas dos primeiros discos de Ensiferum, o aire "cantarín-festivo" de Alestorm, e os ambientes guerreiros de Turisas están tan atiborrados de bandas polo mundo adiante, coma a peletería, faldas celtas e pinturas na cara.
Pode que este asunto se me xunte un pouco co musical, pero é que realmente non entendo porqué xente de Francia, España ou latinoamérica ten que levar martillos de Thor ó pescozo, sendo que esa cultura nunca foi nosa, eu diría que máis ben ó contrario. Supoño que será cousa de modas, eso tan utilizado como "el rock no es moda" (joda a quien joda, como diría Lujuria) queda ben, pero está lonxe da realidade baixo a miña percepción. Xa sei que é un pensamento co que coincidirei con pouca xente, especialmente aficionados ó Viking-Pagan-Folk, e de feito teño amigos que leven martillos de Thor ó pescozo, pero non o comparto para nada.
Polo demáis, decir que NightCreepers non aportan excesiva cousa ó mundo do Folk Melodeath. Hai algunha melodía que está ben, pero que irremisiblemente te leva a pensar en Ensiferum, e eso véxoo coma un "minus" demasiado grande.
Pouca personalidade en influencias excesivamente á vista. 4/10
PD: falando de Mjolnires ó pescozo, teño unha anécdota bastante boa. Unha amiga miña de Estonia foi a Suecia, tamén con todos os complementos que mandan a pseudomoda "viking". Unha vez alí, atopouse cun metalero, o cal lle increpou ó ver que era foránea: "porqué levas un martillo de Thor ó pescozo? qué significa para tí?". Por suposto a miña amiga quedouse que non soubo qué responder, ó que o tipo se foi con bastante mala cara, coma indignado. Máis tarde díxome que non era o único, que a xente que suele seguir esa cultura por aló arriba suele ver con moi malos ollos que os do resto de países se lles "apropien" dos seus símbolos cando eles creen (coma mín) que os utilizan meramente coma "moda". Eso sí, eu tampouco creo que faiga falta tomalo tan en serio... pero é curioso.

Verdunkeln - Weder Licht noch Schatten (2012)
Black Doom Death Metal
Levo falado bastante do Black Metal germano por estas microreviews, básicamente comentando que me atopo moitos grupos dese estilo que veñen desde Alemania, pero que rara vez algún pasa a ser "popular" fóra das súas fronteiras. Algo que normalmente achaco a que tamén hai moita mediocridade, ainda que de vez en cando salgan grupos que se quedan inxustamente no anonimato. Éste é o caso de Verdunkeln, un proxecto nado hai máis de dez anos por un par de amigos, que non se prodigaron moito nos lanzamentos desde o 98, xa que Weder Licht noch Schatten é o segundo álbum que lanzan. Non traballaron moito na banda, pero eso sí, cando o fixeron parece que puxeron toda a carne no asador, xa que o anterior Einblick in den Qualenfall, do 2007 supuxo críticas positivas e este novo tamén o vexo bastante ben.
O estilo de Verdunkeln é Black Metal, pero influenciadísimo polo Death-Doom noventero, de feito eu diría que se a voz fose máis profunda e gutural, éste sería sen duda un disco máis Death/Doom que nada. 
O sonido é un pouco arcaico, non é que teña unha producción demasiado clara, sobre todo cun sonido de guitarras un pouco confuso a veces. Esto recórdame a certas bandas underground de Doom que hai 20 anos non tiñan todos os medios para grabarse un álbum con bon sonido, ainda que a música fose de dez. E con esto véuseme á mente a reedición que se acaban de sacar Celestial Seasons da súa ópera prima Forever Scarlet Passion con motivo do 20 aniversario e con sonido máis pulido. Haberá que darlle unha oída!
Pero bueno, volvendo con Verdunkeln, o "Black Metal" que tocan é prácticamente na súa totalidade a medio tempo, cando non a medio-lento, cun certo toque personal encarnado polas guitarras en clean que usan case coma instrumento a tiempo completo e que lle dá un ambiente entre psicodélico, hipnótico e apacible á profundidade das guitarras e base rítmica. A mín recordoume por veces a un grupo de Doom/Death versioneando a Héroes del Silencio con voces rasgadas XD
A personalidade no Metal extremo sempre é benvida pola miña parte. 8/10 

After All - Dawn of the Enforcer (2012)
Power Thrash Metal
A pesar de ser unha das bandas míticas de Bélxica, con 25 anos ás súas espaldas e 8 LPs editados con este último, hei de recoñecer que non tiña nin idea de quénes eran After All antes de poñerme o CD. Sexa como sexa, a banda debe/debeu de gozar de certa reputación, xa que forma parte das listas de Roadrunner, o cal, seguramente é un plus para a popularidade de After All. 
O estilo dos belgas é un Thrash Metal bastante cañero no tocante á parte compositiva, que mezcla tanto sabor old school coma moderno, e ó que lle añaden pizcas melódicas que pode recordar ó Power americano, pero tamén por veces andan máis cercanos dun Melodeath europeo. Acentuando a parte melódica temos ó cantante, que rara vez se mete en rexistros típicamente Thrash, e opta por unha voz máis  cercana ás do Heavy Power americano, facendo incluso algúns gritos agudos que me recordaron (salvando as distancias) a Scheepers. A mín gustoume, e eso que de primeiras o pillei un pouco asín asín, pero ten moi boas ideas, tal vez xa algo vistas, pero ben executadas e un bo sonido; penso que os amantes do Power americano con riffs moi potentes pero elaborados o saberán degustar. Por poñer algunha banda que se me veu á mente: Sanctuary, Forbidden, Prototype, Flotsam & Jetsam, Anthrax, Death Angel, Metal Church... ainda que non chegan a estar á altura dos mellores discos destes grupos, as influencias non están nada mal, non?
Un dos mellores álbumes de Thrash que oín no que vai de ano. 7/10

Sin7sinS - Carnival of No Tomorrow (2012)
Dark Metal 
Éste é o segundo álbum desta banda holandesa da que non tiña constancia na miña particular dicoteca memorial (que creo que cada día vai a menos en vez de a máis XD). Parece que o seu primeiro álbum, Perversion Ltd., do 2010 deulles certa fama dentro do seu país. Fama que se vería acrecentada ó ser teloneros de bandas grandes do xénero coma Revamp, Epica, Leaves Eyes ou Stream of Passion.
Vendo cales eran as bandas grandes deses shows, un xa pode supoñer qué tipo de música fan Sin7sinS, e a base pódese decir que sí está emparentada co Gothic Metal de voz feminina que máis ou menos eses 4 grupos comparten en canto a xénero. Pero tal e como entre eles non xa se parecen tanto, Sin7sinS tampouco son iguales a ningún deles, senón que teñen un sonido máis ou menos diferenciable que combina elementos electrónicos con ambientacións oscuras e dramáticas, estribillos pegadizos, -algúns máis poppies ca outros- e voz masculina facendo semigrowls ocasional que lle dá un toque lúgubre interesante. Tanto a voz da rapaza coma o estilo recordoume a un grupo que o tempo deixou enterrado, pero que tiña as súas cousas interesantes: Dismal Euphony, ainda que eles tiraran algo máis ó Black, pero creo que nos últimos (e fallidos) discos a rapaza era moito máis protagonista.
Este estilo que é Gothic, pero non é; é Metal extremo, pero non é; é pegadizo, pero é demasiado escuro, atmosférico ou duro para ser carne de cañón de fans de Evanescence... é o que eu chamaría Dark Metal, e suéloo ver máis por outras terras coma as finlandesas ou griegas, así que está ben ver que se extende, porque a mín paréceme un xénero a explotar e que pode dar grupos diferentes dependendo das influencias que collan.
Punto malo? XD para mín sempre hai algún punto malo, incluso nos discos que me gustan XD, e para éste eu diría que as partes máis poppies se poderían obviar. Por exemplo o estribillo, e en xeral a canción case bailable do single-video non me gustan nada. Podedes ver o vídeo no tema (por certo, sempre poño videos oficiales se os hai, non sei se o dixera).
Cousas boas e malas, pero eu daríalles un aprobado sen problemas. 7/10

jueves, octubre 11, 2012

Cosecha de vikingos

... e os que se venden desta vez son.. 
Amon Amarth! 
Pero a pesar das tripas cerveceras que lucen os seus componentes, non comercializarán con birra, nin sequera con hidromiel, que daría certo sentido ó seu "mundo", senón con viño! E vanse ni más ni menos que a Australia para conseguir sponsor... en fin... business is business...
Fuente