jueves, agosto 02, 2012

Microreviews Xulio'12 - Os demáis


Crucified Barbara - The Midnight Chase (2012)
Groove Heavy-Rock Metal
Oficial
Tema: Into The Fire
Teño que decir que non son un seguidor desta girl-band, tan sólo oín un par de temas delas hai tempo e parecéranme bastante mediocres polo que recordo, así que non controlo sobre a evolución desta banda. Polo tanto, este é o meu primeiro contacto cun disco enteiro de Crucified Barbara, un grupo composto por mulleres moi feas XD que por algún motivo estivo xirando por toda Europa (ata viñeran a un Metalway) desde hai anos, a pesar de que as críticas non as acompañaban.
O que temos en The Midnight Chase é unha colección de temas que andan entre o Hard Rock moderno e o Heavy Metal bastante basicote pero ben producido, no que a estrella é a voz de Mia Coldheart, cun toque sucio que lle fai estar moitas veces entre Doro e un Blackie Lawless pasado de hormonas. Sen grandes complicacións nin en riffs, nin en estructuras nin en solos, Crucified Barbara desenvólvense ben nun Rock de fácil audición que é probable que sirva para unhas cuantas escoitas e logo deixar olvidado nalgún caixón. Ainda así, algo mellor do que eu lles recordaba. 5/10


EnlaceRe-Armed - Worldwide Hypnotize (2012)
Death/Thrash
Oficial
Tema: Natural Backlash
Cando vín que neste álbum participaba o líder de Waltari, Kärtsy Hatakka, tocando o baixo, a miña curiosidade polos finlandeses Re-Armed aumentou en gran medida. Pero hei de decir que rápidamente se esvaeceu co transcurso dos temas de Worldwide Hypnotize. Supoño que Kärsty non participaría no aspecto compositivo, porque Re-Armed non contén ningún vestixio do seu estilo de compoñer nin de experimentación algunha, senón que o que nos ofrecen é un Thrash con moitas trazas Melodeath, ben executado, con temas traballados e con bo sonido, pero tamén moi trillado. Xa é un caso habitual co que me veño atopando (tamén porque cada vez parece que o número de bandas se multiplica nos últimos anos, e esto tamén implica máis mediocridade), que a pesar do bon facer técnico da banda, non consiguen que os temas se queden na cabeza do oínte, que se limita a ver pasar o disco sen máis, algo así coma con Angelus Apatrida XD
A escola de At The Gates deu para moitos seguidores, e Re-Armed non sobresale de entre eles. 6/10


Avatar - Black Waltz (2012)
Melodeath / Industrial Rock
Oficial
Tema: Torn Apart
Cando despois de oír o disco vín a portada dixen: "tal para cual, desconcertante". E eso que iba con boas perspectivas, porque recordo que o anterior disco destes suecos tiña uns cantos temas que estaban bastante ben. Con este Black Waltz, realmente non sei qué pensar de Avatar como banda.
¿Hacia dónde se dirixen? ¿cál é o seu perfil de público?
Conste que sempre me gustaron as mezclas de estilos, pero cando éstes están cohesionados, non que un tema sexa dun pao moi diferente ó seguinte ou que nun mesmo intercalen de sopetón unha parte chocante. Así temos cancións de unha especie de Rock Industrial, outras máis ben Melodeath, arrancadas Groovies ou de Southern Rock, de repente un solo Heavy, un estribillo que parece de Punk-Pop americano... dalgún xeito gardan a inherencia de estar tocados pola mesma banda co mesmo tipo de sonido, pero a mín deume a sensación de non saber moi ben qué é o que queren. Atopámonos con que moitas veces comparten escenario riffs e cambios de tempo realmente interesantes con auténticos cortes de mexada.
Non sei qué dicir, salvo que se vos gusta Marilyn Manson e The Haunted a partes iguales lle dedes unha oída. 5/10


End of September - End of September (2012)
Gothic/Alternative Metal
Oficial
Tema: Isolated
Álbum debut destes suecos, liderados por unha voz feminina do estilo de Sharon Den Adel nos últimos e máis Rockeiros Within Temptation. A música tamén recorda a Within Temptation en canto a certos arreglos de teclados e en líneas vocales, pero o sonido máis moderno e por veces Metalcorero/Nu-Metalero (hai veces que xa non distingo moito un do outro) das guitarras pódelle gustar ós seguidores dos últimos Lacuna Coil e de Evanescence. Por veces ademáis asoma unha voz masculina facendo tanto voz limpia coma rasgados máis "coreanos" XD
Está claro a qué audiencia se dirixen estes End of September, que realmente non o fan de todo mal para ser un primeiro disco, pero hoxe en día fai falta algo máis para sorprenderme. Eso sí, mellor que os últimos bodrios de Lacuna Coil está. 5/10


Wigelius - Reinventions (2012)
Melodic Rock/AOR
Oficial
Tema: Angeline
Outra vez desde Suecia vennos un grupo de Hard Rock, ainda que neste caso Wigelius sexa máis ben da rama ultra melódica do Rock. As influencias son claras: Hard/AOR dos 80 do estilo de Toto, Dare, Richard Marx (ainda me enterei o outro día que vive e saca discos! XD), Journey, Asia... e non tratan de escondelas... máis ben todo o contrario, mostran sen pudor temas calcados ós deses grupos, moitas veces predecibles a rabiar. Volvo a decir que non creo que sexan malos músicos, pero no tocante a "tocarme a fibra" están lonxe por xustamente basarse en exceso en cousas feitas (a veces feitas e re-feitas). Os teclados típicos do AOR tan pastelosos tampouco son o meu gusto precisamente, o mesmo que eses coros tan sobados, pero perdonaríaos se realmente se vira algo de inspiración e creatividade.
En certo sentido recordáronme a The Galvatrons, pola fixación ochentera e pola juventú... por certo, ainda que esteña bastante basada en aquela canción de Van Halen.. Cassandra é un hit -ochenteril máximo-!
Como nota curiosa, o cantante parece ser un rapaz novo que se fixo popular a raíz de saír na TV sueca cantando a Journey. Sorte vivir nalgúns países... 4/10
PD: como se vé no vídeo... ¿tamén a moda emo invadeu ós novos AORockeros? Se Marx levantara a cabeza...
Ah é certo! que vivía! XD


Septic Christ - Guilty As We Were Born (2012)
Thrash Metal
Facebook
Tema: Heird Instinct
Cunha curiosa intro comeza o disco dos thrashers germanos Septic Christ, desde logo, non é o que un se podería esperar vendo cómo é a sucesión de temas de Guilty As We Were Born.
Aquí é onde unha vez máis me planteo esa duda recurrente en mín: ¿un disco que non ofrece nada novo pero está ben tocado sería un bo disco? Cando me atopo con casos así suelo recurrir á composición, é decir; se a banda en cuestión mellora en algo ó xa feito, se ten riffs memorables cos que te quedes ou cousas curiosas que por algún motivo te chamen a atención. E o certo é que nin unha cousa nin outra neste caso. Septic Christ acaba sendo un grupo máis que non sobresale en nada sobre o resto de bandas Thrash que toman coma referencias as mesmas ca eles: Overkill, Sodom, Exodus, Death Angel, Kreator... A mín particularmente recórdanme ó caso de dous grupos galegos que tamén comparten un par de palabras coma nome de banda (e que prefiro non mencionar, non vaia ser que alguén se me bote enriba decindo que "boto abaixo á escena" XD). Coma ese par de grupos galegos compostos por xente nova, pero populares en certa maneira, os Septic Christ teñen unha boa base técnica, e de vez en cando sácanche algún riff que che fai mover á cabeza, pero é que sempre tés a sensación de ter oído algo parecido nalgún momento do pasado. 6/10


Superchrist - Holy Shit (2012)
Heavy Rock
Oficial
Tema: Hot Tonight
Este é outro dos grupos nos que participa Chris Black, un ex-Nachtmystium que se decideu por seguir unha onda moito máis clásica e rockanrollera para os seus proxectos, como era o caso do disco debut de High Spirits que revisionei por aquí hai uns meses.
Con respecto a Superchrist, a banda trata de homenaxear ós grupos de Punk Rock/Hard Rock/Heavy Metal de hai 2 e 3 décadas, tendo como referencia palpable a Motörhead e á primeirísima movida de NWOBHM que empezaba a desligarse paseniñamente do Punk Rock para adentrarse un pouco máis en terrenos metaleros e riffs un chisco máis complexos.
Non descubren nada novo, e probablemente non o queiran facer. Holy Shit é a perfecta banda sonora para tomar unhas birras nun local cheo de fume e pósters nas paredes, cunha chupa de cuero ó lombo (ainda que dentro te ases de calor!).
O único é que en tan só media hora non che dará tempo a moitas cervexas XD 6/10


Enochian Theory - Life... And All It Entails (2012)
Progressive Rock/Melodic Metal
Oficial
Tema: This Aching Isolation
Desde Gran Bretaña, Enochian Theory é un trío que saca o seu terceiro disco neste 2012 collendo o testigo que deixou Anathema probablemente en A fine day to Exit. Con esto xa case que o digo todo; o que nos ofrecen é un Rock melódico con dejes prog, líneas vocales emotivas, no que impera a calma que se vé rota de vez en cando por riffs máis metálicos tal e como os antigos Anathema, Riverside ou Porcupine Tree fan/fixeron. O certo é que non son moi seguidor deste estilo, de feito a Anathema deixeinos de seguir cando se pasaron de máis ó Rock "atmosférico" en A Natural Disaster, que supoño que tamén comparte moitas cousas con este Life... And All It Entails, e teño que ter un día moi raro para poñerme algo de Riverside, Porcupine Tree ou os modernos Pain of Salvation, así que pode que non sexa o mellor para criticar a Enochian Theory. Pero ainda así, direi que ós que lles gusten eses grupos creo que disfrutarán con eles, xa que se notan moi profesionales, e certas ambientacións e breaks de pianos son interesantes.
Baixo o meu gusto boto en falta máis orixinalidade e partes metálicas, pero son bos no que fan. 6/10


Flayed Disciple - Death Hammer (2012)
Death Metal
Oficial
Tema: The Shrine of Dahmer
Disco debut destes británicos que tocan un Death Metal moi Thrashizado, herencia directa da escola americana dos oitenta liderada por Slayer, Possessed, Death ou Morbid Angel. Death Hammer contén uns cuantos bos temas, que resultan un chisco homoxéneos entre sí, pero nos que se pode ver certa calidade e potencial. O único, teríanse que desmarcar un pouco desas influencias que se notan moi pesadas no transcurso do disco e que milleiros de grupos comparten. Ainda así, non é un mal debut. 6/10


Demoncy - Enthroned Is the Night (2012)
Black Metal
Oficial
Tema: Opening the Lunar Bloodgate
O tal Ixithra, único membro de Demoncy, polo que atopei, parece ser o típico "blacker" que está/estivo metido en mil grupos, de entre os cales a maioría son proxectos personales e, cómo non, entre os que haberá alomenos un que sexa de Dark Ambient XD
Non hai medias tintas: Black añejo e Ambient. Palabra de blacker, amén.
Falando de Demoncy un pouco, temos un Black Metal bastante crudo, no que o baixo o inunda todo o resto de instrumentos, ainda que realmente non creo que tape nada interesante, porque o blasting da batería é maioritario, -ainda que hai esforzos por facer os temas menos monótonos do que realmente son-, as voces son fuleras e as guitarras son monolíticas e simples. Tal vez máis graves do normal, é coma un disco de Black primitivo sona no 2012, supoño. De todos xeitos, penso que nos últimos anos, o Black Metal acolle un sonido máis grave en xeral que nas produccións noventeras.
Aburrido e repetitivo, o mellor, a portada. 3/10


Grand Magus - The Hunt (2012)
Epic Heavy Metal
Oficial
Tema: The Hunt
Grand Magus xa é un grupo bastante coñecido e recoñecido para os amantes do Heavy Metal con doses Doom da última década. The Hunt é o seu sexto disco e non varían prácticamente un ápice do estilo que os fixo populares; Heavy Metal épico, con influencia marcada dos pioneros do xénero. Con esto refírome a Black Sabbath, Rainbow, Judas Priest, Manowar, Virgin Steele e a NWOBHM, pero tomando exemplos máis cercanos, a referencia obligada sería unha mezcla entre Spiritual Beggars (grupo do que hai xente participando) e uns The Lord Weird Slough Feg sen o factor folky. Ben sei que esto non é nada novo para os que xa conocían o grupo, pero tampouco The Hunt ofrece grandes cambios con respecto á súa discografía. Penso que quenes disfruten deste Metal máis tradicional e épico han de atopar unhas cantas boas cancións, que como conxunto pode que non superen a Iron Will e Hammer of the North, pero que manteñen o tipo. 7/10


Centurion - Serve No One (2012)
Death Metal
Oficial
Tema: No One To Serve
Centurion son outros máis que non se mataron demasiado á hora de escoller nome e puxéronlle á banda un que xa escolleran outros moitos. Materia esta que nunca acabarei de entender, porque non hai maneira máis eficaz de decir "somos uns máis"...
Indo co musical, que é o que conta, probablemente me dera igual que se chamaran dunha ou outra maneira se fixeran música mínimamente orixinal e diferente, pero tampouco. Os polacos cíñense a facer un Death Metal bastante clásico, de temas cortos pero incisivos, repletos de clichés e riffs xa demasiado mascados. Curiosamente non teñen como modelo a imitar outros polacos, senón que tiran máis da escola americana da primeira metade dos 90, collendo do legado sobre todo de Morbid Angel.
Penso que quenes gusten do grupo mencionado, terán algúnha motivación para darlles unha oportunidade a Centurion, pero a mín fixéronseme cansinos e xa vistos. 5/10


Words of Farewell - Immersion (2012)
Modern Melodeath
Facebook
Tema: Sorea
Sen aportar nada realmente novedoso, esta banda alemana desenvólvese bastante ben no seu debut, no que practican un Death melódico a medio tempo con elementos prog-power e electrónicos, moi influenciado pola escola sueco-finesa de bandas coma Insomnium, Omnium Gatherum, os primeiros In Flames/Dark Tranquillity e Scar Symmetry.
Pero ó final é o de sempre; fai falta algo máis ca parecerse a bandas que sacaron grandes traballos algún día e ter un presupuesto que che permita unha producción limpia e coidada ó máximo, pero bueno, hai que ter en conta que este é un primeiro traballo, veremos en qué dan.
Eso sí, a pesar dos grandes medios técnicos, non deixan de ser "un máis". 6/10


Delain - We Are The Others (2012)
Alternative Symphonic Rock/Metal
Oficial
Tema: Hit Me With Your Best Shot
En efecto, lestedes ben a miña descripción: Rock/Metal alternativo, e se me apuras un pouco case lle añado un Pop diante, porque a senda que Within Temptation iniciou nos últimos discos hacia o Rock menos "gótico" e "sinfónico-boombástico" foi seguido ó dedillo polos seus compatriotas Delain. Poucos elementos escuros e orquestales podemos atopar no terceiro disco deles, que se torna moito máis accesible, e no que a cantante parece querer imitar máis ca nunca a Sharon. Con esto non vou decir que sexa un disco malo, de vez en cando tamén me gusta escoitar algo de Pop-Rock, pero un non pode quitar da cabeza que Delain se convirteu nun grupo "segundón" en calquera das súas características sonoras e que mira excesivamente por onde tiran os grupos que atraen certa repercusión ó redor, coma os mesmos Within Temptation ou Lacuna Coil (do cal absorben totalmente o estilo por exemplo en "Where is the Blood", co cantante de Fear Factory como invitado).
Unha pena, porque en pasados traballos parecían ter un xermen para facer algo interesante. 4/10


Jørn - Bring Heavy Rock to the Land (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Chains Around You
Novo disco de Jørn, desta volta deixando os aires de prog-power que lle recordaba dalgunha entrega e centrándose no Heavy-Rock máis clásico e tradicional de bandas de Hard de finales dos 70 e Heavy dos 80 do tipo de Rainbow, Black Sabbath, Thin Lizzy, o seu venerado Dio...
Jørn é a absoluta estrella da súa banda, como cabe esperar, e nótase no CD, no que él ten o protagonismo vocal sobre o resto de intrumentos, desenvolvéndose moi ben, pero as ideas nótanse especialmente escasas desde hai tempo no seu proxecto particular. Bring Heavy Rock to the Land é un álbum que non se podería catalogar como malo, pero cansa e dá a sensación de estar demasiado oído xa. 5/10


Lacuna Coil - Dark Adrenaline (2012)
Alternative Rock/Metal
Oficial
Tema: Trip The Darkness
Deixando atrás calquera resquicio de goticismo e oscuridade na súa música, así como orixinalidade, os italianos Lacuna Coil amárranse con uñas e dentes á fórmula do Rock facilón, de temas directos ó estribillo con pouco traballo instrumentístico. Guitarras graves cercanas ó Rock alternativo e Nu-Metal con contados riffs traballados e solos, gran producción e música basada en melodías vocales guiadas por Scabbia e seguidas polo "outro", que cada vez parece máis relegado ó papel de "Poochie" fan un disco orientado a audiencia americana de "Rock asequible" con moi pouca chicha. 3/10

martes, julio 31, 2012

O apocalipsis de Gigatrón deu os seus primeiros síntomas



Tremendo artículo que me acaba de enviar un amigo, confirmando o que levan predecindo Gigatrón de que este 2012 será o ano do Apocalipsis Molón, onde os "jevis" nos teremos que levantar en contra da "radiofórmula y el sistema". Os síntomas empézanse a facer palpables:
A mítica sala de "jevis" Excalibur pecha as súas portas no verán... para convertirse nunha disco de reggaetoneros chamada MAMÁ PACHANGA!
Ollo que o artículo non está modificado nin por mín nin por Gigatrón! XD O honor lévano os becarios de Público todiño todo:

Los carteles empapelan todo Vallecas. "Guapos y guapas no pagan" es el reclamo de la nueva discoteca latina del barrio, Mamá Pachanga. Irónicamente, la ubicación del garito coincide con el lugar de peregrinación de los jevis del Foro durante los fines de semana. A pesar del dispendio publicitario, todas las noches siguen cayendo roqueros despistados por la calle Sanz Raso, cercana al estadio del Rayo. Ignoran que su templo ha sido profanado.

Encántame esa última frase do templo profanado XD

Una vez dentro, algunos maldicen el sacrilegio como un Charlton Heston en la escena final de El planeta de los simios. Aunque todo siga en su sitio, ya nada es igual. Ni los clientes visten de negro, ni tocan guitarras imaginarias. Sólo las mujeres llevan el pelo largo. Una capa de pintura ha sepultado los murales que lucían las paredes de la sala dedicados a grupos como Barón Rojo o Lujuria. Ahora, en la pista de baile los cuerpos se contonean a ritmo de salsa y bachata. Ni rastro de heavy metal.

A muchos, la metamorfosis del antiguo Excalibur les ha pillado por sorpresa. "Me dicen que les da pena, pero esos mismos llevaban años sin aparecer por aquí". Habla el propietario, José Sinausía, de 52 años. En junio transformó radicalmente su negocio casi de la noche a la mañana. "Lo tenía pensado desde hacía tiempo: voy a aprovechar el verano para probar. No era ningún secreto".

La palabra crisis no aparece entre sus argumentos y desmiente un descenso de clientela. Aunque transmite cierto hartazgo. "Se decía que ponía garrafón, y eso al final te cabrea. Ahora, en vez de copas, compran botellas enteras, y nadie se queja".

Los hábitos también han cambiado. En el Mamá Pachanga, la gente no se acoda en la barra. Los nuevos clientes, la mayoría suraméricanos, acuden en grupo buscando una mesa, y de ahí, a la pista de baile. "Me hace gracia, es como en las fiestas de pueblo, los hombres sacan a las chicas", afirma Pedro, uno de los camareros más veteranos. Por primera vez en veinte años, ha dejado de servir calimochos. Y recuerda que ésta no es la primera mutación que sufre la discoteca. "Antes de ser el Excalibur, aquí se pinchaba música electrónica y disco. Era la época de la ruta del bakalao. Había colas para entrar".

El dueño no lo tiene tan claro. Admite que en septiembre volverá a programar conciertos de rock en sesión vespertina. Pero a media noche la música latina sustituirá a los guitarrazos. La mezcolanza no le parece descabellada. "Hay jevis que siguen viniendo a ligar y acaban bailando reguetón". Pedro, el camarero, lo confirma. "El otro día llegó uno cagándose en nosotros. Al final, le tuvimos que sacar del local a la hora del cierre porque no se quería marchar".

Fuente

Pois eso, o artículo en sí fíxome un montón de gracia, pero non polo do cerre dun bar que poña Rock para pasarse ó Reggaeton, senón polo tufillo absolutamente gigatronero, de "jevis", sacrilegios, templos... se en verdade Gigatrón non están tan desfasados no tempo con respecto ás letras, polo que se vé, e quizáis por eso precisamente sexan tan criticados polo sector metaleiro español...
En fin, el apocalipsis va a llegaaar


sábado, julio 28, 2012

Críticas a críticos: Sonisphere 2012 por Miguel Rivera/Álex Cotarelo


Bien, facía tempo que non actualizaba algunha das seccións da parte dereita, así que me decidín por unha crítica a crítico algo diferente desta vez. Digo esto porque me vou centrar nunha crónica dun festival, cousa que nunca fixera ata o dagora, pero penso que merece a pena vendo o desastre que vos mostro a continuación.

Outra vez me centro en Rocktotal.com, este artículo está firmado por un tal Miguel Rivera, que desde que leo esta web, haberá case 10 anos, xa o tiña medio enfilado por ser o típico que pon que todos os discos son de notable para arriba e maravillosos, o cal denota un espíritu crítico bastante mediocre... Cando vín que escribía sobre o Sonisphere español, decidínme a darlle unha ollada, sobre todo para ver cómo se desenvolveron bandas coma Ghost, Within Temptation ou Children e cómo foi a resposta do público, pero atopeime con este "articulaso"...

Póñovos en situación:

SONISPHERE 2012

VIERNES, 25 DE MAYO

Escenario 1

17.20h-18-00h SIX HOUR SUNDOWN
18.15h-19:05h CORROSION OF CONFORMITY
19.20h-20:15h SONATA ARCTICA
20.45h-21:50h LIMP BIZKIT
22.20h-23:40h THE OFFSPRING
0.10h-1:30h SOUNDGARDEN
2.00h-3:00h MACHINE HEAD

Escenario 2

17.30h-18:15h RISE TO REMAIN
18.35h-19:20h SKINDRED
20.00h-20:45h KOBRA & THE LOTUS
21.35h-22:20h KYUSS LIVES!
23.10h-0:10h PARADISE LOST
1.35h-2:35h ORANGE GOBLIN

SÁBADO, 26 DE MAYO

Escenario 1

17.20h-18:05h SISTER
18.20h-19:10h MASTODON
19.35h-20:30h WITHIN TEMPTATION
20.50h-21:50h SLAYER
22.20h-0:20h METALLICA
0.50h-1:50h EVANESCENCE
2.10h-3:05h FEAR FACTORY

Escenario 2

17.35h-18:20h VITA IMANA
18.50h-19:35h CHILDREN OF BODOM
20.05h-20:50h GHOST
21.20h-22:15h ENTER SHIKARI
0.25h-1:20h GOJIRA
1.50h-2.50h CLUTCH

Imos aló coa "crónica":

(...)

En cuanto al cartel, sin duda Metallica vale por todo y es la excusa perfecta para al menos, comprar la entrada de un día, más si cabe el conocido como disco “negro” iba a ser tocado en su totalidad. Además de estos pesos pesados como Slayer, Machine Head o un estandarte del grunge de los 90 como Soundgarden servían como platos fuertes entre mucho rock gótico, Evanescence y Within Temptation.

Viernes 25 de mayo

El viernes comenzábamos andadura en un concierto algo descafeinado de Limp Bizkit. Sus mejores tiempos considero han pasado dejando a un lado esa rabia para ofrecer una pose rapera algo deslucida y chulesca que se salva gracias a temas como “Rollin” o “Take a Look Around” clave musical de Misión Imposible que sirvió para que muchos se acordaran de la grandeza de la banda perdida con los años.

Plato fuerte aunque unas cuantas veces visto ya era el de Offspring que o no vienen en años o tiran de repertorio en unos cuantos meses por partida doble. La juventud y la veteranía se daban cita conjunta para corear esos estribillos facilones que marcaron época en muchos estudiantes en los noventa. “Come out and Play”, “All i Want” o “Self Steem” serán siempre temazos a pesar de no escucharse con el volume que debiera la voz de su líder.

Paradise Lost tiraba de clase y oscuridad azul en el segundo escenario dejando una buena esencia, esa que en su reciente “Tragic Idol” han querido recuperar mirando al pasado. Así llegábamos al punto álgido ese que suponía tras 15 años la vuelta a los escenarios de Soundgarden, y quizás por la expectación suscitada la misma se convirtió en densidad y pesadez al ver algo diferente a lo esperado.

Chris Cornell no llegó a conectar con su público y las canciones, antaño geniales sonaron densas y con algún acople, a pesar de grandes hitos como “Black Hole Sun” que no pudieron salvar los platos de quien era el cabeza de cartel del primer día y que no supo dar la nota que se esperaba de ellos. Y es que en líneas generales resultaron tediosos haciendo que más de uno se dispusiera a charlar y beber más que escuchar su propuesta, antaño grandiosa.

Al fondo Machine Head comenzaba a sonar mientras nos alejábamos del recinto en busca de transporte particular dejado de la mano de Dios en los lejanos polígonos colindantes.

Ok. Vexamos: polo que parece, o "cronista" chega ó festival perdéndose ós tres primeiros grupos de cada escenario, estando entre eles ni más ni menos que Sonata Arctica ou Corrosion of Conformity. Prefire tragarse a Limp Bizkit antes que Kyuss Lives! (cousa para mín inentendible, pero alá cada un cos seus gustos), mira a catro grupos e decide irse nun dos platos fuertes do festival! Machine Head!

Pero tal vez eso non sexa o peor, o peor é que dos concertos non fala! Eu mesmo sen asistir podería ter escrita parte desta crónica, facendo cousas como dedicarlle a Paradise Lost unha única línea: Paradise Lost tiraba de clase y oscuridad azul en el segundo escenario dejando una buena esencia. Si esto é unha crónica, que baje dios y lo vea...

Sábado 26

A sabiendas de las grandes distancias y el cúmulo de gente que se esperaba el segundo día, hicimos acto de presencia en los alrededores del festival bien pronto para alimentarnos y refrescar el gaznate si bien el calor, las horas tempranas y demás parafernalia extra festivalera hicieron que entráramos tarde con Children of Bodom y Within Temptation habiendo repartido lo suyo en conciertos dispares en cuanto a sonido.

Metallica era la gran estrella y da igual si vienen cada dos años o pasan cinco el caso es que Hetfield y compañía son los grandes monstruos de siempre y el “Black álbum” merecía la atención de más de 50000 personas que aclamaron de principio a fin el estruendo musical impecable que reservaban.

Pantallas gigantes, fuegos y espectacularidad calculada consiguieron el desenfreno y los cuernos de todo el respetable, “Hit The Lights”, “Master of Puppets”, “The Shortest Straw”, “From Whom the Bells Toll” daban buena muestra de sus clásicos más conocidos,. “Enter Sandman”, su imperecedero “The Unforgiven”, “Nothing Else Matters” el orgasmo musical era tal que la locura invadía las primeras y últimas filas. Todo el mundo acudía a una “película” de oscar, manual metálico aplicado a la perfección que despertaba comentarios como “impresionantes”, “lo mejor que he visto nunca” o “la hostia puta” rugían en el aire con los cuernos en alto.

Impecables y realmente entregados en una actuación pocas veces vista por una banda que nunca defrauda te guste más o menos en ese directo. Así pocas bandas quieren salir después, de hecho Evanescence tuvieron que retrasar media hora su actuación algo que no pareció importar a los miles de fans que esperaron a ver a Amy Lee tras muchos años de ausencia. Piano y baladas se mezclaron con grandes canciones de una banda que si tuvo un cierto retroceso en su segundo disco parece haber recuperado aire con su nueva y homónima obra. Y cambiando de escena Fear Factory se vio obligado a cambiar de escenario mientras nos despedíamos de la nueva edición de Sonisphere.

(...)

Miguel Rivera / Álex Cotarelo

Segundo día, crónica: vimos a Metallica. Pouco máis se pode sacar destas líneas, porque como dice chegaron tarde a Children e a Within Temptation!... pero tranquilos, parece ser que algo sí que os viron; o suficiente como para decir de ambos "habiendo repartido lo suyo en conciertos dispares en cuanto a sonido."...
Logo, polo que vemos, pasan de largo a Ghost e Slayer!!! e vanse directos a ver a Metallica, único grupo xunto con Offspring, Limp Bizkit e Soundgarden do que se dignan a falar "algo" e que realmente demostran conocer e incluso nombrar cancións.

A crónica do concerto de Evanescence é outra que podería ter feito eu desde a miña casa: "tuvieron que retrasar media hora su actuación algo que no pareció importar a los miles de fans que esperaron a ver a Amy Lee tras muchos años de ausencia. Piano y baladas se mezclaron con grandes canciones de una banda que si tuvo un cierto retroceso en su segundo disco parece haber recuperado aire con su nueva y homónima obra.".

De Fear Factory, sabemos que estiveron no festival gracias a esta crónica pola súa única frase dedicada a eles: "Fear Factory se vio obligado a cambiar de escenario mientras nos despedíamos de la nueva edición de Sonisphere."

Parece que do escenario 2 pasaron completamente, é obvio que un non pode estar nos dous sitios ó mesmo tempo, pero... non sei, vendo que son 2 "cronistas" os que firman, eu intentaría darlle o máximo de información ós meus lectores e poñer a cada un nun sitio, polo menos nos grupos grandes, digo eu.
Pero se queredes poidovos facer a crónica ó seu estilo do que pasou nese escenario, vou probar: "Ghost dieron un concierto muy curioso, todos iban caracterizados con túnicas a modo de monjes excepto su cantante, una especie de sacerdote satánico con una presencia magistralmente elaborada. Los británicos Enter Shikari dieron un buen concierto con su mezcla de Post Hardcore con sintetizadores, y Gojira demostró sus tablas y su técnica. Finalmente la noche se cerró con Clutch."

Paréceme unha vergonza publicar esto, en serio. Pero paréceme máis vergonzoso que este tipo de cronistas reciban pases gratuítos por facer... nada? por ser "prensa"!? e que ainda encima se poñan chulos se hai alguén que se queixe do seu "traballo", coma este Motorjavi, que comentou:


Motorjavi

Hombre, yo creo que escribir una crónica donde se despacha la actuación de Machine Head en dos lineas (por cierto, horrible su sonido) y en una y media la de Fear Factory (que sí, empezó a las 4 de la mañana, pero con buen sonido en general), obviando además el pésimo sonido también de los Children Of Bodom y el espectacular y victorioso paseo de unos Gojira pletóricos……dibuja una crónica bastante floja y con escasa ambición profesional, no?
Que sí, que todos disfrutamos con Metallica, que, con esos medios, se presupone que siempre van a destacar, pero el metal y el rock actual son algo más que esta mítica banda de San Francisco, digo yo. No os lo toméis a mal, o,k? Es una opinión crítica con espíritu constructivo. A ver si el próximo año os lo curráis un poco más, igual que con las críticas de discos, que últimamente veo carente de bombazos que eludís y no sé porqué razón (ej: ¿qué pasa ya con la escena extrema del metal?).Un saludo!!!

  • Buenas caballero

    pues se hizo lo que se pudo. no entramos ni estuvimos en todo el festival por varios motivos, ni dan los pases que deberían para cubrirse de forma correcta y mejorable, por lo que nos limitamos a una mini crónica (no había ni pase de foto).

    En cuanto a los discos, llegan muchos que se dan prioridad a todo lo que se hace por internet, nos centramos más en lo físico y cosas que llegan que en downloads, sencillamente por agilidad y facilidad a la hora de trabajarlos. Y en cuanto al extremo, black y death puro descartamos hace ya tiempo ese tipo de género. Gracias. saludos


Aigh pobriños, que a culpa vai ser de que "non lles dán os suficientes pases para cubrir dunha forma correcta o festival" nin sequera pases de fotos... qué mal...
Neste momento teño a indignación aumentando, así que mellor me vou calar... pero se non vos dán os vosos puñeteros pases de "prensa" gratuítos, pois a pagar coma todo o mundo! Aproveitados! Que hai xente que fai crónicas nos seus blogs e foros pagándose coma todo dios o seu ticket e sabe qué grupos están vendo e se escriben unha crónica fana bastante mellor. Alomenos mostran ese interés do que por moitas webs coma Rocktotal parecen carecer...

APROVEITADOS!

Fuente

miércoles, julio 25, 2012

Manowar e o cine


Después de su debut en el cine recientemente con el tema título de la película "El Gringo", MANOWAR han confirmado su proyecto de banda sonora para "Soldiers", protagonizada por el icono del cine de acción Jean Claude Van Damme.

Van Damme, que es co-protagonista con Sylvester Stallone como villano en "Expendables 2", ha hablado acerca de la colaboración: "Conocí a Joey DeMaio y le expliqué mi visión de la banda sonora completa. Él va a escribir música original, y también escogeré temas de MANOWAR para la película ".

La película será producida por el veterano de Hollywood y colaborador de Van Damme, Moshe Diamant.

"Joey DeMaio tiene la habilidad musical de escribir himnos de combate, baladas soul y los resultados muy emocionales", dijo el productor Moshe Diamant.

"Siempre hemos tenido una gran pasión por el cine, especialmente los que celebran los valores que nos importan a nosotros: La justicia, el honor, la valentía. Contribuir musicalmente con las historias de este tipo, y trabajar con algunos de los más grandes héroes de acción en la historia del cine es un honor y un placer. Estamos listos para ofrecer una banda sonora de gran alcance para esta película que será realmente grande ", dijo Joey DeMaio.

"Soldiers" se estrenará en la primavera de 2013.



Mimá qué mal da cabeciña está o Van Damme. Escoitaría o último truño dos trves do Metal??? É máis! gústalle a Van Damme o Metal? Nunca mo imaxinaría...

FuenteEnlace

martes, julio 24, 2012

Microreviews Xulio'12 - II


Xandria - Neverworld's End (2012)
Symphonic Metal
Oficial
Quinto álbum da formación xermana na que seguen demostrando a súa veneración máis absoluta ós primeiros Nightwish. Ainda que a veces un empeza a pensar que tal veneración se convirte en copia cando escoita a grupos do estilo de Xandria, unha máis "Female Fronted Symphonic Metal Band" surxida a finales dos 90, pero deso xa falarei máis adiante.
Para empezar, decir que a cantante "de sempre" de Xandria, Lisa, foise en 2008 logo de que o grupo lanzase o seu anterior "Salome - The Seventh Veil", un mediocre álbum que máis ben pasou desapercibido dentro do mundo metálico, xa daquela moi saturado de grupos de gótico sinfónico con vocalista femenina. Pode que hoxe en día non vexa saír tantos grupos desa corrente porque, primeiro, foi unha moda que simplemente se saturou por sí mesma e chegou a un punto no que tantas bandas parecidas non aportaban realmente nada diferente; e segundo, que moitas bandas que levaban a batuta se decidiran máis ou menos acertadamente, por variar e evolucionar, levándose consigo moitos dos seus cegados clones. Por suposto falo de Nightwish, Within Temptation, os desaparecidos After Forever e Epica básicamente. Esto daría moito para falar, porque cada un destes grupos teñen as súas vicisitudes, pero seguirei con Xandria, que se non enróllome moito XD
Como decía, moitas bandas "clones" siguen os pasos das grandes, pero éste non é o caso destes alemanes, que se refuxian en repetir esquemas de discos de Nightwish, especialmente os últimos de Tarja na banda. Para elo contrataron a Manuela Kraller, rapaza que cumpría cos dous únicos requisitos que buscaban Xandria: ter un tono pseudooperístico do estilo de Tarja e estar jamona.
Polo demáis, eu teño que decir que tiña curiosidade por oír este CD, que sería o primeiro da banda en 5 anos, e cuias críticas polas webs o poñían como disco de Sinfónico do ano.
E bueno, o que vín foi un disco dun clon máis uns anos despois, no que se repiten os mesmos cambios de ritmo, os mesmo tipo de riffs -e incluso solos- de Emppu, uns estribillos calcados, unhas letras idénticas e un sonido igual ós dos Nightwish da época Tarja. De feito, encontrei que o sonido é o único valorable positivamente deste Neverworld's End, materia na que é probable que o fichaje para este CD por parte da Napalm Records influíse. Ata incluso teñen a típica canción con dejes folkies que tamén lles gusta tanto ós finlandeses (que ten unha bonita melodía, pero cuia progresión acaba por sonar a máis do mesmo).
Todo en Neverworld's End é Nightwish xa oído... bueno, non todo, temos a balada, que me recordou a horrores a Glory To The Brave, de Hammerfall XD
Ou sexa que o que nos encontramos aquí é básicamente música xa feita; xa sei que hoxe en día Nightwish non son o mesmo que hai anos e que non está mal ter uns segundos Nightwish que faigan o estilo que fixo famosa a esa banda, pero a Xandria fáltalles algo que lles será difícil de copiar: Tuomas Holopainen. 2/10




Intestinal - The Rottening (2012)
Death Metal
Facebook
Tema: Sensation of Death
É impresionante a cantidade de bandas de Death Metal que pariu -e ainda sigue parindo- Suecia. Intestinal é unha proba recente deste saber facer que incluso se traduciu nun localismo particular e moi reconocible deste xénero: o patrio "Swedish" Death Metal (ainda que máis localismo sería o Gothenburg Melodeath!)
Dito esto, non é difícil de adivinar por onde van os tiros de Intestinal e deste segundo disco dos suecos; Death a medio tempo, denso e sucio, moi da vella escola sueca de Grave, Entombed, Edge of Sanity, Dismember e company, ainda que tamén se pode entrever influencias de Asphyx, Autopsy, Bolt Thrower... Polo tanto, Intestinal non inventan nada novo, pero desenvólvense bastante ben no que fan, quizáis poden pecar nalgún momento de linealidade, pero The Rottening é suficientemente intenso, envolvente e cheo de bo riffin' para convencer a calquera amante do Death dos 90. Ademáis ten un sonido que acompaña moi ben ó estilo, no que hai que destacar o sonido suciamente distorsionado de guitarras e baixo.
Non é nada novo, pero engancha o suficiente. 7/10


Burzum - Umskiptar (2012)
Atmospheric Pagan/Black Metal
Oficial
Tema: Joln
Este é o terceiro disco logo da posta en libertade do odiado e aclamado Varg Vikernes. Hei de dicir que nunca fun un gran fan da música do seu proxecto personal. Recordo cándo un amigo me dera a conocer a Burzum, fora cunha cinta doble que contiña o Det Som Engang Var e Hvis Lyset Tar Oss e daquela, mediados dos 90 parecíame o máis macarra que se podía oír XD De primeiras non me gustara nada, pero a forza de oír aquela cinta e máis música extrema o Hvis Lyset Tar Oss íbame entrando "algo". Os posteriores álbumes de ambient de melodías repetitivas tampouco me fixeron gracia, así que Burzum pasoume por ser un grupo máis que non aportaba gran cousa ó meu gusto.
Nesta etapa post-carcelaria, a música de Varg volveuse máis pagana ca nunca, contendo incluso algunha melodía folky. Por certo, irrisoreo o de que non iba a coller nunca máis unha guitarra eléctrica porque era un "invento de negros" e para a súa volta, non sólo colle unha, senón que retoma algo do sonido "Black" que seguramente moitos "comerciales" aseguraban sería unha volta por todo o alto do Metal Extremo noruego. Estou seguro que este par de cousas, xunto cun libro que parece que se está a escribir (e incluso unha peli lín por ahí) lle reportou a Vikernes unhas bonitas ganancias...
Ben, falando de Umskiptar, Varg segue a utilizar un sonido guitarrero moi blacker e sucio, pero tomado desde un punto de vista moito máis tranquilo, onde hai mid-low tempo imperante cando a batería se atreve a asomarse, xa que hai numerosos extractos nos que as guitarras electricas/acústicas están acompañando ás voces solamente. A acentuación pagana é definitiva coas voces e líneas vocales de Varg, que rara vez se atreve con rasgados, deixándolle total protagonismo a cantos de voz limpia que máis dunha vez me recordou a Bathory, Falkenbach ou Vintersorg. Desde logo, o que busca Burzum en Umskiptar é atraer ó ointe que busque pezas atmosféricas, case rituales e de profundidade pagana nórdica, lonxe quedou a fiereza e agresividade blacker.
A mín personalmente fíxoseme un disco largo, que me dixo maioritariamente pouco, e que a medida que transcurre vai perdendo o interese. Ademáis, a repetición de esquemas unha e outra vez a medida que pasan os temas non vai moito conmigo, e tampouco creo que a voz limpia de Varg sexa especialmente boa, como tampouco o son as súas habilidades nos arpeggios en acústica.
Pouco interesante e demasiado longo. 4/10


Diablo Swing Orchestra - Pandora's Piñata (2012)
Avantgarde Metal
Oficial
Tema: Black Box Messiah
Sen duda, Diablo Swing Orchestra é un dos grupos máis arriscados e orixinales que saliron dentro do Metal na última década. É o típico exemplo a comentar cando alguén che dí: "xa está todo feito no Metal" (ainda mo dixeron o sábado pasado). A súa mezcla indescriptible entre Metal, Jazz, Swing, electrónica e elementos sinfónicos é digna de ser escoitada por calquera amante da música en xeral. Probablemente alguén nos oitenta, e incluso noventa que lle dixerades que hai unha banda metálica que utiliza trompetas, cello, voz operística feminina e base "bailable" de Twist ou Swing vos dixese que saldrían dun manicomio ou sonaría fatal XD Pero aquí os temos, xa co terceiro disco e botándolle narices e facendo unha conxunción de estilos moi diferentes en principio pero que se acaban cohesionando perfectamente.
Recordo ter oído a Diablo Swing Orchestra xusto cando sacaran o The Butcher's Ballroom, o debut oficial e quedarme bastante sorprendido con esa mezcla tan exótica pero á vez pegadiza. Tal vez xa non me pillara tan de sorpresa o seu seguinte álbum, e resultárame un pouco cansino incluso. Para este terceiro, a miña sensación mellora con respecto ó anterior, pero non supera o primeiro. As razóns... pode que o factor sorpresa xa non xogue ó seu favor, pero eu añadiría que excepto certos momentos repartidos por todo o disco, Pandora's Pinhata chegoume a sonar coma unha re-versión de sí mesmos en parte. É algo así coma se se acomodaran no seu estilo e na súa forma de facer temas, eso sí, moi orixinal, pero coma me pasou no anterior, esperábame algo máis. É difícil de explicar, e pode que de entender, decir que unha banda que me parece orixinal, xa non mo parece tanto, seguindo crendo que teñen un estilo moi propio, pero se non sabedes quenes son e oídes os seus tres discos en orde cronolóxico, pode que me entendades mellor. Ademáis desde a metade do disco nótase un descenso de velocidade e intensidade, que deriva nun descenso de interese que dura ata o final a pesar de que en "Of Kali Ma Calibre", penúltimo tema, encontremos ata un blasting; pena que resulte unha composición un pouco caótica.
Unha das cousas que máis me chamou a atención, por certo, foi "Black Box Messiah" e ese coro de nenos (ou de falsetes do resto da banda? XDD), recordoume a algunha intro de serie xaponesa dos 70 XD
Os suecos perden un pouco de factor sorpresa, pero seguen a ter calidade. 7/10


Moonspell - Alpha Noir/Omega White (2012)
Dark Metal /Gothic-Rock-Metal
Oficial
Tema: Lickanthrope
4 anos pasaron desde que a banda máis grande da península ibérica referente ó Metal sacaran o seu último disco, Night Eternal. 4 anos nos que os portugueses traballaron duro para sacar un doble álbum no que se propuxeron dividir a súa faceta máis extrema da súa máis melódica e gótica.
Así pois, temos por un lado Alpha Noir, que segue o legado dos últimos Moonspell, máis cercanos ó Black-Death daquel lonxano "Wolfheart", contundentes pero sinfónicos e melódicos ó mesmo tempo, e con Ribeiro demostrando o seu bo facer cos guturales. E por outro temos a vertente máis melódica iniciada en Irreligious e que explotaron completamente a finales dos noventa e principios dos 2000 con álbumes a cada cal máis fulero (miña opinión XDD).
A primeira disyuntiva que se me presenta é si esto que nos ofrece Moonspell se debería de valorar por separado ou en conxunto, xa que, a pesar de que se trata dun mesmo grupo, son dous discos bastante diferentes. Penso que irei pola orde que dicta a banda; empezando por Alpha Noir, ou sexa, o máis "escuro".
Dentro de Alpha Noir atopámonos, como dixen, uns Moonspell máis directos, máis coherentes coa liña trazada desde Memorial, cuns cuantos temas bastante bos nos que sobresalen os riffs e a crudeza, pero que non están á altura dos seus mellores álbumes. Simplemente cumplen co que un espera de Moonspell pero non enganchan tanto coma outras cousas feitas por eles mesmos.
A transición a Omega White gustoume, "Sine Missione" é unha peza instrumental e orquestal de cinco minutos que leva ó oínte sen case percatarse do lado "noir" ó "white", segunda parte que comeza cuns Moonspell sacados do Sin/Pecado e Antidote, ambientales e cun rollo de Rock gótico que polo que se vé, parecen non ter desterrado completamente.
Pode que Omega White non sexa un mal disco, pero para un servidor convírtese nun baixón, ademáis de estar repleto de referencias que xa non considero tan "made in Moonspell", con guiños, e a veces máis ca eso, ós Paradise Lost do One Second (auténtico "disco revolución" daquela época que moitos dos Doomers noventeros tomaron como adalid do sonido da nova década) e seguintes, senón oír "New Tears Eve", a Type O Negative ("White Skies"), e Sentenced ("Herodisiac"). E por suposto a todo o que foi o rollo de Rock gótico de The Sisters of Mercy e Fields of the Nephilim.
A miña valoración xeral é que ambos CDs non son o peor que sacaran Moonspell, pero desde logo tampouco o mellor nos seus respectivos campos...
Mantéñense. 7/10

viernes, julio 13, 2012

30 aniversario do Kill 'Em All con...

... con qué credes que Metallica vai celebrar o 30 cumpleanos do seu primeiro disco? Cunha edición especial del? unha destas xiras "temáticas" de Kill 'Em All que tanto se están a levar últimamente?...
Pois non! o máis do máis Metal é celebralo sacando unha línea "Kill 'Em All" das zapatillas de gafapastosos "Vans"!!! O que me leva ó que sempre ando decindo de que parece que as grandes bandas dedicidamente estanse a deixar levar polo lado máis comercial, xa que, e ahí tócalle ós fans, o gran negocio para estas bandas está no apartado extra-musical.
Xa digo que a culpa non é toda das bandas, senón dos fans delas, que parecen devorar moito máis rápido calquera merchandising relacionado con elas que incluso a súa música en sí. Esto faime recordar cando as revistas de música tiñan o seu apartado de camisetas nas dúas ou tres últimas páxinas, pero agora incluso ocupan máis da metade dunha revista "de discos" con toda clase de artiluxios, adornos, colgantes...
Eu sempre que vexo a alguén con miles de cadenas, roupa gótica carísima (porque esa moda a é!), botas inmensas e demáis.. penso; carallo, con todo o que se gastou en roupa podería comprar alomenos 100 discos! XD

En fin, volvendo a Metallica e marcas de zapatillas para hipsters neste 30 aniversario dun dos primeiros álbumes de Thrash da historia... qué baixo están caendo... pero a cuestión é que os seus propios fans se dén de conta, cousa que co paso dos anos vexo máis difícil.. porque.. teño a sensación de que "os fans son máis fans" ca nunca.

miércoles, julio 11, 2012

ZZ Top Vs Gillette


Billy Gibbons, líder de ZZ Top, ha revelado que él y su compañero de banda Dusty Hill recibieron en 1984 una oferta de Gillette de un millón de dólares (que hoy serían un 2,25 millones) por afeitarse las barbas. Ambos la rechazaron. Como dice Gibbons, “Su propuesta de verte a ti mismo afeitado frente a un espejo estaba demasiado cerca de una película de Vincent Price. La oferta no fue considerada, no había compensación posible”.

Fuente

Esto sería algo así como cortarlle as melenas a Joey DiMaio ou o rimmel a Dani Filth... norrrrl!! XDD



Hai que ver, ainda encima de que che queren vender o coche, chámante parvo ó final do anuncio XDD