domingo, junio 06, 2010

Diario dun vi-king III - Versión de Enuma Elis da 2ª creación de Mileth

Parecíame que iba deixar esta saga por un tempo co último post, pero estes días de descanso que tiven últimamente servíronme para relaxarme e intentar facer algo co programita. As ideas vánseme agolpando pouco a pouco coma nos vellos tempos e a tempada de sequía artística parece que vai pasando. Cando estou na cama volvo a ter imáxenes de riffs e melodías antes de durmir e ontes soñei que estaba falando de música con Ritchie Sambora! (non me preguntedes porqué XD, sería algo de que fai pouco estabamos falando do Rock in Rio ou euquesei).

A cousa é que como non tiñamos unha boa grabación con guitarras reales da última canción de Mileth, propúxenme facerllas eu por ordenador. Cambiei algúns riffs e incluso cambiei a base orixinal un pouco para adecuala máis ó estilo Enuma Elis. Esta canción parteu dunha idea de Marcos, que resultaba moi vikinga. A mín chegoume a recordar a Mithotyn con eses trémolos a dúas bandas. Cando a pillei, paseina polo meu filtro de EE, e creo sinceramente que saleu algo orixinal da mezcla das dúas visións musicales que temos cada un de nós.

Como dicía, non hai unha boa grabación final coa canción rematada, así que a volvín a pasar outra vez polo filtro de EE, e o resultado é prácticamente outra canción de EE. Bueno, póñoa por aquí e xa me diredes... penso que dá mellor resultado si poñedes cascos en caso de non ter uns bos altavoces, porque xa sona a ordenador a saco... coma sempre :(


jueves, mayo 27, 2010

Metal nos cines



Edito:
Las actuaciones que METALLICA, SLAYER, MEGADETH y ANTHRAX ofrecerán el 22 de junio en el Sonisphere de Sofía, Bulgaria, se retransmitirán en directo vía satélite a partir de las 7 de la tarde y en alta definición en cines Yelmo de nuestro país.

Las cuatro bandas más relevantes del metal en los 80 se juntan por primera vez sobre un escenario, para rendir un tributo a la música heavy, antes sus seguidores más incondicionales. Yelmo Cines, pionero en contenido alternativo y retransmisiones vía satélite, en directo y alta definición, ofrecerá a todos los espectadores, en pantalla grande y sonido digital, una noche única e irrepetible en la que por primera vez compartirán escenario los integrantes de Metallica, Slayer, Anthrax y Megadeth.

Después de más de 25 años y carreras por separado, las cuatro bandas convergerán sobre el escenario del Festival Sonisphere en Sofía (Bulgaria) en un concierto, de más de tres horas y media de duración, retransmitido a través de las pantallas de Yelmo Cines en todo el territorio nacional.

A continuación tenéis la lista de las salas participantes en la retransmisión:

Yelmo Cines Islazul, Plenilunio, Ideal y Tres Aguas - MADRID
Yelmo Cines Icaria y Sant Cugat - BARCELONA
Yelmo Cines Imaginalia - ALBACETE
Yelmo Cines Puerta Alicante - ALICANTE
Yelmo Cines Espacio Coruña y Vigo - GALICIA
Yelmo Cines Los Prados y Ocimax - ASTURIAS
Yelmo Cines Megapark y Gorbeia - PAÍS VASCO
Yelmo Cines Plaza Imperial - ZARAGOZA
Yelmo Cines Berceo - LOGROÑO
Yelmo Cines Plaza Mayor - MÁLAGA
Yelmo Cines Gran Plaza-Roquetas - ALMERÍA
Yelmo Cines Área Sur - JEREZ

Entradas ya a la venta en las taquillas de los cines o en el 902 22 09 22


Fuente: Only Heavy Metal

lunes, mayo 24, 2010

Diario dun vi-king II - Fin da Tempada



Bueno, o prometido era deuda, así que aquí vos traio algunha cousa relativa á 1ª temporada de Mileth. Digo 1ª temporada porque o local da Uvigo pecha as súas portas ata o vindeiro ano académico, ou sexa, setembro ou outubro. Ata esa non sei moi bén cómo faremos. Eu de momento, necesito un par de semanas para as miñas cousas, así que non volverei a facer un novo Diario de vi-king de momento.

Ben, este último ensaio do viernes non resultou nada mal, unha pena porque íbamos polo bon camiño agora que hai que parar. Tal vez o punto negativo fose o meu, a miña guitarra tiña as 2 últimas cordas un chisco desafinadas e desluceu un pouco o bon traballo dos outros, eu creo. Ademáis como a miña guitarra se oía por encima de todo, todos e cada un dos fallos (que non son poucos a falta de máis práctica XD) se percibían o triple.
¡Para a próxima subídevos todos os vosos volúmenes!!

Ben, coma xa pasara da outra vez que puxemos unha cámara, o sonido dos teclados sona moi de fondo e a batería sona a cacharro (máis que alí no medio en vivo). Tal vez teríamos que ter posta a cámara noutro lado ou dirixir os bafles polos que salía o sonido do ordenador noutra dirección.
Bueno, antes puxera Mourning Palace, así que agora poño outra diferente. Que ninguén se me queixe de que sonan máis unhas cousas ca outras porque xusto 4 pasos máis adiante sonaba diferente XD
E sí... teño que comprar unha guitarra decente que non sone a raios XD

Aparte desta versión de Stormlord, tería que falar do realmente importante, que é a música propia. Como xa dixen antes, a cousa de vernos 2 veces por mes non axuda demasiado, e o de falar por internet tampouco, así que o traballo queda moitas veces para cando nos xuntamos en real.
Ainda así tentamos que sone traballando cada un polo seu lado, así entre un e outro ímonos pasando archivos por internet, e modificando cousas e volvendo a pasar e volta a modificar e pasar. Traballo de chinos.
Ó final damos feito para sacar versións máis ou menos audibles para guiarnos nosoutros mesmos. Desde logo non son versións definitivas porque non sonan ben e porque case que ainda estamos a modificalas cada pouco tempo (en pequenos detalles, o grueso xa está asentado). Entón, ata o de agora temos 2 propias, a primeira, que se chama Ith (6:05) con letra de Marcos, e a segunda, chamémoslle "dúas" (5:45 máis ou menos), ainda sen nome e sen letra.
Vou deixar que as oiades un pouco, de dúas formas distintas.
"Ith", versión demo, sen as voces, pequenos extractos desperdigados.

"Dúas", un pequeno extracto de 1:30 para saber cómo queda con guitarras, e a canción enteira tal e como a fun facendo eu na casa con batería-baixo-teclados.


Así polo menos si hai alguén que lle gustara quedarase co intríngulis de cómo sonaran enteiras e completas... no caso de que lle guste a alguén.. claro TT
E ata aquí foi todo, o futuro dirá cándo, cómo e dónde nos volveremos xuntar agora que o local pecha, chega o vrao e los muchachos descansan y van de pendejos ás verbenas. Tempo de parada, pero sólo en principio, porque penso que entre Marcos e mais eu algo seguiremos facendo.
Como despedida, un bonito retrato noso cunha fermosa panorámica da vida agreste que tanto nos justa.



domingo, mayo 23, 2010

Santiago imperial


Non puiden finalmente ir, pero houbera dado gusto ver ós soldados imperiales desfilar polas cochambrosas calles de Santiago. Digo cochambrosas porque non sei se sabedes que hai folga de empleados da limpieza e parece ser que o centro ule a gloria!
De todos xeitos parece que a cousa foi un éxito, e xuntáronse máis de 10.000 personas para celebrar o trixésimo aniversario de "O imperio Contraataca".
Habería uns tropecentos darth vaders, outros tantos jedis e Leias... pero bueno, supoño que eso tanto dá e a cousa era pasalo ben :D
Ademáis, uns gaiteiros, non demasiados, a verdade, entonaron a marcha imperial ante os miles de flashes e cámaras grabando. Estaría moito mellor si foran máis, pero...

Aquí van algúns videos que foron subindo a Youtube.
Óllo ó momento final deste, con Darth Vader intimando coa Princesa Leia XD





Mientras un grupo de gaiteros interpretaba la Marcha Imperial, Darth Vader pasó lista a las tropas y lanzó su mensaje, en la voz de Constantino Romero, doblador para España del personaje. "El Imperio sabrá recompensar vuestros esfuerzos", exhortó a los compostelanos.


Fuente
Fuente 2

jueves, mayo 20, 2010

Hai algo que se move aló arriba...

... que obviamente non se move tanto por acó abaixo...
Recén salidos, directo ó número 1 en Finlandia chega o novo album de Stam1na, grupo bastante popular por terras finesas, ainda que non tanto polo resto de Europa, supoño que cantar no seu idioma natal xogará na súa contra. Oíralles o disco do 2006 e gustárame bastante, tal vez non lle pillei o punto a "Raja", o seu do 2008, que durou pouco nos meus oídos. Agora estou a punto de coller con non demasiadas boas perspectivas o seu novo traballo logo de oír as cancións dos videos, inda así haberá que darlles unha oportunidade.

Como dixen, "Viimeinen Atlantis" entra directo ó nº 1 no chart finlandés, certificando disco de ouro por vender 15.000 copias


Aquí tamén podedes ver o seu último video, recién salido do forno, "Rikkipää"


Por outra banda, os noruegos Keep of Kalessin chegan na súa primeira semana ó número 2 das listas do país! Dándolle cun canto nos dentes a todos os que vaticinaban que era un grupo que forxou o seu propio descenso ós infernos ó adentrarse na aventura eurovisiva... e ainda encima salirlles mal, supostamente "perdendo a proxección internacional que buscaban e perdendo ós fans que tiñan ó sacar unha canción que deslucía bastante o seu pasado musical". A mín, personalmente, "The dragontower" non me parecía tan mala canción, o que sí, tal vez non para un grupo coma Keep of Kalessin, pero parece que a experiencia non lles foi finalmente mal se conseguiron vender nos primeiros días ata chegar ó número 2!
Teño que decir que "Reptilian" non está nada mal, moi progresivo e con cantidade de cambios e rexistros, pode que "The dragontower" sexa a canción que máis desentona con respecto ó resto.

lunes, mayo 17, 2010

DEP Dio

Estes días verás 500 veces as imáxenes da celebración do Barcelona, outras tantas as dos ultras imbéciles destrozando cousas e collendoos para metelos na carcel (onde deberían permanecer unha temporadiña amén de pagar todos e cada un dos destrozos causados que finalmente pagará o erario público, ou sexa tí, que estás lendo esto, indirectamente estás pagando polo semáforo que aquel gilipollas que viche pola TV estaba pateando no suelo), tamén verás outras tantas veces o Zapatero intentando decir que "tiveron que decidir un recorte drástico", tamén oirás falar dos sindicatos que se van que non se ván á calle como bos insolidarios coa situación que temos, do torero "X" que é moi valiente a pesar de que lle deron unha cornada que casi o deixa frito, do desfile de moda talcual que lle dá por saco á maioría da población, pero como os gurús da moda que están detrás deso pagaron porque salira no "apartado cultural" das noticias, ahí temos todos os días a consecuente nova do "que se leva ou no", e por supuesto oiremos falar .. outra vez... nos 20 minutos que os telediarios otorgan ó fútbol (que non deporte) de que ó CR09 se lle caeu unha bota ou que lle deu un cariñito a Guti.
Pero poido apostar, que ó igual que non se lle deu cobertura ningunha na TV á morte dun dos xenios artísticos do siglo XX como é Frank Frazetta, tampouco se lle dará a outro xenio doutra parcela artística como é a música: Ronnie James Dio.
DEP
Neon Knights (nun dos seus últimos concertos en vida)

viernes, mayo 14, 2010

Día das letras galegas

E consecuentes mini-vacacións :)

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.

Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".

Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.


Máis de 40 anos despois, celebrados días e dias das letras galegas, normalizada ou en camiño de normalizarse a situación cultural do noso Pais, é bo momento para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros (dos "SEÑORES DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías e minimos anacos da obra, para deixar constancia da honra que merecen estes galegos sobranceiros.

Comezamos con palabras de Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), que lembra aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente.

E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.


Xa este primeiro ano se editou un libro, unha edición critica de CANTARES GALLEGOS realizada por Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinaria, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambentes populares.

Despois -a partir de entón- fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas adicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas, e hoxe está nun momento en que parece que responde xa ó que pretendiamos todos: Que a festa das Letras Galegas teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambentes minoritarios senón nos ambentes do pobo".


Texto do libro "Os Señores da Palabra". Editorial Ophiusa. Lugo. 1993


http://www.diadasletrasgalegas.com/