lunes, mayo 20, 2013

Diario de Enlil: Delirium Tremens

Volvo por esta sección para mencionar unhas poucas novas.

A primeira é que este verán conto que haxa nova demo de Enuma Elis. Imos con algúns detalles:
- O nome que levará será Delirium Tremens.
- Estará composto por 8 temas.
- Dentro dos 8 temas haberá 2 novos, aportacións para cada unha das bandas nas que estiven, tanto Herexía coma Mileth, un tema cantado e temas desbotados e antigos.

Con respecto a Mileth, podedes comprar desde xa a demo que grabamos no 2012, onde un servidor fai o que pode coa guitarra. É unha demo grabada con medios moi caseros, así que non é nada profesional nin nada relacionado co tema que estaban grabando nos estudios do Vigosónico.

Con respecto a Herexía, recórdovos que o Xoves 23 estarán facendo o seu segundo concerto, e primeiro coa nova formación, teloneando ós mexicanos D.E.A. no Frenopátiko.
Ademáis a banda prevé un concerto nos "Castroconcertos" para o Sábado 15 de Xunio.
Como prometera no anterior post, xa está lista a letra do seu seguinte tema de mans dun servidor, e aquí vola deixo(agora veremos se a aceptan e a dan cantado XD, pero foi o que eles me pediron):

Oli aeg kui metsad põgenesid
Maadelt kust suits ükskord lendu tõusis
Järvedelt kus härjapõlvlane jälle varjus
Väljadelt kus rukkill appi karjus

Rebi puruks maod kes magavad Suure Tamme juurtes
Raiu kulli verist nokka selle oksal istudes
Iidse maa taas viljakaks muuda, hiiekivid tagasi too
Veena hiisi et tagasitulek kirjutet on saatuseloos

Lugh' oda
Erra tahvel
Thori vasar
Taara kõu

Ei sa embusest põgene
Allmaailma embusest, mille toovad Suure Tamme juured
Su ristid ja mõõgad toovad vaid vihma ja pilvi
Vaiksesse videvikku kus meie mälestused puhkavad

Ei sa sünguse eest põgene
Mis looritab Hiiela maid ja pikse taevast
Iidse ämbliku koivad
Paganliku metsa sarved

Lugh' oda
Erra tahvel
Thori vasar
Taara kõu

domingo, mayo 19, 2013

Thyreos - I Don't Live To Fail (2012)

Thyreos - I Don't Live To Fail (2012)
Hard Rock / Melodic Power Metal
Oficial
Sempre me pasa, cada vez que me digo "joer é que non hai unha banda que me chame a atención" cando escoito Power Metal, de entre as sombras sale algunha sin ningún tipo de promoción e de historia que me fai pararme e pensar que sólo hai que rebuscar un pouco para descubrir xoias coma Eternal (of Sweden) ou Thyreos (curioso, que ambas veñan de Suecia, terra fértil de grandes bandas de Rock duro).
Neste caso Thyreos non é que faigan algo extremadamente orixinal; unha mezcla entre Hard Rock, AOR, Heavy Metal e Power Metal europeo, que parte dunhas influencias clásicas e ochenteras, pasadas por un filtro de Power noventero e cunha producción dos 2000 moi profesional, como cabe esperar dunha banda escandinava. A inclusión de diferentes tipos de teclados, desde sinfónicos a modernos e a AORianos axuda a esta difícil clasificación de Thyreos, pero tamén axuda a recrear unha escoita altamente disfrutable e heteroxénea dentro do que os estilos citados o permiten dentro dun mismo grupo.
Realmente Thyreos pode non decir moito novo, pero o que fan, fano á perfección. Dentro de I Don't Live to Fail encontrarémonos composicións maioritariamente cortas, duns 3-4 minutos, de gran traballo instrumental, gran voz e grandes líneas vocales que derívan en estribillos adictivos coma os de "Follow the Road", "Overdrive", ou a que dá título ó álbum "I Don't Live to Fail". Ademáis o equilibrio entre temas duros e lentos nótase ben pensado, polo que eu diría que se vos gustan grupos do estilo de Masterplan, Jorn, Firewind ou Axel Rudi Pell, lle deades unha escoita o máis rápido posible a Thyreos. Desde logo se fora o seu primeiro disco non dudaría en situalo entre os grandes debuts do 2012. 8/10

viernes, mayo 17, 2013

Interrogantes de Metal - Cuán Metal?

¿Existe o Metal acústico? ou ¿é necesario e imprescindible ter elementos eléctricos para ser definido un grupo como Metal?
En outras palabras, ¿cousas como ésta é suficientemente METAL (yeh)?


Tamén tiña pensado añadir În pîntecul pămîntului de Syn Ze Sase Tri, pero eliminaron o video.

martes, abril 30, 2013

Cosecha de Ghost

Xa non sei se chamar a esta sección "cosechas de", xa que cada día os grupos me sorprenden máis coas cousas que venden. Xa non sólo está a moda do viño/cerveza, senón que hai bandas con imaxinación coma Ghost, que puxo á venta baixo o seu nome nada menos que papeles de divorcio, xoguetes sexuales ou un consolador coa cabeza do frontman no seu novo pack "especial"!

"Ghost have unveiled a particularly ludicrous and, let’s be honest, brilliant new box set featuring, among other things, Ghost-approved sex toys. Yup.
The Swedish occult rock kings – whose new and most excellent album Infestissumam is out now – have done a bit of a Rammstein, although we can’t confirm if one of the items included in particular is modelled on Papa E’s own wang."

Fuente

lunes, abril 22, 2013

Diario de Enlil: O regreso

Ben, como vistes, o período de Diario dun Viking rematou coa miña marcha dos grupos nos que estaba, grupos nos que mo pasei moi ben e que en parte seguirán sendo "meus" ainda que non esteña con eles físicamente.

Pero este fin de ciclo non implica que me desligue totalmente do mundo da música.

Así que en principio decidín cambiar o nome de Diario dun Viking para acentuar dúas épocas totalmente separadas, e elexín o nome de Enlil coma para recalcar que é algo máis personal, xa que Enlil é o nickname que elexín hará coma 10 anos (ainda que haxa xente que me chame Enumaelis, cousa que me asombra de vez en cando XD Xusto antes de irme de Vigo veume un rapás duns 18 anos que nunca vira coma sorprendido "tú eres enumaelis non??" XD sentinme case popular e todo.. non sei se para ben ou para mal :S).

Bueno, vou empezar esta nova sección con un par de novas:

- A primeira é que ontes comecei de novo a compoñer música para Enuma Elis. Mesmo programa, mesmo sonido, máis Death, máis Black, máis folkie e máis Gothic-Doom que nunca. O tempo dirá se me poido permitir un día usar unha guitarra para grabar algo (ainda que o dudo, porque a falta de tocar pasa factura demasiado rápido e xa non dou pé con bola).

- A segunda é que Herexía, unha das bandas nas que estiven e participei máis activamente como compositor e letrista, non queren que me vaia de todo, e propuxéronme seguir activo dalgunha forma con eles. Tal vez poida colaborar nalgunha pseudocomposición corta para algo moi concreto que ainda nin sequera me aclararon, pero de momento poido decir que xa teño o 95% da letra da súa seguinte canción. Cando a remate posteareina por aquí. 

Falando un pouco de Herexía, recórdovos que o 23 de Maio estará tocando no Frenopátiko teloneando ós Deathgrinders mexicanos D.E.A.
Será o segundo concerto da historia de Herexía e o primeiro coa formación nova.
¡Que alguén me grabe algún video ou que me poña a cámara web para velo en streaming! XD
Evento en Facebook

Pola parte de Mileth, podedes ver nas actualizacións do seu facebook que están grabando en plan profesional nos estudios do Vigosónico (era hora de que deixaran de pillar polvo) o tema máis largo que posúe a banda: "...e na novena onda, caeron os deuses".

Podedes ver fotos do proceso de grabación na súa páxina tamén de Facebook (ah qué faríamos sen Facebook!)

Falando un pouco do que andiven a facer no meu tempo libre por aquí, tiven un par de Jam sessions divertidas. A primeira cun grupo de Rap-Rock composto por membros dun dos grupos máis famosos de Estonia, Põhja-Tallinn. Este grupo tamén se fixo popular afóra do país por estar entre os finalistas no concurso de Eurovisión con este tema
Penso que a cousa non cuajou porque non eramos estilos moi compactibles. Ademáis as súas pretensións polo que puiden ver son extremadamente altas... creo que cando hai este tipo de pretensións a cousa non acaba de ir ben. No ensaio trouxeron un "dos mellores baterías de Estonia", que parece ser que veu atraído pola idea de que houbera membros do grupo mencionado para logo saltar á fama local como telonero ou algo do estilo. O tipo era realmente moi bon, pero moi novo e demasiado "estrella", con aspiracións extremadamente altas, acordes ó seu "nivel". Foi extraño, porque os últimos 30 minutos de ensaio, o tipo pasouse o tempo facendo solos de batería e tocando cancións country unha tras outra cunha guitarra acústica que encontrou no local, facendo que o resto de xente que estaba presente case non fixera outra cousa que mirar para él. 
Moi bo, pero cunha actitude algo narcisista. 
De todos xeitos foi curioso, ainda que non creo que os volva a ver XD (eu non fun quen quixen facer ese ensaio, un amigo empuxoume a ir). 

Logo a jam realmente divertida foi cando me xuntei con 3 amigos que teño desde hai 5 anos en Tallinn. Teñen un grupo, pero o tempo non lles permite ensaiar case nada. Un está na armada, outro traballa a barrer, e o outro... o outro dedícase a beber e mirar básicamente XD porque non sabe tocar nada.
Extrañoume que non tiveran temas propios. O único que fixeron nas 2 ou 3 horas de ensaio foi versionear cancións de Metallica, grupo absolutamente fetiche dos 3. 
Toquei algo, e xa notei o extremo retroceso de non coller unha guitarra en 2 meses, pero cun pouco de ruído e cervezas xa se amaña un bo rato. 
A estes sí que os verei próximamente, así que alomenos unha vez cada par de meses poderei exercitar algo a muñeca XD

domingo, abril 21, 2013

Black Metal Song Creator - A aplicación definitiva

Apple lanza nada máis e nada menos que unha aplicación dedicada a todos os Trve Blackmetaleiros do mundo: o Black Metal Song Creator. 

Segundo as propias palabras dos diseñadores:

Description

Easily create your own black metal songs with Black Metal Song Creator. Whether you're a beginner with no musical knowledge or an experienced musician, this app is for you. Great for instantly creating songs, quickly generating new song ideas, making backing tracks, or connecting to a guitar amp to make drum tracks to play along to. Export your songs to your computer or recording device to start your own black metal band (Additional equipment required. Instructions inside app.).

Features:

• 40 guitar chords with 5 different note types (whole, quarter, etc.)
• 45 drum loops with 2 different drum kits
• 14 choir and string chords, with 2 different octaves
• 4 tempos: 100, 120, 140, and 160 BPM
• 120 bars per song, with 4/4 time signature
• Save up to 100 songs
• Export to external device (other equipment required)

Created and recorded by symphonic black metal band Epicland, maker of iPhone app “Epicland's Black Metal Backing Tracks and Drum Loops”

Works best for iPhone 5 and iPad 3rd generation and up.

Ainda non o sabemos, pero hai rumores de que Cradle of Filth se fixera coa patente hai anos.








sábado, abril 20, 2013

Cosecha? de fastfood

Non tardei moito en encontrar algo parecido ó que decía no anterior post de "Cosecheros" sobre que agora habería grupos que sacarían o seu kit de coitelos 100% acero ou o kilo de carne gore para asar ás brasas...

Neste caso é a nova da Hamburguesa Zakk Wilde!
Como oídes... o ex-guitarra de Ozzy aliouse coa cadena Grill 'Em All para crear a Berzeker Burguer

"Berzerker Burger; a monstrous burger with two blackened half pound patties, Eagle Rock Solidarity battered onion rings, white truffle pomme frites, chipotle ketchup, cheddar, and thick cut bacon all smothered in chili."

Ainda que parece que neste caso, esta cadena está orientada hacia o Metal, xa que anteriormente xa traballou para outros rockeros:

"Grill 'Em All has honored many hard rock and metal legends on their menu — such as Dee Snider, BEHEMOTH, and NAPALM DEATH — but this is the first collaboration of its kind."

Fuente