lunes, abril 22, 2013

Diario de Enlil: O regreso

Ben, como vistes, o período de Diario dun Viking rematou coa miña marcha dos grupos nos que estaba, grupos nos que mo pasei moi ben e que en parte seguirán sendo "meus" ainda que non esteña con eles físicamente.

Pero este fin de ciclo non implica que me desligue totalmente do mundo da música.

Así que en principio decidín cambiar o nome de Diario dun Viking para acentuar dúas épocas totalmente separadas, e elexín o nome de Enlil coma para recalcar que é algo máis personal, xa que Enlil é o nickname que elexín hará coma 10 anos (ainda que haxa xente que me chame Enumaelis, cousa que me asombra de vez en cando XD Xusto antes de irme de Vigo veume un rapás duns 18 anos que nunca vira coma sorprendido "tú eres enumaelis non??" XD sentinme case popular e todo.. non sei se para ben ou para mal :S).

Bueno, vou empezar esta nova sección con un par de novas:

- A primeira é que ontes comecei de novo a compoñer música para Enuma Elis. Mesmo programa, mesmo sonido, máis Death, máis Black, máis folkie e máis Gothic-Doom que nunca. O tempo dirá se me poido permitir un día usar unha guitarra para grabar algo (ainda que o dudo, porque a falta de tocar pasa factura demasiado rápido e xa non dou pé con bola).

- A segunda é que Herexía, unha das bandas nas que estiven e participei máis activamente como compositor e letrista, non queren que me vaia de todo, e propuxéronme seguir activo dalgunha forma con eles. Tal vez poida colaborar nalgunha pseudocomposición corta para algo moi concreto que ainda nin sequera me aclararon, pero de momento poido decir que xa teño o 95% da letra da súa seguinte canción. Cando a remate posteareina por aquí. 

Falando un pouco de Herexía, recórdovos que o 23 de Maio estará tocando no Frenopátiko teloneando ós Deathgrinders mexicanos D.E.A.
Será o segundo concerto da historia de Herexía e o primeiro coa formación nova.
¡Que alguén me grabe algún video ou que me poña a cámara web para velo en streaming! XD
Evento en Facebook

Pola parte de Mileth, podedes ver nas actualizacións do seu facebook que están grabando en plan profesional nos estudios do Vigosónico (era hora de que deixaran de pillar polvo) o tema máis largo que posúe a banda: "...e na novena onda, caeron os deuses".

Podedes ver fotos do proceso de grabación na súa páxina tamén de Facebook (ah qué faríamos sen Facebook!)

Falando un pouco do que andiven a facer no meu tempo libre por aquí, tiven un par de Jam sessions divertidas. A primeira cun grupo de Rap-Rock composto por membros dun dos grupos máis famosos de Estonia, Põhja-Tallinn. Este grupo tamén se fixo popular afóra do país por estar entre os finalistas no concurso de Eurovisión con este tema
Penso que a cousa non cuajou porque non eramos estilos moi compactibles. Ademáis as súas pretensións polo que puiden ver son extremadamente altas... creo que cando hai este tipo de pretensións a cousa non acaba de ir ben. No ensaio trouxeron un "dos mellores baterías de Estonia", que parece ser que veu atraído pola idea de que houbera membros do grupo mencionado para logo saltar á fama local como telonero ou algo do estilo. O tipo era realmente moi bon, pero moi novo e demasiado "estrella", con aspiracións extremadamente altas, acordes ó seu "nivel". Foi extraño, porque os últimos 30 minutos de ensaio, o tipo pasouse o tempo facendo solos de batería e tocando cancións country unha tras outra cunha guitarra acústica que encontrou no local, facendo que o resto de xente que estaba presente case non fixera outra cousa que mirar para él. 
Moi bo, pero cunha actitude algo narcisista. 
De todos xeitos foi curioso, ainda que non creo que os volva a ver XD (eu non fun quen quixen facer ese ensaio, un amigo empuxoume a ir). 

Logo a jam realmente divertida foi cando me xuntei con 3 amigos que teño desde hai 5 anos en Tallinn. Teñen un grupo, pero o tempo non lles permite ensaiar case nada. Un está na armada, outro traballa a barrer, e o outro... o outro dedícase a beber e mirar básicamente XD porque non sabe tocar nada.
Extrañoume que non tiveran temas propios. O único que fixeron nas 2 ou 3 horas de ensaio foi versionear cancións de Metallica, grupo absolutamente fetiche dos 3. 
Toquei algo, e xa notei o extremo retroceso de non coller unha guitarra en 2 meses, pero cun pouco de ruído e cervezas xa se amaña un bo rato. 
A estes sí que os verei próximamente, así que alomenos unha vez cada par de meses poderei exercitar algo a muñeca XD

3 comentarios:

Férenac dijo...

No pierdes el tiempo eh! Sigue así =D

Adrian P.F. dijo...

Está ben ler iso! Algo hai que facer! Tamén certo o do nick, de feito a marta e máis a min casi nos sale máis fácilmente "Enumaelis" que calquera outro nome xD O cal acaba degenerando en "Emanuelis" xDD

Oneiros

Enuma Elis dijo...

Gracias a ambos!
Jajaj emanuelis! de momento chamáronme "Masuma" e "Esuma" (pola forma que teño de poñer as "E" como "sumatorios" dentro dos CDs), pero Emanuelis nunca XDD