viernes, noviembre 09, 2012

Microreviews Novembro'12 - I

Picture - Warhorse (2012)
Heavy Metal
Oficial
Picture é unha desas bandas que tiveron certa repercusión nos 80, pero que a década dos 90 e o declive do Heavy Metal e Rock clásico lles pasou unha factura que supuxo a disolución temporal da banda. Coma moitas outras, nos 2000 estes holandeses deciden reunificarse para volver a tentar o mercado agora que o Heavy Metal goza de mellor popularidade. Así, sacan Old Dogs New Tricks en 2009, que pasaría bastante desapercibido, e neste 2012, Warhorse.
Hei de dicir que non oía nada deles desde case que era neno, tendo como único referente cercano a versión de Hammerfall do seu tema mítico "Eternal Dark", pero deso xa hai case que 15 anos!
Non tiña nin idea de que volveran, por eso me supuxo unha sorpresa encontrarme cun disco deles a estas alturas. E teño que dicir que non empeza nada mal, "Battle Plan" e, ainda que un escalón por debaixo "Shadows of the Damned" son uns bos cortes de Heavy tradicional, nótase unha producción máis "groovie" e moderna que non desencaixa co sonido tan clásico que conservan os holandeses. Pero a partir de ahí o disco vai sufrindo de temas bastante do montón, que me fixo recordar o porqué de que esta banda nunca terminara de sobresalir no panorama Hard'n Heavy ochentero. Ó final de Warhorse temos uns poucos temas que están bastante ben: ós dous primeiros añadiría "Killer in my Sights" e "War Horse", e logo uns cantos mediocres. En términos xerales, quédase como un disco máis e quizáis un tanto lineal.
Se hai algún fanático de Saxon, Dio ou Judas dos 80,  poderá gustarlle Warhorse, pero non creo que sexa o mellor que Picture fixeran. 5/10




Pandemonium - Misanthropy (2012)
Post Black/Death
Oficial
Tema: Stones Are Eternal
Cando oín o primeiro tema de Misanthropy, realmente pensaba que os polacos Pandemonium non me iban gustar en absoluto, pero foi co tempo e escoitas que lles fun pillando o gusto ata o punto de ser un dos discos que máis me gustaron do que vai de ano. Certo é que a parte vocal sigue sin convencerme, xa que parece que o cantante estea pasando por unha mala dixestión e se fose a vomitar a algún recuncho do estudio ou que tente ensinarnos cómo era a lingua do home das cavernas, pero por algún motivo ata finalmente me acostumbrei a tan estrambótica voz e véxoa cohesionada co ambiente entre malévolo e psicodélico que tan ben recrean Pandemonium. Certos dejes a Satyricon, arpeggios disonantes e o Black a medio tempo recordáronme ós seus compatriotas Morowe, unha das mellores bandas surxidas no mundo do Black nos últimos anos, e inxustamente olvidada. Se lle añadimos ingredientes étnicos e voz feminina facendo certos coros moi acertados, esto faime pensar en Pandemonium coma unha firme promesa do Black contemporáneo e misántropo.
Black Metal opresivo no que a atmósfera o xoga todo, e que por extraños motivos resulta altamente adictivo. Daría unha boa banda sonora para o Exorcista. 8/10

Knock Out Kaine - House Of Sins (2012) 
Hard Rock 
Oficial
Tema: Time
Ganando o premio da Kerrang UK do mellor directo en 2008, os británicos Knock Out Kaine (cocaine?) déronse a conocer para o mundo do Hard Rock. Sen embargo non sería ata despois de telonear a bandas como Adler's Appetite ou os Where Angels Suffer, de Chris Holmes cando se decidiron a grabar nun estudio o seu primeiro LP, este House of Sins.
A verdade é que vendo as pintas dos rapaces, un case pode adivinar cál é o estilo de Knock Out Kaine sen nin sequera poñerse co CD. House of Sins destila Hard ochentero americano, personificado nos miles de grupos que tiñan por bandas fetiche as mesmas e que rara vez sobrepasaban a raia do que elas facían, nin creativa, nin compositivamente. Parecían ser clones perfectos en busca dun tema que os lanzase ó estrellato aupándoas ó mercado daquela pletórico do Rock.. Talkdirtytomehem...
Hoxe en día o Hard Rock non move tantas masas con grupos pequenos, ainda que sí que o sigue a facer con grandes vidos a menos do estilo de Guns'n Roses ou Aerosmith e apostaría a que ata un grupo tan mediocre coma Poison o conseguiría.
Knock Out Kaine apostan por repetir esquemas, os mesmos que centos de bandas repetiron hai 30 anos, e dentro do que cabe non o fan mal, é dicir, pasarían por un clon audible dos daquela. Creo que a todo seguidor do Hard-sleaze ochentero do tipo dos grupos mencionados xunto con Cinderella, Whitesnake, Warrant, Extreme e demáis lles poderá gustar. A un servidor, este estilo, ó que os británicos non varían un ápice -salvo algún matiz máis noventero- nin otorgan ningún toque propio, parécelle demasiado machacado a estas alturas. 5/10

Geoff Tate - Kings & Thieves (2012)
Alternative Prog-Rock
Ainda que Geoff Tate tiña sacado un disco anterior que data do 2002, non teño consciencia de telo oído, pero xa me intuía cómo sería vendo a dirección de Queensrÿche desde o Empire.
Logo do gran lío que se montou este verán coa salida de Geoff da súa banda de sempre, este Kings & Thieves parecía coma unha vía de escape para o cantante, que estivo loitando polos dereitos do nome Queensrÿche ata o final, e menos mal que non a levou consigo, porque o que queda claro é que o estilo da banda iba tirando hacia o que él quería, que era xustamente Kings & Thieves. E penso que a maioría de fans pensaba que Queensrÿche estaba cavándose unha tumba ainda máis profunda logo de que nos 90 xa empezara a hundirse, con lanzamentos tan rematadamente malos coma Dedicated To Chaos ou American Soldier.
Kings & Thieves é o irmán menos progresivo de Dedicated To Chaos, é decir; é unha especie de Rock alternativo-Hard Rock a medio tempo -case sempre o mesmo medio tempo-, bastante aburrido e con pouco que ofrecer. De vez en cando arreglos electrónicos "amenizan" o pasar dos temas, e a pesar de que a voz de Geoff me gustou moito no seu día, agora nótase en horas baixas, con rexistros máis graves, aportando unha línea máis Pop-Rock, esforzándose por recrear pasaxes que non chegan ó oínte, en temas que tampouco chegan. 
Resultoume soporífero. 2/10

Obscurcis Romancia - Theatre of Deception (2012)
Extreme Gothic Metal
Ainda que éste é o debut desta banda canadiense, os Obscurcis Romancia naceron hai máis dunha década na cidade de Québec. Ignoro de qué trataban aquelas primeiras demos, pero desde logo este Theatre of Deception é todo un homenaxe ós primeiros Cradle of Filth, pero engandindo moitos arreglos de música clásica, entre o que destaca o piano, prácticamente omnipresente. A pesar de que a carga de melodía a leva él, os de Canadá non se deixaron levar pola comodidade de sacar líneas clásicas para ser acompañadas dunha forma simple polas guitarras, senón que cada un dos temas está cargado de riffs, cambios de tempo e certo aire avant-garde/progresivo na sección rítmica que me fixo recordar a outros compatriotas seus: Unexpected. 
Agora ben, o malo é que todos os temas están sobrecargados, e ademáis son largos, case todos rondando os 8-10 minutos, polo que a veces quedarse con algo resulta unha ardua tarea. É unha pena, porque a música de Obscurcis Romancia nótase moi traballada, e oíndo tema a tema case que é seguro que te podes encontrar con algunha parte que sona moi ben (se eres amante do estilo), pero é un disco ó que habería que darlle moitísimas escoitas para sacarlle todo o jugo, tal e como me ocorre con Unexpected, e esto non o vexo como algo positivo. Un grupo ten que saber tamén cándo parar un pouco coa excesiva experimentación, cambios ou metraxe, e a hora e pico de Theatre of Deception é excesiva, vendo que xa dentro dos temas a complicación e densidade é considerable. Ó final un quédase cun amasijo de cousas, que sonan ben, pero que é un amasijo, e é unha pena.
Hai traballo e de calidade, lástima que non se souberan medir, senón sería un dos discos de Metal sinfónico do ano. 6/10

miércoles, noviembre 07, 2012

Microreviews Octubre'12 - Os demáis

Black Shadow - …Сквозь Чёрное Пламя Молоха… (2012)
Black Metal
Oficial
 Desde Rusia, o dúo Black Shadow practican un Black Metal ortodoxo e á vella usanza, moi influenciado pola escola escandinava de mediados dos 90. Influencias claras son Satanic Warmaster, Dark Funeral, Urgehal, Azaghal, ou Gorgoroth. E penso que con esto está todo prácticamente dito: Black moi rápido, con poucas concesións á melodía, que sona típicamente noventero e que ten unha producción bastante aceptable. Riffs malvados e clásicos se xuntan cunha batería sampleada, que se non che dicen que a é non te dás de conta, unha boa voz e suficiente variación entre temas fan que este octavo disco de Black Shadow non destaque excesivamente pero sí cumpla co seu cometido, aportando mala leche, satanismo e agresividade dunha forma amena. 7/10

Embassy of Silence - Antler Velvet (2012)
Gothic Heavy Metal
Oficial
Tema: Unconverted
Pareceume oportuno añadirlle un "Heavy" á descripción da música que fan estes finlandeses, xa que, a pesar de contar con líneas vocales bastante típicas do Gothic Metal de cantante feminina, teñen una base rítmica potente e interesante. Ademáis hai algún arreglo que tira máis do Progresivo, cousa que valoro positivamente xa que unha batería variada, un cambio de tempo inesperado ou un punteo de guitarras dobladas con gusto a veces pode salvar unha canción.
Este Antler Velvet recordoume ó último disco de Within Temptation, pero máis heavy e menos rock-pop mezclado cos últimos Sentenced. É decir, aquí hai riffs -esto vai polos Temptation-, algún solo e capacidade suficiente para facer temas redondos. Tamén hai influencias dos últimos Sirenia e Tristania, pero bueno, ó final é o de sempre; a pesar do bo facer da banda a nivel técnico e de producción, o malo é que tampouco é que aporten demasiada novidade. Eso sí, diría que estan por encima da media.
PD: moloume o extracto do coche fantástico que colaron na metade de "Unconverted" XD  6/10

Israthoum - Black Poison and Shared Wounds  (2012)
Black Metal
Black Metal bastante ortodoxo e misántropo é o que nos ofrece esta banda nada en Portugal pero emigrada a Holanda. Con moita influencia noventera do que se argallaba en escandinavia, Israthoum poñen a disposición do espectador un álbum bastante do montón de Black; temos o habitual tremolo, muros de guitarras, e blastings, sendo tal vez o punto máis chamativo o uso de voces que varian entre o "David Vidal  desesperado" e o rasgado "crudo". Realmente esto está xa moi oído, e a pesar de ser pouco máis de media hora, Black Poison and Shared Wounds cansoume o suficiente como para ser unha banda que probablemente olvide que escribín dela dentro de 1 mes. Diría que únicamente para os moi fans do Black noruego. 3/10

The Levitation Hex - The Levitation Hex (2012)
Extreme Progressive Metal
Oficial
Tema: Scratch a Life Find a Thief
Ainda que The Levitation Hex é un proxecto bastante novo, e éste sexa o seu disco debut, a cabeza pensante detrás non tén nada de rookie. Nada menos que Adam Agius, o creador de Alchemist, a mítica banda de Prog Death australiana é quen formou esta banda coa axuda de xente de Alarum. Adam, cun longo bagaxe na escena Metal do seu país, -nada menos que 25 anos-, recolle moito do que deixou nos desaparecidos Alchemist, sendo The Levitation Hex case coma unha evolución avantgardista deles, na que introduce diversas influencias que parten da base do Death-Thrash progresivo para facer un disco diferente e máis ca interesante. Así temos elementos electrónicos que confluyen con Heavy Metal e atmósferas a veces case psicodélicas. O único que non me convence de todo é a voz de Adam, pero polo resto, disco con gran sonido e digno de disfrute. 7/10

Teodasia - Upwards (2012)
Symphonic Metal
Oficial
Tema: Lost Words of Forgiveness
Upwards é o primeiro álbum dos italianos Teodasia, unha banda nacida hai 6 anos, pero que se estivo preparando concienzudamente para sacar o mellor de sí para a súa ópera prima, tanto compositivamente coma a nivel de sonido. Teño que añadir a esto último que Upwards sona moi ben para ser financiado por eles mesmos, pero supoño que a día de hoxe xa hai tecnoloxía "casera" ou "semicasera" suficiente como para sonar profesional sen ter que ir a uns grandes estudios.
No tocante á música, Teodasia fan unha especie de AOR sinfónico mezclado con Gothic Pop-Rock-Metal. É decir, coma se a Nightwish/Epica/Delain lles puxeran uns teclados máis típicos do AOR de vez en cando, e incluso os temas torceran por ese lado. Eu creo que é un álbum máis ou menos fresco para o mundillo gótico-sinfónico, ainda que realmente sone a antigo.
A banda parece contar con moito apoio por diversos foros italianos, e o mesmo Fabio Lione colabora -incluso o podedes ver no vídeo, sobreactuado coma sempre-, polo que pode ser interesante para os amantes do Symphonic Metal, ainda que a mín personalmente se me fixera un pouco meloso de máis. 6/10

Witchtrap - Vengeance Is My Name (2012)
Thrash Metal
Oficial
Tema: Queen of Hell
Os colombianos Witchtrap levan xa nesto da música uns 20 anos, co que deben de ser seguramente uns clásicos en canto a Metal de dito país latinoamericano. Sen embargo, Vengeance Is My Name é o meu primeiro contacto con eles, e bueno, poido decir que en líneas xerales é un lanzamento de Thrash entretenido, con moita influencia do Thrash teutónico dos ochenta (a tríada de Sodom, Kreator e Destruction) e un certo toque a Venom que aportan algunhas partes máis a medio tempo. Sobra decir que non inventan nada novo e que a maioría dos thrashers xa oíron moitos grupos deste estilo, polo que se quedará nun lanzamento máis coma os centos deles que, sobre todo últimamente, están a salir.
A parte máis positiva é que os colombianos manteñen o interés e dinamismo nos temas e que ó final acabas de oír o CD con boa sensación. Non sobresale ningún tema por encima doutro; de feito os únicos que me chamaron a atención sobre o resto foron "Queen of Hell", por unha parte máis tranquila que me recordou a Pink Floyd! e "Put to Death" porque ten un riff plaxiado de "The Clerical Conspiracy" de Sabbat XD, pero non quita que éste sexa un disco que merezca a pena darlle unha oída. 7/10

Amberian Dawn - Circus Black (2012)
Symphonic Power Metal
Oficial
Tema: Cold Kiss
Non fun moi amante da música destes finlandeses nos seus outros álbumes, pero este novo é ainda peor do que lles recordaba. É coma se todo o seu toque ampuloso e boombástico servise para camuflar a desgana de facer temas, e sobre todo, para camuflar a desgana da súa cantante, que dá a sensación de estar totalmente aburrida mentres canta. Todo o que fai Amberian Dawn en Circus Black está a día de hoxe máis ca sobado por todos os clones de Nightwish que saliron desde hai unha década. Eso sí, arreglos orquestales de primeira e sonido pro, como mandan os cánones do grupo medio finlandés, pero nin eso nin a axuda de membros de Stratovarius, coma Kotipelto ou Jens Johansson serven para cubrir a falta de creatividade.
Hai momentos que sí merecen a pena, sobre todo os non cantados, xa que a voz dela tórnase excesivamente cansina despois de oíla durante media hora, pero... o CD acábase hundindo por méritos propios 3/10

Tantara - Based On Evil (2012)
Thrash Metal
Oficial
Tema: The Debate
Based On Evil é o disco debut dos noruegos Tantara, unha banda cuios membros seguramente naceron despois de que se sacaran os discos nos que basan a música que fan. Ésta sen duda está inspirada en álbumes tan míticos coma os primeiros de Metallica, Overkill, Megadeth, Exodus, Nuclear Assault, Sodom ou Heathen, e non se pode decir que aporten nada novo exactamente, salvo uns cuantos bos momentos de "old school", e certas e contadas licencias que a veces tiran a un rollo máis Prog-Thrash, con máis tranquilidade e guitarras en limpio, pero o certo é que moitos deses grupos tamén o fixeron no seu día, tal vez sen profundizar demasiado, pero eran momentos no medio da caña de coller respiración que de vez en cando viñan ben.
Polo tanto máis Thrash old school, ben feito, de cancións que andan por unha media de 6-7 minutos, que teñen as súas partes que enganchan e outras que sonan a refrito feito hai 20 ou 30 anos. Gustará ós máis amantes do Thrash tradicional. 6/10

Ibridoma - Night Club (2012)
Hard'n Heavy
Tema: Night Club
De procedencia italiana, os Ibridoma lanzan o seu segundo LP, Night Club, facendo unha mezcla de Hard Rock e Heavy Metal bastante clásica, pero bastante simplona tamén. As influencias están claras, Hard ochentero americano mezclado con Heavy tradicional na onda de Dio ou Judas Priest.
O certo é que Ibridoma en ningún momento me chegou a decir moito, pasando o CD dunha forma amena pero témome que bastante olvidadiza. Non hai tampouco cancións que chamen a atención por encima doutras, facendo de Night Club un disco para pasar o rato e pouco máis. Máis ben foi ó contrario, houbo temas que non me chamaron a atención, pero outros que tiven que pasar para adiante por puro aburrimiento. 3/10

Freedom Call - Land of the Crimson Dawn (2012)
Power Metal
Oficial
Tema: Hero on Video
Sexamos claros, todo o mundo sabe o que se vai encontrar a estas alturas nun disco de Freedom Call: Ritmos alegres, estribillos hímnicos, tempos rápidos... en definitiva, Happy Metal herdado directamente dos cortes máis coñeros de Gamma Ray e Helloween. A cuestión é se estes alemanes acertan ou non á hora de compoñer, tema éste que tiñan medio esquecido nos últimos discos. E o resultado final é innegablemente favorable, ata o punto de que penso que éste Land of the Crimson Dawn se pode colocar perfectamente ó lado do seu mellor álbum ata a fecha para un servidor: o seu debut Stairway To Fairyland.
Freedom Call volven máis coñeros e pegadizos que nunca, collendo o mellor do seu pasado e desenvolvendo outras influencias que deixaban mostrar en pasados traballos, coma o Pop-Rock ochentero palpable en temas coma "Back into the Land of Light" ou "Hero on Video".
Hai que tomar a Land of the Crimson Dawn coma o que realmente é: pura diversión, sen ningunha pretensión de profundidade e con partes realmente horteras pero pegadizas, e desta vez Freedom Call deu no clavo. 7/10

Stonehaven - Concerning Old-Strife And Man-Banes (2012)
Black-Pagan Metal
Oficial
Tema: Suffering The Swine Away
Pagan Metal desde Kansas? Había algo que non me cadraba neste disco de Stonehaven desde a primeira vez que o oín, e non tiña nin idea nin da procedencia do grupo, e nin sequera do que me esperaba tema tras tema. Agora que xa o "deglutín" unhas cuantas veces, poido decir que "teño un ollo" para os grupos made in USA. Non sei, pero hai algo neles, supoño que a súa forma de acoller influencias escandinavas dos inicios do Black Metal nos noventa, que non me convence, que xa os cato casi de primeiras.
É o que me sucede con Stonehaven, que practican un Black con tendencia pagana moi old school, inspirado nos primeiros álbumes de Enslaved, en Taake ou en Burzum. Pero todo feito como dunha forma menos atractiva. Oír Concerning Old-Strife And Man-Banes supón un rato de interés que se desvanece a medida que transcurre o CD, sen que por elo esteña excesivamente mal; simplemente non logra enganchar nin atraer a atención do oínte, neste caso, un servidor. Os temas ademáis fanse largos, con media de duración de entre 7 e 8 minutos, e o sonido das guitarras non me convence... 3/10

miércoles, octubre 31, 2012

Microreviews Octubre'12 IV

Semargl - Satanic Pop Metal (2012)
Industrial Pop Metal
Oficial
Pode que os ucranianos Semargl pensaran que facer Black Metal a secas fose aburrido, e un día decidiron que tal vez facendo música comercial ganarían máis adeptos e máis pasta. Para elo, no seu Ordo Bellictum Satanas introduciron outra forma de facer música satánica extrema: mezclándoa con elementos industriales e dance. Eso sí, había temas diferenciables entre sí, e o grado de pop e metal variaba de canción a canción, facendo un disco con altibaixos, pero que eu considerei bastante audible dentro do que cabe. 
Neste novo Satanic Pop Metal -supostamente o estilo co que eles definen a súa música-, os elementos industriales están moito máis presentes e mezclados coa banda en todos os temas, creando con elo un álbum moi lineal, que peca de repetir esquemas e argumentos en case cada un dos cortes que o compoñen. 
A influencia do Black Metal é absolutamente nula, únicamente suscrita pola voz do cantante, eu diría que incluso a presencia Metal é testimonial, xa que non hai riffs propiamente ditos en ningún lugar do CD, máis ben parece un grupo de Punk se sólo lle atendemos ás guitarras. En canto ós arreglos industriales son repetitivos e pouco traballados, é dicir, sí, son dignos de música Pop, si é o que pretendían. O tema das letras é para deixar aparte; non son moi dado a investigar de qué falan os grupos, pero o pouco que lle entendín a Sermargl en certos temas non dista moito do que un quinceañero cabreado coa religion escribiría. Parece que a Semargl sólo lle queda apoiarse nalgún estribillo facilón e repetitivo, en imagen, e en videos polémicos para darse a conocer. Eu deles contrataría ó asesor de Lady Gaga.
En resumen, un disco con moi pouca chicha, de deglución rápida e que aguanta contadas escoitas, tal e coma un disco de Pop. 2/10


The Mystery - Apocalypse 666 (2012)
Heavy-Power Metal
Oficial
Tema: Nailed To The Cross
Ainda que o nome do álbum me aventuraba un disco de Black Metal, xa cando vín a portada me quitei a idea da cabeza. The Mystery son un grupo germano con bastante bagaje, pero o certo é que nunca oíra falar del ata agora. Parece ser que tiveron numerosos cambios de formación durante os seus 5 traballos, o cal puido non darlles a suficiente estabilidade como para facer concertos ou xiras, xa digo que non me sonan absolutamente de nada.
O estilo de The Mystery é un Heavy bastante tradicional que acolle elementos de Power melódico e de Hard Rock. A mín recordoume a unha mezcla entre White Skull, Saxon e Mob Rules sin teclados. De feito, The Mystery comparten con White Skull a característica dunha cantante con voz con certo tono rasgado pero potente. Basta decir que non daba creto que fora unha muller ata que vín a formación, xa que o tono está case que cerca dun Don Dokken, Biff Byford, de Saxon ou algún cantante AOR que agora mesmo non recordo.
A verdade é que a mezcla de Heavy ochentero e Power Metal non é nada novo, pero The Mystery saben recrear bos temas, pegadizos e melódicos/rápidos segundo a ocasión.
Últimamente estanse poñendo de moda grupos de Heavy con voz feminina e potente do tipo de Crystal Viper, Sister Sin e Battle Beast, e, ainda que tarde, porque The Mystery xa levan anos nesto, podemos unir un nome máis a esa lista. 7/10

Catuvolcus - Gergovia (2012)
Pagan Black/Death
Oficial
Tema: Par Monts E Par Vaux
Catuvolcus é unha novísima banda provinte de Canadá, e Gergovia é o seu segundo larga duración. Cunha temática basada nunha das máis famosas guerras galas, a de Gergovia, e con letras enteiramente escritas en francés, os canadienses desarrollan un disco moi potente de Pagan-Viking Metal, de temas largos e riffs traballados, que se combinan cunha sección rítmica moi rápida e unhas voces blackers desgarradoras. As influencias Death e Black, con certos arreglos progresivos combinanse perfectamente con partes a medio tempo e melodías folkies interpretadas únicamente polas guitarras. E é que non, Catuvolcus non se subiron ó carro da épica de orquestacións ou teclados sinfónicos para representar a súa visión histórica das guerras galas. E sinceramente, non creo que sexa necesario, porque Gergovia desborda épica a través de blastings e tremolo pickings habituales que se combinan con medios tempos e partes máis machaconas de guitarras profundas.
Se me preguntades por similitudes, eu diría que a primeira que se me veu é a duns Manegarm sen violín, seguida de cerca polos Thyrfing máis crudos, ainda que tamén hai momentos parecidos a cousas dos primeiros Vintersorg ou Panychida.
Os temas suelen ser largos, pasando os 6 e 7 minutos moitas veces, pero en ningún momento me resentín por elo.
Todo un descubrimento. 8/10
PD: Conste que o riff principal de "À La Poursuite Des Vents" me recorda moito a "Song of the Troubled One" de Amorphis, pero bueno, por ésta pásolla XD

Demon - Unbroken (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: I still Believe
Os Demon son unha banda británica, ó parecer tremendamente mítica, xa que os seus primeiros traballos datan de inicios dos 80, sendo esta década a máis prolífica da súa carreira, xa que nos noventa acusaron o descenso de popularidade do Heavy Metal e da NWOBHM e mantivéronse en conxelación ata os 2000.
Teño que decir que o nome xa me sonaba, pero non tiña constancia de ter oído nada deles ata o dagora. Poido decir que o estilo, primeiro, é moi británico, non sei se me entendedes o que quero decir... e segundo, é certamente añejo para ser un disco do 2012. A mín viñéronseme á cabeza numerosos grupos mentres oía este Unbroken, pero apuntaría especialmente ós Saxon dos 70-80 e ós Black Sabbath da época Dio, ainda que non diría que Demon se parecen tampouco excesivamente a estas dúas bandas, xa que teñen roces co Hard Rock e o AOR (sen teclados, ou contadísimos, mellor dito), e noutras ocasións chegáronme á mente tanto os Kiss setenteros coma Blaze Bayley con Wolfsbane ou en solitario.
A composición nótase feita por xente experimentada, ainda que eu boto en falta algo de velocidade e caña de vez en cando. Tal vez sexa que cando vín que formaban parte da NWOBHM me esperaba uns Raven, Iron Maiden ou Angel Witch.
Penso que a quen lle mole o Hard'n Heavy sosegado, poderalle gustar Demon. 6/10
PD: xa recordo porqué me sonaban, "Don't Break The Circle", do seu disco The Unexpected Guest (1982) foi versioneada por Blind Guardian en Follow the Blind.

 
Dethklok - Dethalbum III (2012)
Heavy Metal / Melodeath
Oficial
Tema: I Ejaculate Fire
Terceira entrega desta "banda" de debuxos animados comandada por Brendon Small e que por sí mesma gañou certa popularidade entre os seguidores metálicos. Esta popularidade supuxo que ata se atreveran a lanzar os seus propios CDs cos temas que iban aparecendo en Metalocalypse, e posteriormente incluso realizar concertos, para os cales, Small pediría os servicios do gran Gene Hoglan ou Bryan Beller, conocido por ser baixista de Steve Vai.
Se o Dethalbum II supoñía unha maior seriedade á hora de facer temas máis estructurados, éste Dethalbum III segue o mesmo patrón, introducindo varias influencias dentro do seu estilo, que dito sexa é bastante propio e reconocible, cousa positiva para mín. Moita xente chama a Dethklok "Death Metal", ainda que eu creo que están bastante lonxe dun Death clásico, como moito podería aceptar un "Melodeath" moi accesible. Se lle quitamos as voces, o que obteríamos é un disco de Heavy-Thrash-Melodeath, con incluso partes bastante Power, sendo o que lle otorga certa identidade máis extrema, a coma sempre excelsa batería de Hoglan e a voz de Small.
Tal vez para mín o fallo deste disco sexa o mesmo que o do II; a mín non me engancha, e podería sacar un par de cancións ou tres que realmente non están mal, pero hai outras que resultan bastante infumables. Exemplos? a larguísima e mala "The Galaxy", a medio numetalera "Starved", a intrascendente "Ghostqueen",... 
Como "highlights" destacaría "Impeach God", "Crush The Industry" ou "Andromeda", éstas dúas últimas cun fuerte regusto ó traballo de Devin Townsend en Strapping Young Lad, personaxe que se nota que é do agrado de Brendon Small xuzgando tanto a Dethklok coma ó seu proxecto personal.
Coma nos anteriores Dethalbums, 33% malo, 33% mediocre, 33% salvable = disco que pasa desapercibido. 5/10

martes, octubre 30, 2012

Cosecha gótica

O de sacar viños é un no parar, parece que ata se puxera de moda entre os grupos con certo nome. Neste caso, os rockeros góticos 69 Eyes sacan o seu propio viño... Dentro de pouco salirá o Licor de Ameixa "Enuma Elis", causará furor, xa veredes. 

Official wine description: "Love is red. Just like the lips of Juliet. Not far from that balcony of hers comes this Veronese wine. The Helsinki Vampires have always been known for their love of wine, women and song. THE 69 EYES' wine is red. Just like your lips." For more information, go to this location

Fuente

lunes, octubre 29, 2012

Diario dun viking XXI: O capítulo final

Ben, penso que chegou a hora de cerrar esta colección de posts nos que iba escribindo as miñas impresións personales sobre o meu bo ou mal facer no mundo musical XD A 5 días do concerto principal de Mileth penso que é un bo momento, coma cando nas pelis o prota recorre un camiño longo durante todo o metraxe e ó final hai unha luz que se supón que é o que gañou (ou perdeu? XD en Cube non se sabía moi ben) logo dunha ardua travesía.
Ademáis vendo que hai un nulo feedback de todo o que posteo, que tan sólo un seguidor habitual coma RMS me comenta de vez en cando :D, pois non lle vexo moita razón para seguir escribindo cousas (por non haber, case non hai feedback nin na páxina de facebook de Mileth). Así que xuntando este par de razóns, creo que falar para ninguén ou para un ou dous non ten moito sentido.
A información de Mileth poderédela seguir en dita web, que Marcos sempre lle anda por ahí.
Vémonos.

domingo, octubre 28, 2012

Cosecha picante

Outro producto máis de márketing, desta vez a cargo de Wolf!
Pero non pensedes en viños ou cerveza, desta vez os suecos decidíronse por darlle nome a unha salsa picante!!
Estas cousas nunca deixarán de sorprenderme XD

According to Metal Shock Finland, Swedish metallers WOLF have a new product on the market: Wolf's Blood Hot Sauce.

This bloody hot sauce is made in Costa Rica and it is a combination of the world's hottest known chilli pepper Naga Jolokia with pepper extract and ranges at an incredible 666.000 Scoville units.

Commented the band: "It's 666 thousand Scoville strength and it makes you howl. Don't drink it!"

To buy one of these flaming Wolf's Blood Hot Sauces, click here.


Fuente

sábado, octubre 27, 2012

Orphaned Land anima ós seus fans para que voten por eles no Nobel da Paz!

Pois sí, os israelís dixéronse, se o Nobel o gana Obama ou a Unión Europea, porqué non nós, que estamos facendo máis que todos eles pola unión dos pobos que todos eles xuntos... eso sí, o de pedirlle ós fans que voten por eles... paréceme un pouco raro...

ORPHANED LAND are one of the most respected and loved musicians over the entire globe, a band that dedicates their existence to the world language of metal music and cross-cultural understanding. While not overtly political, ORPHANED LAND are nevertheless proud of creating a reality of coexistence that has escaped politicians and peacemakers alike. They often speak of the power of music to turn purported enemies into friends, frequently pay homage and encourage collaborations with Arab and Muslim artists and have made their latest album free to download for anyone in a number of Middle Eastern and North African countries. Over the past years these warriors of light achieved great things for the freedom of art, cultural and religious understanding.

Now, a petition to the Norwegian Nobel Committee has been submitted to consider ORPHANED LAND for the 2013 Nobel Peace Prize and we think this is really something to support. Please sign this petition if you feel the same way.

Kobi Farhi, singer of ORPHANED LAND shouts out: "This is my personal request to all my friends from the Middle East, Turkey, and in general from all my Muslim friends! We know for a long time now that we are above politics, we know that if it was in our hands, peace would have prevailed right away. Please enter this link and sign if you find us worthy, please also spread the word and share it on your pages. I send my endless love to all of you and all my love and best greetings for the coming holyday in a few days.
Salam/Shalom/Peace.
Kobi"

Please follow this link to enter the petition: http://www.gopetition.com/petitions/nominate-orphaned-land-for-the-2013-nobel-peace-prize.html

ORPHANED LAND online:
www.orphaned-land.com
www.facebook.com/pages/Orphaned-Land/8776213035
www.youtube.com/user/OrphanedLandTV
www.orphaned-disciples.org
www.myspace.com/orphanedmyspace

Fuente