sábado, julio 07, 2012

Microreviews Xulio'12 - I


Last Prophecy - 2.0.13 (2012)
Heavy-Power Metal
Facebook
2.0.13 é o curioso nome do disco-retorno dunha das bandas máis infravaloradas do panorama español: Last Prophecy.
Cun dos mellores discos debut da historia do Metal español, o xenial Jugando con Sueños, a banda navarra daba comenzo á súa historia tocando un Heavy Metal potente pero melódico, con grandes líneas vocales e bo gusto compositivo. No 2006 sacaban Sin Mirar Atrás, disco que supoñía un pequeno retroceso para o meu gusto, e despois deste disco, Last Prophecy decide separarse, pero para regocijo dos fans -que incriblemente parecemos poucos en España; neste país andamos un pouco aparvados coa música, qué se lle vai facer...-, no 2012 volve con plantilla renovada.
O primeiro tema que lles oín deste 2.0.13 foi "Hoy Quizá", do que podedes ver o vídeo máis abaixo, e nun principio non me chamou demasiado a atención. Esperábame algo máis traballado na sección instrumental, ainda que as melodías vocales, tanto na súa producción coma confección me pareceran tremendas desde o principio. E qué decir do estribillo! á altura dos seus mellores.
Cando me puxen co disco, o primeiro que me chamou a atención foron a intro e interludios; "H", "2.0", "13" e "M" son extrañas pezas ambientales de pouco máis de un minuto; supoño que terán o seu cometido dentro do álbum, pero a mín, sinceramente entorpecenme máis que outra cousa as "cancións verdadeiras", polo que cada vez que escoito 2.0.13 suéloas pasar para diante. Polo demáis o que temos é Last Prophecy en esencia. Resulta raro que un grupo nacido hai poucos anos consiga ter un estilo tan propio e reconocible dentro do panorama do Heavy Metal, e máis ainda que sexa español (sintoo por se alguén se sinte aludido, pero basta con dar un vistazo a todos os grupos que saliron na década dos 2000 en España facendo Heavy-Power).
O estilo de Last Prophecy, para quen non os oíra, básase nunha base rítmica moi potente, cun gran sonido de batería, guitarras profundas, co seu deje "proggy" pero non demasiado complexas -rara vez se meten a facer solos, e paréceme ben, os solos están sobrevalorados XD eu son dos que prefiren un bon cambio de ritmo a un solo-. A parte lírica tal vez sexa a que fai único o sonido dos navarros, sendo probablemente uns dos que mellor melodías vocales crean, con estribillos que se quedan de primeiras, sen que necesariamente caigan no "fácil". A mesma "Hoy Quizá", "Sentencio mis Azares" ou "La Simiente del Ser" son boa mostra delo.
Un dos temas que máis me chamou a atención sen embargo é "Reconcilio de Supresión", unha composición sen estructura fixa, moi depresiva, densa e incluso "doomy". Todo un atrevemento para un grupo de Heavy Metal.
Se tivera que poñerlle algún pero a 2.0.13 sería, xunto con eses interludios un pouco evitables, que certas cousas sí me recordan a algo feito por eles antes, pero ainda así, a cada escoita foime enganchando máis e máis.
Por certo, masterización a cargo de Peter Wichers (Soilwork, Nevermore..), e vaia se se nota!
Potencia e melodía, se foran doutro país... 8/10




EnlaceOpera IX - Strix - Maledictae in Aeternum (2012)
Symphonic Atmospheric Black Metal
Oficial
Tema: 1313 (Eradicate the False Idols)
Hai moito que non escoito un disco de Opera IX con detenimiento. Creo que o último debeu ser o lonxano Maleventum (2002) e non me fixera especial gracia. Sobre todo cando estes italianos sacaran un par de anos antes a súa opus particular " The Black Opera: Symhoniae Mysteriorum in Laudem Tenebrarum", cunha pletórica Cadaveria e cun ambiente de Black Metal ocultista como non oíra ata daquela.
Parece que a marcha da frontwoman non lle sentou ben nin á banda nin a ela mesma, sumerxida en proxectos de dudosa calidade coma Cadaveria ou o de Metal Industrial, Dynabyte.
Como digo, hai xa case dez anos que non oía a Opera IX, pero con Strix..., volvéronme os fantasmas de Maleventum; con esto quero decir que Opera IX se volveron unha banda que mantén o potencial demostrado en The Black Opera, pero que se queda a medio camiño na realización final, facendo cancións que se me antoxan como intrascendentes desde un punto de vista global, ainda que teñan os seus momentos interesantes. Entre éstes, contaría os pasaxes sinfónico-atmosféricos que realmente conseguen transmitir frialdade e misticismo, certos riffs que se xuntan con órganos eclesiásticos e coros de canto gregoriano que aparecen de entre as penumbras de momentos que rozan o Doom. Máis ou menos é o que un se espera destes italianos -tal vez con máis medio tempo e partes doomies do que eu recordaba-, pero o que sucede é que non atopamos temas tan solemnes e impresionantes coma The Sixth Seal ou Beyond The Black Diamond Gates. Os riffs non están exactamente mal, quizáis rememoran, coma en moitos grupos de Black italianos nados nos 90, certo aire Cradlefilthiano, pero non acaban enganchando coma a un lle gustaría, e o mesmo sucede coa sucesión de temas, que antoxan un álbum que se fai máis largo do normal. Tamén a Cadaveria recórdoa con máis personalidade que este novo cantante, que eu diría que resulta normaliño dentro do mundillo Black.
Opera IX con menos inspiración. 6/10


Hour of Penance - Sedition (2012)
Brutal Technical Death Metal
Oficial
Tema: Ascension
Logo de unha década de historia e 4 álbumes no seu haber, os italianos lanzan o seu quinto baixo o nome de Sedition. A pesar deste bagaxe, Hour of Penance é un nome relativamente novo para mín, xa que non son consciente de telos oído antes (alomenos que me houberan chamado o suficiente, xa que sí me sonaba o nome).
Con Sedition, Hour of Penance mostran o seu bon facer dentro do Death Metal máis extremo e machacante posuíndo grandes doses de tecnicismo. O primeiro grupo que me veu á mente foi sen duda Nile, xa que estes italianos tamén teñen certo toque étnico en moitos dos seus riffs e punteos máis melódicos (ollo a ese de "The Cannibal Gods"). Este feito tamén me fixo lembrar ós Behemoth dos últimos discos, que parecen ser cada vez máis brutales pero tamén cada vez máis brillantes no apartado técnico.
O certo é que Sedition é un álbum moi intenso, con algúns grandes riffs e unha batería en constante cambio que domina o blastbeat e doble pedal dun xeito asombroso. O cantante cumple coma imitador de Nergal, e o sonido está un algo saturado para o meu gusto, ainda que... supoño que será elección deles polo de añadir unha dose extra de densidade sonora.
Pero a mín non me chega para decir que é un álbum que poida estar entre o mellor dentro do Death Metal este ano, xa que hai bastantes momentos que non me transmiten nada, parece que, coma moitos outros grupos de Death extremo, se centraran en ser o máis brutales e técnicos posibles, e non lle prestaran moita atención a decir algo coas composicións. Alomenos a mín non mo dicen, salvo cun par de temas na metade do disco, "Ascension" e "The Cannibal Gods", polo resto,... bah...
Death brutote decente, pero nada do outro mundo. 6/10


Hideous Divinity - Obeisance Rising (2012)
Brutal Technical Death Metal
Facebook
Tema: The Servant's Speech
É moi curioso que xusto despois de poñerme co de Hour of Penance, colocara na lista de reproducción éste Obeisance Rising, porque empecei a pensar que o de Hour.. empezaba a durar demasiado XD
E é que Hideous Divinity non sólo comparte un estilo prácticamente idéntico a Hour of Penance, senón que tamén comparten nacionalidade, e ollo, incluso membros, xa que os fundadores de Hideous Divinity formaban parte das filas do outro grupo antes de moverse HD a Noruega.
En canto á música, pois podería perfectamente coller partes da anterior microcrítica e deixalas aquí, porque as influencias son as mesmas; Behemoth, Nile, Deeds of Flesh, Morbid Angel, Immolation... Hour of Penance? XD tendo ese aire medio étnico flotando no aire segundo sexa a canción.
Quizáis podería máis ben decir as diferencias entre este debut e o de Hour of Penance; primeiro, gústame máis o sonido, é máis audible, menos saturado e diferenciable que Sedition (aquí ata se oe de vez en cando o baixo!). Segundo, Obeisance Rising é menos técnico, speedico e denso, apoiándose mellor nos ambientes que van recreando e aproveitando mellor os riffs para o meu gusto, que non se vén tapados pola extrema conxestión que se respiraba en moitos momentos de Sedition.
Baixo estas sensacións, poderíades pensar que me gustou máis este CD que o dos seus colegas, pero tampouco diría tanto; o álbum segue a ser un disco decente e pouco máis dentro do Death Metal, xa que non aporta momentos realmente brillantes, memorables ou orixinales ó estilo. Máis ben, mantén unha línea continuísta, na que é difícil escoller algunha canción porque son bastante similares e conteñen riffs pouco orixinales a estas alturas do cotarro. Eso sí, moi ben executados, pero non me resultaron demasiado atractivos.
En certo sentido mellora ó de Hour of Penance, pero acaba sendo un disco máis. 6/10


Taranis -Kingdom (2012)
Symphonic Dark Metal
Facebook
Tema: Storm
Non sei qué ocorre en Hungría, pero nos últimos tempos estame demostrando ser unha terra do máis fértil para a música. A cantidade de artistas húngaros que estiven a descubrir nos últimos 10 anos no relativo a prácticamente calquera estilo dentro do Metal é considerable. Ademáis, non sólo hai que contar con que haxa afición hacia este estilo no país, senón que os que tentan saír adiante co seu propio grupo, teñen huevos agallas para mezclar influencias sen complexos e sen medos.
Comparativamente, hoxe en día Hungría recórdame ó que foi no seu tempo Austria, cunha escena bastante underground pero chea de perlas do calibre de Golden Dawn, Belphegor, Summoning, Abigor, Dornenreich, Hollenthon, Korova, Thirdmoon, Raventhrone, Die Verbannten Kinder Evas... a mediados-finales dos 90.
Pois ben, un dos últimos proxectos que descubrín e me fascinou é Taranis, unha one-man-band que debuta cun discazo coma Kingdom. Attila Bakos, a mente detrás de Taranis non se arredra de introducir na súa música influencias varias que van desde o Pagan-Black Metal, o Metal sinfónico épico, e certo toque progresivo. Todo esto está perfectamente ensamblado nos catro temas que rondan os dez minutos en Kingdom, e onde poderemos atopar dentro deles desde momentos de blasting e rasgados, ata medios tempos moi ambientales, pegadizos e fermosos con voz limpia.
Tal vez pola proximidade no tempo, esta mezcla a mín recordoume ós seus compatriotas Thy Catafalque, pero tamén a Summoning e Golden Dawn -seguramente por eso a escena austríaca tamén se me veu á mente ó principio do post-.
Na parte do sonido, non é que sexa unha gran producción, pero cumple, e igual que dixen o que pensaba dos solos, que prefiro un bo cambio de ritmo, tamén prefiro unha mente innovadora e atrevemento á hora de compoñer a un sonido made in Finnvox.
Se vos gustan os tres grupos mencionados ó final, obligatorio darlle unha oída a Taranis. 9/10

viernes, julio 06, 2012

Christopher Lee, 100% Heavy Metal


Segundo Blabbermouth, o actor británico de 90 anos vai dar secuela ó seu primeiro disco "Charlemagne: By The Sword And The Cross" cun álbum chamado "The Omens Of Death".
Parece ser que segundo conta él mesmo, quedou fascinado polo Metal cando Rhapsody o invitara a participar nun dos seus discos, e posteriormente con Manowar fixera de narrador.
"I was first introduced to metal when I sang with a [band] called RHAPSODY," he said. "But what I sang was not heavy metal; I sang with a tenor. Then I worked with MANOWAR as a narrator, I think it was in Germany, and again, that was not me singing metal. I became rather fascinated by this, 'cause in terms of history of music, it's fairly recent, really. And if it's properly done and you can understand the story and you can understand what the people are singing and you have the right bands and the right singers, I think it's rather exciting.

Agora comenta que o seguinte disco será ainda máis "Heavy Metal" que o "By The Sword And The Cross" e que poñerá toda a carne no asador:
"When I was approached to do the first 'Charlemagne' album, 'By The Sword And The Cross', it is heavy metal, of course, but what I sang was more symphonic. Now on the second one, 'The Omens Of Death', it is 100 percent heavy metal. I've done my bits and pieces, and they are heavy metal. I'm not screaming or anything like that, but it is definitely 100 percent heavy metal."

Este segundo álbum pronto estará listo e será arranxado por Richie Faulker, o actual guitarrista de Judas Priest.

Ben, a verdade é que é impresionante que alguén, xa non da talla de Christopher Lee, senón que alguén de 90 anos descubra unha afición tan grande polo Metal e que o leve a facer discos deste xénero. Eu pregúntome qué pensarán os millóns de fans non-metaleros de Christopher ó ler estas declaracións... o único que espero é que non crean que chochea, e que se alguén coma él lle deu unha oportunidade ás guitarras eléctricas, tamén eles o faigan.
Tamén me pregunto qué sucedería se Lee tivera esta repentina vena metalera hai anos... ¿daríalle por meterse nun grupo de Hair Metal? ou sabendo que nos seus tempos mozos -creo- que era tenor, ¿sería o pionero da Opera Metal antes ca Therion ou calquera outro? XD
Por outro lado, é admirable que se atrevera cun album coma aquel, ainda que fora considerablemente truño aburrido. Veremos si para este hai máis momentos de headbanging XD

domingo, julio 01, 2012

Microreviews Xunio'12 - I


Heidevolk - Batavi (2012)
Viking Metal
Oficial
Os holandeses Heidevolk parecen ter conseguido certa popularidade na última década, coincidindo tamén co auxe de popularidade do Viking Metal. A cuestión, e, aquí seguramente non coincida coa maioría de fans vikingos, a mín Heidevolk nunca me fixo especial gracia. Explícome; paréceme un grupo interesante de primeiras, de feito cada vez que escoitaba algo deles decíame "heilles dar unha/outra oportunidade, porque este tema mola!", pero cando me dirixía ó disco, resultábame cansino. Eso sí, se o poñía pola metade, volvíame a enganchar, pero máis de 4 temas seguidos, e a miña atención íbase a outros asuntos. E básicamente é o que me pasa con Batavi, o seu LP número catro. Coma sempre, a peculiaridade principal de Heidevolk son o par de vocalistas, que, a diferencia da maioría de grupos de Folk-Viking Metal, cantan en limpio, usando moi de vez en cando algún gutural. Tanto o estilo deles coma o do grupo recórdame moitísimo aos primeiros Vintersorg e Otyg, polo que tampouco os vexo coma unha banda absolutamente orixinal coma vín describir por ahí. Supoño que quen pense así será probablemente un fan do Viking Metal que veu con esta "moda" nalgún punto dos últimos 10 anos.
Volvendo co disco, realmente me gusta cómo empeza, pero a medida que transcurre, vou perdendo interese. Penso que a culpa principal sexa das líneas vocales, ainda non o teño claro, pero sí que me dán a impresión de que se parecen excesivamente entre sí, ademáis de que son moito máis protagonistas sobre o resto de música do que me gustaría. Esto cáusame certo cansancio, porque a parte instrumentística, tanto no referente a riffs, entre viking, heavy e melodeath folky coma no referente a melodías de violín, Heidevolk sí que me gusta na maioría dos temas.
Baixo o meu punto de vista, Heidevolk ten o potencial para facer grandes cousas, pero sexa polo motivo que sexa, a mín non me acaban de entrar -alomenos un disco enteiro- unha vez máis. Por suposto, nada que ver coas "performances" de cada un nin co sonido, que rayan a un nivel moi profesional, senon co descrito anteriormente de que creo que esas voces e líneas vocales son un arma de doble filo.
Tal vez necesiten un enfoque diferente para que lles pille o punto. 5/10




Abigail Williams - Becoming (2011)
Atmospheric Black Metal
Facebook
Tema: Beyond the Veil
O da crecente popularidade de Abigail Williams non o alcanzo a entender, sobre todo ó levar tan sólo 3 discos. Deben de ter un bo mánager ou moitos cartos para publicidade, porque non creo que sexa unha banda excesivamente orixinal desde os seus comezos nin cos cambios de sonido que foron tendo disco a disco. Pero en fin..
Para este novo álbum parece que os americanos se relaxaron no seu sonido e observaron o que está últimamente a triunfar especialmente en USA falando de Black Metal: o Black Shoegaeziano e con toques de Post-Rock. Así, Abigail Williams recolle un pouco de todo o que levaba facendo e o leva a un terreno máis hipnótico, de temas largos con riffs tamén largos que van desde os típicos tremolo-pickings ata os lead a medio tempo máis propios de grupos máis "doomies" do estilo de Agalloch, con algúns pasaxes ambientales nos que usan teclados e guitarras acústicas que realmente conseguen sumerxir ó oínte nun ambiente extraño, incómodo e envolvente.
Este Becoming non é o disco máis orixinal do mundo, pero gustoume cómo está planteado moito máis que os predecesores, os cambios de blasting-muro irrumpindo ante apacibles momentos tampouco é o máis novedoso, pero resultan efectivos. Tamén me gustaron esas gotas clásicas aportadas por violín e teclados sinfónicos, sobre todo no último tema, de 17 minutos!. Tal vez as voces sexan un pouco monótonas, eso sí, pero o sonido é bastante decente, e o CD déixase oír bastante ben.
Non sei se ós antigos fans da banda lles gustará, xa que o cambio desde o primeiro e incluso o segundo é significativo.
Chegaron, miraron, e recolleron (pero con certo éxito). 7/10
Editado: Abigail Williams acaban de comunicar que se separan. Vendo tantos cambios estilísticos en tan corto espacio de tempo, penso que fixeron ben.


Wig Wam - Wall Street (2012)
Hard Rock/Glam Metal
Oficial
Tema: Wall Street
Cuarto disco destes noruegos que se fixeran famosos hai uns anos a raíz daquel pegadizo tema "In My Dreams" co que representaron ó seu país en Eurovisión.
O estilo de Wall Street é máis ben continuísta do que levaban facendo; Sleaze/Hard Rock con moito aire americano dos 80, facendo énfasis nos estribillos, case sempre coreados e suficientemente pegadizos. Penso que o álbum empeza bastante ben, tanto o tema-título coma "OMG" (gran solo!) son boas cancións que se quedan á primeira e que teñen esa chispa que fai que menees a cabeza decindo: "yeah! rukanrol beybe!". O malo é que coa terceira comeza unha baixada que difícilmente retoma o nivel, con temas bastante trillados e clásicos que recordan, xa non sólo no estilo, senón nos riffs e estribillos a demasiadas cousas feitas. Acáballes faltando ese algo necesario para sobresalir da media, especialmente no referente ás baladas, o par delas que contén o CD resultaronme do máis insulso.
De feito tódalas veces que oín Wall Street, acabei perdendo a atención no disco sobre os 20 minutos, cando creo que empeza a primeira balada XD
Nada especial. 4/10


Manowar - The Lord of Steel (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Born in a Grave
É certo: non dou nada por Manowar desde hai moito tempo; considero que o último disco audible deles é o Louder Than Hell, e que durante os últimos anos timan ós seus fans a base de sacar DVDs e merdas que non dicen nada máis que que son un grupo sin ideas que viven do recoñecemento que lles deron os seus discos ochenteros. Ainda así, por curiosidade, púxenme co seu The Lord of Steel, sobre todo logo de ler o que decía o DiMaio antes de lanzalo:
"We were talking about a concept album but then got inspired to go in a different direction. This is where we are right now. I've been doing research on getting the best microphones and pre-amps for the guitars. The bass sound is death defying. We've done a lot of work on drums too, giving Donnie room to stretch out. And Eric will simply sound bigger than life as always."
Eu, iluso, pensei que ainda que fose un álbum mediocre coma o foi o anterior, poderían ter un par de temas variados e experimentales, xa que non teñen nada que perder, pero parece que incluso se volveron máis conservadores que cando eran novos, e aquela de "Achilles, Agony & Ecstasy", tema de media hora que empezaba o Triumph of Steel quedará coma o último resquicio de valentía destes "feroces guerreiros do auténtico metal e acero".
O que quero decir é que con The Lord of Steel ainda se cerraron máis na fórmula do riff fácil-simplón e estribillos repetitivos. Non importa que vexades que haxa un tema de case sete minutos, os 2 últimos pertencerán á repetición do estribillo unha e outra vez ata o punto de resultar máis cansinos que "a Roja" nestes últimos días. O peor pode ser que incluso nas cancións de 4 minutos, eses 2 últimos tamén pertenezcan ó estribillo, e se non o credes, oíde "Manowarriors", "Born in a Grave", "Righteous Glory".... incluso "Touch the Sky" ten máis estribillo que canción sendo de menos de 4 minutos.
E se ainda foran estribillos novedosos...
Poucas cousas poido salvar de The Lord of Steel, e entre elas non se encontra nin sequera o sonido do que tanto farda o señor DiMaio, do que dice que estivo facendo "unha investigación de micros e pre-amps"....jajaj por favor, se o sonido do baixo parece dun que esteña mal grabado, con esa distorsión que resulta incluso molesta... non falemos da batería, tan "dinámica" que rara vez pasa do "du pah dudu pah" e que sona incriblemente a caixa de ritmos. Logo temos a pobre guitarra que case queda tapada por Joey, salvo cando fai solos... e queda tapada por Eric Adams cantando o estribillo, facendo que sexa un instrumento prácticamente secundario para un grupo que dice tocar o Heavy Metal máis True do mundo... O único que se salva é Eric, que segue tendo unha gran voz, pero que con semejantes cancións queda máis ben deslucido.
Señores Manowar, ¿¿¿en 5 anos compoñen esta bazofia, con esta bazofia de sonido, e que deixa tal sensación de desgana???
Si na túa colección tés os 5 volúmenes en orixinal de Hell on Earth, igual, sólo igual! che gustará. 1/10


M-pire of Evil - Hell to the Holy (2012)
Blackened Thrash-Heavy Metal
Oficial
Tema: Metal Messiah
Chamados inicialmente PrimeEvil e formados por 3 ex-Venom coma Jeff "Mantas" Dunn, Tony "Demolition Man" Dolan e Antton, que este mesmo ano lle deixou as baquetas a un tal Marc Jackson, estaba cantado que M-Pire of Evil era unha nova versión de Venom, cousa que queda clara nada máis oír a inicial "Hellspawn". O feeling que desprende Hell to the Holy é esencialmente o da ex-banda dos seus fundadores, pero tamén atopamos referencias a todo o que foi a NWOBHM, a Motörhead (que xunto con Chrome Division me viñeron á cabeza ó oír ese deje de Metal sureño en "Snake Pit" e "Devil"), e en xeral ó Heavy-Thrash old school.
Pode que Venom non foran "holy of my helldevotion" salvo nun par de discos, e de feito, penso que o último que lles oín en profundidade debe de datar dos 90, pero M-pire of Evil non se defenden mal no que tocan. Mantas sácase algúns riffs bastante chulos, especialmente nos 3 primeiros temas -que case foron os que máis me gustaron-, pero durante o resto do CD encontrámonos con outros que non dicen demasiado novo, do estilo dos de "Shockwave", "All Hail" ou da que dá título ó álbum, que bebe polos catro costados de Venom, parecendo máis ben un pseudoplaxio (que non sei ata onde chega esto sabendo que éstes foron parte importante da historia da banda británica). Así pois, irregular pero curioso debut desta nova versión dos pioneros do Black Metal.
Eu diría que é un disco a catar para calquera fan de Venom, pero a mín non me acabou de encher. 6/10

martes, junio 26, 2012

Diario dun viking XVIII - Crónica vista desde dentro do concerto no Castro

Editado: crónica de Furia Asgardiana

Podedes pinchar nas fotos para velas mellor


Como xa dixera no outro post, penso que entre nós consideramos éste dos Castroconcertos, coma realmente o concerto inicial de Mileth. Tanto pola oportunidade de compartir concerto con sólo outro grupo xa reconocido nesta cidade, como por non ter aquel límite máximo de 30 minutos, como por ter nesta ocasión a todos os compoñentes e así poder vernos a nós mesmos en versión completa. Así que deixemos aquela media hora de maratón coma un experimento fulero no que ademáis non nos axudaron demasiado desde a mesa.. ehem.. nós sabemos do que falamos...

A cousa foi interesante, o escenario do Castro é grande e polo menos collimos todos sen apretujarnos. Tamén convencemos a Dana e Raquel para que foran de blanco :P, mentres que nós ibamos de oscuro, penso que lle deu finalmente un toque máis "pagano", máis vendo as fotos XD Pensamos nun momento en levar faldas, pero ó ser sólo dous os que as teñen... ademáis de que pode que sendo o primeiro concerto fose algo arriscado... ó final pasamos.

Así que empezamos coa nova intro, un tema moi galego, que penso que quedou ben ainda que o deixáramos na metade. Tal vez para a seguinte ocasión se faiga enteira.
Arriba a cousa empezou mal para mín, porque logo desa intro foiseme o pedal ó pisalo (outra vez os dichosos pedales jajaj) e fixen de chiquito durante 5 segundos intentando volvelo poñer ben e nun acorde que non era XD Ahí xa dixen: "empezamos bien... " XDD

Logo a cousa foi salindo pero houbo moitísimos fallos individuales. O curioso é que o público pareceulle gustar e non se percataron demasiado deles, polo que me comentaron. Tamén supoño que ó ser temas que oían por primeira vez, non sabían exactamente se fallabamos ou non. Parece que se fixaron máis nos fallos de sonido, xa que Dana non se oeu durante un rato, tamén Marcos parece ser que cantaba algo alto, algo lle pasou ó micro do violín, que o técnico subeu e estivo metido no medio noso un rato, Marcos rompeu outra corda!!! vaia gafe o que levamos con eso XD Menos mal que desta vez levamos unha guitarra de reposto, vendo o que pasara da anterior vez...

O técnico amañando cousas polo escenario... como eu non vía nada cos pelos diante, atopeimo nos pés e case dou un salto para atrás do susto XD

Cando acabamos o set de 6 temas propios que tocamos, a xente pedía outra, e o certo é que tíñamos unha máis gardada, pero decidimos que a cousa non estaba salindo todo o ben que podía ser, e mellor rematar ahí, xa que esa última que non tocamos non estaba tan preparada coma as outras e era arriscar moito poder acabar o que víamos de peor maneira. Aparte, eu polo menos estaba perdidísimo en canto a qué hora era, non sabía a qué hora empezáramos exactamente nin se eran cerca das 00:00 ou no (hora de acabar)... eso que polo menos a mín pasouseme rapidísimo.

Outro punto malo foi o aire que soplaba, a mín tapábame a cara a cada pouco porque me viña de lado e por veces fíxome perderme ó non ver o mástil ou enredarseme o pelo nas cordas.. en fin.. polo menos a cousa tirou para diante. As críticas foron positivas (ainda que sendo a maior parte amigos/familiares, non me fío moito). E incluso Txomi nos dedicou unhas palabras no seu foro:
http://solucionsextremas.mforos.com/2049704/10719568-2012-06-22-strangled-with-guts-mileth-en-castroconcertos/

Muy buena noche la de ayer con una asistencia bastante buena y un ambiente cojonudo.

Mileth dieron un muy buen concierto. Presentan una formación curiosa formada por voz femenina, voz masculina en gutural y coros, 2 guitarras, bajo, violín, teclado y bateria. El estilo está cojonudo ya que mezclan folk de raiz gallega con un metal CELTA (para mi más ke vikingo) con partes melodicas y oscuras aderezados muy bien por la armonia que les brinda el violín el teclado y el contraste de las voces femenina y masculina gutural.

Llegaron bastante bien al público que estuvo muy espectante y metido en el concierto. A pesar de ser una banda novel, apunta a ser una banda con mucho que decir ya que tienen temas muy guapos.

Espero verlos más veces.

Desde aquí agradézcolle a él (e Strangled With Guts) que compartiran escenario nesta primeira experiencia "real" de Mileth, e tamén as súas palabras, que desde logo nos animaron despois de que estiveramos un par de días un pouco pensativos de máis con fallos que considerabamos moi básicos.

As reaccións do público (que por certo, nunca me imaxinaría que houbera tanto... andarían a simple vista entre 80 ou 100??) foron, como dixen, en principio boas, e o abanico de parecidos e comparacións que nos comentaron foi amplio. Desde alguén que falou de Skyclad, unha rapaza que nos veu no maratón dixo algo de Turisas e Korpiklaani.. ata o amigo Victor Cores que me sorprendeu cun contundente: "estivo ben, ainda que non facedes nada novo; esto xa o fixo The Sins of Thy Beloved e Dismal Euphony". Desde logo unhas comparacións que na vida esperaría XD sobre todo porque os nosos riffs son moito máis "pagan" que os deses grupos e salvo un tema, somos un pouco máis rápidos ca eles, creo eu. De todos xeitos, estas comparacións tan diferentes véxoas como algo positivo. Supoño que significa que facemos algo difícil de identificar e eso véxoo bon.

Así que... estivemos unhas horas de baixón, pensando que case fora peor que o do maratón, pero logo de ver estes comentarios positivos, pois animounos bastante, e agora incluso pensamos que pode que tampouco fora tan mal coma nós o vimos desde arriba. Eso sí... medo lles teño ós videos... XD

jueves, junio 21, 2012

Diario dun viking XVI: primeiro concerto "completo" de Mileth


Mañá viernes con puntualidade ás 23:00 e se a choiva dá unha tregua (mira que non chover nada no inverno e agora en xunio non para...) Mileth dará o seu primeiro concerto "completo". Con esto quero decir; completo en canto a número de xente xa que no anterior a mala nova do fallecemento do avó de Cristian a última hora fixo que tocaramos sen baixo; e completo en canto a encher prácticamente unha hora de musica, xa que o daquel Maratón foran 30 minutos que nos impuxeran como máximo.
Se queredes facer botellón podédelo facer no parque do lado (polo que vín cousa bastante común os días de castroconcertos), así hanse tamén de ver menos os nosos fallos XD
Roguemos que o técnico non sexa tan pasivo coma o daquela vez e que nos permita oírnos a nós mesmos, que xa estaremos suficientemente nerviosos XD
Por outro lado pode que en pouco tempo haxa unha pequena demo. Puliremos detalles nas próximas 2 semanas e eu creo que neste verán estará lista.

Máis novas dos outros proxectos; con Herexía, Miguel volveu do cárcere (sí, é aquel do que poidestes ver numerosas pintadas a favor da súa liberación durante o último ano) e tomou con ganas o asunto. De feito, él e mailo batería son os reales iniciadores da banda, así que eu máis ben síntome coma un mercenario ó que mandan sacar cousas dentro dos límites que eles marcan.
Penso que pouco a pouco fun pillando o xeito do que eles queren, e as composicións foron variando dun Black-Death hacia o Death. No último ensaio sacamos un tema enteiro en 2 horas con riffs que tiña por ahí perdidos e penso que pode quedar bastante ben, con certo toque Behemoth-Belphegor (eso sí, sen tanta técnica XD), que penso que é por onde eles queren que vaia o seu grupo realmente.

Con Enuma Elis, deixárao de lado con tanta cousa destes dous grupos, pero foi nunha das creacións de Elías para Mileth onde retomei inspiración. Resulta que cando ma enseñou, foime moi fácil empezar a meter cousas, moito máis que na súa primeira (que ainda está en proceso). Cando lla enseñei a Marcos logo de "meter mao" sobre todo na guitarra base e certos doblamentos, dixo que eso se parecía máis a Enuma Elis que a Mileth e que lle faltaba algo máis de folk, cousa coa que estaba de acordo desde un principio. Pero bueno, sorprendeume que comparase algo con Enuma Elis, para mín é un halago saber que EE ten un sonido reconocible e diferente fóra dos samples que utilizo XD porque podía ter dito calquera outro grupo "máis formal" jajaj
A cousa é que metín a melodía principal e un dos cambios de ritmo no Tracker (manéxoo moito mellor que o Guitar Pro-coñazo co que deixamos constancia de todas as cancións), coa intención de grabar guitarras reales eu mentres probaba máis melodías folkies feitas co Tracker... pero foi transcribir e as ideas propias volvíanseme amontonar na cabeza, así que deixei que fluíran e que salise o que fose. Axudado pola falta de internet, en prácticamente 3 días conseguín facer unha canción de máis de 7 minutos de puro Enuma Elis a partir dunha idea doutra persona. Foi curioso.
Cando teña o tema finalizado é probable que o postee por aquí, e coma sempre, a mezcla de estilos é vasta: dende Black, Melodeath, Industrial, Viking, Gothic, sinfónico, Heavy-Power... ata hai unha parte que me recordou despois de facela a Sisters of Mercy XD Viva a heteroxeneidade! XD

martes, junio 19, 2012

Interrogantes de Metal - A imaxe no "Core"

Segunda "tengo una pregunta para usted":
02 - ¿Porqué os grupos de "core" adquiriron unha imaxe tan "emo" (sobre todo palpable neses cortes de pelo tan ridículos), incluso os de estilos máis extremos tipo Dethcore?
Pois eso... conxunción de modas superpostas no mesmo espacio-tempo que varían entre "rebelde" e "cool"? a saber... e porqué parece que nas fotos oficiales están todos de resaka?

domingo, junio 17, 2012

Bizarradas Musicales: Babymetal


Hai xa un tempo que vín aparecer a estas 3 nenas xaponesas en diferentes páxinas web dedicadas ó Metal, causando un gran revuelo pola extraña mezcla musical que elas chaman Pop Idol e Death Metal. Penso que en xeral hai máis detractores que fans de Babymetal entre os metaleiros, polo que non sei se triunfarán demasiado fóra do círculo xaponés.
Por se non o oístes, aquí vai un exemplo:

E por aquí unha extraña entrevista coa que flipei nun principio, ata que vín que todo era máis ben de coña XD

Parece que os inicios desta "banda" datan de 2010, conseguindo unha polémica fama a partir do posteo en Youtube do seu tema Doki-Doki Morning, que consigueu aglutinar gran número de comentarios (supoño que a maioría deles despectivos ou negativos) por todo o mundo.
Dícese que unha das cabezas detrás deste proxecto é o ex-Megadeth Marty Friedman, que como é ben sabido por todo fan metálico estableceuse en Xapón desde hai tempo e participou en algúns proxectos un pouco máis alonxados do que viña facendo con Mustaine.

Bueno, como poidestes oír, a mezcla é bizarra dabondo como para estar metida nesta sección XD e a miña opinión deste híbrido de Dance/J-Pop e Death moderno/Nu-Metal/Metalcore é... que non sei qué opinar XD A mín gústame a diversidade musical, e gústame que haxa artistas que innoven e faigan algo fóra do común. A orixinalidade é algo que valoro polo que vexo por ahí adiante máis positivamente que o normal, pero hai algunhas cousas que non me pegan con Babymetal; primeiro, vexo unha mezcla demasiado extrema a priori, segundo, pareceume algo ridículo "bailar coreografías de metal", se vos digo a verdade XD e terceiro, as partes máis cañeras non me acaban de gustar, recórdanme a Slipknot e non é unha banda que precisamente esteña entre as miñas favoritas. Eso, na parte musical; na parte menos "sonora", creo que este proxecto atufa a márketing por todos lados. Nótase a leguas que detrás desto hai alguén poñendo medios para que estas nenas se faigan o máis conocidas posible. Chegoume con ver que os esqueletos en directo se dedican máis a gardar a coreografía que a tocar (ou mellor dito, facer que tocan), incluso non me extrañaría que aparte do playback das rapazas, esas non foran as súas voces. Hai un compoñente de artificialidade ó redor de todo esto que me tira moito para atrás, pero polo resto, bizarro e curioso de ver XD


Aquí tedes a letra desta canción, gracias a Yuridia, que a escribeu nun comentario dunha páxina que falaba de Babymetal. Líricas profundas onde as haxa.

El peinado con el flequillo cortado completamente recto es un lindo estilo
También la vereda recta, somos de primera y segunda clase (secundaria en japón)~ genial!
Aquello es el rap de hoy? Esto? Eso? Qué cosa?
Cuál? Corre? Ya es tarde, qué hora es ahora?

Antes de la escuela Tiempo de fiesta
Somos el grupo de chicas del que las chicas hablan, genial!
Qué es VIP hoy? Esto? Eso? Qué cosa?
Cuál? Corre? Ya es tarde, qué hora es ahora?

Haz como que no nos odias! odias!
Haz como que no ves al mundo! lo ves!
Espera a la 4a y la 5a dimensión! Espera!
Quiero crecer un 10%! Quiero!
Lo quiero!!

Ring, ring, ring! Buenos días, despierta
Por-fa-vor! Espera un poco! Espera un poco!
Ring, ring, ring! Tranquilizate, apúrate!
Ring, ring, ring☆en la mañana
Ring, ring, ring! Entro en pánico, maquillaje
Por-fa-vor! Espera un poco! Espera un poco!
Ring, ring, ring! Es la versión actualizada de hoy
Ring, ring, ring☆en la mañana

La cara sin maquillaje, las gafas y las pinzas en el cabello, que cara más rara
Pero en 3 segundos lo cambiaré ultra-rápido!
Aquello es el rap de hoy? Esto? Eso? Qué cosa?
Cuál? Corre? Ya es tarde, qué hora es ahora?

Haz como que no nos odias! odias!
Haz como que no ves al mundo! lo ves!
Espera a la 4a y la 5a dimensión! Espera!
Quiero crecer un 10%! Quiero!
Lo quiero!!

Ring, ring, ring! Buenos días, despierta
Por-fa-vor! Espera un poco! Espera un poco!
Ring, ring, ring! Tranquilizate, apúrate!
Ring, ring, ring☆en la mañana
Ring, ring, ring! Entro en pánico, maquillaje
Por-fa-vor! Espera un poco! Espera un poco!
Ring, ring, ring! Es la versión actualizada de hoy
Ring, ring, ring☆en la mañana

Ring, ring, ring! Buenos días, despierta
Ring, ring, ring! Buenos días, despierta
Ring, ring, ring! Buenos días, despierta
Ring, ring, ring! Buenos días, despierta

Pum-pum del corazón☆en la mañana

Quédome con este comentario que me atopei:
I smiled. I laughed. I fapped. I cried.
Oh, Japan, why do you keep doing this to me....?
Buenísimo XDDD