viernes, septiembre 09, 2011

Enuma Elis - Sons & Demos (2011)


Unha pequena ficha técnica, que sempre me molou facer estas cousas :D

Banda: Enuma Elis
Álbum: Sons & Demos
Lanzamento: Setembro 2011
Discográfica: No
Componentes: Enlil (todo o que sona e o que non sona tamén coa axuda do Schism Tracker)
Estilo: Instrumental Tracker Dark Metal
Influencias: Symphonic Metal, Black Metal, Gothic Metal, Epic Soundtracks, Progressive Metal, Doom Metal, New Age,..

2012 Version:
1. Ah! Tristes Aqueles Soños (5:42)
2. Visións - O Espello Deformador (6:11)
3. A Palabra, A Agonía (1:11)
4. Subconsciente Rebelion (9:55)
5. Eterna Perdición (4:21)
6. Capita Mortua (4:06)
7. Demo (0:52)
8. Inferno Prós Innombrables (3:44)
9. A Extinción Do Tempo (1:07)
10. Son (8:10)
11. Entrada Ó Vortex (2:12)

jueves, septiembre 08, 2011

Microreviews Septiembre'11 - II


Demonical - Death Infernal (2011)
Death Metal
Myspace
Normalmente empezo a oír un disco sen ter nin idea do que vai salir, collendo case que ó azar do disco duro para ver qué sorpresa me depara o día. Algo así faigo cando coloco algo de música no MP3, é o mellor para formarse unha opinión obxectiva e non contaminada por ninguén de primeiras. Así foi como puxen a Demonical e cos primeiros acordes de "The Arrival of Armaggedon" dixen: "tan sueco coma as tías das pelis de Paco Martinez Soria, sin duda". A verdade é que é palpable a influencia tanto de Hypocrisy, coma de Edge of Sanity, Dismember, Grave, Emtombed e incluso coma de Amon Amarth. E o certo é que se vos gustan eses grupos vexo difícil que non vos pegue a gana de mover a perna poñendo Demonical, que xoga co mid-up tempo na maior parte do álbum, guitarras profundas e "rasposas", típica voz gutural que cumple, e riffin' agresivo e directo, por veces máis cercano ó death old school e por veces máis cercano ó melodeath e incluso con certo toque épico coma en "March of Victory". Todo moi cohesionado e compacto, Death do bon. 8/10



Sideburn - Jail (2011)
Hard Rock
Myspace
Qué sería de Am I Blood se non existiran Metallica, de Tierra Santa se non existiran os Maiden, de David deMaría se non existise Alejandro Sanz ou de Lady Gaga se non existira Madonna?... e é que hai grupos que coma lle pasa a Sideburn, probablemente estarían facendo algo moi diferente da súa vida se non existira o seu grupo fetiche, neste caso ,AC/DC. Desta forma, Sideburn convirtense nunha especie de Airborne suízos que utilizan o mesmo sistema de facer Rock que eles, cantan sobre as mesmas temáticas e incluso cun rexistro sonoro similar, que sería AC/DC xuntado coa época Killing Machine-British Steel de Judas Priest (o cantante ten máis que un aire a Halford, claro está, salvando as distancias) e cun toque bluesy-southern Rock.
Polo que, os que non soportades os grupos-tributo pouco orixinales abstédevos, en cambio os que non vos importe demasiado, aquí teredes unhas cuantas cancións de xenuíno Rock, que non están peor que calquera cousa que fixera AC/DC nos últimos 15 anos -ainda que esto non é para nada complicado-, e que penso que cadra xenial como música de fondo mentres bebes unha birra dun local de moteros.
Por dios, "Shout It, Shout It Forever"!!! é "Hell Bent, Hell Bent For Leather" ripeado vilmente!! XDD. Un punto menos do que pensaba poñer por ese plaxio XD 4/10


Skuldom - Kill This Fucking World (2011)
Black Metal
Official
Sempre pensei que un grupo de Metal Extremo podería funcionar perfectamente sen baixo pero con guitarras, o que nunca pensei que algunha cabeza tola argallaría, sería xuntar un baixo, batería e voz e poñerse a facer Black Metal. Eso é o que os neozelandeses Skuldom fan, e cun resultado do máis inesperado e crudo. Descubríraos fai un tempo co video totalmente insano de Orgiastic Blasphemy, e é realmente chocante ver a un grupo de Black no que non hai guitarras e liderado pola voz dunha rapaza, bueno, esto último cada vez é menos chocante :D O baixo está distorsionado ata o extremo para dar a sensación de guitarra extraña, e fai que o sonido deste "Kill This Fucking World" sexa sucio, extremo e moi "crust" no que se refire ó único instrumento de corda. En canto ós temas, encontramonos cun Black Metal moi "old school" e con moi pouca melodía (obviamente), no que o grupo se centra en transmitir unha sensación de caos totalmente opresiva. Penso que ós amantes do Black extremo, cunha batería que varía o necesario para non causar monotonía sónica excesiva, poderían disfrutar a Skuldom. Eu no. 3/10


Trivium - In Waves (2011)
Thrash - Metalcore
Myspace
Ah! Trivium... grupo con tantos fans coma detractores... e do que me é difícil poñerme nunha situación concreta. Non é que me flipen os seus anteriores discos precisamente, pero dentro do que cabe puiden gustar dalgún riff ou canción concreta, incluso nos seus momentos máis "core", porque se os tíos están inspirados poden compoñer moi ben. O que sí me pasou con todos os seus discos, desde os máis Metalcore ós máis Thrash é que oídos enteiros resultanme cansinos, e eso é o que se me repite en "In Waves"; a pesar de encontrarme con cancións bastante traballadas e dignas dun bon headbanging, hai momentos de flaqueza nos que o corpo me pide cambiar o chip a outra cousa. Non sei se se debe á voz rasgada-core ou ó rexistro limpio que por veces parece producirme un escalofrío de grupillo MTV punk-rock, e eso que Trivium parece que tentaron correxir un pouco eso e darlle un toque Hetfield-Flynn xa desde "The Crusade", pero non me convence e témome que non o fará nun futuro. É unha pena que a parte vocal me tire tanto para atrás a un grupo, pero non o poido remediar con Trivium, e unido a eses momentos nos que parecen ter un cartel decindo "MTV teens available to play at your show", fai que outra vez o considere un álbum inconsistente. Unha pena, porque hai partes musicales que volven a ser moi boas. 4/10


Dotma - Sleep Paralyses (2011)
Symphonic Power Metal
Myspace
Brr outro grupo novo de "female fronted symphonic operatic power metal" XD... e eu que pensaba que esta moda estaba empezando a remitir... Neste caso trátase dunha banda finlandesa que non aporta excesiva orixinalidade ó saturado xénero, pero que alomenos non trata de copiar descaradamente os primeiros traballos de Nightwish. Esta variante do Power á que lle añadimos un toque de gótico fácilmente nos pode traer á cabeza a grupos do tipo de Delain, Visions of Atlantis, últimos Epica... cos que Dotma comparte ese gusto por intentar facer melodías elegantes a través de unha línea suave e accesible, sen chegar a ser un intento popeiro coma últimamente Sirenia e Tristania. O tenor que de vez en cando acompaña á rapaza dalle un toque máis solemne, facendo recordar en algunha parte a uns Therion sen demasiada inspiración nin ganas de experimentar, pero que ainda así reconforta.
Tal vez o punto máis negativo veña de parte da cantante femenina, que non se esforza o máis mínimo por escapar dos clichès típicos do xénero e limítase a reproducir a mesma voz que moitas outras e que irremisiblemente nos leva a pensar en Simone Simons ou Floor Jansen.
Disco do montón, hoxe en día esíxolle máis a este tipo de grupos dos cales en cada país hai un cento. 5/10


Electric Earth - Touching The Void (2011)
Alternative Hard Rock
Myspace
Outros suecos facendo Hard Rock, ainda que as influencias destes non son tan ochenteras e/ou glammers como viña sendo habitual nos meus descubrimentos deste carácter. Máis ben poden estar influenciados por grupos máis noventeros e modernos, coma poden ser os Foo Fighters, Soundgarden, Stone Temple Pilots, Seether e similares, ainda que de vez en cando metan uns toques de Hard añejo que poderíamos emparentar directamente con Led Zeppelin. Incluso tamén algo máis propio do Stoner Metal, que colle, penso que á súa vez, bastante desa escola de Rock setentera coma os citados ou Black Sabbath. Non son unhas influencias que personalmente me cautiven, coma tampouco me cautiva este álbum, a pesar de que poido oír sen problema algúnhas cousas das bandas citadas, e que dentro do que cabe, Electric Earth non o faigan mal nese intento de facerse "banda MTV-Rock"... pero a mín non me gustaron. 3/10


Abigail - The Lord of Satan (2011)
Black-Speed Heavy Metal
Myspace
Éste "The Lord of Satan é unha recopilación dos.. mellores? -cómo serán o resto..- temas da banda xaponesa de 20 anos de antigüedade Abigail. O grupo en cuestión parece ser que estivo certamente activo nestes 20 anos e sacaron numeroso material en forma de Splits, EPs e algún album enteiro, De feito este é o seu cuarto recopilatorio na súa historia, case coma Iron Maiden e a súa máquina de exprimirlle os cartos ós fans XD Non sei se éstes fan eso de sacar recopilatorios coas mesmas cancións unha e outra vez, ou directos case iguales pero grabados en distintos lados, pero tampouco é que me quedara moita gana de sabelo, xa que a música de Abigail non me atraeu demasiado. O que fan é un Heavy-Punk fusionado con Thrash e Black, con voz rasgada e cun sonido sucio a máis non poder. As cancións do recopilatorio teñen toda a pinta de ser grabadas a machete, igual nunha toma e todos xuntos á vez, tipo concerto na sala de estar (¿qué é eso de medios modernos e pistas de ordenador? hai que ser trves de verdad e poñer o radiocasette a grabar! Chrome Ist Krieg!!). Eso sí, hacia o final a cousa mellora un pouco e deberon tomarse algo máis de tempo para grabar -o que me fai pensar que tal vez deixaron as súas grabacións do 94 tal cual?-. Como sexa, a labor compositiva non a teñen moi acentuada logo de tantos anos e tampouco a labor técnica (algún solo parece improvisado no momento!) e ten un espíritu moi punk-black de los bosques que non me mola nada. O único digno de comentar e me sorprendeu:
- O par de cancións nas cales o único intrumento que sona é un teclado, e ademáis póñenas seguidas na mitad do disco.. qué tíos! XD logo hai outra hacia o final que tampouco pinta moito.
- Primeira vez que vexo na miña vida unha canción repe nun recopilatorio XD, "Mephistopheles", a primeira toma con sonido cutre e a segunda algo mellor XD 1/10
PD: empezaron xirando con Sigh!


Turisas - Stand Up And Fight (2011)
Symphonic Metal
Myspace
Desde un principio me chamou a atención a portada que sacaran para este novo disco de Turisas, parece algo así coma a cover dun cómic de vikingos ou dunha peli dos anos 50-60 sobre batallas de bárbaros escandinavos. E penso que realmente eso é o que quixeron facer, porque a influencia folk-vikinga que tiñan anteriores traballos quedou intercambiada por moitísimos arreglos orquestales máis propios de banda sonora. Unha pena que se quedara en banda sonora de barbarianmovie serie B... porque realmente non hai pezas que me acaben de gustar, e xa van unhas cantas escoitas... A composición paréceme un pouco inconclusa e irregular, supoño que quixeron coller esa forma de "BSO", pero baixo a miña percepción non souberon cómo plasmala ben. Tal vez a palabra coa que eu definiría este álbum é "ambicioso" ou "pretencioso", porque pretende chegar a cotas moi altas e quédase en música de exploitation con altibaixos.
A orquestación colleu tanto peso ou máis que o lado metálico en Turisas, pero a pesar de ter moito detalle, quédase nalgo frío e con bastante pouca emotividade, facendo que a maior parte das cancións de "Stand Up And Fight" acaben por decir nada ou pouco, incluso logo de varias escoitas.
As voces son máis limpias que nunca, penso que os amagos de rasgados son contados en todo o álbum, e os riffs e punteos prácticamente desapareceron en pos de maior sentimento épico nos teclados-orquestacións.
Un disco nunha dirección que podería ser interesante, pero que Turisas non souberon sacar proveito, hai unha bonita cuberta, pero sen forza no fondo. 3/10


Deviant Syndrome - Inflicted Deviations (2011)
Melodeath
Official
O disco debut destes rusos non é que sexa excesivamente orixinal, pero alomenos conseguiron compoñer un puñado de cancións que poderíamos considerar coma Power-Melodeath, bastante melódico e con teclados ocasionales, que supera a media do que levo oíndo nos últimos anos. Desde logo, se un grupo vén á mente en primeira instancia, ese sería os Children of Bodom dos primeiros discos, ainda que Deviant Syndrome aposta máis polo melodeath europeo que polo metal neoclásico. Sería algo así coma se a éstes, coma Kalmah, Ensiferum (os menos viking), primeiros Norther,... lle añadiramos un chisco de Death-Thrash; de feito na canción "A Day to Fall", unha das máis cañeiras do álbum, hai un riff "made in Death (banda)".
A pesar da sobresaturación deste estilo, ainda me gustan certas cousas cando se notan que están ben feitas, e éste é un deses discos, sen ser algo brillante, óese dun tirón bastante ben. 6/10


Black 'n Blue - Hell Yeah (2011)
Hard Rock
Myspace
Black'n Blue é unha desas bandas que quedou desterrada logo do Ragnarok do Hair Metal ochentero. Reconozco que a mín non me sonaban de nada ata hai uns 10 anos, nos que oín un par dos 4 traballos que sacaran a mediados dos 80 sin que me chamaran moito a atención.
Algo así pasa con este traballo que os devolve á actualidade e no que estiveron traballando ni más ni menos que 8 anos. O estilo podedes intuílo, Hard Rock basado naquela movida americana da que proveñen, un pouco duro para ser considerado Sleazy ou Glam, e un pouco melódico demáis para ser considerado Heavy Metal. Hell Yeah! componse de 15 cancións nas que se comparte espíritu festeiro con temas máis directos. Non me parece un mal disco de Hard, a verdade, e aqueles que disfruten de Warrant, Kiss, Quireboys, Ratt, White Lion... deberían darlle unha (segunda) oportunidade de xuntarse con algunha groupie a estes "jarrokers".
Outro bon disco para amenizar unha noite nun bar de moteros. 6/10

miércoles, septiembre 07, 2011

Microreviews Septiembre'11 - I


Ava Inferi - Onyx (2011)
Doom Gothic Metal
Myspace
Carallo, en Portugal hai cada grupo... que dá gusto oír. En materia de Doom/Gothic lévannos unha boa distancia ós españoles, supoño que ter ó mellor grupo de Doom-Gothic da península e tal vez do mundo, debeu influir o seu na audiencia metalera durante toda a época dos 90 e 2000.
E logo, nós, en España temos ó Sonisphere e cousas do estilo con Maiden, Metallica, Twister Sister e demáis e eles teñen o Vagos, Barroselas, Ilha do Ermal, etc... supoño que sabedes por onde vou, e que vexo bastante influínte para que os do país veciño teñan unha cultura metálica máis amplia e ampliada na sociedade. Eso calquera o vé nas salas e no público de calquera concerto portugués.
Ben, indo con Ava Inferi, recordo que lles oíra algo hai tempo, pero desde logo non foi da calidade de Onyx, senón teríame lembrado mellor. Porque Onyx é un xenial viaxe onírico e místico guiado pola emotiva cantante Carmen Susana Simões e sembrado por Rune Eriksen, un dos guitarras que tivo Mayhem e que actualmente reside en Portugal. A aura absolutamente envolvente que desprende Onyx colle influencias do que foi o Doom-Gothic noventero de bandas coma Theatre Of Tragedy, The Gathering, The Third & The Mortal e incluso algo de Type o Negative pódese intuír na xenial "The Heathen Island". Outras influencias que verán como máis próximas as novas xeracións poderían ser Draconian ou Madder Mortem, ainda que creo que é unha relación máis vaga. A mín encantoume sen ser nada exactamente novo, é coma unha volta ás raíces do Doom con voz femenina. 8/10



One Without - Sweet Relief (2011)
Pop Melodeath-Metalcore
Myspace
...por se este ano non tiveramos suficiente coas tremendas deposiciones que a nova masa fan-metálica quinceañera parece estar consumindo do tipo de Amaranthe ou Deadlock , ou o ano pasado System Divide-esperemos que esto sexa unha moda pasaxeira-, bandas de todas as partes do mundo están salindo, copiando esta desafortunada mezcla de Pop cantado por rapaza, probablemente moi fea, con Metalcore americano con tintes de Melodeath sueco (outra mezcla xa de por sí pouco afortunada)...
Pois... penso que está todo dito xa sobre esta banda, pero bueno, poido añadir que que a música de One Without carece de personalidade, é vacía, e de estribillos -porque de riffs non distinguiremos un ó final do disco- vai excesivamente na onda de Deadlock, que xa nos martirizou na súa última bazofia con mil estribillos clónicos... así que... máis clonación AINDA... e por decir algo bon, ten un sonido e producción bastante profesional, pero a estas alturas.. a alguén lle importa?
Entroume urticaria antes de chegar ó final das 17 cancións (1:04:33)!!!!, e tíveno que deixar na 10 ou 11, síntoo. 0/10


Doga - Hod' Si To (2011)
Heavy Metal
Official
É curioso, a pesar de levar case 20 anos de historia e 8 discos, non me sonaban de nada os checos Doga, pero máis curioso é que me recorden a horrores a toda a movida jevimetaleira española ochentera-noventera (que nos casos que sobreviviron tamén foi dousmileña XD). Supoño que cada país terá os seus Barricada, Barón Rojo, Obús, etc. que permaneceron máis ou menos fieles ó que foi o seu estilo desde os comezos. Éstes Doga teñen ese deje que fai que me acordara de todos estes grupos máis algún surxido un pouco máis tarde coma Lujuria -primeiros traballos-, banda coa que Doga comparte un rexistro idéntico vocal. Este Óscar ha ter un irmán por aquelas terras? A mín sorprendeume encontrar un grupo co típico sonido "metalhispano", que claro está, foi collido anteriormente das escolas americana e británica, pero bueno, os que conozcades o término "metalpaco"-que nunca me gustou, prefiero o término "jevi"-, saberedes a qué me refiero. Musicalmente non ten moito destacable, a mín deume a sensación de telo oído xa noutros grupos de pequeno polo tremendamente clasicote que é, pero tampouco é que me parecera malo. 5/10


Assaulter - Boundless! (2011)
Blackened Thrash Metal
Myspace
A pesar de que o álbum destes australianos empeza cun riff case plaxiado a Iron Maiden, no resto encontrámonos a primeira vista cun Thrash de vella escola máis cerca duns Sodom, Destruction e Kreator hai uns anos e con numerosos cambios de tempo. A voz blackeira dálle un aire a Assaulter ós seus compatriotas de Destroyer 666, Razor of Occam e incluso a algunhas cousas de Absu ou Melechesh!. A pesar de que me gustaron máis unhas cancións que outras, o disco óese bastante ben e ten os seus momentos viciantes. A producción ten o seu punto de suciedade que lle otorga un aire old school chulo e a mezcla entre rasgados, riffs Thrash con punteos heavies, e base con sonido UndergroundMetal-80's cumple bastante ben. 7/10

Link
Dynazty - Knock You Down (2011)
Hard Rock
Myspace
Outros suecos máis facendo Hard Rock con moita influencia ochentera. A mín recordáronme a moitas cousas que hoxe en día xa teño desterradas e prácticamente olvidadas, a centos daqueles grupos que pretendían seguir a estela dos grandes e chegar a ser "estrellas del Rock" rodeados de groupies e lujo. Lamentablemente o seu intento quédase nun grupo máis do montón dos que siguen as andaduras de hai 20 anos de Skid Row -o cantante ten máis que un aire a Sebastian Bach-, Steelheart, Cinderella, Winger... non sei, ocúrrenseme moitos e ó mesmo tempo ningún en especial, é o que ten facer o que outros fixeron durante anos e que acabaron por saturar a escena Rock, sen ningún matiz de orixinalidade, e con cancións que non están mal, pero que non chegan a ser recordables.
Un álbum máis de Sleazy-Hard Rock. 5/10


Babyjane - Are You Listening? (2011)
Hard Rock
Myspace
Outros suecos australianos máis facendo Hard Rock con moita influencia ochentera. A mín recordáronme a moitas cousas que hoxe en día xa teño desterradas e prácticamente olvidadas, a centos daqueles grupos que pretendían seguir a estela dos grandes e chegar a ser "estrellas del Rock" rodeados de groupies e lujo. Lamentablemente o seu intento quédase nun grupo máis do montón dos que siguen as andaduras de hai 20 anos de Skid Row, Steelheart, Cinderella, Winger... AC/DC... non sei, ocúrrenseme moitos e ó mesmo tempo ningún en especial, é o que ten facer o que outros fixeron durante anos e saturaron a escena Rock, sen ningún matiz de orixinalidade, e con cancións que non están mal, pero que non chegan a ser recordables.
Un álbum máis de Sleazy-Hard Rock.
Éstes están un pouco peor. 3/10


Guardians of Time - A Beautiful Atrocity (2011)
Power Metal
Myspace
Non hai moito estiven escoitando no coche a cinta (sí ainda hai quenes temos un coche con cintas XD) de In Flames, "The Jester Race"... ainda que Guardians of Time son un grupo que calquera definiría coma Power Metal eu atopeilles moitas similitudes no apartado musical con ese disco e con eses daquela época de In Flames. O único que cambia é que non hai momentos case de tremolo-picking nin blastbeats, pero no resto vexo máis que un parecido. A voz do cantante, típica do Heavy-Power, desde logo fai alonxar nun principio ese parentesco cos suecos, pero imaxinando que todo o álbum estivera cantado con guturales... Por certo, coma en moitos grupos de Power últimamente, tamén se atreven a meter algún que outro growl puntual. Non me pareceu que estivera mal, a verdade, calquera que lle guste o melodeath e o power americano debería darlle unha oída -sería unha boa continuación para o que resultou gran fiasco, o último de Human Fortress-. 7/10


Talanas - The Waspkeeper (2011)
Progressive Death Metal
Myspace
Éste é un dos estilos ós que me refería hai tempo dos que non encontrarás unha crítica negativa por parte de ninguén. Parece que o Metal Progresivo está a veces tan ben considerado que aqueles ós que non lles guste un disco dese xénero non o dirán, e aqueles que non o consideren unha gran cousa, pois afondarán nas habilidades técnicas e na complexa estructura de temas e composición variada para, finalmente acabar poñendo bastante máis arriba do que parece a certos álbumes. Se esto pasa co Progresivo habitual, no mundo do Progresivo Extremo, esta condescendencia é maior se cabe. Ata o punto de que creo que nunca vín a ninguén decir malas cousas sobre grupos de Progressive Death Metal!
Talanas son un grupo que está a recoller un bo número de excelentes críticas, e baixo a miña preconcepción, a pesar de que hai moitas cousas dese estilo que me gustan, dispúxenme a oílos. O primeiro que un pode observar é a saturación da grabación, non sei se é cousa do ripeo que oín, pero o baixo e guitarras están como grabados tan altos que parezca que leven ruído incorporado (tal vez sexa algo que o grupo quixera? extráñame). As cancións camiñan entre varios estilos, sendo unha constante o Death Metal a medio tempo, pero podemos oír cousas máis "heavies", "thrashers", "doomies", "blackers" ou "post-". As cancións son complexas e dentro delas hai moitos cambios de rexistro, tanto musicales como en feeling' e vocales, que van desde o growl ó rasgado á voz clara máis propia de grupos de "post-rock/post-metal". A mín recordáronme un chisco a uns Opeth ó que lles cambias o toque de prog-70's polo do Post-Metal... tamén a Ihsahn ou os tardíos Emperor, e non me pareceron tanta maravilla coma os poñen por ahí, sona irregular, inconsistente, e acábaste quedando con poucas cousas salvo a boa labor técnica e algún extracto. 5/10


FireWölfe - FireWölfe (2011)
Heavy Metal
Official
Ainda que éste é o primeiro disco desta banda norteamericana, os compoñentes non son nin moito menos uns rookies. Liderados na voz está David Fefolt, que cantou en grupos coma Angels of Babylon, Fifth Angel, Forgotten Realm ou o do guitarrista italiano Alex Masi. Pode que eses proxectos non chegaran a ser nunca moi populares, coma tampouco creo que o chegue a ser FireWölfe, que practica un Heavy-Power americano bastante mallado a estas alturas. Hai poucas cousas destacables neste primeiro autotitulado, tal vez o mellor sexa a performance de Fefolt. En canto ó musical, houbo varios grupos que me viñeron á cabeza coma Savatage, Black Sabbath e algún máis destes de power americano, pero penso que deben de ser grandes fans de Saxon. Un disco que pasa desapercibido e que se fai un pouco ñoño por momentos. 5/10


Wolfchant - Call of the Black Winds (2011)
Symphonic Viking Metal
Myspace
Wolfchant é un grupo que conocín no seu ano cun álbum máis ca decente coma era "A Pagan Storm". Logo desa tivo un baixón compositivo en "Determined Damnation", que se non recordo mal foi coma un fallido intento de acoller un novo público máis próximo ao Viking-Melodeath tipo Ensiferum, e desta volta, os alemanes intentan facer o mesmo pero con Turisas, adoptando tanto unha "orquestación" similar coma un tono lírico vocal parecido que toma incluso máis protagonismo que a voz rasgada en algúns temas. Teño a seria impresión de que Wolfchant non teñen nin idea do que queren musicalmente, sólamente coller o que eles creen que pode gustar porque está tendo máis público e listo, a meter cousas parecidas. En realidade "Call of the Black Winds" non resulta un mal álbum, ten as súas partes boas e cañeras e algún estribillo que engancha, pero tamén ten cancións fuleras, ou cancións que son moi irregulares, que unen momentos bos con seguidamente momentos tediosos (proba delo The Last Farewell, con estribillo pegadizo -ainda que moi Turisas-,pero rodeado por un resto de canción do máis mediocre). A producción é de primeira, pero non sei eu cómo lles irá con este intento de Turisizar a banda. 5/10

lunes, septiembre 05, 2011

Loading the Sons and the Demons

Por aquí veño para falar un pouco sobre a demo, como tiña prometido. O primeiro que teño que decir é que non vos esperedes demasiado XD O sonido segue a ser o mesmo trapalleiro de sempre e na composición a cabeza non deu máis para ben ou para mal. Quixen meter unha canción feita con guitarras reales e voz, pero acabei saturado e quixen rematar todo canto antes. Ademáis a duración xa empezaba a ser excesiva para o que quería; uns 54 minutos de música únicamente instrumental e feita con PC xa penso que é moito :S Para oír algunha opinión o que fixen foi ir enseñando pouco a pouco a algunha xente algún temilla, pero non os mesmos temas a cada un, de xeito que "x" tema llo enseñaba a éste, "y" a aquel e así. Máis ca nada para ver opinións diferentes, estivo ben e houbo de todo tipo comentarios XD
Pequenas reflexións sobre os temas:

1. Ah! Tristes Aqueles Soños (5:42)
Esta é unha das cancións máis diferentes que fixen baixo Enuma Elis. Estiven un tempo decidindo se a dividía en dous para facer unha “Intro” e logo o resto, pero pensei que realmente ese piano era parte da mesma canción que lle seguía, e nin sequera separei os “efectos especiales”. Quería algo de “bos sentimentos” para o comezo do álbum, pero que tivese ese revés retorcido no fondo. Desta vez procurei tamén ter especial coidado con estructuras pouco definidas e ésta é proba delo. Pareceume que alguén me dixera cando a oíra que me vendera, aihaih XDD
2. Visións - O Espello Deformador (6:11)
Foi a segunda que fixen. Nun principio tiñaa pensada coma unha canción con dúas partes. Ésta sería a primeira e na segunda faría un camiño inverso, empezando por onde acabara con ésta e volvendo ó inicio, algo así coma unha metáfora do reflexo nun espello, pero acabei desbotando esa idea. Polo demáis é unha típica canción de EE, cunha maioría de Gothic-Doom, un rollo medio progresivo no medio e algo de Black atmosférico ó final.
3. Ira Contida (Tralas Rosas Da Perdición) (6:42)
A primeira que fixen. Tiña moita curiosidade por saber qué me podería salir logo de 4 anos sen compoñer en ordenador, e sabía que tería que facer algo diferente e con mais coidado de estructuras, así que, a partir dun riff totalmente thrasheiro, empecei esta nova ornada de temas. A primeira versión era de máis de 7 minutos, pero dinme conta que se facía repetitiva, así que recortei varias partes. Cando a sacara estaba orgulloso dela, pero agora, debe de ser de tela tan oída (desde hai un ano), xa a teño medio cansada. Ademáis sempre me pasa que a que máis me suele gustar é a última feita, e a que menos a primeira. Alguén me dixo que o parón orquestal era típico meu, pero penso que é un recurso que sólo fixen en 1 ou como moito 2 cancións (de unhas docenas) así que... tampouco lle fixen moito caso.
4. A Palabra, A Agonía (1:11)
Entre as tres primeiras e a seguinte facíaseme algo denso, así que decidín insertar un pequeno parón para coller aire. Nun principio sería sen "guitarras eléctricas" -ou o sample que fai deso XD-, pero non me puiden resistir a meterllas na parte central a esta melodía bastante folky.
5. Subconsciente Rebelión (9:55)
Outra coa que tiven especial coidado con estructuras, intentando variar o suficiente ó mesmo tempo a canción. Éste é o meu mítico intento de xuntar partes lentas con partes rápidas, e melodías orquestales lentas con baterías a todo gas. A parte xusto antes do estribillo final foi descrita por unha persona coma “unha búsqueda de novos horizontes” para o que levaba eu feito. Non sei.. simplemente saleu así. O "estribillo" ten a súa complicación, prácticamente cada instrumento está facendo algo diferente ó mesmo tempo. Alguén me díxo que costaba pillalo por haber tantas cousas, pero bueno...
6. Eterna Perdición (4:21)
Ésta é unha das miñas preferidas, a melodía principal saleume pegadiza -eu penso- aquel día de inspiración, nun principio seguina e chegou ata os 8 minutos, pero pareceume que cambiaba moito do inicio. Se foran outros anos probablemente a seguiría ata remolcar a melodía principal outra vez, pero desta vez decidínme por amputala e repartila, tendo o nexo da guitarra acústica.
7. Capita Mortua (4:06)
Outra melodía que me gustou foi a principal desta. Cando lla puxen a un amigo, creo que non lle fixo moita gracia: “algo máis de Gothic-Doom”, ata que hai un pequeno cambio no medio, ante o cal díxo algo así como “a ti gustanche Limbonic Art e Emperor, non?”. Non creo que sexan influencias desta canción, pero supoño que sempre inflúe en xeral que me gust… aran.
8. Demo (0:52)
Pequeno extracto de algo que me gusta moito, como é a guitarra acústica unida a tremolo-picking para introducir o seguinte tema.
9. Inferno Prós Innombrables (3:44)
Esta é a canción que máis tempo me levou facer, non por composición senón pola decisión de poñer ou non poñer algo propiamente de Black-Death na demo -xa que igual era un pouco shock comparado co resto-. A idea parteu de un par de riffs que tiña anotados para a banda de Black-Death Herexía, decidín que realmente facer unha canción no programa non tiña por qué quitar de facela despois con eles. Sin duda o máis forte na historia de EE e admito que durante a súa creación houbo momentos de headbanging inconsciente XD Probablemente se non estivera facendo cousas cun grupo de Metal extremo, neste CD habería máis destes cortes, que era o que tiña previsto nun principio ata que me unín a eles e empecei a crearlles algo. Gustaríame tocar ésta con eles de todos xeitos, o outro día enseñeilla e o batería parecía contento :D
10 - A Extinción Do Tempo (1:07)
Unha peza corta ainda que progresiva, ten un aire a Evergrey (salvando as distancias) eu diría, nun principio iba desarrollar a idea con outras que teño gardadas, pero o feito de ser a última e a miña impaciencia por acabar con esto fixo que se quedara a melodía inicial co lixeiro cambio das guitarras. En efecto ésta foi a última en ser rematada, e nunca mellor dito o título :D
11. Son (8:10)
Levoume o seu tempo acabar ésta tamén, probablemente 2 ou 3 meses, xa que se me mezclou que tiven moito traballo nesa época e que me quedei atascado no medio. Nesta quixen aglutinar todo o que me gusta nunha mesma peza sen parecer que é un collage de cousas. Así que metín o de sempre, algo de gothic, algo orquestal, doom, sinfónico, progresivo, heavy, black, death, power, thrash… ata hai un riff algo vikingo que pode recordar a Amon Amarth. Unha vez que o fixen dinme de conta, pero como non é un plaxio de nada deles deixeino.
12 - Entrada Ó Vortex (2:12)
Ésta canción foi creada orixinalmente para o grupo Vortex, eles pedíronme que lles fixera unha “Intro”, e quedoume algo así. Non sei se lles gustaría moito, tiña a intención de facer outra para que escolleran, pero quedouse no aire. Oín que a usaran para un concerto en Rubiós, pero nada máis, parece ser que estaba moi grave e saturaba todo ó poñela. A mín non me disgusta, e despois de oír sobre a disolución deles, decidín que se non a metía nalgún lado, quedaríase no limbo.
O xoves ou viernes como moito xa o terei subido por aquí, ata esa, un pequeno teaser XD

domingo, septiembre 04, 2011

Microreviews Agosto'11 - III


Powerwolf - Blood Of The Saints (2011)
Power Metal
Myspace
Logo do seu aclamado e pegadizo Bible of the Beast, os germanos Powerwolf deron un pequeno salto de popularidade, ou alomenos eso mo parece a mín, xa que o novo disco estaba a ser publicitado dunha maneira maior polas páxinas que de vez en cando visito e incluso se montaron o seu primeiro vídeo de forma profesional. Vídeo que utilizaron para a canción "We Drink Your Blood", un bon tema que deixaba ganas de "Blood of the Saints".... unha pena que oído o disco todo se quede en borrajas, porque a pesar de conter algúns bos cortes e unha producción grandilocuente, non deixa de ser unha repetición de esquemas. Xa de primeiras podemos observar repetición sólo nos títulos. "We drink your blood", "All we need is blood", "Murder at Midnight", "Night of the Werewolves"... son temáticas un pouco cansinas eu diría, e que xa oímos en previos traballos. Incluso me podería poñer de adiviño e sacar os títulos do seu próximo disco... amos a ver... "Wolves at Midnight".... "Blood of the Wolf".... "Night of the Murder"... "We will Murder You"... XD eu véxoo, cando saquen o seguinte hei de buscar esta microreview XD
Pois eso... non me quixen meter moito nas letras, pero oídas por encima non auguran nada bon... alomenos nada novo... ata incluso parece que perderan a ironía e humor que destilaban antes. En canto ó tema musical, pareceme unha mala repetición dos seus traballos previos, mesmos esquemas, melodías calcadas, línea vocal demasiado similar en certas cancións... o único rescatable é a canción do video e un par máis para un servidor.
PD: ah hai unha versión con CD extra con versións orquestales 5 de temas antiguos e novos... típico Bonus CD que ninguén pon na casa porque esas cancións están mellor con guitarras... prescindible. 3/10



Burzum – Fallen (2011)
Pagan-Black Metal
Official
Xa hai uns meses desde que saleu o novo do ex-presidiario que dixo un día que non utilizaría máis unha guitarra eléctrica por ser "un invento de negros". Seica este é un dos casos dentro do metal que máis se axusta a aquela gran frase de Groucho Marx "estes son mis principios y si no le gusta, tengo otros". Nunca me caeu pizca este personaxe nin os seus chistes, pero hei de admitir que durante un tempo tivo chispa para crear música. Este segundo álbum desde que saleu do cárcere nótase máis traballado que o predecesor, que, personalmente me deu a sensación de estar feito con présa, probablemente apurado por algún membro dalgunha compañía discográfica que lle puxo un contrato segundo Varg chegou á casa mentres lle colgaba unha guitarra ó lombo "eso que dixeras sobre o invento de negros xa caeu no olvido, dalle ó black que aquí nos forramos coa túa volta".
En canto a "Fallen", encontrámonos cun black metal a medio tempo de corte pagano, no que de vez en cando Varg canta con voz limpia entonando melodías épicas. A maior parte das cancións pecan de volver a ser demasiado largas e con demasiadas repeticións para o meu gusto, facendo que o álbum resulte pesado ou moi pesado en determinados momentos. Tal vez cun pouco máis de variedade ou unha batería máis rápida (que sólo atopamos en Vanvidd), como os británicos Forefather, podería considerar "Fallen" coma un bon álbum, pero... quedoume a sensación de que podería ter sido mellor. 6/10


Crimfall - The Writ of Sword (2011)
Symphonic Viking-Power-Folk Metal
Myspace
Foi un movemento moi raro o dos finlandeses que penso que poucos se esperaban, alomenos non eu, despois dun álbum moi orquestal e épico coma foi o seu primeiro, neste novo atopámonos cunha versión máis cruda e dura de Crimfall, que segue a ter arreglos orquestales e de banda sonora e certas melodías folk, pero nun entorno no que predomina o Metal. O protagonismo de voces ascendeu en canto ós rasgados, boa proba delo é a inicial Storm Before The Calm, no que os riffs de guitarra sonan prácticamente a Nu-Metal ou Metal Alternativo, pero que cun gran estribillo e unha atmósfera moi épica sona a algo totalmente diferente, e eso hoxe en día non é fácil de atopar. No resto de disco pódese ver máis influencia do Black ou o Pagan-Viking (máis dunha vez me veu Moonsorrow á cabeza) que no aclamado "As The Path Unfolds", ainda que sempre con ese aire de peli de corte épico. Tíveno que oír moitas veces para formarme unha opinión, e finalmente acaboume gustando ainda que penso que non tanto coma o seu primeiro, o que non quita que se note un disco moi traballado e con grandes momentos. 8/10


Cruachan - Blood On The Black Robe (2011)
Pagan-Celtic Black Metal
Myspace
Sexto álbum dos irlandeses e primeiro sen a cantante Karen Gilligan, que, baixo o meu gusto non acababa de encaixar en moitas ocasións co estilo e esto facía que non me acabase de gustar de todo esta banda. Así que, esta vez sen ela, e con voz rasgada na maioría das ocasións, este novo álbum encaixa bastante ben no que eu denominaría pagan black metal, non sólo por ese adiós, senón porque este novo disco sona máis crudo e con máis rabia do que eu lles recordaba. O contraste entre este acercamento a unha música máis directa e menos ornamentada e o folk celta-irlandés é digno de oír. "Blood On The Black Robe" é sen duda para mín o mellor álbum deles, o máis inspirado, o máis pegadizo e directo, o máis enfocado nunha dirección, o máis cohesionado, o máis cañero e, sen a voz femenina, este grupo gana enteiros, así que se antes non lles fixen moito caso, a partir de agora esperarei novedades súas con gusto. 9/10


Imperia - Secret Passion (2011)
Symphonic Gothic Metal
Myspace
Terceiro álbum do proxecto de Helena Iren Michaelsen, cantante que colaborou nos comezos de Epica, e nos desa gran banda noruega que quedou inxustamente no olvido chamada Trail of Tears.
O estilo de Imperia non varía demasiado dos seus dous primeiros álbumes, facendo ese xa demasiado sobado hoxe en día, power-gothic metal sinfónico con vocalista femenina pseudooperística, polo que nos debemos fixar máis que en orixinalidade, na composición e sonido, e penso que o grupo non o fai nada mal neses dous terrenos. Tal vez as comparacións son inevitables entre os seus compatriotas Within Temptation ou os últimos álbumes de Tristania ou Sirenia, nos que se combinan cancións de guitarras profundas con estribillos poppies, e power-ballads con dramatismo orquestal. Neste álbum ademáis deso, temos algún elemento curioso coma algúns samples electrónicos e incluso algún solo elaborado (neste tipo de grupos case que chega a ser pouco habitual, en Within Temptation xa ata empecei a dudar que os guitarristas sepan tocar ben, e en Sirenia, para repetir e tocar pequenas variacións sobre a melodía principal, podían pasar delo perfectamente).
Un bon disco que non rebosa orixinalidade, pero que, coma a talla de sujetador da manceba, está por encima da media. 7/10


Demonaz – March of the Norse (2011)
Viking Heavy-Black Metal
Myspace
O ex-compoñente de Immortal debuta co seu autodenominado proxecto propoñendo unha curiosa mezcla que se podería definir coma un fillo entre Immortal (máis cerca pode que o proxecto “I”, do que este disco podería ser perfectamente unha continuación), a época vikinga de Bathory e un toque moi heavy metal que pode recordar tanto a Manowar coma aos míticos da NWOBHM. Cunha simpleza sorprendente e con estructuras moi básicas, Demonaz practica un estilo difícil de definir, no que a voz cagalga entre os rasgados de Abbath e a voz limpia de Quorthon, a música está a medio camiño entre o “Blackened” Heavy Metal e o Viking Metal a medio tempo na súa parte menos folklórica e máis épica ainda que sen teclados nin orquestacións, nin sequera coros, únicamente hai algunhas guitarras acústicas. Posee un feeling bastante frío e crudo na onda de Immortal, ainda que á vez melódico, eu diría que ten os seus momentos, pero peca un pouco de linealidade, sobre todo en canto a estructuras e riffs de guitarra rítmica. 7/10


Omnium Gatherum - New World Shadows (2011)
Power-Melodeath
Myspace
Despois da maravilla que era o anterior The Redshift, este New World Shadows tiñao complicado para manter o listón. Curioso que nunca me chamara demasiado Omnium Gatherum ata o previo álbum, non sei qué pasou ahí, pero baixo o meu punto de vista, o cambio cualitativo dos traballos anteriores a ese, foi visible (non sei, ata me entraron ganas de volvelos a oír a ver se estou equivocado XD) Neste novo continúan na onda dese Heavy-Melodeath, ou Heavy-Power con voz rasgada (xa non sei cómo chamarlle, con ese par de definicións, un faise boa idea), de melodías pegadizas, teclados que aparecen de vez en cando e bastante feeling finlandés. O certo é que non me gustou tanto coma o anterior, pero pareceume un moi digno sucesor. New World Shadows empeza ni más ni menos que cunha elaborada canción de 9 minutos que pode recordar a unha mezcla entre Before The Dawn e os antigos Dark Tranquillity-In Flames (ese interludio no medio de guitarras acústicas…), e a partir dahí, as cancións vanse sucedendo con certa facilidade e simpleza ainda que aposto que tocar certas partes require a súa habilidade. Resulta difícil escoller algunha, máis ben hai momentos en cada unha delas… o xenial riff principal de “Soul Journeys”, o “bodomesco” estribillo de “An Infinite Mind”, os cambios de rexistro en "Everfields", e cousas por aquí e por alá. Tal vez o que menos me guste sexa a outra de 9 minutos que cerra o disco, non está ó nivel das outras e faise larga. 7/10


Poisonblack - Drive (2011)
Heavy-Rock
Myspace
A banda do ex-cantante de Sentenced volve á actualidade cun CD que non dice absolutamente nada novo. Tampouco é que me gustara especialmente nunca, máis ben parece coma un ripeo máis rockero e sin gracia nin punteos dos últimos Sentenced. E o par de discos que lles tiña oído creo que non pasaron de un par de escoitas e directos ó olvido, algo que se repite con Drive, que ten algunhas cancións decentes, outras que pseudoplaxian a alguns estribillos do grupo mencionado, e a maioría son do montón. 3/10


Flame - March Into Firelands (2011)
Black Metal
Myspace
Ainda que levan máis de 10 anos na escena blackmetalera finlandesa, os Flame eran ata fai pouco totalmente descoñecidos para mín. O seu é o Black añejo con moitos toques Thrash e cancións bastante lineales. A producción conta tanto nos punteos coma na voz con ese eco tan propio dos lanzamentos noventeros, e o pouco máis de media hora que dura este álbum atopámonos con algo bastante estándar que non dice moito novo. Difícilmente nos acordaremos dalgún detalle cando acabemos de darlle unha oída a March Into Firelands, polo que, pola miña parte, non lle atopo alicientes para repetir. 4/10


Aurora Borealis - Timeline: The Beginning And End Of Everything (2011)
Black-Death
Myspace
Nada menos que 17 anos levan estes yankis dando caña, ainda que a mín non me sonaban de nada ata fai pouco. Parece que por este grupo pasaron 3 cracks da batería como son Derek Roddy, Tim Yeung e Tony Laureano, así que debe de ser toda unha presión para o actual Mark Green e os futuribles se os houbera.
A música de Aurora Borealis está máis centrada no Death Metal con deje old school de riffs complexos e cambios de tempo, cunha voz rasgada máis "blacker" -ainda que por momentos me recordaba á do de Carcass, grupo que por outra banda xunto con Death deben de ser bastante fans- demasiada lineal que lles resta puntos. O concepto do álbum é unha rallada sobre filosofía espacio-temporal que tampouco me interesa moito... así que, a pesar de que nunha primeira oída non me acabou de convencer, en posteriores foi ganando. Hai cambios de ritmo inesperados e riffs bastante bos, ainda que nunha tónica xeral o álbum tampouco é excesivamente variado. 7/10

jueves, septiembre 01, 2011

Actualización sobre a nova demo

Ben, logo dun tempo desaparecido disfrutando dunhas vacacións nas que fixen algo que se me dá moi ben e que facía tempo que non practicaba: NADA, volvo con novas sobre a nova demo de Enuma Elis. Sons & Demos está rematada e lista para ser vend.. digo distribuída... bueeeno... gratuítamente distribuída XD. Sólo falta finiquitar uns flecos de postproducción, e decidir si farei coma no anterior unha versión en físico, pero está todo acabado. Así que xa hai continuación para Obscura Epica 5 anos despois, que por certo, son tamén os anos que cumple este blog nestes días. Non sei se tardarei outros 5 anos en sacar outra cousa destas, xa se verá, pero o que está claro é que unha vez que me metín en 2 bandas non me é tan doado ter tempo para crear por mín mesmo, xa que ese tempo que dedicaba ó PC acabeino dedicando a tocar a guitarra (cousa que necesitaba, que o tiña medio perdido desde hai tempo) e grabar riffs coa grabadora ou apuntalos, polo que non farei máis de momento. De feito os últimos detalles foron feitos cun pouco de premura por acabar... espero que non se note jajajaj E é que a verdade, 1 ano recopilando riffs e melodías e compoñendo por PC para unha demo é suficiente... :S
Poido adiantar que creo que as cancións están máis pensadas en canto a estructura, e tamén que hai prácticamente un pouco de todos os estilos que me gustan, a algún que outro vaille sorprender algunha canción, eso seguro, porque poido adiantar que aquí están a canción máis "comercial" (alguén que a oeu díxome algo así coma "pero tu vendícheste"! XDD e a máis "dura" que fixen baixo o nome de Enuma Elis. Sí, todo no mesmo XD pero para dentro duns días revelarei máis cousas.
De momento deixoo ahí ;D

viernes, agosto 12, 2011

Nergal na versión polaca de "The Voice"

Segundo Blabbermouth:
Guitarist/vocalist Adam "Nergal" Darski of Polish extreme metal veterans BEHEMOTH has confirmed to U.K.'s Terrorizer magazine that he is in talks to be a judge on Poland's version of the hit American singing competition "The Voice", appropriately named "The Voice Of Poland".

Commented Nergal: "I haven't signed a deal yet, but I got a deal waiting and most probably it's happening. So it's going to be fun. The first black metal judge ever in history doing a mainstream thing, you know? People are going to freak out! Some are going to love it, some are going to fucking hate it. But that's what this music has always been about, right? To provoke, to cause different opinions. The more extreme opinions, the better, I think."

He added of the attention he has received in his home country, "This so-called celebrity life is not my environment at all, but I am a part of it if I want it or not. So it's been crazy. Then the whole case with my sickness and me getting out alive [Nergal was diagnosed with leukemia in August 2010 and underwent a bone marrow transplant procedure in December. — Ed.], it just brought some extra attention to it. And there's definitely some people that want to make some money on it because it's a cool story for them to write about and stuff, but I was like, 'Okay, if they're going to make money, I want to have my share, too.' I was away from music and away from being active live for a good year, so yeah, I need to get something in return!"

It was previously reported in the Polish media that the producers of "The Voice Of Poland" are hoping that Nergal's presence on the program will attract a new audience as well as improve its chances of competing against rival television talent-show franchise "X Factor".

The American version of "The Voice" was a big hit for NBC and helped breathe new life into the careers of coaches Adam Levine, Blake Shelton, Christina Aguilera and Cee Lo Green.

A pesar de que me gusta moito Behemoth musicalmente (tal vez menos nos seus 2 últimos CDs), e a pesar da complicada operación que tivo este home hai pouco, segue sen caerme nada ben. Meterse nunha especie de OT de xurado paréceme algo un pouco fóra de lugar para alguén que fai Metal Extremo e supostamente "vai en contra da norma". A saber... a mín dame a impresión de que Nergal ten a cousa de chegar a ser alguén famosillo e popular...vamos, unha celebrity... non me gusta un pelo (igual a súa moza Doda lle está a meter ideas raras na cabeza desde hai tempo, pero bueno, non é o tipo de moza que un esperaría para un satánico dethmetalero...)

Aproveito para decir que non haberá máis entradas ata septiembre, xa que estarei no meu pobo e fóra de toda tecnoloxía. Ata esa pasádeo tan ben coma éstes bailando o Papichulo a ritmo da Panorama ou París de Noia. Vémonos!