jueves, febrero 10, 2011

Queixa aberta dirixida ó Excmo. Señor Rector da Universidade de Vigo

Cando estiven estudando por terras extranxeiras, decateime das grandes diferencias entre as universidades de fóra e as de España coma a que me tocou, neste caso a Universidade de Vigo. O sistema era totalmente diferente e ademáis semellaba funcionar á perfección, xa que os alumnos saían formados das escolas, en non máis de 3 ou 4 anos, e seguidamente era habitual que encontraran traballo ó pouco tempo. As relacións cos profesores eran, como eu mesmo poido atestiguar, coma a dun equipo, na que a meta sempre era sen duda a aprendizaxe do alumno. Se se lle pedía axuda, o profesor facía o máximo posible para que o alumno aprendese, facilitáballe medios, resolución de dudas,... e, a diferencia do que estiven vendo nos meus anos de alumno da Universidade de Vigo, o obxectivo non era aprobar un único exame ó final. A meta era que o alumno realmente entendera a materia, unha vez que o profesor se percataba diso, a veces ata o exame (se o había, xa que non era algo por forza obligatorio) era unha ferramenta únicamente de apoio ou secundaria para focalizar unha nota. Do que un estaba seguro era que se o profesor sabía que tí te interesabas e aprendías e él o vía (mediante traballos, evaluacións continuas, tutorías nas que estaban pendentes da túa evolución,...) era que era moi difícil suspender algo.

Na Universidade de Vigo, o único polo que loitamos os alumnos é por aprobar un exame. O único para o que os profesores están é para correxilo. Moitos deles nin sequera lle fan caso ás horas de tutoría e, coma xa me tivo pasado máis de unha vez, a súa resolución de dudas deixa moito que desexar. Parece que incluso lles moleste que estudantes pasen polo seu despacho. Tal é o caso, entre outros moitos, de R. Diéguez, que, palabras textuales me dixo días antes dun exame, cando lle preguntei por un exercicio: "yo no estoy aquí para resolveros ejercicios", e máis tarde apuntillou "deberíais de coger un manual para resolver ejercicios". Curioso se, como é o caso, o exame trataba de resolver exercicios.
Realmente non entendo casos coma este, que xa me levo atopado uns poucos nesta universidade da que vostede forma parte. Non entendo que personas con tal hastío por enseñar poidan formar parte deste sistema. Unha vez lín: "o profesor mediocre, explica; o profesor bon, enseña; e o profesor óptimo, inspira". Teño que decir que con xente coma a que lle dixen, non se achega un nin ó primeiro nivel. Teño moitos máis casos e "anécdotas", sobre este e outros profesores, coma cando suspendeu ó 100% dos 300 alumnos que nos presentábamos ó seu exame, antes mediante as palabras "hasta ahora os habéis reído vosotros (supoño porque eramos 15 personas na súa clase e veu encherse 300 asentos no exame), ahora me voy a reír yo". Tal e como llo digo, eu estaba enfrente del cando dixo tal. O resultado foron 300 suspensos para un exame que non estabamos preparados para aprobar. A súa conclusión foi subir 2 ou 3 puntos a cada exame para ó final ter alomenos algún aprobado, que resultaron ser 11 personas. Seino porque eu non contestei a nada ben e saquei un 2 ou un 3 sobre 10. Un método.. curioso alomenos de correxir e aprende(he)r ós seus estudantes.
A cousa é que non o entendo, realmente non entendo porqué non hai nin un mísero control sobre estos profesores que literalmente "fan e ordenan como lles dá a gana", sen ningún incentivo para ensinar, sen ningunha gana porque os seus alumnos aprendan, nin ofrezan a mínima axuda pola súa parte. Por iso somos diferentes do resto de universidades europeas. Por iso cando ven un erasmus a Vigo se escandaliza de que en determinadas asignaturas haxa un 15-20% de aprobados por convocatoria, ou de que a gran maioría pagaramos academias externas para moitas asignaturas, xa que o que nos explican na clase non chega para pasar o exame que nos van a poñer. Por iso eles acaban en 3 anos, 4 ó sumo e nós en 7 ou 8 como media. Somos máis tontos? Somos peores? Non o creo. Creo que hai moi pouco control sobre o que ocorre no seno de cada facultade e que hai coma unha extrana crenza de que canta máis alta sexa a media de idade en acabar unha carreira, máis mérito ten, coma pasa nas Inxenierías Técnicas ou a Licenciatura de ADE de Vigo, cando son comparadas coas Inxenierías de Ferrol ou ADE de Santiago. Esta materia da idade escandalizaría a calquera outro europeo, créame.

Agora vostede dirá que hai métodos de queixa contra abusos coma os que lle levo contado. Sí, hainos, fun testigo do seu uso e archivo para non saír á luz nunca máis. Asignaturas coma "Dirección Financieira" de 4º de LADE, que leva unha carteira de máis de 400 alumnos por ano, ou queixas contra o profesor que lle dixen son archivadas nun gran montón de folios que ninguén reclama, ano tras ano, e xa corren moitos anos. O sistema non funciona. E todos o sabemos. Desde o momento en que o 90% da xente coa que compartín algunha vez algún curso se tivo que pagar unha academia privada (as cales están a rebosar nas súas clases, máis ainda que na universidade), o cal produce vergonza axena, e o feito de que os alumnos dupliquen os anos de estudio con respecto ó que debería ser e con respecto ó resto de Europa, significa que o sistema non funciona.

Logo de moitos anos, e agora que estou acabando decidinme a expoñer esta queixa, da que moitos alumnos son partícipes, pero non mostran máis aló de comentarios con outros alumnos e ex-alumnos case que por medo. Parece mentira e que esteamos así, pero sí, parece que hai profesores que teñen demasiado poder e escaso control e aproveitanse deso, por iso vai ser raro que ningún alumno mostre o seu malestar, pero máis de unha folga contra este sistema se merecía ter feito.
Tal vez Bolonia queira cambiar algo isto, pero estou seguro de que o único que cambiará será a superficie. Se no fondo se segue actuando coas mesmas caras, nunca haberá os cambios intrínsecos que se necesitan, e se eu soubera desto sería probable que a miña aventura coma universitario non fose realidade, ou alomenos o sería noutro lugar.

Un alumno "hastiado".

Relacionado: contabilidade de costes na Uvigo.

jueves, febrero 03, 2011

Microreviews Xaneiro'11 - 2ª quincena

Nota: As microreviews son 100% subxectivas pola miña parte.
Note: The microreviews are 100% subjective by my side.
0 - Non o quero nin regalado / I dont want it, not even as a gift
1 - Algúns chámano música, non serei eu / Some people call this music, not me this time
2 - Un álbum malo, sen máis / A bad album, no more no less
3- Gustaralle a algún, pero penso que hai mellores cousas para oír / Some people might like it, though I think there are better things to listen to
4 - Hai esforzo detrás, pero fáltalles saber facer mellores cancións / There is an effort, but they lack to do better songs

5 - Hai boas ideas, pero non pasa de ser un álbum máis / They've got good ideas, but not enough good as to be memorable
6 - Ten gancho e paréceme un bon disco / It has a charm, it's a good album
7 - Un bon album que supera a media / A good album above the average

8 - Un gran album que tería que ser apreciado pola gran maioría dos amantes do xénero / A great album that the mayority of the genre fans should like.
9 - Intachable, un album que merece a pena comprar / Flawless, a worth buying album
10 Intemporal
/ Masterpiece


Sirenia - The Enigma of Life (2011)
Gothic Metal
Myspace
Antes de nada, teño que admitir que o seu anterior traballo "The 13th floor" me acabara gustando a pesar de ter cero esperanzas nel; estaba repleto de cancións pegadizas, e máis ou menos poppies, pero con suficiente calidade.
Ésta é a primeira vez na historia de Sirenia na que unha vocalista repite dun album para outro, e bueno, parece que non é a única que repite. Explícome: "The enigma of life" sona a un pseudoplagio de "The 13th floor"... e é máis, "The enigma of life" sona a un pseudoplagio de "The enigma of life" en sí mismo. A voz da española Ailyn faise moito máis cansina que nunca -polo tono alto, polas líneas vocales...-; as estructuras parécense repetir dunha forma alarmante, e con elas as melodías, cousa que xa iba pasando co proxecto en solitario de Morten, Mortemia; os coros, coma en Mortemia e pasados álbumes de Sirenia, fanse caducos; os solos de guitarra copiando á melodía principal cansinos e predecibles; moitas cancións son clónicas... non sei qué máis se pode decir... quedádevos co anterior disco, xa que sabemos que Sirenia nunca volverá ós tempos do gran "At Sixes and Sevens". 1/10


Signum - Burn This Place (2010)
Death'n Roll - Melodic Thrash
Myspace
Signum é unha banda arxentina que practica Heavy-Death -como diría eu fai uns cuantos anos- ou mellor dito un Death'n Roll moi na vena de Carcass, ainda que tamén se poden intuír outras influencias coma a de Hypocrisy ou outros noventeros do estilo da escuela sueca de corte melódico. Desde logo, o punto malo deste álbum é a producción, que fai que sone coma sen forza. Os riffs e sobre todo os solos tampouco non son do máis inspirados que oíra nunca. 3/10


Scarlet Carson - Burn It All (2010)
Hard-Glam Rock-Metal
Myspace
Scarlet Carson é unha reciente banda americana que bebe los vientos por Skid Row. Por suposto acercárselle a Sebastian Bach é algo harto difícil, pero musicalmente toma moito influencia do grupo e, intentar, o cantante intentao tamén. Tamén se poden avistar influencias de Guns'n Roses e Buckcherry, que son dúas bandas polas que nunca sentín especial predilección, e non hai moito máis.: unha banda que non inventa nada, que toca riffs xa sobados moitas veces e que canta sobre as mismas cousas que todos; nenitas, drinking e rockanroll. O bon que teñen é que o que fan, non o fan mal. 5/10


Obscure Valley - Aaracê (2010)
Pagan Black Metal
Myspace
A pesar de estar formados hai máis de 15 anos, éste é o primeiro album destes brasileños, que practican un pagan metal con tintes épicos e voz rasgada que se alterna con coros e cánticos "guerreiros". O peor desta demo sen duda vén pola parte do sonido; parece que fora grabado nun búnker, ainda que ignoro se tal vez o grupo quixo darlle esa sonoridad "cavernosa" a propósito. Non me gusta nada cómo sona a batería nin as guitarras, e os teclados hai veces que se escoitan un pouco cutres e solitarios, pero pódese intuír que hai boas ideas detrás. Tan sólo lle falta unha mellor grabación para distinguir mellor os matices da súa música e un mellor aproveitamento da parte épica da orquestación, baixo o meu gusto.
E desde logo do mellor que teñen Obscure Valley é o diseño do logo. Xenial. 4/10


Timescape - Until Then (2010)
Progressive Metal
Web
Metal progresivo desde Suecia, terceiro traballo da banda, e, sen poder decir nada exactamente negativo, porque son bos músicos, e o traballo ten pasaxes interesantes, non me acaba de convencer. Creo que hai moitos grupos facendo xustamente este estilo.. na forma que o fai Timescape. Tal vez fáltalles crear cousas que realmente se queden na cabeza, porque mentres que vou oíndo "Until Then" xa van un par de veces ou tres que a cabeza se me puxo a pensar -a cabeza non para!- nas súas cousas durante un intre, e eso non é boa señal. Disco "correcto" pero con falta de garra tal vez. A mín fíxoseme largo. 4/10


Mechina - Conqueror (2011)
Atmospheric Industrial-Death Metal
Myspace
Como lin na crítica que sale en metal-archives, Mechina recorda a uns Fear Factory espaciales... e tamén recorda á BSO de Terminator 2! é máis, eu diría que sonan coma se a Fear Factory lle puxeran de background a banda sonora da peli do Chuache!! Pero eu non son tan complaciente coma o home que escribeu alí sobre o disco. Tal vez porque non son tan fan de F.F. ou tal vez porque os xogos continuos de palm-mute con pedal parécenme que quedan moi ben para unha ou dúas cancións, pero non para un disco enteiro.
É un disco interesante polo diferente da proposta e porque non está mal feito, pero a mín non me engancha, eso sí, amantes de Fear Factory, botádelle un ollo! 5/10


Algaion - Exthros (2010)
Melodic Black-Death
Myspace
Nunca oíra falar de Algaion ata que por ahí conseguín este disco, pero parece que levan case 20 anos de historia. A cousa é que asemella que non foi moi prolífica, porque polo que leo sólo sacaron 3 discos, Exthros inclusive. E faiseme raro, porque se os outros dous son do estilo deste, Algaion debería de ser alomenos un grupo popular da escena sueca.
Exthros
é un pedazo de disco de melodeath con voz máis black que fai especial incidencia nos xogos de guitarras dobladas e riffs case que intachables. En certas ocasións podemos oír teclados ou piano, ainda que sexa case que anecdótico, pero danlle un aire ós grupos de doom-melodeath finlandeses tipo Before The Dawn.. incluso aos seus compatriotas Dark Tranquillity, e outras veces, recordan aos Rotting Christ desta década, se pasades eso polo filtro do melodeath sueco tedes a Algaion. 8/10


Tristania - Rubicon (2010)
Gothic Metal
Myspace
Éste é un disco difícil de comentar, xa que a primeira oída resultoume totalmente decepcionante. Está claro que Tristania xa non son os mesmos que cando "Widow's Weeds", o genial "Beyond The Veil" ou "World of Glass", que para o meu gusto xa daquela rebaixou un pouco o nivel, que sigueu a tendencia con "Ashes".
Parece que a marcha de Vibeke fixo que Tristania optara por coller á italiana Mariangela Demurtas e tamén optara por seguir na senda que veñen tomando outros con glorioso pasado e dudoso presente coma Epica ou Sirenia: a senda da comercialidade e de prestarlle especial atención á sesión de fotos da cantante. Así en Rubicon podemos encontrarnos con moitos momentos de Pop-Gothic-Metal pegadizo e de deglución fácil. Pero foi a medida que lle iba dando oídas que me fun fixando máis nos detalles do disco, e ó final, aparte de esas concesións ao mercado quinceañero de corsés e paraguas "góticos" de telaraña (coma xa vín), Rubicon contén máis -tal vez non moi explotado en pos do que comentei antes-, coma a incorporación interesante de Kjetil Nordhus (Green Carnation, Trail of Tears) ou o escasamente aproveitado violinista Pete Johansen, aparte de melodías interesantes e ricos backgrounds musicales. Non son os de antes, pero non se pode vivir no que se foi, e este non é un mal disco de Gothic Metal accesible. 6/10


The Evil Amidst - Lords of the Nine (2010)
Black-Death Metal
Myspace
Un pedazo de disco de metal extremo a medio tempo. The Evil Amidst fórmano membros de outros grupos coma Malevolent Creation ou Kult ov Azazel e este é o seu primeiro traballo, unha obra que ten que quedar coma do mellor feito no metal extremo neste pasado 2010. O album ten guitarreo que se funde entre o black e o death, voz prominentemente death e bon gusto á hora de compoñer. Non se lle pode pedir moito máis a un disco, e dinme un gustazo oíndoo; ten partes realmente geniales, coma a canción "Decreator" ou esa segunda parte de "Onward Into Fire" que rompe con todo. 8/10


Redeemer (Can) - Global Exorcism (2010)
Thrash-Groove Metal
Myspace
Non son un gran amante desta clase de Thrash a medio tempo do tipo Pantera que alguén bautizou por ahí hai anos coma Groove Metal, pero de vez en cando disfruto con certos riffs coma os poden ter os primerizos Redeemer. Non está nada mal o debut destes canadienses, con toques ao Southern Metal ó estilo de Black Label Society e en xeneral bo gusto á hora de compoñer, tal vez o único que non me acaba de gustar sexa a voz, que por veces se fai demasiado lineal, polo resto, un disco decente, que lles gustará ós fans dos estilos mencionados. 6/10


Impaled Nazarene - Road to the Octagon (2010)
Black Metal
Myspace
Houston, temos un problema... un problema regresivo de carencia de... inspiración. En pasados albumes, con I.N. pasaba que nos podíamos encontrar con trallazos á vena, de riffs que se che quedaban á primeira, e de cancións speedicas coas que un convulsionaba con rabia. Logo, había outras, xeralmente escasas, que eran como un "pasapadiante" que "esto" non dice nada. Nalgúns discos máis ca outros...
Eu profundicei neste grupo con "Absence of War..." (2001) e inda hoxe faigo doble bombo na silla do escritorio sólo de pensar no disco, que queda lonxe a nivel de furia e inspiración deste "Road to the Octagon", no que nos encontramos que siguen nunha senda de altibaixos cada vez máis pronunciada.
De tódolos xeitos, e coma sempre con I.N. sabemos que nos encontraremos seguro: caña blackmetalera a todo trapo (ainda que menos acelerada ca antes?) con certo toque Hardcore-Punk-Thrash. Unha pena que eses riffs sexan tan pouco inspirados se os comparamos con algunhas das súas creacións pasadas. O 70% das cancións parecen caras B dos outros discos. Ainda así podémonos deleitar con trallazos coma "Gag Reflex", "Corpses" ou "Enlightenment Process". 5/10


Hate (Pol) - Erebos (2010)
Death Metal
Myspace
De primeiras collín moi ben este novo disco dos Hate, que xa levan 20 anos facento ese Black-Death Metal tan característico de Polonia e do que Vader e Behemoth pode que sexan os maiores exponentes.
Hate mantívose tal vez nun segundo plano con respecto a estes dous, pero con discos coma Erebos demostran que se poden achegar ao podio do Death polaco. Riffs moi contudentes, gran sonido e experiencia... tal vez o punto malo é que hai cousas que xa oín noutras bandas do estilo, e que a voz parezca unha imitación da dos 2 grandes anteriores, igual que certos riffs moi "Behemoth style".
A parte boa de Erebos é que incluso logo de varias escoitas, non perde forza. 7/10


Impiety (Sgp) - Worshippers of the Seventh Tyranny (2011)
Black Metal
Myspace
Non coñecía a estes Impiety, e eso que parece que levan desde o 90 practicando Black Metal desde Singapur! 20 anos e varios álbumes despois do seu debut, sacan este "Worshippers of the Seventh Tyranny", cunha única canción de case 40 minutos, un reto difícil para un grupo extremo, do que Impiety non sale moi ben.
Básicamente, o que se pode intuír na súa música son as influencias de Celtic Frost e aquela primeira ola de Black Metal añejo (que parece que seguen gardando coma influencia máxima en tanto tempo). O disco sostense en riffs decadentes e repetitivos, e de vez en cando hai algún punteillo interesante e blastbeat que rompe o tempo ou teclado testimonial, pero o certo é que non me acabou de convencer. Hai partes que non se cansan de repetir e, a pesar de que supoño que pretenden crear atmósfera opresiva, acaban máis ben agotando ó oyente. Polo outro lado da balanza, hai certos riffs e cambios de ritmo que non están mal. 5/10


Witchburner (Deu) - Demons (2010)
Thrash Metal
Myspace
O perfecto exemplo de grupo Thrash old school sen demasiadas ideas. Non hai moito máis que decir, sonido añejo para estar feito no 2010 e riffs añejos, sin moita gracia, repetitivos e trillados demáis xa. 2/10


Witchery (Swe) - Witchkrieg (2010)
Thrash-Black Metal
Myspace
Witchkrieg é unha apisonadora de furioso thrash que contén tal vez algúns dos mellores riffs que pariron Witchery, que por outra banda nunca foi unha banda que me chamara en exceso a atención polos seus pasados traballos. Neste parece que puxeron o mellor que podían dar, e conseguiron un gran disco de speed-thrash-black. Ademáis participan numerosos guitarristas de renombre facendo solos:
Kerry King (Slayer) - solo on "Witchkrieg"
Hank Shermann (Mercyful Fate) - solo on "The God Who Fell From Earth"
Gary Holt/Lee Altus (Exodus) - solo on "The Reaver"
Andy LaRocque (King Diamond) - solo on "From Dead To Worse"
Jim Durkin (Dark Angel) - solo on "One Foot In The Grave"
Johan Larsson - additional vocals for "The god who fell from earth", "From dead
to worse", "Devik rides out" and "One foot in the grave"

8/10


De Illumination - Onibarjo (2010)
Progressive Metal - Rock
Myspace
Primeiro álbum destes rapaces de Bangla Desh que practican un heavy-hard rock de tintes progresivos e moi melosos.
O disco empeza moi pomposo e interesante, pero a medida que pasan as cancións o tedio vaise facendo maior, coma se non desen arrancado. Dá a sensación de que estiveses oíndo un disco de baladas, pero un pouco sosas de máis. A mín recordoume a unha versión extraña de Timo Rautiainen que non acaba de enganchar. 4/10


Cavus - Fester and Putrefy (2010)
Black Metal
Myspace
Finlandeses que sacan o primeiro disco facendo black metal con algún regustillo punk e influenciados por Darkthrone. Non me dicen nada este tipo de grupos, suélenme parecer moi calcados e pouco elaborados, coma moitos grupos de punk. E Cavus non é dos que sobresalen precisamente. 3/10


Cypecore - Take The Consequence (2010)
Death Melódico
Myspace
Ainda que a escena do Melodeath está saturada desde hai anos, de vez en cando sale algún que outro grupo decente, que, a pesar de innovar cero, fan cancións que non son malas, e incluso algún que outro riff que se che pode quedar na cabeza. Este é o caso de Cypecore, que non inventan nada, pero que o que fan, fano ben. Nota: as últimas palabras do disco destes alemanes son ... "cojones grandes"??? ou eso ou moi mal teño eu o oído XD 6/10


Ocultan - Atombe Unkuluntu (2010)
Black Metal
Myspace
Auténtico Trve Black Metal desde Brasil, Ocultan xestouse hai máis de 15 anos, converténdose nunha banda de culto underground con certo recoñecemento por terras brasileiras. Practican un metal extremo na vena dos blackmetaleiros nórdicos da década dos noventa. Para o meu gusto non ten o mellor sonido, pero supoño que coma moitos outros grupos de black, esta sonoridade cavernosa e con certo eco, tanto na batería coma nas guitarras é o que realmente eles buscan.
Os riffs sacados por Lady of Blood (sí, unha única muller ás seis cordas) recordan aos antigos Darkthrone con algún que outro guiño a Dissection, ainda que moito menos técnicos. Atombe Unkuluntu non é un mal disco de black metal añejo, e incluso ten momentos moi interesantes, pero acaba por ser algo xa visto antes. 6/10
Video da canción O Triunfo da Escuridão


Grazed - Dragonsneeze (2010)
Death Metal
Myspace
Grazed é un grupo francés de Death Metal con algún que outro toque Thrash old school e algún que outro Grind, sobre todo na voz. As cancións son maioritariamente a medio tempo e non chegan a ser todo o contundentes que poderían chegar a ser. Ou alomenos a mín me deu a impresión. E ainda así, non é que sexan a panacea da orixinalidade en canto a riffs e composición, polo que a mín pasoume bastante desapercibido nas 2 veces que o puxen (e non me apetece seguir probando máis para ver se me dá entrado). Como nota curiosa, fan unha versión de "I love Rock'n Roll" seguido de.. algo moi extraño... na última canción. 3/10


Diktatur - La voie du sang (2010)
Black Metal
Myspace
Primeiro disco destes franceses que practican un black metal moi basicote e sen ningunha chispa. Moi monótonos, empezando pola voz e acabando polos riffs faltos de inspiración. A última canción "Revanche" pode ser do mellor do disco, pero non deixaría de ser unha canción decente no medio de moitas mediocres. 2/10


Les Discrets - Septembre et ses dernières Pensées (2010)
Post-Rock-Metal atmosférico
Myspace
Les Discrets é un grupo creado por un dos membros dos xa extintos Amesoeurs. A mín recordame a algo así como unha mezcla entre Alcest e os Anathema de "Judgement" e "A fine day to exit". Ten pasaxes moi conseguidos e melancólicos, envolventes e introspectivos. Non o pillei con moita ansia, pero foi un disco que foi crecendo a cada escoita. 8/10


Emerald Sun - Regeneration (2011)
Power Metal
Myspace
Dobles bombos, coros pomposos, cancións olvidables, power metal moi melódico de "boas vibracións"... con esta descripción, un poderíase estar referindo perfectamente a Freedom Call, e non está moi lonxe do estilo de Emerald Sun,... tal vez haxa algún toque a Sonata Arctica ou dos Primal Fear máis blandiños... O álbum está regulero, pero acaba sendo moi meloso para o meu gusto. 4/10


Exhumation (Rus) - City of Decay (2011)
Melodic Death Metal
Myspace
Ainda que cando o empecei a escoitar me gustou o que oía, pouco a pouco este álbum foise sumergindo na mediocridade do melodeath. Se fixeran esto fai 15 anos podería ser interesante, pero hoxe en día hai moita oferta desto mesmo. Estes rusos, que beben moito do melodeath sueco noventero quédanse no aburrimiento que aflora a partir da segunda canción. 3/10


Blindead - Affliction XXIX II MXMVI (2010)
Progressive Doom - Sludge Metal
Myspace
Denso e complexo disco desta banda polaca na que habita un dos antigos Neolithic. Supoño que será para gustos, pero a mín este estilo non é do que mellor disfruto oíndoo, entonces pode que estas palabras non sirvan de moito a aqueles que lles guste esta especie de Post-Rock/Metal atmosférico con toques Doom que outros denominan Sludge (ou eso alomenos é o que entendo eu por Sludge). A mín resultoume pesado e difícil de oír, pero non me atrevo a decir que sexa un mal disco, eso mellor déixollo ós expertos nese estilo. 5/10


Steel Seal - Redemption Denied (2010)
Power Metal
Myspace
Thomas Vikström?? De verdade é él? o de Candlemass e Therion? E cómo o ficharon estes italianos que non os conoce ninguén? Deben ter bos contactos.. porque como compositores non son moito allá.
O que nos encontramos neste álbum é un power bastante desaborido con toques a metal neoclásico, que nunca acaba de enganchar. Discos coma éste e o último de Symphorce e moitos máis son os que fan que cada vez lle preste menos atención ó Power Metal. 2/10


Seven Horizons - Seven Horizons (2010)
Progressive Rock-Metal
Myspace
Primeiro disco destes italianos que fan progressive metal moi melódico de temática cristiana. Tal vez o principal fallo é que sona moi ñoño en xeral, ainda que teñen algúns destellos puntuales. A mín acabáronme aburrindo a pesar de que técnicamente fano ben, pero hoxe en día fai falta máis ca eso para triunfar ante tanta oferta de grupos de Progresivo. 4/10



Barbe-Q-Barbies - "All Over You" (2010)
Rock-Hard Rock
Myspace
Os primeiros acordes de "All Over You" na canción "Spell" xa che poden decir cómo vai ser o resto do disco: Rock influenciado por AC/DC (esa primeira canción recordoume "un pouco" a TNT...), rock clásico e Hard Rock comercial. O único punto curioso é que sexa un grupo de tías, pero son musicalmente banales. Pouco que destacar aquí ainda que o que fan o faigan ben. Inclúen unha versión de Sweet, "Wig Wam Bang".... e a mín gústame máis a orixinal. 4/10

miércoles, febrero 02, 2011

Concurso de Amon Amarth

Amon Amarth lanzan un peculiar concurso: os fans deberán de deixarse crecer a barba durante 3 meses, aportando unha foto do antes e do despois. Para a parte femenina o concurso é o mesmo pero... co bello púbico!

Como se pode ler nas bases, habería que enviar unha foto antes do 11 de enero, así que sinto non terme informado para anuncialo por aquí antes... eu seime dun de Foz que por ganar, seguro que o faría na sección masculina e femenina XDD


"We are thrilled to present one of the most fun contests in our short history. Grow a beard, win a bunch of Amon Amarth shit. Interested? Read on.

Reader Jordan Wean actually suggested this idea to us back in November, and we loved it so much we knew we just had to do it. The only question was, “With whom?” And since the beard of Amon Amarth’s Johan Hegg has few rivals, when Amon Amarth announced they’d be releasing their new album Surtur Rising on March 29th, 2011 we knew we’d found the perfect band, so we approached them about the idea and voila, contest!

Females, fret not: this contest is open to you, too! Read on.

The rules:

Step 1) Send us a completely clean-shaven picture of yourself NOW — before Tuesday, January 11th at 11:59pm EST — holding up a sign that says “MetalSucks” and the date. Send all entries to news [at] metalsucks [dot] net with the subject AMON AMARTH VIKING BEARD CONTEST.

Step 2) Grow a beard.

Step 3) On March 29th, the day Surtur Rising comes out, send us a new picture of yourself… same deal: hold up a sign with “MetalSucks” and the date, only this time you’ll also need to write a secret passcode on your sign that will be revealed on MetalSucks on March 29th.

FEMALE RULES: The same as above, but a little more X-rated! Yes, we’re completely serious, and no, we don’t mean your armpits. You can black out / blur out certain parts if you’re so inclined… or not. You must be 18 year of age or older to enter. but for your armpits or leg hair! We’ll be choosing one male winner and one female winner, both with an identical prize pack, so the playing field is equal for everyone.

The prize:

- a lock from Johan Hegg’s beard!
- the “super duper fan edition” of Surtur Rising, of which only a very small limited number will be made.
- a drumhead signed by the whole band
- a Metal Blade Records t-shirt and lanyard
- a MetalSucks t-shirt in the design and size of your choosing

Once we’ve received all the entries during the week of March 29th (Deadline for picture #2: Monday, April 4th, 11:59pm EST), Johan himself will go through all the entries and select a winner. There are no set parameters by which you need to grow your beard — viking style, Abe Lincoln, Rollie Fingers stache, Fu Manchu, or just plain ol’ au naturale… it’s all good by us! Bigger isn’t necessarily better… it’s the motion of the ocean!

Now, get to growing those beards. You’ve got 3 months!"

Fuente

jueves, enero 27, 2011

Ozzy e Justin Bieber xuntos nun anuncio de TV!?


Ata fai pouco non tiña nin pajolera idea de quén era Justin Bieber, parece que é unha destas estrellitas jóvenes que fixeron producto os magnates das industrias discográficas, como xa foron tantos outros. Fai pouco lín algo dunha suposta carta que escribira o adolescente sobre algo de meterse co Metal e con Metallica en especial, pero parece que todo é un bulo. E tamén fai pouco houbo algo así coma un video en youtube dunha fan que o salía defendendo e que tamén decía algo coma que "el heavy es una mierda" e dese tipo de cousas que á maioría de nós nos fai moita gracia e que ignoramos completamente. Ainda así parece que tivo unha repercusión brutal na rede, tanta que a fan esta tivo que abandonar a súa cuenta de youtube porque o seu canal se convirteu literalmente nun foro, con miles de comentarios por día, a maior parte deles insultándoa. Pobriña (e non o digo con maldad, senón que un non sabe ao que se atén cando colga material na rede insultando a outra xente, e menos con tan pouca edad).

Volvendo ó tema: vai ser nun partido da Super Bowl cando salga o anuncio do cativo con Ozzy, segundo o neno-producto dixo no seu Twitter (un invento que non teño nin pajolera idea de porqué ten éxito): "Guess the word is out. Me and Ozzy did a pretty funny commercial for @BestBuy."
Os dous aparecerán vestidos de forma futurista como se pode ver nestas Fotos.

Dícese por ahí no artículo do que saque a noticia, que polo anuncio, o muñequito este con pelo de playmóbil se vai embolsar 1 millón de dólares... falta lle ha facer se se gastaba 150.000 $ ó mes na súa peluquera, como lín fai pouco en Yahoo! XD

O gracioso é que non fai moito na TV americana, nunha entrevista a Ozzy, preguntábanlle se conocía a Justin Bieber, e él decía: "Quén carallo é ese??" (cómo mola oír falar a Ozzy, parece o Antonio Ozores americano XD)


Legendary heavy metal rocker Ozzy Osbourne and teen heartthrob Justin Bieber are expected to star in a Super Bowl TV commercial together for home electronics chain, Best Buy. Details are scarce, but according to USA Today, the 30-spot — in which both Ozzy and Justin are dressed in futuristic-style black jumpsuits — is expected to run during the third quarter of the game on February 6.

Best Buy's marketing supervisor said, "Justin Bieber is the biggest star out there, but that's not why he's in the spot. He symbolically represents something important to the brand message." That message will target a younger demographic, as Best Buy hopes to change its image and evolve as an Internet provider technology expert.

The ad was shot earlier this month and will run after the Super Bowl.

One insider estimates that Bieber made at least $1 million for the ad.

Bieber confirmed the news on Twitter, writing, "Guess the word is out. Me and Ozzy did a pretty funny commercial for @BestBuy."

Check out photos from the shoot at DailyMail.co.uk.

When Ozzy was interviewed last month on Fuse TV and was asked to talk about his contemporary music tastes and, in particular, if he was a fan of Justin Bieber, he replied, "Who the fuck is Justin Bieber?".

Fuente

martes, enero 25, 2011

Mapa do metal


Unha páxina curiosa, que ordena, a modo de mapa, todos os xéneros e subxéneros relacionados con el poderoso metal. Ademáis tedes cancións das principales bandas do estilo e época que se toque para oír en streaming.

http://mapofmetal.com/#/home

domingo, enero 23, 2011

Bizarradas musicales: Günther

Foi case de casualidade que fai uns meses descubrira esta joya chamada Günther e xa son fan del XD Desta vez non se trata de nada de metal nin de rock, senón de techno-house-club ou como lle chamen, pero non é calquera cousa, senon... creo que é mellor que o vexades por vós mesmos:

Ese bigote, esa ambigüedad sexuar, bueno, ese final... impresionante! jajaj
A historia de Günther é a historia dun antiguo modelo de pasarelas chamado Mats Söderlund, que en 2004 decideuse a empezar a súa propia carreira musical tralo seudónimo de Günther. Rayando a parodia, o bigotito, esas gafas e o corte de pelo, e xa non digamos os gestos, Mats sacou o disco "Pleasureman" en 2004, obtendo un gran éxito co single "Ding Dong Song", basada noutra ochentera, pero suficientemente cambiada. Suele cantar con The Sunshine Girls, que son as que realmente cantan, porque él limítase a susurrar en voz grave e "sensual" e a facer morritos nos videos con cara de lascivia jajaj

Cando un mira os videos de Günther, dase cuenta de varias cousas; a primeira e máis obvia é o cachondeo que se traen coa temática sexuar, e de "Sexual God" de Günther, para con ambos sexos XD... logo nótase que hai un paso de baile, que sempre me resultou moi gracioso que tamén se repite na súa videografía: cando fan un movimiento de cuello para un lado e logo moven o corpo para ese mesmo lado XD... e logo están os finales dos videos... sin palabras XD

Aquí temos outro video, da canción Teeny Weeny String Bikini (pequeno pequeniño cordón de bikini) que ten certo parecido coa outra, ainda que pode que non sexa tan pegadiza... pero eu pártome según sale Günther, ademáis fanlle unhas tomas en primeiro plano moi graciosas. Ah! e olvidábame: hai outra cousa que non pode faltar nas súas cancións: "mmmmh" "aaaaah" "oooooh" XDD


this is your night
come and hold me tight
yes you are the one
it's a summer night
Moi convincente para un rollete de verano XD e impagable esa imaxen del entre dous cús decindo "uh la lá" XD
Por certo, neste último video a mín recordoume moito aquel video de learn how to dance good

Sun Trip é outro dos seus singles nos que podemos ver todos estes elementos, o da crema de sol é moito oh la lá XD e a pinta de julay.... e logo os típos comendo plátanos no jacuzzi.. o Günther enseñando o tanga.. aimamaiña jajaj pero sin duda o momento genial é o das dúas rapazas construíndo un "castillo" de area encima do cantante XDDDD

Buceando un pouco na rede, pódeste encontrar un montón de "homenajes caseros", pero houbo un... que merece mención especial. Atentos ós movimientos de baile do rapaz... increíbles.. aposto a que despois do video "sensual" que protagonizou lle choveron ofertas de ligoteo esa mesma noite e consigueu que lle tocaran o ding ding dong XD


Como traca final... un video sobre unha canción navideña.. probablemente o máis gay que nunca vira sobre as Navidades :O e tamén con un final espectacular:


Aigh ainda me rin un cacho con este descubrimiento XD

jueves, enero 20, 2011

Megadeth contra os lobos

E Megadeth saleu victorioso...
Parece que o tono de movil de Megadeth que tiña un rapaz noruego fixo botar a correr a 4 lobos, que estaban preparando un ataque para papalo enterito.

E agora veñen as conjeturas.. qué canción levaría o cativo para logralo?
Esta é a miña aposta:


NIN OS ANIMALES LA AGUANTAN! (qué temporada aquela de Megadeth... repleta de joyas..)

A 13-year-old Norwegian boy avoided being attacked by wolves by playing a heavy metal song on his mobile phone, the Zvuki.ru music web portal reported on Thursday.

The incident took place in the central Norwegian municipality of Rakkestad. Four wolves, who appeared before the boy when he was returning home from school, were scared away by the noise coming from the boy's mobile phone, the Russian website said.

The song that saved the boy's life was by thrash metal band Megadeth.

The boy said he had been told that in order to avoid being attacked by wolves one should not run away from them but attack them.

MOSCOW, January 20 (RIA Novosti)


Fuente