lunes, marzo 26, 2012

Microreviews Marzo'12 - II


Omega Lithium - Kinetik (2011)
Industrial Gothic Metal
Myspace
Cunha imaxinería bastante "militar", estes croatas pretenden escalar posicións dentro do ramal máis Pop do Metal Gótico e Industrial, pretendendo convencer tanto a seguidores de grupos de Gothic Rock/Metal asequible coma HIM, Lacuna Coil, Evanescence, ou Tiamat -dos que se "inspiraron" claramente no estribillo do tema do video de abaixo-, coma a seguidores de Metal Industrial-electrónico de base simplona coma Rammstein, Rob Zombie ou Pain. O resultado é unha especie de Deathstars máis poppy que non pode ocultar o enorme vacío compositivo que deixa tras de sí tema a tema. Pode que para elo este tipo de bandas necesiten chamar a atención con materias extra-musicales, sexa un frontman/frontwoman agradable á vista, unha campaña de márketing agresivo ou reforzando o aspecto visual da banda. Cousas as 3 das que curiosamente e en maior ou menor grado, moitas bandas que tocan tanto do Gótico coma do Industrial se tentan aproveitar.
Non hai moito máis que comentar sobre Omega Lithium, unha banda que probablemente non pasará á historia da música, pero que proban captar fans pouco exigentes das bandas mencionadas, usando unha cantante agradable á vista, un aspecto visual que tenta chamar a atención (e conségueo máis que a súa propia creatividade musical), e un vídeo promocional que se nota traballado e no que invertiron os seus diñeiros.
Seica agora aLady Gaga deulle por imitar a Rammstein. 2/10



Svartsot - Maledictus Eris (2011)
Viking/Folk Metal
Myspace
Este é xa o terceiro disco da banda procedente de Dinamarca, que iba gozando de certo nome dentro da escena do Folk Metal europeo, pero non sei eu cómo quedará a cousa logo de sacar este irregular Maledictus Eris.
Para empezar, o que nos encontramos é un Metal máis denso, máis a medio tempo e pesado que o que facían nos anteriores traballos, no que as cancións toman unha forma máis escura en contraste dos elementos folkies que seguen aportando esa vena alegrilla, pero en menor grado. A verdade é que é un cambio desconcertante, xa que o disco parece ter un potencial que nunca dá alcanzado debido sobre todo á ineficaz forma de estructurar os temas; algúns ata parecen estar calcados falando en términos de esquemas. Esto sería o principal que eu lle achaco a Svartsot neste disco, ademáis de sacrificar cancións que poderían estar ben facendo que redunden na repetición; o recurso de meter unha segunda melodía folky sen cambiar a base previa causa o cansancio no oínte cando esta base se repite unha e outra vez... alomenos a mín causoumo. Se a esto unimos que por algún motivo, a base formada por rítmica, baixo e batería é, na maioría dos temas demasiado estática, pouco dinámica.. esto afecta directamente á valoración global de que Svartsot fixeron un álbum con algunhas boas melodías moi folkies, algunhas boas cancións incluso, coma "Kunsten at do", pero que en conxunto se torna denso e cansino.
Polo demáis, temos instrumentos tradicionales, que dán a sensación de querer asomarse e ter máis protagonismo do que finalmente teñen, unha voz gutural bastante monótona que axuda á sensación de inmovilidade estructural da banda, coros "vikingos" ocasionales e un sonido decente, pero que por algunha razón penso que é peor que o do anterior.
Intento fallido. 3/10


Toxic Holocaust - Conjure and Command (2011)
Thrash Metal
Myspace
Toxic Holocaust é un grupo que fai Gothic Power Metal con voz femenina e bebe da corrente iniciada por Nightwish, con moita melodía épica de teclados e...
non cola non? XD
A verdade é que cun nome coma Toxic Holocaust, o máis probable é que nos encontremos ante un grupo de Thrash Metal. Curiosamente, esa protesta que estaba tan en boga nos ochenta en contra das enerxías nucleares e que tomaron como concepto lírico moitas das primeiras bandas de Thrash, segue a estar presente nas novas, ata o punto de que calquera banda que adopte un término "nuclear" no seu nome ten altas probabilidades de resultar dese estilo XD
Toxic Holocaust naceron hai máis de 10 anos, pero parece que coa nova ola de Thrash, os americanos fixéronse algo máis populares últimamente, tendo incluso certo recoñecemento pola audiencia metalera. Sen embargo, a mín polo menos, paréceme que o seu Thrash old school con regusto crust e punk e moito "Venom en vena" xa está feito de sobra. Non é que Conjure and Command sexa un álbum horrible, pero a mín resultame do máis xenérico e predecible. Nin sequera o feito de que dure media hora me deu ánimos a darlle unha segunda volta as veces que o puxen.
Non sei, pero penso que a xente está demasiado emocionada sobre esta segunda vida do Thrash e sobre as novas bandas que retoman, nunha maior parte de casos dunha maneira bastante xenérica, mediocre e pseudoplaxiadora o sonido ochentero e pionero. Hai excesivo ensalce de grupos coma Angelus Apatrida, Skeletonwitch, Havok, Warbringer, etc. cando en moitos destes casos, se naceran nos 80, quedaríanse probablemente entre a masa para desaparecer logo dun par de discos. Toxic Holocaust pertence sin duda baixo o meu criterio a este tipo de grupos do montón.
Xenérico. 4/10


Stream of Passion - Darker Days (2011)
Gothic Metal
Myspace
O que fora proxecto de Arjen Lucassen e Marcela Bovio volve para sacar o terceiro álbum, segundo sen a participación da mente de Ayreon.
Non hai cambios sustanciales do que eu recordo de anteriores traballos de Stream Of Passion, nos que a banda traballaba sobre unha base de emocional Gothic Metal sinfónico con algúns elementos máis progresivos e modernos nos riffs guitarreiros. Aflorando sobre este campo, a reina indiscutible da banda é Marcela Bovio, mexicana afincada en Holanda que demostra un gran talento vocal.
Así que todo está moi ben en principio para que Stream Of Passion lle faiga certa competencia ós Sirenia, Tristania, Delain e compañía, e probablemente se tiveran máis apoio e cartos detrás o terían máis fácil, porque a súa música non é peor que a dos mencionados... ainda que tampouco moito mellor. Tal vez o mellor que lles vín é que non se decantan descaradamente pola comercialidade, con cantante enseña-cachas e cancións directas ó estribillo poppy, senón que Stream of Passion son dun corte máis intimista e máis "gótico" en sí -dentro do que eu percibo coma Gothic Metal-.
O malo que lle encontro a este disco é que non me ofrece nada realmente diferenciable e memorable. Foron un par de audicións agradables, pero logo delas había pouco que quedase dentro da miña cabeza, e eso é algo que xa pasaba cos 2 anteriores álbumes da banda.
Como curiosidade, a maioría de cancións están cantadas metade español-metade inglés.
Música ben arreglada, boa voz... 6/10


Edenshade - Stendhal Got That Close (2011)
Metalcore/Modern Melodeath
Myspace
Desde Italia, os Edenshade sacan o seu terceiro álbum ata a fecha, un intento de facer Metal Alternativo e moderno con base instalada no Melodeath ó que tamén lle añaden pequenas pizcas máis "góticas", coma algún interludio ou intervalo entre cancións de piano, corda e arreglos electrónicos. Realmente estes pequenos detalles, sen ser unha maravilla e case anecdóticos dentro de todo o álbum, son o máis memorable, porque o resto é un desastre detráis doutro.
Non sei por onde empezar... pode que polo máis penoso e olvidable: a voz. Intentando sonar ó mesmo tempo melódica e "agresiva", algo así coma nos últimos In Flames, o vocalista de Edenshade está coma "aparte" do resto de música, con líneas totalmente perdidas e perdibles, que case parecen improvisadas durante a grabación. Algo similar ocorre coa batería, que por veces parece que esteña nunha dimensión paralela. E qué decir dos riffs de guitarra... índose por ramas entre o Nu-Metal/Metalcore/Melodeath máis insípido e aburrido que levo oído desde hai tempo, e por encima, que moitas veces non dan a sensación de empastar nin coa voz nin coa batería. Nin tan sequera as estructuras das cancións se salvan, caóticas e que non levan a ningún lugar...
Queixábame do último de In Flames, pero logo de oír a Edenshade xa non me parece tan malo.
Tráxico. 0/10


Blood Red Throne - Brutalitarian Regime (2011)
Death Metal
Myspace
Sexto álbum da banda formada por Tchort e Død, actualmente único membro fundador en lista, logo de que houbera unha escapada masiva de todos os seus membros antes de facer Brutalitarian Regime. Sólamente permaneceu o mencionado Død.
Así que, cunha plantilla totalmente nova, os noruegos Blood Red Throne lanzan un non tan novo disco de Death Metal. Digo que non tan novo, porque, a pesar das habilidades técnicas da banda, do seu gusto polo Death Metal agresivo e dunha producción notable, Brutalitarian Regime dá a sensación de xa estar feito demasiadas veces anteriormente. Hai moi poucas cousas que realmente chamen a atención do oínte medio do Death, e prácticamente ningunha canción nin ningún riff chegan meterse no corpo. Xa me pasou algo parecido cos 2 ou 3 anteriores desta banda, que levo encasillada coma "do montón" desde hai anos, e segue sen salir dahí.
É o típico exemplo de que non sólo é necesario unha cualificación técnica para sobresalir da media, senón que tamén algo de creatividade. De feito vexo moito máis necesario esto segundo. Dito esto, pode que os seguidores máis fieles do Death Metal clásico e na vena de Deicide, Obituary, Morbid Angel (os antigos XD).. lle enconten máis gracia ca min.
Xa feito. 4/10


Sarah Jezebel Deva - The Corruption of Mercy (2011)
Symphonic Gothic Metal
Myspace
Sorprendeume gratamente o comezo de The Corruption of Mercy da ex-Cradle e ex-Therion Sarah Jezebel Deva. Tanto "No Paragon of Virtue" coma "The World Won't Hold Your Hand" son auténticos temazos de Goth-Black Metal sinfónico de voz clara femenina. Foi algo así como retrotraerse no tempo á época do Midiam de Cradle of Filth sen a necesidade da chillona voz de Dani, xunto co toque máis peliculero de Carach Angren, con blastbeats incluídos na primeira, cousa novedosa que me fixo ter mellores expectativas das que traía nun principio.
Tal vez "The World Won't Hold Your Hand" xa sexa algo máis do estilo que eu esperaba, cunha maior aproximación ó Gothic Metal sinfónico, pero que mantén o tipo compositivamente falando. A pena é que despois deste segundo tema, o que xa non mantén o tipo é o resto do álbum, que sufre dunha irregularidade que a mín particularmente me decepcionou logo da boa perspectiva que debuxaba ese gran comezo. Así que o que obtemos finalmente é un disco mediocre de Gothic Metal, no que en moitos temas parece que Sarah esteña como reprimíndose, cantando en baixo tono, e parecendo que dá moito menos do que realmente pode. As composicións resultan parecidas ás do debut en término xeral, con altibaixos constantes, e cunha mezcla de sonido que non me convenceu nada.
No medio do CD atopamos unha versión de Zombie que tampouco pega moito co resto... penso que ó final coma bonus track cadraría mellor... se me apuras, ata creo que aforraban incluíla.
Irregular. 5/10


Steel Aggressor - From Ruins to Dust (2011)
Heavy-Thrash Metal
Facebook
From Ruins to Dust é o primeiro álbum de Steel Aggressor, ainda que os compoñentes da banda non esteñan faltos de experiencia, xa que durante uns anos formaron parte de Phantom Witch, que se podería considerar coma o proxecto primigenio de Steel Aggressor co cal únicamente sacaron un EP e un Split.
A música de Steel Aggressor está basada no Thrash, Power Metal americano e Heavy da NWOBHM, contendo así momentos de guitarras dobladas ó estilo maidenesco, partes máis cercanas ós primeiros discos de Iced Earth e Blind Guardian, e momentos moi Thrashers-Speed Metal añejo. Na parte vocal non hai os típicos "gritos" subidos de tono, senón que o vocalista mantense nunha línea bastante estándar, sen demasiadas florituras e que pode recordar a cando Schaffer cantaba en Night of The Stormrider e Iced Earth (disco), CDs os cales poden ser perfectamente comparativos con From Ruins to Dust en canto a estilo.
Tal vez o menos positivo sexa acerca do sonido, ainda que non sei ata qué punto os mesmos Steel Aggressor quixeron manter ese aire "old school" tamén ahí. A mín, sinceramente non me molesta que non teñan un sonido moderno, de feito pode que incluso o álbum perdera ese toque e se resentira na valoración xeral. En fin, pode ser que me gusten moito os discos ochenteros de Maiden e os primeiros de Iced Earth tal e como sonan (de feito prefiro a edición anterior sin remasterizar do Night of the Stormrider!), pero, sen aportar nada novo, encantoume este CD!! Do mellor en canto a Thrash-Power do 2011 que levo oído.
Ollo a ese riff de Return To Mithril Hall! Por un momento pensei que me metera no Tales From the Thousand Lakes! Qué bueno! Xa lles gustaría a Amorphis sacar un así hoxe en día.
O nome xa o dice: Steel -heavy metal- Aggressor -old thrash- XD. 8/10


Sideblast - Cocoon(2011)
Death Metal
Myspace
Desde a veciña Francia chegan estes deathmetaleros que case me fan caer da silla cando os puxen por primeira vez no reproductor. Cun sonido espectacular, Cocoon é toda unha homenaxe ó bon Death Metal influenciado básicamente por Strapping Young Lad -cos cales acaban de sacar un Split neste 2012 -sí, estaban disoltos, tampouco mo explico moi ben ademáis co tema Love? XD-, dosificado con Messhugah, Fear Factory e Behemoth.
Este segundo álbum dos franceses contén rabia e agresividade, con momentos realmente explosivos de blasting con guitarras contundentes afinadas en grave. A variedade vocal e certos teclados que aportan ambientación sinfónica/pseudoindustrial fan que Sideblast por veces se poida introducir en momentos máis cercanos ó Black Metal, pero sempre mantendo un nivel de tensión que recorda a City ou SYL, o cal é máis ca interesante.
Na parte negativa, sen que se me entenda mal, porque considero a Cocoon un bon CD, diría que pode dar a sensación de que hai riffs moi parecidos entre certas cancións, con recursos similares tamén nos momentos de breaks e cambios de ritmo. Esto ben podería ser considerado coma unha "marca da casa", pero xa pasaron máis de 15 anos desde os primeiros Strapping, e van moitas bandas que tentaron facer cousas similares (a maior parte delas sen pasar a ser populares, porque creadores coma Townsend non abundan), e esto xa non resulta tan innovador.
Pode que se Sideblast nacera a mediados dos 90, actualmente fora unha banda reconocida, pero a día de hoxe témome que se quedará coma unha máis, e sen demasiada repercusión. Polo resto, disco desfrutable polos fans das bandas mencionadas.
Digno disco, pero dá a sensación de repetirse un pouco. 6/10


Reinxeed - 1912 (2011)
Power Metal
Myspace
Reinxeed, ou o proxecto personal de Tommy Johansson, guitarra de Golden Resurrection, realiza un doble lanzamento este 2011. Por un lado temos un recopilatorio de cancións de Pop suecas convertidas en Metal, entre os que encontraremos temas de Abba, Roxette e Ace of Base (parece que foron os únicos tres en ser versioneados) e logo este 1912, un álbum habitual de Power Metal.
Xa tiña dito na anterior minicrítica de Golden Resurrection que un dos fortes que tiña aquel grupo era o traballo guitarrístico, e Tommy Johansson corrobora con Reinxeed que é un gran guitarrista na escola dos grandes do Metal de corte neoclásico coma Malmsteen, Giardino ou Impelliteri. Ademáis Tommy tamén se anima a cantar e faino dunha forma moi sobrada, alcanzando tonos tan altos a veces (oír "Reach for the Sky") que resultan contraproducentes e ata irrisoreos XD (salvo para os máis fans deses agudos, claro, pero.. ). Os temas fundense entre varios estilos irmáns, coma son o Power Metal sinfónico, o Speed Metal e o neoclasicismo, con teclados, coros épicos, e solos bastante bos que comparten a técnica de Malmsteen pero en doses aguantables -cousa da que Yngwie peca demáis-.
Así que temos un álbum cos seus momentos pegadizos, os seus momentos de virguería e virtuosismo, e os seus bos riffs por aquí e por alí que disfrutarán sobre todo os fans dos primeiros discos de Sonata Arctica, Yngwie e Stratovarius. E no resto, gran producción, de non ser porque o sonido do pedal do bombo me parece un pouco alto -a veces parece o motor dun tractor arrancando...-.
Sólo me quedou un par de dudas;
1)realmente Tommy vai facer todo eso se toca en directo?
2)qué significa (evil mode on) que Reinxeed ten temática de Fantasía/cristianismo? XD (evil mode off)
Melodía e rapidez, con doses ben repartidas. 7/10

2 comentarios:

RMS dijo...

Es impresion mia o es la peor nota media general de lo que llevas poniendo estas microreviews???? Incluido un CERO (xD xD haberia que esciotalo ainda que so sexa po lo malo que e).
No coincido con tus notas para Svartsot y Toxic Holocaust, pero bueno, lo de siempre: gustos ;)

enlil dijo...

Nah
2+3+4+6+0+4+5+8+6+7
------------------- = 4'5
10

4'5/10... é decir, na media, tampouco está tan mal XD
Eso sí, creo que canto máis oigo máis crítico me volvo, tanto cos novos discos coma coas cousas que faigo eu mesmo... esto non pode ser bon :S
Realmente che gustou o de Svartsot? Uff mira que lle dín 3 ou 4 oportunidades pero fíxoseme repetitivo canción tras canción case :S