martes, marzo 13, 2012

Microreviews Marzo'12 - I


Nemesea - The Quiet Resistance (2011)
Gothic Pop-Rock/Alternative Metal
Myspace
Madremía.. vai ser certo que a Napalm Records se está cubrindo de gloria cos seus últimos fichajes, cada cual máis comercialoide -dentro do Rock-Metal- que o anterior... Diabulus in Musica, Illuminata, Katra, Lunatica, Lullacry, Nemesea... porque non terán para fichar a Evanescence e Within que se non...
A mín xa me sonaban de antes Nemesea, deberá de facer coma 7 ou 8 anos que lles oíra algo, e agora que estou mirando a súa discografía, debeu de ser o seu primeiro disco Mana (2004). Recordo que co que me quedara do grupo era coa cantante, que tiña unha melenasa larga e pelirroja e unha planta que ehmehm bueno, digamos que non me quedara coa música demasiado porque os metín no lado do cerebro destinado a Gothic Metal para olvidar barra clones de Nightwish-Within-After Forever (que eran os 3 que máis tiraban no xénero aqueles anos).
Pois ben, pasaron os anos e Nemesea parece que tamén foron cambiando: a cantante tiñeuse de negro e está ainda mellor ca antes!
Non..
...ahora en serio...
... de verdade é a mesma?? brr aihomá! XD
Non, ahora sí en serio... ehmm de verdade preferiría seguir falando da cantante XD porque o cambio neste terceiro disco de Nemesea foi decididamente a tentar venderse nos ámbitos máis Pop, con cancións relativamente facilonas, que van directas ó estribillo e que reforza o papel da "frontwoman" coma mercancía vocal-física. En canto á música, as dúas-tres influencias estereotípicas nas que basaron este cambio á comercialidade foron sen duda Within Temptation e Evanescence, no que os aportes máis modernos-alternativos van moi da man de Lacuna Coil. E ata atopei máis que un parecido con T.A.T.U. en temas coma "Afterlife" -o do video-...
Dentro de The Quiet Resistance, dependendo do tema hai acercamentos ó máis sinfónico, ou á electrónica-Rock alternativo, sempre dunha maneira facilona e superficial. Se ainda tiveran estribillos que foran pegadizos, coma Within Temptation... pero nin eso. Nemesea é o que eu considero coma "Rock-basura", con composicións que tentan ser de fácil asimilación, pero que nin eso conseguen, resultando profundamente vacías e impersonales.
Polo que encarecidamente aconsello á banda que para o próximo videoclip a cantante enseñe máis cachas. Gracias.
Qué vende hoxe o pescadeiro? 1/10



Mayan - Quarterpast (2011)
Symphonic Melodeath
Myspace
Velaquí temos o novo proxecto de Mark Jansen, que se debeu de aburrir de tomar un descanso de Epica durante o 2010, para mostrarnos o lado máis escuro e "duro" da súa labor compositiva cun novo proxecto. Así pois, rodeouse de músicos con bagaje, moitos deles membros de Epica e ex-After Forever, e xuntou a uns cantos cantantes que fixeran de contrapuntos limpios ós seus growls, coma as propias Simone Simons e Floor Jansen e o incombustible Henning Basse. O punto de partida para este proxecto parece ser unha mezcla entre o Gothic-Doom-Death sinfónico dos primeiros After Forever e o Death Metal-Melodeath. Interesante de primeiras, pero que acaba derivando demasiado baixo o meu gusto. Para empezar, non parece que o grupo enfoque suficientemente ben sobre o que quere facer, parece un pouco de todo e moito de nada. Mark quere mezclar abundantemente todo o que lle parece gustar, introducindo elementos de Progresivo, incluso de Prog-Rock, Metal operístico, Power Metal, Gothic Metal e Metal sinfónico. A parte "dura" viría do lado de que aquí hai máis guturales que nos seus proxectos Epica e After Forever, pero en moi poucos momentos eso se nota nos guitarreos, que non desentonan en exceso dun álbum daqueles dous, e que parece que por veces queren arrancar con algún riff "crudo", pero que se quedan a medio camiño.
Sen resultar un mal disco, máis ou menos ben producido (penso que máis peso das guitarras viríalle ben), con algunha canción que está ben e algún extracto doutras que pasa, arrastra desde o principio un "quero e non poido" de emanciparse definitivamente das súas raíces gótico-sinfónicas. Ou esa é a miña impresión... é coma se quixese "facer un irmán maluto" dos seus 2 proxectos musicales principales e se quedara a mitad de recorrido.
Trata de arrancarlo Jansen, trata de arrancar(te)lo!! 6/10


LinkMortal Sin - Psychology of Death (2011)
Thrash Metal
Myspace
Cos australianos Mortal Sin atópome cunha disyuntiva que levo tendo desde hai tempo con moitas bandas, especialmente con este segundo revival do Thrash ochentero: ¿unha banda é digna merecedora de reconocemento se fai bos temas, con excelentes músicos e boa producción, pero que sona exactamente igual que outras bandas que triunfaron facendo a mesma música (incluso os mesmos riffs variados mínimamente a veces) hai 20 ou 30 anos?
Como é obvio, naquela época pode que non houbera a mesma capacidade para sonar coma o sonan os grupos do novo milenio, pero a técnica e composición non son máis que irmáns lonxanos.
Eu sempre lle dín especial relevancia na música que oio á habilidade de crear algo novo, sone mellor ou peor, e neso sen duda ganan os grupos nados hai 20 ou 30 anos ós actuales, xa que aqueles non tiñan referentes pasados e innovaron á súa maneira (ainda que logo se copiaran entre eles, pero sempre había uns cantos referentes con personalidade).
Neste caso, Mortal Sin son realmente unha banda nacida a mediados dos 80, segundo leo por ahí, moi influenciada polos primeiros traballos de Metallica. Logo, coma moitas outras, quedouse coma "unha máis do montón que non aportaba nada novo", e quedou destinada ó ostracismo nos 90, resucitada posteriormente no 2007 coa "nova ola-moda do Thrash".
Pois ben, para esta segunda andadura, Mortal Sin, colle descaradamente riffs, a veces de Overkill, outras de Death Angel ou mesmo Exodus e méteos por aquí e por alí. A mín, ainda que Mortal Sin sone bastante ben, e teña cancións que che fan remenear a cabeza, pois deixoume pensando neses 3 grupos moitas veces ó largo de Psychology of Death, e esto non o vexo positivo. Sigo preferindo os Overkill orixinales, e entre os resucitados nesta segunda ola, Heathen, Artillery ou Helstar fano mellor que estes australianos na miña opinión.
A sombra dos demáis grupos de Thrash pesa moito. 5/10


Raven Woods - Enfeebling The Throne (2011)
Blackened Death Metal
Myspace
Continuando no que escribía sobre Mortal Sin, cos turcos Raven Woods, atópome cunha situación similar, ainda que neste caso o que me veu á mente é que a veces é realmente difícil focalizar nunha dirección cando o par de grupos que che molan máis pesan demasiado sobre a túa forma de compoñer.
Este é o segundo traballo de Raven Woods, que aumentaron o seu caché firmando para a Code666 para este novo Enfeebling The Throne. O que podemos atopar aquí será unha banda profundamente inspirada en Behemoth, cousa máis ca notable na primeira parte do álbum, cunha forma de estructurar e uns riffs que por veces están descaradamente inclinados hacia os polacos. A medida que os temas se suceden, podemos ver algunha outra influencia, sempre tendo coma telón de fondo ós de Nergal, ahondando por veces no aspecto musical máis oriental de bandas coma Nile ou Melechesh -ainda que Behemoth tamén as teñen-.
Nunha segunda metade, encontrámonos interludios de guitarras acústicas, incluso algunha voz feminina, e máis riffs da escola "middle eastern" que parece que está collendo brío últimamente, con momentos realmente brillantes, tanto por agresividade, coma por técnica.
Pero no cómputo global, a pesar da habilidade instrumentística dentro de Raven Woods, e do gran sonido que lle exprimiron a Enfeebling The Throne, a mín non me acabou de convencer, e coma sempre, o principal motivo é compositivo. Vexo demasiadas resemblanzas ós grupos mencionados, dos cales por veces plaxian riffs, behemotheros XD ou doutros grupos ("The Fading Trace" ten un riff moi chulo pola metade, pero ese riff é made in Immortal), ademáis de que sempre introduzan o "momento folk-oriental" na mesma parte si o fan nalgún tema... polo que ó final non podería decir que este foi un dos grandes discos do ano de Death Metal, ainda que o potencial sexa evidente.
Eu deles buscaría unha maior fusión Behemoth-folk, Aeternam fixeron algo así e sacaron un discazo -bueno, é o meu gusto personal- 6/10


Onkel Tom Angelripper - Nunc Est Bibendum (2011)
Thrash'n Roll
Myspace
Estiveno pensando un tempo, pero finalmente decanteime por chamarlle ó estilo de Onkel Tom Angelripper, Thrash'n Roll, un término inventado agora mesmo XD, pero que penso que define á perfección este disco.
Para este proxecto personal, a mente de Sodom decideuse por unha visión máis festeira e menos "guerreira" do que suele facer normalmente no seu grupo principal. Para elo encadena 15 temas de Heavy-Rock desenfadado, con moita influencia do Punk e Thrash, co seu estilo vocal habitual que unido ós riffs cuasi-rockanrolleros dalle un aire a Nunc Est Bibendum entre vacilón, cervecero e macarra.
A influencia do Rock e Metal clásico é obvio na maior parte dos temas, que máis que recordar a Sodom (cuias referencias poderían vir maioritariamente pola voz de Tom), recordan ós primeiros Accept, Tankard ou Motorhead,... con dose punky en vena, e incluso por veces, pode que polo idioma tamén, certas cancións recordáronme a uns In Extremo sen a parte folk.
Os temas desprenden bo rollo a raudales e o disco óese dun tirón con moita facilidade. Gustaríame saber de qué tratan as letras porque teñen toda a pinta de ser puro divertimento XD
Aiiiibiayouuuayouuuayaaa! 7/10


Arkan - Salam (2011)
Oriental Heavy-Melodeath
Myspace
Eu pregúntome de ónde sacou a Metal Archives que este grupo faiga Gothic (!?) porque os franceses Arkan inclínanse por un Metal melódico de corte folk-oriental, que pouco ten que ver con sonoridades "escuras"/melancólicas máis propias do Gothic. Vamos, alomenos eu non vexo nin resquicio dese estilo. O único que pode otorgar certo toque "escuro" pode ser o Melodeath que a veces está máis cerca dun Metalcore, guturales incluídos, que entrelazan co Heavy Metal de corte moderno e progresivo máis imperante en Salam, guiado por unha cantante feminina e moitos ritmos e melodías totalmente orientales.
A mín o estilo en sí, paréceme interesante, nótase que se está a introducir paulatinamente no gusto do aficionado ó Metal, tanto de corte melódico -ahí temos a Myrath ou Orphaned Land, ainda que éstes xa o levan facendo desde hai moito, pero tal vez con non tanta difusión coma desde o Mabool-, ou extremo -tal vez Melechesh e Rotting Christ sexan os mellores exponentes-. Así que está ben... se non fora porque, partindo dunha base interesante, Arkan acaben sendo un mal clon de Orphaned Land, no que a maior parte dos riffs son aburridos, moitas melodías vocales parecen xa estar medio feitas en álbumes pasados polos israelís, e que en xeral, o interés que despertan ó principio se diluya sangrantemente cando aínda non levamos nin a metade do CD.
Orphaned Land, menos prog, menos bos, e menos creativos. 3/10

Sequester - Shaping Life and Soul (2011)
Melodic Prog-Power Metal
Myspace
Sequester é o proxecto unipersonal dun canadiense chamado Ryan Boc, e Shaping Life and Soul é o seu segundo álbum.
O primeiro que diría sobre a música de Sequester é que non vos fiedes da etiqueta de Prog-Power, alomenos non de todo, xa que a one-man-band céntrase en facer un tipo de Metal atmosférico e melancólico, onde a lixeira ambientación épica que reside no álbum para nada se pode comparar coa "alegría" imperante na maioría de grupos de Power. Este feito, cunha voz e líneas vocales que por veces me levaron a pensar en grupos de Gothic Metal do estilo de To/Die/For ou Sentenced (tranquilos, na súa xusta medida e sólo no apartado vocal), e moitos medios tempos que provocan unha media larga de duración por tema, fan que Sequester sexa un grupo a priori difícil de encasillar e, sobre todo, atípico dentro do Power Metal. Ademáis, outra característica de Sequester é que para obter esa atmósfera atípica non necesita de teclados sinfónicos predominantes, quedando éstes, se aparecen, totalmente nun segundo plano a favor de guitarras eléctricas e acústicas, baixo con presencia e batería cumplidora. Ignoro se todos son tocados por Ryan Boc, pero en principio a mín non me sonan a sampleados.
Hai tempo que oíra un grupo curioso que creo que se chamaban Heaven Rain que tamén sacaban a parte máis sensiblera-melancólica mezclada co Power e Rock-Metal Progresivo, ainda que aqueles tiñan máis presencia de teclados, pero en certas cousas parecéronme que tiñan unha base parecida con este canadiense.
Existe o Un-Flower Metal! 6/10


Illogicist - The Unconsciousness of Living (2011)
Technical Death Metal
Myspace
Nunca pensaría en Italia coma unha cuna do Death técnico, pero o certo é que últimamente vín salír do país numerosos grupos que comparten unha sonoridade parecida, entre o o ProgDeath e o tecnicismo elevado, tendo coma fondo case sempre ó maestro Chuck Schuldiner e Paul Masvidal.
Así, recordo entre outros nesta sorprendente escena emerxente italiana a Ephel Duath, Fleshgod Apocalypse, Disarmonia Mundi, Adimiron, Coram Lethe, Gory Blister,... xente que realmente se está facendo ou xa ten un hueco no panorama do Metal mundial.
Con respecto a Illogicist, é unha banda que son a Death o que Thulcandra son a Dissection. Bueno quizáis esaxerando un pouco, pero non lle anda lonxe. A miña opinión sobre este tipo de grupos xa a comentei por aquí: está ben que haxa este tipo de "tributos", pero sobre todo se o grupo do que fan o tributo xa non existe. É unha maneira refrescante de retomar aquel estilo tan propio, e, ainda que non sexan os mesmos creadores, alomenos temos algo novo que rememora bos tempos pasados.
Para recrear o estilo tan orixinal de Schuldiner, o primeiro que fai falta é ter oído moito Death, e o segundo e máis importante, contar cun nivel técnico salientable en cada un dos instrumentos. E basta con oír "Ghosts of Unconsciousness", o tema que abre The Unconsciousness of Living para disipar dudas. Estes italianos teñen Death nas venas, e ademáis intentan imprimirlle un aire "distinto", tocando partes máis caóticas e disarmónicas, así como a veces tenden ó Thrash Progresivo. O malo é que acabaron caendome no mesmo que moitos outros grupos, é decir, causandome certa indiferencia hacia o medio-final. Musicalmente penso que non é moi necesario facer unha valoración minuciosa, porque esto xa se oeu antes: intrincados riffs e complicadas estructuras, que a veces toman un cariz caótico, baixo xoguetón que dá tantas ou máis notas por tema que os guitarras, e batería polivalente con gran dominio de doble pedal e fan dedicado de Gene Hoglan e Richard Christy.
É moi difícil conseguir o que Chuck creou, temas memorables, técnicos e agresivos, e pode que Illogicist se lle achegue en ocasións, pero a idea que me foi rondando a cabeza a partir do segundo ou terceiro tema é que realmente, esta banda tampouco é para tanto -aparte da habilidade palpable dos músicos-.
Quédase no montón de grupos cheos de grandes instrumentistas, pero mediocres creadores. 6/10


Outloud - Love Catastrophe (2011)
Hard Rock
Myspace
Este xa é o segundo álbum do proxecto paralelo dos experimentados Bob Katsionis e Mark Cross, ambos militantes de Firewind (bueno, acábome de enterar agora mirando a Metal Archives que Mark Cross foise no 2010, qué sería de nós sen esa páxina XD). Para Outloud, o dúo colleu a un cantante norteamericano e decidíron aportar o seu grao de area ó revival ochentero de Hard-Sleaze Rock dos últimos anos.
Acórdome que no seu primeiro álbum xa había mostras de que este grupo podía dar de sí, e a línea continúa con Love Catastrophe, sen haber cambios estilísticos prácticamente. A base é a do Hard americano dos 80, con aquela mansalva de grupos facendo un xénero sobreexplotado a finales da década, ó que añaden partes que tanto lindan co Heavy Metal melódico coma co AOR. De feito, esto último tal vez sexa o único cambio salientable con respecto ó seu debut: un acercamento ó AOR máis melódico, pero a grandes rasgos Outloud seguen a facer o mesmo.
Na miña opinión personal, a mín gustoume máis o seu debut, que sen ser unha gran obra, pois ofrecía o que pretendía, que eran unhas poucas escoitas nas que o disco resultaba entretenido e un par de temas-hit do estilo de clásicos coma House of Lords, TNT ou Magnum que se quedaban na cabeza. Con Love Catastrophe temos máis ou menos o mesmo pero simplemente en menor relevancia. Nin as cancións son tan boas, nin os temas-hit chegan a ser "hits"...
Se fora editado nos 80, témome que quedaría sepultado no olvido. 5/10


Condemned - Realms of the Ungodly (2011)
Brutal Death Metal
Myspace
Non acostumbro a oír grupos de Brutal Death e se hai un motivo primordial, ese é o que os americanos Condemned representan a todas luces. Sei que non todos os grupos de Brutal Death son do estilo que vou describir, pero atopeime con demasiados "Condemned" como para facer un patrón de típico BDM. Esto é: voces guturales e profundas ó máximo pero con escasa personalidade, guitarras graves e de alta compresión na mezcla, que xogan con riffs recordan ós centos de bandas do xénero, batería que intenta ser dinámica pero que se queda nun quero e non poido se comparamos cos grandes do estilo; Cannibal Corpse, Deeds of Flesh, Suffocation ou Dying Fetus -grupos os cales son referencia imprescindible, e imitada ata a saciedade, ainda que o tempo dictamina que difícilmente superables-. Polo resto, temos temas clónicos que abusan de utilizar os mesmos recursos de palmuting con armónicos repartidos por aquí e por aló, con estructuras parecidas e a mesma sonoridade de prácticamente todos os grupos de Brutal que oín. En fin, un aburrimento de álbum para un servidor XD
Xa sei que ésta pode ser unha opinión bastante sesgada, sendo feita por un non-fan do xénero, que gusta de relativamente poucas bandas, pero non por eso me vou a cortar á hora de catalogar ó que eu entendo coma agrupacións-clon do estilo de Condemned. Penso que hai demasiados Condemned por ahí repartidos, e non son santo da miña devoción... mellor oireime o novo de Cannibal Corpse, que seguro que é máis interesante.
Brutal Clon. 2/10

No hay comentarios: