miércoles, diciembre 14, 2011

Microreviews Decembro'11 - II


Pegazus - In Metal We Trust (2011)
Heavy Metal
Myspace
Recordo que cando conocera a Pegazus fora con aquel video divertido e desfasado xa a mediados dos 90 da canción Wings Of Steel, no que había thunders, swords, castles, leather & Metal (qué máis se quere!). Conste que a canción era pegadiza, ainda que o solo non valera moito XD
Logo oíralles un disco que era máis ben fulero, e máis tarde cancións sueltas que non me chamaron a atención... e así ata o día de hoxe, no que me atopo que inda viven e que seguen a sacar discos falando do "poderoso metal" e todos os clichés propios do xénero menagüeresco.
Así que con estas miras excépticas me dirixín a oír In Metal We Trust, e teño que decir que o traballo dá o que promete: Heavy Metal clásico, básico e tradicional, con raíz ochentera bebendo de clásicos coma Maiden, Saxon, Judas Priest (do que hai unha versión de Metal Gods)... e feeling de Rock e rebeldía. O disco ten cancións mellores ("Metal Messiah", "Old Skool Metal Dayz") e peores ("Eye For An Eye" ou "Ghost Rider"), e a maior parte do que oín está máis que trillado, pero hei de decir que escoitei cousas moito peores (entre elas, antigas cousas de Pegazus XD). Supoño que sempre haberá grupos que conserven a parte máis mítica do "Heavy Metal" a pesar doutras modas, e parece que Pegazus sigue e seguirá ahí ainda que non sexan excesivamente bos tampouco.
Keepers of the Heavy Licks. 5/10




LinkCrocell - The Wretched Eidola (2011)
Death Metal/Melodeath
Myspace
Crocell é unha banda danesa composta por membros de Panzerchrist e Compos Mentis que fai unha especie de Melodeath bastante agresivo, groovie e contundente, que en principio sona moi ben pero que por algunha razón se acaba convertindo nalgo xenérico que non deixa a sensación de ser memorable.
...e eso que The Wretched Eidola comeza moi ben, cun potente tema coma "I Know the Taste of Your Tears" despois da intro. Pero logo esa sensación de brutalidade e pegada vaise disipando a medida que transcurren os temas. E esto mesmo penseino tódalas veces que reproducín o album, sendo distintos días e incluso meses si me apuras (por se hai avispados que me digan que oigo todo moi seguido XD). E eso que o bon facer instrumentístico detrás, o bon sonido e a potencia da banda queda suficientemente demostrada, pero é que simplemente non calou en mín. Moitas veces me pasa esto, e supoño que a vós tamén, de que realmente non podedes decir algo malo dun álbum, pero simplemente cando o vás poñer outra vez, na metade case apetece máis quitalo porque non che está decindo nada.
Véselle potencial pero quédase ahí. 5/10


Execration - Odes of the Occult (2011)
Death Metal
Myspace
Desde a cálida a estas alturas Noruega chega un lanzamento de puro Death old school, ainda que non da forma que eu me esperaba. Quizáis me levei deixar un pouco polo nórdico da banda e pensaba que Execration (outro nome a evitar se algún día formades unha banda de Death) tirarían máis polo lado sueco do asunto, que é o que ten máis fama dentro das correntes do Death europeo. "Sen en cambio", estes Execration practican un Death que me recordou (ande vai que oín aqueles discos!), ós primeiros álbumes de Morgoth e Atrocity, de feito o cantante ten un estilo moi similar a Alex Krull cando facía guturales. Seguramente aqueles que seguían esta corrente tan cruda e extrema poderán decir máis bandas daquelas que saían dun estilo similar a principios dos 90, xa que a mín me cadrou moi novo e dixería o Metal Extremo en pequenas cantidades. Agora certamente non escoito moitos grupos que faigan o que fan Execration, polo que ainda que sexa contradictorio, resultoume un soplo de aire fresco dentro do que levo oíndo na última década en cando a Death Metal.
En canto ó disco propiamente, encontrarémonos coa herencia daqueles grupos mencionados, con partes máis Doom e outras con blasting, ainda que sempre coa seña de riffs espesos e agresivos que recrean unha atmósfera incómoda e opresiva. Odes of the Occult conta con unha hora de bon Death añejo, cun par de "Intermezzos" máis lixeiriños que nos preparan para o seguinte asalto, e unha épica "A Crutch For Consolation", de máis de 10 minutos de intensidade.
Old Death pesado e grueso. Deleitable. 7/10


Niflheim - Personae (2011)
Folk Metal
Myspace
Non sei de onde sale a calificación esa de Symphonic Heavy Metal de Metal Archives, porque nada máis lonxe ocorre cos franceses Niflheim (diferente dos míticos blackmetaleros suecos nifelheim -outro nome a evitar por calquera banda nova-).
Niflheim parecen ter nacido no 2003 baixo o nome de Potatoes (eing?) e posteriormente en 2008 sacan o seu álbum debut, xa cambiados de nick, titulado "Once Upon A Cow" (eing???). Neste 2011 lanzan o segundo, facendo un Folk-Rock/Metal influenciado por lendas e mitoloxía escandinava (ou eso é o que lín por ahí). O violín é parte esencial da súa música, aparecendo prácticamente todo o tempo coma o podería facer en Skyclad, ainda que Niflheim roda por outros derroteiros que buscan máis a beleza e atmósfera, e que tiran tal vez máis hacia o folk-power sinfónico. Nesto último, as líneas vocales da vocalista teñen que ver bastante, xa que me recordaron a outros actos de power-folk coma Elvenking, Tuatha de Danann ou Falconer. O que pasa é que non é bon deixarse levar completamente por eses nomes, xa que estes franceses tamén se deixan querer un pouco por outras ramas coma o Prog-Rock ou o Folk eslavo dependendo da canción.
Non estivo nada mal.
Variado e creativo. Non apto para fans que non gusten de violín en primeira liña. 7/10


5grs - Let's Crush (2011)
Thrash Metal
Official
Seguindo os pasos duns Arch Enemy enthrashizados, os iranís 5grs presentan o seu segundo disco saíndo tímidamente a augas internacionales, cousa harta difícil nun país tan inestable e conservador como parece Irán, e xa non digamos se nos topamos que a frontman neste caso é unha frontwoman (por certo primeira cantante feminina nun grupo de Metal na historia do país).
Así pois, 5grs basa o seu potencial nun Thrash Metal cun certo aire "prog", con algúns bos riffs e variedade suficiente que pode recordar a clásicos da escena norteamericana coma Metallica ou Machine Head. Nas voces, Nelly tenta darlle un aire máis "core"/melodeath que combina con limpios, ainda que a mín personalmente non me convence en ningunha das súas facetas. O sonido cumple sen máis, cun baixo con bastante presencia e unha batería bastante típica que non chama a atención.
Non me gustaría pecar de ser moi duro cunha banda coma 5grs, que o seu traballo lles costará facer este estilo de música nun país coma o seu, "hai que botarlle juevos ó asunto", pero remitíntome ó estrictamente musical, a mín Let's Crush é un album que a pesar de ser correcto, non me dice moito.
Desde Iran con ira, pero sen convencerme. 5/10


Deafheaven - Roads to Judah (2011)
Black Metal
Myspace
Ainda leo por ahí a xente que non se cree moito eso das escenas e que en certos lugares , países ou rexións haxa un xénero que predomina ou incluso que éste se "xenera" (valga a "rebundancia"). No caso dos USA, estes últimos anos, aparte do Metalcore, temos no xénero Extremo unha vertente con gran número de adeptos coma o é o Black Metal fusionado co Shoegaze/Post-Rock/Metalcore ou incluso Screamo, Emocore e non sei cántas merdas desas XD Tal é o tamaño da vertente que cada vez que escoito un grupo de Black americano hai altas probabilidades que practiquen este estilo. O malo é que dentro del, un atópase un montón de morralla, ou serei eu, que non sei capaz de valorar como se merecen algunhas bandas, visto o número crecente de fans que as defenden. Tal é o caso de Deafheaven, grupo que co seu disco debut está obtendo unhas críticas que case o poñen como disco do ano... bueno.. imos ver, tranquilidá...
As catro cancións que compoñen Roads to Judah forman un disco eminentemente melancólico, coa súa dosis de "muro de sonido", alternando blastings con punteos shoegazeinaos (ou como carallo se digha), e cunha voz do máis monótona e cansina. Ademáis o sonido tampouco é para tirar cohetes. É un disco típico deste xénero, que me recordou a outras cousas que oín fai tempo e que probablemente desbotara para sempre. Ainda así, non me pareceu do peor neste subestilo, pero dista moito do que eu considero un bo disco e está lonxe de tocarme a fibra en ningún sentido.
PD: Ah! se me dín hai uns anos que habería unha corriente dentro do Black Metal de xente gafapastosa de pelo corto engominado e peinaos á raia con camisa, non daría crédito!
...e máis Black-USA. 4/10


Darkest Era - The Last Caress of Light (2011)
Celtic Heavy Metal
Myspace
Primeiro disco destes británicos que debutan polo alto, fichando pola Metal Blade! Non calquera pode decir algo así!
A música de Darkest Era é difícil de definir nun principio, ainda que unha vez que oes o primeiro par de cancións, xa se volve un estilo claro e inamovible, tal vez xustamente o complicado sexa definilo con palabras, pero intentareino: ¿Imaxinades cómo sonarían uns Primordial ou Enslaved se fixeran Heavy Metal? Agora añadídelle o cantante de Divinity Destroyed e unha influencia Doom-Folk coma o que teñen The Lord Weird Slough Feg. Ahí o tedes! (alomenos no meu mellor dos intentos).
O caso é que Darkest Era, sen duda se convirte nun dos meus favoritos debuts do 2011 polo seu estilo, tal vez oído en parte, pero innovado do Heavy Metal de temática folk-celta, pola súa calidade compositiva, que se centra a medias entre as melodías vocales e os punteos folkies, e polo gran sonido que sacaron para éste The Last Caress Of Light.
Gran debut. 8/10


Arakain - Homo Sapiens..? (2011)
Heavy-Power-Thrash Metal
Myspace
Arakain son unha das bandas máis míticas da escena metalera checa, ainda que o seu Heavy Metal se quedou na escena nacional e pouco se sabe deles afora das fronteiras da República Checa -o feito de cantar en checo tamén axudará-.
Xa levan case 30 anos metidos na música e esa experiencia é algo que se percibe en Homo Sapiens..?, no que descargan un Heavy agresivo que acolle riffs que están moitas veces no límite entre o Thrash e o Prog-Power, onde as guitarras son o principal protagonista xunto coa carismática voz do seu cantante. É un estilo moi tradicional o desta banda, ó que se une un sonido moderno e diría que se desenvolven bastante ben facéndoo, ainda que no resultado final a mín me pedía algo máis o corpo. En canto a influencias, o certo é que hai un pouco de todo; é coma un grupo de Power americano ó que lle añadimos un pouco de Metallica, Megadeth, Symphony X...
Hai moi bos temas coma a inicial "Marat", "Straznej Andel" ou "Archa", pero non me acabaron de enganchar a pesar das 4 ou 5 escoitas que lles levo.
Interesante mezcla entre clásico e moderno. 6/10


Antipope - House Of Harlot (2011)
Melodic Thrash-Black /Heavy Metal
Myspace
Antipope é o exemplo de cómo un mal vocalista pode arruinar unha banda con potencial, algo parecido ó que pensaba na anterior tanda de Microreviews de Midnattsol.
Neste caso, Antipope son unha banda finlandesa que se podería considerar coma un híbrido entre Black Metal e Heavy-Dark Metal, con influencia da escola melancólica do Suomi Metal, acertados punteos melódicos que se combinan con riffs máis tendentes ó thrash-melodeath-heavy, teclados secundarios atmosféricos e un cantante que malamente alterna entre os rasgados-thrashers e a voz clara heavy-power. Cantante que a vai pifiando por onde vai, e que por veces pode colar, pero que nin me convenceu no rexistro escuro, nin moito menos no "heavy". É unha pena porque esta mezcla sin complexos de xéneros merecía ter un final máis adecuado que simplemente quedarse no olvido.
Bon grupo-cantante fulero=? 6/10


Risha - Лето (2011)
Folk/Industrial/Alternative Metal
Official
Risha é un grupo ruso do que me costou o seu encontrar info e encontrar algún site que falara deles nalgo distinto do cirílico (de feito non o encontrei XD). Parece ser que a banda está formada por un trío comandado pola cantante-baixista, que desempeña a súa labor vocal nunha onda moi parecida ás típicas bandas de Rock-Folk eslavo, pero neste caso, añadindo matices máis étnicos que aportan frescura dentro dese mundillo.
A música da banda é difícil de definir, xa que abordan diferentes campos coma o da electrónica, o new age étnico, e o Folk Metal con guitarras "modernillas", máis cercanas ó Industrial Metal e ó Rock Alternativo que non aportan excesivo riffin', senón que acompañan con acordes simples na maior parte do tempo.
A pesar de non ser un estilo que en principio me podería chamar a atención, certas melodías vocales que me recordaron a uns Betray My Secrets por veces unidas a ese background de samples sí que me causaron unha boa impresión.
Non sei se será un primeiro disco ou non, eu creo que é probable, polo que haberá que manter a atención nesta pouco convencional banda.
A veces.. hai creatividade dentro do Folk Metal eslavo. 7/10

7 comentarios:

RMS dijo...

El de Nifleheim me parecio mas de lo mismo, y no para darle un 7, mientras que 5grs me parecieron muy buenos (ese sonido a Testament en el bajo, que grande es Greg Christian y que poco reconocido esta), y no para darle un 5 :D
Si, ya se, gustos... pero era por meterme un poco con los criticos xDxDxD

RMS dijo...

Por certo, tio, de onde carallo saca-lo tempo pa escoitar todo isto? O.o

enlil dijo...

"Si, ya se, gustos... pero era por meterme un poco con los criticos xDxDxD"
jajaj fás ben! eu tamén o faría XDD

"Por certo, tio, de onde carallo saca-lo tempo pa escoitar todo isto? O.o"
Nah o tempo faise, hai días que poño música na casa e engancho 4 ou 5 discos seguidos que reproduzco ata que teña unha opinión formada. Logo teño os meus 10 ou 15 no MP3 para cando salgo da casa, e combino :D De todas formas 20 discos en 15 días.. nah pódese :D
O malo deste experimento que estou facendo este ano (para o seguinte non sei se poderei seguir este ritmo), é que xa non oigo discos antiguos, e hai veces que o boto en falta :S

Grilo do Demo dijo...

Baja un poco el ritmo y combina, pero no tienes por qué dejar de hacer microrrebiús... venga, Roberto, ¿le perdonamos si en lugar de 30 discos al mes comenta sólo, digamos, 15? ¿O es bajarle mucho el listón? ¿Qué opinas? :D

Tonterías aparte, meviacagantoloquesemenea pero me gusta más cuando les pones malas notas a todos, cuando muchos son recomendables (esta semana van unos cuantos) me deprimo porque se me apilan en el montón de "a escuchar". No sé si para este 2011 haré un "surtido selecto" porque escuché demasiado poco. En cualquier caso, al menos el de Darkest Era sí que lo escuché, y me acabo de enterar de que era un debut, a mí me sonaba el nombre de antes. Cortocircuito neuronal. La primera vez me pareció soso, a la segunda me gustó algún detallito y a la tercera me gustó un montón. Sí que es como un Primordial con voz limpia, a ratos. Está curioso. (En serio, tienes que escuchar el de Atlantean Kodex.)

La canción que pones de Pegazus me parece floja... lo cual me quita las ganas de escucharlo teniendo la aforementioned pila que tengo.

Tomo nota de Risha (¿folk eslavo? ¿7? más que suficiente) y de Niflheim... no sé, no sé... miedo me da la descripción, pero se le dará una oportunité.

enlil dijo...

Igual era outro das decenas de Darkest blabla que hai XD ou algún EP?
Escoitareino, xa o teño por ahí apartado desde hai tempo, pero como escollo case sempre ó azar o que escoito, pos nunca me acordo de mirar ben.
Nah se non che gusta esa canción de Pegazus, que é unha das "medianas do disco", nin te molestes, é do montón ainda que fai tempo lles oíra un que era malo pero de verdad XD así que éste... mediano por decir algo bon, debe ser que é navidades e reparto "boas" notas XD

O de Risha... ten en cuenta que ó lado de Folk Metal, tamén puxen Industrial e Alternativo eh? A mín non son 2 estilos que me molen moito, ainda que Risha me pareceran asequibles. Por certo, teñen unha versión dunha canción moi popular, pero non me acordo de cómo se chama :S

enlil dijo...

Por certo, o récord de Microreviews téñoo no més pasado, que foron 6 post... a 10 álbumes cada un, notouse que me pasei tempo na casa argallando coas contabilidades XD

RMS dijo...

Opino que algo con el 5 siempre tiene rima facil xD xDxDxD xDxD
Supongo que todo ira por temporadas, como lo mio con el brutal y el grindcore (temporadas en que bajo todo lo que tenga esas etiquetas y despues me tiro meses sin bajar nada de nada xD ).
Si que tienes razon en que a veces apetece escucharse algo que no sea novedad, pero para eso lo que dice Grilo: salteado (y wok xDxD).