lunes, diciembre 12, 2011

Microreviews Decembro'11 - I


Souldrainer - Heaven's Gate (2011)
Death Metal/Melodeath
Myspace
Máis swedish Death, neste caso pasable sen máis, de mans de Souldrainer, un trío que lanzou hai poucas semanas o seu segundo CD, Heaven's Gate.
Souldrainer
fan un Death Metal melódico que me recordou moito ó dos seus compatriotas Hypocrisy, sonando contundentes, case sempre a medio tempo, con teclados que lle dán un aire sinfónico e melancólico e cunha voz entre a de Tom Angelripper e Peter Tägtgren. En canto á composición, recordoume en exceso ós álbumes de finales do século pasado de Hypocrisy, coma o The Final Chapter e o autotitulado, onde o teclado xa formaba parte da maioría das cancións e os estribillos empezaban a ser bastante melódicos, con semirasgados que se diferenciaban da forma de cantar do resto do álbum, moito máis cruda. Ainda que a verdade é que recollen un pouco de todas as épocas do grupo. Dependendo do tema, atoparémonos desde o máis sinfónico e épico, ó cañero e ata o seus experimentos máis modernetes.
Realmente todo o álbum ten unha tendencia bastante lineal, que recorda en exceso ó traballo de Tägtgren, e no que difícilmente se pode escoller unha canción. Pero tampouco poido decir que esteña mal... o que pasa é que Hypocrisy ainda existen... e fano mellor... polo que sentíndoo moito, penso que Souldrainer pasarán desapercibidos polo mundillo do Metal se non poñen un toque máis personal para o próximo disco.
Desde fans de Hypocrisy para fans de Hypocrisy. 5/10
Se ata o video se parece ó de Roswell 47! XD


Link
Solar Fragment - In Our Hands (2011)
Heavy Power Metal
Myspace
Durante as primeiras cancións do disco In Our Hands, dos germanos Solar Fragment, houbo coma 2 ou 3 bandas que me pulularon pola cabeza coma influencias directas: Iron Saviour, Persuader, Savage Circus e por suposto Blind Guardian. Pero non os últimos Blind Guardian, senón os máis clásicos e noventeros, os que perfectamente podían meter temas cañeros de 4 minutos nun CD (momento puya). Os que máis me gustaban, a decir verdade...
Pero foi a partir da terceira canción, tamén cun título moi dos de Hansi coma "Inside The Circle" cando xa non me puiden quitar a Blind Guardian da cabeza (máis tarde entereime que o propio Kürsch fai coros ahí!), e eso que instrumentísticamente vese o gusto polos bardos, pero tampouco tanto... penso que o principal que fai que Solar Fragment pasen por ser unha nova versión daqueles, coma o foron Persuader e Savage Circus, sexa o cantante, os coros e o tratamento vocal.
Pode que a Solar Fragment lles falte realmente a chispa compositiva dos primeiros Blind, pero logo de oír o disco moitas veces, poido decir que non está nada mal, e que o prefiro incluso á maioría do que fixo Piet Sielck en Iron Saviour e Savage Circus. In Our Hands é un decente disco de Power-Speed Metal para amantes da parte máis épica e "germana" do asunto.
Xa que Blind Guardian non fan temas coma hai 15 anos... teremos que conformarnos con outros coma Solar Fragment. 7/10


StoneLake - Marching on Timeless Tales (2011)
Heavy Power Metal
Myspace
StoneLake son unha banda sueca que sobrepasa a década de existencia e cun quinto álbum coma Marching on Timeless Tales seguirá resultando desconocida fóra das súas fronteiras, porque a súa proposta de Power a medio tempo está vista de máis. StoneLake arrímanse ó Power noventero de ascendencia alemana, así podemos percibir a influencia de grupos coma Helloween ou Primal Fear, ainda que a mín o grupo que máis me veu á cabeza, tal vez polo estilo do cantante e certas cancións, sexan os infravalorados daneses Fate, cos que StoneLake tamén comparte un lado máis Hardrockeiro que rememora a Pretty Maids ou Thunder. Penso que con esta avalancha de nomes, un xa se pode facer unha idea bastante aproximada do que tocan estes suecos, pero o punto malo é que a maioría de cancións deste CD non se chegan a pegar de todo... ok, "Red Canyon" e "Lay Down The War" pasan, pero é coma se lles faltara ese puntillo para conseguir dar no clavo no resto do disco...
O que por suposto tampouco quere decir que o faigan mal... pero...
Marching on unimpressive tales. 6/10


Last Battle - War (2011)
Symphonic Black Metal
Myspace
Parece mentira que cun nome tan batallesco e cun título tan guerrillero, os Last Battle resulten ser un grupo de temática cristiana. Eu pensaba que as guerras e as armas as cargaba o diaño, pero en fin... XD
Non sei se a música de Last Battle a cargou deus ou o demo, pero sei que calquera que o fixera, non lles deu demasiadas habilidades para facer Black Metal. Bueno, si ésto é Black Metal, porque é un amasijo tal de cousas, que te podes encontrar desde un ritmo folk feito cun piano que antes daba notas máis "góticas", a tremolo-picking rodeado de teclados cutreiros épicos, a solos jevimetaleros, a... bueno... o que máis chama a atención: un intento de growling bastante fulero. Penso realmente que éstes ucranianos teñen ideas, pero habería que organizalas un pouco, porque senón sale algo coma War, un disco que non se sabe moi bén de qué vai, con cortes que rozan o surrealista, pero non por avanguardistas, senón porque nin empastan as cousas nin teñen precisamente unha calidade sonora e compositiva baixo o meu gusto.
"Unblack", "unplug". 1/10


Sacred Dawn - A Madness Within (2011)
Progressive Power/Heavy Metal
Myspace
Terceiro disco desta banda chegada desde Chicago, que xoga a crear un híbrido entre o Heavy Melódico clásico con teclados, tendo como referencia a Rainbow ou Magnum, e o Prog-Power na onda de Fates Warning e Queensryche. O certo é que a mezcla podería ser explosiva, e sabendo aunar os ingredientes cun mínimo de gusto e orixinalidade, e A Madness Within podería ter sido un gran álbum... Sí, podería ter sido, porque non o é. E eso que os americanos se esforzan, xa que proban a infundirlle un toque de mala leche a través dalgún semirasgado. algunha atmósfera interesante,... pero é que a música resulta demasiado parada, coma se nunca dese arrancado, cando hai marchas de sobra para usar. Ademáis moitas veces pasoume que me recordou a algo xa feito; por exemplo, "Demonlover" tíñame un aire moi Conception, grupo do que se ven tamén bastante fans... "A Madness Within" recorda a uns Stratovarius/Yngwie do máis sosos... "Delirium" pode que a uns Symphony X... pero non vos guiedes polas comparacións, porque todas elas non chegan nunca a alcanzar ós orixinales.
Existen os malos discos de Progresivo, e están aquí. 2/10

Torchbearer - Death Meditations (2011)
Melodeath
Myspace
Terceiro disco desta banda sueca que practica un Death Melódico variado, no que se entremezcla riffs e voces máis propias do Black Metal con solos moi prog-virtuoso, teclados e algunha cousa que podería estar máis cercana ó Thrash. É moito abarcar, desde blasting a Death Técnico, con momentos sinfónicos, pasando por violento Black... e a xogada non lles sale nada mal. De feito é un dos traballos máis creativos que me atopei desde hai tempo dentro do Melodeath/Death técnico. Death Meditations desborda caña e rapidez, que se vé reflexada en dúas bombas coma as que dan comezo ó disco (quitando a intro), "Severings", "Penumbra" ou "Death Meditations", cun doble bombo e uns blastbeats que parecen unha batidora en high-speed.
Curiosamente, a mín a que máis me molou foi a instrumental final, un broche perfecto para un disco moi traballado, cun sonido á altura dos grandes escandinavos, e o punto de orixinalidade dentro do estilo que o fai un disco a ter en conta.
Melodeath orixinal? Pois haino! 8/10


Midnattsol - The Metamorphosis Melody (2011)
Symphonic Gothic-Folk Metal
Myspace
Éste xa é o terceiro traballo do grupo da irmá de Liv Kristine, Midnattsol, banda que sempre considerei coma bastante mediocre, dito sexa. Así que con estas vistas me dirixín a oír The Metamorphosis Melody, que estivo acollendo bastante boas críticas polas webs que frecuento. O certo é que me deu bastante igual XD porque tamén ós outros discos deles llas daban e parecéronme do máis sosos.
Pois ben, penso que Midnattsol, coma en anteriores entregas, teñen boas ideas, pero que non as saben culminar. E o principal pero que lle poño á súa música é precisamente a voz e lína vocal de Carmen Elise Espenæs, que fai especialmente soporífera a escoita de calquera disco de Midnattsol. O seu tono de voz, certamente moi do estilo de Liv Kristine, as voces dobladas son moi do estilo de Liv Kristine, e incluso as melodías son moi do estilo de Liv Kristine... pero en aburrido. Esforceime en evitar a voz de Carmen, e durante o tempo no que o conseguín, pareceume un álbum moi rico en melodías e que incluso son bastante pegadizas, con esa mezcla de Gothic sinfónico, Folk e Power Metal que a mín non me produce ascos tal e como está feita en The Metamorphosis Melody.
O disco comeza dunha maneira inmellorable coa pegadiza "The Metamorphosis Melody" e "Spellbound", e logo hai altibaixos que podería pasar por "altos" se non fose pola onírica e somnolienta Carmen.
Por certo, moi boa bonus track, para mín a mellor do disco, ainda que teña unha semellanza na melodía que fai a guitarra con "A Poets' Prayer", a mín espertoume do letargo que me produxeron as últimas 2 ou 3 cancións. Sería polos guturales que aporta o guitarrista e que Carmen descansara un cacho?
Cambiade de cantante, por favor, polo demáis está mellor que os 2 anteriores. 6/10


Sacred Ally - Reality Hammer (2011)
Progressive Thrash/Heavy Metal
Oficial
Buff esa portada non me auguraba nada bon, pero finalmente, o disco debut dos canadienses Sacred Ally resultou ser unha grata sorpresa dentro do Metal este ano. Por certo, non sei qué lles dán en Canada, pero ainda salen bastantes bos grupos, como en Bélxica, dúas escenas que tiñan os seus grupos míticos, pero das que non se sabía moito máis doutros proxectos nacionales.
Neste caso, Reality Hammer é un álbum moi elaborado de Speed Heavy-Thrash Metal, onde Sacred Ally nos inundan canción tras canción de multitude de riffs moi da vella escola, entre o Thrash melódico e o Heavy clásico, e moi efectivos. As sete cancións do CD teñen unha duración media que sobrepasa os 7 minutos, cousa que lles dá técnicamente un acercamento ó xénero progresivo, ainda que na súa maioría, a música de Sacred Ally está lonxe de ser intrincada, máis ben todo o contrario, é bastante directa e amena. Toda unha sorpresa desde o outro lado do Atlántico.
Un disco-debut máis para a saca. 7/10


Scorned Deity - The Monarchy Memoirs (2011)
Melodeath
Myspace
De calquera outro lado me imaxinaba este grupo excepto de USA. De feito tiveronme enganado durante un tempo entre Finlandia e Alemania, non sei por qué, supoño que por certa "escola" sónica que se crea en determinados lugares.
Pois éste é o disco debut destes americanos, que xuntan o saber facer do melodeath finlandés con certo deje "core" e con teclados que aportan un aire sinfónico-moderno, ainda que a súa utilización non sempre me convenceu. A veces parecen cortados bruscamente, pero hai extractos nos que realmente ensalzan a música de Scorned Deity. As habilidades dos guitarristas están máis que probadas, ainda que non se salgan da línea tipicoide do Melodeath, o cal pode saturar a oídos entrenados por momentos.
O certo é que é un intento, non extremadamente atrevido, pero un intento de levar ó Melodeath escandinavo e sinfónico de grupos coma Kalmah, últimos Children ou Nightrage ó terreno americano dos Trivium menos popeiros. Algo é algo, e, considerando que ésta é unha banda primeiriza, estará ben ver cómo evolucionan en próximos álbumes.
The Melodeath Memoirs. 6/10


Thurisaz - The Cimmerian Years (2011)
Atmospheric Black/Doom-Death
Myspace
Thurisaz de Alemania, Thurisaz de Polonia, Thurisaz de Bélgica... disco de Obscurity, case disco de Menhir (Thuringia)... vaia lío cos nomes estes, logo está Turisas e Tunrida e seguro que haberá máis... en fin, xa sei qué nome non escoller se un día faigo un grupo XD
Pois non é que me chamara moito a atención este disco de nome de peli de Conan, pero xa facía moito que lle dera unha escoita, e hai uns días púxenme con él a fondo...
Impresionante. Cambiei de parecer radicalmente.
Thurisaz fan unha mezcla en principio extraña entre Black, Doom e Death, moi melódico, melancólico, ambiental... pero con forza. As cancións de The Cimmerian Years son fácilmente diferenciables entre sí, pero seguindo un hilo común, cousa que especialmente valoro. Por exemplo, "My Precious Unknown" é un temazo de Black atmosférico ó igual que o que lle segue "Second Mirror", que se eleva entre un aire gótico e épico cunha intensidade fóra do común. As tres voces, -growling, rasgado e clara- proporciónalles unha pizca de Borknagar moi interesante, sobre todo en "Unhealed". E na última e máis calmada "A Glance of Misperception" o Doom que viña asexando por todo o disco faise completamente palpable, recordando ó traballo de Katatonia, November's Doom ou Agalloch.
Sen embargo, o mellor do álbum encóntrase para un servidor na parte intermedia do disco, con dous temazos que van unidos coma "Fare Thee Well", con guitarras sombrías, crudas e doomies, e "The Carnival of Miscreation", soberbio tema de Doom-Death sinfónico.
Do mellor Doom-Death do 2011. 9/10

No hay comentarios: