jueves, septiembre 01, 2011

Actualización sobre a nova demo

Ben, logo dun tempo desaparecido disfrutando dunhas vacacións nas que fixen algo que se me dá moi ben e que facía tempo que non practicaba: NADA, volvo con novas sobre a nova demo de Enuma Elis. Sons & Demos está rematada e lista para ser vend.. digo distribuída... bueeeno... gratuítamente distribuída XD. Sólo falta finiquitar uns flecos de postproducción, e decidir si farei coma no anterior unha versión en físico, pero está todo acabado. Así que xa hai continuación para Obscura Epica 5 anos despois, que por certo, son tamén os anos que cumple este blog nestes días. Non sei se tardarei outros 5 anos en sacar outra cousa destas, xa se verá, pero o que está claro é que unha vez que me metín en 2 bandas non me é tan doado ter tempo para crear por mín mesmo, xa que ese tempo que dedicaba ó PC acabeino dedicando a tocar a guitarra (cousa que necesitaba, que o tiña medio perdido desde hai tempo) e grabar riffs coa grabadora ou apuntalos, polo que non farei máis de momento. De feito os últimos detalles foron feitos cun pouco de premura por acabar... espero que non se note jajajaj E é que a verdade, 1 ano recopilando riffs e melodías e compoñendo por PC para unha demo é suficiente... :S
Poido adiantar que creo que as cancións están máis pensadas en canto a estructura, e tamén que hai prácticamente un pouco de todos os estilos que me gustan, a algún que outro vaille sorprender algunha canción, eso seguro, porque poido adiantar que aquí están a canción máis "comercial" (alguén que a oeu díxome algo así coma "pero tu vendícheste"! XDD e a máis "dura" que fixen baixo o nome de Enuma Elis. Sí, todo no mesmo XD pero para dentro duns días revelarei máis cousas.
De momento deixoo ahí ;D

4 comentarios:

Grilo do Demo dijo...

Welcome back, ya te echaba de menos. Mañana si tenéis ensayo + tapeo a ver si nos vemos. Me alegro de que te dedicaras a algo que te gusta tanto y se te da tan bien :P

enlil dijo...

Ah gracias! Jajaj eso de que se me dá ben... Hoxe estiveno escoitando de paso que viña no tren e a mín cansoume XDD pero pode ser debido a que hai cancións que as oín centos (sin exagerar) de veces, sobre todo as que tiña feitas hoxe fai 1 ano. O que me prestou máis foi oír as 3 últimas, que están máis recientes :D Ainda así que ninguén se espere unha obra maestra... jajaj ademáis os samples peceteros son os mesmos cutres de sempre XD
Pois entre ontes e hoxe puxenme a ler os 120 mails! que teño e polo medio vín algúns mensaxes de que hai alguén enfermo ou algo así e que non se fai nada. A ver qué dicen ahora que saben que xa estou en Vigo (non o sabían), alomenos será unha baixa menos :S Pero de todos xeitos, os ensaios son os viernes, non sábados!

Grilo do Demo dijo...

El comentario te lo escribí ayer, amigo mío de mi arma :P mantenme al tanto ;)

Enlil dijo...

Buff qué lle queres XD si atopei mails e mensaxes a barrer e dóeme a cabeza de ler todo XD Xa falei coa xente e parece que hoxe non se fai nada, entre que Dana está enferma, Raquel nunha excavación, Elías con orquesta... para a semana que vén queda :D