martes, marzo 08, 2011

Diario dun vi-king VIII - A grabación da demo de Mileth

Aquí van unhas instantáneas do noso período de grabación para a Demo de Mileth, todo nunhas escasas horas e cunha porcentaxe media de 0'8% de grados de alcohol no corpo durante esa fin de semana. Aínda seguimos coa "postproducción" porque había moito que retocar XD e aparte houbo moitos problemas debido ó meu programa que non segue o sistema universal de medición de tempo BPM -argh- e tiven que facer piruetas para cadrar todo.
Supostamente o Xoves ten que estar listo, veremos cómo vai quedando e se tal, subo por aquí algo.
Decir tamén que acollemos na banda a Raquel como teclista, e xa somos 6! Qué tempos aqueles nos que íbamos a ensaiar 2 co ordenador XD










En canto a Enuma Elis, estiven parado desde xaneiro debido a traballar con Mileth e Herexía, así que o máis probable é que retrase a nova Demo.

En Herexía, collemos a Chema, de Vargtimmen como baixista-cantante, e vamos ensaiando a 3ª canción, que case que pasa a ser a primeira porque temos en idea retocar as outras 2 debido a diversos avatares XD Esta terceira leva por nome "O Renacer dos Mártires" e é unha peza de pouco máis de 4 minutos que mezcla un pouco de black melódico noventero cun pequeno toque de death do estilo polaco. Ou vamos, eso é o que intentei eu cando a fixen. O caso é que tanto ós do grupo coma os de Vortex, que viron un dos nosos primeiros ensaios facendo esa canción, lles molou, e eso chega :D

4 comentarios:

Grilo do Demo dijo...

¡Anda!, ¿una maqueta? ¿Y con cuántas canciones, y cuáles? ¿Y quién es Raquel y por qué no sale en las "promo pics"? No cuentas nada, eres tan profesional que todo lo que haces es un "teaser trailer" ¬¬

enlil dijo...

Todo a su tiempo, joven padawan :D
Hai que deixar caer as novedades pouco a pouco para crear expectación XD
O único que poido decir é que terá un par de cancións, entre as dúas fan sobre 11 ou 12 minutos. De momento deixamos a 3ª, que temos que confirmar os últimos segundos dos 9 minutos que ten XD
Raquel non sale porque a conocimos durante a grabación e non fora a ese ensaio, pero o seu nome salirá igualmente na maqueta :)

Anónimo dijo...

Mucho animo en todo.
Lo de retrasar EnumaElis esta MUY MAL!!! XDDD

enlil dijo...

Jajaj non se pode con todo! Xa se sabe.. a cabeza non para! (o malo é que se me foron ocurrindo cousas para EE, pero non tiven tempo de materializalas :( pero bueno, non chegará a ser coma o Time de Wintersun XD)