domingo, marzo 06, 2011

Microreviews Marzo'11 - I

Note about the microreviews

KerecsenSolyom - Aquileia Ostroma (2010)
Symphonic Folk Metal
Myspace
De verdade é un disco? Non o pensaba cando me puxen á labor e vín que Aquileia Ostroma duraba sobre 30 minutos repartidos en 5 cancións + intro.
Ben, este grupo húngaro de imposible dicción fan un folk metal con instrumentos reales coma a harpa, pandeireta, mandolina, flauta.. apoiados por teclados no background e algún que outro detalle que poidan recordar a Equilibrium, Ensiferum ou a Dalriada sen voz feminina predominante, de feito son compatriotas, así que non é raro que algunha melodía do folk que comparten se acerque a algo que oíramos de Dalriada. A mín pareceume un debut máis ca digno. Se vos gustan o tipo de grupos que dixen, tédeslle que botar un ollo a estes de nombre impronunciable.
Fallo: a corta duración, pero perdónase. 8/10


Raubtier - Skriet Från Vildmarken (2010)
Industrial Metal
Myspace
Raubtier é un grupo sueco de Metal Industrial, ainda que o seu nome é alemán (Raubtier significa depredador en alemán). De feito por algún motivo desde que os conocín co seu anterior Det finns bara krig (2009) -un disco bastante chulo, por certo-, sempre pensei que eran alemanes. O estilo desta banda poderíase catalogar coma un paso máis cara adiante que Rammstein. Practican un Metal moi agresivo, apoiado principalmente pola voz de Hulkoff e unhas guitarras cun sonido denso e cortante.
O do paso adiante de Rammstein vén de que teñen máis variedade á hora de incorporar elementos, que van desde orquestación, a electrónica, e ata organillos de misa hai por ahí, o que lle dá a suficiente frescura e fai que diferenciemos mellor entre cancións que moitas das dos alemanes. Os estribillos tamén son diferentes, son máis "épicos" e corísticos en xeral. Tal vez o fallo deste álbum é que hai momentos no que pode saturar un pouco sobre a metade, supoño que debido á pouca melodía e a homoxeneidade das guitarras en canto a facer riffs, moito palmmute cortante e certa linealidade estructural.
Non recibeu críticas moi boas polo que vín, pero a mín non me parece para tanto.
Como curiosidade, cantan en sueco, pero non exactamente o sueco estándar, senón nun dialecto do Ártico chamada Norrländska. Supoño que será algo así coma os Heredeiros Da Crus co ghallegho XD 6/10


Dragonsfire - Metal Service (2010)
Heavy Metal
Myspace
Dragonsfire poderían pasar por unha mezcla de Sabaton e Lordi. O que fan é puro Heavy Metal influenciado polo Speed Metal ochentero, con estribillos máis ou menos pegadizos, moitos clichès metaleros e riffs non demasiado orixinales ou elaborados.
Polo que ó final, Metal Service se queda máis que nada nun disco mediocre de Heavy con ocasionales brillos que o fan merecedor dunha escoita alomenos para todos os amantes do Heavy-Power europeo non-pasteloso. Cancións coma "My Mashed Insane Brain...", "Raging Fire", "Time Of Twilight", merecen ser oídas... o resto... 5/10


Pretty Maids - Pandemonium (2010)
Heavy - Power Metal
Myspace
30 anos xa desde que se formou esta banda danesa, e fano cun disco á altura. Recordo que Future World, do 87, tivera unha moi boa resposta por parte de crítica e público, pero durante os 90 e 2000 non estiven moi atento ó que facían.
Este Pandemonium é un album de maduro Heavy-Power Metal, bastante melódico pero sen caer excesivamente na ñoñería nin pastelada. Sería algo así coma un AOR Metal.
O que non me explico é porqué facendo un disco decente, se deciden pola peor canción do disco para escoller o single e video. "Little drops of Heaven" recordoume a uns HIM sen piano (a verdade é que logo de que cante o título da canción, se lle poñemos eso, un piano "pin pin pin" sería unha canción totalmente HIM-The Rasmus). Senón oíde e comparade:
Pretty Maids - Little drops of Heaven
The Rasmus - No Fear
Bueno, volvendo a Pandemonium, non me parece un mal disco exceptuando a canción do video, polo resto, ben. 6/10


Marc Rizzo - Legionnaire (2010)
Shred-Prog Metal
Myspace
Marc Rizzo é o actual guitarrista de Cavalera Conspiracy e Soulfly, e este é o seu cuarto disco en solitario no que se desmarca totalmente do estilo de ambas bandas facendo unha especie de Guitar-Hero Music totalmente instrumental.
Se vos digo que o que primeiro que pensei é que parece música de videoxogos feita con medios reales, podedes intuír cómo é. Podería ser perfectamente unha banda sonora para Contra ou algún xogo de Acción-Aventuras, e non o digo como se fose algo malo. A mín gustábanme moito aquelas melodías, que ainda que parecesen cutres, tiñan moito gancho e grandes compositores detrás.
Neste Legionnaire, Marc desmelénase e sólta toda a técnica que non utiliza cos grupos liderados por Max Cavalera e deixa 1 hora de música intensa, fácil de oír ainda que sexa moi progresiva e perfectamente válida para calquera BSO de algún xogo de disparar XD 6/10


Triumph des Willens - Glaube : Wille : Tat (2010)
Death - Melodeath - Dark Heavy Metal
Páxina
Fixeime que no Metal Archives, a esta one-man-band a chaman "Melodic Death Metal, Gothic Metal". Non creo que sexa exactamente Melodeath (salvo en algunha parte concreta) tal e como o concibo hoxe, e o Gothic Metal supoño que será pola gran semellanza con Type o Negative cando o home canta con voz "normal". Pero tampouco considerei nunca que Type o Negative fose un grupo de Gothic Metal, máis ben de Doom Rock, coma Danzig, non? ou eso ou moi mal levo o das etiquetas...
O caso é que aquí temos a un alemán que fai algo así coma uns Type o Negative mezclado con Death Metal. O resultado é cercano ó Black-Death'n Roll con toques a Edge of Sanity cando canta con voz gutural, e a un Heavy oscuro cando o fai con voz limpia.
Estiven un bon rato para escribir esta frase e ainda non estou de todo convencido, así que podedes intuír que é un disco difícil de definir. A mín resultoume interesante e novedoso, non me esperaba algo así. 7/10


Alas, Tyranny - Domination Liberation Purification (2010)
Melodic Black-Death Metal
Myspace
Cada vez que pillo un disco dun grupo de black e vexo que a procedencia é USA bótome a temblar. O caso de Alas, Tyranny non resultou tan tan malo coma experiencias previas, pero chegoulle. A banda practica básicamente un black-death melódico con voz rasgada, e logo añádenlle algún que outro teclado, voces limpias máis heavies, algún pasaxe acústico, incluso algunha voz feminina... vamos, que lle quixeron meter a todo o que podían... e xa o dicen por ahí: "quen moito abarca, pouco colle". O disco ten partes decentes -que non boas-, pero vese que quixeron introducir tantas cousas que ó final queda a sensación de que é un caos de álbum que nin contenta ós seguidores do black, nin ós do melodeath, nin ós do progresivo, nin ós do Heavy-gótico. 3/10


Anabioz - ...To Light (2010)
Folk-Doom-Death Metal
Myspace
Con este disco encóntrome con sentimientos enfrentados. Por unha parte, o estilo tan personal de facer música destes rusos non ten discusión. Garda ademáis melodías que se che quedan e interludios de violín con base cañera que me puxeron os pelos coma escarpias, aportan moita frescura á súa música. Hai partes de "...To Light" que son de dez, pero logo tamén temos algunhas outras, afortunadamente as menos, que asemella que algo non casa. Pode ser tanto coa voz da rapaza, que canta sempre moi alto e en tono case operístico, coma por algún punteo ou pseudo-solo de guitarra que parece que lle falle a armonía (ah a armonía! XD hei de contar unha anécdota despois sobre ela XDD). Ainda así, estas partes, ainda que "canten" cando as hai, por sorte pódense perdonar, e o grupo ten un potencial tremendo. Se as logra limar, podería ser un dos punteros dentro do folk eslavo. 7/10

PD: con respecto ó da armonía, fíxome gracia a historia que un día me contara un amigo, que estaba a falar con outro (un "ilustrado do metal" máis) sobre música que lle dice ó meu colega: "a tí qué grupos te gustan?". O meu amigo empezou a decir máis ben grupos que despuntaron "últimamente" do tipo de "Ensiferum, Equilibrium, Therion, Dimmu Borgir..." (ainda que non sexan eses exactamente os que dixera, poderían ser perfectamente), e entón o "ilustrado" dícelle como movendo a cabeza mirando para baixo e con sonrisa de sobrado (xa o estou vendo XD): "nah tío, todos estes grupos que salen ahora no valen para nada, porque no saben lo que es la "armonía"! no tienen "armonía"!" XDD
Desde esa sempre estamos con algunha coña de que o problema é que tal grupo non ten armonía, ou que cando compoñemos algo non chegaremos a nada, porque nos falta a armonía. O da armonía debe ser coma o da "fuerza" en Star Wars, haberá que ser un Jedi do Metal para comprendela e usala XD.


Dawn of Demise - A Force Unstoppable (2010)
Death Metal
Myspace
De verdade oín este disco? pois debeu ser, porque así que o puxen e empecei a facer outras cousas con él de fondo abstraínme totalmente da música. Do que poido falar é de que o grupo danés Dawn of Demise practican un Death Metal con partes bastante groovies no que fan algún xogo de doble bombo con palmmute curioso, e que ten un vocalista capaz de entonar growls avernales. Lástima que non chegue para sacar a un do tedio de escoitar un disco tan lineal e olvidadizo. 3/10


Dawn of Silence - Wicked Saint or Righteous Sinner (2010)
Power Metal
Myspace
Grupo do vocalista de Bloodbound, tamén sueco, que practica un power metal na onda de Firewind, Mystic Prophecy, Nocturnal Rites, Avantasia, Edguy nos primeiros discos... Dito esto xa se dice moito do grupo, así que non hai moito máis que comentar. Hai algún que outro bon riff e estribillo, ademáis, un bon cantante, que podería estar entre o de Firewind e o Tobías Samett, e en xeral, se che gustan os grupos mencionados, non tería porqué disgustarche este disco. A un servidor parécelle que esto xa está moi oído. 5/10

4 comentarios:

Putoloco dijo...

Buenas...solo pasaba para saludar y avisar de que estoy migrando mi blog aqui a blogspot para ver si empezando de nuevo, aunque repita algunos post, soy capaz de quitarme de encima aquella lacra que tengo metida en wordpress. Un saludo.

Enlil dijo...

Buenas!! OK! Estaremos atentos logo!
Ti avisa cando esteña listo! ;)

Anónimo dijo...

Eclectico, que eres un eclectico XDDD

Enlil dijo...

XDDD