miércoles, mayo 12, 2010

Diario dun vi-king I - Os comezos Pt IV: Arre!.. xuntandose

Penso que sería sobre o 2003 ou 2004 cando habería os primeiros amagos de xuntanzas entre Marcos, Simón e mais eu para facer algo. Non sabíamos moi ben o qué facer ou incluso qué cancións tocar, pero recordo que algún verán levábamos as guitarras e amplis e nos poñíamos no baixo de Simón a "improvisar". Non houbo moitos frutos, pero alomenos non o pasabamos mal.
Un exemplo é o improvisado Ma Baker do video máis abaixo -bastante malo XD- pero bueno, era a primeira (e creo que última vez que o intentamos facer -exceptuando aquela vez do Ma Baker en versión funeral organ doom con Marcos ó piano "ultratumba-disco" XD-)

Mellor non saber o que salía dahí XD

Se non recordo mal, para as seguintes veces intentamos polo menos poñernos de acordo en qué cancións ensaiar, porque eso de xuntarse sin saber qué tocar é un pouco caótico. Así que creo que colleramos "Rebellion" de Grave Digger e a versión de Ensiferum sobre "Lady in Black" de Uriah Heep e ata non sei se nos atreveríamos con Metal Heart, xa non me lembro. Obviamente como o noso nivel na guitarra non era para tirar cohetes, non nos íbamos poñer con Dream Theater ou Opeth, así que pillamos 2 fáciles e ainda así non nos salían de todo ben. Pero bueno, hai que ter en conta que daquela nos xuntábamos como 4 veces ó ano, xusto cando eu volvía polo pueblo no vrao, e para a cuarta vez xa se notaba algo que tíñamos máis coordinación e as cousas salían mellor. Logo acababa o vrao e sempre repetíamos o mesmo "vaia oh! agora que xa empezaba a salir ben e compenetrarnos!...".
Acórdome que daquela Marcos tamén empezaba a facer as súas propias cousas, pero dun ano pa outro era casi como aprender de cero para mín, e volvíamos ás mismas porque cando empezabamos a sacar algo decente, xa se había que ír.

A miña partida a Estonia enfrioume un pouco como "músico", tanto coa composición no ordenador coma coa guitarra. Janne, unha das recepcionistas que tiña no hostal deixábame de vez en cando a súa acústica e ainda lle iba dando algo, pero prácticamente nada. Un ano enteiro sen tocar nótase e moito, ainda que sólo fose un pouco cada semana polo menos vas mantendo o callo dos dedos pese a que perdas velocidade.. así que cando voltei e volvín a coller unha guitarra, sudei, porque se xa non tocaba moito allá antes, entón non daba pé con bola.

Simón "o cantante" ;D empezou a tar máis liado ca nunca e xa non se xuntou máis connosco, polo que á volta, as miñas xuntanzas foron únicamente con Marcos, pero intentamos que fosen algo máis habituales. Pouco a pouco volvín ó nivel anterior, que ainda que era malo, polo menos podía mover con algo máis de soltura as miñas entumecidas mans. Empezamos a cambiar un pouco o xeito tamén.

O que non cambiamos é a filosofía de que sempre hai que ser poser antes de tocar nada de Metaaaaaaaaal


Ir de viños á tarde en Lugo ist krieg (non ven a cuento pero falando de posers, esta foto mola XD)

Sería neste ano pasado do 2009 cando o programa de música me volve a funcionar, e collín na Universidade de Vigo un panfleto de publicidade que daba lugar de ensaio para grupos que teñan nas súas filas alguén que sexa alumno da UVigo. Aproveitando que aínda me quedan 5 asignaturas para acabar a licenciatura, pregunteille a Marcos e dixo que nos inscribiramos ipso-facto, que non lle importaba vir desde Santiago.
O certo é que o lugar está perfecto para ensaiar, con batería simple, 2 amplificadores de guitarra e un de baixo, mesa, 3 micros... ademáis pregunteille ó tío que gardaba do sítio e confirmoume que se podería enchufar o ordenador para que sonase polos altavoces. Así empecei a traballar sobre bases de batería-baixo-teclados para tocar nolos dous por encima.
Xa por fin non nos xuntábamos 3-4 veces no verán, senón que 1 vez cada 2 semanas (podía ser máis pero non estaba mal, e ainda encima gratis!).
O feito de que se poidese "enchufar" o ordenador empuxounos definitivamente a "crear algo por nós mesmos", e penso que ambos sempre pensamos en facer algo mínimamente orixinal, que non fose o que fan a maioría de grupos -ehem sobre todo españoles-. Así que por suposto fuximos de todo o que sone a "rock-heavy-thrash" hispano e metalcore e demáis modas, e como a ambos nos gusta o folk, puxémonos un pouco no xeito de crear algo que fose forte, pero melódico, cunha guitarra base e outra facendo melodías a maior parte do tempo en vez de riffs. Ademáis a axuda dunha batería feita por ordenador coma se tiveramos a Mike Terrana ou o mismo Inferno de Behemoth sólo dependería dos límites que eu quixera poñer (ainda que sei que se algún día se fixese en real, habería que facela algo máis simple). E logo están os teclados e instrumentos de orquestación, que algúns sonarán peores ca outros, pero tampouco están mal de todo co programa que utilizo. Penso que a ningún dos 2 nos importa entrar nunha categoría estilística, o único que queremos é que resulte orixinal e que teña aire folkie, a ser posible con denominación. Penso que a pouco que faigamos eso é doado -salvo para a parte folkie con denominación- porque os dous temos unha bagaxe de escoitar cousas e un espectro de gustos suficientemente amplio. Tal vez o único que nos falla é o ensaiar e saber máis de música. Eu diría que o noso caso é xustamente o contrario que a maioría das bandas. Todos teñen uns coñecementos musicales e teóricos de sobra, todos os membros dos novos grupos teñen unhas guitarras de agarrate cuns amplificadores de 100 w pa riba, todos saben tocar os solos de Metallicas e demáis, pero á hora de facer algo novo eu non vexo demasiada orixinalidade que digamos. Todos son riffs refritos xa oídos mil veces e hoxe en día, sobre todo na escena española hai poucos grupos que teñan un sonido propio e cancións decentes.
A mín realmente gustaríame aprender música, pero paréceme aburridísimo, e tamén me gustaría comprar unha guitarra que non se esteña caendo de vella (literalmente XD) coma a miña e ter un amplificador de máis de 20 w. pero.. supoño que teño outras cousas en qué jastar e outras cousas que estudiar que me sirvan máis no meu futuro en vez da música...

Volvendo ó tema, recordo que empezamos un día do inverno do 2009, os 2 solos e na outra dimensión chea de niebla que é o CUVI por esas datas. Falando con Tereza, unha amiga erasmus, díxome que tocaba un instrumento folk chamado bouzouki e propúxenlle ensaiar connosco, ó cal, sorprendentemente aceptou. Logo, un día de marcha, atopeime a un amigo, Levices, que xusto deixara a súa banda Vargtimmen e propuxémoslle vir ensaiar algún día, ó cal tamén sorpresivamente aceptou (nótese que daquela sólo facíamos versións, e non moito allá, que estabamos empezando a ensaiar). Tamén sorpresivamente, porque él xa estivera en bandas que deran concertos e tiña un nivel certamente alto co baixo, mentres nos... Así que chegamos a ser 4 durante un pequeno tempo, ainda que nunca ensaiamos todos á vez por unhas ou outras razóns.
Pouco despois, tan só con 2 ensaios, Levices vaise a Francia, ainda que parecía que lle estaba a gustar o que facíamos. Ademáis a rapaza erasmus parou tamén porque se foi durante un tempo a Chequia. Volvería despois, pero creo que non era precisamente "o seu estilo" e íballe máis cousas tipo ambient e new age.

Éramos 2 outra vez ainda que por pouco tempo. A estudiante finlandesa da que son voluntario, Ida, gustoulle a idea de cantar e xuntouse con nosoutros, tamén sorpresivamente. E pouco despois outro día de marcha, atópome con Elías, vello amigo, tamén en varios proxectos, e ó comentarlle que estabamos a intentar algo, él dixo que estaba aprendendo a tocar a batería e que se unía sen problema. Eu sabía que tocaba a guitarra, pero pilloume de sorpresa eso da batería. Pero tal vez as baterías que eu faigo son complicadas, aparte de que usan doble-bombo e no kit do ensaio é unha batería bastante simple, así que, como dixo que tamén tocaba o baixo, pois collémolo como baixista, e parece que ata hoxe está contento coas versións escollidas e o material propio.
E creo que na historia de Mileth, o nome que Marcos escolleu, estes 4 somos os que máis estamos durando :D Ida terase que ir no vrao, como estudiante erasmus que é, así que veremos cómo queda a cousa.

Desde un principio, personalmente preferín que fose Marcos quen se puxera coa labor compositiva. Creo que él ten moi boas ideas e que tal vez sexan de primeiras máis folkies que as que se me poidan ocorrer a mín. Polo que o que intentamos facer é que él me pase por mail o que fai, e logo eu aquí míroo e logo falamos para pulir, e vou metendo as baterías. Logo vólvollo pasar mezclado e decidimos outra vez si van ben ou non e volvoo a modificar e volvo pasar... Cando nos xuntamos no ensaio volvemos a comparar e vamos tirando.
Ademáis é tamén él quen se encarga de facer letra e cantar, por suposto en galego e intentando que conte algo da nosa mitoloxía e lendas.

A mín gustaríame que nun futuro volvéramos a estar os 3 (máis outros, claro está).. quén sabe o que pasará e onde imos estar...

(unha foto moi artística XD)

Bueno, esta é por encima a historia das nosas arrexuntanzas, no próximo capítulo subirei algo do material propio, que non pasa das 2 cancións de momento (é o malo de verse 2 veces por mes). Debería ter feito estes posts moito antes, porque a miña idea era tamén subir as progresións que ibamos tendo, e agora dixéronnos que a próxima será a última vez que se abra o local neste ano académico... non sei qué faremos...

Como regalo de despedida, unha das 4 versións que facemos, con mal sonido, pero aló arriba óese moito máis a batería (tal vez non tanto os outros samples :/ que quedan solapados polas guitarras), pero espero que sexa reconocible :S


(fallos por doquier e desafines varios XD pero ó noso favor hei decir que arriba a batería e os nosos instrumentos oíanse bastante máis ca abaixo, de feito ó final xa me podedes ver facendo o vacío nos oídos pa desatascalos XD)

13 comentarios:

Ida dijo...

Ah, temos nome?! Non sabía! Soubeches algo sobre o local de ensaio? :)

enlil dijo...

jajaj moi bon galego! Por un momento despistáchesme sobre quén eras XD
Sí si, xa desde fai tempo temos Mileth, ainda que eu escribino mal cando nos inscribimos porque Marcos mo dixo por Tfno o día antes. Mileth con -th, espero que sexa ese porque antes confundirame con -d e -dh XD

Local de ensaio... nada :( non sei cómo quedará, mirarei polo concello de Vigo (despois do 31 de maio), senón sempre queda a casa de Elías pero sin micros :/

Ida dijo...

Xa sei qué facer: unha festa no bosque! Podemos tocar, e beber mjöd, a bebida finlandesa! Para 'Midsummer', tal vez? un midsummer finlandés!

Grilo do Demo dijo...

Y... ehm... ¿puedo unirme a ese midsummer night's mead? ^^

enlil dijo...

Estábamos pensando si sería factible o de ir a algún monte, pero vai ser mellor ir a tapear polos lugares que sabemos :P
Por suposto podeste unir, e si queres subir ata o CUVI tamén, estaremos de 18:00 a 21:00 e creo que hai unha plaza no coche, senón sempre hai bus e ó volver hai 2 coches, así que se dá feito. Pero eso, de primeiras hai un lugar libre para ir en coche :D
Se estás ocupado pola tarde, úneste a tapear, chegaremos ó centro ás 21:45 ou por ahí.

Grilo do Demo dijo...

Pera pera pera pera pera pera.

¿Eso cuándo?

enlil dijo...

Este viernes, de esta semana :D

Grilo do Demo dijo...

Argh... tengo curso hasta las diez, pero cuando salga te doy un toque y me dices dónde andáis

enlil dijo...

Perfecto, seguro que ainda non empezamos a cenar, seguramente andemos no Brasil ou nun dos 2 que están ó lado que poñen moi boas tapas.

Marcos dijo...

XD o que falta é "harmonía"! XD
Aproveito para comentarche que xa oin as novas bases e ben, e que tampouco teño moi claro como rematala, se teño tempo intento levar varias ideas para o viernes...de letra e eso nada, porque estos días só me dediquei a encherme como un can XD
ah, bueno, saquei ideas para unha nova canción, pero bueno, 1º o 1º ;D

Entón como nos organizamos para o viernes? cea en vigo ao final? como falaramos da posibilidade de vir a santiago? lembralo ou ias demasiado brótega? XD
Anque penso que pode ser unha parvada porque non sei se poderemos ver moita cousa do friki evento xD

enlil dijo...

Buenas Rock&Troll!
Pois sí que me acordo sí XD pero o que non pensamos moito é o de si facemos cena de equipo, cómo facemos con Elías e Ida? Aparte ainda se nos ía acoplar o peque XD non apostaría que se vai para Santiago.

O da convención dos imperiales hmm iba ter a súa coña velo por outro lado, pero non sei eu :(

Eu polo meu lado, hoxe que tiña cenmil cousas pa facer, púxenme coa canción a meterlle máis samples polo principio, porque senón sí que queda o cambio coma un pegote que non parece da misma canción. Penso que quedou ben, incluso lle vou subir algo o volumen a algunha das cousas, porque arriba sempre se oe a batería, pero os samples pouco. Se tal sempre se pode subir e baixar máis tarde, eso non se tarda nada. Hei de intentar seguir, non polo mismo principio, senón por unha parte máis avanzada.
Se te fixaches na segunda volta, mezclei unha das melodías de teclado do cambio de piano coa orixinal e non queda mal cun pequeno arreglo. A mín vaime gustando cómo está quedando.

Bueno, eso, eu penso que para o viernes, podíamos volver a Vigo, e cando se poidese, ir de tapas ós 2 pequenos e tomar algo máis ó Brasil, como fixeramos aquela vez. Qué che parece?

Por certo, cando volvas a ver ó fulano da armonía, tú respondeslle: "... armonía... quererze tú musho a quererze a tí mimmo... y de verdad todo zale de deporte" ;D

Marcos dijo...

fuah! de quen era esa frase mítica?? XDDD xa ten anos eh! XD
Para Santiago que veña que hai montóns e montóns de basura onde durmir mol... XD haiii de verdade eh! non quero acabar de malas, e dácheme igual que si a miña lingua ten que exercer de martelo de thor e soltar chispas e relámpagos XD pero non me apetece TT

Si, a min tamén me ía facer gracia. Podíase facer a cea aquí, pero sendo realista, ía ser todo moi apurado e os agobios como que me pesan un pouco. Chegaríamos aquí sobre as 10.30, entre deixar as cousas na casa, e poñernos a ir para o centro cear non estaríamos ata pasadas as 11... non sei como o ves.

O de ir de tapeo en Vigo está ben, pero eu voto por ir de tapeo e ir cear despois, xa sabes como é o brazil, penso que era mellor reservar unha mesa aínda que fose para as 11 ou así, porque senon é moi incómodo ter que comer de pé.

Case mellor respóndeme ao mail que eu aquí olvídome de entrar XD

chau!

enlil dijo...

Xa che respondo por mail, sólo vou recordar unha cousa XDD

Armonía = Deporte