lunes, mayo 03, 2010

Diario de un vi-king I - Os comezos Pt. 2: os 90

Ah que lembranzas as daquela comunión... bueno a verdad é que non me acordo de nada XD pero qué bonitas as fotos!

Boh! vou pasar da 3ª persona que é un rollo falar así. Parece que teña falando do Quijote.

Tal vez nese comezo de década foi cando empecei a experimentar con músicas diferentes. Poida que farto de oír sempre as mesmas cintas de casette, dinme conta que había algunhas camufladas que por unha ou outra razón (por ser anteriormente consideradas ruído ou mal grabadas ou novas que aparecían sen máis) permanecían vírxenes ós meus oídos. Era o caso exacto de Reign In Blood. Unha portada horrible que parecía feita por un neno de 5 anos cun trauma psicolóxico e unha grabación que debía rozar o trasvase de 10-15 cintas anteriores debido a que o ruído ambiente casi superaba ó das guitarras, ademáis dunha velocidade inusual na forma de tocar facía que un se considerase seriamente gastar o seu tempo nesa "trapallada". O máis "fuerte e rápido" que oíra e me gustara ata daquela podía ser Kreator ou Testament, e cando lle "collín o gusto" a aquel de Slayer (tería un día moi moi aburrido) pode que fose un "brote verde" de vena osopandera. De feito, ó pouco tempo aparecería nas estanterías un dos maiores discos de Thrash da historia, imbatible por ningún americano nin alemán, "Dreamweaver", e xa quedaría para os anales a afiliación mental coa música de corte rápido con un servidor.
Outras cintas/LPs tamén empezaron a aparecer pola casa á par que redescubría cintas e vinilos empolveados e o espectro de grupos molones empezouse a ampliar: King Diamond, Queensrÿche, Anacrusis, Blind Guardian, Iced Earth, Annihilator...

Falando de Annihilator, penso que coma todos, tamén tiven a miña época de "ese disco y sólo ese". Pois creo que nunca tanto oíra durante tanto tempo seguido a cinta de 90' que contiña "Alice In Hell" e "Never Neverland". Fora unha auténtica locura. Posteriormente pasaría con "Imperio de Paletos" de Ñu, "Kings of Metal" de Manowar -relativamente tardío descubrimiento-, "Black In Mind" de Rage, "Prince of the Poverty Line" de Skyclad, "Symbolic" de Death, "The Principle of Evil Made Flesh" de Cradle... pero igual non tanto coma con Annihilator.

Ese batería sí que ten pouca sangre, parece que teña medo de malghastar os platos XD

Ah... podedes pensar que coma pequeno metaleiro non compartía con demasiada xente o meu gusto polo extraño, pero aínda había algún contemporáneo que se deixaba inducir pola "música satánica" que desprendía miña casa. Un deles foi Carlos, que non sei se estará lendo esto, pero que se acordará dos vraos por Alfoz nos que cada vez que chegaba á casa, xa se predecía desde fóra do "cuarto de estudios" un ambiente que nin no Helvete con Euronymous. Non sei a razón nin o cando, pero a cousa é que Carlos empezou a mirar a música doutro xeito durante aqueles anos, sobre todo con King Diamond/Mercyful Fate e aqueles riffs bestiales de LaRocque (que aínda me enterei fai pouco que participou nun album con Death! Por certo, hai que ser Moi Metal para levar unha camiseta con gatos yeeeh!!)

Famosas eran aquelas tardes mirando as revistas Heavy Rock e Kerrang! antiguas cual peluqueras co Hola e ríndonos das fotos e poses dos "trvemetaleiros" (tal vez ahí radique a posterior afición dun servidor por parodiar e rirse do metal e das películas?).
Outro compañeiro de batalla foi Kanero, ó que enviciei a oír heavy-hardrock no colexio e decíame que puxese cintas nas excursións de clase e de ajedrez (sí qué pacha! e a mucha honra, campeóns de lugo e 4ºs no campeonato gallego -ehem 4ºs de 4 provincias, pero cuartos ó fin e ó cabo! XD-).
Por eras será recordado aquel momento no que o Kanero dí: "hey tío comprei o novo de Manowar! .. está regular.." e eu "o novo? sacaron un novo?" ensinamo e resulta que era o "Into Glory Ride" XD

Logo do Grunge chegara daquela o New Metal, con aquel outro estilo comercial de vestirse con gorras e pantalóns cortos que xerminaran grupos coma Sepultura, uns Anthrax moi vidos a menos e Pantera -grupo sobrevaloradísimo que sólo sacou un par de discos decentes. Estou seguro que a morte de Dimebag xogou a favor para facelos un grupo de culto (hala matádeme XD)-. Por esa época empezouse a mirar máis de outras fuentes que non fosen o "thrash-death-heavy-hardrock", así que por ahí de mediados dos 90 foi cando un servidor empezou a descubrir o black metal!!
E tal vez os 2 discos que fixeron interesarme neste estilo (as cousas anteriores de Celtic Frost e Bathory non me resultaban moi rechamantes en xeral, a decir verdade) foron aquel primeiro de Cradle Of Filth e sobre todo o de Diabolos Rising, "666", un disco extrañísimo que mezclaba industrial, con black metal, con ambient e cantos tribales, e que tal vez se o volvera a oír enteiro non aguantaría XD ou igual sí, ahora de volta a oír "Gimme Blood or Gimme Dead" non está tan mal!
Recordo especialmente oír asiduamente entre os poucos CDs que tiñamos ese de Diabolos Rising, o de Sabbat, o Black Vanity de Cemetary e o Wildhoney de Tiamat.

A mediados dos 90 é cando xa no instituto, véxome influenciado pola mente calenturienta dun rapaz do que nunca máis se volveu a saber: Xan. Baixo un corte de pelo de raia ó lado, gafas de chaponcete e risa de Beavis&Butthead ocultábase un personaje a leche de curioso. Foi él quen induceu á miña mente adolescente a escoitar máis detenidamente o "Battles in the North" de Immortal, Sinister, Cannibal Corpse e outras cousas das que xa oíra falar, pero que nunca me chamaran en exceso. A cousa é que ese homiño pedía cintas de casette a distribuidoras underunderground que deberían ser prohibidas por causar estragos neuronales ante a súa reproducción continua. Acordareime sempre do caso daquela cinta dun one-man-band polaco creo recordar de extremo black chamado Svarog cunha portada dun lobo bufff... vaia broza!! fijo que Xan foi un dos poucos en todo o mundo que lle comprou esa cinta XD
Por certo, a súa nai, según afirmaba o propio Xan, re-compraba as cintas que él adquiría para tiralas e logo poñíalle un rosario na cabecera da cama...
Tal e como o conocín, dunha maneira un pouco repentina cando me puxeron ó seu lado na clase... desapareceu sin decir máis... e nunca se volveu a ver.
Martín era outro que se deixou influenciar polos poderes del metal e agora vaille moito mellor :D Metal is your friend. Eran grandes aqueles montaxes de audio/video na súa casa! qué lembranzas!

E posteriormente o metal uniunos tamén a Marcos Rock&Troll, Simón o Cantante e a mín compartindo posteriores juergas, discusiones metaleras y bailes varios.
Como ben se pode observar, velaquí estamos rememorando un dos grandes artistas contemporáneos, Golimar!




Tal vez fora nesa época cando me empecei a abrir musicalmente a outras cousas novas e deixei bastante de lado todo o que era clásico, cousa que me quedou case que ata os días de hoxe. Ademáis, non é que foran os mellores anos do Heavy-HardRock. Difícilmente se pode sacar algún disco bon deses estilos entre o 91 e o 99 (en comparación coas décadas pasada e posterior). Ainda que teño que admitir que no seu tempo me gustara o denostado X-Factor de Maiden, o retorno silencioso de Helloween con Master of The Rings e logo The Time of the Oath ou cousas do que empezaba a ser o novo "Power Metal" coma Angra ou os 2 primeiros discos de Hammerfall. Pero como dixen, eses anos plagáronse de descubrimentos do tipo de Moonspell, Paradise Lost, Crematory, Novembre, Therion (Immemorial aquel teclado do Ho Drakon Ho Megas eh? Martín? :D), Dimmu Borgir, Satyricon, Dark Tranquillity, Dissection, Orphaned Land, In Flames, At The Gates, Carcass e aquela hornada de grupos tan novedosa...

e sobre todo
Skycontact de Phlebotomized!!

e "La Masquerade Infernale" de Arcturus, un disco que cambiou por completo a miña anterior percepción da música.

Do mesmo ano ca este de Arcturus é o "Legendary Tales" de Rhapsody, outro máis que xunto a Bal Sagoth e Therion promoveron que me interesara moito máis por escoitar música de corte épico, e seguramente de ahí foi cando empecei tamén a oír bandas sonoras de pelis e algo máis de música clásica, que non é que me chamara moito a atención anteriormente.
É probable me olvidara dalgún básicote que influeu na miña forma de ver e concebir a música, pero estes son os que recordo neste momento, e penso que influencia de toda esa hornada de gothic-doom e melodeath noventero (que para mín era sempre blackheavy XD) se pode ver algo na música que me saleu despois.

Siguiente episodio en pouco...

4 comentarios:

Falgarth dijo...

Tus avatares musicales son muy interesantes, Enlil... pero para cuando la parte de sexo... una buena pelicula española necesita de su dosis de sexo, xD
Jajajaj, ahora sin bromas, estoy aprendiendo gallego de bien gracias a tu historia vikingesca. Sigue así!!

enlil dijo...

Jajaj la verdad es que mi gallego no es el mejor para aprender correctamente, ya que escribo tal cual hablo, es decir, con mi propio dialecto (la normativa gallega es un circo, cambiando a cada poco y no me siento natural escribiendo con palabras aportuguesadas que metieron hace nada y que nadie habló en esta tierra.. al menos en los últimos 500 años XDD)
Jajaj sexo!? buff digamos que por los 80-90 mi vida sexual no era aún muy activa XDD no como los chicos de ahora que parece que ya saben e hicieron de todo con 14 años o menos! XDD :O

Bueno, el próximo capítulo ya me meto más con la música en sí y menos con las influencias... y me dá que esconderé la cabeza un poco de vergüenza propia cuando me hablen mis amigos la próxima vez, pero es sano reirse de uno mismo XD

Me estoy intentando dar un poco de aceleration para pillar el día a día de lo que hacemos ahora, pero tengo muchas cosas por aquí :S
no puedorrrl darme máh prísa jaarl

Un saludo como siempre Falgarth!

Grilo do Demo dijo...

¿¿¿REGULAR??? Kanero hereje.

No es que me guste mucho Pantera, pero no creo que se les mitificara tras la muerte de Dimebag, porque ¿cuándo murió? a finales del 2004 o así... no hace nada, Pantera ya tenía muchos años y seguidores, y además creo que ya ni existía, ¿no?, que ya estaba en Damageplan...

enlil dijo...

Eu penso que a partir da morte, sí creo que en 2004 ou por ahí, resurxeu moito Pantera. Durante un tempo a xente tíñaos parcialmente olvidados porque o seu último disco, que debeu salir a finales dos 90 recibeu paos por todos lados, e estaban bastante vidos a menos. Tal vez por eso Dimebag decideu montar un proxecto alternativo con Damageplan, ainda que tampouco era unha maravilla, de feito foron relativamente famosos únicamente por ser o proxecto del, baixo a miña opinión. Parece que as ideas do guitarra se quedaran estancadas nuns anos de inspiración bastante lonxanos, e a súa morte fíxoo como algo máis grande do que realmente foi, e aposto que xente que empece no metal recientemente veráo máis como un héroe que os que crecemos vendo a carreira de Pantera. Son as cousas de mitificar xente.

Eu vexoo algo parecido a que si morrese Ian Scott de Anthrax, outro grupo totalmente vido a menos. Éste sería mitificado polos bos riffs e cancións que se sacou da manga neste caso nos 80, pero tampouco foi pa tanto, nin tampouco foi durante moito tempo. E, coma Pantera, Anthrax tamén tivo, ten e terá os seguidores "cérrimos", pero Ian Scott sigue ahí delapidando o nome de Anthrax con cada disco. Agora decían que volvía Belladonna, haberá que ver si sirve de algo...
Claro está, esta é a miña opinión.