Ésta é unha noticia que sucedeu fai xa máis de 1 ano, pero a verdade é que non me enterara ata fai poucos días.
A historia é como sigue:
Os vikingos progresivos de Enslaved decidiron cargar contra o político noruego Lars Sponheim cando éste proclamou que todo tipo de descarga musical ilícita na rede fora legalizada. Cando os de Enslaved oíron tal, puxéronse os cascos vikingos e dirixíronse cual horda de berzeekers á casa de citado político, atravesaron valles, baixaron laderas de montañas Immortal-way e nun ataque salvaje apoderáronse dunha preciada recompensa propiedad de Sponheim: a súa ovella XD
Tralo botín pagano, os guerreiros voltaron nas suas Drakkar e exhibiron a ovella ós habitantes das aldeas, mostrando así o seu poderío e hazañas.
A secuencia dos feitos foi grabada por unha cámara de TV e posteriormente, ainda que todos se esperaban unha boa cena como bos paganos, Enslaved liberou a ovella monte arriba, quedando así en harmonía coa nai natureza mentres fixeron un solo pagano-prog-setentero, un growl e brindaron nos seus cornos con hidromiel vendo sonrientes o animal perderse polos toxos adiante.
As secuencias do secuestro vikingo XD
No hay comentarios:
Publicar un comentario