jueves, junio 05, 2008

Con permiso, se puede hablar en gallego?

Hoxe fun a unha entrevista de traballo. A solicitud foi para entrar como becario, supoño que pagando unha miseria, como nos pagan a todos os universitarios que intentamos de buscarnos a vida cun primeiro traballo ou beca, coma sempre.
Neste caso tocoulle o turno a Caixa Geral, era a miña segunda entrevista de traballo, e desta vez foi algo diferente. Foi algo parecido á pelicula "El método"; reuníronnos a uns cuantos nunha mesa tipo sala de xuntas e tiñamos que reaccionar ante unha simulación (algo sobre estar nun deserto e elexir os útiles que deberíamos levar logo de que o noso avión se estrellase).
Na presentación, antes de nada, tivemos que falar un por un, dicindo o nome e qué faciamos coa nosa vida (titulación e curso... e esas cousas).
Todo iba normal ata que chegou o meu turno e eu dixen:
- "Bos días, eu chamome Diego, non son de Vigo pero estudio aqui blah blah... "
e de súpeto a encargada de RRHH que nos atendía dixome
- "perdona perdona, pero aqui no deberías hablar así..."
eu con cara de pampo... pensei.. "e eu que coñe dixen mal???"
ela entón dixome:
- "antes de hablar en gallego deberías haber pedido permiso"
(flipo...)
- "...porque aquí puede haber gente que puede no entenderte, este banco es un banco nacional, y podría estar haciendote la entrevista otra persona que no fuera gallega, no es el caso porque yo soy gallega, pero..."
a todo esto, e ante a miña cara de asombro... a tipa empezou a escribir nos seus apuntes (antes non escribira nada dos outros)
- "... hay alguien aqui que no entienda el gallego?" - prosigueu
os demáis que estaban alí para esa entrevista miraronse así como un pouco con media sonrisa e dixeron con voz baixa.. "nono... entendemos.."
logo do meu primeiro shock, que xa me descolocou un pouco para o resto da entrevista, seguimos co show... e ó final da misma vin o papel primeiro que tiña nas mans, era un debuxo coa colocación de cada un de nós na mesa cos nosos nomes, sólo eso, salvo no meu nome, no que vin un asterisco e unha frase debaixo que non puiden ler porque estaba moi pequeno.
Así que supoño que ese traballo xa está sentenciado, creo que dá igual se fixera a entrevista mellor ou peor cós outros, e eles, os de RRHH do banco sempre se poden escudar en "no da el perfil", cousa que pode ser ou no, pero que moi seguramente esconda algo relacionado con ese incidente.
E eu vou decir que no momento decidín calar e tragar (qué senon!), cando me tocou falar incluso tiven que decir:
- "prefiere que fale español ou poido falar gallego, que me sinto máis natural...?".
Ela díxome:
- "nono, puedes hablar..."
Pois eso, no momento, calei, pero levo todo o día con bastante indignación, porque partir cun punto negativo nunha entrevista de traballo por non ter pedido permiso para falar na miña lingua nai e na miña terra nai... é algo que non contaba en absoluto. Estou de seguro que esto sucede noutra das rexións de fala bilingüe en España e non tería pasado absolutamente nada. Que eu teña que pedir permiso para falar nunha das 2 lenguas co-oficiales (e máis a gallega, DE GALICIA) que temos é de coña!!!
De feito a mín sempre me dan a murga na escola con que se temos que ir traballar a un sitio que non é o noso, hai que facer o posible por aclimatarse e cando menos entender a lingua da rexión na que te hospedas, vives e traballas. Por suposto se a entrevista fora en Madrid, León ou Sevilla non iría falando gallego para alá, e se tivera que traballar en Cataluña, faría o posible por cando menos entender a lingua catalana. A mín aprenderonme que non debo de ser incompetente e amoldarse ás circunstancias.
E reitero, o de pedir permiso na miña terra para falar gallego... e que sexa negativo o non falalo de primeiras sen pedir un consentimento previo é algo... que non!!!!

9 comentarios:

Anónimo dijo...

quedeime sen verbas, é vergoñento... o que debía facer a pava esa, era deixarte falar, e logo preguntar, ¿alguén non entendeu? pode repetilo en castelan ??
e xa está... que noxo... eu non seí se non lle arroxaría algo a faciana, aparte de chamarlle algún improperio sexista....

Cristina dijo...

Que!?!?!?!?

Pero, si en tu propia tierra no defndeis vuestra lengua nadie lo hara y acabara muriendo.

Pero si el banc es gallego, por muy internacional que sea!!!

En Catalunya si no tienes el nivel C de catalan dificilmente puedes entrar en un puesto de trabajo que no sea en un supermercado de cajero o reponedor. Incluso en segun que tiendas de ropa tb te piden que hables catalan!!

Es mas, NO hay que pedir permiso para hablar en catalan! Simplemente si no te entienden te lo dicen y ya esta. Incluso hay gente que lo entiende i no lo sabe hablar i tienes una combersacion bilingue sin ningun problema.
Se de casos en que un comprador a entrado en una tienda a comprar y al él expresarse en catalan y el dependiente no entenderle i mirarle con mala cara y decirle " a mi hablame en cristiano" (o algo por el estilo), se a buscado su despido y una denuncia del cliente. Hay muxas formas de decir las cosas, pero si alguien que no sabe tu lengua i esta en tu tierra donde es idioma oficial, ocupando un puesto de trabajo, te tiene que ir despresciando tu forma de hablar de esas maneras, pues como que no lo permitimos!

Si no defendemos nuestras propias lenguas, no lo hara nadie.

P.D.: En Tarragona estan abriendo un banco de Galicia. Hacia tiempo que hacian obras en ese local y no tenia ni idea de que pondrian. Y al ver que era un banco de Galicia me acorde de ti. Me hizo gracia.

Anónimo dijo...

Que mal... a min se me pasa póñoa a caer dun burro e despois voume, non sen antes recomendar que cambien o nome a "Caja General", a ver se algún cliente non vai entender e marcha pra outro banco...

Anónimo dijo...

Aqui si no hablas gallego, dificilmente puedes entrar ni de apaga fuegos, ni bedel ni nada, en la administración,claro. El poder.
Los demas solemos chupar las subvenciones que nos dan para falar galego, la administración. El poder, claro esta. Y despues solemos hacer lo que nos peta
Hoy por hoy en Galicia somos ciudadanos libre, mas que le pese a algunos.
Aunque ademas de los politicos, nos quieren hacer la puñeta, grupos de stalinistas, pero ya se sabe los hay en todas partes. Perdon en casa de Cristina, mas

enlil dijo...

Hm señor anónimo 2 .. non pillo de todo o que me quere decir, pode explicarse con outras palabras? Perdón polas molestias, realmente non collo a relación co meu caso.

Santi dijo...

Na administración comeza a haber medios para que queden garantidos os noso dereitos lingüisticos, outra cousa é a xenofobia gallopante que temos que padecer os galegofalntes noutros eidos laborais.

Isto xa vai mís aló do que son os dereitos lingüisticos de cada quen, é xenofobia, discriminación coma a que hai e houbo en moitos outros casos por cuestións diferentes só que ainda non hai leis que condenen estas discriminacións. O que hai é un marco legal que permite que o galego sega no seu papel de lingua subalterna e excluida de moitos eidos polos fascistas de toda a vida como o anónimo2.

Eu non quero que os meus fillos medren entre xente que desdpreza a sua lingua e a sua cultura. Se non nos respectan, mellor que se vaian.

Anónimo dijo...

Anónimo 2, aquí supoño que sen coñecer unha das dúas linguas oficiais non podes desempeñar un posto na administración. Coñecer, non falar, que son cousas moi distintas. Pero non somos únicos, en Madrid a naide se lle ocorrería que un funcionario nunha ventanilla só entendese o afrikaans.
É un dereito que temos os cidadáns, poder ser atendidos na administración usando o noso idioma, por moito que amole a xente coma vostede.

Agora déalle as voltas que queira para defender o indefendible e chame estalinistas aos que pensan distinto.

Anónimo dijo...

acolhoante, eu vivo na CAtalunha, e non dou creto disto. Que lle pasa os galegos? Estamos tolos ou que?

enlil dijo...

Eu creo que nas grandes cidades de Galicia está moi extendido esto de ter o gallego coma algo típico de xente rústica ou ignorante. Dixéranme que na Coruña esto era algo común, pero levo en Vigo case 10 anos e paréceme peor aquí logo de ver ambos lugares.

Pero sí é certo, non é unha historia inventada ou como desas lendas urbanas tamén chamadas "historias dun amigo dun amigo" :D Esto pasoume a mín en persona.