sábado, septiembre 30, 2006

Avanzando

Entre as erasmus do resto do mundo, hai poucas comparables ás locales, esta francesa é moi salientable, mirade con qué ansia a mira Cristian jajaja
Spanish boys mais Martin, un Austriaco, creo dpm, a min recordame a un duende irlandés con esa barba (poñedeo de verde con sombreiro de robin hood), que non??
Unha bonita foto da nosa tutora Eveliina
Estes son Roland (Alemania), e Gregor (¿?) de Austria. Roland é o susodicho que bebe montón de litros de birra ó día, e é o que iba aquela noite co portatil e poñía a canción do equipo A cando entraban nas habitacións
Aqui tedes a un dos italianos, con Annika, unha amiga da nosa tutora
Para quen me preguntou polos tios, aqui tedes a dous italianos, o mafias, da dereita (ten unha pinta de mafioso que pa qué, vive cerca de sicilia e sempre vai coa mesma chupa de cuero, incluso na clase á que fun estaba con esa chupa XDDD), e o outro é o máximo jefe, ou eso se cré, vaille a todo ser viviente hembra, o ultimo día que estivo aquí (xa se foi, menos mal) recibiu un par de patadas (xuroo, vino cos meus propios ollos) de tias, que se debeu volver escocido pa Italia!! O outro, non sei quen é...

jueves, septiembre 28, 2006

Terrarium e historias do inframundo

Debido a "problemas técnicos" non puiden pasarme por aquí antes, a pesar que era a miña intención facelo ontes, pero xa explicarei porqué non toquei o ordenador...
Bueno, como prometera, aquí vai o sucedido o sabado, eu nunca me imaxinaba que me fora pasar cousa parecida!
O sabado fomos a un sitio novo, Terrarium. Pobres de nós, pensamos que sería outro máis da fauna estona....
Ben, para empezar, cobráronnos a cuantiosa cantidad de 6`5 euros sólo por entrar!!!! Sen consumición!!! Eso é mais que calquera sitio do máis chic de Vigo!!!! Polo menos aquí non che miran ós pés.... Por esa cantidad de cartos xa podía tar ben....
Pois ben, entramos, collemos unhas birras... e metemonos ó meollo... en 2 minutos apareceu da nada un mangallón que nos dice cun pobre inglés.... tedes que irvos daquí!! (¿¿??). Parece ser que se fumas ou bebes calquera cousa, non te podes meter na zona de baile, é decir, solo podes estar ó redor da barra!!! Entonces, o que fixo foi apartarnos 1 metro máis atrás!!!!!!!!!! E listo!!! De risa, prometo que solo foron 2 pasos atrás!!!!É ridículo!!
Bueno, ahora vén o bon!
Cando nos apartamos, pois dixen.. vamos sacar algunha fotiña!, empezo a sacar.... e á terceira, venme outro mangallón segurata pero correndo!!! cólleme, e sen dicir nada ponse ó meu lado e lévame a un sitio cerca da barra onde non había ninguén! Eu, xa acojonado, dicindolle en inglés: cál é o problema??? qué está mal??? e o tio non dicia nin pío!!!!
Neso empeza a falar polos auriculares, e en segundos, chegan outros dous matóns que me sacaban 1 cabeza e rodéanme!
Xa podedes imaxinar a miña cara de entre incredulidad e acojone!
Un deles vai e dime: tesnos que seguir!
E eu: ok ok !!! como non!
Cóllen, levanme ata un ascensor! (nótese que nós entramos baixando unhas escaleiras, asi que non tiña nin puta idea de ónde me levaban!!!). E a todo esto eles apartando ós meus colegas! que non se acercaran!
Joooood...
Logo, ó final, salimos á entrada da disco (eu xa pensando que me iban botar a patadas), e dinme: tés que deixar a cámara de fotos en recepción, e anotar nun papel o teu nombre e apellidos e o teu número de teléfono!!!
Unha vez feito esto, pois xa me deixaron tranquilo!
Incrible!
Logo cando baixei, ainda co medo no corpo empeceime a dar de conta en qué sitio nos metéramos; todos os tíos eran rusos!!! Era unha disco rusa!!!Vaia pós rusos!!!
Todos iban igual, coa mesma cara de túzaros, co pelo rapado, habia unha mala ost.. no aire que cortaba a respiración!!Pois imaxinademe a min alí! Vaia se daba a nota! Pelos largos, de negro, con perilla e case barba.... Sentinme a leche de observado e intimidado, de feito, intercambiei miradas con algun deses .... e tiven que mirar finalmente ó suelo!!! pasoume un par de veces dentro!!
Na zona de baile, en cada esquina habia un porteiro!!! Era moi incómodo estar así!
Logo, tamén vimos pasar unhas cuantas veces ós marulos rusos dos porteiros, pero correndo!! polo medio da disco dun lado pa outro!! Incluso vimos a un deles que levaba case afogando a outro individuo (en serio, iba todo rojo, e emitindo sonidos tipo vello tusindo, coma o kanero cando se atragantou coa corteza facendo de supermán! jajajaja) Moi mal rollo!!!
O bon da disco, como non, outra vez foron as tías, auténticas modelos!!! Incluso diría que se nos acercou algunha, pero eu cada vez que se poñía unha cerca, e logo de ver o que vín, dabame un pasiño pa´trás... nunca se sabe... mellor ser precavido e non tocar nada, case que nin mirar...
Esperade que ainda non acabei; cando fun recoller a cámara, sen problema devolvéronma... pero ó día siguiente, cando a mirei, abrirana, e elimináranlle as fotos que fixera dentro do local!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Debéronlle andar fedellando nos botóns, porque tiña cambiadas cousas da configuración e todo, para quitar as fotos que viron que foron dentro!!!
Dioooooooos!!!! qué é esto!!!!!
Logo, falando con outros, dixéronme que podía ser porque era unha disco na que a veces iban "celebrities rusas" e non querían que lles sacaran fotos dentro!! Pero , digo eu, ese será o seu problema!!!
Bueno, eso foi o gran acontecemento dos últimos días....
O que me parece máis ... raro¿? incrible¿? é que a Cristian, o tío de Vigo, e ó outro de Navarra lles gustou o sitio!!!! e querían volver próximamente!!! pero estes tíos!!!! qué pasa, que viven nun mundo aparte ou qué!!!Logo de ver todo o que pasaba dentro tanto dá que haxa modelos se te podes meter nunha gorda!!!!Non volvo nin de coña!!!!!Xunto cos italianos, rusos.... mal.
Qué mais, bueno, como supoño que as noticias volan, pois si, o outro dia xa me licenciei unha estoniana!! e dunha maneira bastante... mmm... simple?? O único que fixen foi entrar... levantei as 2 mans facendo cornos ó aire... e zás!!! unha piva encima miña!!! Plusmarca personal de 5`873 seg. jajaj E non che estaba naaaaaada naaaaada mal jejej Incluso me deu o número de teléfono e cartos para o taxi!!!!(é que salin un pouco curto de pasta ese dia, cómo engañan os dichosos centos de billetes!!!)Quén dá máis!!!
E..... ah! si! en 10 dias mais ou menos temos unha cena de gratix cortesía da embajada española!!Parece ser que é o día da hispanidad, e invitan ós españoles que esteñamos en Tallinn se vas pedir a invitación á oficina da embajada.... moooooola....
E.... tamén o outro día paroume unha alemana e díxome.. ti non serás o do metallic concert?? E eu ....mmm si si..... e empecei a falar con ela, e moi ben, pode que se veña conmigo a ver a moonsorrow!! o único que me dixo é que non lle gustaba cando se montaba barullo e a xente se empezaba a empuxar.... (tranquila, muñeca, aquí estou para sacarte en brazos tipo Ash jejeje)
Mmmm qué mais... o outro día viñeron a nosa tutora Eveliina e unha amiga súa e fixéronnos de comer!!! comida estoniana!!!! Era unha especie de salsa con especias e carne picada e puré de pataca....a verdade é que tiña moi mala pinta jaja (parecía o que lle daban de comer ós de Mal Gusto no pote aquel, os que virades esa peli sabedes a qué me refiro, eh?jeje con ese vaporcillo rico, pero en vez de verde, era blanco... mmmm....).Pois a pesar desa mala pinta inicial, pois incluso estaba bastante comible!!
Por certo! cómo boto en falta unha panadería, unha carnicería ou unha pescadería!!!
Non! de momento non encontramos nada deso por aqui....
Ah! ontes foi brutal! non puiden facer nada no blog porque quedamos no piso veciño cuns austríacos e alemanes pa ver un par de partidos da champions...
Aqui, tamos por pisos, e no noso hai monton de habitacións, é dicir, temos un pasillo común, e ti abres unha das portas e dás a unha cociña, e logo dás a outras 2 portas, nas cales hai 2 camas. Ou sexa somos 4 personas en 2 habitacións e compartimos unha única cociña.
Pos bueno, fomos velos partidos, e empezaron a beber (son moi animales bebendo!!) e un deles dixo: hei!! hoxe é o cumpre dun frances que vive 3 portas mais aló!! vamos facerlle unha visita!!! Foron, trouxéronno e meteronlle no corpo mais bebida en 20 minutos que o Camper en toda a noite!!!Consecuencia... acabou poteando por toda a súa cociña pero en cousa de 40 min.!!!
A todo esto os austriacos e alemanes, xa levaban unha encima... (dixeron que un deles se bebia por día uns 10 litros de birra!!!) e empezaron a montala por todo o hostal!!!!
Colleron o portatil, e foron mirando porta por porta a ver cál estaba aberta! Cando encontraban unha, quedabanse todos (cristian e mais eu tamen entre eles...) chiiiisssssssssst chiiiiiiiiiisssst.................... abrían e poñían a música do Equipo A (jajajaja) no ordenador e empezaban a canturreala jajajajajaja
A xente case toda durmindo... eran as 2 da mañá... levantábase dunha mala ost... jajaja os que mellor o tomaron, incriblemente, foron un par de negros - moros¿? indios¿? que se levantaron rindose e todo (sería eso ou sería que estaban acojonados¿?)
Pero... houbo unha tia que se foi queixar en recepción, e viñeronnos chamar a atención 2 veces!!!XDDDDDDDDDD
Ah!!!!hahahahaha pillamos a unha parexa facendo.. eso!!!!!!jajaj a tía empezou a berrar cousas, supoño que nada bonitas jajajajaja estes alemanes tan tolos!!! Pero a quen se lle ocorre deixar a porta da entrada á cociña e á da habitación tamén abertas?!?!?
Bueno, xa tou cansao de escribir, outro día sigovos contando mais cousas.... sobre clase, ou o que sexa.. que o da clase en inglés chapurreado tamen ten a súa gracia... espero que non teña tanta as notas....
Bye

sábado, septiembre 23, 2006

Primeiras festas

Un regalo para as miñas fans jejejej e tamén dedicado a todos os da clase , que non me olvido de vós!!!
Eveliina, a nosa tutora cos españoles
As vistas do noso piso
Esto foi nunha cena nun restaurante "español" que abriron en Tallinn ese dia.... bueno.. de risa.... a musica era do peor, tipo chunguitos, manolo escobar, los del rio, etc... a ambientación do mais hortera (camareros incluidos) e a comida... bueno... regular de española. O mellor de todo... puxéronnos pan!!ainda que me da que o cobraron e todo! Os que estamos ahí somos a legión española enteira.

Non sei qué pasa pero non dou subido as fotos ben, asi que vou ir probando distintas formas de organizalas aquí, asi que non vos preocupedes se as vou poñendo dunha maneira rara, a cuestión é que esteñan, non?
Sobre todo pós tíos, ahí vai unha visual do que se pode ver na disco dos tolos (ou aeróbicos epilépticos). Esto foi ontes e todo era mais normal...

Acomodándose

As nosas habitacions, sen persianas, e ahora tamen sen a cortina azul, porque "habia problemas coas cortinas e había que quitalas" .... pffff, bueno, unha semana levantandose ás 7 da maña...
Monedas e billetes estonios, a partir de 5 EEK pa baixo, inservibles, levamos tropecentos billetes na carteira, que parece que somos millonarios e igual nin temos 3 euros!
Vozkas a piñon no super, case todos diferentes!!
Manuel (Cádiz), Gartxot (Navarra), Cristian (Vigo)

Os dous galleguiños, Cristian e mais eu


Aqui tamos nun sitio que se chama Havana Club, onde parece ser que nos xuntamos todos os internacionales.. a verdad é que aquel dia non habia ninguén, pode ser porque fora martes, creo

miércoles, septiembre 20, 2006

Cousas

Esto da semana do estudiante.... vai acabar conmigo!
Resulta que temos festa toda a semana, ontes mesmo fomos a unha festa que organizaron uns italianos no seu piso no centro, e bueno... eso era o encontro das nacións unidas!!
O malo é que a xente empezouse a ir sobre as 12:30 -1:00 da mañá!!! Home, tamén foi martes...
Bueno, o caso é que estivo moi ben, alí era mirar a alguén e empezar a chapurrear inglés falando do que sexa... Non vos creades que había moitas tías (xa sei que me estades pedindo este tema, estou lonxe pero estouvos lendo a mente desde aquí :) ) pero as que habia, coma sempre estaban bastante ben... e moi ben jejeje. O caso é que conocín a tantisima xente que son incapaz de acordarme case de ningún nombre.. e é que habia cada un...que case me salía mellor se estivese comendo un polvorón ó decilo...
Pero bueno... o caso é que polo menos as caras vanme sonando e xa teño tema de conversa con moitos por eso.
Por certo, os italianos son uns sobóns do carallo!!! Todos!!! De feito, decidimos entre os españoles que cando estivesemos falando con algunha tía, apartarnos deles.. porque perfectamente poden chegar e abrazarse a ela/s sen conocelas de nada!!! Entonces as tías o que fan é apartarse consecuentemente tamén de nós...
Ah! si! tamen supoño que estaredes desexando ver fotos... a ver se amaño ese tema en breve, porque non dou feito pa metelas no ordenador... non me sale nada de "disco externo" nin "disco auxiliar"... xa verei... pero habelas, hainas!
Mmmm que mais... o lunes tamén salimos de marcha XDDD e fomos a unha "disco" estonia...
mi madriña qué cousa mais rara!!! Fomos con 2 finlandeses e cun vasco e todos estabamos flipando...
Bueno, antes de nada... entrada... 3 euros.... consumicion... outros 3 mais... esto qué é??? o congo belga???Eu pensaba que fora a un pais barato!! Bueno, ó mellor é que era un pouco pija.... ó mellor é que nos viron caras de parvos... ó mellor o que se levan a próxima é unha osstiáááá!!!
Bueno, eso no, que habia uns marulos de porteiros que asustaban... tiñan unha cara de rusos perdidos, e de mala ostia!
O caso é que entramos, e foi como entrar .... non sei .... coma se en España entras nunha disco de House machacón con xente pasada.... A forma de bailar da xente era coma unha mezcla entre aerobic e convulsións!!!Daba gusto velos!!! Parece coma se o obxectivo fose mover o maior número de partes do corpo á maior velocidade, non importa cómo. A min recordoume algo, non sei se algun os vistes, ós tipos que bailan hardcore metal, que parece que están como pelexando con alguén invisible pero a toda caña!! Pois estes era o que os hardcore ás pelexas, eles ó aerobic descontrolado!!
A todo esto, a música... pois.. pffff... un dos finlandeses dixome que era drum & bass, pero eu pensaba que eso era mais liviano jeje... eu definiria a musica ... como uns prodigy sen voz a toda caña, ultra repetitivos, e sen descanso, é decir, era coma unha sesión no que nos deu a sensación de estar oindo o mesmo cacho de 10 segundos repetido durante as 2 horas que estivemos.
Fixome moita gracia que mentres eu taba sentado cos finlandeses alucinando os demais españoles estaban coma se tiveran oindo pachangueo, vamos coma se tiveran oindo a juanes mentres que ó redor deles habia un caos hahaha.. Cristian dixome que intentou imitar o seu estilo de baile e que durou 15 minutos e veu todo sudando hahahaha , que incluso tiña agujetas ó día siguiente hahahahahaha
Bueno, e eso é a grandes rasgos o que vin que se cocía, hoxe (como non) temos outra festa, que parece que é a grande da semana, xa vos contarei... pero parece que todo Tallinn vai ir!!
Cambiemos de tercio.
Agora vou contar cousas sobre este sitio:

A ver, non hai pan!!!!!! O único que podemos comprar é unha especie de pan bimbo-artesano que xa ven en bolsas cortado!!!

Os cartos: esto é do peor, cando chegamos fomos cambiar os nosos euros e eso foi moito... supostamente 1 euro=15`90 EEK (corona estonia), pero resulta que aquí teñen billetes para todo, co cal ó desfacer 100 euros deronnos unha cantidad de billetes que parecia que eramos os reyes!!!
Aquí teñen billetes de 500 coronas: trintealgo euros
100 coronas: 6`5 euros
25 coronas: case 2 euros
10 coronas: uns 70-80 centimos de euro!!!!
5 coronas: uns 40 centimos de euro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
2 coronas: uns 15 céntimos de euro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pero esperade... tamen teñen monedas!!!!jajajajajajajajajajajajajajajajaja
Monedas de:
1 corona: uns 6 centimos de euro!!!
0´50 coronas: 3 centimos de euro!!!!
0`20 coronas: 1 centimo de euro!!!
Xa vos enviarei unha foto dos billetes, non ten desperdicio... porque vamos cun fajo de billetes tremendo e igual temos 10 euros ou menos..

Taxis: un timo seguro se eres extranxeiro, aquí non teñen legislación decente con respecto a eso e case que calquera pode facerse taxista, co cal venos cara de foráneos e hala! clavadas....
Dixeronnos que non deberiamos pagar mais de 80-100 coronas por un taxi, pero levamos pagado ata 150!!! Dan ganas de... é o peor de Tallinn, e eso que xa preguntamos o precio antes de entrar neles...

Buses-Trollbus: o mellor!! aquí faste unha tarxeta acreditando que eres estudiante e tes un bono por un mes pagando 10 euros mais ou menos no que podes subir en calquera bus/trollbus (aqui o trolebús é o mais extendido) cantas veces queiras. Dixéronnos que algunha vez vén algún revisor, pero xa levamos uns cantos viaxes e non vin nada... É moito!! ti subes e listo!! Non me quero imaxinar qué pasaría se implantan este sistema en España, a pila de aproveitados que habería! pero é un sistema moi bon!

Persianas: é demasiado, nin sequera saben o que son!!!

Congelador: tampouco entenden pa qué queremos un congelador!!! é decir, venden congelados, pero hainos que comer ó momento! e o dos cubitos de hielo... pois haberá que pasar sen eles...

Comida: estamos probando cousas novas... pero a verdade é que non nos gustou demasiado o que levamos probado, Estonian food sucks :DD!!! Así que nos vemos comendo moita pasta, arroz e cousas fritas...

Bueno, xa vale de parrafada, que xa se me cansaron os dedos!
Teneis suficiente no? Sieeeempre quereis mas....
jajaja
Veña ataoutra!

lunes, septiembre 18, 2006

A chegada

Xa estou aquí outra vez!!
E sigo vivo ainda!
Bueno, por onde empezar??
Empezarei cronolóxicamente: o viernes foi un dia agotador, entre vuelos e esperar en aeropuertos acabamos tanto Cristian, o rapaz que foi conmigo desde Vigo, coma min arrreventaos. Tamén é de indicar que a noite anterior ambos durmimos unhas 2 horas, pero non por nervios, senon por grabar cds jeje.
Cando pillamos o avión en Barcelona destino Estonia, realmente foi coma entrar xa en Estonia, é dicir, foi entrar no avión e ... adiós español, estivemos case completamente rodeados de xente desa rubia que falaba que parecian coma tartamudos incomprensibles. Bueno, este viaxe estivo bastante ben, xa que ver unha posta de sol desde miles de metros de altura con nubes de algodón por debaixo nosa foi algo indescriptible. Desde logo foi mellor que o viaxe de Vigo a Barcelona , no que o único que puidemos ver foi o reactor do avión...
Ó chegar, que xa estábamos ata os juevos de tar sentaos (4 horas) pois ocorreu algo que nos fixo gracia, o piloto non sei qué dixo e a xente empezou a jalear, aplaudir e rirse: ahí foi cando empezamos a saber cómo se sinte un giri...
Ah! no viaxe deronnos a merenda, unha especie de fiambre que nunca probara (preguntábamonos se sería carne de reno...) con lechuga , pimento, e maionesa todo metido nun pan coma de bimbo con cereales rarísimo... bueno, non sabia moito allá, pero a esas horas todo iba pa dentro...
Cando chegamos estaba Eveliina (a nosa tutora, non pensedes nalguén maior, 21 anos) esperando por nós. A verdade é que é unha rapaza moi simpática, e xa nos foi poñendo ó tanto de todo.
Incluso se "fixo cargo" tamén de Manuel, un rapaz de Cádiz que veu connosco e estaba algo tirado, porque a súa tutora non lle fixo nin puto caso.
Logo de chegar ó Academic Hostel, o noso hostal de universitarios, pois si, o primeiro foi o primeiro, e , a pesar de facer unha gostosa xeada, fomos a tomar unhas birras a un local que está cerca do hostal, para catar a ver se elexiramos o pais correcto jeje. E a verdade é que non se pode comparar coa Estrella, pero non estivo mal... a birra típica de aquí chámase Saku.
Logo cama e ata o dia seguinte, no que demos unha volta pola parte vella de Tallinn, unha pasada da que ainda temos que volver porque nos quedaron cousas sen ver...
Unha cousa que nos chamou a atención foi que as calles estaban a rebosar de xente pero solo se oía un murmullo pequeno, é dicir, é coma ir por principe pero case en silencio, incluso a xente que estaba tomando birra afora dos bares unicamente miraban para a birra e ó redor, sen dicir pío, ainda que estiveran 4 ou 5 personas...
Outra cousa bastante chamativa é que un 80% das tías están buenas, pero dentro de este % , un 50% están buenísimas!! E polo contrario, os tios son bastante feillos!!!
As tias con ollos marróns ou negros que vin creo que as poido contar cos dedos da man!!
Qué mais, bueno, logo de comer, no hostal, (temos cociña e preparamonos os platos nosoutros) pois fixemos botellón, peeeeeero como estamos coas costumbres españolas, acabamolo ás 2`30 ou 3 da mañá , e cando quixemos salir por ahí , pois xa non habia nada...
A todo esto, vivimos a unha media hora do centro, e houbo que pillar taxi, ó cal incluso houbo que regatear... e en estonio... porque eso é outra... a xente de mais de 30 ou 40 anos, de inglés nin papa...
Tamen, hai que dicir que por aki polo dia estase bastante ben, coma en Alfoz por exemplo, 17-20 grados, pero cae a noite e perfectamente poden caer con ela uns 15 grados!! Ainda asi, dentro dos sitios fai bastante calor, co cal cheguei á conclusion que o mellor é que compre algo que me abrigue moitisimo, ainda que por debaixo leve solo unha camiseta en vez de coller camisetas de manga corta , larga sudadera e abrigo...
Logo tamen estamos en contacto con xente de erasmus cos que vivimos no mesmo pasillo, o outro dia conocimos a 3 chinos que están como cabras, conocimos tamen a un austriaco, un alemán moi bo tio....
Buff teño monton de cousas mais que decir, monton de detalles coma que por exemplo non temos persianas na habitacion e que ás 7 da mañá o sol danos en toda a cara... que ir de compras é un show, con todo escrito en estonio e non nos papamos de qué é exactamente cada cousa...
Bueno, seguirei escribindo cando poida, que agora estou no ordenador de Manuel, o rapaz de Cádiz, e dependo del para escribir...
Ademáis ahora temos unha festa... aquí é a semana do estudiante e vamos tar de partis toda a semana hahahaha preparadevos, estonias.....
Ok?
Outro dia seguirei falando
Que vaia ben por ahí!!!

domingo, septiembre 10, 2006

Inicializando

Ben, este é o inicio do meu blog. Espero que vos sexa de axuda a vos e especialmente a min, xa que me aforrarei tempo enviando centos de mails.
Está ben, os que queirades supoño que por ahí debaixo poderedes deixar os comentarios, e se queredes decir algo máis personal, sempre tedes o meu mail jugulector@yahoo.es, ó cal sempre vos contestarei dunha maneira un pouco mais personal se desexades decir algo que non queredes que vexa o resto da xente...