miércoles, abril 15, 2009

De crise, oportunidades e Suomi


Sorprendente pero certo. Temos oficialmente o primeiro país que saleu da crise: Finlandia ou Suomi. Fai pouco estaba a rebatir nunha web sobre Finlandia e sobre que eles dan un % moi elevado do seu soldo para o goberno en forma de impostos. E ademáis fano conscientemente e de boa gana. A miña teoría é que esto non pasará nunca aquí pola forma de ser e da cultura da picaresca e racanear nos impostos tradicional do individuo hispano. Non solo eso senón que ademáis non está mal visto pola sociedade e así nunca teríamos unha universidade gratuíta neste país coma teñen eles -principal tema desa discusión naquela web-.
Hoxe atopeime cun artículo que me vén de perlas en El Economista: Finlandia parou a recesión e fixo fronte á crise. Claro, a xente dirá: "é que eles teñen unha economía moito máis forte! teñen máis medios para parar unha crise". E eu digo: sí e no.
A crise financieira é algo global, afectou a todo o mundo por igual e máis ou menos co mesmo grado de antelación a todos os países. Pero estou de acordo co artículo -de feito colleu tal cual o meu pensamento- de que o mellor motor para revolucionar unha rexión é sufrir unha gran crise, no medio da cal os gobiernos, como as empresas e os propios cidadáns poden estar preparados para asumir tal situación desfavorable, posibles recortes e axustes verdadeiramente necesarios.

Vou comentar o caso finlandés, sin duda un caso curioso de cómo se deben facer as cousas e se precisan de políticas firmes e comúns, e acordos macroeconómicos que deberían de estar asentados de antemán entre as principales forzas políticas, como comentaba naquel post de crises e capitalismos.

Finlandia en 1989 choca cunha crise de proporcións enormes, tras o colapso comunista e da Unión Soviética, os cales eran os principales clientes comerciales. Prodúcese unha caída do PIB do 13% en sólo 3 anos, o paro aumenta nun 17%, hai crise financieira, descenso dun 50% da bolsa, devolucións de préstamos, aumento da deuda pública ata o 60% do PIB e oposición dos sindicatos a calquera reforma para aliviar a crise. Certo parecido coa situación que vivimos agora, non? eu diría que case peor.
Ademáis temos que contar que Finlandia ten unha extensión de 338.127 km cuadrados -recordemos que España ten 492.000- sendo un dos países máis grandes de Europa en canto a territorio e ten 5'3 millóns de habitantes -densidad poblacional de 16 hab. por km cuadrado; en España temos 80 hab/km2-.
Postos en situación, non parece un país moi propicio nin na mellor situación para pasar unha tesitura tal, non?
Pois ben, a clase política finlandesa, vendo o que se lles aveciñaba púxose rápidamente a pensar e actuar. Alcanzan un acordo improbable en España "gobernase quen gobernase non se cambiaría o programa económico para salvar ó país". Adoptáronse medidas macroeconómicas rápidamente e a situación comeza a dar un chimpo en 1994, baixando os tipos a un 6% e lográndose a paridad estable coa Unión Europea en 1996.
Non fai tanto, non? Finlandia non foi sempre o país superdesarrollado que é hoxe.

As claves
Durante a década dos 90, os cambios en política científica e tecnolóxica aceleráronse.
Recortanse os presupuestos en diversas partidas, pero non a inversión en tecnoloxía. Unha das maiores aportacións do goberno de Finlandia ó futuro do país foi a creación dun sistema público de apoio á innovación, simple e fácil para as empresas, que operan dunha forma estructurada, centralizada e efectiva, na que hai un completo respeto polos contratos e leis establecidas e goberno.
En canto ás universidades e aquí foi o que me levou a escribir este post, recordando a conversación na outra web sobre Bolonia, son as responsables de producir novo conocemento. As 20 universidades públicas, as 29 politécnicas e os institutos de investigación. O 53% das empresas de Finlandia teñen acordos de colaboración con universidades, frente a media europea do 7'5 %. Ben, agora pensade sobre as chorradas que dicen sobre o plan Bolonia en canto a que as empresas se van apoderar das universidades e facer canteiras de estudiantes. Ojalá nos dén unha mínima noción do que é a vida laboral!! da que non temos nin pajolera idea cando salimos de cursar os nosos 6, 7, 8 ou 9 anos de universidade pública. Estamos nunha situación tal de desventaxa frente a Europa que quen diga que non se necesita un cambio estaría tolo. Bolonia pode que non sexa o mellor porque ten puntos oscuros e efectos de arrastre pouco visibles, pero que un acercamento ós sistemas europeos e á vida laboral por parte das nosas podres e carcomidas universidades é algo de perogrullo. É un plan, que en principio non está mal pensado. O malo é a forma de levar a cabo tal plan e que a universidade necesita algo máis que un cambio superficial. O sistema interno e relacións internas é algo que se debería controlar moito máis -e así non ter, como temos na universidade de Vigo un sistema de empresa familiar, na que os apelidos se repiten entre profesores, os amantes, as ex-parellas e os fillos e netos e relacións entre eles se perpetúan en pro dun conformismo degradante e denigrante para a nosa formación e sentido común-.


Volvendo ó tema de Nokia, recordo telo estudiado nalgún caso práctico cómo foi o principio de tal empresa. Todo surxira debido a que a xeografía e clima de Finlandia non son nada propicios para facer instalacións de telefonía e cables. Sería costosísimo, debido á grande dispersión xeografica dos seus escasos habitantes tamén. O que fixeron foi invertir moitísimo en I+D en canto ó que telefonía móvil se refire para non depender de cableados e facer un gasto gigantesco.
Gracias a Nokia, Finlandia desarrollou un crecimiento económico incrible, tanto pola súa capacidade productora como exportadora, como pola súa capacidade de movilizar o conglomerado finlandés das telecomunicacións. Nokia chegou a ser o producto dunha nación, e é o exemplo de cómo as empresas privadas tomaron todo o coñecemento xerado nas universidades e grupos privados de investigación para transformalos en productos competitivos en todo o mundo.

Seguindo co tema finlandés, a participación do sector privado no gasto en I+D foi do 72,3 % en 2007, superando con creces ó sector público (9%) e ás universidades (18,7 %). Os resultados deste sistema son espectaculares. O gasto en I+D en Finlandia foi en 2007 de 6446 millóns de €, situando ó país coma o 2º país en términos de porcentaxe sobre PIB, cun 3,47 % seguido de Suecia cun 3,63 %. Recordemos que a irrisorea media española está en 1,22 %.

A prosperidade económica finlandesa débese á existencia de múltiples empresas de primeiro nivel competitivo internacional -a todos nos vén á cabeza Nokia cando pensamos en empresa finlandesa-. Este nivel de competitividade é debido á alta productividade das empresas, que depende da súa enorme capacidade de innnovación, nun sistema compartido polo sistema público e o empresarial.
Todos os cidadáns comparten un elevado nivel de educación e formación que se basa nun sistema educativo de primeiro nivel mundial. Tanto educación primaria como secundaria e universitaria.

O sistema educativo que deu o éxito a Finlandia básase nun conxunto de valores compartidos por xestores públicos, pais, profesores e alumnos, que persigue o coñecemento, premia o mérito e o esforzo, valora o traballo e a responsabilidade e favorece a orientación hacia o futuro e a tecnoloxía. E ese é desde logo a base da pirámide que levou a Finlandia á prosperidade: os valores da sociedade.
A miña pregunta ó aire sería: ¿sería difícil instaurar valores na sociedade española?¿se sí, canto se tardaría?
Logo aparte: ¿estaría conforme na bipartita sociedade española que se tomasen como intocables certos acordos macroeconómicos polo ben da nación ainda que eso perxudicase intereses partidistas ou implicase certas incomodidades -momentáneas, coma certa subida de impostos, etc- para a poboación?

O que está claro e pendiente de conseguir para gobiernos do sur de Europa, especialmente España, posuidora dun dos peores sistemas educativos -creo que Grecia estaba sensiblemente peor por algunha noticia que lín non fai moito-, deben considerar como prioritaria a creación dun sistema educativo de elevada calidade -que non temos, nin nunca tivemos- que prepare ós cidadáns para afrontar o futuro con algunha garantía -cousa que vexo moi moi negra-.

Igual vos acordades do que é o informe PISA, o informe sobre calidad educativa dos países que fai un tempo poñía a España con notable... suspenso. Ben, mirando os resultados dese informe vese cómo será o futuro do mundo: aqueles países que están quedando nos primeiros lugares -nestes momentos Finlandia, Canadá, Hong Kong, Nova Zelanda e Australia- son irremisiblemente os que teñan as empresas con mellores profesionales, gobernos con mellores dirixentes, mellor actividade social e empresarial.... e crearán un sistema educativo de primeiro orden sobre o que o seguirán baseando o seu futuro.


Un saludo para Luisérgiko. Dá gusto debatir sen que ninguén che diga que o que pensas é unha merda ou o outro non vale nada sen ningún tipo de argumento coma fan outros por ahí...

Recursos: -El Economista: entrevista a Juan Martínez Barea (director da cátedra Sánchez-Ramade de Iniciativa e Innovación do Instituto Internacional de San Telmo de Sevilla) -Casos prácticos da asignatura Estratexias de Márketing de 5º ADE

No hay comentarios: