sábado, noviembre 23, 2013

Cosecha apocalyptica

E o turno ahora desta nova moda de merchandising entre os grupos de rock é o de Apocalyptica. O grupo, que non é que musicalmente esteña a propoñer algo interesante ou diferente nos últimos anos -xa un pouco encasillados no sonido accesible de Cello-Metal-, parece que se decanta por outros negocios, neste caso a poñer o seu nome a un viño.

Como suele ser habitual nestes casos, a banda non ten nada que ver coa productora vinícola máis aló dun contrato comercial, xa que a empresa Petra Unger está ubicada en Austria.

"This sparkling pleasure is the classic choice, a perfect medley of all kinds of symphonies. Dry, exceptionally fruity, with apple tones and lively bubbles". 


Pode ser comprada aquí, por 17'50 €.

miércoles, noviembre 20, 2013

Mercury Tide - Killing Saw (2012)

Mercury Tide – Killing Saw(2012)
Hard Rock / Power Metal
Oficial 
Algúns fans do Metal europeo poderán recordar a un grupo capitaneado polo vocalista de Angel Dust, Dirk Thurisch, que xurdiu logo de que aqueles empezaran un hiatus indefinido despois de "Of Human Bondage" en 2002. Aquel grupo liderado por Dirk era Mercury Tide.

"Why", o primeiro álbum de Mercury Tide saíu sólo un ano despois de "Of Human Bondage", e máis ben sen pena nin gloria, a pesar de que Angel Dust estivera ascendendo "relativamente" a principios do novo milenio en popularidade. Digo "relativamente", porque a pesar de sacar álbumes tan excelsos coma "Bleed" ou "Enlighten The Darkness", que propoñían un Heavy-Power Metal moi pesado, escuro e con arreglos de electrónica que non quitaban protagonismo á gran composición de riffs nin de melodías vocales, parece que quedaron inxustamente olvidados no tempo, a expensas de outros productos bastante máis mediocres do tipo de Edguy ou Avantasia...

Este abandono pasou tamén con Mercury Tide e o seu "Why", que pasou desapercibido a pensar de contar co aclamado Dirk Thurisch nas vocales. A decir verdade eu creo que o oín na época na que saíu, e xa non me acordo de nada... e dame que vai pasar 3/4 do mesmo con este novo "Killing Saw", logo de que Dirk reformara despois de 10 anos a banda. Parece que non captou a indirecta de que a ninguén lle interesara no seu día Mercury Tide. E aposto que volverá a repetir experiencia cun álbum no que non só é palpable a mediocridade compositiva, senón que tamén se confirma o seu baixón como cantante, a anos luz do que un día fixo en Angel Dust.

"Killing Saw" empeza co tema que dá título ó album logo dunha corta intro, e recorda de sobremaneira a "Nemo", o tema de Nightwish, tanto na melodía de piano, coma na estructura. Mal augurio. Os temas vanse sucedendo, moldeando a Mercury Tide coma unha versión Hard-Rock e desganada de Angel Dust. Sí, Dirk está ahí, e a súa forma de cantar, ainda que esteña moi por debaixo do que foi hai 15 anos, ten aínda ese toque propio que me gustaba tanto, ademáis as melodías vocales manteñen o toque que os fans de Angel Dust recordamos, pero a maior parte do tempo aquí sona repetitivo e apático a rabiar.

A metade do disco é todo un cometido. Cancións coma "Out of the Darkness", desganada, fóra de tono por veces?, rozando o Rock depresivo? e a seguinte, "Alone in my Room", probablemente unha das peores do CD, posuíndo unha parte central sacada de "Unforgiven" de Metallica, son un reto para continuar a escoitar o disco. "Satan Sister" ten un riff sacado dalgún outro lado e parece unha mezcla entre Billy Idol, Misfits e algo de Metal gótico finlandés. "You Cannot Save Me" sona como que as pezas non se unen ben dentro do tema, está como desestructurada e resulta incluso caótica. Non sabería decir se é peor que "Alone in my Room". Probablemente. E o resto quédase como mediocre ou por debaixo da media, con pobre composición e estructuración de temas, algo difícil de crer para alguén que leva tantos anos na música coma Dirk (que supoño que foi o compositor da maior parte desta chapuza).

En resumen: Dirk, anda e reúne a Angel Dust, que eles saben qué facer coa música e igual te inspiras máis tamén á hora de cantar. 2/10


jueves, noviembre 07, 2013

Cosecha perfumada

Proseguindo co merchandising por parte de bandas/artistas que pretenden facer negocio extra cos seus fans, agora tócalle o turno a Bret Michaels. O que fora ou é cantante de Poison acaba de lanzar a súa propia colonia personal, Roses and Thorns, supoño que aludindo á famosa balada da banda.

Esta fragancia é descrita como "an exhilarating scent with a mysterious kicker... leading to sexy results! Let your reputation of smell good proceed you, get the cologne that both men and women love."

Michaels dí: "The influence was to create something that balances perfect for men and women. Not too musky, not too flowery; you'll have to see for yourself. All I can say is we've done lots of tests and it seems like it's gonna be a smash hit.


Ainda que este tipo de merchandising non é moi habitual entre os rockeros ou metaleros (xa me imaxino a colonia "Amon Amarth", para non perder o aroma a lume e sudor...), o máis hilarante e surrealista é o video comercial sobre Roses and Thorns. Quedeime literalmente mudo e con cara de papón cando o acabei de ver.

domingo, octubre 13, 2013

Cosecha de cafeína

O mundo do merchandising entre o mundo metaleiro parece non ter límite, logo de cervezas, viños, dildos... agora chega o Café Negro patrocinado por Zakk Wylde ( Black Label Coffee Society?), o Valhalla Java Odinforce Blend...

Death Wish Coffee Co. presents its newest creation, Valhalla Java Odinforce Blend.

Valhalla Java Odinforce Blend is forged from the volcanic soils of Indonesia and nutrient rich soils of Central and South America. This masterful artisan roast has been carefully crafted for the world’s most powerful guitarist, Zakk Wylde (BLACK LABEL SOCIETY, OZZY OSBOURNE).
With maximum flavor and caffeine content, this coffee will bring you back from the nights you thought you'd never wake up from.

 

Fuente

miércoles, octubre 09, 2013

Rage - 21 (2012)

Rage - 21 (2012)
Heavy-Thrash Metal
Oficial
Ainda sigo con discos do 2012 ainda que esteamos a acabar o 2013! É o que ten estar bastante ocupado últimamente, agora non me poido permitir escoitar tanta música coma antes, así que a gardo ata o momento adecuado para oíla. 
No caso de "21" de Rage, o certo é que non estaba moi pola labor de poñerme co álbum. Os xermanos levan sacando material moi parecido nos últimos anos, e creo que desde Soundchaser non lle prestei demasiada atención a ningún album da banda, ou alomenos non me recordo que me dixeran nada que non oíra xa. 
Algo parecido pasa con este novo, que resulta ser un disco típico de Rage dos últimos anos. Esto inclúe: 3-5 temas bos-decentes / 3-5 temas mediocres-olvidables / 3-5 temas fuleros; riffs interesantes e traballados por Smolski, que aporta pequenos detalles de calidade por todo o CD, que se combinan con outros xa moi vistos; estribillos poperos; líneas vocales que sonan "demasiado" á marca "Rage"; e un sonido moi bo, que a veces sirve para enganar a incautos que se fixan máis na producción potente e "metal" dun disco que no bon facer compositivo.
Se hai algo remarcable neste 21 que non oíra antes son os guturales do señor Peavy Wagner en "Serial Killer", unha sorpresa nun dos temas aproveitables do disco -que por certo empeza con Chiquito de la Calzada! ahí abaixo a poño se non o credes-. Disfrutables tamén son "Concrete Wall" e "Destiny", temas rápido que me fixeron recordar ós Rage de discos grandes coma "Black in Mind" e "End of All Days". Lástima que o nivel alcanzado en "The Missing Link" nunca fora superado polos xermanos.
Logo temos pinceladas de intentos "modernos" nalgún tema, a típica semi-balada de Rage, "Eternally", que tanto podería estar coma non estar, e cancións tan prescindibles coma "Death Romantic" -probablemente a peor do CD-, ou o típico tema de Rage que un cree que xa estaba noutro álbum, "Black and White".
En resumen, un disco máis de Rage, que non se van da línea marcada pola banda. Seguen ofrecendo discos "seguros", dedicados ós máis fans da banda e do seu sonido e supoño que fan ben se teñen éxito -e téñeno-. Non poido decir que sexa un mal disco, xa que podería salvar máis da metade do mesmo, e a execución e sonido son totalmente "Pro", pero por outro lado non me sorprende e acaboume pasando maiormente desapercibido. 6/10


sábado, septiembre 28, 2013

Cosecha de Angelus Apatrida

Sí, lestedes ben, Angelus Apatrida, a banda española de Thrash máis internacional nos últimos anos, quén sabe por qué motivo, anímanse á moda de patrocinar unha cerveza. Non sei se deixarán de lado o patrocinio desa cousa tóxica chamada Monster (auguro poucos anos de vida para aqueles que o consuman habitualmente), por patrocinar a birra "Fresh Pleasure" (Por favor, qué nombre máis cursi, xa sei que é un tema seu do seu sobrevalorado "The call", pero non o vexo como nome dunha birra...)

Xa me imaxino a cara de alguén extranxeiro oíndo a un hispano decindo nun bar "hey dame fresh pleasure!!". Non me extrañaría que se largara pensando que entrou nun burdel.


Sacado do Facebook da banda sobre 'Fresh Pleasure', feita en Toledo por Guinea Pigs.
"Hace unos meses los maestros cerveceros de Guinea Pigs se pusieron en contacto con nosotros para ofrecernos la posibilidad de hacer una cerveza artesana, sin aditivos químicos de ningún tipo y sólo con ingredientes naturales, y evidentemente nos encantó la idea. Al poco quedamos con ellos e hicimos catas para encontrar los sabores de esta primera cerveza; buscábamos algo con carácter que tuviera de todo en su justa medida y con la ayuda de Ernesto de Guinea Pigs y los chicos de Cervezorama conseguimos hacer esta Rye india red ale cuya etiqueta podéis ver en la foto, que ha sido fabricada en Toledo. Ha sido diseñada y fabricada íntegramente en España (Instalaciones Domus, Toledo) con materias primas nacionales, como Malta Pilsen de Albacete o Lúpulo Nugget de León."
Los expertos la describen como una cerveza a la altura del grupo, en botella presenta un color rojo profundo, buena retención de espuma, un toque diabólicamente aromático y con un buen amargor que queda en el recuerdo. 5.8% y 60 IBUS (unidades de amargor) que la convierten en peligrosamente adictiva. Fabricada en Domus (Toledo) con materias primas de aquí, sin filtrar ni pasteurizar conserva todas las propiedades del trabajo artesano.
'Fresh Pleasure' estará disponible a partir del 21 de octubre en todos estos sitios (iremos acualizando la lista de locales y bares conforme vayan confirmando disponibilidad) http://www.cervezorama.es/el-proyecto-de-angelus-apatrida/

Volvendo un pouco co grupo, recentemente atopeime un tipo nun bar aquí en Estonia que me preguntou si de verdade Angelus Apatrida era tan popular en España e porqué se iban de gira por Europa adiante ata chegar ao seu país, Lituania, sendo unha banda bastante normaliña de Thrash Metal (coma o 99% da "nova ola de Thrash Metal" que simplemente refriten riffs feitos por outras hai 20-30 anos).  Eu dixenlle que sí, realmente son unha das bandas máis veneradas nos últimos anos, ainda que eu tampouco entendo porqué, xa que a pesar de que son grandes músicos, e teñen un directo disfrutable, a súa música é un Thrash do máis ordinario, que non aporta nada e que non ofrece ningunha proposta realmente nova ou interesante. O meu colega non podía estar máis de acordo conmigo, e mostrouse sorprendido que sendo español tivera esa opinión de Angelus Apatrida, xa que pensaba que para que a banda fichara por Century Media e chegara a facer giras europeas, terían que ter un apoio masivo en España.

Arturas, xa o meu colega lituano, que lle caín ben desde o momento que expuxen a miña opinión de Angelus, e cuia opinión éme totalmente respetable, xa que me demostrou ter un bagaje intenso no underground lituano e metaleiro en general, tendo colegas en moitas bandas e organizando concertos, confirmoume que Angelus Apatrida fixeron un concerto bastante fulero en Lituania, o festival no que él andaba no medio. Coincideu conmigo unha vez máis que a música que fan é unha mezcla de riffs dos primeiros Megadeth, Testament, Metallica, Nuclear Assault, Exodus, Overkill e os Pantera non glam, sen ningún tipo de orixinalidade nin nada que ofrecer, e que hai mil grupos similares nos últimos anos, tentando revivir con papel carbón o que outros fixeron hai tempo. Ademáis parece que él tampouco gustou da súa actitude, un tanto "crecida", coma de rockstars que en realidade son "Ninguén", e coa única obsesión de saber dónde se podía conseguir "yerba" no seu país. Se xa a música non era do agrado de Arturas, esta actitude deixouno con bastante mal sabor de boca destes ibéricos.

En fin, eu tampouco lle souben decir porqué Angelus chegaron a onde están, supoño que alguén puxo moitos cartos para que subiran. Ademáis se agora se meten a negocios de merchandising coma o da cerveza... xa non sei qué pensar...

Quedareime á espera de que se monten a cadena de tiendas de cannabis "It's Rising!"? A saber...

viernes, agosto 16, 2013