martes, mayo 22, 2012

Microreviews Maio'11 - II


Forgotten Horror - The Serpent Creation (2011)
Blackened Thrash Metal
Myspace
Ainda que Forgotten Horror é un grupo de reciente creación, os seus membros xa son suficientemente experimentados dentro da escena underground extrema do seu país. De feito, os seus tres compoñentes forman parte duns clásicos do Death-Thrash finlandés coma son os Deathchain. Neste novo proxecto chamado Forgotten Horror, os nórdicos dánlle á vena máis clásica do Thrash-Black con toques Death, facendo temas de estructuras simples pero de xeniales e pegadizos riffs. The Serpent Creation é un disco moi ben balanceado entre os estilos mencionados, que non aporta moito novo, pero que tampouco o pretende, e que se basea en lanzarnos un bo puñado de riffs en crudo que fácilmente se che enganchan e te meten a headbangear sen nin sequera darte conta.
Por suposto, gran producción, como manda o país, e... discazo!
35 minutos de meneo sen stop. 8/10


Enlace
Glorior Belli - The Great Southern Darkness (2011)
Black'n Roll
Myspace
Tiña curiosidade cando vín os nominados a mellores discos de Black Metal de Metalstorm por escoitarme o novo dos franceses Glorior Belli, xa que se decía desde que era unha obra maestra (xa... desas a estas alturas créome poucas) ata que exploraba novos horizontes dentro do Black (por ahí xa me ganan un pouco máis).
E ben, o veredicto é... sí, aquí hai unha aproximación a uns novos horizontes antes non vistos dentro do Black Metal e que sorprendentemente empastan ben a pesar da súa inicial desconexión: o Black e o Southern Blues-Rock. Oístes ben, Glorior Belli mezcla con éxito sonidos do Rock sureño americano, coa escuridade do Metal extremo, sendo éste último a base da que parten. Pero non se amilanan no experimento en cuestión e incluso introducen partes de Southern Rock propiamente ditas por exemplo no tema que dá título ó álbum, con voz clara e guitarras acústicas, facendo unha conxunción extraña de primeiras, pero cuio resultado é sen duda exitoso. As partes máis ortodoxas en canto a Black Metal se refiere xa non me gustaron tanto, pareceronme á altura de calquera grupo medio, pero é innegable que os franceses abriron unha porta máis hacia a heteroxeneidade dentro deste mundo extremo (ou alomenos que eu non tiña oída ata o dagora).
En definitiva, penso que é orixinal, pero tamén que se podería ter feito un álbum mellor. Ainda así, disfrutable para todos os amantes do Black'n Roll.
Por la glorior de tu madre! 7/10


Týr - The Lay of Thrym (2011)
Viking Heavy-Power Metal
Myspace
Os das Islas Feroe lanzaron o ano pasado o que foi o seu sexto traballo, no que parece que tentaron coller os puntos fortes do seu aclamado anterior By the Light of the Northern Star e poñelos baixo o seu particular sello unha vez máis.
Sen que a música de Týr neste The Land of Thrym sexa significantemente distinta ó que levan facendo desde hai dez anos, sí que se notan algúns pequenos cambios, sendo o máis palpable a tendencia a facer temas cada vez máis simples, de duración reducida e onde durante un 40% do tempo se repitan estribillos-hímno coreados.
Como dixen, non é que Týr cambiaran drásticamente o seu estilo, os punteos doblados de melodías folk e a voz clara e distinguible de Heri Joensen seguen levando a batuta, e, certamente seguen sabendo cómo facer coros pegadizos, pero a mín resultoume un disco moi cansino, que, unha vez sabidos os anteriores, éste se queda nunha versión fácil e reiterativa deles. Non me extrañaría que fose un disco-proba, para saber se sacando un CD máis "directo á melodía-estribillo" poden acaparar máis fans sacrificando o seu lado prog de estructuras complicadas de antaño. Como me ule que non será así, apostaría a que no próximo disco meten un par de temas rondando os 10 minutos XD
Unha versión empobrecida de Týr. 5/10


Sectu - Inundate (2011)
Death Metal
Myspace
Sectu é un dos múltiples grupos de Death que están a saír de Suecia. A pesar de estar formados hai máis de 5 anos, o primeiro álbum lanzárono o ano pasado, falo déste chamado Inundate.
O primeiro que me chamou a atención sobre Sectu é que non teñen o típico sonido "Swedish" -cousa rara-, senón que se decantan un pouco máis polo lado americano e técnico. A súa música, lonxe de ser orixinal, pareceume tremendamente ben feita. A pesar de ter a súa complicación interpretativa, non se introduce de cheo en tecnicismos protagonistas sobre a ambientación; é o sentimento introspectivo e oscuro que pretende transmitir Inundate o que manda sobre o resto. Todo un acerto baixo o meu punto de vista, xa que parece que afloran por todos lados grupos de Death Técnico capaces de facer instrumentísticamente virguerías, pero que non saben compoñer unha canción e que non contagian nada máis que a sensación de estar asistindo a unha fría "master class".
Outra característica atípica de Inundate, sendo un disco de riffs intrincados e disonantes, é que os temas rara vez pasan dos catro minutos e o CD é de pouco máis de media hora. Tal vez un/dous temas máis estarían ben, pero mellor acabar media hora polo alto que 50 minutos con peor sensación.
Pouca orixinalidade suplida con técnica e composición. 8/10


Kromlek - Finis Terræ (2011)
Melodeath/Viking Metal
Myspace
Xusto agora acabome de enterar de que os alemanes Kromlek se separaron en Marzo do 2012, pregúntome se éste Finis Terræ tivo algo que ver nesta decisión... o máis probable é que sí.
O cambio dado pola banda neste disco póstumo é desconcertante, non me extrañaría que ou algún membro non se sentira contento con él, ou que as ventas e críticas non fosen todo o boas que esperaban Kromlek.
Recordo terlles oído os dous primeiros discos, máis ca interesantes, nos que facían un Pagan Black traballado, con doses Folk e algún deje de Melodeath nórdico. Para Finis Terræ, Kromlek decideu que iba probar sorte cun disco diferente, un disco que pegara coas "modas" imperantes hoxe en día no Metal extremo pero melódico: Melodeath con arreglos electrónicos e Viking tipo Equilibrium/Ensiferum con moita máis dose Power que Viking.
Unha vez postas as ideas sobre a mesa, sinto ter que decir que ambas influencias non pegan, alomenos na forma que Kromlek as traballou. O resultado está cerca duns Skyfire-Kalmah con samples e mínima influencia folky, cousa que non está mal de por sí, pero aquí fáltanme boas composicións. Vendo a historia da banda, os seus anteriores discos e cómo encararon este novo, penso que a intención de chegar a un público máis amplio puido co potencial da formación ata hundila, facendo un CD pouco sincero e traballado, que dudo que gustara nin ós seus fans habituales nin ó resto.
RIP Kromlek. 2/10


Autopsy - Macabre Eternal (2011)
Death Metal
Myspace
Celebrando 25 anos, os norteamericanos Autopsy retornan logo de moitos anos de parón márcanse un señor disco de putrefacto Death old school con Macabre Eternal. Coma sempre, non cabe esperar un sonido nin limpio nin técnico nin pulcro; esto é Autopsy con todo o que elo conleva; zombificados guturales demenciales e agónicos, riffs retorcidos, incómodos e asfixiantes, sempre cunha base moi da vella escola americana do Death e Thrash que combinan co Doom/Death, e sección rítmica cambiante e variada que vai desde algún blast ata a densidade macabra de tempos lentos.
A ambientación insana de peli gore serie B de Autopsy vese reflexada unha vez máis en Macabre Eternal, ainda que os estadounidenses decidiron aportar algunhas gotas a modo de novidades sonoras para este novo CD, como é a inclusión dalgunha guitarra acústica (que eu non tiña consciencia de ter oído noutros discos da banda, ainda que tamén é certo que hai moito tempo deso), e un maquiavélico tema de estructura máis traballada do normal de nada menos que 11 minutos!
O único "pero" é que se me antoxou un pouco largo de máis, pero pareceume un bo disco, aconsellado a todo fan do Melodeath-core que crea que os seus grupos son os máis "extremos".
Macabre Death Metal. 7/10


Isole - Born from Shadows (2011)
Doom
Myspace
Quinto álbum dos suecos, logo de sacar un gran Silent Ruins, co que comparto a gran maioría de críticas positivas que acolleu durante o 2009.
Este Born From Shadows prometía moito, xa que os halagos volvíanlles dar a cara a Isole, pero a mín non me convenceu tanto coma me gustaría. Dinlle bastantes oídas durante un tempo, sempre deixándoo reposar para ver se ó día seguinte me convencería máis que o anterior... Hoxe collino outra vez, púxeno, e dinme conta que non crecera absolutamente nada en mín. Unha pena, pero teño que ser sincero, e decir que non mo volvería a poñer máis porque me aburreu bastante. Aquí recordo o que dixera naquela microreview sobre o de que cando me encontro (ou a xente en xeral, polo que vexo) cun álbum de Doom que non me enche, teño cautela por decir que é un mal álbum e acabo decindo que non está mal, e que lle gustará a algún seguidor do xénero. Neste caso, non creo que Born From Shadows esteña mal, a realización e coidado nos detalles é palpable que está feita por un grupo pro, pero os temas a mín non chegaron a tocarme a fibra, case que en ningún momento. A sensación de ter todo xa oído e estar feito anteriormente tamén xogou na contra deste disco, que segue a pies juntillas o legado de principalmente 3 bandas: Solitude Aeturnus, Candlemass e While Heaven Wept, ó que lle añaden algún growl contado. O estilo non é novo; melancólico Doom con tintes épicos e alternancia de tempos entre o low-mid, pero os temas e composición tampouco son novos.
Por debaixo das expectativas. 5/10


Helrunar - Sól (2011)
Black Metal
Myspace
O dúo germano Helrunar puxéronse as pilas para sacar o ano pasado un álbum extenso, de feito dividido en dous, de Black Metal consistente ainda que non diga moito novo. Penso certamente que hai bos momentos en Sól, e tamén creo que a medida que lle fun dando escoitas me foi entrando mellor, pero sigo coa idea de que máis de unha hora e media de disco é demasiada. Sobre todo cando o tipo de Black Metal non me resulta especialmente chamativo de primeiras.
O tipo de música de Helrunar é un Black esencialmente a medio tempo, ainda que hai heteroxeneidade rítmica suficiente que varía entre algún blasting, e incluso low-tempos máis atmosféricos que lle dán a Sól un aire ocultista e pagano, axudado por sonidos sampleados, voces diferentes e distorsións extrañas de vez en cando. Os temas son extensos e, ainda que de riffs largos, o dúo consegue facelos o suficientemente variados como para que o oínte manteña a atención en saber qué é o próximo que se vai atopar, unha das miñas principales queixas na maioría de grupos desa moda "shoegaziana" que vén sobre todo de USA.. -que non saben facer cancións atraíntes-. Helrunar sí sabe.
Non é un disco orixinal, pero vai conseguindo o que pretende, sobre todo en sucesivas escoitas, cousa que recomendaría se vos gusta este xénero e Sól non vos parece gran cousa ó principio. Ainda que sigo coa miña idea de que un disco de unha hora sería mellor que un doble de hora e media.
Gana co tempo. 7/10


EnlacePagan's Mind - Heavenly Ecstasy (2011)
Prog Power Metal
Myspace
Os noruegos Pagan's Mind son un seguro para calquer aficionado ó Power Progresivo. Na súa década larga de existencia e seis discos con éste Heavenly Ecstasy conseguiron algo bastante difícil: manter unha constancia de alta calidade con cada un dos seus traballos -salvo no anterior según se dí, pero lamento non telo escoitado para emitir unha opinión-.
Este novo CD non difire excesivamente do que estes nórdicos xa expuxeron en discos tan imprescindibles coma Infinity Divine ou Celestial Entrance: unha base de potente Heavy-Power Metal moderno con moitos arreglos progresivos e con influencias por veces máis Hardrockeras e Progrockeras, ás que lle añaden algún guiño ó Metal un pouco máis extremo, coma certos riffs ou rasgados. Ó fronte da formación Nils K. Rue é un seguro coa voz, e no resto o equilibrio entre virtuosismo moderado, composición e melodías pegadizas fai que unha vez máis Pagan's Mind seguramente acertaran para cos seus fans.
Facía bastantes anos que non oía a Pagan's Mind, de feito lín cousas non moi positivas do seu anterior e lonxano God's Equation (2007) e pasei de darlle un vistazo, así que perfectamente haberá máis de un lustro que non escoitaba a esta banda, e o reencontro case que non puido ser mellor. O único negativo que lle encontro é unha balada chamada "Where Angels Unite", que está entre a dun grupo AOR ochentero con empacho de glucosa e un villancico... non pinta nada. Polo resto, bo álbum.
PS: Puntazo para ese deje Queensryche en "Walk Away In Silence".
Á altura do mellor que lles recordaba. 8/10


Grendel - Corrupt To The Core (2011)
Melodeath/Gothic Metal
Myspace
Se hai algo que guste facer (e saben facer) especialmente en Finlandia, é a mezcla entre sonoridades máis cercanas ó Metal extremo, con melodías melancólicas, moi melódicas e pegadizas (vamos, o que eu entendo por Suomi Rock-Metal), a veces rozando o Pop-Rock gótico. Este terceiro traballo dos ata hoxe descoñecidos para mín Grendel é unha mostra máis dese gusto, un estilo sobradamente usado e sobado xa en Finlandia, que pretende acoller tanto a fans do Death Melódico con elementos modernos, coma a seguidores de Metal melancólico moi propio do país no estilo de Sentenced, To/Die/For ou Amorphis (para os cales estiveron abrindo na súa última xira por terras finlandesas).
O certo é que Grendel realmente consegue contaxiar certos estribillos e Corrupt To The Core ten unhas cuantas boas cancións, pero tal vez a idea que me foi rondando a cabeza durante o disco é que este estilo xa está utilizado de máis por bandas do seu país, que se vé coma o seu "target" principal, e terano difícil para competir con moitos outros grupos que tentan un estilo similar do tipo de Omnium Gatherum, Black Sun Aeon, Eternal Tears of Sorrow, Norther...
De todos xeitos é un álbum que se oe fácil e cumpre para entreterse durante un rato. 6/10

lunes, mayo 21, 2012

Lego Black Metal

Tardaban en salir

Citizen Brick prides itself creating Minifigs for collectors of all sorts. Even if they happen to love Satan. This guy may or may not have a sacrificial alter in his apartment storage unit, yet still embodies the Norwegian Black Metal aesthetic in sinister detail. Perfect for your dystopian horrorscapes or as a gift for your metalhead cousin.

Citizen Brick premium printed LEGO® compatible Minifigs. We offer the finest quality Minifigs and bricks around. No labels, decals, hand painting, or ink jet digital. Printed like the real thing using authentic LEGO® parts. For the serious AFOL model builder.

No decals. No paint. All awesome. Citizen Brick.


Norwegian Black Metal Enthusiast

$15,00


miércoles, mayo 16, 2012

Rock similarities IV


Janick Gers (Iron Maiden) / Robert Plant (Led Zeppelin)


Katon W. de Pena (Hirax) / Larvelle Jones (Locademia de Policía)


Alice Cooper / Steve Carrell (Virgen a los 40)


Mika Hakkinen / Dave Mustaine


Kirk Hammet (Metallica) / Rene Higuita(r)

martes, mayo 15, 2012

Amanecer Dorado e Black Metal

Hoxe quedeime flipado ó ver 3 segundos de Black Metal na tele, máis concretamente nas noticias de A3. Resulta que ese partido político neonazi griego chamado Amanecer Dorado conta entre as súas filas con membros de grupos Black! Entre outros, concretamente aquel que lles mandou levantarse a todos os periodistas parece ser o baixista de Naer Mataron! ¿Qué pensábades, que iba salir deste tipo de música gratuítamente na TV española? XD Ahí hai carnaza!

De feito así o dice tamén na wikipedia:
Además de todo esto, Chrysi Avgi tiene una importante relación con muchas bandas de black metal nacional socialista. De hecho, algunos miembros de los grupos de black metal más conocidos de Grecia son miembros reconocidos de Amanecer Dorado. Tanto es así que Amanecer Dorado ha editado varias recopilaciones de black metal con bandas griegas, ya que considera que este género de música, junto con el RAC (música muy popular entre los skinheads nazis), es especialmente útil para dar a conocer su mensaje.

Fuente

De feito, polo que lín, moitas destas bandas relacionadas con ese partido están aquí:
Hellenic Black Metal Front.

En fin, o Metal na Media española, sempre salindo por cousas bonitas...
A todo esto... e sen meterme na ideoloxía e política deses individuos...
¿Tamén proclaman que os gregos son arios? jajajaj a saber o batiburrillo que teñen na cabeciña...
¿Algún día veremos a algún diputado entrando no congreso dalgún país con estas pintas? Entonces o debate sobre o Estado da Nación sí que sería interesante!

lunes, mayo 14, 2012

Diablo 3

Hei de decir que fun máis ca son de videoxogos, pero na miña vida houbo coma 3 ou 4 que foron esenciales: Duke Nukem 3D, Warcraft (1, 2 e 3, o WoW xa me pillou vello de máis XD), Heroes of Might and Magic (1 (en MS-Dos!!), 2 e 3) e Diablo 1 e 2.
Mañá, 15M, dame a mín que moitos dos da Democracia Real Ya deixarán o tenderucho, porque, despois de moitos anos, máis de 10, sale á venta Diablo 3, un dos xogos dos que máis tempo se debeu invertir na súa creación... é unha gran nova para os que empezamos coa saga, tanta, que vou pasar de acercarme a calquera tienda de informática e evitar tentacións XD
Ainda así gústame ver que por fín sacaron o xogo, contentareime con ver vídeos de youtube con outros xogando e cos cortos cinematográficos, porque paso de estar nun ordenador horas e horas improductivas coma algún día cando tiña 15 anos. Pero... inda así, me mola! :P
O único que me chamou a atención e me parece "peligroso" é o que lín de que vai haber un apartado do xogo para facer subastas con diñeiro real... (?)
Os videoxogos xa dín por ahí que son máis negocio que o cine, pero fai falta chegar a estes extremos? Xa vexo algún joven buscando a tarxeta de crédito de papá para conseguir un brazalete ou collar mellor no Diablo... ¬¬

Chegou o Día


viernes, mayo 11, 2012

Microreviews Maio'12 - I

Fate - Ghosts From The Past (2011)
Hard Rock-AOR/Heavy Metal
Oficial
Os daneses Fate celebran o seu 25 aniversario con novo álbum, desta vez cun cambio brutal de formación no que parece que sólo quedou o seu baixista.
Cando me dispuxen a oír Ghosts From The Past, e influenciado polo grandísimo e infravaloradísimo discazo que era V, non sabía deste suceso, e durante un momento dudei se estaba oíndo ós Fate daneses de toda a vida. O shock veu de parte do novo cantante, que desde logo non ten a personalidade do anterior Per Johansson, e dun deje chulirockanrollero da primeira estrofa do tema "Children of the Night" que gracias ós santos vai desaparecendo a medida que progresa.
O certo é que nesa primeira escoita, Fate deixoume moi contrariado, a sensación era a de que se converteran nun grupo moito máis xenérico, cuns dejes máis AOR ochentero do que recordaba, e no que sobre todo o cantante, sen facelo mal, tiña un rexistro demasiado clásico e visto que facía que o resultado de Ghosts From The Past fose tirando a mediocre.
Pero ó día seguinte, e sabendo xa de antemán tales vicisitudes, dispúxenme a oír máis calmada e exhaustivamente o disco. E mellorou moito. Segue sen chegar ó grado de carácter propio de V, pero certamente está moi ben composto, con moitísimo detalle e escrúpulo no tocante a cada un dos instrumentos e coros. Incluso o cantante me sonou mellor, os temas engancháronme máis, e a pesar de sonar máis meloso do que recordaba, realmente gustoume. Agora debe de ser a décima vez que o oigo, e sin duda creo que é un dos discos de Hard Rock-AOR do 2011.
Non vos quededes na primeira escoita (nin no video). 8/10


Enid - Munsalvaesche (2011)
Atmospheric Symphonic Metal
Myspace
Foi unha gran sorpresa para mín ver que os germanos Enid ainda vivían, xa que o seu anterior Gradwanderer quedouse por aló do 2004 e deixárame, xunto co anterior Seelenspiegel unha grata impresión. Tal vez o feito de que Enid se tratara dunha banda prácticamente inclasificable foi o que me chamara de primeiras a atención, pero o universo daqueles álbumes tamén eran envolventes e cunhas doses de potencia e melancolía que non podería emparentar con outra banda.
Para este Munsalvaesche, quedou coma único membro Martin Wiese, que creo que xa o facía todo ou case todo en Gradwaderer, encargándose de composición, arreglos orquestales, voz, programación...
Así que Enid, 7 anos despois, segue ahondando nese universo tan particular de Metal atmosférico e melancólico con influencias moi heteroxéneas, que van desde o Black Metal, o Folk medieval, música clásica, en certo sentido gótica,... sempre liderada pola voz limpia de Wieser (ainda que hai algunha aparición anecdótica de rasgados) que me fai recordar a uns Falconer tranquilizados.
A pesar desta heteroxeneidade, a one-man-band arréglase para facer un álbum máis ou menos cohesionado, coma o foron os predecesores, pero por algún motivo non me chamou tanto a atención. Tal vez sexa que noto en xeral máis lentitude, e máis dedicación en recrear ambientes que en guitarra-baixo.
Non me gustou tanto como me esperaba, pero non é un mal disco. 7/10

Nader Sadek - In the Flesh (2011)
Death Metal
Myspace
Nader Sadek é un proxecto extraño desde a súa confección ata a súa música. A xénese parte do creativo Nader Sadek, un tipo que parece que traballou como "director de efectos visuales" en bandas coma Mayhem e Sunn O))), pero curiosamente non toca ningún instrumento no grupo que leva o seu nome. Este grupo realmente está formado por "estrellas do Death Metal" da talla de Flo Mounier (Cryptopsy), Novy (ex-Vader e ex-Behemoth), Blasphemer (guitarra de Aura Noir e os portugueses Ava Inferi) e o que fora membro de Morbid Angel, Steve Tucker á voz e baixo.
Toda unha plantilla, sí señor... o malo é que polas experiencias que vín, este tipo de supergrupos non suelen durar demasiado nin poñer toda a carne no asador neste tipo de proxectos.
No caso de Nader Sadek, co seu primeiro In The Flesh, o grupo decideuse por un tipo de Death Metal extraño, con partes atmosféricas e cun aura inquietante e ocultista, onde a capacidade individual de cada un é palpable, destacando sobre todo Mounier e Tucker. Hai sutiles toques das influencias de cada unha das bandas nas que participan, pero penso que a referencia base que a un lle vén á mente é Morbid Angel.
Non me pareceu un mal disco, nótase composto por xente experimentada e ten bo sonido, quizáis un pouco corto, xa que ronda os 30 minutos, pero cunden o suficiente como para decir que é un digno debut e que gustará á xente que disfruta das bandas mencionadas.
Se fora o novo de Morbid Angel, catalogaríano de obra maestra. 7/10


Krallice - Diotima (2011)
Black Metal
Myspace
Krallice é outra banda máis vida de USA... outra vez facendo un Black Metal con moitos toques "Post-Rock/Metal" e atmosféricos (ainda que non tan Shoegaze coma os últimos que oín dese país...) e outra vez vín boas referencias sobre ela... ainda que é certo que sobre moitas das críticas que leo non creo nin a metade XD
Neste caso, Diotima é o terceiro álbum en 4 anos, e está composto de seis temas aparte da intro, de larga duración, onde as influencias avant-garde e Post-Rock se mezclan cun Black Metal de sonido arcaico e sucio, que lanza riffs envolventes, pseudopunkies?, largos e máis ou menos intrincados, ainda que técnicamente tampouco sexan algo do outro mundo. O sonido parece buscado a propósito para sonar "perfectamente" "old" e experimental ó mesmo tempo, o cal me parece certamente curioso, pero ó igual que o contido do disco, pareceume curioso sólo nun principio. Logo, a carencia de melodías claras en busca dunha especie de "opresión do antiriff", a batería bucle, a carencia de emotividade e expresión clara na música de Krallice, a falta de progresión... cansoume de sobremaneira.
Diotima é 70 minutos insulsos de Black Metal abstracto e que non se sabe a onde vai, para proba, oír Litany of Regrets, pero enteira eh? que ten unha parte superinteresante no minuto 12.
Outros Black-USA, algo máis avantgarde, pero... 2/10

Ghost Brigade - Until Fear No Longer Defines Us (2011)
Depressive Rock/Doom
Official
Desde Jyväskylä, un pequeno pobo no centro de Finlandia, no 2007 surxiron das cenizas dun grupo de Stoner Metal chamado Sunride, os Ghost Brigade. A partir de dous discos de boa calidade, o grupo finlandés empezou a ser coñecido e incluso a facer xiras por Europa adiante (ata chegaron ó Vagos!). Eu coñecinos naquel segundo disco, Isolation Songs, un bo disco que lindaba varios xéneros dunha forma bastante eficaz. Algo parecido pasa con este terceiro, Until Fear No Longer Defines Us, que volve a acoller influencias do Stoner-Sludge, o Doom-Death e o Rock Depresivo, facendo unha mezcla propia, ainda que non de todo orixinal. Así, podemos observar unha primixenia influencia de Katatonia (que tal vez non era tan palpable nos anteriores traballos ou pareceumo a mín?), sobre todo no sonido das guitarras e líneas vocales limpias dos últimos discos dos suecos, que misturan con éxito co Doom-Death típico finlandés de bandas coma Swallow the Sun ou Black Sun Aeon.
O resultado, como digo, non é o máis orixinal, porque por partes poden sonar a un ou outro grupo, ainda que Ghost Brigade consigan cohesionalo todo dentro do seu mundo. Sería inxusto, por outro lado, decir que éste é un mal disco, porque vese escrito con coidado, conxuntado perfectamente entre partes lentas-acústicas e duras-growls, e interpretado dunha forma moi profesional -de sonido aforro decir que é tremendo, coma case sempre cando se trata de Finlandia- pero, aparte de que non me acaba de gustar o sonido Sludge, noteille algo en falta... será que o deje de Paradise Lost a veces váiselles un pouco hacia o Nickelbackismo??
Gustoume máis o anterior.PD: Soulcarvers non se parece algo de máis a Beyond The Realms of Death?
Ben feito, pero non notable. 6/10


Spirit Disease - Retaliation (2011)
Thrash/Death
Myspace
Sen ter nin idea de estilo ou procedencia, me encamiñei, coma moitas veces, a a escoitar este disco dos descoñecidos Spirit Disease. O primeiro que pensei foi que me tiña un aire moi a Death sueco, concretamente a unha banda coma At The Gates, pionera e influínte aínda a día de hoxe onde as haxa. O segundo é que me tiña unha pegada "thrashy", sobre todo nun par de temas, a outros que sacaron un gran disco este ano, Witheria. E re-bingo! Parece ser que Spirit Disease tomaron ese nome do tema/album "Terminal Spirit Disease" dos suecos (nin me dera cuenta XD), o cal xa mostra unha querencia innegable polos de Tomas Lindberg. E ademáis parece que entre as súas filas contan co guitarra habitual dos finlandeses de Witheria. Yeh!
Pois o que vos vades encontrar en Retaliation penso que o intuiríades moi ben polo párrafo anterior, Deathrash da vella escola con puntos Grind e Groove, inspiradísimos en At The Gates, cun bastante bon sonido e que cumple o obxectivo de entreter a todos os amantes dos suecos que se viron frustrados (coma mín) co que fixeron posteriormente en The Haunted.
Tributo á altura. 7/10

Enlace
Megadeth - Th1rt3en (2011)
Heavy/Thrash Metal
Myspace
Album nº13, Th1rt3en, 13 temas, trece, trece, trece... que sí... xa o pillei!
O que non pillei foi que conseguiran facer algo tan redondo no respecto á música que contén Th1rt3een, porque este novo álbum dos de Mustaine podería ser o máis frouxo compositivamente que lles oín en anos.
Megadeth parecían recobrados logo dunha temporada regulera que lles durou ata ben entrados os 2000, pero tanto United Abominations coma Endgame foron uns álbumes decentes que os trouxeron de volta (sen ser tampouco do mellor que fixeran). Penso que gracias a eses dous últimos álbumes os fans estaban convencidos de que Mustaine recobrara o gusto compositivo, a caña e a agresividade que faltaba desde había tempo, e que farían un bo disco co número 13, pero... non sei a eles, pero a mín fíxome resoplar máis dunha vez.
Th1rt3en é a volta a aqueles discos con menos agresividade na tónica xeral, menos Thrashers e máis Heavies, nos que salvabas un tercio de temas e o resto quedaban de recheo pola súa falta de pegada, de riffs traballados -moitos parecen unha versión peor doutros xa feitos por eles- e fieros solos, de baterías rápidas, e, en xeral de temas memorables.
A sensación que me deu ó oír este último de Megadeth é que non se esforzaron moito en facer cancións, nin sequera se esforzaron en poñer unha orde no CD, e todo sona insulso, incluso a voz de Mustaine (pero bueno, hai que ter en conta que este home pasa dos 50 e tivo a súa época mala. Ainda así...)
Megadeth van velloucos. 4/10


Jack Starr's Burning Starr - Land of the Dead (2011)
Heavy Metal
Myspace
Ainda que relativamente descoñecido, Jack Starr é un prolífico guitarrista americano que militou nas filas de Virgin Steele nos seus primeiros discos a principios dos 80. Actualmente traballa nun doble proxecto : Jack Starr e Jack Starr's Burning Star XD
Parece que no primeiro sólo está él de membro fixo, e este segundo xa é algo máis tipo "banda" (pero digo eu que lle quedaría mellor chamarse sólo "Burning Star"... ou como moito "Burning Starr" XD)
En todo caso, despois dun parón nos 90 e parte dos 2000, este Land of the Dead é o seu sexto álbum, e primeiro que teño constancia de oír. O estilo é un Heavy Metal moi tradicional, que linda co Power Metal americano, pero que en calquera caso mantén o punto base nas guitarras (como manda o feito de ter un guitarrista de jefe). Riffs, punteos e solos manteñense firmes protagonistas neste disco de Heavy máis clásico e teñen certo parentesco con Virgin Steele e Manowar, así coma as líneas vocales.
Na miña opinión, a excepción de 2 ou 3 temas, o disco adolece de chicha, hai cancións especialmente ñoñas, e solos un pouco "soltos" que non aportan demasiado e que ademáis non son unha maravilla, pero parecen introducidos "porque yo lo digo". O cantante realmente faino ben, pero tamén se vé a veces un pouco noutra dimensión, supoño que tamén será cousa da producción, algo fulera tendo en conta a experiencia da banda.
O disco contén ademáis a participación de 3 ex-Manowar: os guitarras David Shankle e Ross The Boss nalgúns temas, e Rhino coma membro fixo.
Land of the Dead. 3/10

Iron Saviour - The Landing (2011)
Power Metal
Myspace
Non sei se os tempos pasados nos que Piet Sielck foi ingeniero de sonido e corista dos álbumes noventeros de Blind Guardian e Gamma Ray (os mellores para un servidor, dito sexa) lle influeu tanto á hora de compoñer coma á de cantar, porque os discos de Iron Saviour teñen un pouco de cada unha das bandas, pero a voz de Sielck parece o eslabón entre Kürsch e Hansen! Facía tempo que non oía a Iron Saviour e asombreime de novo.
Como decía, facía tempo que non oía a Iron Saviour, penso que haberá coma 7 ou 8 anos (salvo o outro mes que iba no Ford Ka e me atopei cunha cinta de casette con temas do seu primeiro \m/). Se non me interesou moito máis a banda era porque me empezou a parecer máis do mesmo e aburreume logo de 2 ou 3 discos. Pode que esa razón de que había moito que non os oíra fixo que realmente desfrutara de The Landing, que estilísticamente non se aparta un milímetro do que recordaba deles, pero que contén unhas cuantas boas cancións con gancho. Desde logo está moito mellor que calquera cousa de Gamma Ray da última década (con Blind Guardian xa non poido comparar, porque nos seus últimos traballos apartanse bastante daquel Speed Metal alemán).
The Landing non é un disco orixinal, pero conten todo aquelo que os jevimetaleiros de sempre gustan: temas rápidos e épicos, estribillos pegadizos, temas-himno, riffs potentes, e temas directos de batería-baixo-guitarra sen moito adorno. Eso sí, algo de innovación sería refrescante.
Heavy Metal Never Dies. 7/10


Virrasztók - Memento Mori! (2011)
Folk Dark Metal
Myspace
Hai un tempo preguntábame a mín mesmo: ¿cál é o factor clave para que un disco/grupo me guste? A resposta atopeina mentres lía un artículo doutra cousa totalmente diferente: un dos aspectos importantes para que unha obra sexa obxecto de deleite é a capacidade de causar sorpresa no espectador. Desde que recapacitei sobre eso, funme dando conta da gran verdade que encerra tal simple reflexión, ainda que o "shock" non sempre ten por qué ser positivo, pero cando menos un xa aparta a impresión de predecibilidade, hastío e a sensación de que o autor non traballou creativamente suficiente e se basa excesivamente na invención doutro, o cal crea un efecto no espectador experimentado contraproducente e de desconfianza.
A qué vén toda esta filosofía barata? XD A que cando oín o disco dos húngaros Virrasztók, foi un enamoramento desde os primeiros sonidos electrónicos de "Szigeti Veszedelem" que derivan nun riff bastante Heavy, posteriormente acompañado por unha voz masculina áspera pero sen chegar ó growl (algo así coma moitos grupos de Folk Metal alemán do estilo de In Extremo) e que deriva nun bon puente-estribillo moi melódico con carga folk liderada por voz femenina. Desde ese momento intuín que non estaba a punto de oír calquera cousa. A mezcla destes húngaros, que demostran ter valor para, tendo coma base un Heavy Metal bastante pesado, mezclar elementos do Thrash, do Industrial, do Folk Metal étnico no que aparte dunha voz feminina que fai a maioría de estribillos hai zanfona, e todo esto envolto por acompañamentos clásicos/sinfónicos e electrónicos. E o caso é que todo queda tremendamente ben e cohesionado, a pesar da súa inicial imposible catalogación (ollo, que no Metal Archives chámanlles "Psychedelic Folk Metal").
A mín, este gusto pola experimentación recordoume a outros compatriotas seus que sacaran outro discazo hai 3 anos, os Damned Spirits' Dance. Algo pasa nese país que non ocorre en España.
Sorpresa Folk-Industrial do 2011. 9/10

lunes, mayo 07, 2012

Diario dun viking XV: A crónica en imáxenes

Houbo algúns de vós que me pedíades un testimonio visual do que foi aquel aciago día do primeiro miniconcerto de Mileth. Ben, pois adiantáronseme os de Vigosónico, que subiron pola súa cuenta o tema que lles pareceu a eles a Youtube, sin comentar, sin avisar, sin preguntar... qué ben!
Antes de velo, recordemos un pouco do sucedido:
1 - Faltou o baixo a última hora.
2 - Tanto arriba coma abaixo oíamos prácticamente sólo a miña guitarra, incluso por encima da batería no meu caso.
3 - Marcos non se oía cantar.
4 - Case ó principio a Marcos rómpeselle unha corda. Pide unha guitarra, e resulta que estaba desquintada, segundo lle dixo o dueño (que tocaban xusto despois) ó acabar -qué ben nos quixeron, non? XD menudo reghalo envenenao-. Nótase un webo (mirade ese último acorde que tiña que sonar igual nas dúas). Pero incluso creo que a miña na 6ª corda tamén está desafinada por algún motivo que descoñezo, xa que sonara ben no anterior tema. Algo así pasa co violín, que tamén me sona desafinado, pero se apenas se oía a sí mesmo... e nun instrumento do estilo eso é un pouco matador...
5 - O meu pedal non era co que ensaio, había que darlle un señor pisotón, e no cambio non me respondeu porque lle dín coa forza habitual. No segundo cambio estaba moi rayado dese fallo e pasouseme cambiar argh!
6 - Aparte de non facernos sonar ben nin arriba nin abaixo, o técnico moveu os volumenes e controles coma un neno pequeno dándolle a unha gameboy... polo medio das cancións!!! como poderedes observar a mezcla é horrible (en TODOS os temas). Menos mal que o tipo é un profesional e daba clase de sonido. Alomenos fai que en partes se note que había un teclado e violín (ainda que noutras xa no). E eso que esta era o 3º tema! que digo eu que tivo tempo de probar antes (se incluso fixemos unha proba de 2 minutos antes de empezar cun tema que non tocamos... pa qué?)
7 - Stress por todo XDDD e moitos fallos, pero o seguinte irá mellor, porque é difícil peor XD
Esto en teoría non valía pa enseñar, pero... outros decidiron por nós XD

http://youtu.be/MY1ZhuMhX7M

Por certo, o seguinte será nos castroconcertos, 22 de Xunio, teloneando ó grupo de Txomi, Strangled With Guts. Quen se queira vir por Vigo que me avise e se queda na miña casa, falo por Simón ou Carlos sobre todo, que creo que lles podería apetecer virse ata o sur, se alguén máis que lea esto se anima, que me avise por privado.