viernes, mayo 11, 2012

Microreviews Maio'12 - I

Fate - Ghosts From The Past (2011)
Hard Rock-AOR/Heavy Metal
Oficial
Os daneses Fate celebran o seu 25 aniversario con novo álbum, desta vez cun cambio brutal de formación no que parece que sólo quedou o seu baixista.
Cando me dispuxen a oír Ghosts From The Past, e influenciado polo grandísimo e infravaloradísimo discazo que era V, non sabía deste suceso, e durante un momento dudei se estaba oíndo ós Fate daneses de toda a vida. O shock veu de parte do novo cantante, que desde logo non ten a personalidade do anterior Per Johansson, e dun deje chulirockanrollero da primeira estrofa do tema "Children of the Night" que gracias ós santos vai desaparecendo a medida que progresa.
O certo é que nesa primeira escoita, Fate deixoume moi contrariado, a sensación era a de que se converteran nun grupo moito máis xenérico, cuns dejes máis AOR ochentero do que recordaba, e no que sobre todo o cantante, sen facelo mal, tiña un rexistro demasiado clásico e visto que facía que o resultado de Ghosts From The Past fose tirando a mediocre.
Pero ó día seguinte, e sabendo xa de antemán tales vicisitudes, dispúxenme a oír máis calmada e exhaustivamente o disco. E mellorou moito. Segue sen chegar ó grado de carácter propio de V, pero certamente está moi ben composto, con moitísimo detalle e escrúpulo no tocante a cada un dos instrumentos e coros. Incluso o cantante me sonou mellor, os temas engancháronme máis, e a pesar de sonar máis meloso do que recordaba, realmente gustoume. Agora debe de ser a décima vez que o oigo, e sin duda creo que é un dos discos de Hard Rock-AOR do 2011.
Non vos quededes na primeira escoita (nin no video). 8/10


Enid - Munsalvaesche (2011)
Atmospheric Symphonic Metal
Myspace
Foi unha gran sorpresa para mín ver que os germanos Enid ainda vivían, xa que o seu anterior Gradwanderer quedouse por aló do 2004 e deixárame, xunto co anterior Seelenspiegel unha grata impresión. Tal vez o feito de que Enid se tratara dunha banda prácticamente inclasificable foi o que me chamara de primeiras a atención, pero o universo daqueles álbumes tamén eran envolventes e cunhas doses de potencia e melancolía que non podería emparentar con outra banda.
Para este Munsalvaesche, quedou coma único membro Martin Wiese, que creo que xa o facía todo ou case todo en Gradwaderer, encargándose de composición, arreglos orquestales, voz, programación...
Así que Enid, 7 anos despois, segue ahondando nese universo tan particular de Metal atmosférico e melancólico con influencias moi heteroxéneas, que van desde o Black Metal, o Folk medieval, música clásica, en certo sentido gótica,... sempre liderada pola voz limpia de Wieser (ainda que hai algunha aparición anecdótica de rasgados) que me fai recordar a uns Falconer tranquilizados.
A pesar desta heteroxeneidade, a one-man-band arréglase para facer un álbum máis ou menos cohesionado, coma o foron os predecesores, pero por algún motivo non me chamou tanto a atención. Tal vez sexa que noto en xeral máis lentitude, e máis dedicación en recrear ambientes que en guitarra-baixo.
Non me gustou tanto como me esperaba, pero non é un mal disco. 7/10

Nader Sadek - In the Flesh (2011)
Death Metal
Myspace
Nader Sadek é un proxecto extraño desde a súa confección ata a súa música. A xénese parte do creativo Nader Sadek, un tipo que parece que traballou como "director de efectos visuales" en bandas coma Mayhem e Sunn O))), pero curiosamente non toca ningún instrumento no grupo que leva o seu nome. Este grupo realmente está formado por "estrellas do Death Metal" da talla de Flo Mounier (Cryptopsy), Novy (ex-Vader e ex-Behemoth), Blasphemer (guitarra de Aura Noir e os portugueses Ava Inferi) e o que fora membro de Morbid Angel, Steve Tucker á voz e baixo.
Toda unha plantilla, sí señor... o malo é que polas experiencias que vín, este tipo de supergrupos non suelen durar demasiado nin poñer toda a carne no asador neste tipo de proxectos.
No caso de Nader Sadek, co seu primeiro In The Flesh, o grupo decideuse por un tipo de Death Metal extraño, con partes atmosféricas e cun aura inquietante e ocultista, onde a capacidade individual de cada un é palpable, destacando sobre todo Mounier e Tucker. Hai sutiles toques das influencias de cada unha das bandas nas que participan, pero penso que a referencia base que a un lle vén á mente é Morbid Angel.
Non me pareceu un mal disco, nótase composto por xente experimentada e ten bo sonido, quizáis un pouco corto, xa que ronda os 30 minutos, pero cunden o suficiente como para decir que é un digno debut e que gustará á xente que disfruta das bandas mencionadas.
Se fora o novo de Morbid Angel, catalogaríano de obra maestra. 7/10


Krallice - Diotima (2011)
Black Metal
Myspace
Krallice é outra banda máis vida de USA... outra vez facendo un Black Metal con moitos toques "Post-Rock/Metal" e atmosféricos (ainda que non tan Shoegaze coma os últimos que oín dese país...) e outra vez vín boas referencias sobre ela... ainda que é certo que sobre moitas das críticas que leo non creo nin a metade XD
Neste caso, Diotima é o terceiro álbum en 4 anos, e está composto de seis temas aparte da intro, de larga duración, onde as influencias avant-garde e Post-Rock se mezclan cun Black Metal de sonido arcaico e sucio, que lanza riffs envolventes, pseudopunkies?, largos e máis ou menos intrincados, ainda que técnicamente tampouco sexan algo do outro mundo. O sonido parece buscado a propósito para sonar "perfectamente" "old" e experimental ó mesmo tempo, o cal me parece certamente curioso, pero ó igual que o contido do disco, pareceume curioso sólo nun principio. Logo, a carencia de melodías claras en busca dunha especie de "opresión do antiriff", a batería bucle, a carencia de emotividade e expresión clara na música de Krallice, a falta de progresión... cansoume de sobremaneira.
Diotima é 70 minutos insulsos de Black Metal abstracto e que non se sabe a onde vai, para proba, oír Litany of Regrets, pero enteira eh? que ten unha parte superinteresante no minuto 12.
Outros Black-USA, algo máis avantgarde, pero... 2/10

Ghost Brigade - Until Fear No Longer Defines Us (2011)
Depressive Rock/Doom
Official
Desde Jyväskylä, un pequeno pobo no centro de Finlandia, no 2007 surxiron das cenizas dun grupo de Stoner Metal chamado Sunride, os Ghost Brigade. A partir de dous discos de boa calidade, o grupo finlandés empezou a ser coñecido e incluso a facer xiras por Europa adiante (ata chegaron ó Vagos!). Eu coñecinos naquel segundo disco, Isolation Songs, un bo disco que lindaba varios xéneros dunha forma bastante eficaz. Algo parecido pasa con este terceiro, Until Fear No Longer Defines Us, que volve a acoller influencias do Stoner-Sludge, o Doom-Death e o Rock Depresivo, facendo unha mezcla propia, ainda que non de todo orixinal. Así, podemos observar unha primixenia influencia de Katatonia (que tal vez non era tan palpable nos anteriores traballos ou pareceumo a mín?), sobre todo no sonido das guitarras e líneas vocales limpias dos últimos discos dos suecos, que misturan con éxito co Doom-Death típico finlandés de bandas coma Swallow the Sun ou Black Sun Aeon.
O resultado, como digo, non é o máis orixinal, porque por partes poden sonar a un ou outro grupo, ainda que Ghost Brigade consigan cohesionalo todo dentro do seu mundo. Sería inxusto, por outro lado, decir que éste é un mal disco, porque vese escrito con coidado, conxuntado perfectamente entre partes lentas-acústicas e duras-growls, e interpretado dunha forma moi profesional -de sonido aforro decir que é tremendo, coma case sempre cando se trata de Finlandia- pero, aparte de que non me acaba de gustar o sonido Sludge, noteille algo en falta... será que o deje de Paradise Lost a veces váiselles un pouco hacia o Nickelbackismo??
Gustoume máis o anterior.PD: Soulcarvers non se parece algo de máis a Beyond The Realms of Death?
Ben feito, pero non notable. 6/10


Spirit Disease - Retaliation (2011)
Thrash/Death
Myspace
Sen ter nin idea de estilo ou procedencia, me encamiñei, coma moitas veces, a a escoitar este disco dos descoñecidos Spirit Disease. O primeiro que pensei foi que me tiña un aire moi a Death sueco, concretamente a unha banda coma At The Gates, pionera e influínte aínda a día de hoxe onde as haxa. O segundo é que me tiña unha pegada "thrashy", sobre todo nun par de temas, a outros que sacaron un gran disco este ano, Witheria. E re-bingo! Parece ser que Spirit Disease tomaron ese nome do tema/album "Terminal Spirit Disease" dos suecos (nin me dera cuenta XD), o cal xa mostra unha querencia innegable polos de Tomas Lindberg. E ademáis parece que entre as súas filas contan co guitarra habitual dos finlandeses de Witheria. Yeh!
Pois o que vos vades encontrar en Retaliation penso que o intuiríades moi ben polo párrafo anterior, Deathrash da vella escola con puntos Grind e Groove, inspiradísimos en At The Gates, cun bastante bon sonido e que cumple o obxectivo de entreter a todos os amantes dos suecos que se viron frustrados (coma mín) co que fixeron posteriormente en The Haunted.
Tributo á altura. 7/10

Enlace
Megadeth - Th1rt3en (2011)
Heavy/Thrash Metal
Myspace
Album nº13, Th1rt3en, 13 temas, trece, trece, trece... que sí... xa o pillei!
O que non pillei foi que conseguiran facer algo tan redondo no respecto á música que contén Th1rt3een, porque este novo álbum dos de Mustaine podería ser o máis frouxo compositivamente que lles oín en anos.
Megadeth parecían recobrados logo dunha temporada regulera que lles durou ata ben entrados os 2000, pero tanto United Abominations coma Endgame foron uns álbumes decentes que os trouxeron de volta (sen ser tampouco do mellor que fixeran). Penso que gracias a eses dous últimos álbumes os fans estaban convencidos de que Mustaine recobrara o gusto compositivo, a caña e a agresividade que faltaba desde había tempo, e que farían un bo disco co número 13, pero... non sei a eles, pero a mín fíxome resoplar máis dunha vez.
Th1rt3en é a volta a aqueles discos con menos agresividade na tónica xeral, menos Thrashers e máis Heavies, nos que salvabas un tercio de temas e o resto quedaban de recheo pola súa falta de pegada, de riffs traballados -moitos parecen unha versión peor doutros xa feitos por eles- e fieros solos, de baterías rápidas, e, en xeral de temas memorables.
A sensación que me deu ó oír este último de Megadeth é que non se esforzaron moito en facer cancións, nin sequera se esforzaron en poñer unha orde no CD, e todo sona insulso, incluso a voz de Mustaine (pero bueno, hai que ter en conta que este home pasa dos 50 e tivo a súa época mala. Ainda así...)
Megadeth van velloucos. 4/10


Jack Starr's Burning Starr - Land of the Dead (2011)
Heavy Metal
Myspace
Ainda que relativamente descoñecido, Jack Starr é un prolífico guitarrista americano que militou nas filas de Virgin Steele nos seus primeiros discos a principios dos 80. Actualmente traballa nun doble proxecto : Jack Starr e Jack Starr's Burning Star XD
Parece que no primeiro sólo está él de membro fixo, e este segundo xa é algo máis tipo "banda" (pero digo eu que lle quedaría mellor chamarse sólo "Burning Star"... ou como moito "Burning Starr" XD)
En todo caso, despois dun parón nos 90 e parte dos 2000, este Land of the Dead é o seu sexto álbum, e primeiro que teño constancia de oír. O estilo é un Heavy Metal moi tradicional, que linda co Power Metal americano, pero que en calquera caso mantén o punto base nas guitarras (como manda o feito de ter un guitarrista de jefe). Riffs, punteos e solos manteñense firmes protagonistas neste disco de Heavy máis clásico e teñen certo parentesco con Virgin Steele e Manowar, así coma as líneas vocales.
Na miña opinión, a excepción de 2 ou 3 temas, o disco adolece de chicha, hai cancións especialmente ñoñas, e solos un pouco "soltos" que non aportan demasiado e que ademáis non son unha maravilla, pero parecen introducidos "porque yo lo digo". O cantante realmente faino ben, pero tamén se vé a veces un pouco noutra dimensión, supoño que tamén será cousa da producción, algo fulera tendo en conta a experiencia da banda.
O disco contén ademáis a participación de 3 ex-Manowar: os guitarras David Shankle e Ross The Boss nalgúns temas, e Rhino coma membro fixo.
Land of the Dead. 3/10

Iron Saviour - The Landing (2011)
Power Metal
Myspace
Non sei se os tempos pasados nos que Piet Sielck foi ingeniero de sonido e corista dos álbumes noventeros de Blind Guardian e Gamma Ray (os mellores para un servidor, dito sexa) lle influeu tanto á hora de compoñer coma á de cantar, porque os discos de Iron Saviour teñen un pouco de cada unha das bandas, pero a voz de Sielck parece o eslabón entre Kürsch e Hansen! Facía tempo que non oía a Iron Saviour e asombreime de novo.
Como decía, facía tempo que non oía a Iron Saviour, penso que haberá coma 7 ou 8 anos (salvo o outro mes que iba no Ford Ka e me atopei cunha cinta de casette con temas do seu primeiro \m/). Se non me interesou moito máis a banda era porque me empezou a parecer máis do mesmo e aburreume logo de 2 ou 3 discos. Pode que esa razón de que había moito que non os oíra fixo que realmente desfrutara de The Landing, que estilísticamente non se aparta un milímetro do que recordaba deles, pero que contén unhas cuantas boas cancións con gancho. Desde logo está moito mellor que calquera cousa de Gamma Ray da última década (con Blind Guardian xa non poido comparar, porque nos seus últimos traballos apartanse bastante daquel Speed Metal alemán).
The Landing non é un disco orixinal, pero conten todo aquelo que os jevimetaleiros de sempre gustan: temas rápidos e épicos, estribillos pegadizos, temas-himno, riffs potentes, e temas directos de batería-baixo-guitarra sen moito adorno. Eso sí, algo de innovación sería refrescante.
Heavy Metal Never Dies. 7/10


Virrasztók - Memento Mori! (2011)
Folk Dark Metal
Myspace
Hai un tempo preguntábame a mín mesmo: ¿cál é o factor clave para que un disco/grupo me guste? A resposta atopeina mentres lía un artículo doutra cousa totalmente diferente: un dos aspectos importantes para que unha obra sexa obxecto de deleite é a capacidade de causar sorpresa no espectador. Desde que recapacitei sobre eso, funme dando conta da gran verdade que encerra tal simple reflexión, ainda que o "shock" non sempre ten por qué ser positivo, pero cando menos un xa aparta a impresión de predecibilidade, hastío e a sensación de que o autor non traballou creativamente suficiente e se basa excesivamente na invención doutro, o cal crea un efecto no espectador experimentado contraproducente e de desconfianza.
A qué vén toda esta filosofía barata? XD A que cando oín o disco dos húngaros Virrasztók, foi un enamoramento desde os primeiros sonidos electrónicos de "Szigeti Veszedelem" que derivan nun riff bastante Heavy, posteriormente acompañado por unha voz masculina áspera pero sen chegar ó growl (algo así coma moitos grupos de Folk Metal alemán do estilo de In Extremo) e que deriva nun bon puente-estribillo moi melódico con carga folk liderada por voz femenina. Desde ese momento intuín que non estaba a punto de oír calquera cousa. A mezcla destes húngaros, que demostran ter valor para, tendo coma base un Heavy Metal bastante pesado, mezclar elementos do Thrash, do Industrial, do Folk Metal étnico no que aparte dunha voz feminina que fai a maioría de estribillos hai zanfona, e todo esto envolto por acompañamentos clásicos/sinfónicos e electrónicos. E o caso é que todo queda tremendamente ben e cohesionado, a pesar da súa inicial imposible catalogación (ollo, que no Metal Archives chámanlles "Psychedelic Folk Metal").
A mín, este gusto pola experimentación recordoume a outros compatriotas seus que sacaran outro discazo hai 3 anos, os Damned Spirits' Dance. Algo pasa nese país que non ocorre en España.
Sorpresa Folk-Industrial do 2011. 9/10

2 comentarios:

Grilo do Demo dijo...

¡Jajajajaja síííí es tal cual! He haaaad enoooough, couldn't take any mooooore :D

El de Krallice me encanta cómo empieza, promete mucho, pero luego sí que se hace cansino, lo empecé varias veces pero sólo lo acabé la primera, creo...

enlil dijo...

Chamoume a atención despois ó chequear o que se decía do disco de Ghost Brigade, que ninguén falaba de Judas Priest! Desde a primeira escoita dixen: dió! Beyond The Realms of Death! XDDD