lunes, diciembre 03, 2012

Microreviews Novembro'12 - Os Demáis

Alogia - Priče O Snovima (2012)
Hard Rock / Progressive Rock
Oficial
De Serbia, o certo é que poucas bandas hai que coñeza, están Abonos, tamén o descubrimento do 2010, Bane, e unha que estou oíndo estes días chamado Sangre Eterna...
Alogia semella ser un clásico do seu panorama Metal, ainda que a etiqueta que rezaba no lugar no que o descubrín de "Progressive Power Metal" é un engañabobos, xa que a parte Metal non está por ningures en Priče O Snovima. Sen embargo, segundo o pouco que lín da historia de Alogia, sí parece que un día fixeron aquel estilo, ou alomenos algo máis cerca que neste último disco, no cal encontraremos un Rock bastante accesible sen demasiada chispa. Sí que hai resquicios de progresividade que os acercan máis ben a un AOR que nos pode facer recordar a Journey ou Asia con sonido moderno, pero hai momentos peligrosos máis cercanos a un Pop-Rock lineal e intranscendente que non me dixo nada.
¿A palabra "puta" significa algo en serbio? Porque a cada cacho estaba oíndoos decilo XD 2/10


Faith Or Fear - Titanium (2012)
Thrash Metal
Oficial
Tema: Titanium
23 anos pasaron desde que estes descoñecidos norteamericanos Faith Or Fear lanzaran o seu disco debut, que realmente non debeu conseguir chegar ás masas demasiado, vendo que a banda quedouse un pouco no limbo. De feito, estivo desfeita desde o 91 ata o 2008.
Con este Titanium, os estadounidenses pretenden voltar á actualidade pode que pensando que o revival de Thrash na escena metálica os pode axudar. Así, este álbum móstranos un Thrash Metal con toques Heavies e algún arreglo proggy, pero tamén con certo aire grunge (ou é a miña imaxinación? existe o Thrash Grunge-Metal?). Non sei moi ben cómo definir o estilo de Faith Or Fear, pero sei que a mín non me gustou moito. Non vou decir que Titanium sexa un mal álbum en xeral, tendo partes mellores e peores, pero simplemente a mín non me convence. Influencias... diría que Pantera, Anthrax nos 90 ou Corrosion of Conformity. 3/10

Wyruz - Fire At Will (2012)
Thrash Metal
Facebook
Tema: Album teaser
Procedentes de Noruega, e con dez anos de historia, Wyruz saca o seu álbum debut ainda este ano. Cun sonido moi potente, e con certamente boas ideas, estes noruegos conseguen facer un disco de Thrash que combina tanto influencias añejas coma modernas. Fire At Will é corto pero suficientemente intenso, e penso que vai a mellor segundo pasan os minutos, con moi bos temas coma "The General", "Psychiatric Ward" ou a que dá título ó álbum "Fire At Will". O malo é que nun comezo a mín non me conseguiron chamar demasiado a atención, con cancións que non están mal, pero que non sobresalen demasiado. A mín recordoume a uns Xentrix con certo toque Melodeath. 6/10

Fatal Force - Unholy Rites (2012)
Hard Rock / Melodic Power Metal
Oficial
Tema: Unholy Rites
Segundo álbum destes daneses, que fixeran o seu disco debut hai xa 6 anos coa participación do gran Mats Levén á voz. Pasado un tempo de silencio, volven coa incorporación doutro grande como é Michael Vescera, todo un seguro na parte vocal.
O estilo deste Unholy Rites non é algo novedoso, ainda que cumple. Hard Rock ben feito con tintes de Heavy Metal con teclados ambientales pode recordar ó outro gran proxecto de Torben Enevoldsen, Fate, pero tal vez Fatal Force sexan un grupo de tempo máis lento, supoñendo esto en principio un estilo máis apacible, pero non por elo menos cañero. Unhas cuantas boas cancións, moi boa execución técnica con bos riffs e solos que nunca colapsan ó cantante (yngwiehmhem) e producción clara e impecable fan un álbum que se oe ben a pesar de que o medio-lento tempo demasiado imperante poida supoñer algún momento de cansancio. Un chisco máis de cambios nese aspecto e teríamos un gran CD. 6/10

Algol - Complex Shapes (2012)
Power Metal / Melodeath
Oficial
Tema: Complex Shapes
Vidos desde Italia, Algol era ata hoxe un grupo descoñecido para mín, e probablemente o volva a ser se os encontro nun futuro, posto que dudo que neste segundo disco o que ofrecen é un Melodeath con moita melodía bastante visto.
Por veces máis Power Metal que outra cousa, podería definir a Algol coma unha unión duns Skyfire sen a velocidade deles, uns Blackguard sen o toque folk, Dark Tranquillity sen o factor innovación e Scar Symmetry sen o toque prog. Entón qué temos? Un disco mediocre de Melodeath moi "melo" ou se o queremos ver doutra forma, Power Metal extremo, no que non encontraremos demasiados momentos memorables, salvo cando introducen a voz de tía en "Gorgon", un dos poucos momentos nos que levantei a cabeza para decir "eih!". Penso que deberían profundizar nese terreno. Ainda así, non poido decir que sexa un desastre tampouco, hai partes decentes, pero simplemente xa as teño moi vistas a estas alturas. 3/10


Syn Ze Sase Tri - Sub Semnul Lupului (2012)
Symphonic Black Metal
Oficial
Tema: Sub Semnul Lupului
Contando cun ex-membro de Negura Bunget, os Syn Ze Sase Tri son unha banda rumana que mezcla diferentes xéneros dentro dun Black Metal melódico dunha forma cohesionada e interesante. Neste segundo álbum, Sub Semnul Lupului, veremos elementos folk, épicos e incluso avantgarde no que parece unha base formada por influencias claras de Dimmu Borgir e Borknagar. De primeiras, a mín sóname moi ben esta descripción, ademáis nótaselles hagallas á hora de encarar o lado máis experimental, cousa que conseguen tirando máis hacia o final con temas tan extraños pero envolventes coma "In Pintecul Pamintului", unha canción de auténtico Black Metal acústico! (bastante mellor feito que aquel disco de Ajattara).
Non me atrevería a decir que é o disco de Black do ano, porque hai algún tema que non me gustou demasiado, pero en líneas xerales, véxolles moito potencial para sacar cousas interesantes nun futuro. 7/10

Nordvrede - Legion Nordvrede (2012)
Black Metal
Oficial
Tema: Fanfare
Black Metal moi ortodoxo e moi "maluto" é o que nos ofrecen os noruegos Nordvrede no seu segundo álbum. Pouquísimas concesións á melodía, moito blasting, habitual tremolo picking e sonido moi "trve" fan deste un disco de Raw Black Metal do montón, do que pouco se pode extraer que non oiramos xa noutros compactos dos centos de bandas que teñen como máxima inspiración aos primeiros Darkthrone e a Gorgoroth. Black elitista e mediocre no seu máximo expoñente noutra banda máis sen estilo propio nin ganas de telo. 2/10

  
Morian - Ashen Empire (2012)
Alternative Metal / Gothic Rock
Oficial
Tema: Darkplay
Outro álbum que me enganou un pouco pola definición de "Gothic Metal / Melodic Metal" foi éste dos finlandeses Morian. Vendo a procedencia e o estilo, dalgunha forma esperábame uns Amorphis ou Sentenced, pero nada máis lonxe, bueno, quizáis sí pode haber algo destes últimos, pero dunha forma moi sutil, xa que Morian fan un Rock duro que está entre o Rock alternativo americano de Seether e o Heavy-Rock patrio de Entwine (que por certo, Aksu Hanttu, de citado grupo é o enxeneiro de sonido do disco). Non estou metido demasiado nestes estilos, así que é probable que por unha razón relacionada, este CD de Morian me pasase bastante inadvertido, ainda que teño que admitir que o grupo inténtao, sobre todo cunha gran voz que lidera os temas de forma absoluta, e con coidados arreglos de sintetizador que dependendo da canción son máis épicos-sinfónicos ou electrónicos. Penso que para os fans do Metal Alternativo pode ser un disco interesante, pero eu non pertenezco a ese colectivo. 5/10

Disharmonic - Carmini Mortis (2012)
Black / Doom Metal
Oficial
Tema: Livor Mortis
Se escoitara este disco hai uns anos, probablemente lle poñería unha mala nota, é máis, probablemente non pasara da segunda canción. A verdade é que o sonido ou incluso a execución non axuda demasiado a coller ben de primeiras a Disharmonic, por eso me propuxen oír Carmini Mortis dun xeito diferente a como o faigo normalmente. E así é como propoñería darlle unha oportunidade a Disharmonic, que basa o seu potencial en recrear atmósferas ocultistas e de terror, por medio de música opresiva, ritual e escura. Únicamente unha vez que te liberas mentalmente do sentido musical máis técnico, podes disfrutar da ambientación lóbrega de Disharmonic, que en certo sentido me recordou a algúns grupos noventeros do estilo dos Diabolos Rising máis rituales, ou os seus compatriotas Opera IX e Mortuary Drape.
Quizáis o máis negativo sexa que a veces parece que se perdan de tempo, coma se fixeran dunha tacada toda a grabación, erros incluídos, e tamén que a duración é excesiva.
Eso sí, todos os que disfruten de produccións limpias, que rehuyan. Esto é underground 100% e apto para audiencias minoritarias. 5/10

Zombiekrig - Den Vänstra Stigen Ljus (2012)
Blackened Thrash Metal
Oficial
Zombiekrig son unha banda sueca de recente creación que saca este ano o seu segundo traballo. O estilo non é nin máis nin menos que Thrash Metal con voz rasgada, supoño que seguindo os pasos de compatriotas seus coma Witchery, ou cun pouco máis de distancia, duns Sodom ou Destroyer 666. O que pasa é que a estes Zombiekrig véselles ainda un pouco verdes no asunto, sobre todo porque cando oín Den Vänstra Stigen Ljus sempre me parei mentalmente nos mesmos puntos do disco nos que a miña cabeza decía: "Metallica... And Justice for All ou Ride the Lightning? / Megadeth... Killing is my business? / Ministry... "Just One Fix"... Skid Row, "Slave to the Grind"... Sodom.. Agent Orange?...". Penso que o que quero decir está claro; certos riffs en diferentes temas xa os tiña oídos, ainda que fora dun xeito algo diferente (sólo faltaría que fosen clavados XD), ademáis de que o álbum se vai facendo costa arriba a medida que acaba, con máis abundancia de medios tempos e peores cancións. Ainda que creo que a banda tén tamén os seus pros, supoño que haberá que mirarlles a progresión no próximo. 5/10

Candlemass - Psalms for the Dead (2012)
Doom Metal
Oficial
Tema: Prophet
Xa son moitos anos e moitos discos no haber de Candlemass, e, ainda que eso non se notou no anterior -e xenial para un servidor- Death Magic Doom, sí que se nota neste recente e dicen que último da carreira dos suecos. A pesar de empezar realmente ben, con "Prophet" e "The Sound Of Dying Demons" o disco desinflase por partes posteriormente. A inclusión dun elemento coma o órgano Hammond non fai que as composicións melloren, e temas coma "The Lights Of There", "Siren Song" ou a totalmente Blacksabbathiana "The Killing Of The Sun" mostran uns Candlemass repetitivos, coma envellecidos e cansados. Tampouco poido decir que é un disco horrible, estes doomers saben facer boas cousas incluso cando non están demasiado inspirados, pero desde logo non é a mellor despedida que lle poidan brindar ós fans. 5/10

The Deadstation - Episode 01 Like Peering Into The Deepest Ocean Abyss (2012)
Progressive Metal
Oficial
The Deadstation é unha das sorpresas salidas de norteamérica este ano en canto a Metal Progresivo. Episode 01 é o seu álbum debut, un traballo conceptual de tan sólo 7 temas e pouco menos de 30 minutos (esto sería máis ben un EP?), e está masterizado por Jens Bogren, que xa participou en traballos de Devin Townsend, Symphony X, LaBrie ou Opeth, polo que o sonido é pro 100%.
Certamente cando un oe a The Deadstation venlle á cabeza a Dream Theater, Ayreon ou Devin Townsend, ainda que a banda coa que eu os emparentaría máis serían Leprous, pola súa xuventude e ganas de levar a terrenos propios o Metal Progresivo. Tal vez non sexan tan experimentales coma o último de Leprous e se deixen guiar por unha ambientación máis espacial ou futurista máis propia de Arjen Lucassen, pero o que fan fano moi ben e dunha forma máis ou menos orixinal.
O peor que lle vexo a este episodio 1 é a corta duración do propio, pero tómomo coma unha toma de contacto inicial interesante. 8/10
PD: O disco está a libre disposición na súa páxina.

Vorkreist - Sigil Whore Christ (2012)
Black Metal
Provintes da extensa movida francesa de Black Metal, os Vorkreist levan xa máis de unha década de existencia e catro LPs con este Sigil Whore Christ. Lamentablemente, os seus anteriores traballos non supuxeron que estes blackers se deran a conocer demasiado no ámbito internacional. A mín polo menos sólo me sonaban de nome. E este novo disco non creo que tampouco os relance, posto que, a pesar de estar ben tocado, con un sonido bastante decente, máis grueso que a media de bandas blackers, e algún riff interesante, o seu Black con toques Death  non deixa de ser en xeral, homoxéneo e visto. Hai algunhas ideas interesantes, pero vense perdidas no medio de temas que supoñen certo tedio. 4/10

No hay comentarios: