jueves, diciembre 06, 2012

Microreviews Decembro'12 - I

Korpiklaani - Manala (2012)
Folk Metal
Oficial
Con bastantes reservas me oín o novo de Korpiklaani, xa que baixo a miña opinión os últimos discos non eran demasiado bos, e os finlandeses emperrábanse en seguir sacando case disco por ano para a miña desesperación e a doutros antigos fans deles. 
Para éste novo tardaron un pouco máis do habitual, concretamente 1 ano e medio :) e para él decidiron darlle un pequeno cambio ó grupo, fichando a un reputado violinista, Tuomas Rounakari debido á marcha de Jaakko Hittavainen. Penso que a incorporación deste violinista veulle moi ben a Korpiklaani, xa que non se limita a tocar melodías xa refritas, senón que se convirte en instrumento con vida propia dentro da banda, facendo acompañamentos diferentes ó que viñan sendo os habituales e incluso tendo espacio propio no que Tuomas se luce. Parece incrible que con tan sólo este cambio, os Korpiklaani xa sonen máis orgánicos que nos seus últimos traballos, pero ah... onde hai calidade, haina.
O álbum é o suficientemente variado como para manter a atención do oínte, alomenos ata máis da metade do CD (para mín xa é un logro); temos as típicas cancións cortas pero pegadizas de Korpiklaani, coma a inicial "Kunnia", "Rauta" ou "Ruumiinmultaa", un par de instrumentales "Husky-Sledge" e "Dolorous", que eu non deixaría unidas, unhas cuantas na media da banda, e para finalizar, un par que tiran hacia un medio tempo lento que parecen ser do gusto da banda, ainda que eu considero auténticamente peñazos: "Metsälle" empeza e acaba así, e "Sumussa Hämärän Aamun" continúa a densidade con riffs case Stoner, no que é un pouco acertado final de álbum para un servidor. De feito, en xeral penso que os cortes poderían estar mellor ordenados...
Ah! e olvidábame do auténtico despropósito de versión de "Leva's Polka"... horrible!
Non creo que Manala conteña temas mellores que os dos primeiros discos, pero sí tal vez mellor arreglados en canto a violín. Quén sabe cómo sonarían aqueles 3-4 primeiros se este Tuomas Rounakari estivera neles!
Mellorar os anteriores non era complicado, o complicado é alcanzar ós seus primeiros. 5/10


Icethrone - See You In Valhall (2012)
Melodic Death
Facebook
Tema: Red Giant Slayer
Recordo ter feita a microreview do traballo debut de Icethrone hai un par de anos, e recordo que fora o primeiro carolo que puxera, con esto xa o digo todo con respecto a qué me parecía a música destes italianos. Pero penso que máis dun se lles tivo que queixar do amateur que sonaba todo e do malillas que eran as súas composicións. Tal vez quixeron sacar algo sen madurar primeiro a súa execución e valorar a súa calidade...
Ben, logo de dous anos, teño que dicir que o cambio de logotipo -vaia cambio! se agora parece que toquen Primitive Black Metal XD- e o paso do tempo non lles inspirou demasiado. Seguen a facer algo así coma Amon Amarth empastelado e sen gracia, con moita menos garra e forza, e con algúns teclados atmosféricos de vez en cando.
Os temas siguen a ser bastante malos, lineales e aburridos, a labor de interpretación dos instrumentos tampouco é unha maravilla -sobre todo palpable nos solos-, a voz é mediocre, e o acento italiano ainda lle resta máis puntos e o sonido é tamén un pouco fulero para ser un segundo disco deste estilo, o cal precisa de máis agresividade rítmica e distorsión. Parece que grabaran o CD debaixo dunha tina de auga.  
O mellor, o tema final, "Farewell", unha bonita canción feita con sólo guitarras acústicas. 1/10
PD: A mín recordáronme moito a certo grupo de Vigo, pero mellor non digo o nome XD

Alcest - Les voyages de l'âme (2012)
Depressive Rock / Post Rock
Oficial
Tema: Les Voyages De L'Âme 
Alcest ben pode ser unha das bandas que máis medraron dentro do Metal no último lustro. Recordo perfectamente o seu debut, o gran Souvenirs d'un Autre Monde, e recordo tamén cómo fixo que o seu nome aparecera de repente por todas as webs coma un dos mellores debuts de 2007.
A cabeza detrás desa obra, Neige, pronto se empezou a facer conocido nas esferas do Black Metal atmosférico e pronto surxiron dous proxectos con él no medio que recibiron moi boas críticas: Lantlôs e Amesoeurs. E incluso como moitas veces sucede no país de orixe dunha banda que despunta, surxiron outras bandas que tentaron imitar ou alomenos saír á escena internacional por efecto arrastre cun sonido similar. Eso só o poden facer uns poucos grupos.
Pasaron 5 anos desde aquel sombrío e melancólico álbum, ó que sucedeu un bastante bo Écailles de Lune, e agora presentan Les Voyages de L'âme, un paso máis na evolución de Alcest que xa se vía vir no anterior. Esto é; o Black Metal -como eu o entendo- pouco a pouco foi desaparecendo en pos de moitísima máis atmósfera onírica. Guitarras acústicas, teclados ambientales e voz limpia inundan este novo álbum, que se acerca máis a uns últimos Katatonia, pero incluso máis lentos e atmosféricos. Segue a haber tremolo picking que se combina moi ben coas melodías largas, tristes e limpias dunha voz que se funde entre clean guitars e a suavidade de apacibles notas dun teclado sinfónico...
...ata parece que os temas se van fusionando... pero eu a esto chamaríalle máis ben Rock depresivo ou Post Rock que Black.
Era un paso previsible vendo o seu último traballo con Lantlôs, que vai nunha onda similar ainda que menos eléctrica que Les Voyages de L'âme, segundo recordo. E, serei un metalero de pro, pero a mín fíxoseme case tan cansino un coma o outro. Todo é demasiado bonito, melancólico e fundido. Non hai riffs de guitarra, sólo acordes de limpia e tremolos, e non hai prácticamente rasgados, só líneas vocales moi largas e similares que derivaron en ocasionales pérdidas de atención.
Tampouco poido decir que sexa un mal álbum, ademáis Alcest ten un estilo propio e sempre o valoro moi positivamente, pero a mín este novo disco cáusame somnolencia e non me chegou a conmover tanto como esperaba nun principio. 5/10

Swallow the Sun - Emerald Forest and the Blackbird (2012)
Melodeath / Doom Metal
A miña relación con estes finlandeses é extraña. A veces incluso non sei se me gustan ou no, supoño que todo dependerá do momento e da canción. Algo así me sucedeu con este novo Emerald Forest... que en primeira instancia desestimei case de raíz, e que progresivamente coas escoitas me foi entrando algo mellor, eso sí, hai temas que seguen sen parecerme á altura do que un día fixeron. 
Primeiramente, hei de dicir que son dos fans antigos de Swallow, daqueles que nos quedamos no máis puro Death/Doom de The Morning Never Came e Ghost Of Loss. No meu parecer, os finlandeses foron caendo nun terreno máis melódico a medida que iban ganando recoñecemento internacional. É curioso que moitas bandas que empezan desde un punto máis propiamente Doom evolucionen dunha maneira tan similar, moitas veces soterrando o estilo propio da banda e facéndoos máis "normales". Esta evolución fixo que Hope e New Moon me resultaran no seu día bastante pouco apreciables. Eso sí, sen negarlles a calidade, pero a mín simplemente non me dín tanto, é coma se fixeran de Swallow The Sun outro grupo máis que intenta parecerse a Katatonia desde un punto de partida máis extremo (que xustamente é a evolución deles, salvo que sen referente sonoro... parece incrible o nivel de influencia que conseguiron Katatonia, por certo).
Con Emerald Forest pasoume algo parecido ó que me pasou cos dous anteriores; non creo que éste sexa o mellor material que os de Jyväskylä fixeran ou poidan facer. Nótase unha certa maior experimentación e amplitude de miras con respecto ó que eu me acordaba deles, tendo moitas máis seccións de guitarras acústicas e voz en limpio, pero tamén hai partes que non me esperaría dun grupo de Doom -coma a canción absolutamente blackmetalera-sinfónica "Hate, Lead The Way"- pero unha expansión hacia outros xéneros non ten que ver cunha boa composición. Os temas máis Death/Doom son inferiores ós que fixeron hai 10 anos, e os temas máis Katatonia-Opethianos non son mellores que os desas bandas. Ademáis, -ainda que como digo, coas escoitas me foi entrando mellor-, sigo pensando que se fai largo, e eso nun disco do que me gustaron razonablemente sólo 3-4 temas de 10 e o resto vai indo cos seus máis e seus menos... non me dá moitos ánimos de poñerme máis veces nun futuro con él.
Máis accesibilidade nalgunhas cousas, máis amplitude de xéneros, menos pegada. 6/10

Ribspreader - Kult of the Pneumatic Killrod (And a Collection of Ribs) (2012)
Death Metal
Myspace
Tema: Flesh Psycho
Ribspreader son unha desas bandas pertencentes ó que se podería denominar "segunda ola de Death sueco". É dicir, aquelas bandas que empezaron a funcionar a finales dos noventa e que teñen os precedentes e raíces no traballo das nacidas a principios dos 90 coma Entombed, At The Gates, Grave, Dark Tranquillity, In Flames, Edge of Sanity, Dismember, Hypocrisy e todas as que xa sabemos.
As bandas desta segunda ola non tiveron o nivel de éxito e grado de influencia das primeiras, e penso que é debido á comodidade de simplemente "recoller e reproducir" de moitas. É por eso que non creo que grupos coma Aeon, Paganizer, Souldrainer, The Duskfall, Avatar, Hearse, Within Y ou os mesmos Scar Symmetry deixen tanta pegada coma o fixeron todos os seus antecesores. De feito non creo que sexa unha opinión, senón máis ben un feito.
E algo así ocorre con Ribspreader, un grupo de Death Metal sueco clásico, que non se desenvolve mal dentro do seu e que non incurre en prácticamente ningún experimento que os separe dos míticos Grave-Entombed-Dismember. Polo que está bastante claro o que temos: Death Metal a medio tempo, bastante "groovie", algunha influencia Thrash e con sonido tamén fiel ó que foi a vella escola dos 90.
Non poido decir que esteña mal, pero tampouco me dín nada novo que non oíra xa, polo que seguramente pasará pola miña memoria igual de inadvertido que pasaron os outros 4 discos destes nórdicos. 5/10
PD: como conmemoración do seu décimo aniversario, o disco vén coma unha edición especial, no que, aparte do seu novo traballo, atoparemos demos, EPs e os seus dous primeiros álbumes. 

2 comentarios:

RMS dijo...

Bien, de acuerdo con el de Swallow, cuanto mas avanzan menos pegada tienen, pero sin negar nunca la calidad. Yo del disco salve tres canciones tan solo, el resto es "masdelomismo". Y ahora que hablamos de grupos death/doom, escuchaste el ultimo de Saturnus?
Pero en cuanto Alcest, he de decir que ese disco me gusto bastante, y por tanto le habria dado un par de puntos mas... (aunque tambien estoy contigo en cuanto a que de black poco queda).

enlil dijo...

Ah de Saturnus vín que o poñían moi ben por ahí, pronto me hei de poñer con él :P
Uf co de Alcest... a mín xa non me toca a fibra, non vou decir que esteña mal, pero eu non son un gran fan do depressive rock :/
(perdón a tardanza en responder, que estiven de puente sin internet :D)