Voices of Destiny -
Power Dive (2012)
Symphonic Power Metal / Metalcore
Parece mentira. Cando oín o disco debut de Voices of Destiny, From The Ashes, hai un par de anos, pensei que ese podía ser un principio interesante para estes germanos, pero cando me puxen o seu segundo deste ano, Power Dive, caéuseme un pouco a alma ós pés. O que eu lles recordo é que eran Power con voz feminina, pero con trazas de Melodeath e incluso algúns guturales polo medio. Agora esto tornouse nun tedioso aborto do que un día foi. Así de claro. Os guturales viráronse ó peor do Metalcore, non me gustaron un carallo, a voz da rapaza sona moi mal, a veces incluso fóra de tono? e o máis importante para un servidor, as composicións son penosamente aburridas. ¿¿Pero cómo poden empezar o disco cunha canción tan coñazo coma "Power Drive"?? Xa é toda unha declaración de intencións, eso sí, pero é que... vaia tema máis desganao e sin sangre!
O que temos máis adiante é un disco bastante pouco consistente, no que o batiburrillo de ideas en principio non sona mal no papel. Non, nin sequera a inclusión de elementos do Metalcore; se está ben feito e mezclado non tería por qué ser un elemento negativo per sé, pero á hora de montar todo, hai fallos en cada unha das influencias que queren introducir. Unha das decepcións deste 2012.
Non me gustou. Nada. 2/10
Gothic Pop Rock Metal
Oficial
Tema: We can not Fly So High
The
World I've Lost é o cuarto traballo desta banda rusa cuia portada me
transmitía as miñas dudas sobre o que estaba a punto de oír...
Dark Princess fan unha especie de Pop-Rock pseudogótico con trazas de Metal. Porqué pseudogótico? pois porque a diferencia das moitas bandas que salen intentando ser os próximos grandes do saturado xénero que algún amigo meu clasificou coma "Chocho Metal" XD, estes rusos danlle pouco uso a arreglos escuros e sinfónicos, utilizando a modo de background a veces piano ou a veces teclados. Pero desde logo non os utilizan de forma protagonista, xa que este aspecto está absolutamente adquirido pola voz da cantante, que ten moi bo rexistro, todo sexa dito, e en determinados cortes comparte espacio cunha masculina bastante normaliña. Os temas están bastante ben arreglados, a pesar de ser totalmente pensados no modo Pop-Rock single. É dicir, estructuras simples, sin comederos de cabeza e directos ó estribillo. Ata hai punteos interesantes e algún riff chulo, ainda que quede un pouco testimonial en certas ocasións, xa que cando a rapaza empeza a cantar acapara bastante protagonismo. Non quero dicir que esto sexa malo, é un estilo de música respetable e Dark Princess non o fan mal. Tal vez a parte negativa na que podería ahondar é a simpleza, certas cancións un pouco vacías, e que en xeral, non aportan nada novo ó que outras bandas do estilo fixeron.
Dark Princess fan unha especie de Pop-Rock pseudogótico con trazas de Metal. Porqué pseudogótico? pois porque a diferencia das moitas bandas que salen intentando ser os próximos grandes do saturado xénero que algún amigo meu clasificou coma "Chocho Metal" XD, estes rusos danlle pouco uso a arreglos escuros e sinfónicos, utilizando a modo de background a veces piano ou a veces teclados. Pero desde logo non os utilizan de forma protagonista, xa que este aspecto está absolutamente adquirido pola voz da cantante, que ten moi bo rexistro, todo sexa dito, e en determinados cortes comparte espacio cunha masculina bastante normaliña. Os temas están bastante ben arreglados, a pesar de ser totalmente pensados no modo Pop-Rock single. É dicir, estructuras simples, sin comederos de cabeza e directos ó estribillo. Ata hai punteos interesantes e algún riff chulo, ainda que quede un pouco testimonial en certas ocasións, xa que cando a rapaza empeza a cantar acapara bastante protagonismo. Non quero dicir que esto sexa malo, é un estilo de música respetable e Dark Princess non o fan mal. Tal vez a parte negativa na que podería ahondar é a simpleza, certas cancións un pouco vacías, e que en xeral, non aportan nada novo ó que outras bandas do estilo fixeron.
Similitudes? o último de Delain, algo de Evanescence, algo de Lacuna Coil, algo de Him, algo de Rock alternativo americano, e algo dos seus compatriotas desaparecidos Forgive Me Not, cuios membros parece que compuxeron o primeiro álbum de Dark Princess...
No seu estilo, audibles. 6/10
Azaghal - Nemesis (2012)
Black Metal
Tema: Nemesis
Máis de 10 anos de traballo converteron a Azaghal en todo un referente do Black Metal satanista en Finlandia xunto con Impaled Nazarene, Satanic Warmaster, Beherit, Horna, Barathrum ou Sargeist.
Seguro que me deixo algún outro famosillo no mundo underground, pero
con nomes coma eses, e discos coma os que levan feito, xa basta para
decir que o Black Metal finlandés dos 90 e 2000 deu moi bos traballos.
Azaghal
é un deses grupos que é un valor seguro para todo blacker ávido de
Metal agresivo, con blasting, moito tremolo picking, e gran atmósfera e
producción. Temas estes dous últimos ós cales Azaghal manexa á
perfección e que lle dá a este álbum ese "algo" para ser superior ó
resto de lanzamentos de Black que me vou encontrando. E é que realmente
no que é orixinalidade e innovación, os finlandeses non se esforzan moito
-ainda que algunha voz limpia meteron, xa non lembro se o facían nos
anteriores, pero non me sona-, saben onde está o seu nicho de mercado e
saben que o que lle mellor lles sale é algo blasfemo, rápido, escuro, e con certos
toques melancólicos "made in Suomi".
Hai uns cuantos cortes que
sobresalen, sen querer decir que o resto sexan malos nin moito menos,
tal vez sí un pouco máis estándares, diría eu. Eses cortes que me
afilaron as uñas son sen duda o tema-título "Nemesis", cun riff Épico,
"In Deathlike Silence", 120% Dissection (unha das miñas debilidades) e
"The Pit of Shoggoths", un tema bastante bo e diferente dentro do disco.
Black Sólido e ben feito. 8/10
Aldaaron - Suprême Silence (2012)Black Metal
Tema: Supreme Silence
Despois
do seu fantástico debut Nous Reviendrons Immortels, os franceses volven
á carga dous anos despois con Suprême Silence, un disco que segue a
línea continuísta daquel primeiro, pero que por algunha razón non deixa o
mesmo feeling de estar tan traballado. E eso que nel hai grandes riffs
coma o que dá inicio a "Renegat" logo dunha intro de guitarra acústica
un pouco estirada, ou coma os que compoñen ó longo tema-título. Pero é coma se
puxeran toda a carne no asador no primeiro disco e este fora un pouco
coma unha continuación feita con présa.
Os patróns seguen a ser
os mesmos, unindo moitísimo tremolo picking que desborda influencia
escandinava en melodías frías e cortantes, con outras máis melancólicas,
axudadas por algúns interludios acústicos. A batería está en case
constante blastbeat, salvo nas ocasións nas que fai un medio tempo, pero
cun doble pedal disparadísimo. O sonido está ben, creo que é parecido ó
do anterior, polo que o que non me acaba de convencer é a composición;
por veces os temas parecen estirados de máis, tanto tremolo fai que
parezca que as cancións sexan demasiado parecidas, aparte de que en líneas xerais non me
enganchou tanto coma o anterior.
Veremos en qué dán, pero Suprême Silence non deixa de ser un disco máis de Black que non dí moito. 5/10
Vision Divine - Destination Set to Nowhere (2012)
Progressive Metal
Oficial
Tema: Mermaids From Their Moons
O
proxecto de Olaf Thorsen e Fabio Lione parece que continuou vivo logo
da miña última aproximación á banda con Vision Divine, do 99, e Send Me
An Angel do 2002!! Así que desde hai 10 anos non sabía nada salvo que
Lione se fora e que o volveran fichar, e con sorpresa me atopo que me
perdín catro discos ata chegar a este Destination Set To Nowhere! Polo que
este é o séptimo traballo desta banda que empezou coma un proxecto,
pero que con todos estes lanzamentos xa alcanza un estatus superior e máis formal.
A
materia a tratar neste novo álbum dos italianos é futurista, algo así
coma un viaxe cósmico para salvar á raza humana, polo que lín, o que me recorda
ós proxectos de Arjen Lucassen Star One ou Ayreon, e tamén
hai as súas similitudes no aspecto musical, ainda que non utilicen
samples electrónicos coma o holandés e sexan bastante máis "clásicos" no
sentido máis prog-power. É dicir, en lugar desa experimentación máis
"tecnolóxica" -que igual lle queda mellor ó tópico a tratar-, Vision Divine
usan teclados, pianos e efectos máis vistos no mundo do Progresivo. De
feito, eu diría que todo neste novo álbum está bastante visto no mundo
do Progresivo, cousa ésta que me fixo aburrirme en varios momentos e
deixar de prestarlle atención para facer outras cousas cada vez que o puxen. Penso que o
sonido está moi ben, as interpretacións tamén, e incluso algunha canción
tamén, pero o tono xeral pareceume coma a media marcha exceptuando
cortes coma "Mermaids From Their Moons" ou "The House Of The Angels", os auténticamente sobresalientes dentro do CD. O resto... psé.
Un concepto de grandes proporcións que se queda en residual. 5/10
2 comentarios:
Buena descripcion la de Voices of Destiny xDXDXDXDXD un poco comedida, pero buena al fin y al cabo XDXDXDXD
jajaj uf ese álbum incluso me deixou enfadado, nótase cando escribín a microreview XDDD
Publicar un comentario