viernes, septiembre 14, 2012

Microreviews Agosto'12 - Os demáis

Naglfar - Teras (2012)
Black Metal
Oficial
Tema: Come, Perdition
Naglfar son uns míticos blackers suecos de escola noventera que debutaran por aló do 95 cun moi bo álbum chamado Vittra. Álbum que co transcurso de sucesivos traballos foi quedando coma "o álbum" de Naglfar para un servidor, xa que, a pesar de non ser tampouco malos en sí, nin Diabolical, Sheol, Pariah ou Harvest (que ainda contiña un par de temazos) resultaban discos dignos de mención. De feito todos se parecen bastante entre si, tanto en sonoridade coma na súa escasa permanencia máis aló da memoria a corto plazo. E algo así sucede con Teras, que segue os pasos dos seus predecesores e que mostra pouco novo dentro do universo de Naglfar.
O disco ábrese como lle recordo á banda nos últimos CDs; dunha forma potente e interesante, cunha intro e "Pale Horse" captando a atención do oínte, que se disipa irremediablemente co devenir de acontecementos: unha sucesión de temas cada cal máis estándar que fan que gradualmente perdas o feeling creado ó principio.
Que hacia o final Naglfar coloque dous dos mellores cortes do CD, "Come Perdition" e "InvocHate" non amaña nada, porque para esa o oínte probablemente xa ha de estar un tanto hastiado da media hora anterior.
En fin, outro disco máis de Naglfar que non dice moito e que pasará sen pena nin gloria. 5/10

Waning - The Human Condition (2012)
Black Metal
Facebook
Tema: Beneath a Septic Sun
Se poidera clasificar nalgún estilo o segundo álbum destes suecos, sin duda sería poñéndoos ó lado do primeiro de Ihsahn ou o último de Emperor. Esto é, Black Metal con doses de tranquilidade dadas por guitarras en limpio, baterías jazzies, e progresións complicadas que se unen á crudeza dun Black Metal interesante e ben feito. The Human Condition é unha mezcla de sentimentos extraña, que vai desde unha calma turbia ata a frialdade depresiva, na que os elementos de Post-Black Metal parecen aflorar sobre o tradicionalismo escandivano. Na voz parece que esteña unha mezcla entre Ihsahn e Abbath, e o sonido é realmente bo. Penso que se éste fora o novo de Ihsahn en lugar de Eremita, do que comento xusto abaixo, os fans estaríanse comendo a cabeza se cál é o mellor disco do Ex-Emperor: o The Adversary ou éste. Lamentablemente, hai algo que me dice que Waning seguiranse quedando moi por debaixo en popularidade ó lado do noruego despois deste par de discos sacados por cada un deles.
Life is life. 7/10

Ihsahn - Eremita (2012)
Extreme Progressive Metal
Oficial
Tema: Something out there
Despois de tres discos aclamados masivamente pola crítica coma The Adversary, Angl e After, Eremita é o cuarto álbum do noruego Ihsahn en solitario. Un traballo que profundiza máis aínda na experimentación e no lado progresivo do ex-Emperor, e no que conta con colaboracións estelares coma Devin Townsend, Mikael Akerfeldt, Jeff Loomis e o retorno do saxofonista Jorgen Munkeby, que participa en varios temas, materia ésta que non me fai especial gracia.
Ben, en principio todo esto sona atractivo (salvo polo do saxo), coma en anteriores ocasións, pero a mín finalmente o único traballo que me chamou algo a atención se o comparo cos outros de Ihsahn, foi The Adversary. Pode que tivera máis rollo escuro e sentimento blacker que estes últimos, que se me fan parecidamente pesados.
Sei que a maioría de fans de Ihsahn, que hai moitos, basta con ver as excelentes críticas que obtivo no Vagos 2011 cando a mín ese mesmo concerto me pareceu un señor tostón excepto cando tocou "Thus Spake the Nightspirit", se me botarán enriba e me argumentarán a técnica, a producción, a mezcla de estilos e a dedicación posta neste Eremita. Non o discuto, pero a mín a música de Ihsahn non me entra tan ben como me gustaría e como en principio pensaría que o faría vendo a heteroxeneidade da que fai gala. Supoño que é cuestión de gusto e pouco lle teño que facer, salvo apreciar a súa técnica e ganas de experimentar.
Nin me sorprende nin me atrapa para oílo repetidas veces. 5/10

Heaven Rain - Second Sun (2012)
Melodic Power Metal
Oficial
Tema: My Only One
Os bosnios Heaven Rain estrenan segundo disco e con él nova cantante. Ainda que conservan o mesmo xeito de compoñer que no disco debut, este cambio de vocalista masculino por feminino despistoume en primeira instancia, e realmente non sei se o grupo mellora co cambio. A nova cantante fai líneas moi parecidas ás do anterior, sensibles, melódicas e melancólicas, sen demasiada complicación nin forzamentos para alcanzar tonos altos. Tal e como é a música de Heaven Rain, un grupo que a primeira vista pode parecer un máis, pero que atesoura un lado emocional e de coidados arreglos, que é difícil de atopar na escena de Power Metal europea. Coma en Far and Forever, en Second Sun únense elementos de Hard'n Heavy, música clásica, New Age, Metal Progresivo e sinfónico ó inicial punto de partida de Power melódico. Unha forma de compoñer que me volve a ser interesante neste novo álbum, e que creo que fai de Heaven Rain unha banda mínimamente diferenciable. 7/10

Drudkh - Вічний Оберт Колеса (Eternal Turn of the Wheel) (2012)
Black Metal
Facebook
Tema: Nigth Woven of Snow, Winds and Grey-Haired Stars
Ainda que coñezo a Drudkh desde que un compañeiro de universidade me pasara algo deles xa hai bastantes anos, nunca lles pillei o punto. Pode que non estivera preparado daquela e hoxe os acollería algo mellor, xa que se labraron un nome ainda que sexa a nivel underground, e xa ten o seu mérito. Polo que desde ese punto, de terlles oído algo, pero sen que me chamara a atención hai moito tempo, me dispuxen a oír Eternal Turn of the Wheel, un disco que parece salir despois de que a banda dese un bandazo que os seus fans non perdonaron cun CD excesivamente Post-Black e recreativo coma era Handful of Stars (sería cousa da moda Post-Black shoegaze tan en boga últimamente?).
Con este último a banda retorna ó seu sonido habitual, un Black Metal máis clásico, con guitarras afiladas e no que comparten momentos máis doomies e depresivos con blastings e muros de guitarra acompañados por teclados atmosféricos en temas de duración larga, ainda que o álbum sexa excesivamente corto (36 minutos).
O caso é que a mín non me impresiona o máis mínimo. Pareceume un disco correcto, con sentimento frío e nihilista, pero nada especial que sobresalga entre outras moitas bandas. Tal vez me teña que poñer con algo anterior de novo? ainda que se sigue este patrón dudo que me entusiasme moito. 5/10

Enlace
Accept - Stalingrad (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Hung, Drawn And Quartered
Os alemanes voltan coa segunda entrega con Tornillo á voz, e fano dun xeito moi similar ó de Blood of the Nations; esto é, unha línea de gran Heavy Metal, con temas moi na línea clásica de Accept, á que hai varios guiños durante Stalingrad, pareceume ver. Por riffs viciantes coma a da inicial "Hung, Drawn And Quartered" ou "Hellfire" e estribillos e coros que pegan de primeiras coma o de "Flash To Bang Time", xa merece a pena darlle unha oída.
Hai altibaixos coma os había xa en Blood of the Nations, pero en xeral é un dos mellores discos de Heavy clásico que atoparemos neste 2012, cun Mark Tornillo que se está aclimatando perfectamente ó sonido tradicional con producción moderna de Accept.
Un dos grupos clásicos que mellor envellecen, sen duda. 7/10

Pandaemonium - The Last Prayer (2012)
Power Metal
Oficial
Tema: Two Spirits One Heart
Á banda italiana de Power Metal, Pandaemonium, chegueina a coñecer haberá máis de 10 anos co seu disco debut, And The Runes Begin To Pray, e recordo que non era nada doutro mundo, pero ainda se oía. Pode que o meu gusto daquela fora máis "caritativo" debido a que non había a mansalva de discos cos que me atopo hoxe gracias a internet. De feito, logo de poñer The Last Prayer, teño medo de decir que me gustou na súa época aquel disco debut XD A razón.. simple; The Last Prayer é un desa clase de discos que me oigo de vez en cando e que realmente me resultan difíciles de acabar. E tal vez non sexa porque as cancións sexan moi malas (que as hai, basta con oír un dos peores temas de Power que oín en tempo "Through the Winds"), senón porque o vocalista, sobre todo cando se vai ás notas agudas, sona exagerado a rabiar. Case a niveles gigatronescos. E o disco, digamos que non aporta demasiado á escena de Power-Speed Metal europeo; parece un daqueles moitos que salían a finales dos noventa de grupos españoles e italianos. Teclados de cabra, gritos moi moi moi épicos, riffs e melodías vocales moi trillados...
Un disco intemporalmente mediocre cun cantante difícil de soportar. 2/10

Pythia - The Serpent's Curse (2012)
Symphonic Power Metal
Oficial
Tema: Betray My Heart
Pythia é unha banda británica de Female Fronted Symphonic Power Metal (qué medo cada vez que escribo eso XD), que agora saca o seu segundo traballo logo de recoller estupendas críticas do primeiro, cuestión que se parece repetir con este The Serpent's Curse.
E bueno, como sempre me fío moito dos críticos... XD a verdade é que non me influíron para nada esas notas nin antes nin durante a audición deste CD para decir que non ten nada máis especial do que o teñen os franceses Whyzdom, os austríacos Edenbridge, Visions of Atlantis, Xandria ou os miles máis de clones que apareceron tralos primeiros traballos de Nightwish, After Forever e Within Temptation.
É o de sempre, con cousas boas por aquí, coma a máis frenética "Just a Lie", cousas reguleras por alí, coma que as líneas vocales parecen ir por unha dimensión paralela á música a veces, e maiormente mediocridade que se apoia nunha gran producción.
Polo demáis, típico e abusado Power con moita épica, arreglos orquestales neoclásicos e góticos e cantante femenina pseudosoprano que vale pa mirar. Este tipo de bandas non dán para moito máis. 5/10

Raubtier - Från Norrland Till Helvetets Port (2012)
Epic Industrial Metal
Oficial
Tema: Sverige Elit
A pesar de ter recibido malas críticas por unha parte da prensa musical, os suecos Raubtier chegaron ó puesto nº4 nas listas de ventas do seu país con este terceiro álbum. O carácter provocativo, nacional e guerrilleiro dos seus temas supoño que xogará ó seu favor.
En canto ó estilo, levan facendo o mesmo desde aquel Det Finns Bara Krig, que xa me parecera interesante cando saleu, a pesar de non ser algo tampouco moi creativo eso de tocar o estilo de Rammstein añadíndolle algúns teclados sinfónicos. Tal vez o malo que lles poido achacar sexa a linealidade entre os seus discos, pero bueno, mentres saquen temas tan pegadizos coma "Besten I Mig" ou épicos coma "Sverige Elit", pois cada disco destes suecos terá o seu par de gemas. Eso sí, o resto sona bastante parecido entre sí e entre outros temas antigos de Raubtier. Por eso supoño que me quedarei con aquel debut, porque no fondo os outros 2 discos deles son máis do mesmo. Esperemos que os futuros non o sexan (tanto). 5/10

Dezperadoz - Dead Man's Hand (2012)
Western Heavy-Rock / Southern Groove Metal
Myspace
Tema: Yippie Ya Yeah! (More Than One Good Reason)
O que fora proxecto de Tom Angelripper -o cal finalmente sólo participara no primeiro disco da banda- saca novo disco, o seu cuarto xa. E lastimosamente teño que decir que Dezperadoz é outro caso perdido a unir ó meu largo historial de bandas nas que perdín a fé. Xa o anterior non me gustara moito, e creo que este segue a mesma línea. O que empezara coma un novedosísimo Speed Metal inspirado nas películas do Oeste en The Dawn of Dying, e seguira coma Western Heavy Metal no grandioso The Legend and The Truth, convirteuse pouco a pouco nun Groove Metal con toques "grunge" e de Southern Rock (?) coa mesma temática de peli de vaqueros (que ó final é o máis interesante deste Dead Man's Hand).
A mín en certas partes recordoume a aquela tropa de bandas salidas a principios dos 90 que a MTV promocionou a dolor do tipo de Soundgarden, Alice in Chains e Pearl Jam (!). Ata poido escoitar a uns The Cult máis heavies... Tal vez un intento por acoller a novo público por parte de Dezperadoz... e non sei se será fructuoso, desde logo non en mín. Unha pena. 4/10

Cadaveria - Horror Metal (2012)
Melodic Black Doom Heavy Metal
Oficial
Tema: The Days of the After and Behind (Live)
Cando Cadaveria (cantante) saleu de Opera IX, decideu fragmentar o seu gusto en 2 bandas, unha que pretendía ser algo así coma a "comercial", facendo unha especie de Pop-Metal Industrial bastante lamentable -Dynabyte- e outra "metalera" na que xuntaría varios estilos que lle gustaban, aglutinando Doom, Gothic, Black, Heavy-Rock e Sinfónico... e que bautizaría co seu propio nome artístico.
Cando oíra The Shadows' Madame recordo pensar "o que moito abarca pouco apreta", porque toda esa conxunción estilística pinta moi ben sobre o papel, pero fai falta facer boas cancións! E eso pasa xustamente neste Horror Metal, un disco olvidable, no que non se salva nin a portada. Música insulsa, coma foi toda a historia de Cadaveria desde que deixou Opera IX. É duro decilo, pero... é o que hai. 3/10

Borknagar - Urd (2012)
Avantgarde Metal/Progressive Black
Oficial
Tema: The Earthling
O caso de Borknagar é moi particular baixo o meu punto de vista. Os noruegos practican un estilo tan identificable coma indefinible, tan difícil de asumir coma interesante. Na miña opinión son un grupo que teñen un estilo moi propio de facer as cousas, materia que valoro moi positivamente neste mundillo cheo de clones, pero que lamentablemente non me acaba de enganchar. Alomenos en ningún traballo desde Empiricism, probablemente a súa obra cumbre de 2001. Ó igual que nos anteriores a Urd: Epic, Origin e Universal, neste novo hai unha conxunción de diferentes estilos feito dunha forma vanguardista e mística, no que tanto te podes atopar con partes psicodélicas, coma con atmosféricas, épicas, máis duras, máis melódicas, con rasgados que acompañan á voz clara máis protagonista e que se desdobla entre Vintersorg e Vortex... Nos seus últimos discos parecen coma un paso máis aló na música Avantgarde Extrema do que foi Emperor a principios de década. Ademáis para Urd, como xa dixen, retoman a ICS Vortex nas voces e baixo, que estivera xa presente durante a época de máximo esplendor de Borknagar, entre o 97 e o 2003, todo un personaxe que podería aportar moito á banda logo das súas andanzas nos últimos dez anos. En principio e por todo esto, é a típica banda que me ten que gustar a narices. Pero esto non ocorre, os últimos discos fánseme pesados, e difícilmente poido sacar algo en claro cando os acabo de escoitar, e eso que disfruto certos temas por separado, pero en conxunto é outra leria. É unha banda que me gustaría que me gustara, pero que por algún motivo -sempre que digo esto supoño que falo de composición-, desde Empiricism non o fai. 5/10

Brendon Small - Brendon Small's Galaktikon (2012)
Groove / Alternative Heavy Metal
Oficial
Tema: On My Way
Primeiro álbum en solitario do creador de Dethklok, un álbum que parece conceptual e que tira dun sonido menos agresivo que a banda virtual. Empezando polas líneas vocales, nas que non hai rasgados, senón que Brendon canta con voz limpia dunha forma que ben podería ser á dunha banda de Rock Alternativo. De feito, nótase moita influencia do Rock Alternativo tamén na música, que se mezcla con elementos de Rock-Metal Progresivo e algún guiño máis duro que non sabería se definir coma Post-Heavy Metal ou Groove. Tal vez todo xunto. Así que, desta vez, Brendon Small quíxose desmarcar de Dethklok, ainda que eses punteos tan típicos ainda se poden oír de vez en cando en Galaktikon.
O malo é que Brendon Small non é Devin Townsend, personaxe que me ule lle pon bastante rucho, e o álbum adolece de interés e contundencia, parece coma un quero e non poido. Hacia a metade xa se empeza a facer largo, e cando acaba, a sensación é a de ter asistido a un CD moi mediocre. 3/10

Изморозь - Зигомёд (2012)
Folk Pagan Metal
Myspace
Tema: Упырь-град (Ghoul-town)
O novo álbum do proxecto paralelo dos míticos rusos Ashen Light, Izmoroz, é xa o sexto da banda, co cal penso que máis ca proxecto, ben podería ser chamado "grupo" con todas as súas implicacións.
O estilo de Izmoroz poderíao catalogar coma de "típico Pagan eslavo, levado dun xeito máis alocado". Aspecto éste último tremendamente positivo, porque hai tantos grupos facendo o clásico Pagan Metal eslavo, que ata lle estou collendo tirria XD Con esto de facelo dunha forma máis tola, quero decir que tanto te podes encontrar cun blasting, uns arreglos épicos, un coro frenético coma o que abre o disco, momentos máis relaxados... supoño que estes cambios tamén terán que ver coa temática humorística que lle imprimen vendo os títulos (eso é o que me dixo a miña amiga rusa Julia). É certo que segue sonando ó Pagan feito por esas terras, pero a mín consigue engancharme, e eso que este non é o seu mellor disco, aparte de que 35 minutos se me faigan cortos.
Para os non iniciados, recomendaríalles Избушка Бабушки Зомби do 2010.
Un dos mellores grupos actualmente desa saturada escena, de todos xeitos. 7/10

Gotthard - Firebirth (2012)
Hard Rock
Oficial
Tema: Starlight
A morte tras un accidente de tráfico do carismático cantante de Gotthard, Steve Lee, foi un duro pao para os suizos, pero repuxéronse coa incorporación de Nic Maeder para sacar este Firebirth. Realmente Nic non é un mal vocalista, pero tal vez carezca da personalidade de Steve, facendo de Gotthard un grupo máis de Hard Rock, que se acaba diferenciando con este Firebirth pouco de moitas outras bandas surxidas desde hai 20 anos, principalmente en USA, ata hoxe. A selección de temas tampouco axuda a salir do montón, con moito riff trillado e versos xa oídos. A mín realmente me pareceu aburrido, coma un establecimiento na comfortabilidade creativa sen complicarse moito a vida, e non sei qué pensarán os fans da banda, pero estou seguro que opinarán coma mín que este CD desde logo non é o mellor que sacaran. 5/10

3 comentarios:

Grilo do Demo dijo...

Antes de que se me olvide, te saltaste un disco de Ihsahn, el After, que salió en el 2010, creo. Este es el cuarto ya. Pero el tercero se parece más al cuarto que al segundo, o sea que no sé si te molará.

enlil dijo...

Pos sí, salteime un na cuenta que me debeu pasar moi desapercibido. Xa non me gustara demasiado o Angl, así que é probable que a ese After non lle dera moitas oportunidades vendo o pao que seguía. Pero xa verás que rápido o amaño.

enlil dijo...

De feito, pensándoo un pouco, creo que confundín Angl con After cando o escribín XD, e o que oín foi After, pero non Angl :D