Progressive Metal
Myspace
Extraño concepto o que manexaron estes norteamericanos para o seu terceiro disco, un traballo conceptual que aborda os conflictos dun home atrapado entre o mundo real e un mundo de.. conexos (espera que igual me veñen os da academia), digooo coellos. Estará emparentado co conto de Alicia?... é posible xa que a penúltima canción leva por título xustamente "Alice".
Para levar a cabo tan singular empresa, Vangough toca un Metal Progresivo que emparenta perfectamente co lado máis emotivo de Dream Theater, e sobre todo Pain of Salvation. Ainda que as dúas influencias son palpables en todo o disco, coma moitos outros dentro dese estilo, hei de dicir que por levar a Vangough a unha segunda definición, podería catalogalos coma unha mistura entre uns Leprous, Conception e Avalanch que lles deu por oír a King Crimson unha tempada (por certo vaia morralla que está sacando Avalanch nos últimos anos, incluído o último e decepcionante -porque lle oíra o tema-título e estaba ben-, Malefic Time Apocalypse) .
Realmente me levou tempo adentrarme en Kingdom of Ruin, máis de 6 escoitas, ainda que non vos preocupedes, non son masoca XD A cuestión é que cada vez que o oía víalle cousas boas, moita riqueza instrumental, melódica e gusto musical amplio, pero tal vez a súa extremada duración era a causante de que me provocara cansancio auditivo cara ó final tódalas veces que o reproducía.
Por mín, quitaríalle un par de temas, pero supoño que Vangough quixeron manter o hilo conceptual ata as súas últimas consecuencias, alongándoo o necesario. Polo resto é un álbum bastante ben composto, que estou seguro que gustará ós fans das bandas mencionadas e do Metal melódico en xeral.
Alicia e o seu co
Jungle Rot - Kill on Command (2011)
Death Metal
Myspace
Penso que a estes americanos os oíra fai tempo, pero debéronme causar unha sensación parecida á que tiven despois de oír Kill on Command, xa que éste me pareceu un disco do máis xenérico e mediocre. Dentro da música de Jungle Rot, son claras as influencias do Old School, e incluso algo de Crossover-Thrash, pero sobre todo encontrámonos cun Groove-Death con moito medio tempo, algún que outro breakdown, e aposta por unha línea da que difícilmente se desmarcan. Esto probablemente fora a principal causa de que me deixara certo cansancio logo de cada escoita, posto que todo o disco segue un patrón moi fixo, no que difícilmente se poderán escoller temas mellores ca outros, porque eses riffs gruesos e graves, apoiados por un baixo potente, acaban sonando prácticamente idénticos de canción a canción.
Lín unha crítica por ahí que os comparaban con Bolt Thrower, e sí, polo que recordo (fai décadas que non oigo a Bolt Thrower XD) o estilo é parecido, pero no apartado compositivo queda un treito me parece a mín.
Dull on Command. 3/10
Mythological Cold Towers - Immemorial (2011)
Doom Metal
Myspace
Cando me encontrei con éste álbum, viña precedido de numerosas críticas positivas nas que algunha o poñía incluso coma o mellor álbum de Doom do 2011. Ben, primeiramente vamos a desentrañar qué tipo de Doom fan estes brasileiros; Mythological Cold Towers, grupo do que sólo me sonaba o nome, practica agora (parece que tiveron varios cambios estilísticos) un Doom pesado, con ambientación tenebrosa e lúgubre que é levada sobre todo polos afligidos e lentos punteos de guitarras profundas e os guturales de Samej. De fondo hai teclados continuos pero que pasan desapercibidos, xa que a única función que teñen é a de dar ambientación. No tocante á composición, nótase un gusto polo Doom dos noventa, Doom denso e apesadumbrado con influencia do Doom-épico e o Death coma o fixeron no seu tempo os britanicos My Dying Bride, Paradise Lost ou Anathema.
Ata ahí todo ben, o caso é que quen queira comparar Mythological Cold Towers con esa tríada debería de medirse un pouco, xa que as influencias están claras, pero compositivamente, encontrámonos cun álbum tan lineal coma o pode ser o de Jungle Rot. A maioría dos temas corren a un tempo similar, a voz é lúgubre, pero monótona, e, salvo algunha cousa perdida, Immemorial converteuse en música ambiental desde a segunda canción, na que a atención se me dirixiu paseniñamente hacia outras cousas. De vez en cando prestáballe atención, e decíame: "hey esta parte está ben", pero volvía a abstraerme ó pouco tempo.
Polo que, non creo que sexa un mal álbum, de feito foi crecendo en mín a medida que lle dín escoitas, pero penso que os hai -e sobre todo houbo- mellores.
Para os que lles guste o Doom denso, funeral e atmosférico. Pode que eu non sexa o maior fan dese xénero, así que os que o sexan, non vos fiedes da miña nota. 5/10
Sinner - One Bullet Left (2011)
Hard'n Heavy
Myspace
Novo disco de Sinner, e van... pff moitos, pero eso sí, parece seguir coa mesma costumbre de facer Heavy tradicional con moita adición de Hard Rock. Sendo sincero, non me acordo da última vez que oíra algo deste home en solitario, incluso pode que fora fai pouco, pero no recordo desde logo non me quedou.
Neste novo pode que Sinner se planteara "un cambio", porque un servidor se pensaba que se trataría dun disco moito máis "pesado" e "rápido", e resultou que neste caso Sinner tirou cara atrás dos 80 para rememorar a un mítico coma Thin Lizzy. É un xiro inesperado, pero a cuestión é que case con cada tema deste One Bullet Left o recordo de Phil Lynott vaise acrecentando, ata o punto de que se nos olvidamos de que estamos oíndo ó de Primal Fear, pensaremos que alguén rescatou temas inéditos de Lynott, xa que hai máis que un deje en temas coma "Back on Trail", "Mend to be Broken", "Atomic Playboys" (que é coma se fixeran unha doble versión partindo da de Steve Stevens e añadíndolle algo de Cold Sweat XD... ou realmente Atomic Playboys tamén bebía tanto de Thin Lizzy? XD)...
Con esto non quero decir que sexa un álbum malo, One Bullet Left é un disco decente, ainda que esteña tan influenciado polo fallecido e que nas súa "re-versión" dese clásico do Rock non lle gane -pero é que tiña temazos-. Ignoro se os actuales Thin Lizzy (que parece que veñen a Santiago dentro de pouco) seguen a facer novos discos, pero deberían de chamar a Matt para que lles compuxera algo, vese que lle gustou os vinilos antigos que redescubreu na súa fonoteca antes de compoñer One Bullet Left.
Polo demáis encontramos influencias de Whitesnake, Dokken, Gotthard,... que supoño que ós fans máis clásicos entusiasmará, a mín... nin fu nin fa.
Thin Sinner, an unexpected journey. 6/10
High Spirits - Another Night (2011)
Hard'n Heavy
Myspace
As pretensións destes High Spirits non se pode decir que sexan a innovación na música nin romper moldes, senón que a eles o que lles vai é rockear sen complexos. Non son moi asiduo a este tipo de bandas porque xa as "vivín" demasiado hai anos, pero de vez en cando sale algunha que realmente fai que empeces a mover a cabeza inconscientemente, e éste pode ser o caso de High Spirits.
O máis chocante que lín cando empecei a ler info sobre a banda é que a formou un ex-Nachtmystium chamado Chris Black, que parece que tamén toca noutros grupos coma Dawnbringer, Pharaoh e Superchrist, tamén de temática Heavy e desconocidos para mín. Pero bueno, a cousa é que de Nachtmystium a esto hai un treito! XD
Volvendo co autoproducido Another Night, atopámonos cun Hard Rock que tira hacia o Heavy Metal e incluso Speed por veces, feito dunha forma moi añeja que recordará á NWOBHM. Iron Maiden, Raven, Saxon,... nunha onda máis hardrockera poden vir á mente fácilmente con Another Night, un disco que se escoita de pé a pá se realmente eres un fan do Heavy Metal clásico... a pesar de que a voz e algunhas líneas vocales flaqueen... pero bueno... esperemos que melloren este aspecto no segundo
Another High Night. 7/10
Pegasus - The Epic Quest (2011)
Power Metal
Myspace
Estaba claro que cun nome coma Pegasus (outro máis á lista de centos a non escoller), éste grupo alemán farían algo similar a Power Metal. A portada de batallas e dragóns xa sólo confirmaba o inevitable, ainda que neste caso non resulte unha portaba chea de colores pastel e fulera coma era habitual fai unha década. O que non me esperaba para nada era que o disco resultase ser tan interesante.
Para comezar, diremos que non é un disco de Power épico á usanza desde que o apartado vocal corre a cargo de rasgados masculinos que se vén acompañados por voz feminina tal cual fan Kaisa e Tomi en Battlelore. Un detalle que lle dá certa frescura, pero que non sería demasiado importante se as cancións non se mantiveran por sí mesmas, cousa que Pegasus consegue rallando á altura dos mellores grupos de Power Metal.
A proposta destes alemanes é variada, con grandes melodías, que por veces están máis cerca do Folk, por outras as referencias a Rhapsody son palpables, e outras están bordeando o Heavy-Black melódico épico do tipo duns Stormlord. Definindo a Pegasus en poucas palabras, eu diría que se trata dunha versión máis Power e creativa de Battlelore, onde os teclados mandan, pero sen restarlle importancia ós riffs.
Como puntos negativos, a voz envolvente ala Liv Kristine da rapaza non me convenceu -menos mal que non acapara as cancións-, e a producción non é a mellor, pero os temas salvan o disco.
Como detalle a engadir, decir que ésta é unha reedición de MDD Records para o 2011, xa que The Epic Quest salira totalmente autofinanciado no 2006. Unha boa decisión a de relanzar este disco, que, ainda que o Power de dragóns e espadas xa non está de moda, segue sendo boa música independentemente do estilo (e díceo un que se saturou de tanta morralla que saleu hai anos).
PD: O inicio de "Dragons of Hope" é "Another Day in Paradise" de Phil Collins! XD
Os bos discos non teñen que ver coas modas. 8/10
Thorondir - Aus jenen Tagen (2011)
Viking Metal
Myspace
Segundo disco destes alemanes que claramente persiguen a moda de Folk-Viking-Pagan do último decenio, xa que aportan o xustiño en canto a innovación. Se alomenos chegaran a facer cancións que pegaran, pero nin eso. A fórmula que transformaron a grupos coma Ensiferum, Equilibrium ou Thyrfing en grandes, hoxe en día está máis que explotada e saturada, polo que realmente, Thorondir terían que facer creacións moi boas para que a estas alturas chamen a atención dos fans do xénero. Penso que cos grupos mencionados, aforraría facer unha descripción de Thorondir, xa que son coma unha mezcla barata dos primeiros discos deles, pero bueno, ahí vai:
Throrondir, grupo de viking metal de teclados standard e por veces algo cursis, composicións mediocres dun estilo xa visto moitas veces, con alternancia vocal entre black-rasgado, gutural e coros "épicos", de melodías guiadas por guitarras de temática folk-pagana que non enganchan co oínte medio -miña opinión-, e producción correcta.
Terán que facer algo máis creativo se realmente se queren facer sitio na escena europea...
Grupo de segunda ou terceira dentro do Viking-Pagan. 2/10
Praesepe - Vesperae (2011)
Progressive Death Metal
Myspace
Os descoñecidos polacos Praesepe son unha banda que practica un Metal Progresivo Extremo no que entremezclan elementos de diferentes xéneros, alternando pasaxes atmosféricos e casi cósmicos con Death-Black Metal. Unha mezcla interesante nun principio entre melodías consonantes e disonantes diseñada para captar diferentes sensacións no oínte, pero que resulta un tanto caótica na súa confección.
Vesperae está dividido en dúas partes. Na primeira, temos o que é realmente o disco, con 5 cancións largas exceptuando un interludio, e na segunda, as versións instrumentales das cancións largas. Non entendín moi ben esta decisión, porque parece ser que non son bonus tracks nin están noutro segundo CD. Ahí radíca un dos peros que lle atopei a Praesepe: temos realmente 38 minutos a disfrutar da hora e cuarto que prometía o disco.
No segundo, xa o comentaba antes; é indudable que Praesepe teñen boas ideas, certos riffs coma o final de "Fragrance Of Old" son bastante bos, pero están estructurados dunha forma caótica para mín. Pode que o feito de que nunca tivera a sensación de estar metido na súa música axudara.
E terceiro, a pesar dalgúns bos riffs, hai moitos máis que me pareceron mediocres, adxectivo ó que uniría o aspecto vocal, que ainda que cambiante pareceume frouxo e plano. Case me gustou máis a segunda parte que a primeira por culpa desto mesmo XD
Difícil, e baixo a miña opinión, olvidable. 3/10
Cage - Supremacy Of Evil (2011)
Heavy Metal
Myspace
Coma naquel demoledor Hell Destroyer, Cage volven a abrir un disco con cera de la buena, ainda que neste caso "Bloodsteel" augure medos que se confirman no resto do CD. O que quero decir (e mira que me expliquei mal XD) é que "Bloodsteel" é moi parecido a "Hell Destroyer" -canción-, e que se intuye que Supremacy Of Evil se acabará parecendo ó disco do 2007, que hei de decir que a pesar de gustarme nun principio, nunca máis o volvín a oír XD.
Así que o que Cage nos trae é a receta de sempre: Judas Priest levado ó Power-Thrash, cun Sean Peck que canta nuns rexistros que lle fan leal competencia a Halford e Owens liderando as cancións, tendo como soporte unha base bastante potente e intensa de Heavy-Speed Metal. Tal vez neste álbum, os americanos se decidiron por aderezar o seu estilo con algo do que non teño tanta constancia en anteriores traballos: hai unha influencia máis que destacable en moitos temas de LaRoque e King Diamond, tanto na parte solística e riffera coma nas voces e nalgúns coros. Foi algo sorprendente encontrarme con cortes coma "Annaliese Michel", que tiven que comprobar que non era realmente unha cover dalgún disco de Mercyful Fate.
Polo resto, Cage fan bastante ben o seu traballo, se non fora por un par de cousas: primeiro, a intensidade é demasiado alta durante todo o disco e esto repercute negativamente. Penso que o minutaxe andaría bastante mellor entre os 35 e os 45 minutos, coma en moitos discos de Thrash, en lugar da hora e pico. Se o fixeran así, escollendo os mellores cortes, o conxunto ganaría. E segundo, encontro á voz extremadamente protagonista; está un chisco alta na mezcla e hai demasiada letra XD Hai momentos nos que me gustaría atender ó riff ou ó punteo que se oe de fondo e realmente se hai que concentrar para pillalo.
Judas becomes Fate, pero nada especial. 6/10
Bak - Sculpture (2011)
Progressive Ethnic Rock/Metal
Myspace
Bak é unha banda da que me costou o seu encontrar información, de feito non sei se é o seu primeiro disco... se hai alguén coñecido entre os membros... e souben de casualidade que eran australianos, dito sexa, que me esperaba calquera outro país menos Australia, xa que o Metal de corte árabe e étnico que tocan está localizado lonxe da isla dos canguros. Pero bueno, xa se sabe que hoxe en día podemos encontrar de todo en calquera lugar, senón que nolo digan a nós, que atopamos bandas coma Impvreza en Francia mezclando Death con flamenco ou en Argentina a Tengwar intercalando partes de puro Folk Galaico dentro do seu Power...
Volvendo a Bak, Sculpture móstranos un Rock Progresivo que por veces se torna máis metalero, e que está completamente envolto nunha agradable manta de folk do Oriente Medio. Melodías ricas e con fundamento, variedade de recursos e un excelente gusto compositivo. A voz dominante é masculina e de corte melódico, recordoume a outros que sacaron un moi bo disco coma os Myrath, pero Bak non se cortan á hora de experimentar, e añádenlle nalgunhas cancións voces femeninas e incluso algún growl. A producción cumple ben ainda que non chega a ser a duns Orphaned Land, posto que as guitarras pídenme máis forza. Por certo, se sodes fans de Orphaned, deberíades darlle unha oída pero xa! Ainda así, a instrumentación tradicional étnica é de primeira, tanto polas ambientacións que recrean coma pola producción.
Un dos grandes descubrimentos do 2011, e sería unha pena que Sculpture pasara desapercibido. 10/10
No hay comentarios:
Publicar un comentario