Hard Rock / Glam Metal
Official
Volven os Gigatróns norteamericanos de Steel Panther, cun álbum de temática similar á do seu anterior "Feel The Steel" e que os relanzou comercialmente a nivel global a pesar de intentos que quedaron no olvido baixo o nome de Metal Shop/Metal Skool.
A fórmula segue sendo a mesma: Hard Rock ochentoso e americanoide, de gancho fácil e temática paródica sobre o mundo do Rock'n Roll, as groupies, sexo, drogas... Unha volta ós 80 con toda a súa implicación e con moito humor no que, como Gigatrón, persegue a sátira, sarcasmo e a desmitificación dun xénero esaxeradamente explotado e que rozaba xa o ridículo a finales dos 80.
Recordo que Gigatrón tivera moitas críticas en España, tal vez o noso conservadurismo e elitismo en canto a Rock non aceptara de bon grado que houbera un grupo que ridiculizara as conductas do "Rock Star" e do "Jevi hispano", pero parece que Steel Panther encaixaron moi ben tanto co anterior coma con éste novo incluso dentro deste país. Cousas que nunca se entenderán... bueno, algúns temos unhas lixeiras ideas de porqué pasa esto, de feito penso que está moi relacionado con que neste país a maioría das bandas que salgan sexan rip-offs de outras ochenteras ou as "modas" coma o Metalcore ou o Death Melódico empecen como 7 ou 8 anos máis tarde que no resto de Europa...
Volvendo con Steel Panther, o certo é que se un non se fixa nas letras, a súa música pasaría totalmente desapercibida entre os milleiros do Glam Rock de hai dúas décadas. Bon Jovi, Warrant, Mötley Crüe, Van Halen, Poison, Aerosmith, ... o certo é que houbo, e ainda hai con éste certo revival ochentero nestes anos recentes moitas bandas sonando parecido a Steel Panther, pero non moitas coas que te poidas pasar un bo rato oíndo as burradas que dicen.
Musicalmente, non me dixo moito, pero ainda mo pasei ben con eles, que supoño que será o seu obxectivo principal.
O revival de Spinal Tap. 6/10
Veña, un pouco de karaoke XD
If you really really really really love me
Then you really really really gotta show me
Don't whine when I put it in your booty
Or if I'm up all night playing Call of Duty
Never hassle me because I'm unemployed
If I sleep all day don't get annoyed
Then I'll know that you really really really really really really really love me
If you really really love me
If you really truly want to make me feel nice
Make it so I don't ever have to ask twice
Let me have the keys to your Mercedes
Don't get mad when I bring home some ladies
If I get fat and look like an egg
Lie to me, tell me I'm in great shape
Then I'll know that you really really really
Really really really love me
If you wonder what I did with the rent
Just consider it money well spent
I bought trunks and a new surfboard
So just go tell your dumb landlord
That you love me
You really really love me
If I have sex with your friend Melanie
Don't act like it's some kind of felony
It's not uncommon for this kind of infidelity
It happens to a lot of guys like Tiger Woods and me
Just be happy that I'm hung like a horse
And you get to ride the pony of course
'Cause I'm really really really really really really
Really really fond of you too
When you think it's really suckie girl
All your friends will say 'you lucky girl'
You got a man who's hot you say
All the girls wanna be with me
'Cause they love me
They really really love me
Yes they do
If you really really really really love me
You'd never make me hang out with your family
Your mum sucks and your dad really hates me
When I try to borrow money he berates me
So Molly thinks that I'm too old for you
'Cause you're 19 and I'm 52
He can't see that you really really really really really really love me
You really really really really really really really really love me
If you really really love me
Then you really really really gotta show me
Don't whine when I put it in your booty
Or if I'm up all night playing Call of Duty
Never hassle me because I'm unemployed
If I sleep all day don't get annoyed
Then I'll know that you really really really really really really really love me
If you really really love me
If you really truly want to make me feel nice
Make it so I don't ever have to ask twice
Let me have the keys to your Mercedes
Don't get mad when I bring home some ladies
If I get fat and look like an egg
Lie to me, tell me I'm in great shape
Then I'll know that you really really really
Really really really love me
If you wonder what I did with the rent
Just consider it money well spent
I bought trunks and a new surfboard
So just go tell your dumb landlord
That you love me
You really really love me
If I have sex with your friend Melanie
Don't act like it's some kind of felony
It's not uncommon for this kind of infidelity
It happens to a lot of guys like Tiger Woods and me
Just be happy that I'm hung like a horse
And you get to ride the pony of course
'Cause I'm really really really really really really
Really really fond of you too
When you think it's really suckie girl
All your friends will say 'you lucky girl'
You got a man who's hot you say
All the girls wanna be with me
'Cause they love me
They really really love me
Yes they do
If you really really really really love me
You'd never make me hang out with your family
Your mum sucks and your dad really hates me
When I try to borrow money he berates me
So Molly thinks that I'm too old for you
'Cause you're 19 and I'm 52
He can't see that you really really really really really really love me
You really really really really really really really really love me
If you really really love me
Heavy-Speed Metal
Myspace
Ah Anvil! Non fai moito que vín o documental sobre eles (que por certo, que a cousa tiña a súa manipulación para causar máis emotividade, non creades todo o que vexades XD), algo hilarante e bochornoso que te introducía na historia da banda canadiense. O certo é que desde pequeno o nome sempre me resultou familiar, pero non son consciente de ter oído nada deles... quizáis un vídeo do seu tema máis famoso, "Metal on Metal", pero nada máis ata fai relativamente pouco.
Sobre Juggernaut of Justice, a verdade é que, a pesar da pena que me deron na película, foi un disco que non me fixo excesiva gracia. Anvil, que non se moven ante modas nin tempos, seguen anclados no Heavy Tradicional ochentero, con partes máis "Speed" e certa influencia Motorheadesca. A pesar da diferente e delirante "Swing Thing", toda unha sorpresa positiva ó final do álbum, Juggernaut of Justice quédase nun mediocre intento de Heavy Metal no que non te quedas con prácticamente nada. Tal vez o tema-título, "When Hell Breaks Loose" e "Swing Thing" poderían sobresalir sobre o resto, pero non salvan a linealidade xeral.
The -same- story of Anvil. 5/10
Krisiun - The Great Execution (2011)
Death Metal
Myspace
Octavo disco da banda brasileira comandada polos irmáns Kolesne, grupo que logo de 20 anos de historia e numerosas xiras ó redor do mundo, se consolidou en primeira liña no competitivo e saturado mundo do Death Metal.
The Great Execution é un traballado álbum de Death da vella escola, con riffs machacantes e contundentes, fillos directos do que un día foron os inicios do Thrash e Death, con Slayer, Morbid Angel e os seus compatriotas Sepultura como referentes; de feito Krisiun podería ser perfectamente unha versión Death Metal deles. E tal vez ese sexa precisamente o punto fraco que sempre lle atopei a Krisiun. Fáltalles innovación, e, a pesar de facer un álbum relativamente variado, introducindo incluso algunha guitarra acústica ou facendo un par de cortes que chegan ós 8 minutos -probablemente os mellores do álbum-, a mín quedouseme a sensación de predicibilidade, e as 3 veces que o reproducín, tiven o mesmo feeling de desinterés pola metade. Non é a primeira vez que me pasa esto con Krisiun, polo que non me queda outra que admitir que é unha banda que non me cae en gracia a pesar de ser palpable a súa experiencia e profesionalidade.
Nada do outro mundo. 6/10
Christian Epidemic - Pusztítástan / Primordial Soul (2011)
Symphonic Black-Death Metal
Myspace
Cuarto disco desta banda húngara e primeiro do que teño constancia de escoitar. Parece ser que nos seus primeiros discos practicaban un estilo máis cercano ó Death Metal, ainda que co paso do tempo foron cambiando a algo máis propiamente Black. Podería decir que moitas partes deste Primordial Soul sí que teñen un aire Death old school, e quizáis ata Thrash, pero non atoparemos guturales nin un sonido propiamente Death. O medio tempo imperante en moitos dos temas sí que pode acentuar ese puntillo Groovie Death, e os teclados que se presentan nalgúns temas, o tremolo-picking e os rasgados e temática lírica inciden máis ben no Black Metal, polo que o conxunto resulta interesante a primeira vista. O malo é que o traballo creativo non é demasiado orixinal, e por temas resulta ata cansino. O sonido cumple e pouco máis, hai como certa sensación de que todo podería dar máis de sí, que podería ter sido moito máis brutal en xeral, porque tanto o estilo e certa épica riffera o pedía. Unha pena habendo un punto de partida interesante e boa materia prima, pero non pasará de ser outro grupo máis de Black-Death dos moitos que hai.
Primordialmente, pouco interesante. 5/10
Thromdarr - Electric Hellfire (2011)
Black-Death Metal
Myspace
Thromdarr é o proxecto paralelo dos membros do grupo de funeral doom finlandés Skepticism. Curioso que todos esteñan involucrados en Thromdarr, pero penso que tal vez lles tería sido mellor centrarse en Skepticism, que estivo a gañar certa fama underground dentro do Doom finlandés primeiro, cerca doutros grandes coma Spiritus Mortis ou Reverend Bizarre, e logo incluso do Doom europeo, xa que se embarcaron en xiras polo continente adiante e incluso Rusia.
E digo que lles sería mellor, porque dudo que con Thromdarr cheguen a alcanzar algunha repercusión internacional, xa que o seu Melodic Black-Death con toques Heavies e sinfónico, sona ben na teoría, pero na realidade faise algo monótono, e esencialmente é pouco creativo. A banda intenta salirse un pouco dos cánones do Black melódico, pero non chegan a sobresalir da mediocridade, básicamente porque os riffs e punteos non son do máis inspirados que eu oíra. Tal vez en algún momento o escarceo doomy dalgún tema me chamara a atención, pero sólo foron falsas alarmas.
Nin sequera en canto a sonido aprobaría a Thromdarr, cuias guitarras sonan por enriba -e non especialmente ben- da voz -que tampouco é para tirar cohetes-, e dos teclados, que poida que se deixaran premeditadamente nun plano secundario... pero...
O nome do disco prometía máis movemento... 3/10
The Konsortium - The Konsortium (2011)
Avantgarde Black Metal
Myspace
Un disco curioso o que se sacou da manga Teloch, máis conocido por participar como guitarra en directos de Satyricon, Gorgoroth ou 1349. O feeling que desprende poderíase definir coma misantrópico e ocultista, cun sonido moi Black, pero con coros limpios e intrincados riffs que dan unha sensación bastante apocalíptica. Se a eso lle sumamos un certo matiz de Black'n Roll, aquí temos un álbum debut máis ca interesante para todos os seguidores do Metal Extremo que gusten da frialdade e caos do Black noruego añadíndolle unha sensación de loucura nihilista.
El apocalipsis va a llegar... 7/10
The Project Hate MCMXCIX - Bleeding the New Apocalypse (Cum Victriciis In Manibus Armis) (2011)
Modern Progressive Melodeath
Myspace
The Project Hate MCMXCIX consígueno outra vez, incluso sendo o octavo álbum da banda en trece anos, os suecos comandados por Lord K. Philipson e baixo o estudio do experimentado Swanö logran compoñer un épico álbum á altura da súa carreira. A fórmula é a que estamos acostumbrados: largas cancións de Death Metal/Melodeath con ocasionales teclados "modernos" que acompañan máis que protagonizan, e interludios electrónicos/drum'n bass/ambient que lle aportan ó sonido da banda un toque personal e orixinal sen que quede nin forzado nin coma islas abandonadas. Neste novo disco contan coa axuda da cantante portuguesa Rubi Roque, añadindo un aire máis ca interesante e recordándome moito ó traballo de Agnete con Madder Mortem.
Hai pouco máis que decir, gran traballo instrumentístico, que é progresivo na súa xusta medida ainda que as cancións sexan dunha duración media de 10 minutos, pero que está tan ben composto e enlazado que fai que os temas se nos pasen volando e ó mesmo tempo se poidan disfrutar durante escoitas e escoitas sen cansancio.
Na línea da banda, pero a mín gustoume máis que o anterior. 8/10
The Wolves of Avalon - Carrion Crows Over Camlan (2011)
Pagan Metal
Myspace
Éste é o primeiro disco de The Wolves of Avalon, pero nin moito menos o primeiro dos fundadores, xa que non son outros que Metatron e Allan Davey de The Meads of Asphodel recuperando o sonido primixenio da banda de culto británica.
Así, The Wolves of Avalon intentan recrear unha atmósfera ocultista e medieval a través de composicións de apacible Black Metal con numerosa instrumentación folk, coma guitarras acústicas, teclados atmosféricos, un majo violín que consegue realmente transmitir cando aparece, e algunha flauta e gaita. As voces son básicamente os semi-rasgados de Metatron, ainda que de vez en cando introducen coros e ata unha voz feminina.
O sonido da guitarra non me acaba de convencer, pero penso que o principal fallo é que o que fan as guitarras en sí é o que menos me convence. Carrion Crows Over Camlan pareceume un álbum irregular, no que The Wolves of Avalon tanto te poden sorprender cunha xenial melodía folky de violín coma aburrirte con repetición de riffs mediocres. Non estará entre os meus favoritos deste ano...
Gorrión Crows Over Camlan. 6/10
Nightwish - Imaginaerum (2011)
Orchestral Power Metal
Myspace
O que sucedeu con Nightwish na última década foi algo harto extraño. Desde os últimos anos de Tarja no grupo, empezou a haber un fanatismo esaxerado, que posteriormente se divideu entre detractores-Nightwish/fans-Tarja e detractores-Tarja/fans-Nightwish; algo curioso para os que empezamos a seguir a banda desde os comezos e nos mantemos ó marxe de todo este circo...
...e coma en tódolos fenómenos "fan", hai moita cabeza atrofiada que deglutirían calquera merda que lles chegase dos seus ídolos. Sí, odio os fenómenos fan, e penso que gracias a eles, neste caso, pode que me volvera extremadamente crítico tanto con Tarja coma con Nightwish por separado, sendo un amante dos seus primeiros CDs xuntos... ou pode que no, porque que non me gustaran nada os discos de Tarja en solitario e me gustara na xusta medida o Dark Passion Play, véxoo normal dentro dos meus estándares, pero claro, o tolo non sabe que está tolo XD
Imaginaerum é o segundo disco con Anette á voz, e parece que sacarán unha peli ou algo así sobre él (ehem igual se lle está subindo o rol peliculero ó Tuomas un pouco, ou?). Para comezar, poido decir que poida que se trate do álbum máis arriscado dos finlandeses, posto que acolle máis experimentación entre estilos diferentes ó do power-sinfónico e boombástico típico de Nightwish. De feito podemos ver unha vertente folk-irlandesa da que xa se notaba o seu gusto anteriormente, en cancións coma "Last Ride of the Day", "I Want My Tears Back" (cunha gaita facendo a melodía principal que me recorda a algo xa feito no folk celta e cun estribillo que ten un deje a Over The Hills and Far Away mezclado con algún intento de Pop-Folk de Carlos Núñez), ambas cancións moi "single", ou a que rememora absolutamente a Blackmore's Night; "Turn Loose The Mermaids" (e que ten unha parte que me recorda a aquela "canción do oeste" no último de Ensiferum).
Logo temos os típicos momentos "boombásticos" made in Nighwish, que alcanzan un grado totalmente épico na última "Song of Myself" de máis de 13 minutos, ainda que para un servidor sexa un total corte de rollo que teña 7 minutos de personal falando sobre mileniarismo. Bueno, un corte de rollo e un final anticipado de disco, porque pasa unha vez e nunca máis, xa que a última que dá título ó álbum é un recopilatorio orquestal de todas as cancións a modo de "títulos de crédito". Bonito... para oír unha vez e basta.
Despois temos un par de instrumentales-orquestales, a "intro" e "arabesque", que dicen bastante pouco, un par de baladas: "The Crow, The Owl And The Dove", bastante inaguantable, e "Slow, Love, Slow", un tema experimental que parece tal cual unha canción dun pub dos 50 ou 60 con Anette subida encima dun piano e cantando sobre o sexy que é (...). É unha canción curiosa, definitivamente Nighwish quixeron introducir moitos elementos diferentes, e un nunca se esperaría atopar algo así nun álbum deles hai 10 anos. Unha lástima, porque queda absolutamente coma un pegote e é unha desas firmes candidatas para manter o dedo sobre o botón de "seguinte" para próximas escoitas.
Resumindo, non tiña postas moitas esperanzas en Nightwish desde hai tempo, e este álbum confírmanme que cada vez son un grupo que menos ten que ver cos meus gustos. Intentaron facer un collage de xéneros que non lles quedou demasiado ben. Pretenderon agradar ós seguidores do Pop-Metal, cos de Folk celta, cos de Danny Elfman/Hans Zimmer introducindo elementos doutros estilos, algo interesante en principio, e por veces dán no clavo, pero outras no. O traballo guitarrístico é prácticamente presencial, aportando pouquísimos riffs e máis ben acompañando a orquestacións e melodías vocales que por veces se pasan da raia do "easy-listening". Por non facer, Emppu non fai nin casi solos.
Por suposto no lado positivo, temos uns arreglos orquestales totalmente profesionales e peliculeros, unha Anette que empasta mellor que en DPP e unhas poucas cancións que sonan moi ben, pero a mín fíxoseme largo. De Hietala non fai falta decir que sempre está á altura, ainda que sexa nun disco mediocre (basta con oír un ó azar de Tarot sen contar co Suffer Our Pleasures XD). Polo resto, é un disco que promete moito, pero que se queda no camiño.
Haters gonna hate, fans gonna have fun. 5/10
To Cast a Shadow - In Memory Of (2011)
Gothic Doom Metal
Myspace
É impresionante o dalgúns grupos, os noruegos To Cast A Shadow, por exemplo, comezaron, segundo a Metallum, no ano 90 pero non sería ata o 2005 que lanzaron a primeira Demo! Estará mal?? Moi raro me parece a mín, porque mirando a foto, moi vellos non parecen...
En fin, In Memory Of é o segundo CD oficial da banda, que trata de facer un Gothic Doom de voz feminina que se alterna con algún growl e que, despois de escoitar a decenas de bandas seguidoras da moda de Female Fronted Power Metal ou "Chocho Metal", como lle chama un amigo, sorprende de oír nun grupo de "recente creación" -vamos, que non me creo que se montaran a banda hai 20 anos XD ten que ser unha errata-. E non é que a fórmula sexa novedosa precisamente, senón que máis ben é un subestilo que foi quedando en desuso coa aparición de clones dos últimos traballos de Epica, Nightwish, Evanescence e Within Temptation.
A cantante que leva prácticamente todo o peso lírico (e gracias, porque os poucos growls masculinos que hai son de risa) de To Cast A Shadow ten un aire moi parecido a Lisa Johansson (Ex-Draconian) e incluso o grupo tamén tende a ese Gothic Doom pesado e groovy, con moita melancolía e romanticismo dos suecos. Entre as influencias, penso que hai un claro gusto polo rollo gótico e doom noventero de bandas coma The Gathering, Paradise Lost, My Dying Bride, Theatre of Tragedy, os primeiros Within Temptation ou Dismal Euphony, grupo que de vez en cando me viña á mente ainda que foran máis "Blackers" e To Cast A Shadow sexa máis "Death".
A mín non me disgustou oír algo que me sonaba a "añejo" pero ó mesmo tempo actual e con cancións medianamente boas.
Gothic Metal sen pasteleos. 7/10
7 comentarios:
Jejejeje, The Konsortium, como dijo alguien en el foro "antes conocido como Mocedadum" XDD
El de Nightwish me gustó más que a ti, por lo que veo, aunque estoy de acuerdo con la mayoría de lo que dices. Es un poco como el de Turisas: mucho Disney, a unos nos gusta más y a otros menos. :D Aunque lo de siete minutos de hablar no sé a qué viene, ahí se les fue la pelota totalmente, porque por muy conceptual que sea, un disco es un disco; deja la literatura para el libreto, concho, como hacen otros, y tan felices. Cuentas tu historia y no le quitas a nadie las ganas de poner el disco.
Jajaj muy bueno o The Konsortium XD
O de Nightwish, non é que o vexa mal, pero é que me temo que me vai pasar exactamente igual que o Dark Passion Play, poñéndoo un par de veces e nunca máis, porque hai moitas cousas que non me gustan no medio de algunha que sí.
O dos case 7 minutos é de coña, quén -salvo fans incondicionales- queren oír un disco que acabe cun parole parole interminable e cun remix orquestado de todas as cancións? Que sí, é bonito, pero que o metan coma unha bonus track, unha rareza para o futuro ou non sei, a min non me cadra, e as veces que oín o disco pareino na mitad da larga.
Os diálogos e os créditos, para as películas! XD
Bueno, lo del tema-resumen se llama obertura y lleva usándose unos doscientos años, lo que pasa es que se suele -o eso creo- poner al principio. Los de Butterfly Temple hicieron lo mismo en el segundo disco, si no recuerdo mal, y montones de discos retoman alguna melodía anterior para acabar, en forma de outro o empastado en la útima canción. A mí no me desagrada, incluso me gusta cómo queda, pero también es lo que dices, es una cosa un poco anecdótica como para esperar los minutos de blablablá, así que stop y a otra cosa...
Bueno, o de repetir melodías por suposto que non é nada novo, a mín mólanme as bandas sonoras e non é algo anormal que se faiga, e incluso en discos conceptuales tamén, que agora me veña á mente, por exemplo no Light of Day, Day of Darkness de Green Carnation, que é un dos meus discos preferidos de sempre. Pero neste caso, entre que cheguei ó final de disco de mala gana despois de aguantar a xente falando e tal, directamente pasei da última canción nas posteriores escoitas. E cada vez que o penso paréceme máis surreal e peor pensado XD
"Light of Day, Day of Darkness de Green Carnation, que é un dos meus discos preferidos de sempre."
¡Anda! Qué sorpresa, no sabía, yo lo "descubrí" hace sólo un par de semanas. Si me hablaste de él, lo siento pero lo olvidé. Entre que una vez que lo puse estaba cansado y no me enteré de la misa la media y que la siguiente se me acabó la pila en mitad de la canción -ya la podían haber dividido en pistas más pequeñas, cona- aún tengo pendiente escucharlo como es debido; al menos puedo decir que la primera mitad está muy bien XD
Cada vez me cuesta más esfuerzo escuchar música, me gusta tanto como antes pero por unas cosas o por otras... montones de discos que veo recomendados aquí o en otros blogs acaban en el saco del olvido :(
Pues somos tres a los que nos gusta ese disco. A mi en particular solo ese disco, ya que el resto de cosas que oi del grupo la verdad me dejaron o.O
Sobre las criticas no digo nada, que no escuche ninguno y ando bastante desenganchao de recomendaciones y ese tipo de cosas :(
Curioso, a mín tamén é o único que me gusta da banda XD pero gústame moitísimo!
O da música a mín tamén me satura un pouco, hai demasiado, fai uns anos, tiñas o que che deixaban e había, e dáballes máis oportunidades ós discos... :/
Publicar un comentario