Symphonic Power Metal
Myspace
Basta con oír un par ou tres cancións de Krypteria para intuír que todo o álbum seguirá o mesmo estilo lineal de Power Metal con arreglos sinfónicos. Así que... sí, outra Female Fronted Symphonic Pop-Power Metal Band (cada vez que escribo algo parecido dame grima XD) no estilo de Within Temptation, Imperia ou Nightwish, pero neste caso cunha guapa cantante koreana.
Conocín a este grupo hai uns 5 anos e xa daquela me pasaran totalmente desapercibidos a pesar de que a canción do vídeo (que fora a primeira toma de contacto) me parecera interesante.
O grupo segue adolecendo de calidade compositiva desde aquel primeiro álbum. Por moito que intenten "poperizar" os estribillos, non chegan a ser totalmente pegadizos, e, non dudarei das habilidades dos instrumentistas, pero dame que dán bastante pouco de sí. Os arreglos orquestales están ben, pero sólamente axudan a ornamentar lixeiramente unha música vacía e bastante sosa.
Non cambiou un ápice a idea que tiña deles: grupo que vale para oír unha ou 2 cancións, pero que un álbum enteiro faise cansino.
Máis do mesmo. 4/10
Revocation - Chaos Of Forms (2011)
Thrash-Technical Death Metal
Myspace
Terceiro álbum destes norteamericanos que practican un Thrash con influencias tanto añejas coma modernas mezclado con partes moi técnicas máis cercanas ó Death ou Melodeath. Riffs puramente Thrash americanos da estirpe de Pantera, Exodus, Megadeth ou Overkill únense a outros máis caóticos, progresivos e endemoniados na onda duns Necrophagist ou Suffocation. Os solos tamén teñen a súa chicha, contendo un virtuosismo fóra de toda duda....
Pero... a parte mala que lle atopo é o cantante, que se esforza en levar distintos rexistros á música de Revocation, pero que en ocasións resulta cansino, e cun deje Metalcore-Phil Anselmo na maior parte do tempo que a mín personalmente non me gusta. Desde logo está mellor cando saca a vena máis deathmetalera, pero supoño que será cousa deles e para gañar tamén algunha audiencia no mercado saturado de Post/Melodic/Math/Metal/Hard/.... Core.
Polo resto, intrincado Thrash que se deixa oír e que contén gran número de cambios de ritmo e moi boas partes que lindan entre o Progresivo e o Death Técnico.
Falla un pouco o cantante, pero a mín váleme. 7/10
Benighted In Sodom - Reverse Baptism (2011)
Atmospheric Black Metal
Myspace
Nada menos que 11 traballos en 7 anos, exceptuando unha larga lista de demos, EPs e Splits é o que nos encontramos ó buscar algo sobre esta one-man-band americana a cargo de Matron Thorn, home cuios logros aparte da súa banda pasan por ter sido guitarra dos germanos Bethlehem durante o período 2009-2010.
De verdade debe de ser un tipo cun montón de tempo libre, porque eso de grabar un disco coma por exemplo éste en 3 meses ou lanzar 5 álbumes no 2010, non o pode decir calquera que esteña nun grupo máis ou menos serio... digo eu...
...ainda así, indo co tema musical, Benighted In Sodom é un grupo de Black Metal depresivo e bastante ambiental, coas míticas voces desgarradas unidas a limpias cercanas ás do Gothic-Rock, moito medio tempo doomy ou post-rock, e melodías repetitivas que xogan entre guitarra clean ou con lixeira distorsión e a típica do Black.
A mín deume a sensación (outra vez coma en moitos casos no Black Metal-USA) de que xa oín esto, e sigo coa teoría de que por esas terras o Post-Rock/Black Metal non o saben facer a excepción dun par de bandas. O resto, coma Benighted In Sodom fanse aburridas e carecen de recursos.
Eu, se fora él, collía todos os álbumes e facíame un sólo cos mellores cortes. 3/10
Legion of the Damned - Descent into Chaos (2011)
Death-Thrash Metal
Myspace
Se os holandeses Legion of the Damned nunca sobresaíron por ser precisamente unha banda innovadora dentro do metal, sí que chamaron a atención en pasados traballos por compilar un bo feixe de boas cancións en discos coma Malevolent Rapture ou no seu pasado coma Occult.
Teño que decir que a pesar de ter oído os traballos máis recentes e disfrutalos no seu momento, pasáronme un pouco desapercibidos co paso do tempo. Sen supoñerse discos con pouca calidade, penso que fixeron no seu pasado cousas mellores.
Algo así me pasa con este novo Descent Into Chaos, non me parece un mal disco, ten un rollo moi Thrash germano na onda de Sodom, Destruction e Kreator ó que lle imprimen o seu toque personal, e é consistente, pero fáltalle ese chisco que tiñan discos anteriores para consideralo coma un dos lanzamentos do ano.
De todos xeitos, para aqueles que gusten do Thrash con toques Death, disco recomendado. 7/10
Vader - Welcome To The Morbid Reich (2011)
Death Metal
Myspace
Novo álbum dos polacos deathmetaleros por excelencia xunto con Behemoth, nada menos que o noveno, e demostran que a idade non lles fixo rebaixar un ápice a súa brutalidade. De feito, penso que pode ser o álbum máis cañero que lles levo oído. O traballo guitarrístico é sen duda complexo e técnico, andando entre o Thrash de afinación grave e o Death, con algunha que outra novedade respecto a composicións anteriores do grupo, tal vez máis básicas. Pode que a inclusión do ex- Esqarial Spider tivera incidencia nese apartado.
Nun par de cancións hai arreglos orquestales que se quedan en anecdóticos dentro do álbum pero que lle queda moi ben, tal vez deberían de extenderse un pouco máis nese campo, pero bueno, é unha opinión personal. Na voz de Piotr non hai cambios salientables e polo demáis, o sonido é contundente á par que claro.
Se hai algo achacable é que, a pesar dunha labor técnica moi boa, salvo un par de excepcións, as cancións non me acaban de enganchar. Pode que teña que escoitalo máis veces, pero van unhas 4 ou 5 e, a verdade, ségueme parecendo que Impressions In Blood deixa máis marca a pesar de ser un disco non tan coidado coma éste.
As críticas estano poñendo polas nubes, e en parte creo que están un pouco esaxeradas, pero tamén pasou co anterior Necropolis, que creo que era bastante malo, en fin... é a miña opinión.
E seguen dando caña... 7/10
Vitruvius - Vitruvius (2011)
Prog-Power Metal
Official
Xusto oíndo este disco, púxenme a darlle un vistazo ás novedades audiovisuales e encontreime cun par de bandas case clónicas que fan case o mesmo que os mexicanos Vitruvius. E bueno, haberá centos máis que Echoterra ou Amberian Dawn... houboos e seguiraos habendo, ainda que a personalidade de cada un deles esteña suxeita con lazos de ferro ás míticas 2 ou 3 bandas que teñen por fetiche. Neste caso, tal vez os Vitruvius se deixen levar máis no musical pola parte Progresiva de bandas coma Pain of Salvation, Dream Theater ou Symphony X, ainda que a voz da rapaza nos remita irremisiblemente a todas esas bandas de Female Fronted PowerGothic do estilo de Edenbridge, Visions of Atlantis, etc.
A mín personalmente paréceme que os certos detalles Prog, coma algún piano máis jazzy ou virtuoso-solos vanlle ben, pero deume a sensación de que non me quedaba con nada en especial e que se me pasou coma se non oíra nada realmente. Cada pouco probei a prestarlle atención, pero cando a rapaza empezaba a cantar íbaseme a olla a pensar outras cousas. Aínda é o primeiro disco, e supoño que lles quedarán cousas por pulir, hai potencial para facer algo diferente á media de grupos, pero a mín resultoume un pouco soso.
Haberá que esperar ó seguinte álbum. 4/10
Liturgy - Aesthethica (2011)
Black Metal
Myspace
E outros americanos máis facendo Black Metal, neste caso, coma en moitos que me levo encontrado xa, mezclando partes máis ben do Post-Rock/Metal con rasgados entre Blacker e Hardcoretas que teñen certo punto de "cavernoso" por ese pequeno eco introducido e por deixarse levar nun segundo plano. As melodías son largas, con certo punto melancólico, ainda que adolecen de personalidade e sobre todo, de gancho, algo que me fixo recordar ós centos de grupos vidos de USA e de creación post-2000 que resultan anodinos, e que carecen masivamente de capacidade compositiva, creativa e e de chamar a atención. Ademáis fíxoseme un pouco interminable, así que... pouco máis que contar...
Punto e aparte cando vín a foto do grupo. Mimadriña. Xa mos imaxino a todos flexionando as rodillas co torso tirao pa diante seguindo o ritmo da música.
Outros Post-Rock Blackers made in USA para a saca. 2/10
Meliah Rage - Dead To The World (2011)
Power-Thrash Metal
Myspace
Os míticos americanos formados no 87 demostran seguir nun bon estado de forma logo de máis de 20 anos e neste octavo álbum obséquiannos cun máis ca decente disco de Thrash Metal fusionado con Heavy, ou o que por aqueles anos se deu en chamar Power americano.
Gran sonido, gran voz de Paul Souza, e cancións que superan a media e que se nos transportan cara atrás no tempo rememorando os grandes do xénero. Non sei a aceptación que teñen grupos coma Meliah Rage ou Vicious Rumors agora mesmo en USA, pero témome que toda a corrente de moda do Metalcore e Thrash Metalcore se están levando toda a nova audiencia. Unha pena, porque estes 2 grupos citados dánlle mil voltas a todos os Triviums e Black Tides (baixo a miña opinión). O tempo dirá onde están todas esas bandas que están a salir agora e onde estarán Meliah Rage nuns anos.
Aparte destas novas bandas que tiran do carro do Metal en USA, tamén me gustaría recordarlles a todos os fans de Metallica (ou Anthrax tamén) que aquí teñen un disco que de verdade merece a pena en lugar de seguirlles escoitando a bazofia que os Hetfield-Ulrich levan sacando desde hai 20 anos. Non torturedes máis os vosos oídos con "Lulús" e dádelle unha oportunidade a "Dead To The World". Se de verdade sodes fans do Thrash Metal e as palabras "ata o Black Album foi a mellor época de Metallica" salen habitualmente das vosas bocas, éste pode ser un disco que vos guste.
Metal añejo e ben feito. 7/10
Grief Of Emerald - The Devils Deep (2011)
Symphonic Black-Death
Myspace
Primeiro disco en 9 anos destes suecos que case tiña olvidados, pero dos que gardaba un grato recordo. A música de Grief of Emerald poderíase calificar coma Black con toques Death e con teclados bastante presentes, ainda que nunca tomen unha presencia protagonista. Por momentos a un pódelle vir á mente grupos coma Watain ou Dissection, e por outros tanto Dimmu Borgir, Old Man's Child, coma uns Cradle do máis crudo, nos que a melodía nunca chega a tomar totalmente o primeiro plano. Logo atopámonos con momentos puramente Death, coma en "Zyklons of Fire", tema que rompe imprevisiblemente na metade do álbum co lado Blacker introducíndonos nun Death Metal caótico e interesante.
Así que coma aproximación ó mundo de Grief of Emerald non está nada mal... Digo como aproximación, porque para os que seguiron un pouco da historia da banda, éste é un disco un pouco pobre, xa que non se lles ocorreu outra cousa que regrabar dous temas do seu disco debut Nightspawn, o "Famine" e o "Revival", e esto nun disco coma bonus tracks estaría ben, pero nun CD novo de 37 minutos...
Ademáis, logo de 9 anos as novedades quédanseme en pouco, así que non me queda outra que deixarlles unha nota non tan boa coma quixera.
5 novas cancións en 9 anos?? 4/10
Metallica & Lou Reed - Lulu (2011)
Rock-Metal
Official
Doloroso.
Hilarante.
Penoso.
Vergüenza ajena.
Nestas 4 líneas, que poderían ter máis profundidade que calquera das letras de Lulu, pódese reflexar o meu pensamento sobre o estrambótico experimento de Metallica co cantautor americano Lou Reed.
Lou Reed penso que é máis coñecido por USA que por Europa, ainda que recordo que no colexio un amigo me deixara unha cinta de casette del porque "eu era o rockeiro, e teríame que gustar", ainda que o estilo daquela cinta estaba lonxe do que eu solía poñer no radiocasette.
A cousa é que non teño nin idea de qué estarían fumando tanto Metallica coma Lou cando decidiron unir forzas para sacar esta grandiosa merda de música.
É demasiado malo. Incluso para Metallica.
A repetición de riffs é máis ca cansina. Composición e estructuración nula.
Os riffs son malos a rabiar. Parecen unha banda de punk novata improvisando.
Sección rítmica pobre e previsible.
Lou Reed parece un vello borracho que intenta cantar por encima dun CD desa banda de punk improvisando.
As letras, que polo que entendín son o punto forte do álbum, a primeira vista parecen bastante improvisadas tamén.
A duración das cancións e do álbum é excesivísima.
O sonido tampouco é o mellor.
...
Realmente non encontro nada salientable nesta porquería de álbum. Metallica debería de pagarme por telo oído enteiro (bueno, hei de decir que esa última canción de 19 minutos ma saltei por partes, un é humano e ten o seu aguante).
PD: Estaránse rindo Metallica de nós? Dígoo en serio, se vedes a portada, o nome do álbum é Lulu, pero a última "U" é case unha "L", e no medio entre esas 2 supostas "L", onde tería que ir o brazo do maniquí, hai unha posible "O", co cal... Lu"LOL"? Eu xa me creo todo.
Why do you cheat on me. Why do you cheat on me. Why do you shit on me?? 0/10
No hay comentarios:
Publicar un comentario