martes, julio 12, 2011

Microreviews Xulio'11- III


Violentor - Violentor (2011)
Thrash Metal
Myspace
Desde Italia, este albúm homónimo de Violentor é o debut destes thrashers que resultan algo así coma unha mezcla entre Motorhead e Venom. Tanto a producción coma o estilo está sacado daqueles primeiros anos do Heavy-Punk e o Speed Metal, cun sonido sucio e con moitas ganas de dar caña. A mín, sinceramente non me fixo moita gracia, pero máis que nada porque nin o thrash-punk nin Motorhead nunca ma fixeron. A voz sona lineal, as cancións prácticamente non teñen detalles técnicos, cunha batería pumpapumpan continua e unhas guitarras basiquiñas. Non é o estilo de música que eu compraría precisamente. 3/10


Argus - Boldly Stride the Doomed (2011)
Heavy-Doom
Myspace
Oír o disco de Argus recordoume a oír un disco de The Lord Weird Slough Feg, non sólo polo parecido estilístico, senón tamén pola sensación de que hai moito máis que o que se intúe nunha primeira oída. Hai estructuras complexas e curiosas regadas por riffs blacksabbathianos unhas veces, maidenescos outras e manillaroadianas outras -á súa vez coa súa dosis de complexidade tamén-. Todas influencias moi clásicas que parece que esteñan a xurdir desde hai uns anos entre as novas bandas, esto quererá decir que tal vez en 5 anos esteñamos falando dun movemento de moda? (alomenos en Europa, todos sabemos que en España estas cousas chegan cando a novedad xa pasou hai tempo XD).
A mín gustoume, é un disco que se nota traballado, cunha voz mellor que a de Sloug Feg -para min-, e con bon gusto á hora de facer elaboradas composicións "retros". 7/10


Reece-Kronlund - Solid (2011)
AOR/Hard Rock
Official Reece
O vocalista de Bangalore Choir e ex-Accept, David Reece e o guitarrista Martin Kronlund (Gypsy Rose, Dogface) aúnan forzas para crear este proxecto de Hard-AOR que nada entre a abundancia de grupos do estilo. Solid ten os seus cortes pseudopegadizos, as power ballads típicas do AOR, e algún momento máis guitarreiro; todo feito dunha forma moi mítica e pouco diferenciable de outros moitos grupos. Reece, que fora cantante de Accept en Eat the Heat faino bastante ben, de feito penso que nalgunha canción incluso a axuda a parecer mellor do que é XD
Como apunte, prefiero non saber de qué van as letras deste disco, porque con títulos coma "Animals and Cannibals", "Samurai", "Magic Pudding", "My Angel Wears White" ou "The Dead Shall Walk the Earth"... miedo me daría a escojonarme se este disco fose cantado en castejano.
Un disco que está ben, na media.... supoño que para os máis fans de Whitesnake (cos que gardan un parecido palpable), Cinderella, Winger, Dokken... éste será un disco interesante a chequear. 5/10


Dornenreich - Flammentriebe (2011)
Black-Folk
Myspace
Os sempre interesantes Dornenreich xusto sacaron hai nada novo disco, co que por certo desfrutei do lindo. O gustillo das melodías folky melancólicas do violín mezclanse á perfección co Black Metal que practica o resto da banda, creando atmósferas bellas e cautivadoras que contrastan cos blastbeats, tremolo-picking e rasgados pero que se cohesionan dunha forma natural. Facía tempo que non oía nada sobre esta banda austríaca nacida nos 90 e a impresión non pode ser mellor para o seu séptimo disco. Brutalidade, melancolía, atmósfera onírica, estructuras curiosas, melodías adictivas,... un disco a disfrutar para os amantes do Pagan e o Black Folk.
Para mostra, un botón: "Tief Im Land"!!! 8/10


Stratovarius - Elysium (2011)
Power Metal
Myspace
Facía tempo que tiña "tirao" este álbum polo disco duro, e o certo é que non tiña gana ningunha de poñerme a oílo. Eu son dos que se quedou en Stratovarius polo 96, e que todo o seguinte me aburreu máis ca soberanamente. Penso que en especial, a decadencia da banda tanto en ideas coma en frescura plasmouse nos Elements; un par de discos infumables ós que seguiron un extraño autotitulado álbum que pretendía darlle un fallido aire novo ó grupo, e que se cobrou como víctima a Tolkki.
A pesar de que Tolkki era a alma de Stratovarius, os outros seguiron con Polaris e agora éste, discos ambos que melloran o feito anteriormente, con algunha que outra novedade ainda que non se aparta da línea "Stratovarius" creada ó largo do tempo. É decir; básicamente continuaron coas ideas de Tolkki, pero añadindo outras novas que tampouco é que sexan a panacea da orixinalidade. Dentro de Elysium seguimos tendo cortes coma os que estamos acostumbrados a oír en Stratovarius nos últimos anos, é decir, semi-autoplaxios que nos recordarán a outras cancións (por favor, ¿cántas cancións de Stratovarius xa feitas hai metidas dentro de "Infernal Maze" ou "Event Horizon"?), e logo hai cortes que sonan limitadamente novedosos... vamos, o xusto para que os stratofans non se escandalicen coma en "Stratovarius" -o disco-, e acaben por comprar o CD.
Pola miña parte, pareceume que xa oín boa parte do álbum antes, pero non me pareceu tan malo coma os dos 2000. O único, a canción que dá título ó album, "Elysium" é extremadísimamente larga, e fíxoseme soporífera, ¿onde van con eses 18 minutos? Cos 10 primeiros chegaban de sobra... 5/10


Lake of Blood - As Time and Tide Erodes Stone (2011)
Black Metal
Myspace
Hai algo que non funciona en Estados Unidos con respecto ó Black Metal. Cada grupo que pillo desa nacionalidad ten algún problema en canto ó que facer música extrema se refiere. A medida que fun oíndo o primeiro disco de Lake Of Blood funo collendo mellor, pero o partir dunha escoita preliminar na que pensei "vaia grupo máis malo" non me augurou nada bon. Logo, sabendo o que había, intentei escoitalo con máis atención, e a cousa mellorou moderadamente.
Cando empecei a escribir esta opinión, funme ó metal archives e descubrín que eran californianos, e bueno, ahí empecei a emparentar con todos os discos de black que oín provintes do outro lado do océano, a cada cal peor. Éste, realmente ten as súas partes decentes, non poido decir que sexa un disco malo, tal vez mediocre, e eso que os rapaces o curraron facendo 2 cancións duns 15 e 17 minutos con multitude de cambios de ritmo e tempo, indo de blastings ata momentos máis doomies. Pero por algunha razón non se quedan na cabeza, ni uno. Nin sequera me chamaron a atención nos momentos nos que mezclan guitarras acústicas de fondo con eléctricas (cousa que normalmente me suele gustar). Supoño que aquí o que falla é a composición e as ideas.
Hai grupos que fan mellor este estilo, e éstes supoño que se quedarán no olvido. 3/10


Blut aus Nord - 777 - Sect(s) (2011)
Black Metal
Myspace
Album extraño da extraña banda de culto francesa. Todo un mix de feelings, eu diría, porque cada canción é un mundo diferente que vai desde o black metal experimental e por veces industrial e caótico ata o ambient; desde pura furia blackmetalera a misteriosos momentos calmados e a extragantes experimentacións que rallan a disonancia harmónica e o caos; cousa que me recordou ós seus compatriotas Deathspell Omega, pero nunha onda máis "black".
Tratar de describir a música que Blut Aus Nord plasmaron en 777 - Sect(s) é algo complicado, porque máis ben é un álbum no que máis que riffs e estructuras, hai atmósferas e feeling. Todo cun aura de misticismo, nihilismo e caos difícil de aguantar para os que non esteñan acostumbrados. A mín, personalmente cóstame centrarme neste tipo de discos (Deathspell Omega, por moito que sexan alabados pola crítica internacional, non me entran nin á de dez), pero neste caso, unha vez que o shock dunha música diferente e rara pasa, pódese disfrutar cual banda sonora de destrucción e anarquía se tratara XD
Un disco para determinados momentos. 6/10


Vomitory - Opus Mortis VIII (2011)
Death Metal
Myspace
Os míticos suecos seguen a disco a case cada par de anos, e a un nivel bastante decente para o que é a media de grupos de Death Metal que alomenos eu escoito. O estilo prácticamente non cambia de anteriores traballos, nos que se aúna un chisco de Grind, un toque Heavy, e moito "Swedish Death". Un disco bastante groovy, sen que por elo perda a súa dosis de tralla e de old school, que ademáis tamén contén bos riffs que me fixeron recordar porqué o último de Deicide non dá a talla -pareceme a mín que a Benton se lle foi a inspiración fai tempo-. Éste de Vomitory, sen ser unha revolución musical nin ofrecer nada exactamente novo, pode chegar a enganchar sen renunciar á brutalidade. 7/10


Samael - Lux Mundi (2011)
Industrial Dark Metal
Myspace
Cando lín por ahí que este era o mellor disco de Samael desde o Passage, collino con interés, ainda que é obvio que fans e discográficas suelen ser bastante positivos sobre un novo lanzamento dun grupo mítico que sacou os seus mellores traballos hai tempo atrás. A mín, personalmente do que lles oín, o Passage sí que é o que máis me gusta, ainda que tampouco lle faigo ascos a Solar Soul. O anterior a éste, Above, non me chistou moito, e temíame que este tampouco ata que lín por ahí eso do "seu mellor en anos". E ben, o meu veredicto é que... son Samael, o camiño do Metal industrial tan personal e diferenciable que teñen segue ahí, aspecto que é digno de alabar. Non me sona excesivamente diferente ó que fixeron desde que deixaron o Black clásico de lado, tal vez poida ser que para éste estiveran máis inspirados á hora de crear e compoñer, pero polo resto seguimos con temas que varían desde o lado máis épico (tremenda "Of War") ó electrónico e "ritual" ("Pagan Trance") e ó Industrial ("Soul Invictus").
A mín gustoume máis có anterior, e si é o mellor desde Passage, deixareino para vós, pero desde logo é certo que é dos que máis me gustou de todos os que sacaron desde aquel. 8/10


Cult of Erinyes - A Place to Call My Unknown (2011)
Black Metal
Myspace
Máis belgas, logo da coincidencia de 3 ou 4 na anterior tanda XD sacando traballos, e, este primeiro de Cult of Erinyes (previamente Psalm) resultoume especialmente complicado de pillar. Para nada é un disco dixerible de primeiras, xa que o que fan é un Black Metal "ocultista" e místico, dunha crudeza palpable e de densidade obscura. Os pilares nos que se basan Cult of Erinyes son os do old Black Metal escandinavo -ainda que tamén hai reminiscencias de Celtic Frost- onde se xuntan momentos máis Post-Black e máis intimistas ou cercanos ó Black-Doom, con pequenos interludios ambient e cos míticos blastings, que dominan na maior parte do disco. Esta variedade nos tempos fai que a intensidade sonora latente en A Place to Call My Unknown se digiera mellor, ó igual que os cambios vocales que combinan os rasgados coa voz limpia, na que me recordou un pouco a Borknagar.
Un álbum que ten un aura enfermiza que hai que oír con detenimiento. A mín non me gustou de primeiras, pero por algunha razón o levo poñendo e re-poñendo desde hai uns días. 7/10

3 comentarios:

Grilo do Demo dijo...

Anda, ya creía que del de Stratovarius no ibas a decir nada, y más después de leer una mención no muy halagüeña que hiciste sobre ellos :P

A mí sí que me gustó el disco, la verdad. No muchísimo, pero me parece entretenido. Y lo mismo digo de la última canción; le quitaría un par de cachitos por el medio, pero se me quedaría en 16 minutos :D

También me gusta el... bueno, digamos la mitad del Elements 1, porque tiene algunas cancionazas (dioses, "Soul of a vagabond") pero hay tres o cuatro que realmente me aburren. Muy irregular, una pena. El elements 2 no sé si lo llegué a oír alguna vez, así que no emito juicio, y el selftáiteld lo escuché una vez y espero no tener que hacerlo nunca más. Pero bueno, desde que se fue el Tarao remontaron.

Qué más. De Blut Aus Nord oí tres canciones y me llegó. De acuerdo con Dornenreich, aunque esa canción que pusiste en concreto no me gusta tanto.

Conozco tres discos de una misma entrada, ¡récord! :D Me apunto Cult of Orines, digooo Erinyes.

RMS dijo...

De Dornenreich puse la critica en Pagan Dreams Zine hace algun tiempo. Veo que coincidimos el "lobby gallego" al complet XDDDD (gracias por la publi de escaqueo ;) )

Vomitory rlz!!! Que grandes estos hdp!!! Que gorda me la ponen cada vez que los oigo XDD

Enlil dijo...

Strato: bah, mellor cós anteriores, pero non era moi difícil, e ese final... mima deixoume moi mal regustillo.
Cult of Erinyes: non é tan caos coma Blut Aus Nord, pero píllao con tranquilidade :D
Dornenreich & Vomitory molan :D
Nah publi nada, Pagan Dreams é case coma un pariente lejano de Enuma Elis Blog :D A ver si me poño mañá ou pasado con Saille, por certo, que tiven uns días un pouco ocupaos :S