Trollfest - En Kvest For Den Hellige Gral (2011)
Balkan Folk Metal
Myspace
Review para Pagan Dreams
...y llegó el día en que los astros se juntaron y los trolls dieron con la fórmula para la justa combinación de ingredientes que dieran como resultado un brebaje acorde a todos los hígados verbeneros. Y es que sí; si antes Trollfest parecía que tenían un potencial palpable pero que transformaba en álbumes densos, caóticos y amorfos que parecían confeccionados en un par de semanas bajo el influjo de varias botellas de absenta, en En Kvest For Den Hellige Gral, es posible que se hayan finalmente reunido en la sobriedad de una temporada de inspiración y han conseguido sacar el álbum que pretendieron hacer desde que comenzaron con aquel Willkommen Folk Tell Drekka Fest! hace 6 años.
No es sólo que se hayan organizado al componer canciones y hayan valorado con calma las estructuras, que ya es bastante!, sino que se han sacado de la manga un puñado de canciones con melodías con mucho gancho, algunas más pegadizas y otras más complejas, en donde han acentuado el feeling del folk mediterráneo y, especialmente balcánico y gitano. A esto ayuda la inclusión de un acordeonista-banjista y un saxofonista que se entremezclan con las guitarras eléctricas y la voz rasgada de Trollmannen a la perfección, y bajo un gran sonido, probablemente el mejor que tuvieron hasta el día de hoy.
A mi parecer, es todo un acierto la mezcla de metal con folk balcánico en lugar del folk nórdico; hace destacar a esta banda en cuanto a originalidad frente al montón de grupos que intentan seguir los pasos de Humppa-Folk de Finntroll (grupo con el cual son habitualmente comparados Trollfest, aunque en realidad se basen en dos tipos de folk diferentes que más que nada comparten el lado fiestero y cervecero). Por cierto, curioso que sea una banda noruega la que se atreva con estas mezclas.
Lo dicho, por fín se han puesto las pilas, y Trollfest nos obsequia con un disco con sus dosis de frenesí, de fiesta, y de mucho baile metálico, pero bien compuesto y estructurado. 9/10
1. Die Verdammte Hungersnot / 04:07
2. Karve / 05:33
3. Die Berüchtiges Bande / 03:55
4. Gjetord / 05:44
5. Der Sündenbock Gegalte / 03:27
6. Korstog / 03:56
7. Undermålere / 04:09
8. Jevnes med Jorden / 04:22
9. En gammel Trollsti / 05:03
10. Epilog (digipak bonus track) / 04:54
Total - 45:10
Deceased - Surreal Overdose (2011)
Death-Thrash Metal
Myspace
Os veteranos americanos Deceased volven á carga cun álbum de vella escola de Deathrash que non aporta demasiado novo, pero que entretén ó máximo. A banda currouse neste sexto disco un álbum de cancións diferenciables e cos seus riffs viciantes cando non furiosos ou frenéticos e cambios interesantes dentro sempre da carcasa do estilo. Aparte dun sonido á altura do século no que estamos, cousa que se agradece. Moitas bandas de Death ou Thrash máis underground non poden decilo, ainda que a cousa en medios técnicos mellorou tanto que ata un na súa propia casa cun mínimo desembolso pode sacarse un sonido máis ca decente.
Máis ou menos todas as cancións rallan un nivel alto e parecido, polo que é difícil escoller unha, así que os fans do Thrash máis cañero fixo se rendirán ante un dos mellores discos do xénero de 2011. 8/10
Demon's Eye - The Stranger Within (2011)
Hard Rock
Official
Demon's Eye é unha banda alemana que leva sendo durante máis de 13 anos unha "tribute band" de Deep Purple, e é obvio que esto influeu á hora de crear a súa propia música en "The Stranger Within". Para este debut, collen a un dos que formara filas con Rainbow, Malmsteen ou Praying Mantis entre outros, o vocalista Doogie White, que conserva unha excepcional voz a pesar do medio século que leva ás costas.
Así que o resultado está máis que claro, Demon's Eye fai cancións que ben poderían estar trasladadas no tempo desde os 70 ata o día de hoxe, tomando como modelo a Deep Purple e a Rainbow dunha maneira case que pseudoplaxiadora. Pero bueno, pódese perdonar porque realmente non hai moitas bandas que hoxe en día faigan ou imiten un estilo similar tan fielmente e por qué non decilo, tan ben. A mín -e agora tócanme os paos-, non é que me gustara demasiado nunca Deep Purple, para mín teñen un disco bon e logo algunhas boas cancións aquí e alí, pero non moito máis. Rainbow sí me parece máis interesante, ainda que para o público "a nivel de calle" sexan case uns desconocidos ó lado dos primeiros. Ou alomenos eso noto eu. Bueno, que me vou polas ramas, non hai moito máis que decir, un disco que gustará ós amantes do Hard Rock máis añejo, coas súas influencias rockeras, bluesy e sinfónicas máis primixenias. 6/10
The Flight of Sleipnir - Essence Of Nine (2011)
Avantgarde-Rock/Doom/Folk
Myspace
Vaia! Parece que o da unanimidade para definir a este dúo canadiense está complicada. Entre o "Stoner-Doom-Folk Metal" da metal archives, o Epic Doom Metal, Doom a secas, etc... eu xa non sabía qué poñerlles. Penso que "avantgarde", que é coma un comodín para estes estilos máis inclasificables, e que pillan un pouco de varios estilos facendo experimentacións, non lle vai de todo mal. E é que a música de The Flight of Sleipnir ten o seu intríngulis, ainda que a parte "stoner" non lla acabo de ver. A mín recordoume moito ás partes máis calmadas do Skycontact de Phlebotomized, con ese aire entre melancólico e psicodélico. A maior parte do disco flúe entre guitarras acústicas e voz clara cun eco un pouco "retro" e melodías moi etéreas e ambientales. Estas partes chocan de vez en cando con medios tempos máis doomies con voz rasgada "blackera" no que pode evocar perfectamente a uns Agalloch cun peor sonido.
Essence of Nine pásase case sen que un se dé conta, pouco importa que sone un chisco peor cós grupos recoñecidos de Doom-Folk, se o que hai dentro ten calidade. 8/10
Cypher Seer - Origins (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Cando oín a primeira canción despistoume totalmente sobre todo o que iba a proseguir no disco de Cypher Seer, xa que "Bloodline" é unha canción bastante rápida e cañera na que incluso se introducen rasgados. A mín sonábame a grupo de melodeath-power metal, pero unha vez que empecei co resto, a cousa foime derivando no típico grupete de prog-power italiano cun tempo máis rapidillo e con algunha que outra influencia de grupos tipo Brainstorm ou Iced Earth. E realmente non o fan mal, todo sona bastante potente e contundente, cun nivel de intensidade bastante alto na maioría das cancións... incluso demasiado... será polo sonido un pouco saturado das guitarras? ou os riffs?... o tono do cantante pode que axude, xa que sen cantar excesivamente alto, mantén unhas líneas vocales bastante "tensas" e subidas -non sei moi ben cómo explicalo XD-, a cousa é que á larga cansa un pouco, ainda que tamén inflúen os excesivos 66 minutos de Origins... Polo resto, nótase o esforzo desta banda americana que aúna partes do US-Power co Speed Metal europeo, ainda que me resultou un disco un pouco "sofocante". 5/10
Kampfar - Mare (2011)
Pagan Black
Myspace
Quinto álbum dos noruegos Kampfar despois dun descafeinado Heimgang, no que exploran a parte mitolóxica femininina en canto a temática (?) e que na parte técnica é producido polo polifacético Peter Tägtgren. Polo que recordo dos pasados discos de Kampfar, éste pode que sexa un dos máis fáciles de asimilar e que máis fácil pode entrar a calquera que dé os primeiros pasos nesto do Black-pagano. En Mare encontrámonos moito muro de guitarra, pero que non chega a saturar (tal vez Peter teña algo que ver neso), melodías moi atmosféricas de teclado, que tanto pode evocar algo lixeiramente "viking" coma outras máis típicas do black atmosférico noventero. A pesar de que teñen o productor que teñen, a mín non me acaba de sonar de todo ben (pode que ahí a banda quixera sonar así tamén, xa non sei), xa que a batería sona un pouco escondida, sobre todo en determinados platos e bombo, e a voz a veces tamén se queda un pouco baixa. Pero bueno, son pequenas cousas, xa que polo demáis Mare contén grandes momentos musicales. 7/10
PD: comentar sobre o remake de Bergtatt que vén coma bonus track... que me sonou moi raro... a melodía do comezo trouxome recordos dalgún debuxo animado que vía de pequeno! :O
Warrant - Rockaholic (2011)
Hard Rock
Myspace
Seguindo a ola de grupos nados nos 80 que sufriron unha decadencia nos 90 e volven no novo século, Warrant saca o seu segundo disco logo da desafortunada reunión que foi "Born Again" (2006) e que acabou coa salida do vocalista Jani Lane da banda. Para este novo disco colleron ó cantande de Lynch Mob, Robert Mason e cambiaron para o productor Keith Olsen (Whitesnake, Scorpions, Ozzy Osbourne). Dous movementos que sen duda xogan a favor da banda, xa que baixo o mando de Lane témome que a cousa se fora a pique en pouco tempo.
En canto ó disco, desde logo supera ó fiasco de Born Again, cousa que non era moi complicada. O sonido está bastante ben e a voz do novo cantante dalle un pequeno aire diferente á banda, ainda que se siga basando completamente naquel Hard ochentero que recorda ós Aerosmith, antigos Bon Jovi, Cinderella,... e penso que esa é a parte negativa. Todo sona a cousas moi sobadas xa, e a mín personalmente cansoume, pareceume o típico disco do que ninguén se acordará en... meses? pero supoño que ós seguidores do vello rock'n roll e Hard'n Heavy ochentero lles fará gracia oír algúns temas decentes décadas despois destes americanos. 5/10
Dead Eyed Sleeper - Observing Oblivion (2011)
Technical Death
Myspace
Nos últimos anos a sucesión de bandas de Death técnico e/ou progresivo aumentou case exponencialmente, desafortunadamente eu ainda non vín moitas que me dixeran algo novo. A maioría seguen intentando a mesma forma de facer riffs e cancións, a veces dun xeito prácticamente clónico, no que eu non poñerei en duda as habilidades técnicas dos grupos, pero a mín como oínte non me chega con que alguén teña 10 anos de conservatorio e toque riffs intrincados impecablemente a alta velocidade. Pola miña parte, tenme que transmitir algo, e doulle un plus se é algo que non oíra antes. Digo todo esto, porque os alemanes Dead Eyed Sleeper sí que poden parecer nun principio que non faigan nada novo, pero por algunha razón (supoño que compositiva) o álbum Observing Oblivion trágase dun tirón e sen dificultade (xa van coma 5 veces que o levo poñendo desde a semana pasada e non me cansou nadiña, ó revés). Axuda sen dúbida os momentos jazzies e atmosféricos "unplugged" que de vez en cando introducen en contraste de partes moi técnicas e intensas, que sen ser innovadoras, cumplen ben. Un bon álbum. 7/10
Degradead - A World Destroyer (2011)
Modern-Melodeath
Myspace
Aquí temos unha banda máis das que abundan (e abundarán) que seguen unha moda sen poñer moito da súa parte para facer algo orixinal.
O de facer guiños a bandas, estilos... está ben, pero é que en "A World Destroyer" temos auténticos extractos collidos dos últimos In Flames, Dark Tranquillity e Soilwork, e feitos un cócktel modernete bastante insípido e oído. De feito, nótase que é un grupo de compoñentes novos que creceron escoitando a desafortunada mezcla de Core-Swedish Melodeath de estribillos de voz clara. Houbo un par de cancións sobre todo que chirrían demáis; a pseudocopia de Misery's Crown de Dark Tranquillity: No One Prevail, e o mezcladillo de varias cancións da época do Reroute To Remain de In Flames: Human Nature, ainda que bueno, o 80% do disco parece un mezcladillo de varias cancións dos últimos 10 anos de In Flames XD O sonido é impecable eso sí, pero cando non hai un bon motor dentro, cunha bonita carrocería non se corre un Rally. 1/10
Bonfire - Branded (2011)
Hard Rock
Myspace
Sólo ver o nome de Bonfire faime recordar aqueles videos ochenteros nos que as bandas de Glam ou Hard Rock salían dándolo todo, facendo giros coas guitarras, patadas ó aire, miraditas de complicidad á cámara e coros "espaldaconespalda" no mesmo micro en escenarios enormes, cun despliegue de luces que nin as festas do Apóstol. Realmente eran clónicos XD Pois ben, pensaba que os alemanes Bonfire estarían retirados a estas alturas, pero non. "Branded" é o seu último traballo, e non difiere moito do que facían cando os conocín: Hard Rock meloso e pouco orixinal. Incluso máis suave do que recordo (serán os anos?). En "Branded" hai demasiados medios tempos e baladas, imos ver: "Let it Grow", "Better Days" e "Hold Me Now", que sendo a última canción, únese ás 2 Bonus Tracks que tamén son baladas, facendo case un cuarto de hora final demasiado pasteloso para o meu gusto e que me deixou unha mala sensación.
Non é que me disgusten as Power Ballads, "Better Days" está ben, pero tantas fixéronseme cansinas. Os temas máis rockeros non están mal, pero tampouco son algo doutro mundo.
En canto a sonido, as guitarras están moi rebaixadas de volume en pos da sección rítmica e voz... Disco que pasa sen pena nin gloria. 4/10
PD: "Back in 1972 German rock band Cacumen took off but decided in 1986 to proceed under the more familiar name Bonfire" Realmente creo que fixeron ben, Cacumen non o vexo un nome moi comercial XD alomenos en países de fala hispana...
3 comentarios:
No me gusto nada el de Trollfest, bueno, en realidad no me gustan Trollfest (nada). Aunque si te doy que es de los pocos con cierta "coherencia".
El de Kampfar tampoco me gusto demasiado, hace tiempo que los di por "perdidos".
Deceased me parecio uno mas dentro de la discografia, ni mucho ni poco ni nada de lo contrario.
El de Flight of Sleipnir tampoco me gusto demasiado.
Del resto no opino.
Por cierto, gracias por la critica de Trollfest!!!!
Caray entonces non coincidimos en case nada nesta tandada XD
Ah o de Trollfest, como vía que non o tíñades por ahí animeime, facía tempo que non escribía nada para Pagan Dreams tamén :S
Publicar un comentario