Eden's Curse - Trinity (2011)
Hard'n Heavy
Myspace
Con músicos vidos de 4 países diferentes e 2 continentes distintos, Eden's Curse é un proxecto con base británica que fai un Hard'n Heavy moi melódico, basado tanto no Rock setentero coma no Heavy ochentero e con pinceladas progresivas por aquí e por alá. A mín recordoume bastante a Threshold cun cantante que se lle dá un aire a LaBrie. O certo é que dependendo da canción a un vénselle á cabeza diferentes grupos, e tal vez eso faiga que este álbum sexa máis ca entretenido de oír. Por exemplo, no single dixital "No Holy Man", a referencia penso que é claramente Queensrÿche, a colaboración de Andy Deris en "Black Widow" pode recordar aos seus anos en Pink Cream 69, máis ca Helloween, outras veces vénse á mente Avantasia, Malmsteen ochentero... incluso Stryper nalgún extracto. É un disco que se oe ben, ben composto e cun cantante con personalidade.
A versión de Rock N' Roll Children penso que sobraba. 6/10
Deadend Of Venice - See You On The Ground (2011)
Melodeath-Pop
Myspace
Moi influídos polo traballo de bandas coma Deadlock ou os que se fixeron máis famosos últimamente debido a unha boa inyección de publicidade por parte de Metal Blade, System Divide, os germanos Deadend of Venice debutan cun álbum que xunta, como estamos vendo últimamente por moitos lados, o Melodeath sueco máis basicote con toques de Metalcore -menos mal que poucos neste caso-, growling incluído, con cantante feminina que domina nos estribillos e algunhas estrofas. Teño bastantes prexuícios sobre este tipo de bandas novas que fan este estilo, e é que pouco teñen que ver con grupos coma Madder Mortem ou os extintos Amaran (que dito sexa de paso, tampouco me facían especial gracia), nos que a cantante feminina con voz limpia ten unha personalidade propia que difiren do Pop-Rock Moderno americanizado e comercialoide que destilan estes novos grupos.
Sería algo así coma se en Pop comparáramos a Alannis Morisette con Avril Lavigne. De feito poderíamos definir a moitos destes grupos coma "Avril Lavigne cantando cun grupo de Metal" XD. Non sei, a mín non me fai especial gracia este estilo, ainda que na parte instrumental de Deadend Of Venice hai algún detalle que está ben, pero non inventan nada novo. 3/10
Letras de "Dirty Little Princess", dignas dun grupo de swedish melodeath ou no? XDDD:
The dirty little princess in the snow-white world
It’s an image and you want to sell
Lot a picture of life – just a dream world it is
But the people are buying well
You praise, you judge – put a spell on me
Like an unholy priestess in a baby-pink dress
A princess of nothing, just to smile is the job
You give the glamour that they want to see
In my dream I saw you fly – Dirty little princess
High up in the sky just to fall down every night
Everlasting beauty – it’s the curse you once created
A promise you will never keep – long lost and overrated
Your life’s just a show in split screen mode
Today’s BFF just a joke
It’s like everything else you don’t care about
Live like the TV has told
All around is glitter, money, entertainment
A business like some others are
They want, you give – the firm earns cash
Sounds like a whore and not a star
Bad Habit - Atmosphere (2011)
Hard Rock - AOR
Myspace
Bad Habit é unha banda sueca nada hai máis de 20 anos, e parece que non pasara o tempo por eles, porque este novo álbum parece trasladado no tempo desde finales dos 80 ata hoxe. Os coros, os teclados, incluso a producción parece estar feita no apoxeo do Rock ochentero. E tal vez ese sexa un dos "peros" que lle podemos encontrar a Bad Habit. Penso que cunha producción nas mans de alguén que os trouxera máis ao lado Hardrockero en lugar dunha máis propia do Pop-Rock-80's con eses teclados tan altos, e tal vez non tan tan 80s, daría un resultado final mellor. En canto á música, hai momentos moi cursis e pastelosos, pero alomenos este grupo consigue enganchar uns cantos bos estribillos e melodías cos que te podes quedar. O cantante desde logo axuda, pero boto en falta algo máis de agresividade, ainda que pode ser defecto personal XD. Para o resto, amantes de Journey, Yes, Rainbow... bon disco de AOR melosillo. 6/10
Melodeath
Myspace
Terceiro álbum destes austríacos que practican un death melódico moi na vena dos países escandinavos, en particular eu diría que de Suecia especialmente. A pesar de facelo ben técnicamente e ter certas cousas que sonan ben, o grupo non deixa de ser un remake de todo o feito xa desde hai anos na saturada escena do melodeath. Bon sonido, boa voz, un pequeno toque entre o death'n roll e o old school -tal vez por ese sonido que lle sacan ás guitarras-, uso puntual de acústicas, e non moita orixinalidade en canto a riffin' é o que nos podemos atopar na música de Collapse 7. Pasable para disfrutar un rato. 6/10
Bloodbound - Unholy Cross (2011)
Heavy-Power Metal
Myspace
Animado polas boas críticas que vín destes suecos (outra vez suecos.. ) dinlle unha oportunidade ó seu cuarto traballo, ainda que recordo que os oíra fai tempo e pasáranme bastante desapercibidos. O que fan, según recordo na crítica onde os poñían moi ben, era heavy metal no estilo de grupos nórdicos tipo Nocturnal Rites e Hammerfall... bueno, sí.. e no... eu véxolle máis ben, máis que un parecido cos primeiros álbums de Avantasia/Edguy -de feito o cantante máis dunha vez pode dar a impresión de estar imitando a Sammet-. Pois se recordamos que á súa vez, Edguy collían unha parte importante do que foi o Speed-Power germano do tipo de Helloween-Gammaray-Freedom Call xunto coa NWOBHM, Bloodbound pasa a ser un grupo que tanto pode sonar por veces a algo do tipo de Maiden coma algo máis "germano".
No referente ás cancións, non poido decir que esteñan mal, ainda que para os que xa oímos moito no seu tempo deste estilo pode que non nos diga nada novo. En cambio os máis fans do traballo de Tobias Sammet, Freedom Call e tamén pode que uns Stratovarius sen teclados, que aínda lles siguen comprando discos no 2011 (...) estou seguro de que estarán encantados con este grupo. 5/10
Gallhammer - The End (2011)
Blackneded Crust-Doom
Myspace
Non é un mal título "The End" para este álbum, porque todo o disco estás esperando por él... Gallhammer é un grupo de 2 rapazas xaponesas do que oíra algo fai tempo con máis pena que gloria e vexo que a cousa non cambiou moito. Ritmos machacóns e repetitivos, cun sonido pobre, ainda que polo estilo pode que feito a propósito, onde as guitarras sonan graves e sucias con esa distorsión cruda típica "crust", pero a mín sóname rematadamente mal, desde as guitarras á voz á batería e ó baixo. Á cantante tíñanlle que quitar o micro porque desde logo o seu non é cantar; se xa o fai regular nos "guturales", cando se pon a facer outros sonidos (algún chamaráo "clean" vocals), dá vergoña ajena ("Sober").
E as cancións son bastante malas, non entendo cómo este grupo colleu certa fama no underground, igual é por estar feito por tías e que ven desde Xapón, pero a música en sí parece feita por nenos de 10 anos que un día colleron unhas guitarras e se propuxeron tirar pa diante co primeiro que sonaba. 0/10
Mord'A'Stigmata - Antimatter (2011)
Avantgarde-Post-Black
Myspace
Crudo, retorcido, saturante, con xiros inverosímiles, asónico, escuro... un disco moi difícil de asimilar e catalogar este segundo traballo dos polacos Mord'a'Stigmata. Debo de decir que esta especie de místico, progresivo e inverosímil black que se está facendo últimamente sobre todo en países do norte e Polonia me tira, de feito, basta con ver que coronei a lista dos meus mellores do 2010 co de Morowe \m/. E de certo, vexo cousas de Morowe tamén no de Mord'a'Stigmata, con esas guitarras dobladas facendo melodías extrañas e ambientacións bizarras e escuras... pero desde logo Morowe están moi por encima destes en canto a facer algo que chegue ó oínte sendo música bastante introspectiva ó mesmo tempo. Aquí atopámonos cun disco que ten unha atmósfera impresionantemente opresiva, pero que por algún motivo non me enganchou. Ainda non sei cómo explicar o porqué, pero fáltalles algo para o meu gusto. De todos xeitos véxolles potencial, dareille máis oportunidades, xa digo que non é un disco que entre á primeira nin segunda. 5/10
Majestic Downfall - The Blood Dance (2011)
Death-Doom
Myspace
Majestic Downfall é unha one-man-band mexicana que toma como principal influencia o Death-Doom británico dos 90. Dentro de The Blood Dance pódese percibir un gusto claro polo que foron os anos máis extremos e noventeros de Paradise Lost, Anathema ou My Dying Bride. Cancións dunha media de duración larga, e progresións melancólicas e depresivas, guiadas por unha voz gutural que lle pega ben. Bon sonido e alternancia de momentos puramente doom e máis calmados, e punteos que recordan a cousas feitas hai 15 anos, con partes máis cañeras.
Non está mal, ainda que lle vín algunhas flaquezas en canto á composición, penso que se recortara algunha cousa dalgunha canción faría este álbum moito mellor, aparte de mellorar o "timing", xa que case 70 minutos se me fixeron un pouco longos. Polo resto, máis que aprobado, nótase que hai moito traballo detrás. 6/10
Whitesnake - Forevermore (2011)
Hard Rock
Official
Tal e como eu concibo o Hard Rock, sen rollos progresivos nin experimentacións, os riffs e estribillos deberían de ter o seu gancho e ser pegadizos. Hai grupos que son e foron auténticos hachas facendoo, e entre eles Whitesnake sacaron temas míticos e intemporales, e discos moi dignos do estilo de Slip of the Tonge e 1987 (os primeiros non os controlo tanto).
Neste novo, segundo que sacan nos últimos 14 anos, a esencia rockera que eu recordo de Whitesnake segue intacta, gran execución e técnica, elaborado riffin', gran voz de Coverdale con 60 anos!, e ademáis cunha gran producción...
...pero noto un fallo tremendo, que é que logo de 2 ou 3 veces que o oín non poido recordar nin unha melodía nin un estribillo, todo sona a cancións xa feitas e refeitas dentro do Rock, sen que por elo teñamos que decir que son malas ou están mal. Casos coma algún riff en "Love Will Set You Free" ou "My Evil Ways" por exemplo, sónanme a horrores a outras cancións de fai moitos anos...
A sensación coa que un remata este Forevermore é a dun álbum correcto, de Hard Rock de raíces 70-80's, cañero en certas partes (a diferencia de moitos outros grupos que cos anos se van ablandando) e coas míticas baladas obligatorias, pero que cando o acabas quédaste coma... "sí... estivo ben.. supoño..."
Ademáis hei de añadir que se me fixo un pouco largo... (1 hora 10 minutos!) 4/10
Coldspell - Out From The Cold (2011)
Melodic Hard Rock-Heavy
Myspace
Influencias moi parecidas a Whitesnake son as que teñen os suecos (esto empeza a ser demasiado habitual XD) Coldspell, pero hai unha diferencia grande entre a súa proposta e a de Coverdale: cancións con gancho. E para nada son simples, cada canción ten o seu momento e a súa parte boa, sexa unha melodía de teclado curiosa, un riff pegadizo, un gran puente ou un estribillo que se solapa á túa mente con sólo oílo un par de veces.
Gran segundo disco o desta nova banda escandinava, que pode recordar aos grandes grupos de AOR-Hard'n Heavy dos 80 e incluso 70, con bon sonido (hoxe en día a novidade é que salgan bandas con mal sonido, alomenos facendo este tipo de Hard Rock, a verdade), e bon gusto á hora de compoñer, sen inventar nada novo, dito sexa, pero moloume. 8/10
2 comentarios:
Mi ma'e vaya mezcladillos mas raros te metes, tio.RMS.
Jajaj hai que darlle a todo (musicalmeeeeente XD)
Publicar un comentario