Baekdoosan - Rush To The World (2011)
Heavy Metal
Myspace
Baekdoosan son un extraño inda que veterano grupo provinte de Korea do Sur! Primeiras noticias de Metal que teño dese lugar (xa non me acordo si o Global Metal chegara ata ahí). Sexa como sexa, primeiro disco que lles oio a esta banda que debutou no 86, e non parece que os anos pasaran por ela porque o sonido de "Rush To The World" é moi ochentero, bebendo moito de bandas de Heavy americano e británico pero cun toque peculiar. Hai cancións realmente curiosas, coma a de 9 minutos "Sing it out", con arreglos progresivos e que por veces rozan o Thrash-Power, logo outras parecidas a X-Japan con ese piano acompañando a power-ballads, outras un pouco ñoñas... e logo certos agudos recordáronme a Eric Adams (ou no seu defecto ó vocalista de Virgin Steele)!
Un álbum moi curioso, no que por certo ó cantante non lle entendo prácticamente nada a pesar de cantar en inglés XD
Outra rareza máis; cando buscaba información sobre esta banda atopeime no metal archives con esto:
Baekdoosan formed by Yoo Hyeon-Sang and Kim Do-Gyoon. Later, ex-vocalist Yoo Hyeon-Sang went on to record several teuroteu (the oldest form of Korean pop music, highly similar to Japanese enka) albums. He was forced to change musical styles in order to gain his love's parents' approval for marriage. He is also a prominent producer.
Eing? tivo que cambiar a estilos musicales diferentes para a aprobación para casarse dos sogros??? Qué instorias tan surrealistas pasan por esas terras XDDD 6/10
The Haunted - Unseen (2011)
Alternative Rock-Metal
Myspace
Sí señor, lestes ben, "alternative rock-metal".
Unseen é a delapidación total dun grupo que noutrora sacara algunha que outra cousa decente, ainda que a mín nunca me chamaron a atención (sempre crín que foron un grupo moi sobrevalorado).
De todos xeitos, nunca fun moi amante de valorar a un grupo polo seu pasado; o que me importa é que o disco que saquen teña certa calidade, sexa do tipo que sexa, e o rock alternativo a veces nu-metaleiro dos novos The Haunted é un álbum mediocre onde o haxa. Eso sí, se vos gustan cousas do tipo de Corrosion of Conformity, Nine Inch Nails -e demáis que nin me acordo porque non me interesan XD- pode que lle encontredes algo máis de chicha ca mín.
Supoño que para a maioría de fans metaleiros que teñen esto significa un enterro bastante indigno para os suecos; para mín, que xa non me iban moito antes, agora directamente parécenme algo a evitar. Difícilmente aguantable. 1/10
Belphegor - Blood Magick Necromance (2011)
Black Metal
Myspace
Voulles pillar manía a Belphegor logo de que cada vez que ensaiaba cos do grupo de Black-Death e intentaba sacar algo, o cantante, -que agora xa non está- me decía: "para para, escoita esto, tes que sacar algo parecido!" e poñía nos altavoces do ordenador o "Lucifer Incestus"... obviamente eso sólo sirve para desconcentrar aínda máis se estás en proceso creativo. De feito dunha vez él dixérame: "sí, e agora cambia a esto e despois esto", e ó seguinte ensaio díxome: "olvídate do do outro día, que che fixen tocar un riff de Belphegor" XD O caso ó que quería chegar é que posiblemente sexa certo que Belphegor tocaran techo con "Lucifer Incestus", un disco brutal, caña sen tregua con moi mala leche.
Recordo que o seu último tiña partes que estaban ben pero que non eran deses riffs épicos que se quedan, e algo parecido pasa con este Blood Magick Necromance. O disco empeza cun trallazo dos mellores Belphegor, "In Blood - Devour This Sanctit", incluso seguen a un ritmo decente ainda que decelerado coa segunda, pero a medida que pasan os minutos vemos que, a pesar do ambiente malévolo que saben crear ben, o disco queda un pouco frouxo. Menos mal que nos queda outro temazo coma "Impaled Upon The Tongue Of Sathan" (qué grandes títulos se curraron sempre éstes XD) para retomar a confianza. Polo resto, está ben, pero non impresiona. 7/10
Odd Dimension - Symmetrical (2011)
Progressive Metal
Myspace
Nada máis ver o nome do grupo e o do álbum, un xa intúe que a cousa vai estar entre o Death técnico ou o Progresivo. Neste caso atopámonos co primeiro disco dunha banda italiana de Prog-Metal. Fastidiame bastante chafar primeiros discos de bandas, posto que sempre penso que se merecen unha segunda oportunidade, e de feito, non todos os discos que oio os acabo escribindo aquí (sí, hai máis ainda XD) pero moitas veces atópome con casos un pouco malillos e dame pao decir algo malo deles sendo un primeiro traballo, entón paso un pouco e faigo coma que non vín XD
Este intento de Odd Dimension, non é que esteña realmente mal, ten bon sonido, son bos músicos e teñen algunhas boas ideas, pero pásame algo parecido a outro grupo que me parece que o ten todo pero que lle falta "ese algo" coma é Vanden Plas. De todos xeitos, se vos gustan éstes últimos, Fates Warning, Andromeda, Dream Theater... pode que vos interese; para mín, regular. 5/10
Ulcerate - The Destroyers of All (2011)
Death Metal
Myspace
Death ou (Brutal Death ) con temas que rondan os 7 minutos ou máis?? Eso é o primeiro que pensei cando puxen a Ulcerate... a música deles, a pesar de que é bastante cañera, é moi densa e atmosférica, desarrollan cancións con riffs largos e envolventes a veces máis propios do Doom ou incluso o Post-Metal ambiental, por eso a definición de Death quédase a medias con esta banda. A sensación que produce oír todo o disco é a dun mal rollo tremendo XD os momentos que son máis Post-rock-metal, con guitarras sen distorsión e sen batería, adéntranse de súpeto nun universo caótico, denso e malsano moi ben creado que máis ben me fixo pensar nunha banda de black metal. A mín provocoume sensacións encontradas, pareceume brillante no que a banda quere mostrar pero saturoume coma me saturan os discos de Deathspell Omega, nos que non diferencio dónde empeza un riff ou unha canción XD
Non é un disco que esteña dentro dos estilos que suelo escoitar, pero creo que a seguidores de Deathspell Omega e o Death-Black máis psicodélico e atmosféricamente enfermizo lles pode gustar ?/10
Virus - The Agent that Shapes the Desert (2011)
Avantgarde Jazz-Rock
Myspace
Non é un disco fácil de definir éste dos ex-Ved Buens Ende, Virus -grupo que non coñecía ata que oín este 3º disco seu-. Desde logo non é metal, as guitarras non teñen a distorsión, máis ben tal e como sona podería ser máis cercano a un jazz-rock psicodélico, pero cunha aura moi escura e experimental, resulta unha escoita interesante. A sonoridade de Virus é moi opresiva, a veces penso que se podería definir coma un disco de black metal acústico e hipnótico, e a veces coma un jazz denso e crudo.
Dícese que é un disco máis accesible que os previos, pero ainda así véxoo complicado.... para oír con detenimiento e en determinados momentos. 7/10
Vexillum - The Wandering Notes (2011)
Power Metal
Myspace
Prometo que non mirei a procedencia da banda antes de oíla, pero nada máis os primeiros acordes xa pensei.. buff power metal... no... power metal italiano, buff buff... e xa cando oín a voz do cantante dixen... definitivamente! ¡¡power metal italiano!!
Penso que o comentario do álbum se pode acabar aquí.
...
...
Bueeeno... para completar direi uns cuantos grupos e así xa encho un pouco máis esto: Secret Sphere, Freedom Call, Hyperion, Highlord, Mastercastle, Skylark, Rhapsody... 3/10
Twilight (Rus) - Awaiting The Sunrise (2011)
Melodic Black Metal
Myspace
¿Cántos grupos haberá que se chamen Twilight?? Eu sempre me quedei cuns españoles que facían power-medievo cando todo eso estaba de moda a finales dos 90 que eran bastante maliños XD
Estes rusos debutan xusto con éste álbum e a mín viñéronme recordos precisamente desa época mentres que os oía. A mín sónanme a grupo de Black Melódico noventero-principios 2000 con teclados no estilo dos primeiros Norther; ese Black con algún deje máis Thrash e incluso Death e teclados que levan algo máis que a ambientación, participando nas melodías tamén. Non me desagradou, ainda que me deu a sensación de telo oído bastante. 6/10
Pergalė - Horizontalios Maldos Palaima (2011)
Dark-Black Metal-Avantgarde-Rock???
Myspace
Joé este sí que é un disco difícil de definir. É un deses que o mellor que se pode facer é oílo porque a mezcla que hai aquí metida ten a súa miga. Pero todo queda bastante cohesionado dentro do mundo dos lituanos Pergale, algo digo de eloxiar.
Sendo unha música bastante melódica, atínanse trazas de Black Metal, sobre todo pola voz do cantante e por certos riffs propios dese estilo. Polo resto, hai melodías de piano e ¿órgano? que tanto poden tirar por unha vertente máis "clásica" (a mín recordoume aquí á utilización de melodías de piano que fan en certas cancións Die Apokalyptischen Reiter) ou por unha máis folky. Polo resto, temos un álbum moi variado e pegadizo de algo extremo que non é extremo, e algo melódico que non é melódico en sí mesmo.
Gran disco debut, o único que non me fixo gracia foi esa versión techno do final. 8/10
Pharaoh Overlord - Out of Darkness (2011)
Experimental Rock - Hard Rock - Heavy Metal
Myspace
Pharaoh Overlord parece ser unha banda finlandesa que ten certo percorrido xa no mundo do Rock, ainda que a mín non me sonaban de nada. Empezaron cun rollo máis Stoner hai anos, e agora están inmersos no Rock Duro con este disco.
Out of Darkness é un bon e variado álbum de Hard'n Heavy no que podemos encontrar desde influencias da NWOBHM (incluso o sonido é moi NWOBHM) ata do punk, algo de doom-rock-stoner e do progresivo setentero. De feito, a medida que fun oíndo sucesivas veces este álbum fóronme vindo imaxes de Black Sabbath, Danzig, dos primeiros Iron Maiden, e ata de Venom! en canto ós momentos máis "Metal". Disco sólido e entretenido con toque añejo e pegadizo.
Como nota curiosa, neste álbum atopei a que é probablemente a canción na que máis veces repiten a mesma palabra na historia da música. Non me credes? Devastator, a partir do minuto 4:40 XD 7/10
11 comentarios:
The Haunted haciendo alternativo? COC alternativo? NIN alternativo? O_o quero a mesma drogha no meu ColoCao que haxa na tua cunca XDDDD De verdad que non sei que fan agora os Corrosion porque me parei na epoca de "Wiseblood", onde tiñan unha onda moi stoner mezclado con thrash e rock. E o recordo de sempre de NIN e un rollo moi industrialoide (estoume a explicar como o carallo... seino XD ). E a The Haunted tamen e certo que lles perdin a pista (o ultimo foi "Versus", 2008) porque pasame o mesmiño ca ti.
Belphegor meten moooooita tralla, de sempre. Menudos castrons.
Dark-Black Metal-Avantgarde-Rock??? XDDDD Exijo mi droga!!!!
Apunto Ulcerate y Virus, para escuchar en dias muertos.
Aunque lo mejor de este post los estilos XDD Me pillaste coñero hoy y me rei bastante con las etiquetas, jajajaja No digo que sean malas pero creo que a veces te pasas, Enlil. Es como si yo a Enuma Elis lo empiezo a etiquetar como Black-Melodico Dark-Death Oriental-Folk Metal Programado... no te parece excesivo? Dejalo en Black Folk y luego si quieres lo explicas mas. Bueno, es mi punto de vista, hazlo como quieras, y no te lo tomes como una critica dura, eh? Es simple opinion sobre un detalle que me hizo coña.
Jajajaj pero é que Enuma Elis é Prog-Dark-Black-Melodeath-Heavy-Power-Gothic-PC de toda a vida!! XDDD
O de Pergale xa o fixen un pouco adrede, por eso lle puxen os interrogantes ó final, pero si o ves en "surprises 2011" á dereita teño posto Avantgarde Black-Rock XD (que tamén lle chega, pero bueno, xa me dirás cando o oigas xa... XDDD
E logo o das etiquetas, desde fai un tempo leo unha páxina web:
http://www.avantgarde-metal.com/content/reviews.php
E as definicións dos estilos molan moito, eu quédome a veces a medias entre o serio e a broma deles, pero calquera día destes métome a definir grupos coma fan eles, ollo:
BETWEEN THE BURIED AND ME
Intriguing Melodic Metal
VOID
Organic Post-Black Metal Hardcore Roller-coaster
HELJAREYGA
Colourful Nordic Metal
BERGTHRON
Reinhold Messner Metal
THE DEVIN TOWNSEND PROJECT
Psychedelic Pop Metal
THEATRES DES VAMPIRES
Erotic Goth Cliche
SOLEFALD
Completely Bonkers Metal
XDD
Ah e si si, The Haunted Rock Alternativo, e se non mirao por tí mesmo, eu flipei un pouco cando o puxen XD
Ah eu a COC, Alice in Chains, Soundgarden, Trent Reznor e todos eses, téñoos bastante olvidados, na miña casa por esa época na que empezaron a salir de portadas da Kerrang e Heavy Rock pararase de consumir revistas e sónanme no básico que lles oíra de pequeno, pero tal e como me acordo sí que poden concordar en certa medida co novo estilo de The Haunted XDDD (NIN sen o rollo industrial que tiveron despois, pero eu acórdome que ó principio de todo non eran "industriales" non? igual me falla a memoria ou é que non lle prestei moita atención tampouco na miña vida a eses grupos, que tamén jajaj)
Ti escoita e xa me dirás XD
XDD Estas como una regadera, Enlil.
Prog-Dark-Black-Melodeath-Heavy-Power-Gothic-PC XDDDD Pues yo le encontre unas migas de Electro-Dance-Hipnoticodelamuerte con pinceladas Chill-Ambient-Desgarratimpanosinfernal en las ultimas entregas, tambien lo puedes añadir XDDDD
En serio me parece pasarse, pero bueno...
Colourful Nordic Metal, Erotic Goth Cliche y Completely Bonkers Metal. No se cual es peor, jajajaja. Haberles puesto Cinemascope Metal, Pastiche Gotico y Metal Pirado, habria acabado antes y lo hubiesemos pillado igual.
Jajaj o dos estilos ten a súa gracia, pero é que ata hai veces que os propios grupos (ou "disqueras", como che gustaba decir jaja) se definen de formas extrañas, acórdome dun que se poñían coma "organ doom" ??? (e non tiñan órganillo, creo que eran doom normal)
...ou o Mesopotamic Metal de Melechesh XD
XDD Al menos ya sois tres los que parais por el blog y posteais (sabeis "quien" es SE? curiosidad ya que surge el tema). Lo de las disqueras es por los blogs sudamericanos, que suelen usar la palabra y de siempre me hizo coña el localismo.
Lo del "organ" igual es porque lo hicieron con la punta del... XD
Ya escuche Virus. Gran disco y para nada convencional.
Escuchate Noekk, un grupo aleman que hacen un "rollete" rock doom con voces parecidas a la de Virus, es posible que te gusten aunque no son tan experimentales como estos.
Vaia, vexo que o comentario que escribira neste post hai 10 días ou así foi borrado naquel período de inactividad de blogger..
Bueno, é igual, o SE non sei quén é.. en qué posts comentou en Pagan Dreams?
Noekk, apuntado, antes heime de borrar uns poucos que non pintan nada no meu disco duro muahahah XD
En el articulo del Alfabeto Cirilico y en las criticas de Funeral Moon y COM. Pero era simple curiosidad morbosa, nada importante.
Da igual, habia leido el post.
Siguendo con Virus, mirate este enlace:
http://moonlightgate.blogspot.com/search/label/Virus
igual te interesa
Interesante sí :P
Gracias!
Publicar un comentario