Esta recopilación pretende ser un muestrario de bandas que, ainda que tiveron un bo traballo musical previo, parece que o deixaron por razóns descoñecidas, ou tal vez estiveron ou están a traballar nun disco eterno que nunca chegou. Supoño que moitas veces un escaso traballo ou interés de discográficas pouco activas probablemente axudaran a chegar a este extremo, pero que non quita que os seus discos debut ou os últimos que sacaron, agora xa lonxanos no tempo, sexan pezas que non habería que deixar escapar.
A primeira entrega será co grupo español Ouija. Un primeiro post que intentará gardar un sentido positivo sobre estas "bandas perdidas" a propósito de que xusto esta semana, Ouija confirmaron que volven a traballar nun novo disco logo de 13 anos.
Aparte dunha cultura musical pobre, España nunca se mostrou coma un país no que o Metal fose un movemento moi seguido e probablemente esta sexa unha das principales razóns polas cales nunca surxiron demasiadas boas bandas. E xa non digamos bandas con proxección internacional. Se nos metemos no mundo de subestilos máis underground dentro do Rock-Metal coma o Black Metal, é obvio que atoparemos aínda menos bandas, entre as cales rara vez se pode escoitar algo con certa calidade ou orixinalidade.
A mediados dos 90 o Black Metal estaba no seu esplendor, e aínda que parece que en España vivísemos nuns eternos 80 na maioría do Metal e as modas sempre tenderon a chegar 3 ou 4 anos tarde, podémonos encontrar cun dos mellores lanzamentos do Black Metal a nivel estatal de mans duns descoñecidos de Huesca chamados Ouija.
"Riding Into the Funeral Paths" foi editado por Repulse Records en 1997, sello previo a Xtreem Music que logo de oír unha demo decidíronse a sacar rápidamente un larga duración. A pesar de empezar a compoñer máis material, a banda disólvese pouco despois, parece que debido a desaveniencias entre os membros. O cantante Midgard máis tarde formaría outro grupo de Black Metal chamado Spellcraft, tamén de black metal. A finales do 2009, decídense a resucitar Ouija, que prácticamente neste tempo adquireu o estatus de "banda de culto" por sólo ter un disco editado con boas críticas dos medios e desaparecer en principio para sempre xamais.
Dentro de "Riding Into the Funeral Paths" podémonos encontrar un black metal con tintes suecos e melódicos, que tamén nos poden recordar por veces a uns primeiros Satyricon ou Cradle Of Filth. O sonido non é o mellor pero cumple, e as estructuras das cancións son variadas e manteñen unha boa cohesión e atmósfera durante todo o álbum. Pode que non sexa un disco que supoña un hito na historia do Black Metal, porque segue a ser Black Metal sen moita orixinalidade, tratando os temas típicos do xénero, pero son indudablemente xa parte da historia do Metal Underground español.
Como curiosidade, a xenial portada do disco está feita por Joe Petagno, autor tamén das famosas de Motörhead.
1. When the Sun Shall Die 05:33
2. Crossing the Seventh Gate 05:23
3. Unbriedled Transilvanian Passion 05:56
4. Hear the Call of Wolves (Fullmoonlight Lovers) 07:12
5. Before a Possible Relapse 05:10
6. In the Witching Midnight 06:30
7. Riding into the Funeral Paths 05:51
8. Holocaust in Heaven 01:34
Total 43:13
1 comentario:
http://ascoven.blogspot.com/2010/07/ouija-rehearsal-1996.html
Publicar un comentario