Un homiño da terra gana un concurso televisivo xaponés cantando nin máis nin menos que a intro de "As bolas máxicas". Poucos serían os nacidos nos 80 que algunha vez non cantaron ou cando menos tararearon unha das series anime que máis influencia tivo entre os novos do Xabarín Club, e incluso pre-Xabarín, que eu acórdome de ser asiduo a SonGoku antes de que o club ese entrara na TVG. Pois este rapaz vigués, que parece ser que automáticamente se convirte nun icono entre os fans de anime españois, foi o gañador do concurso xaponés que sae no video, o cal parece un desvarío de colores, flashes e subtitulos cun formato moi... xaponés (non teño adxectivos para esa forma de facer tv) bastante diferente ós programas nacionales...
1 comentario:
imprezionante el gallego y el super Z
Publicar un comentario