jueves, diciembre 11, 2008

As traduccións da gallega non che son coma peneirar, meu II - O sarxento de ferro

Os demáis volumenes

Logo do exitoso primeiro post (As traducións da gallega non che son coma peneirar, meu I), esta nova entrega sobre as dobraxes da TVG vai íntegramente dedicada a "O sarxento de ferro", que desde o momento que a vín souben que pasaría directamente ós clásicos da doblaxe galaica xunto a outras coma Pulp Fiction ou Jeepers Creepers (esta teñoa que conseguir como sexa).
É unha pena que co cambio estúpido ese de normativa as pelis dobladas antes do 2003 foran redobladas ou nunca máis emitidas... ten que haber algunha maneira para ver eses clásicos outra vez.

Con todos vos, frases míticas da doblaxe en gallego volumen dous, meu!
"O sarxento de ferro", con Clint Eastwood coma o Sarxento Highway
Escena do cárcere:
Preso -"Qué carallo quéres dicir, chaíñas?"
Clint - "Por se non o sabes... son un tipo duro e estou canso, como arame de espiño e mexo napalm, e podolle atinar ó cú dun piollo a douscentos metros, así que vai foder a outro coa túa cara de cona antes de que cha revente"
Preso - "Non vas ser tan gracioso cando che meta os collóns na boca, marine"
(...)
Preso - "Primeiro vouche tatuar uns galóns, maricallo" (sacando unha navalla)
Audiencia - "Xa está armada"
Clint peta no preso...
Audiencia - "Mi ma heeeheee deixouno coma un zarato"
"Deixou deixou"

Clint - "entón o asunto empezou a cheirar mal, un comité de congresistas maricas, tan inútiles que non eran quen de botar peidos bebendo cervexa empezaron a dicir que os marines non podían ir ás casas de putas"

Clint - "volviche foder no can do veciño ou é que todas as tardes estás así de apirolado?

Clint -"...tiven as miñas diferenzas con algún pixafría"
Tenente - "a verdade é que non sei se admiralo ... ou mandalo ó carallo dunha puta vez!"

Marine Jones- "hey meu, amólote eu mentres andas a namoriscar coas ovellas??"

Sarxento maior - "O noso xefe de operacións ten o cú tan "apertado" que solta a merda pola boca"

Escena de cando coñece ó pelotón
(rompe o radiocasette contra o chan..)
Clint - "Son o Sarxento Highway, bebín máis cervexa, mexei máis sangue, fodín máis fulanas e repartín máis ostias ca todos vos xuntos"
Marine 1 - "Nós coidamonos sós"
Clint - "Se ainda vos mexades por riba, o que hai que oír..."
Marine 2 - "Nooon tal!"
Clint - "Non me impresionades!!"
Marine 2 - "Este pelotón é a ostia meu"
Clint - "Meniñas non pensedes que ides lacazanear só porque o voso último sarxento era un chaíñas, un vello que contaba os días pra se retirar. Idesvos empezar a portar como marines desde agora"
Marine 1 - "A tí quén te invitou??"
Clint - "Non estou aquí pra darme duchas con vósco, papaostias!"
(...)
O Sarxento Highway vé ó negro que lle roubou no bus no medio deles...
Clint - "Vaia vaia vaia, dígovos desde agora... que a vosa vida vai cambiar... de mín a vós, eu sairía de festa esta noite, botaría unhas risas, faría o parvo e fregaría a pixiña contra a miña rapaza... e senón meteríaa en calquera burato,... en calquera caso aliviadevos, porque desde mañá ás 6... o voso pelexo é meu..."

"é que levaba uns días á miñoca"

Marine - "...vaille arrincala cabeza e cagar nela!"

Clint - "cago na cona!! vin tomar unha cervexa e xa me estás poñendo de mala ostia"

Dono do bar - "Eu paso os marines moito polo cú!!"
Clint - "Ai si? porque non te pós nesa mesa e che dou polo cú logo?
Dono do bar - "Qué dixeches?"
Clint - "iso é o que te pón, non? acabas de dicilo... mandareite pra casa con cara de acabar de fodelo gato dos veciños.."

Marine - "Vaia reventacollóns!"

Clint - "cando parezades marines sentirédesvos marines e ben axiña vos comportaredes coma tales ... caago no carallo"

Clint - "empeza unha canción xa!"
Marine "Collóns" - "é que non recordo ningunha, Arti"
Clint - "pensa rápido idiota, ou vouvos ter correndo ata a noite"
(...)
Marine "Collóns" - "no coche do meu vello e co depósito cheo!... unha man na cona e polo cú un dedo!"

Clint - "vaite deixar coma unha peneira"

Clint - "qué pasa!? espertades cun penico na cabeza?!"

Marine Jones - "Sueco, sé amable co xefe"
Marine "Sueco" - "vou arrincarche os ollos e cagarche nos buracos"

Clint - "Señor.. pois sí que é un comportamento moi digno pra unha muller madura.."
Aggie - "Unha muller ma..? Mula de guerra trenca! vouche dar eu a ti dignidade!"

No hay comentarios: