Xusto agora está sendo o concerto aqui no IFEVI en Vigo de Lenny Kravitz, un artista que empezou por aló do 89 co seu primeiro disco, un total numero 1 nas listas de ventas estadounidenses.
Pero para saber quén é realmente este personaxe, decidinme a escudriñar algo na súa carreira musical(que non na súa vida).
En calquera lugar onde te metas a mira-la vida deste artista sempre salen as palabras "genio dos instrumentos" ou "admirable compositor" ou etc. etc. bueno bueno bueno...
Hai que decir que os comenzos deste rapaz foron bastante malos, parece ser. Foi un admirador de Prince, outro bon, que se supón que é un xenio multiinstrumentista pero que non o demostra facendo nada deso na súa música... a mín sóname a coma se eu digo que son un xenio do arte pero métome a pintar casas (o meu nombre e branding fará o resto para que a xente "admire" cómo pinto casas). Pois ben, este Lenny parece ser que foi un fiel imitador de Prince toda a súa adolescencia, ata que veu que era un auténtico fracaso (si, a pesar de ser un multiinstrumentista desde moi pequeno e blah blah non vendía nin para a familia).
Uns anos mais tarde parece que se dá de conta que o que realmente lle inspira é "clásicos como Led Zeppelin, Jimi Hendrix, Bob Marley o los Beatles y su estilo se volvió más fresco, alegre y auténtico".
Pois a verdade é que tivo que ser un cambio bastante radical para ser un fracasado que non sabía compoñer a pasar a firmar un contrato co xigante multinacional Virgin polo 1989 cun primeiro album "Let Love Rule". ¿Empeza a ulir algo raro non?
¿Que tal si seguimos con que a daquela absolutamente en voga Madonna no ano 1990 se fixa nel e co-escribe con el un tema máis, chamado "Justify my love" que chega directo a número 1 do Billboard?. Bueno a partir de esa todos coñecemos máis ou menos a carreira continuadamente exitosa de Lenny Kravitz.
Teño que decir que máis ou menos, porque tal e como a maioría de artistas pop, sobre todo artistas pop e rock das últimas 2 décadas, as décadas do crecemento do marketing como concepto e coma ciencia, estes artistas están absolutamente condicionados pola "Media". Nesta época o que meten máis polos ollos ou o que che saben vender mellor é o que acaba vendendo finalmente (sí, estou dicindo que a xente en xeral é parva e influenciable). A calidade musical que durante os 90 foi mínima e durante o 2000 en adiante seguiu a mesma senda a nivel global xa case que pouco importa. O mundo está globalizado, e o NEGOCIO MUSICAL non se salva. Tanto que a xente sería capaz de comprar cancións de musica basura feita a propósito (uno! el.. ) tanta que a xente non se preocupa de si o que está oindo xa sonou antes,... O poder do marketing ben feito, o marketing ben enlazado é unha ("a") fonte de riqueza para as compañías que viven dos seus negocios, que viven de vender os seus productos e servicios, neste caso dunha maneira global.
Volvendo ó caso de Mr. Lenny, coma ben podía ser o caso de centos e centos de artistas nos últimos tempos, estou seguro de que Virgin non veu boas cancións cando se fixou nel. O que veu foi un producto vendible, cun bo escaparate (a xente dice que é un tipo atractivo, será que eu son tío e non o vexo asi, creo eu que se estivera traballando nunha obra poucas se fixarían nel, unha vez máis... imaxen e venta de imaxen), unhas boas maneiras de rock-star, e cun par de cancións que cun pouco de promoción poderían ser éxitos. Tan só faltaba apoio, unha potencia que levara esa imaxen máis aló e por suposto non o poido asegurar, pero non me sorprendería que Virgin lle dixera a Madonna, unha das suas máis sólidas artistas que lle dera un empuxonciño á carreira do que eles crían unha posible fonte de ventas.
Tal vez agora se todos os que estan escoitando ese concerto ou fans de Mr. Lenny lesen esto, correríanme a collejas :D pero solamente aporto outro punto de vista diferente sobre os artistas, neste caso ligado ós meus estudios (música e marketing, os meus 2 intereses nos ultimos anos).
E a verdade é que realmente logo de oír a música de Mr. Kravitz, teño que decir que me parece máis que do montón. Tal vez o único positivo que poida decir é que ten unha voz particular, e que certos toques de algunhas cancións consiguen chamarme de vez en cando a atención, pero non chegan a máis. Considero que hoxe en día hai xente con moita máis calidade compositiva, pero non teñen o nombre Kravitz para nin tan sequera ser oídos ou valorados (e xa non digamos neste país onde a cultura musical está a un cero conxelado desde fai moito tempo e os novos artistas nin sequera son tidos en conta pola "media" niiin sequera para sonar unha vez na radio sen que haxa alguén detrás poñendo cartos para elo).
Bueno, volvendo ó tema... por certo! ¿quen me dice máis de 3 cancións de Lenny Kravitz? o outro día estiveno falando con máis xente e non o dabamos sacado .. tal vez preguntándolle á xente que está no conc... hm no quizáis tampouco... XD
Hoxe tomeina con este personaje coma a podía tomar con calquera outro, fose Manu Chao (un gran letrista onde os haxa............ outro ben sobrevalorado) ou Britney Spears ou o Chiki Chiki (ah no! espera que con este xa me ensañei XD) ou con Los Suaves (un grupo que me sigue sorprendendo por encher cada vez que fai concertos a pesar de que Yosi esteña acabado, o baixista se sente porque lle cansa estar de pé ou non sacaran nada decente desde San Francisco Express xa fai uns cantos anos, baixo o meu punto de vista). O fenómeno "fan" é algo que nunca entenderei, ¿haberá tanta xente con tan pouco criterio para asegurar que o novo que fai o seu grupo preferido sigue sendo o mellor, ainda que se repita coma o allo ou ainda que a calidade baixase dunha forma moi considerable con respecto a aquel/es disco/s cos que o enganchara???
Moitas veces me segue sorprendendo ver a xente que gustando o inicio ochentero de Metallica pode dicir que lle gusta Load, Reload e ademáis St. Anger (...)
Gustaríame probar qué pasaría se a un disco, xa que estamos, de Lenny Kravitz lle metese a voz Mr. Hetfield e o sacaran coma o "novo disco de Metallica". Posiblemente sería un superventas. E é que a palabra-marca Metallica é xa moi poderosa (esto ten que ver co que poñía nos comentarios do anterior post que falaba do Chiki Chiki (This is Spain)).
Ben, todo este tocho veu por 2 cousas preferentemente: por un lado oín a xente dicir que non iría a ver un grupo mítico coma Skyclad (10 €), que revolucionou todo o folk-rock-metal a nivel global, porque se gastaría a suma de 35 € en ver a este Pop-rock-star chamado Lenny Kravitz, xente que gusta do rock e metal (parece)... e logo tamen porque no periódico de ontes aparecía a noticia de que "Lenny Kravitz "sólo quiere" dos Mercedes S 600 último modelo" para a súa estancia en Vigo.
"Es una gran estrella y como tal quiere ser tratada" - parece que é o que dicen os do concello de Vigo... A min paréceme patético, absolutamente, tanto os "antojos" destes individuos coma unha resposta tal do concello, pero bueno, que cada un saque as súas conclusións...
Outra cousa que me chamou a atención e para INRI dos fans e que gusten da música de Kravitz, é que parece que non van poñer teloneros coma parece que levaba na súa última xira(coma normalmente fan os grupos grandes, ainda que sexa con bandas locales). Senón que .. tachán! para o previo os grandes do Concello de Vigo meteran a un DJ! e como non.. non vaia ser que o presupuesto se vaia moito.. un DJ de Vigo!!!.. ¿será o que pincha no Embassi? no Ferre? (...)
Supoño que ós que lles guste o pop e rock non estarán moi a gusto con oir música semi (ou toda) grabada que pincha un fulano que pode ser o que pincha no pub ó que suelen salir de marcha.. pero bueno..
Esto dos DJ's xa de paso é algo que che me toca ben os... non me vou meter moito co seu baixo coñecemento sobre música (obviamente para ser DJ non se necesita ir a un conservatorio nin moito menos, de feito teño un amigo que o aprendeu en 2 semanas e según decía a xente non o facía nada mal,... hm digo eu...que aprenda a tocar un instrumento musical en 2 semanas a ver cómo lle vai... ). Pero voume meter con que anden metendo estes individuos en todos os saraos: fai pouco uns amigos dixeronme que na festa da Marosa de Burela (norte de Lugo), unha festa eminentemente de Folk, meteron coma colofón a un DJ!!! pero bueno!!!! era para correlos a todos a paos XD ahora estoume rindo pensandoo, pero éche ben triste que teñan que recurrir a este tipo de solucións...
...ainda que sempre tiran as máis cómodas e baratas solucións...
como dixen... triste.
2 comentarios:
wola,
A partir de los 90 no hay música solo màrqueting, solo caras bonitas que tienen una voz normal i una canciones que ni tan solo se componen ellos. i como respuesta de este màrquetig musical, que por cierto sale caro, sale la alternativa del DJ, que en mi opinion es muy triste, xq si quiero escuxar canciones una detras de otra me quedo en mi casa i me pongo mi lista de música en orden aleatorio para dalre mas emocion. Ya no hablemos de los excentricos caprixitos de los "cantantes" mimados i consentidos de hoy en dia o de la incoherencia de llevar a un DJ para una fiesta folk!!!!
Donde estaran los cantantes como Franc Sinatra, i otros,...
B7s
Wow vaya! Pensaba que después de escribir esto tendría a muchas voces en contra que me recriminarían mis palabras jeje, sobre todo al nombrar a artistas que supuestamente "quedas bien" si dices que te gustan, aunque desde luego Lenny Kravitz no es un caso extremadamente sangrante, puesto que como he dicho, tiene cosas decentes en su repertorio, si me meto con triunfitos o reggaeton escribo una tesis XDD
Gracias por leerme aunque fuera en gallego espero que más o menos entendieras todo ^^
Petonets!
Publicar un comentario