jueves, enero 17, 2008

Decision de linguas

Tomei unha decisión; visto que a pesar de ser recriminado en varias ocasións e por diferentes personas por utilizar inglés neste blog, ninguén se atreve a comentar ainda que eu o pida. Pois vou tomar a decisión de non volver ó galego nin español próximamente, xa que desde que cambiei ó inglés o número de comentarios reduceuse case a cero, non vexo motivo para ter como idioma "oficial" aqui o galego (o que non quere dicir que esporádicamente o vaia utilizar). Desde que 1 de cada 2 visitas se fan desde fóra de España, e de que nos últimos 9 días esta páxina tivo 240 visitas e só comentou 1 persona (que sei que entende inglés perfectamente)..., xa me dá igual o que os demáis digan, fareino á miña maneira, gústelle ou non ó resto.
Ademáis para min escribir en inglés é unha especie de práctica que me gusta non perder, tanto aquí coma en http://cultbizarre.blogspot.com/.
Desde que cheguei de Estonia vexo que o nivel de outrora minguoume considerablemente, asi que esa é outra boa razón aparte de que a metade dos que lean isto non sexan hispano/galego-falantes.
Consecuentemente, non vou pedir a ninguén mais que comente se non quere.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

yeahhhh, be yourself, my friend, Don´t let people tell you what to do or how do, is the same, they never be alrigth.
On Your Own Way. Stay Free.

enlil dijo...

É que non ten sentido que despois a xente me comente por messenger ou mail as súas opinións.. a gracia está en comentar,discutir, ver diferentes opinións (distinta á miña)..
Asi que nanai, quen non queira que non poña nada, eu non o pido máis.