sábado, octubre 14, 2006

Moonsorrow + Manatark + Herald + Bloodforge












































E por fin chegou o día!!!
Moonsorrow estaba ahí, e non vía que chegara a hora de velos nunca!
Antes da miña crónica, vou ter que dar unha queixa! Porqué coj.. me comprei unha cámara tan mala!!!Vamos, non se salva case nin unha foto!!!!
E o que é peor!! O outro día saquei un video con ela... e cal é a miña sorpresa cando o vexo no ordenador... e .. non se oe!!! Graba sen audio!!!!!
Noooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!!!!!!!
Eu que xa pensaba grabar o concerto case enteiro de Moonsorrow!!!
Dioooooooooos
Bueno, deixemonos desto , que me pon de mala leche e vamonos centrar no metal propiamente dito.
Pois a eso das 7 funme para a sala eu solo, si, non me dixo nada o moro este nin me avisou de nada. Previamente eu dixeralle que nos veriamos en recepción, pero alí non apareceu ninguén, asi que aló me dirixín eu.
Primeiro, decir que me esperaba que os jevis norteños estes foran moito mais góticos.. e as tías tamén.. pero non! Prácticamente todos van vestidos con cuero, pero non son góticos, nin maquillaxe, nin tías con adornos tenebrooosos nin rejillas nin cousas do estilo... Tamén había relativamente poucos (comparado cun concerto do estilo en España) que levaran camisetas de grupos... e as que había eran de grupillos extremos tipo Burzum, Carpathian Forest... etc
As tías, había moitas que perfectamente podían trasplantarse directamente a unha disco e darían o pego, case diria que un 80%. Eso si, moitas tías pa un concerto de viking/black e un nivel moi alto ademais...
Bueno, ahi empezamos co primeiro grupo, Bloodforge (estonios).
Foi demasiado, todo o mundo que estaba por alí, estaba case estático, e nada mais, xusto nada mais empezar a caña destes todos todos os das 4 ou 5 primeiras filas empezaron a menear as greñas coma posesos!!! E eso non é todo, no concerto había nenos!! e non lles botaría mais de 13 anos que o estaban dando todo!
Pois este primeiro grupo pareceu contentar bastante á maioría da audiencia. Facían un death melodico rápido, con certas partes interesantes, pero que cansaba porque non eran un prodigio facendo cancións nin sendo moi novedosos. Podería comparalos, salvando as distancias cos primeiros discos de Dark Tranquillity...
Os seguintes foron Herald, sorprendentes, cando menos. Eran os que menos pintaban no concerto debido a que eran os menos extremos e mais experimentales... en certo sentido recordáronme a uns Faith No More contemporáneos, a min gustaronme máis cós anteriores, pero eso era algo fácil! As pintas tamén eran un pouco "alternativas", asi que xa me supoñía que non iba oir nada extremillo....Tiña cancións moi boas, pero alternaban con outras que se facían moi pesadas e largas... á xente, que viña sobre todo a ver a Manatark e Moonsorrow, dame que non lles fixo moita gracia...
Logo dun immenso parón de 1 hora, tocaron Manatark, cos que se volveron todos tolos!!!
Poucas veces vira un concerto onde desde a 1ª fila ata case o fondo todo o mundo se estivera desvivindo por facer headbanging e cornos!!! O mellor era ver as tias, algunhas que parecían modelos!! tamen facendo headbanging coma posesas, e Marcos, aquí as tías fano moito mellor que en España jajaja
A verdade é que sonaron bestiales! potentísimos e moi blackers.. un dos bos puntos do concerto!
E por fin lle chegou a hora a Moonsorrow, e aqui si que todo se desbocou por todos lados, a xente deuno todo (non me pensaba que foran asi, pensaba que sería todo moito mais tranquilo, conocendo ós daqui). O punto malo foi que cos Moonsorrow apareceron tamen os borrachos no medio, que se caían no medio, empuxaban e armarona un pouco. Debido a esto vinme obligado a pasar desde case a primeira fila ó lado do cantante a un lateral... mellor non meterse no medio de rusos borrachos.....
Indo ó tema, Moonsorrow enormes, desgalliteime coreando as cancións (houbo algún estonio que soubo da forza dos berros de Galicia!!!) e case me volvo afónico pa casa (parecido ó de Ancient Rites). Ademais recreáronse mais do que eu cría nos seus 2 primeiros discos, os que máis me gustan... así que tremendo. O sonido, tamén perfecto! ó igual que as anteriores bandas (cánto teñen que aprender algúns ahí en España... non pode ser tan difícil!).
Como supoño que sería a costumbre viñeron todos manchados de sangre... e a posta en escena foi moi boa, animaron que daba gusto e incluso modificaron algunha canción para facela máis forte ainda en directo!
Por certo! vaia tripa cervecera a do cantante!!
Un dos mellores concertos para min dos ultimos anos!
Oooogh tamen, para os fans masculinos, teño que dicir que bueno, habia unha tía ó meu lado pfff
A tía era coma unha mezcla entre o corpo de Floor Jansen, a de After Forever coa cara de Tarja Turunen ex-Nightwish, sacábame media cabeza de alto e diooooos vela facer headbanging... eso si que daba gusto vela!!!! Eso por non mencionar que no medio do concerto eu estaba rodeado, de 4 tías, e 2 mais que taban adiante delas, eso é imposible en España, e qué tías!!!
Por certo, ó final do concerto, falei co guitarrista de Moonsorrow e xenial! quedouse flipao cando lle dixen que era de España, e dixome que tiña moitos amigos alí.
Por suposto vinme con unha púa de Moonsorrow e outra de Manatark jejeje
Ah! e tamén ó final falei co líder de Manatark, que tamén alucinou cando lle dixen que era español!E incluso me saquei unha foto con el que podedes ver aqui!
Bueno, eso foi a grandes rasgos todo o concerto, xa me contaredes qué vos parece e se tal xa vou comentando logo máis cousas que pode que me olvidara
Metaaaaaaaaaaaaaaal

37 comentarios:

enlil dijo...

bueno, acabome de dar unha alegría ahora mismo!
SWALLOW THE SUN
METSATOLL
SKYFORGER
o dia 11.11.2006 en Tallinn
Aaaaaaaaahahahahaha

Anónimo dijo...

Woooowwww!!!!

Swallow the sun!!!!! e Metsatoll!!!! Nada menos!!!!
E polo mesmo precio: Skyforger!!!

XDDD

Bueno, xa vexo que o pasache ben cos Munsorou e os outros!! E deixa de andar babeando dentras das "tallarinas" XDDDDD e céntrate un pouquiño!!! jaja

En fin, saudos.

Anónimo dijo...

Xa vexo q cada vez tas mais na tua salsa, asi me gusta.
O que me extraña e que una persoa q non coñeces de nada a cal nin sequera sabes de onde proven te deixase tirado, jeje. Sabe dios q lle dirias ti en ingles e que entendería el, menudos dous, jeje

O da camara seguro que non e defecto teu? Proba a quitar fotos cando non esteas movendo esas melenasas, jeje

Deica meu

Anónimo dijo...

É MOITO FOLK!!!!! Teño que irme eu para aló xa!!! Anque swallow the sun????
E por certo...Skyforger...folk metal? igual hai Peruanos pola calle tocando que lle poñen máis distorsión!!! jaja, a ver como se fai headbanging con iso (polo menos o que oín deles... quero pensar que teñen algún disco diferente porque senón o que podes é collerte unha doncella rusa pra bailar danzas populares, jiji. Será como aquí ir á verbena!!!)

Anónimo dijo...

Eu o que creo é que deberías deixar de enseñarnos as fotiñas dos ghevirulos barrigudos (que total, xa as podemos ver en metal-archives) e de vez en cando deleitarnos con algunha desas tenras ghevirulillas (EU QUERO VER A FLOOR JANSSEN-TARJA TURUNEN ESA, QUE NON O CREOOOOOOOOOO!!!!!!!).

Swallow the Sun......... \m/ \m/
Pffffffff!!!!!!!! Ai! Mcmetal! Non sábe-lo que te perdes!!!! Escoita "Descending Winters" e despois, cando se che deixe de eriza-lo pelo, di o que queiras \m/

E humpa-marcos que vai desempolvando os discos de Skyforger que só debiches oir o equivalente ó Visor Om Slutet deses que ben ti sabes (ou o novo de Borknagar que tamén vai por ese pao de desenchufarse).

Pois iso, saudos a todos, e consoládevos, que a envexa compartida é menos envexa ;-)

enlil dijo...

Pos non sei, pero costando menos de 10 euros, coma tamen foi o de Moonsorrow, voume xa reservando a miña entrada...
E pensar que en España ver a Tierra Santa ou Lujuria pode valer uns 12 ....
Ademais acabome de enterar que o 27 deste mes tamen veñen Anathema, pero non che sei, se costan demasiado igual paso de velos, que o ultimo disco écheme un pouco rallante!


Swalloooooooooooooooooooow!!!!!

Anónimo dijo...

Pois si! tiñas razón Xoio, Skyforger... vaia túzaros!!! jaja! case me gustan mais sen que enchufen os instrumentos..jiji. Teñen o seu punto pero lonxe de outros grandes do xénero.
Por certo... algún dos dous discos de un grupo madrileño chamado Hordak?? Dime que si...(bueno, fijo que si, jaja). É que eu só conseguín baixar cancións soltas e sáense moito!!!!

BATTLE BARBATTERY!!!!!
E si queremos ver máis protuberancias pectorales ca abobinables!!! Por certo...curiosa mezcla musical a do concerto este...xa contarás que tipo de fauna se reune por aí!!! FOTOOOOOSSSSS

Anónimo dijo...

cominme unha palabra antes...a pregunta é se tes algun deses discos!! Saúdos!! & quero crónica do de Catamenia!!!! jaja

Anónimo dijo...

Atencion fans dos "concursos televisivos" (jejejeje), e, sobre todo: Atencion CANERO ao seguinte DVD que estará en breve nas tendas.

(Para saber de que falo pinchar no meu Nome De Usuario)

Metaaaaaaaaaaaaaaaaaaaal

Anónimo dijo...

Marcos, refíreste a estes Hordak????
\m/ Hordak molan \m/
\m/ Hordak molan MOGOLLON \m/

Pfff! E despois din que eu son raro :~P

Pois non, só teño unha canción do tributo a Falkenbach... E non aparecen nin por kerrazy nin polo emule, pero seguro que molaaaaannnnnn!!! Ha ha ha ha!!! CELTIBERIAN PAGAN METAL IST KRIEG!!!! Dame a min que se van convertir no grupo favorito de McMetal.

PD: Hordak is a villain from the cartoon "Masters of the Universe." According to the band, the name was chosen for its connection to their "childhoods and present ideals."
Ha ha ha ha!!! A ver cando montamos un grupo que se chame "Children Of Espinete" ou "Swallow Don Pimpón" para sentirnos conectados coa nosa infancia e os ideais actuais... Ha ha ha ha!!!

PD2: Letra de "Beers, Axes and Oak"
IMPRESIONAAAAAANNNNNNTTEEEEE!!! Xunto co Metalópolis de Valhalla, un icono da poesía lírica contemporánea!

Menos mal que andan por aí os do Market Square Massacre para poñer algo de seriedade no mundillo ;-D

Anónimo dijo...

ja,ja,ja!!! si, os mesmos!!! Acaso ti nunca pensache, estando en Vilaúde, coller unhos fouciños, un viño con gaseosa e uns toxos e votarte á conquista de Ferreira!!! (mmm boa idea pra letra dunha canción, jiji, ocurriríaselle antes a alguén??)
Ahora poñendonos serios!!! Molaaaan moitoooooo!!!!! escoita a canción The last european wolf! Eso si é un narrador e que se vaian deitar os Rhapsody co Sr. Lee!

http://www.myspace.com/paganhordak

enlil dijo...

Diossss
eses hordak!!!!
Por certo no link de marcos, a páxina de myspace, salta unha das súas cancións, e é Felix Rodriguez de la Fuente o que fala na intro??? jajajajajajajajajajajaja
Pagan pagan pagan
Por certo, fai poucos días veuse a vivir connosco un tío letón, e moi ben con el! Case non nos damos conta de que tá, levántase ás 8 da mañá e volve ás 10 da noite!!!
Pero cando se deu cuenta de que eu era un metalhead, o primeiro que me dixo foi: ah! en Letonia hai un grupo moi coñecido, tal vez o máis conocido do pais en canto a metal, a ver se che sona: SKYFORGER!
hahahaha
E flipou cando me veu que me trouxera un dos seus discos!!
Esto é como si en España eu digo, sí un dos grupos máis conocidos é Runic!

Anónimo dijo...

Si o mesmo!!!jaja, resucitado de entre os mortos para invocar o espírito dos bosques por unha última vez!!!!
Feliiiiiiiiiiiix Rockdrígueeeeeeeez
de la Fuenteeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!
;-)

Anónimo dijo...

Marcos: Acaso ti nunca pensache, estando en Vilaúde, coller unhos fouciños, un viño con gaseosa e uns toxos e votarte á conquista de Ferreira!!!

Xa houbo quen o fixo:
Hordak en Cervo!!!!

Ha ha ha ha!!! \m/

Anónimo dijo...

ops, x son eu

Anónimo dijo...

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA!!!!!

Anónimo dijo...

Pois si, nin me lembraba. Realmente esa foto é memorable.
Damos o pego como Vikingos, jajaja.

Enlil, amósalles a foto aos norteños... para que vexan que no "sur" non so hai toros e flamenco... senón cabestros e Metaaaaaaaaaaaaaaaaaaaal.

XDDDDDD

enlil dijo...

Mirade quen está ahi sacando unha foto na dereita arriba!!!
http://gallery.alkohol.ee/v/hrcculta2006/DSC_4440.JPG.html

Logo encontrei algunha mais... pero solo se me ven cachos da cara e da man coa miña goma amarilla fosforita
A camiseta amarilla non se ve, porque eran todos tan altos que era imposible destacar por encima.

http://gallery.alkohol.ee/v/hrcculta2006/DSC_4234.JPG.html

Nesta podedesme ver un pouco ó fondo e á esquerda
http://gallery.alkohol.ee/v/hrcculta2006/DSC_4424.JPG.html

E nesta, disfrutando case en primeira fila do headbanging que me pide el cuerpo!!!
http://gallery.alkohol.ee/v/hrcculta2006/DSC_4425.JPG.html

enlil dijo...

A goma fosforita non a tiña na cara eh!!!???
Levabaa na muñeca, obviamente!!

Anónimo dijo...

pq aparece a palabra alkohol nas direccións q deches?
Impresionante, entre toda esa muchedumbre debías ser o que tiña o brazo mais moreno de todos, a partir de agora n che fai falta por a goma (a da muñeca e pillín), jeje
A foto de marcos e mcmetal... sen comentarios, jeje

Deica meu

Anónimo dijo...

Enlil: "Mirade quen está ahi sacando unha foto na dereita arriba!!!"

Ha ha ha ha!!! MOLAAAAAANNNNN!!!!

Marcos: "& quero crónica do de Catamenia!!!! jaja"

Imos logo facer crónica, mentras non chega Swallow The Sun...
O tema resumiríase basicamente nunha palabra: ESTAFA!!!
Se acaso poderiamos engadir: NON MERECEMOS QUE VEÑA NINGUEN TOCAR AQUI!!!!

Tocaron tres grupos: Laments of Silence, unha especie de Fear Factory mezclado con In Flames época colony, bah!; Winterhorde, unha especie de Cradle of Filth paganizados, bastante ben; e un fiasco chamado Catamenia...

Tiveron mal sonido (sobre todo comparado con Winterhorde), non se esmeraron nin o máis mínimo (presentación de canción - canción - presentación de canción - canción...) e... tocaron escasamente MEDIA HORAAAAAAA!!!!. Só unha canción do último disco (e aínda por riba en finlandés) e dúas versións!!

Despois, pensándoo, non sei se sería culpa só deles. ¿Non recordades no concerto de Skyclad que tampouco poideran tocar todo o setlist porque os da Iguana lles dixeran "apagando que es gerundio...."? Pois chéirame que aquí pasou algo así, porque era máis ou menos a mesma hora cando pararon (sobre as 3 da mañá). E digo eu: ¿Por que non empezar máis cedo????

Agora ben, ¿por que digo que non nos merecemos que veña ninguén? Cando empezou a tocar o primeiro grupo estaba EU SÓ diante deles, coma un parafuso coa miña birra na man. Só cando o cantante pediu por favor que a xente se achegase, algún que outro foi aparecendo por alí. Iso si, andariamos sobre 30 persoas tirando para arriba, claro. E non se movía ninguén. Con Catamenia, só cando se achegaron os de Winterhorde se puido facer algo de barullo (e eramos 3!!). O dito, que así seguro que pasa a gana de traer a ninguén. E o que comentamos sempre Diego e eu... ¿ONDE ESTÁN OS DOS GRUPOS DE VIGO??? Que entre compoñentes e mozas e algún amiguiño ben fan 50 ou 60 persoas.

En fin, que me excito e acabo extendéndome demáis. Só que vexo as fotos de Moonsorrow e teño envexa, e penso: "Se veñen a Vigo, pasaría algo parecido a con Catamenia, e volvería a sentir vergoña allea". Así que case mellor que se queden por aló, que máis lles vale.

Bueno, lamento a excesiva lonxitude

Anónimo dijo...

Un par de fotiñas:

Winterhorde

Catamenia

A verdade é que se colledes esta foto de Catamenia e lle poñedes música de fondo teriades o concerto tal cual, porque non se moveron máis do que vedes nela

Anónimo dijo...

Ah! E outra máis... Podes deducir, Diego, que á vista do panorama non che puiden conseguir púa de Catamenia... Síntocho moito :-(

Anónimo dijo...

E digo eu, Xoio, (sen sorna de ningun tipo): Non será que os grupos que traen a tocar son "demasiado" underground como para conseguir ter unha certa cantidade de xente???

E ademais, se a esto lle añadimos que Vigo xa non é unha cidade excesivamente metaleira, cousa que non só eu digo... ;) pois, é mais que probable que "sempre" obteñades ese resultado, non???


(ben, creo que abrin a caixa de pandora)

Anónimo dijo...

Bueno... si e non Mc metal. A incultura do heavy hispano non exhime de se hai un concerto, mostrar interés por el. Só que aquí só se vai a concertos se son de Iron Maiden, Gamma Ray (non o digo por faltar, jaja) ou Helloween. O que si me parece raro, é o que di Xoio da xente dos grupos locais... non sei que decir, terá que ver moito ca forma de ser do Vigués..jaja. Pero non creo que decir que sexan grupos demasiado underground sexa a explicación. En Lugo, facían concertos de grupos comarcais que ían dende o brutal, o black ou heavy máis hispano e a xente ía (os heavys) simplemente por asistir a un concerto e ver que música che podían ofrecer grupos, que dende logo, eran descoñecidos e probablemente, malos.
Eu quedei todo jodido por non poder ir ver a Catamenia, pero bueno, ainda sabendo iso... bueno quédame certo regustillo amargo por non velos (anque seguro que me cabrearía moitísimo jaja)

Anónimo dijo...

Pois agora son eu o que digo si e non, marcos. Non deberias chamar inculto ao que non participa do movemento musical que a ti che gusta. A xente cando hai propostas interesantes (e me da igual se teñen reputada fama ou non) acude, en maior ou menor medida... pero si que o fai. Igual o que non funciona en Vigo non son os grupos que traen, ben, igual é o propio lugar o que falla: ben por non ter un movemento metaleiro suficiente como para participar de actos underground (si, cada cousa ten un nome), ou pola pouca heteroxeneidade do que se propón (si, as cousas como son).

En Lugo, como ti dis, fan concertos aos que, como parece ser, acude mais xente que aos de Vigo... pero estou seguro que a uns mais que outros, e eu estiven en alguns de eses é algunhas veces tamén me teño sentido como Xoio nese ultimo concerto que presenciou.

E, por ultimo, non sei cal é problema de que alguen vaia ver a Iron Maiden, Gamma Ray, e Helloween... e non a Winterhorde, e Catamenia ¿?

Teño clarísimo que ti non recorrerias 200 ou 300 km. para ver un grupo underground de Power Metal... de feito, non o faría nin eu. Outra cousa é que o grupo polo que te tés que mover téña-los seus discos e o escoites habitualmente, e nalgun dos casos che mole a OXTIA!!! caso no cal é totalmente entendible que te gastes a pasta para achegarte a velos. Esto creo que explica claramente porque eses grupos que ti nombras (Maiden...etc) teñan maior repercusion que os que iniciaron esta "conversación". Ti de verdade sigues a creer que eso é pola "incultura musical hispana"??

Outra cousa é que esteñades a falar "soamente" da xente que vive no lugar onde se celebra o concerto... Isto, é obvio entender que, en principio, vai a reducir moitisimo o público obxetivo... e... SI... corren malos tempos para a música underground! ;)
E cuestión de prioridades... e todos as temos... incluso Xoio ;)

Anónimo dijo...

coño, vaia chapa soltei... jajajaja

espero que polo menos me explicara ben... ;)

Anónimo dijo...

Sen que sirva de precedente, suscribo TODO o que Marcos di ;-)

McMetal dixit: E ademais, se a esto lle añadimos que Vigo xa non é unha cidade excesivamente metaleira, cousa que non só eu digo... ;) pois, é mais que probable que "sempre" obteñades ese resultado, non???

Grupos de Vigo e arredores:
1 - FALLEN SENTINEL (BLACK)
2 - DRUIDAS (HEAVY EPICO)
3 - MYDGARD (BLACK)
4 - THE HALFKITCHEN (THRASH METAL)
5 - SOUNDSHEPARD (HEAVY METAL)
6 - THE MIRAGE (HARD ROCK)
7 - INSOMNIA (BLACK METAL)
8 - DREAMS OF DOLLY SHEEP (METAL)
9 - IN.VERNO (GOTHIC)
10 - DARKNESS BY OATH (DEATH)
11 - KATHAARSYS (BLACK)
12 - DANTALION (BLACK)
13 - KARNAK (THRASH)
14 - STIGMATRIBE (THRASH)
15 - REOS (THRASH)
16 - ESENIA (GOTHIC)
17 - ORFOS (GOTHIC)
18 - AD LIBITUM (HEAVY)
19 - SHROUD OF TEARS (GOTHIC)
20 - ZONA CERO (THRASH)
21 - NENÖ (THRASH)
22 - REPLYCA (DEATH)
23 - SKYDANCER (POWER)
24 - CADALSO (THRASH DEATH)
25 - UNHALLOWED (GOTHIC)... Estes creo que xa se desfixeron, non?
26 - DESCENT (DEATH)
27 - TO NOWHERE (DEATH)
28 - TRAVELERS (FOLK METAL (?? a estes non os coñecía))
29 - UNREAL OVERFLOWS (DEATH)


... e dame que me queda algún (tes dous ou tres CDs por aí de grupos que non están na lista ¿non Diego?)

Anónimo dijo...

Dioses, sempre fago o mesmo!!! O usuario anónimo son eu

Anónimo dijo...

jajajjaja...

sabia que abrira a caixa de pandora, sobre todo coñecendo a Xoio ;)

Sempre te olvidas de firmar o que escribes porque te quentas tanto que te aceleras... ;P

Que queres expresar exactamente coa "lista da compra" de grupos vigueses??? que deberían ir TODOS os compoñentes de TODOS os grupos a TODOS os concertos que se celebren independentemente do estilo?????????

Mooooooooskis, é moitooooooooo!!!!!

Anónimo dijo...

Ha ha ha!!!
Aí vou de novo QUENTE coma o INFERNO tras sair da Caixa de PANDORA!!!!
E son XOIO CARMESÍ (por se acaso se me esquece firmar ;-)

McMetal dixit: "Teño clarísimo que ti non recorrerias 200 ou 300 km. para ver un grupo underground de Power Metal... "

Totalmente dacordo contigo. De feito eu non vou ir ver a Agathodaimon a Santiago, nin tampouco fun ver a Centinela (preferín ir a Burela, comprensible non? ;-)
Obviamente cada un fala sobre o que máis lle doe. Se viñeran Shaaman ( R.I.P.:-{ ) ou Nocturnal Rites (por poñer dous exemplos de grupos de 2ª división power metal (o cal non quita que sexan mellores ca moitos de 1ª!!)) e te encontraras co que me encontrei eu... xa verías como se che caería a alma ós pés pensando: "¿Por que, oh, Dioses?"

McMetal dixit: "Que queres expresar exactamente coa "lista da compra" de grupos vigueses??? que deberían ir TODOS os compoñentes de TODOS os grupos a TODOS os concertos que se celebren independentemente do estilo?????????"

...era a resposta obvia e lóxica ó meu comentario. Sen embargo o que eu digo é radicalmente distinto: que NINGUN dos compoñentes de NINGUN dos grupos vai a NINGUN concerto, aínda que sexa do seu pau. E o que máis j**e é que son eses compoñentes os que despois por aí se queixan de que é moi difícil sair adiante sen o apoio da xente; ese apoio que non se lles ve dar...

E outra cousa que eu fago é comparar (aínda que as comparacións sexan odiosas):

1)
- Tallinn: 400,000 habitantes (http://en.wikipedia.org/wiki/Tallinn)
- Vigo: 300,000 habitantes (http://en.wikipedia.org/wiki/Vigo)

2)
Isto xa é máis subxectivo (un bo baremo sería cifras de ventas das que carezo) pero non creo que o nivel de popularidade de Catamenia (7 discos) sexa menor co de Moonsorrow (4 discos). Tampouco digo que sexa maior.

3)
Vendo as fotos que mandou Diego e o panorama que tiven eu este fin de semana sinto VERGONZA ALLEA. Foi unha mágoa que non sacara fotos do público para que o poidesedes ver e así comparar como se vive un concerto en Estonia (país que moita xente de aquí non sabe situar nun mapa (se é que cada vez nos parecemos máis a Estados Unidos)), onde seguramente os teñan bastante a miudo, e de grupos ben importantes (aínda que sexa a nivel underground, como poden ser Moonsorrow ou Swallow the Sun; ou os xa menos underground Anathema) e como se vive en España, nun sitio coma Vigo onde hai MOITOS menos concertos e se debería desfrutar Ó MÁXIMO do pouco que nos chega.

PD: Isto si que é chapa, McMetal!!!

PD2: ENLIL!!!!! Engade outra entrada que máis que o teu blog sobre Estonia vai parecer unha carnicería entre metaleiros!!! Se seguro que xa espantamos ós teus compañeiros de facultade }:-D

PD3: POR ONDE ANDA SIMON!!?? QUE ESCRIBA OU DIGA ALGO!!! Que na loita TROO vs. KVLT McMetal se nos vai quedar só!!

Anónimo dijo...

jaja!!! Eu xa non digo máis nada que vos teño medo!!!
Pero bueno, por alusións vou aclarar algunhas cousiñas...
Mr. Metal, cando falo de incultura, falo con coñecemento de causa e non me refiro á xente que non participa do meu gusto musical... pero estou canso de oír iso de "son heavy" e ó final só coñezan ós grupos mencionados e a Manowar, claro... Si, son maioritarios, con máis lonxevidade e triunfaron...anque ese pra min é un término puramete económico, xa que me din mil cousas outros grupos. Mais,si, aí entramos en termos subxetivos e o tema non é se me gusta ou non me gusta algún destes grupos.
O caso é que, realmente, igual porque nós somos unha raza ben friky (musicalmente falando), moitos heavys non soen oír cousas novas, os máis lonxevos quedaronse nos oitenta e seguen sen mercarse un disco no século XXI, a non ser que algún destes sacasen algún directo ou recopilatorio jaja. Os máis novos, pois ben, tamén se quedan con estes grupos ou os máis accesibles, xa que se ben limitados por a pasta, por a pouca información que hai (obviando internet)... logo hai unha serie deles que andan en terra de ninguén que oen a música por oir, e que nin a sinten nin nada! (bueno, esto faime lembrar un mail que habia circulando por ahí sobre os tipos de heavys jaja) E logo estamos, nós que nos poñemos a discutir con toda efusibidade no blog de diego cando deberiamos comentar as fotos das Estonias do concerto de moonsorrow!!!por certo q estonia das fotos vos gusta máis? o rúbio que se parece a Luisiño ou un que anda por ahí que é cuspidiño a Canero JAJA, véxase foto: o das entradas do centro:
http://gallery.alkohol.ee/v/hrcculta2006/DSC_4424.JPG.html
É Canero con rasgos estonios de mala leite!!!
Bueno, vou dar outro dato que igual explica que a xente non fora ver a Catamenia...
Sábado, 21 de outubro: Bustamante en Mondoñedo. JAJA
Dark Embrace, un grupo de Coruña, bastante underground tamén, que tocaba ese mesmo sábado nesta cidade tivo bastante xente polo que me dixeron.
E bueno, si, desde logo non percorreria tantos km. para ver a un grupo de power... nin sequera a Gamma Ray...jaja (esto é xa por picar,jiji) Pero se vivise na mesma cidade onde era e sabendo que os concertos son contaos... sempre preferiria non tomarme un par de copas e ver música en directo mentras só tomo unha (jaja, bueno é un decir).
Bueno, esperando non crear máis polémica e ca única pretensión de aclarar ou precisar os meus comentarios despídome!
Hordaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaak!
Bueno, despois de hordak, outra recomendación túzaro-folklórika por se algúen non o coñece: Waylander

Anónimo dijo...

joder, para non querer decir máis nada... parece unha competición haber quen se quenta máis!!! jaja

Anónimo dijo...

Xoio: "nun sitio coma Vigo onde hai MOITOS menos concertos e se debería desfrutar Ó MÁXIMO do pouco que nos chega"
Eu non te vin en alguns deses concertos dos que falas.

O único que intentei explicar é que todo e cuestion de preferencias, conviccións e gustos, e todos as temos.

Obviamente Xoio ao final estamos falando do mesmo, sin duda, pero de distinta forma.


Marcos, ti disparácheteme a un plano que me fixo recordar certas cartas que aparecen nas revistas tipo HeavyRock cada mes.

Marcos:"sempre preferiria non tomarme un par de copas e ver música en directo mentras só tomo unha"
Por suposto, eso esta claro, e eso é o que facemos normalmente todos os que nos gusta a música da forma en que a vivimos nos... pero non podedes pretender que todo o mundo sexa asi.

E, para rematar, hai algo no que estou TOTALMENTE de acordo con Xoio (sin que sirva de precedente):
"PD2: ENLIL!!!!! Engade outra entrada que máis que o teu blog sobre Estonia vai parecer unha carnicería entre metaleiros!!!"

Anónimo dijo...

olvidouseme...


Enliiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiil !!!!!!

Anónimo dijo...

McMetal dixit: "Xoio: "nun sitio coma Vigo onde hai MOITOS menos concertos e se debería desfrutar Ó MÁXIMO do pouco que nos chega"
Eu non te vin en alguns deses concertos dos que falas."


Imaxino a cales te podes referir pero por un lado xa coñeces de sobra a miña opinión sobre certas "vellas glorias" e por outro, xa vai a suficiente xente coma para que non se note a miña ausencia...
E prefiro a opción de que se traiga a 20 grupos de 2ª/3ª división e 1 só de 1ª a que se traigan só 2 grupos de 1ª e nada máis (que é o que se consigue indo ver só ós "grandes")... Non sei se me explico.

Anónimo dijo...

Xoio:"E prefiro a opción de que se traiga a 20 grupos de 2ª/3ª división e 1 só de 1ª a que se traigan só 2 grupos de 1ª e nada máis (que é o que se consigue indo ver só ós "grandes")... "

Mcmetal: "O único que intentei explicar é que todo e cuestion de preferencias, conviccións e gustos, e todos as temos."

ejem.... que aburrido é ter que repetirse. ;P