lunes, septiembre 11, 2006

Inicializando II

claro que si guapisimas muahahahaha

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Q clase, o mellor e a camiseta, quen seria o que ten ta bo gusto pa regalarche esa cousa tan bonita...

Anónimo dijo...

Iso digo eu, Kike, que cousa!!!

Ainda que, sinceramente, a min o que me deixou completamente asustao é a "camiseta" do que está xustamente á esquerda do "señor" enuma... que clase!!!!!!!!!

XDDDDDDD

Saudos Diegorl, e que sepas que andarei por aqui sempre que poda!!!

enlil dijo...

aaaaaaaaaaahahahahahahahahaha

Anónimo dijo...

Diego con Wally,como o atopaches? A verdade é que non era nada doado atopá-lo despois dun baño en lixivía. jejeje reconocíche-lo polo cuello do polo, non?

Bueno, e volvendo ao tema, vaia pose ... un que sabe!
Un saúdo

Anónimo dijo...

"lixivía"?? ai mi má!!!

"Venga a divulgar barbaridades para el vulgo".

Anónimo dijo...

Pero que camiseta! nin que gaitas!! é que como pode ser que ninguén comentara que ai un tío a facer chaves de kárate no medio da queimada de Cervo!!! Encima rodeado de heavys malvados e ruidosos, por non falar do estraño ser da dereita que en vez de rostro ten unha enorme mata de oscuro pelo!!

Anónimo dijo...

Na clase on-line de hoxe imos aprender un galicismo novo:
"Basoira"
Usemos esta palabra nunha frase xunto ca que xa aprendimos da anterior lección (lixivia):
Diego bebeu lixivia porque o confundiu co vodka e acabou vomitando na basoira.
Ata aquí a licción de hoxe. Mañá aprenderemos outra palabra: Astropallo, seguindo co ciclo de vocabulario útil para a muller.
Aburiño

Anónimo dijo...

Vaia, saeunos un LISTO!!!

Sr. profe, conoce vostede o significado de TRANGALLADA?? Pois iso é o que eu opino dos "galicismos novos".


Con respecto ao "estraño ser da dereita" como di marcos... jeje...
bonita camiseta a súa! Tranquilo marcos, é bo tipo... ....se non se lle provoca... GRRRRRRRRRRRRR

Unknown dijo...

a) McMetal dixit: "TENGO LOS COJONES NEGROS!!" \m/ METAAAAAAL!!!!

** ---------------- **

[...] Na clase on-line de hoxe imos aprender un galicismo novo: [...]

b) galicismo/s.m.
1. Construcción ou uso propio da lingua francesa. ‘Avant la lettre’ é un galicismo. 2. Vocábulo, xiro ou modo de falar propio da lingua francesa, que se adapta a outra lingua e se emprega nela como préstamo.

Seguramente o profe se referiría a:

galeguismo:
3. Ling. Construcción ou vocábulo propio da lingua galega. O pronome de solidariedade é un galeguismo. 4. Ling. Xiro, vocábulo ou modo de falar propio da lingua galega empregado noutra lingua como préstamo

** ---------------- **

[...] Diego bebeu lixivia porque o confundiu co vodka e acabou vomitando na basoira. [...]

c) basoira
Non se atopou o termo

Quizáis o profe se referira a:

vasoira/s.f.
Instrumento formado por un pao que leva nun extremo un pequeno feixe de ramas ou doutro material flexible, que se emprega para varrer. Antes de frega-lo piso hai que pasarlle a vasoira. Disque as bruxas teñen vasoiras que voan.

...aínda que "Diego bebeu lixivia porque o confundiu co vodka e acabou vomitando na basoira." non acaba de ter moito sentido e seguramente o profe se referiría en realidade a "cubo de lixo", onde:

lixo/s.m.
2. Conxunto de materias sucias ou de cousas que non serven e se tiran

** ---------------- **

[...] Ata aquí a licción de hoxe. [...]

d) licción:
Non se atopou o termo

Se cadra, o profe, levado polo devezo hiperenxebrista (hiperenxebrismo/s.m.
Ling. Fenómeno lingüístico que consiste na modificación artificial de certas palabras propias dun idioma, para diferencialas das formas coincidentes noutra lingua da mesma familia, dando lugar a formas incorrectas que pretenden facerse pasar por xenuínas) tan "à la mode" (sic. galicismo) referíase a:

lección/s.f.
1. Exposición oral ou práctica sobre unha materia determinada. Leccións de baile. Recibiu leccións de inglés. CF. clase. 2. Sección dunha materia, que ten unidade de por si e que adoita estudiarse, explicarse, etc., dunha soa vez. Vou estudia-la lección de historia. O profesor tómalle-la lección tódolos
días. 3. Ensinanza moral que se tira dalgún suceso, exemplo ou experiencia polo xeral, desagradable. ¡Hai que darlle unha lección! O suspenso serviulle de lección para outra vez. SIN. escarmento.


** ---------------- **

Moitas GRAZAS e ata mañá.

PD: Fonte:
www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp

Anónimo dijo...

Cagondios Xoio!!! Vaia chapa que soltache!!! Pero que razón tes!!!

XDDDDDDDDDDDDDD

Eu quixen ser un pouco máis breve por eso só parafraseei a un grupo que... vexo que che gusta, carallo!!!

enlil dijo...

Quen eres "profe"??
Aki quero claridad absoluta nos comentarios, que ninguen se esconda en anonimos nin pseudónimos falsos,
por favor!

Anónimo dijo...

Ola amigos e amigas das gaitas e dos centolos.
Vexo que teño alumnos difíciles e algún que creo que necesita clases de reforzo educativo. Meus alumnos, a Real Academia Española de la Lengua Gallega, omite os vosas palabras por considerárense xa arcaísmos e verbas propias de GAÑÁÁÁÁÁS. Por iso, no meu empeño por ALEICCIONAVOS, vou continuar inculcándovos o bo saber da lingua da vella Jaliza.
Na clase on-line de hoxe a palabra que imos aprender é:
"o xoni" (que vén a substituir o estranxeirismo de "o Johnny"). Na zona da Fonsagrada tamén se admite o termo: "o xon".
Utilicemo-lo nunha frase:
As trangalladas de o Xoni tócanlle o carrallo ó profe, por iso lle vai mandar copiar 1oo veces no blog: "mc metal ha sido malo y no volverá a hacerle caso a xolgorio con carme sí" (sintoi foi o autocorrector).
Por favor, para máis información e conseguir o autocorrector de galego normativo v.09.06. para word visitade a miña páxina web facendo clip sobre o meu nome. TODO SEXA POLA LÍNGUA!!! E PARA QUE "O CARALLO" NON SE QUEDE EN DESHUSO

Anónimo dijo...

Bueno carallo, agora parece que para poder escribir neste blog imos ter que facer todos un cursiño rápido da nosa lingua. O que nos faltaba!
Eu dende aquí reivindico a falar ou escribir como nos de a gana, sempre e cando enumaelis nolo permita. Que máis da que sexa normativo ou non, como se se nos da por escribir en reintegracionista, máximos, mínimos ou dialectal, cada un fala como lle saia... e todo isto só porque me saiu nun comentario a verba "lixivia".

En fin, señor "profe"(se é que o debo chama-lo así), dicirlle unha cousa: "o galego está para usa-lo, non para desgasta-lo" así que non perda o tempo en mergullarse dentro do seu autocorrector de galego normativo, cheo de contidos e vocablos unipresente en toda conversa masculina(isto era para continuar coa súa división de linguaxes sexistas, xD),e adíquese entón a atender as leccións de xoio carmesí, co cal coincido no seu comentario. Nótase que a súa escola ou as súas fontes son mellores cás súas.
E ante a espera de que algún informático a piques de titularse, cree o verdadeiro autocorrector de galego normativo, indícolle a posibilidade de visitar www.realacademiagalega.org/volga que espero lle sexa de utilidade.ahí lle queda!jejeje

E nada máis, parabéns polo éxito que acadou este blog case recén inaugurado; que en só uns días recibiu máis comentarios que outros en meses. Aínda que os comentarios pouco a pouco se vaian afastandando do tema orixinal, pero bueno. Quizabes teremos que ir pensando na posibilidade de crear un foro para debater co "profe anónimo" que nos saiu por aquí...quen sabe jeje
Un saúdo

Anónimo dijo...

Plas Plas Plas, bravo profe...

Marcos prepáralle un documento de ingreso ao "colega", que creo que confundeu a súa verdadeira ubicación innata.

Mentras, enuma, opto pola ignorancia total a quen non se identifique no blog, senón (como ben dí luzía) isto SEMPRE se afastará do tema principal, pois os LISTOS é o que teñen... encántalles facerse notar coa sua verborrea.
En fin...

Anónimo dijo...

[...] visitade a miña páxina web facendo clip sobre o meu nome [...]

clip/s.m. (pl. clips)
Prendedor que asegura apertando, de formas e utilizacións diversas. Mercou folios e clips na papelería. Uns pendentes de clip.

Ó mellor para visita-la páxina web de o profe temos que coller un aramio e dobralo de xeito que adopte a forma adecuada, aínda que unha vez que dispoñamos del, ¿que facemos? ¿Metémolo pola unidade de CD? ¿Pola disketera? ¿Por USB?

Polo que eu creo que quizáis (e só quizáis) o profe se referira ó anglicismo "click" ou "clic", que ó non existir nesta nosa lingua, deberiamos evitar baixo pena de Inferno Eterno. A forma correcta de expresa-lo que o profe nos quere aprender sería tal que: "[...] visitade a miña páxina web premendo sobre o meu nome [...]"

Anónimo dijo...

OLA MEUS QUERIDÍSIMOS ALUMNOS!!!!
Son o voso querido profe!!! esa persoa que tanto amades, respetades e admirades!! E traiovos unha nova,e anque esta sexa triste debo de dárvola! Devido a algún pequeno comentario dalgún dos alumnos, xa sei que o resto me seguides todos.... véxome na obriga de retirarme e dar por rematado o meu curso académico, non sen antes darvos a todos as gracias. As gracias por facerme rir tanto, jajajaja! Pero dende logo, como vos puidestes tomar en serio o meu 1º comentario!!! PERO SE É ABSURDO!!!!jaja, por non falar do resto... jiji, vese que tades sensibles co tema que logo saltades! por iso seguin ca coña uns días máis. E máis desde que me dixo diego que a xente me contestaba en serio (jaja). Aiiii, meus galleguistas...
Ademáis, que é iso de anónimos??? acaso cantos colegas profesores tedes, xa sei que non o aparento e que é fácil confundirme antes con un yonki, pero pra algo que fago....
Jaja, Mc metal, Mc metal, estou seguro que algo xa sospeitabas pero aguantei (jiji, que conste que me costou aguantar moito a risa o outro día).
E ó, realmente, profe, jiji, o de clips... moi bueno e ise si que non foi apropóxito, jiji, que cabrón!!
Buah! moitas me choveron,jaja, pero bueno, de todos xeitos sinto haber desvirtuado un pouco o motivo deste blog pero non pensei que vos fórades tomar en serio esas paridas e pensei que ben vos dariades conta de que era eu, pero bueno, xa que me destes a oportunidade pois aproveiteime pra seguirvos a coña!!!
Bueno, Xoni, non me des moi duro cando me vexas, e Luzía... MOITO TE CHINACHE, jaja, e despois din que o galego está en trazas a desaparecer nun futuro, con xente coma vós está ben a salvo oh!!
Saudos!
Profeeeeeeeeee....digo, Metaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaal