miércoles, julio 25, 2012

Manowar e o cine


Después de su debut en el cine recientemente con el tema título de la película "El Gringo", MANOWAR han confirmado su proyecto de banda sonora para "Soldiers", protagonizada por el icono del cine de acción Jean Claude Van Damme.

Van Damme, que es co-protagonista con Sylvester Stallone como villano en "Expendables 2", ha hablado acerca de la colaboración: "Conocí a Joey DeMaio y le expliqué mi visión de la banda sonora completa. Él va a escribir música original, y también escogeré temas de MANOWAR para la película ".

La película será producida por el veterano de Hollywood y colaborador de Van Damme, Moshe Diamant.

"Joey DeMaio tiene la habilidad musical de escribir himnos de combate, baladas soul y los resultados muy emocionales", dijo el productor Moshe Diamant.

"Siempre hemos tenido una gran pasión por el cine, especialmente los que celebran los valores que nos importan a nosotros: La justicia, el honor, la valentía. Contribuir musicalmente con las historias de este tipo, y trabajar con algunos de los más grandes héroes de acción en la historia del cine es un honor y un placer. Estamos listos para ofrecer una banda sonora de gran alcance para esta película que será realmente grande ", dijo Joey DeMaio.

"Soldiers" se estrenará en la primavera de 2013.



Mimá qué mal da cabeciña está o Van Damme. Escoitaría o último truño dos trves do Metal??? É máis! gústalle a Van Damme o Metal? Nunca mo imaxinaría...

FuenteEnlace

martes, julio 24, 2012

Microreviews Xulio'12 - II


Xandria - Neverworld's End (2012)
Symphonic Metal
Oficial
Quinto álbum da formación xermana na que seguen demostrando a súa veneración máis absoluta ós primeiros Nightwish. Ainda que a veces un empeza a pensar que tal veneración se convirte en copia cando escoita a grupos do estilo de Xandria, unha máis "Female Fronted Symphonic Metal Band" surxida a finales dos 90, pero deso xa falarei máis adiante.
Para empezar, decir que a cantante "de sempre" de Xandria, Lisa, foise en 2008 logo de que o grupo lanzase o seu anterior "Salome - The Seventh Veil", un mediocre álbum que máis ben pasou desapercibido dentro do mundo metálico, xa daquela moi saturado de grupos de gótico sinfónico con vocalista femenina. Pode que hoxe en día non vexa saír tantos grupos desa corrente porque, primeiro, foi unha moda que simplemente se saturou por sí mesma e chegou a un punto no que tantas bandas parecidas non aportaban realmente nada diferente; e segundo, que moitas bandas que levaban a batuta se decidiran máis ou menos acertadamente, por variar e evolucionar, levándose consigo moitos dos seus cegados clones. Por suposto falo de Nightwish, Within Temptation, os desaparecidos After Forever e Epica básicamente. Esto daría moito para falar, porque cada un destes grupos teñen as súas vicisitudes, pero seguirei con Xandria, que se non enróllome moito XD
Como decía, moitas bandas "clones" siguen os pasos das grandes, pero éste non é o caso destes alemanes, que se refuxian en repetir esquemas de discos de Nightwish, especialmente os últimos de Tarja na banda. Para elo contrataron a Manuela Kraller, rapaza que cumpría cos dous únicos requisitos que buscaban Xandria: ter un tono pseudooperístico do estilo de Tarja e estar jamona.
Polo demáis, eu teño que decir que tiña curiosidade por oír este CD, que sería o primeiro da banda en 5 anos, e cuias críticas polas webs o poñían como disco de Sinfónico do ano.
E bueno, o que vín foi un disco dun clon máis uns anos despois, no que se repiten os mesmos cambios de ritmo, os mesmo tipo de riffs -e incluso solos- de Emppu, uns estribillos calcados, unhas letras idénticas e un sonido igual ós dos Nightwish da época Tarja. De feito, encontrei que o sonido é o único valorable positivamente deste Neverworld's End, materia na que é probable que o fichaje para este CD por parte da Napalm Records influíse. Ata incluso teñen a típica canción con dejes folkies que tamén lles gusta tanto ós finlandeses (que ten unha bonita melodía, pero cuia progresión acaba por sonar a máis do mesmo).
Todo en Neverworld's End é Nightwish xa oído... bueno, non todo, temos a balada, que me recordou a horrores a Glory To The Brave, de Hammerfall XD
Ou sexa que o que nos encontramos aquí é básicamente música xa feita; xa sei que hoxe en día Nightwish non son o mesmo que hai anos e que non está mal ter uns segundos Nightwish que faigan o estilo que fixo famosa a esa banda, pero a Xandria fáltalles algo que lles será difícil de copiar: Tuomas Holopainen. 2/10




Intestinal - The Rottening (2012)
Death Metal
Facebook
Tema: Sensation of Death
É impresionante a cantidade de bandas de Death Metal que pariu -e ainda sigue parindo- Suecia. Intestinal é unha proba recente deste saber facer que incluso se traduciu nun localismo particular e moi reconocible deste xénero: o patrio "Swedish" Death Metal (ainda que máis localismo sería o Gothenburg Melodeath!)
Dito esto, non é difícil de adivinar por onde van os tiros de Intestinal e deste segundo disco dos suecos; Death a medio tempo, denso e sucio, moi da vella escola sueca de Grave, Entombed, Edge of Sanity, Dismember e company, ainda que tamén se pode entrever influencias de Asphyx, Autopsy, Bolt Thrower... Polo tanto, Intestinal non inventan nada novo, pero desenvólvense bastante ben no que fan, quizáis poden pecar nalgún momento de linealidade, pero The Rottening é suficientemente intenso, envolvente e cheo de bo riffin' para convencer a calquera amante do Death dos 90. Ademáis ten un sonido que acompaña moi ben ó estilo, no que hai que destacar o sonido suciamente distorsionado de guitarras e baixo.
Non é nada novo, pero engancha o suficiente. 7/10


Burzum - Umskiptar (2012)
Atmospheric Pagan/Black Metal
Oficial
Tema: Joln
Este é o terceiro disco logo da posta en libertade do odiado e aclamado Varg Vikernes. Hei de dicir que nunca fun un gran fan da música do seu proxecto personal. Recordo cándo un amigo me dera a conocer a Burzum, fora cunha cinta doble que contiña o Det Som Engang Var e Hvis Lyset Tar Oss e daquela, mediados dos 90 parecíame o máis macarra que se podía oír XD De primeiras non me gustara nada, pero a forza de oír aquela cinta e máis música extrema o Hvis Lyset Tar Oss íbame entrando "algo". Os posteriores álbumes de ambient de melodías repetitivas tampouco me fixeron gracia, así que Burzum pasoume por ser un grupo máis que non aportaba gran cousa ó meu gusto.
Nesta etapa post-carcelaria, a música de Varg volveuse máis pagana ca nunca, contendo incluso algunha melodía folky. Por certo, irrisoreo o de que non iba a coller nunca máis unha guitarra eléctrica porque era un "invento de negros" e para a súa volta, non sólo colle unha, senón que retoma algo do sonido "Black" que seguramente moitos "comerciales" aseguraban sería unha volta por todo o alto do Metal Extremo noruego. Estou seguro que este par de cousas, xunto cun libro que parece que se está a escribir (e incluso unha peli lín por ahí) lle reportou a Vikernes unhas bonitas ganancias...
Ben, falando de Umskiptar, Varg segue a utilizar un sonido guitarrero moi blacker e sucio, pero tomado desde un punto de vista moito máis tranquilo, onde hai mid-low tempo imperante cando a batería se atreve a asomarse, xa que hai numerosos extractos nos que as guitarras electricas/acústicas están acompañando ás voces solamente. A acentuación pagana é definitiva coas voces e líneas vocales de Varg, que rara vez se atreve con rasgados, deixándolle total protagonismo a cantos de voz limpia que máis dunha vez me recordou a Bathory, Falkenbach ou Vintersorg. Desde logo, o que busca Burzum en Umskiptar é atraer ó ointe que busque pezas atmosféricas, case rituales e de profundidade pagana nórdica, lonxe quedou a fiereza e agresividade blacker.
A mín personalmente fíxoseme un disco largo, que me dixo maioritariamente pouco, e que a medida que transcurre vai perdendo o interese. Ademáis, a repetición de esquemas unha e outra vez a medida que pasan os temas non vai moito conmigo, e tampouco creo que a voz limpia de Varg sexa especialmente boa, como tampouco o son as súas habilidades nos arpeggios en acústica.
Pouco interesante e demasiado longo. 4/10


Diablo Swing Orchestra - Pandora's Piñata (2012)
Avantgarde Metal
Oficial
Tema: Black Box Messiah
Sen duda, Diablo Swing Orchestra é un dos grupos máis arriscados e orixinales que saliron dentro do Metal na última década. É o típico exemplo a comentar cando alguén che dí: "xa está todo feito no Metal" (ainda mo dixeron o sábado pasado). A súa mezcla indescriptible entre Metal, Jazz, Swing, electrónica e elementos sinfónicos é digna de ser escoitada por calquera amante da música en xeral. Probablemente alguén nos oitenta, e incluso noventa que lle dixerades que hai unha banda metálica que utiliza trompetas, cello, voz operística feminina e base "bailable" de Twist ou Swing vos dixese que saldrían dun manicomio ou sonaría fatal XD Pero aquí os temos, xa co terceiro disco e botándolle narices e facendo unha conxunción de estilos moi diferentes en principio pero que se acaban cohesionando perfectamente.
Recordo ter oído a Diablo Swing Orchestra xusto cando sacaran o The Butcher's Ballroom, o debut oficial e quedarme bastante sorprendido con esa mezcla tan exótica pero á vez pegadiza. Tal vez xa non me pillara tan de sorpresa o seu seguinte álbum, e resultárame un pouco cansino incluso. Para este terceiro, a miña sensación mellora con respecto ó anterior, pero non supera o primeiro. As razóns... pode que o factor sorpresa xa non xogue ó seu favor, pero eu añadiría que excepto certos momentos repartidos por todo o disco, Pandora's Pinhata chegoume a sonar coma unha re-versión de sí mesmos en parte. É algo así coma se se acomodaran no seu estilo e na súa forma de facer temas, eso sí, moi orixinal, pero coma me pasou no anterior, esperábame algo máis. É difícil de explicar, e pode que de entender, decir que unha banda que me parece orixinal, xa non mo parece tanto, seguindo crendo que teñen un estilo moi propio, pero se non sabedes quenes son e oídes os seus tres discos en orde cronolóxico, pode que me entendades mellor. Ademáis desde a metade do disco nótase un descenso de velocidade e intensidade, que deriva nun descenso de interese que dura ata o final a pesar de que en "Of Kali Ma Calibre", penúltimo tema, encontremos ata un blasting; pena que resulte unha composición un pouco caótica.
Unha das cousas que máis me chamou a atención, por certo, foi "Black Box Messiah" e ese coro de nenos (ou de falsetes do resto da banda? XDD), recordoume a algunha intro de serie xaponesa dos 70 XD
Os suecos perden un pouco de factor sorpresa, pero seguen a ter calidade. 7/10


Moonspell - Alpha Noir/Omega White (2012)
Dark Metal /Gothic-Rock-Metal
Oficial
Tema: Lickanthrope
4 anos pasaron desde que a banda máis grande da península ibérica referente ó Metal sacaran o seu último disco, Night Eternal. 4 anos nos que os portugueses traballaron duro para sacar un doble álbum no que se propuxeron dividir a súa faceta máis extrema da súa máis melódica e gótica.
Así pois, temos por un lado Alpha Noir, que segue o legado dos últimos Moonspell, máis cercanos ó Black-Death daquel lonxano "Wolfheart", contundentes pero sinfónicos e melódicos ó mesmo tempo, e con Ribeiro demostrando o seu bo facer cos guturales. E por outro temos a vertente máis melódica iniciada en Irreligious e que explotaron completamente a finales dos noventa e principios dos 2000 con álbumes a cada cal máis fulero (miña opinión XDD).
A primeira disyuntiva que se me presenta é si esto que nos ofrece Moonspell se debería de valorar por separado ou en conxunto, xa que, a pesar de que se trata dun mesmo grupo, son dous discos bastante diferentes. Penso que irei pola orde que dicta a banda; empezando por Alpha Noir, ou sexa, o máis "escuro".
Dentro de Alpha Noir atopámonos, como dixen, uns Moonspell máis directos, máis coherentes coa liña trazada desde Memorial, cuns cuantos temas bastante bos nos que sobresalen os riffs e a crudeza, pero que non están á altura dos seus mellores álbumes. Simplemente cumplen co que un espera de Moonspell pero non enganchan tanto coma outras cousas feitas por eles mesmos.
A transición a Omega White gustoume, "Sine Missione" é unha peza instrumental e orquestal de cinco minutos que leva ó oínte sen case percatarse do lado "noir" ó "white", segunda parte que comeza cuns Moonspell sacados do Sin/Pecado e Antidote, ambientales e cun rollo de Rock gótico que polo que se vé, parecen non ter desterrado completamente.
Pode que Omega White non sexa un mal disco, pero para un servidor convírtese nun baixón, ademáis de estar repleto de referencias que xa non considero tan "made in Moonspell", con guiños, e a veces máis ca eso, ós Paradise Lost do One Second (auténtico "disco revolución" daquela época que moitos dos Doomers noventeros tomaron como adalid do sonido da nova década) e seguintes, senón oír "New Tears Eve", a Type O Negative ("White Skies"), e Sentenced ("Herodisiac"). E por suposto a todo o que foi o rollo de Rock gótico de The Sisters of Mercy e Fields of the Nephilim.
A miña valoración xeral é que ambos CDs non son o peor que sacaran Moonspell, pero desde logo tampouco o mellor nos seus respectivos campos...
Mantéñense. 7/10

viernes, julio 13, 2012

30 aniversario do Kill 'Em All con...

... con qué credes que Metallica vai celebrar o 30 cumpleanos do seu primeiro disco? Cunha edición especial del? unha destas xiras "temáticas" de Kill 'Em All que tanto se están a levar últimamente?...
Pois non! o máis do máis Metal é celebralo sacando unha línea "Kill 'Em All" das zapatillas de gafapastosos "Vans"!!! O que me leva ó que sempre ando decindo de que parece que as grandes bandas dedicidamente estanse a deixar levar polo lado máis comercial, xa que, e ahí tócalle ós fans, o gran negocio para estas bandas está no apartado extra-musical.
Xa digo que a culpa non é toda das bandas, senón dos fans delas, que parecen devorar moito máis rápido calquera merchandising relacionado con elas que incluso a súa música en sí. Esto faime recordar cando as revistas de música tiñan o seu apartado de camisetas nas dúas ou tres últimas páxinas, pero agora incluso ocupan máis da metade dunha revista "de discos" con toda clase de artiluxios, adornos, colgantes...
Eu sempre que vexo a alguén con miles de cadenas, roupa gótica carísima (porque esa moda a é!), botas inmensas e demáis.. penso; carallo, con todo o que se gastou en roupa podería comprar alomenos 100 discos! XD

En fin, volvendo a Metallica e marcas de zapatillas para hipsters neste 30 aniversario dun dos primeiros álbumes de Thrash da historia... qué baixo están caendo... pero a cuestión é que os seus propios fans se dén de conta, cousa que co paso dos anos vexo máis difícil.. porque.. teño a sensación de que "os fans son máis fans" ca nunca.

miércoles, julio 11, 2012

ZZ Top Vs Gillette


Billy Gibbons, líder de ZZ Top, ha revelado que él y su compañero de banda Dusty Hill recibieron en 1984 una oferta de Gillette de un millón de dólares (que hoy serían un 2,25 millones) por afeitarse las barbas. Ambos la rechazaron. Como dice Gibbons, “Su propuesta de verte a ti mismo afeitado frente a un espejo estaba demasiado cerca de una película de Vincent Price. La oferta no fue considerada, no había compensación posible”.

Fuente

Esto sería algo así como cortarlle as melenas a Joey DiMaio ou o rimmel a Dani Filth... norrrrl!! XDD



Hai que ver, ainda encima de que che queren vender o coche, chámante parvo ó final do anuncio XDD

sábado, julio 07, 2012

Microreviews Xulio'12 - I


Last Prophecy - 2.0.13 (2012)
Heavy-Power Metal
Facebook
2.0.13 é o curioso nome do disco-retorno dunha das bandas máis infravaloradas do panorama español: Last Prophecy.
Cun dos mellores discos debut da historia do Metal español, o xenial Jugando con Sueños, a banda navarra daba comenzo á súa historia tocando un Heavy Metal potente pero melódico, con grandes líneas vocales e bo gusto compositivo. No 2006 sacaban Sin Mirar Atrás, disco que supoñía un pequeno retroceso para o meu gusto, e despois deste disco, Last Prophecy decide separarse, pero para regocijo dos fans -que incriblemente parecemos poucos en España; neste país andamos un pouco aparvados coa música, qué se lle vai facer...-, no 2012 volve con plantilla renovada.
O primeiro tema que lles oín deste 2.0.13 foi "Hoy Quizá", do que podedes ver o vídeo máis abaixo, e nun principio non me chamou demasiado a atención. Esperábame algo máis traballado na sección instrumental, ainda que as melodías vocales, tanto na súa producción coma confección me pareceran tremendas desde o principio. E qué decir do estribillo! á altura dos seus mellores.
Cando me puxen co disco, o primeiro que me chamou a atención foron a intro e interludios; "H", "2.0", "13" e "M" son extrañas pezas ambientales de pouco máis de un minuto; supoño que terán o seu cometido dentro do álbum, pero a mín, sinceramente entorpecenme máis que outra cousa as "cancións verdadeiras", polo que cada vez que escoito 2.0.13 suéloas pasar para diante. Polo demáis o que temos é Last Prophecy en esencia. Resulta raro que un grupo nacido hai poucos anos consiga ter un estilo tan propio e reconocible dentro do panorama do Heavy Metal, e máis ainda que sexa español (sintoo por se alguén se sinte aludido, pero basta con dar un vistazo a todos os grupos que saliron na década dos 2000 en España facendo Heavy-Power).
O estilo de Last Prophecy, para quen non os oíra, básase nunha base rítmica moi potente, cun gran sonido de batería, guitarras profundas, co seu deje "proggy" pero non demasiado complexas -rara vez se meten a facer solos, e paréceme ben, os solos están sobrevalorados XD eu son dos que prefiren un bon cambio de ritmo a un solo-. A parte lírica tal vez sexa a que fai único o sonido dos navarros, sendo probablemente uns dos que mellor melodías vocales crean, con estribillos que se quedan de primeiras, sen que necesariamente caigan no "fácil". A mesma "Hoy Quizá", "Sentencio mis Azares" ou "La Simiente del Ser" son boa mostra delo.
Un dos temas que máis me chamou a atención sen embargo é "Reconcilio de Supresión", unha composición sen estructura fixa, moi depresiva, densa e incluso "doomy". Todo un atrevemento para un grupo de Heavy Metal.
Se tivera que poñerlle algún pero a 2.0.13 sería, xunto con eses interludios un pouco evitables, que certas cousas sí me recordan a algo feito por eles antes, pero ainda así, a cada escoita foime enganchando máis e máis.
Por certo, masterización a cargo de Peter Wichers (Soilwork, Nevermore..), e vaia se se nota!
Potencia e melodía, se foran doutro país... 8/10




EnlaceOpera IX - Strix - Maledictae in Aeternum (2012)
Symphonic Atmospheric Black Metal
Oficial
Tema: 1313 (Eradicate the False Idols)
Hai moito que non escoito un disco de Opera IX con detenimiento. Creo que o último debeu ser o lonxano Maleventum (2002) e non me fixera especial gracia. Sobre todo cando estes italianos sacaran un par de anos antes a súa opus particular " The Black Opera: Symhoniae Mysteriorum in Laudem Tenebrarum", cunha pletórica Cadaveria e cun ambiente de Black Metal ocultista como non oíra ata daquela.
Parece que a marcha da frontwoman non lle sentou ben nin á banda nin a ela mesma, sumerxida en proxectos de dudosa calidade coma Cadaveria ou o de Metal Industrial, Dynabyte.
Como digo, hai xa case dez anos que non oía a Opera IX, pero con Strix..., volvéronme os fantasmas de Maleventum; con esto quero decir que Opera IX se volveron unha banda que mantén o potencial demostrado en The Black Opera, pero que se queda a medio camiño na realización final, facendo cancións que se me antoxan como intrascendentes desde un punto de vista global, ainda que teñan os seus momentos interesantes. Entre éstes, contaría os pasaxes sinfónico-atmosféricos que realmente conseguen transmitir frialdade e misticismo, certos riffs que se xuntan con órganos eclesiásticos e coros de canto gregoriano que aparecen de entre as penumbras de momentos que rozan o Doom. Máis ou menos é o que un se espera destes italianos -tal vez con máis medio tempo e partes doomies do que eu recordaba-, pero o que sucede é que non atopamos temas tan solemnes e impresionantes coma The Sixth Seal ou Beyond The Black Diamond Gates. Os riffs non están exactamente mal, quizáis rememoran, coma en moitos grupos de Black italianos nados nos 90, certo aire Cradlefilthiano, pero non acaban enganchando coma a un lle gustaría, e o mesmo sucede coa sucesión de temas, que antoxan un álbum que se fai máis largo do normal. Tamén a Cadaveria recórdoa con máis personalidade que este novo cantante, que eu diría que resulta normaliño dentro do mundillo Black.
Opera IX con menos inspiración. 6/10


Hour of Penance - Sedition (2012)
Brutal Technical Death Metal
Oficial
Tema: Ascension
Logo de unha década de historia e 4 álbumes no seu haber, os italianos lanzan o seu quinto baixo o nome de Sedition. A pesar deste bagaxe, Hour of Penance é un nome relativamente novo para mín, xa que non son consciente de telos oído antes (alomenos que me houberan chamado o suficiente, xa que sí me sonaba o nome).
Con Sedition, Hour of Penance mostran o seu bon facer dentro do Death Metal máis extremo e machacante posuíndo grandes doses de tecnicismo. O primeiro grupo que me veu á mente foi sen duda Nile, xa que estes italianos tamén teñen certo toque étnico en moitos dos seus riffs e punteos máis melódicos (ollo a ese de "The Cannibal Gods"). Este feito tamén me fixo lembrar ós Behemoth dos últimos discos, que parecen ser cada vez máis brutales pero tamén cada vez máis brillantes no apartado técnico.
O certo é que Sedition é un álbum moi intenso, con algúns grandes riffs e unha batería en constante cambio que domina o blastbeat e doble pedal dun xeito asombroso. O cantante cumple coma imitador de Nergal, e o sonido está un algo saturado para o meu gusto, ainda que... supoño que será elección deles polo de añadir unha dose extra de densidade sonora.
Pero a mín non me chega para decir que é un álbum que poida estar entre o mellor dentro do Death Metal este ano, xa que hai bastantes momentos que non me transmiten nada, parece que, coma moitos outros grupos de Death extremo, se centraran en ser o máis brutales e técnicos posibles, e non lle prestaran moita atención a decir algo coas composicións. Alomenos a mín non mo dicen, salvo cun par de temas na metade do disco, "Ascension" e "The Cannibal Gods", polo resto,... bah...
Death brutote decente, pero nada do outro mundo. 6/10


Hideous Divinity - Obeisance Rising (2012)
Brutal Technical Death Metal
Facebook
Tema: The Servant's Speech
É moi curioso que xusto despois de poñerme co de Hour of Penance, colocara na lista de reproducción éste Obeisance Rising, porque empecei a pensar que o de Hour.. empezaba a durar demasiado XD
E é que Hideous Divinity non sólo comparte un estilo prácticamente idéntico a Hour of Penance, senón que tamén comparten nacionalidade, e ollo, incluso membros, xa que os fundadores de Hideous Divinity formaban parte das filas do outro grupo antes de moverse HD a Noruega.
En canto á música, pois podería perfectamente coller partes da anterior microcrítica e deixalas aquí, porque as influencias son as mesmas; Behemoth, Nile, Deeds of Flesh, Morbid Angel, Immolation... Hour of Penance? XD tendo ese aire medio étnico flotando no aire segundo sexa a canción.
Quizáis podería máis ben decir as diferencias entre este debut e o de Hour of Penance; primeiro, gústame máis o sonido, é máis audible, menos saturado e diferenciable que Sedition (aquí ata se oe de vez en cando o baixo!). Segundo, Obeisance Rising é menos técnico, speedico e denso, apoiándose mellor nos ambientes que van recreando e aproveitando mellor os riffs para o meu gusto, que non se vén tapados pola extrema conxestión que se respiraba en moitos momentos de Sedition.
Baixo estas sensacións, poderíades pensar que me gustou máis este CD que o dos seus colegas, pero tampouco diría tanto; o álbum segue a ser un disco decente e pouco máis dentro do Death Metal, xa que non aporta momentos realmente brillantes, memorables ou orixinales ó estilo. Máis ben, mantén unha línea continuísta, na que é difícil escoller algunha canción porque son bastante similares e conteñen riffs pouco orixinales a estas alturas do cotarro. Eso sí, moi ben executados, pero non me resultaron demasiado atractivos.
En certo sentido mellora ó de Hour of Penance, pero acaba sendo un disco máis. 6/10


Taranis -Kingdom (2012)
Symphonic Dark Metal
Facebook
Tema: Storm
Non sei qué ocorre en Hungría, pero nos últimos tempos estame demostrando ser unha terra do máis fértil para a música. A cantidade de artistas húngaros que estiven a descubrir nos últimos 10 anos no relativo a prácticamente calquera estilo dentro do Metal é considerable. Ademáis, non sólo hai que contar con que haxa afición hacia este estilo no país, senón que os que tentan saír adiante co seu propio grupo, teñen huevos agallas para mezclar influencias sen complexos e sen medos.
Comparativamente, hoxe en día Hungría recórdame ó que foi no seu tempo Austria, cunha escena bastante underground pero chea de perlas do calibre de Golden Dawn, Belphegor, Summoning, Abigor, Dornenreich, Hollenthon, Korova, Thirdmoon, Raventhrone, Die Verbannten Kinder Evas... a mediados-finales dos 90.
Pois ben, un dos últimos proxectos que descubrín e me fascinou é Taranis, unha one-man-band que debuta cun discazo coma Kingdom. Attila Bakos, a mente detrás de Taranis non se arredra de introducir na súa música influencias varias que van desde o Pagan-Black Metal, o Metal sinfónico épico, e certo toque progresivo. Todo esto está perfectamente ensamblado nos catro temas que rondan os dez minutos en Kingdom, e onde poderemos atopar dentro deles desde momentos de blasting e rasgados, ata medios tempos moi ambientales, pegadizos e fermosos con voz limpia.
Tal vez pola proximidade no tempo, esta mezcla a mín recordoume ós seus compatriotas Thy Catafalque, pero tamén a Summoning e Golden Dawn -seguramente por eso a escena austríaca tamén se me veu á mente ó principio do post-.
Na parte do sonido, non é que sexa unha gran producción, pero cumple, e igual que dixen o que pensaba dos solos, que prefiro un bo cambio de ritmo, tamén prefiro unha mente innovadora e atrevemento á hora de compoñer a un sonido made in Finnvox.
Se vos gustan os tres grupos mencionados ó final, obligatorio darlle unha oída a Taranis. 9/10

viernes, julio 06, 2012

Christopher Lee, 100% Heavy Metal


Segundo Blabbermouth, o actor británico de 90 anos vai dar secuela ó seu primeiro disco "Charlemagne: By The Sword And The Cross" cun álbum chamado "The Omens Of Death".
Parece ser que segundo conta él mesmo, quedou fascinado polo Metal cando Rhapsody o invitara a participar nun dos seus discos, e posteriormente con Manowar fixera de narrador.
"I was first introduced to metal when I sang with a [band] called RHAPSODY," he said. "But what I sang was not heavy metal; I sang with a tenor. Then I worked with MANOWAR as a narrator, I think it was in Germany, and again, that was not me singing metal. I became rather fascinated by this, 'cause in terms of history of music, it's fairly recent, really. And if it's properly done and you can understand the story and you can understand what the people are singing and you have the right bands and the right singers, I think it's rather exciting.

Agora comenta que o seguinte disco será ainda máis "Heavy Metal" que o "By The Sword And The Cross" e que poñerá toda a carne no asador:
"When I was approached to do the first 'Charlemagne' album, 'By The Sword And The Cross', it is heavy metal, of course, but what I sang was more symphonic. Now on the second one, 'The Omens Of Death', it is 100 percent heavy metal. I've done my bits and pieces, and they are heavy metal. I'm not screaming or anything like that, but it is definitely 100 percent heavy metal."

Este segundo álbum pronto estará listo e será arranxado por Richie Faulker, o actual guitarrista de Judas Priest.

Ben, a verdade é que é impresionante que alguén, xa non da talla de Christopher Lee, senón que alguén de 90 anos descubra unha afición tan grande polo Metal e que o leve a facer discos deste xénero. Eu pregúntome qué pensarán os millóns de fans non-metaleros de Christopher ó ler estas declaracións... o único que espero é que non crean que chochea, e que se alguén coma él lle deu unha oportunidade ás guitarras eléctricas, tamén eles o faigan.
Tamén me pregunto qué sucedería se Lee tivera esta repentina vena metalera hai anos... ¿daríalle por meterse nun grupo de Hair Metal? ou sabendo que nos seus tempos mozos -creo- que era tenor, ¿sería o pionero da Opera Metal antes ca Therion ou calquera outro? XD
Por outro lado, é admirable que se atrevera cun album coma aquel, ainda que fora considerablemente truño aburrido. Veremos si para este hai máis momentos de headbanging XD

domingo, julio 01, 2012

Microreviews Xunio'12 - I


Heidevolk - Batavi (2012)
Viking Metal
Oficial
Os holandeses Heidevolk parecen ter conseguido certa popularidade na última década, coincidindo tamén co auxe de popularidade do Viking Metal. A cuestión, e, aquí seguramente non coincida coa maioría de fans vikingos, a mín Heidevolk nunca me fixo especial gracia. Explícome; paréceme un grupo interesante de primeiras, de feito cada vez que escoitaba algo deles decíame "heilles dar unha/outra oportunidade, porque este tema mola!", pero cando me dirixía ó disco, resultábame cansino. Eso sí, se o poñía pola metade, volvíame a enganchar, pero máis de 4 temas seguidos, e a miña atención íbase a outros asuntos. E básicamente é o que me pasa con Batavi, o seu LP número catro. Coma sempre, a peculiaridade principal de Heidevolk son o par de vocalistas, que, a diferencia da maioría de grupos de Folk-Viking Metal, cantan en limpio, usando moi de vez en cando algún gutural. Tanto o estilo deles coma o do grupo recórdame moitísimo aos primeiros Vintersorg e Otyg, polo que tampouco os vexo coma unha banda absolutamente orixinal coma vín describir por ahí. Supoño que quen pense así será probablemente un fan do Viking Metal que veu con esta "moda" nalgún punto dos últimos 10 anos.
Volvendo co disco, realmente me gusta cómo empeza, pero a medida que transcurre, vou perdendo interese. Penso que a culpa principal sexa das líneas vocales, ainda non o teño claro, pero sí que me dán a impresión de que se parecen excesivamente entre sí, ademáis de que son moito máis protagonistas sobre o resto de música do que me gustaría. Esto cáusame certo cansancio, porque a parte instrumentística, tanto no referente a riffs, entre viking, heavy e melodeath folky coma no referente a melodías de violín, Heidevolk sí que me gusta na maioría dos temas.
Baixo o meu punto de vista, Heidevolk ten o potencial para facer grandes cousas, pero sexa polo motivo que sexa, a mín non me acaban de entrar -alomenos un disco enteiro- unha vez máis. Por suposto, nada que ver coas "performances" de cada un nin co sonido, que rayan a un nivel moi profesional, senon co descrito anteriormente de que creo que esas voces e líneas vocales son un arma de doble filo.
Tal vez necesiten un enfoque diferente para que lles pille o punto. 5/10




Abigail Williams - Becoming (2011)
Atmospheric Black Metal
Facebook
Tema: Beyond the Veil
O da crecente popularidade de Abigail Williams non o alcanzo a entender, sobre todo ó levar tan sólo 3 discos. Deben de ter un bo mánager ou moitos cartos para publicidade, porque non creo que sexa unha banda excesivamente orixinal desde os seus comezos nin cos cambios de sonido que foron tendo disco a disco. Pero en fin..
Para este novo álbum parece que os americanos se relaxaron no seu sonido e observaron o que está últimamente a triunfar especialmente en USA falando de Black Metal: o Black Shoegaeziano e con toques de Post-Rock. Así, Abigail Williams recolle un pouco de todo o que levaba facendo e o leva a un terreno máis hipnótico, de temas largos con riffs tamén largos que van desde os típicos tremolo-pickings ata os lead a medio tempo máis propios de grupos máis "doomies" do estilo de Agalloch, con algúns pasaxes ambientales nos que usan teclados e guitarras acústicas que realmente conseguen sumerxir ó oínte nun ambiente extraño, incómodo e envolvente.
Este Becoming non é o disco máis orixinal do mundo, pero gustoume cómo está planteado moito máis que os predecesores, os cambios de blasting-muro irrumpindo ante apacibles momentos tampouco é o máis novedoso, pero resultan efectivos. Tamén me gustaron esas gotas clásicas aportadas por violín e teclados sinfónicos, sobre todo no último tema, de 17 minutos!. Tal vez as voces sexan un pouco monótonas, eso sí, pero o sonido é bastante decente, e o CD déixase oír bastante ben.
Non sei se ós antigos fans da banda lles gustará, xa que o cambio desde o primeiro e incluso o segundo é significativo.
Chegaron, miraron, e recolleron (pero con certo éxito). 7/10
Editado: Abigail Williams acaban de comunicar que se separan. Vendo tantos cambios estilísticos en tan corto espacio de tempo, penso que fixeron ben.


Wig Wam - Wall Street (2012)
Hard Rock/Glam Metal
Oficial
Tema: Wall Street
Cuarto disco destes noruegos que se fixeran famosos hai uns anos a raíz daquel pegadizo tema "In My Dreams" co que representaron ó seu país en Eurovisión.
O estilo de Wall Street é máis ben continuísta do que levaban facendo; Sleaze/Hard Rock con moito aire americano dos 80, facendo énfasis nos estribillos, case sempre coreados e suficientemente pegadizos. Penso que o álbum empeza bastante ben, tanto o tema-título coma "OMG" (gran solo!) son boas cancións que se quedan á primeira e que teñen esa chispa que fai que menees a cabeza decindo: "yeah! rukanrol beybe!". O malo é que coa terceira comeza unha baixada que difícilmente retoma o nivel, con temas bastante trillados e clásicos que recordan, xa non sólo no estilo, senón nos riffs e estribillos a demasiadas cousas feitas. Acáballes faltando ese algo necesario para sobresalir da media, especialmente no referente ás baladas, o par delas que contén o CD resultaronme do máis insulso.
De feito tódalas veces que oín Wall Street, acabei perdendo a atención no disco sobre os 20 minutos, cando creo que empeza a primeira balada XD
Nada especial. 4/10


Manowar - The Lord of Steel (2012)
Heavy Metal
Oficial
Tema: Born in a Grave
É certo: non dou nada por Manowar desde hai moito tempo; considero que o último disco audible deles é o Louder Than Hell, e que durante os últimos anos timan ós seus fans a base de sacar DVDs e merdas que non dicen nada máis que que son un grupo sin ideas que viven do recoñecemento que lles deron os seus discos ochenteros. Ainda así, por curiosidade, púxenme co seu The Lord of Steel, sobre todo logo de ler o que decía o DiMaio antes de lanzalo:
"We were talking about a concept album but then got inspired to go in a different direction. This is where we are right now. I've been doing research on getting the best microphones and pre-amps for the guitars. The bass sound is death defying. We've done a lot of work on drums too, giving Donnie room to stretch out. And Eric will simply sound bigger than life as always."
Eu, iluso, pensei que ainda que fose un álbum mediocre coma o foi o anterior, poderían ter un par de temas variados e experimentales, xa que non teñen nada que perder, pero parece que incluso se volveron máis conservadores que cando eran novos, e aquela de "Achilles, Agony & Ecstasy", tema de media hora que empezaba o Triumph of Steel quedará coma o último resquicio de valentía destes "feroces guerreiros do auténtico metal e acero".
O que quero decir é que con The Lord of Steel ainda se cerraron máis na fórmula do riff fácil-simplón e estribillos repetitivos. Non importa que vexades que haxa un tema de case sete minutos, os 2 últimos pertencerán á repetición do estribillo unha e outra vez ata o punto de resultar máis cansinos que "a Roja" nestes últimos días. O peor pode ser que incluso nas cancións de 4 minutos, eses 2 últimos tamén pertenezcan ó estribillo, e se non o credes, oíde "Manowarriors", "Born in a Grave", "Righteous Glory".... incluso "Touch the Sky" ten máis estribillo que canción sendo de menos de 4 minutos.
E se ainda foran estribillos novedosos...
Poucas cousas poido salvar de The Lord of Steel, e entre elas non se encontra nin sequera o sonido do que tanto farda o señor DiMaio, do que dice que estivo facendo "unha investigación de micros e pre-amps"....jajaj por favor, se o sonido do baixo parece dun que esteña mal grabado, con esa distorsión que resulta incluso molesta... non falemos da batería, tan "dinámica" que rara vez pasa do "du pah dudu pah" e que sona incriblemente a caixa de ritmos. Logo temos a pobre guitarra que case queda tapada por Joey, salvo cando fai solos... e queda tapada por Eric Adams cantando o estribillo, facendo que sexa un instrumento prácticamente secundario para un grupo que dice tocar o Heavy Metal máis True do mundo... O único que se salva é Eric, que segue tendo unha gran voz, pero que con semejantes cancións queda máis ben deslucido.
Señores Manowar, ¿¿¿en 5 anos compoñen esta bazofia, con esta bazofia de sonido, e que deixa tal sensación de desgana???
Si na túa colección tés os 5 volúmenes en orixinal de Hell on Earth, igual, sólo igual! che gustará. 1/10


M-pire of Evil - Hell to the Holy (2012)
Blackened Thrash-Heavy Metal
Oficial
Tema: Metal Messiah
Chamados inicialmente PrimeEvil e formados por 3 ex-Venom coma Jeff "Mantas" Dunn, Tony "Demolition Man" Dolan e Antton, que este mesmo ano lle deixou as baquetas a un tal Marc Jackson, estaba cantado que M-Pire of Evil era unha nova versión de Venom, cousa que queda clara nada máis oír a inicial "Hellspawn". O feeling que desprende Hell to the Holy é esencialmente o da ex-banda dos seus fundadores, pero tamén atopamos referencias a todo o que foi a NWOBHM, a Motörhead (que xunto con Chrome Division me viñeron á cabeza ó oír ese deje de Metal sureño en "Snake Pit" e "Devil"), e en xeral ó Heavy-Thrash old school.
Pode que Venom non foran "holy of my helldevotion" salvo nun par de discos, e de feito, penso que o último que lles oín en profundidade debe de datar dos 90, pero M-pire of Evil non se defenden mal no que tocan. Mantas sácase algúns riffs bastante chulos, especialmente nos 3 primeiros temas -que case foron os que máis me gustaron-, pero durante o resto do CD encontrámonos con outros que non dicen demasiado novo, do estilo dos de "Shockwave", "All Hail" ou da que dá título ó álbum, que bebe polos catro costados de Venom, parecendo máis ben un pseudoplaxio (que non sei ata onde chega esto sabendo que éstes foron parte importante da historia da banda británica). Así pois, irregular pero curioso debut desta nova versión dos pioneros do Black Metal.
Eu diría que é un disco a catar para calquera fan de Venom, pero a mín non me acabou de encher. 6/10